C.E.I.P DE FIGUEIROAQuinto e sexto Esta guía foi elaborada ...
M E M O R I A noites/duasnoites.pdf · Cada espectáculo foi plantexado como unha sesión de...
Transcript of M E M O R I A noites/duasnoites.pdf · Cada espectáculo foi plantexado como unha sesión de...
![Page 1: M E M O R I A noites/duasnoites.pdf · Cada espectáculo foi plantexado como unha sesión de contacontos. O pro-tagonista de cada sesión foi o actor que se presentou esa noite, coas](https://reader033.fdocuments.co/reader033/viewer/2022052100/6039868076a0d518670ae9ee/html5/thumbnails/1.jpg)
M E M O R I A
DÚAS NOITES DE CONTOSno mosteiro de San Paio
Carlos Blanco e Quico Cadaval
verán do 2008Castro Caldelas, Ribeira Sacra
Ourense
ASOCIACIÓN DEAMIGOS DE CALDELAS
coa colaboración deVerlibros Abós Mosteiro de Sant Paio
concello de Castro Caldelas
![Page 2: M E M O R I A noites/duasnoites.pdf · Cada espectáculo foi plantexado como unha sesión de contacontos. O pro-tagonista de cada sesión foi o actor que se presentou esa noite, coas](https://reader033.fdocuments.co/reader033/viewer/2022052100/6039868076a0d518670ae9ee/html5/thumbnails/2.jpg)
DÚAS NOITES DE CONTOSno mosteiro de San Paio
Carlos Blanco Quico Cadaval
ASOCIACIÓN DEAMIGOS DE CALDELAS
C.I.F.: G32384273Avda. de Ourense, 4 (1)32764 Castro Caldelas
Ourense
www.duasnoitesdecontos.com
![Page 3: M E M O R I A noites/duasnoites.pdf · Cada espectáculo foi plantexado como unha sesión de contacontos. O pro-tagonista de cada sesión foi o actor que se presentou esa noite, coas](https://reader033.fdocuments.co/reader033/viewer/2022052100/6039868076a0d518670ae9ee/html5/thumbnails/3.jpg)
INTRODUCCIÓN
A asociación Amigos de Caldelas organizou os días 31 de xullo e 1de agosto de 2008 dous espectáculos teatrais cos actores Carlos Blanco eQuico Cadaval, espectáculos que conforman o programa “Dúas noites decontos”.
Cada espectáculo foi plantexado como unha sesión de contacontos. O pro-tagonista de cada sesión foi o actor que se presentou esa noite, coas súasnarracións, o seu repertorio e a súa persoal maneira de conectar co público.
O fío conductor das dúas noites foron as historias e lendas, figuras, persoa-xes e feitos que beben da cultura popular e, en alguns casos, tamén da lite-ratura galega, e que forman parte do patrimonio cultural común.
Nos espectáculos que presentan Carlos Blanco e Quico Cadaval, o especta-dor pode identificarse, ao mesmo tempo que se descubre de unha maneiradiferente. Na transmisión oral están en parte tamén as raíces da nosa cultu-ra, e a literatura galega ten unha rica tradición de oralidade. Ámbolos dousactores, moi coñecidos na escea teatral galega, enlazaron os temas popula-res coa tradición máis culta, creando un espectáculo de excepcional calidade.
![Page 4: M E M O R I A noites/duasnoites.pdf · Cada espectáculo foi plantexado como unha sesión de contacontos. O pro-tagonista de cada sesión foi o actor que se presentou esa noite, coas](https://reader033.fdocuments.co/reader033/viewer/2022052100/6039868076a0d518670ae9ee/html5/thumbnails/4.jpg)
LUGAR: O MOSTEIRO DE SAN PAIO
O adro do mosteiro de San Paio, na Abeleda, Castro Caldelas, foi oesceario do programa “Dúas noites de contos”. O mosteiro, magnífico exem-plo da arquitectura románica, atópase neste momento á espera de ser reha-bilitado. Malia o seu deteriorado estado de conservación, o mosteiro formaparte aínda de maneira moi viva do patrimonio histórico-artístico da comarca.É un lugar de referencia, de paseo e, antigamente, na súa entrada organizá-banse festas.
“Dúas noites de contos” naceu no verán de 2008 con vontade decontinuidade, para ser unha cita anual que dinamice a actividade cultural dazona, escasa e limitada ás festas populares e a algún festival musical. Oobxectivo é propoñer espectáculos de calidade que, como nesta primeira edi-ción a través do humor, resulten atractivos para un público amplo.
![Page 5: M E M O R I A noites/duasnoites.pdf · Cada espectáculo foi plantexado como unha sesión de contacontos. O pro-tagonista de cada sesión foi o actor que se presentou esa noite, coas](https://reader033.fdocuments.co/reader033/viewer/2022052100/6039868076a0d518670ae9ee/html5/thumbnails/5.jpg)
DÚAS NOITES: OS ACTORES:
Carlos Blanco
Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) 1959 Actor cunha ampla traxectoria teatral (ademais de autor e director), é un dosactores galegos de televisión máis coñecidos: presentou e colaborou en mul-tiples programas da TVG como “Sitio Distinto” ou “Luar”. Durante tres anosfoi parte do elenco protagonista da teleserie “Mareas vivas”. A súa estrea nomundo das longametraxes veu da man de Antón Reixa (“O lápis do carpintei-ro”) e Patricia Ferreira (“O alquimista impaciente”). Conta con varios guiónsescritos para “Mareas vivas”. Traballou na Radio Galega durante dez anos.
![Page 6: M E M O R I A noites/duasnoites.pdf · Cada espectáculo foi plantexado como unha sesión de contacontos. O pro-tagonista de cada sesión foi o actor que se presentou esa noite, coas](https://reader033.fdocuments.co/reader033/viewer/2022052100/6039868076a0d518670ae9ee/html5/thumbnails/6.jpg)
Quico Cadaval
Ribeira (A Coruña) 1960 Actor, director e adaptador teatral, foi o impulsor do movemento de contacon-tos xurdido en Galicia na década dos noventa. Comezou na interpretaciónteatral a fins dos setenta no Centro Dramático Galego, para, a mediados dosoitenta, fundar a súa propia compañía, “O Moucho Clerc”. Traballou en dife-rentes producións da televisión autonómica galega, así como en curtas e lon-gametraxes. Continúa a traballar no audiovisual como actor e como guionis-ta. Foi profesor de interpretación de "Operação Triunfo" (Portugal, 2003).