Mapas, escalas, paisaxes
-
Upload
maribeliglesias64 -
Category
Education
-
view
76 -
download
1
description
Transcript of Mapas, escalas, paisaxes
MAPAS, ESCALAS,
PAISAXES
A realidade xeográfica e a súa representación
(Guía para o profesorado)
“A paisaxe é unha realidade espazo-temporal concreta, unha
expresión formal percibida e integrada por un conxunto de
elementos, visibles e invisibles, de orixe natural, biolóxico e
antrópico, relacionados entre sí e que están en contínua
transformación. A paisaxe ten elementos obxectivos (relevo, clima,
edificacións…) pero tamén é unha construcción social froito dunha
evolución no tempo e unha vivencia, un xeito de ver e imaxinar o
mundo” Ángel Liceras, Universidade de Granada.
SAÍMOS DE EXCURSIÓNRUTA IES ASOREY- CASTRO DA PASTORA, DISTANCIA 1,1 KMS,
DURACIÓN APROX. 90 min.
FICHA TÉCNICA DIDÁCTICA DA ACTIVIDADE
CONTIDOS:
-Os mapas, aplicacións de orientación e localización, tipos de mapas:
o mapa topográfico, o compás, como se usa
-Identificación dos elementos da paisaxe, interacción entre eles e a
acción humana. Contribución ao desenvolvemento da sostenibilidade.
-CRITERIOS DE AVALIACIÓN:
-Localizar lugares nun mapa e obter información sobre o espazo
representado a partir da lenda ou da simboloxía do mapa,
comunicando as conclusións de xeito oral ou escrito
-Identificar e explicar algúns exemplos dos impactos da acción humana
no medio natural, analizando causas e efectos e aportando medidas e
conductas para reducilos
-COMPETENCIAS:
-Social e cidadá, interacción co medio físico, matemática, dixital e
lingüistica
SAÍDA DE EXPERIMENTACIÓN
FASE INICIAL
(Actividades na aula)
- Definir cuestión de estudo
- Detectar Ideas previas
- Documentación
- Motivar alumnado
- Organizar a tarefa
- Estabrecer obxectivos
DESENVOLVER
(Traballo de Campo)
- Recoller datos
-Identificar
- Cartografar
- Medir
-Debuxar
-Fotografar
- Preguntar
FASE DE SÍNTESE
(Actividades na aula)
-Tratamento da información
- Formular conclusións
- Consideración crítica de resultados
- Valoración e formulación de
alternativas
Elaboración propia a partir de: VILARRASA, A. “Salir del aula. Reapropiarse del contexto” en Rev. Íber
de didáctica de CCSS, nº 36, pax. 22, 2003, Barcelona, ed. Graó.
MATERIAL QUE LEVA CADA
ALUMNO E ALUMNA:
CÁMARA DE FOTOS
COPIA DA FOLLA DO MAPA TOPOGRÁFICO
ESCALA 1:25.000
FICHA DE OBSERVACIÓN
LÁPIZ, BOLI (AZUL E VERMELLO), SOPORTE
DURO EN QUE APOIAR O PAPEL
E POR SUPOSTO, CALZADO E ROUPA
CÓMODA…
ANVERSO E REVERSO DA
FICHA
Incluímos fotos do punto de partida e chegada. Está
accesible publicamente neste enderezo:
https://mapsengine.google.com/map/edit?mid=zMYimwqE5UF0.kcVYFympWi7s
Situamos a ruta en Google maps
- DURANTE O PERCORRIDO O ALUMNADO
CUBRE A FICHA DE OBSERVACIÓN
NO MIRADOIRO DA PASTORA:
- COA AXUDA DO COMPÁS LOCALIZAMOS
OS PUNTOS CARDINAIS, PINTAMOS CON XIZ
NO CHAN
-ORIENTAMOS O MAPA
- COMPARAMOS MAPA E REALIDADE E
LOCALIZAMOS OS PUNTOS MÁIS ALTOS E
MÁIS BAIXOS
-SACAMOS FOTOS
FASE FINAL: TRABALLO NA AULA
ACTIVIDADES
1- FACEMOS O NOSO PROPIO MAPA TEMÁTICO DE USOS DO
CHAN:
-SOBRE UNHA COPIA DA ORTOFOTO 1: 25.000 QUE OBTEMOS
PREVIAMENTE DE SIGPAC (captura de pantalla) SINALAMOS CON
DIFERENTES CORES E SUPERPOÑENDO UN PAPEL
TRANSPARENTE:
- ZONAS URBANAS
- ZONAS DE CULTIVOS
- VÍAS DE COMUNICACIÓN
-ZONAS VERDES
-INDUSTRIAS
-EDIFICIOS PÚBLICOS DE USO COMUNITARIO (EQUIPAMENTOS)
-CREAMOS UNHA LENDA COAS DIFERENTES CORES
O QUE NON DEBE FALTAR NUN MAPA:
-TÍTULO: De que fala o mapa?
-ORIENTACIÓN: Cara onde está o norte?
-LENDA: Que representan os símbolos do mapa?
- ESCALA: A que equivalen na realidade as
distancias do mapa?
