Manifestos

10
Alumnado de 4º ESO MANIFESTOS

description

Creacións do alumnado de 4º ESO

Transcript of Manifestos

Page 1: Manifestos

Alumnado de 4º ESO

MANIFESTOS

Page 2: Manifestos

2

Manifesto en defensa da lingua galega!!!

Debemos de defender a nosa lingua: o galego, porque é a lingua de Galicia. O

galego é o noso pasado e terá que ser o noso futuro e o dos demais galegos. O galego

é a lingua que se foi pasando de xeración en xeración entre todos os galegos. É a

primeira lingua que oímos ao nacer, e se a falades tamén os vosos fillos a falarán.

ADRIÁN

Os galegos debemos protexer a nosa lingua para que nun futuro non

desapareza e as novas xeracións sigan falándoa. Para iso todos os galegos debemos pór

algo da nosa parte, temos que falar o galego e transmitilo de xeración en xeración. Se

non o facemos chegará un punto en que o galego desaparecerá e non teremos unha

lingua propia. Fala o galego! O galego é a nosa lingua!

DANIEL

Nós, os galegos, debemos defender a nosa lingua. Nós, os galegos, non

debemos deixar que a lingua castelá mate o galego. O galego é máis que unha lingua,

tamén é a nosa identidade. Se deixamos morrer o galego, tamén deixamos morrer o

noso pasado, a nosa cultura e sobre todo a nosa identidade como galegos.

Na nosa man está o seu futuro, se deixamos morrer o galego, o traballo que

levaron os nosos antepasados foi en van. Se deixamos morrer o galego estamos

traizoando a nosa lingua. Na nosa man está o futuro de Galicia e a nosa identidade.

JOSÉ MANUEL

Non debemos aceptar o decreto do PP porque é totalmente contrario á

normalización da nosa lingua e diminúe os dereitos dos galegofalantes.

O noso goberno debería de protexer a nosa lingua e non permitir que a

aldraxen.

O galego non está en relación de igualdade co resto das linguas do territorio.

O galego é unha lingua máis, nin mellor nin peor que as outras e debe formar

parte do noso patrimonio.

Page 3: Manifestos

3

A nosa lingua é a nosa achega ao resto do mundo.

A nosa lingua é polo que temos que loitar, unha importante herdanza dos

nosos antepasados e debemos transmitila ás novas xeracións.

Non deixemos que nos enganen impoñéndonos outras linguas e tradicións

como o famoso ¨Halloween¨ que pretende substituír ao noso incrible e magnifico

Samaín!

Deixemos de agocharnos e loitemos polo que é noso!

SANDRA

Nós, os galegos, somos os que temos que falar e defender a nosa lingua

materna, xa que é unha riqueza para o pobo galego. Non en todos os lugares de

España poden presumir de ter dúas linguas oficiais e unha delas propia e

independente. Como galegos que somos:

DEFENDAMOS O GALEGO!

JAVIER

Porque é a nosa lingua. Porque non se pode matar. Porque nós medramos nela.

É vergoñento que os galegos falemos noutra lingua que non sexa a nosa. Porque é a

primeira lingua que escoitamos ao nacer. Porque ten que seguir de xeración en

xeración. Forma parte da nosa cultura e da cultura de Galicia. Porque non custa nada

falala.

ROCÍO

Manifesto contra a violencia de xénero!!!

Nós, somos os que principalmente temos que unir as nosas forzas para loitar contra

a violencia de xénero en unión coas leis do goberno. Todos xuntos conseguiremos que

todo remate. Porque todos somos persoas, e os homes non son superiores ás mulleres

en ningún aspecto, non teñen dereito a sentirse mellores.

Page 4: Manifestos

4

Non podemos permitir que siga a violencia no fogar, ninguén se merece ese calvario

sen motivo, non debemos deixar que ningunha muller máis morra a mans dun home

sen cabeza que non pensa no que fai sufrir ós demais.

Porque nunca podemos saber se algún día lle pasará a alguén próximo… para

rematar todas estas inxustizas que sofren as mulleres, contra a violencia de xénero.

¡Todos a unha!

BEGOÑA

Nós debemos combater contra a violencia de xénero.

Debémolo facer!

Para iso primeiro temos que buscar a igualdade.

É moi sinxelo!

Os infractores deberán ser castigados

De cabeza ao cárcere!

O primeiro paso para buscar esa igualdade depende de nós

Como a igualación de salarios nos traballos

As mulleres son persoas como os homes.

A muller foi creada por Deus para se-la súa compañeira

Non para que sexa a súa compañeira de pelexas

Ante a violencia de xénero debemos dicir basta

¡Nunca máis!

IVÁN

Nós, as mulleres de Galicia,

de España, de Europa e do Mundo enteiro,

queremos, non volver estar nun segundo plano.