2- LEVANTAMOS UN PERFIL TOPOGRÁFICO
ENTRE A ILLA ARTIFICIAL DAS GORITAS E O RÍO TOMBELOMAPA: captura de pantalla de IBERPIX. Pódese imprimir un PDF
Neste enderezo atópase un video titorial sobre como se fai un perfil topográfico:
http://youtu.be/f841Dbk2DI8
COA AXUDA DO VISOR SIGPAC OU IBERPIX
FACEMOS MEDICIÓNS DE DISTANCIAS E
SUPERFICIES
Nas imaxes aparece a
lonxitude da ruta
percorrida e a superficie
do dominio público do
Monte da Pastora, no
que se atopan os restos
do Castro da Pastora
3- FACEMOS GRÁFICOS: HISTOGRAMA DE FRECUENCIAS
% DE MENCIÓNS QUE RECOLLEMOS NA SAÍDA(Esq folla de cálculo open office, dta excel)
0
10
20
30
40
50
60
70
PORCENTAXE DE USOS AGRÍCOLAS NA RUTA Á
PASTORA
casas particulares fábricas fincas agrícolas equipamentos públicos edificios históricos museos
0
10
20
30
40
50
60
% DE MENCIÓNS DE USOS DO CHAN
ITEMS
PO
RC
EN
TA
XE
Poñemos en común o que vimos na ruta
Apoiámonos nas fotos que sacamos
RUTA PRÓXIMA A UN
ESPAZO NATURAL
PROTEXIDO
INSTITUCIÓNS QUE
CUSTODIAN ESTE
ESPAZO E
COLABORAN NA
SÚA PROTECCIÓN E
MELLORA: XUNTA
DE GALICIA, UNIÓN
EUROPEA,
DEPUTACIÓN DE
PONTEVEDRA
Que é un LIC?
PERIFERIA
URBANA.
PREDOMINIO DO
USO AGRÍCOLA,
ESPECIALMENTE
VIÑEDOS E
INVERNADOIROS:
relacionar co clima
das Rías Baixas
AO PE DO MIRADOIRO
DA PASTORA, AS
CURVAS DE NIVEL DO
MAPA TOPOGRÁFICO
COINCIDEN COA
ESTRADA E CUN DOS
TERRAPLÉNS
DEFENSIVOS DO
CASTRO DA PASTORA
USO RECREATIVO DA PAISAXE.
EDUCACIÓN AMBIENTAL: a xente
usa pouco as papeleiras
ESPAZOS
PÚBLICOS E DE
EQUIPAMENTO:
COLEXIO DE
INFANTIL E
ESCOLA-TALLER
MUNICIPAL
ESPAZOS
DE ALTO
VALOR
HISTÓRICO
E
TURÍSTICO:
RUÍNAS DE
STA MARIÑA
REDACTAR CONCLUSIÓNS
- INFORME INDIVIDUAL (power point ou arquivo de texto):
No que se describa a paisaxe que vimos, indicando:
. LOCALIZACIÓN, onde está, coordenadas aproximadas, parroquia,
concello, comunidade autónoma…
. Dicir se é unha paisaxe predominantemente natural ou humanizada,
xustificar.
. EXPLICAR as súas características segundo as conclusións
realizadas en común na aula, apoiándose nas fotos realizadas por
cada alumno ou alumna
-ORGANIZADOS EN GRUPOS:
-Redactar unha instancia ao Concello denunciando a existencia de
elementos negativos na paisaxe (por exem. lixo, verquidos, deterioro
de mobiliario urbano…) e propoñendo melloras. Un portavoz por
grupo fai unha exposición-resumo apoiándose nun power point
MODELO DE INSTANCIA
Unha instancia é unha solicitude que se fai a unha institución oficial.
Debe levar este formato e presentarse no rexistro xeral da institución:
MANUEL GONZÁLEZ GONZÁLEZ con DNI: 12345678G,
e domicilio en Cambados, rúa Dolores del Valle nº 1,
EXPOÑO: Que paseando polo entorno do Monte da Pastora,
comprobei que había un número insuficiente de papeleiras. Isto
provoca que exista lixo tirado en moitos puntos, co conseguinte
deterioro medioambiental; e tendo en conta que é un lugar moi
visitado tanto por veciños e veciñas como por turistas que nos visitan
SOLICITO: Que se coloquen máis papeleiras na ruta de subida ao
miradoiro da Pastora
Asinado: ________
ILUSTRÍSIMO ALCALDE DO CONCELLO DE CAMBADOS
Dereitos de autor
Mapas, escalas, paisaxes. Maribel Iglesias Baldonedo, con licenza:
Dentro do curso: O tempo e o espazo con liñas e cores por Maribel
Iglesias e Manuel Busto. Baixo licenza
Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 3.0
España.
Créditos e autoría:
Úsanse imaxes e recursos de produción propia, que se fan públicos con
licenza CC-BY-NC-SA, outras de dominio público, con licenza creative
commons, GNU... tomados preferentemente de bancos de recursos
educativos abertos. Tamén se empregan, acolléndose ao dereito de cita
segundo a lexislación vixente, imaxes e recursos diversos de diferentes
páxinas Web, e lígase -cando é posible- a súa licenza ao pé dos propios
recursos, que manteñen integramente.
Outras licenzas:
Quedan fora desta licenza as imaxes, recursos... que manteñen a súa
propia licenza, sinalada en cada caso.