Non queremos ser as que sempre

Page 5: Manifestos

5

están pechadas nunha gaiola

nin as que cando volven os homes teñen que soportar

inxurias e golpes, que se nos cravan na alma e deixan pegada.

Queremos escapar, berrar, ser libres, loitar, amar!!!

En definitiva, non queremos que nos destrúan e que nos pisen!!!

Porque tivemos unha voz miúda e calámolo todo!

Agora debemos ser quen de elixir e de non sernos as escravas de ninguén!

KELLY

A violencia de xénero está a aumentar nos últimos anos. Nós, só pedimos a

igualdade entre os homes e as mulleres. Non basta con lamentarse polas mortes de

mulleres a mans de homes. O silencio e a resignación non son a resposta!

A violencia de xénero non respecta nin fronteiras, nin culturas, nin idades, nin niveis

económicos. Nós, todas as mulleres dicimos: Non á violencia machista!

Todos os actos de violencia de xénero rematan cun minuto de silencio, e cada acto

de violencia machista remata coa morte dunha muller.

ANDREA P.

Non estamos de acordo coa desigualdade entre homes e mulleres. Cremos que

todos deberiamos ser respectados por igual, xa que, así se respectan os dereitos das

persoas. Non estamos de acordo con actos machistas. Non nos podemos deixar

vencer. Temos que loitar para poñerlle fin a este problema, porque iso non é máis que

un acto de covardía por medo a que os poidamos superar na sociedade actual. Nós,

non queremos favoritismos, só queremos igualdade.

Os homes son dominantes, cren que poden tratar á muller como se lles antolle,

pero nós non estamos dispostas a iso. O machismo é unha enfermidade, que se deixen

aconsellar e que deixen o orgullo a un lado. Teñen que aceptar que as mulleres

debemos ter os mesmos dereitos ca eles.

ANDREA G.

Page 6: Manifestos

6

Estamos de acordo en que a violencia machista destrúe a autoestima,

provocando un desequilibrio emocional na persoa que a sofre. Ademais créalle medo

einseguridade para o resto da súa vida pois perde a súa personalidade sen saber como

actuar en moitas ocasións. Destrúe as súas ilusións e perspectivas de futuro e iso leva a

que nada teña sentido no mundo que viven.

Cremos que a persoa agredida ve limitada a súa liberdade, potencia a mentira

para que os demais non descubran o que lle está a acontecer, xa que, negan o que lles

pasa e moitas veces non queren denunciar a súa situación porque non a recoñecen.

Senten que o seu propio fogar é un inferno e isto desencandea unha desestruturación

familiar que remata afectando os fillos, no caso de que poida habelos pois a persoa

atópase nun constante ambiente de tensión.

IRIA

Non mercemos ser tratadas como bonecas, somos persoas.

Precisamos unha caricia, non unha labazada.

Quen nos quere axúdanos a ser felices.

Ninguén é quen para gobernar noutra persoa.

Queremos ser capaces de rir e deixar de chorar.

Respéctanos e valóranos, ninguén te obriga a facernos dano.

Pegándonos só consegues o noso odio e o noso medo.

Libéranos das cadeas non nolas poñas.

Sentídesvos mellor insultando a alguén que ten menos forza ca vós?

Non precisamos a ninguén que decida por nós.

LUCÍA L.

Nós estamos en contra da violencia de xénero porque non nos gusta ningún

tipo de violencia. Estamos en contra de esa idea ou de ideas parecidas. Pensamos que

para ser felices non precisamos que nos peguen.

Nós estamos en contra porque temos os mesmos dereitos que os homes.

Pensamos que non deben de ter ningunha autoridade sobre nós, xa que somos todos

iguais, estamos en contra porque se de verdade nos queren, non necesitan pegarnos.

Tamén estamos en contra porque as cousas pódense arranxar falando e tamén porque

un home cando pega a unha muller xa deixa de ser un home. Estamos en contra

porque unha caricia fai máis que un golpe. O amor non precisa de puñadas.

NOA

Page 7: Manifestos

7

Ninguén se merece a humillación nin o maltrato.

Conséguese máis cunha caricia que cunha puñada.

As mulleres non somos obxectos.

Ningún home é máis que unha muller.

O home que pega a unha muller deixa de ser un home.

A superioridade non se consegue a golpes.

Se queres que te respecten, respecta ti os demais.

Con sufrimento non se consegue nada.

Ante o maltrato non valen palabras que o xustifiquen.

Quen te fai sufrir non te merece.

PAULA

Nós estamos en contra porque todas as persoas somos iguais; non ten que haber

diferenzas entre homes e mulleres; as mulleres non temos que ser vítimas dos homes;

traballamos o mesmo; homes e mulleres temos a responsabilidade de coidar os fillos;

as labores domésticas non só son das mulleres senón tamén dos homes; as mulleres

non temos porque estar na casa; nós as mulleres, temos o dereito de cobrar o mesmo

cós homes á hora de desenvolver o mesmo traballo; tamén temos dereito a ter

traballo e a ser independentes coma calquera home.

SONIA

Nós non estamos de acordo coa violencia machista, porque una muller non é un

obxecto ao que se poida maltratar.

Nós non estamos de acordo coa violencia machista, porque a muller é una persoa con

sentimentos á que non se lle debe berrar.

Nós non estamos de acordo coa violencia machista, porque una muller ten que ser

libre e non vivir atada coma un can.

Nós non estamos de acordo coa violencia machista, porque a muller non ten que pagar

polo mal día do seu home.

Page 8: Manifestos

8

Nós non estamos de acordo coa violencia machista, porque a muller non ten culpa de

todo o mal que fai o home.

Nós non estamos de acordo coa violencia machista, porque a muller non se merece

vivir con medo.

Nós non estamos de acordo coa violencia machista, porque a muller non ten por que

abandonar os seus soños só porque ao home non lle gusten.

Nós non estamos de acordo coa violencia machista, porque una muller non pode ter

confianza consigo mesma se o home non lla dá.

Nós non estamos de acordo coa violencia machista, porque a muller non precisa que

un home pense por ela.

Nós non estamos de acordo coa violencia machista, porque una muller non pode ser

obrigada polo home a facer algo que non quere.

TANIA F.

As mulleres somos seres vivos, que non se poden maltratar, non temos que

vivir axeonlladas ante ninguén, ninguén nos pode obrigar a facer o que non queremos,

porque tomamos as nosas propias decisións e pensamos por nós mesmas. Non

podemos vivir con medo ante ninguén.

Ninguén está de acordo coa violencia de xénero e non debemos permitir que a

xente a sufra. A muller non é ningún obxecto que se poida manipular ao antollo de

todos, tampouco nos temos que deixar manexar.

RAQUEL

Todas as mulleres do mundo debemos rexeitar e poñerlle un punto e final ao

maltatro, tanto físico como psicolóxico dende o primeiro día, xa que se non freamos

isto a tempo as aldraxes e a violencia van a ser continuos, o que provocará en nós

sentimentos de medo, rancor, odio..., e os homes sentiranse máis fortes e faranse

donos da nosa vontade. Non lle podemos temer ao maltratador se non nunca teremos

a coraxe para enfrontarnos a el e ser capaces de abandonalo. As nais deben loitar para

que os fillos non teñan que pasar por situacións violentas que lles poidan causar

traumas, calquera outra enfermidade ou incluso inclinar a súa conduta cara a unha

dirección non recomendable.

Page 9: Manifestos

9

Debemos darnos conta cando un home comeza a ser maltratador, xa que este

comezará a sentir celos desmesurados, controlaranos a roupa, o móbil..., polo que

temos que obrigarnos a nós mesmas a separarnos del ou simplemente axudalo. Esta

enfermidade pode tratarse pero necesita que a persoa invista o seu tempo no

tratamento e sobre todo que teña gañas e vontade para curarse, de ser así poderíamos

darlle un voto de confianza polo menos ata que non nos demostre o contrario.

LUCÍA C.

Nós estamos en contra da violencia machista porque unha muller non ten

porque sacrificar o seu futuro, a súa liberdade polo egoísmo dos homes. Non nos gusta

que traten a muller como obxectos...

Nós estamos en contra da violencia machista porque pola culpa dos celos o

alcohol maltraten e deixen un baleiro na alma das mulleres para toda a vida, e causan

danos psicolóxicos irreversibles, e xamais poden recuperar a normalidade dos seus

sentimentos.

ANDREA C.

Manifesto a favor das tarefas de clase!!!

As tarefas de clase son necesarias para que nós saibamos día a día o que vamos

estudando.Tamén son importantes pola porcentaxe que supoñen dentro da nota, e

pódennos axudar a aprobar. A práctica é necesaria para mellorar o aprendido, por iso

son boas para nós.

Se non as fixeramos empeoraría a relación coa profesora, o que crearía un

estado de malestar na clase. Ó facelas todos os días, a profesora collería confianza con

nós, o que faría que non nos preguntase quen as ten feitas e quen non porque llo

diriamos nós.

Á parte, cremos que as tarefas non teñen nada de negativo, só son positivas

para o alumnado.

Polo tanto: Debémolas facer!

DIEGO

Page 10: Manifestos

10

Se todos fixésemos as tarefas a clase mollaría e progresaría. Cando un fai as tarefas

séntese mellor ca cando non as fai, ademais se todos fixésemos as tarefas lograríamos

ter á profesora máis contenta; aumentaría o número de aprobados na avaliación e os

exames serían un pouco máis fáciles. Pensándoo ben tampouco custa tanto…!!!!

Fai as tarefas!!!

LUÍS