Mapoula 2009

55
IES Adormideras curso 2008-2009

description

A revista do IES Adormideras

Transcript of Mapoula 2009

Page 1: Mapoula 2009

Mapoula

IES Adormideras

curso 2008-2009

Page 2: Mapoula 2009

DirecciónEquipo de Normalización e Dinamización Lingüística

Colaboracións:Jaime DuqueAna OteroRocío RomeroCarolina AguiarCristina AmadoAdrián AriasGabriela BeadeXaquín BermelloLaura BoadoPablo BocelasUxía CalvoLaura CastañoAlicia CondeAlicia CorreaDavid Fernández

Laura García de AranaLaura García GonzálezTamara García Adrián GómezElías GonzálezSofía Araceli GonzálezFernando MagánMartín NogueiraBeatriz PalaciosHelena Pérez-ArdaMayte PuigXalo RancañoXana ReyErika X. RodríguezSabela Suevos

Maquetación:Teba Argizcoa axuda deÁgueda Casal

ENTREVISTAS

§ Entrevista a Katrin 33 § Entrevista a Teba 34

DEPORTES

§ Somos grandes deportistas 35 § Cursos de danza 36-37 § Tai-chi 38 § Loita 39 § Atletismo 40 § Patinaxe 41 § Esquí: Serra Nevada 42-43 § Natación Sincronizada en España 44-45

TUTTI FRUTI

§ Recetas: Tarta de mazá en seco 46 § Piercing, arte no corpo 47

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

§ Ramón Piñeiro 48 CULTURA

§ As mulleres matemáticas 49 § A miña experiencia nos EEUU 50 § Eu en USA 51 § 2009, un ano especial para a ciencia.

Galileo Galilei 52

EN PORTADA

ACTIVIDADES NO CENTRO § Ies Adormideras contra

a violencia de xénero 2

§ Cariñoso Adeus 3 § Acto de presentación de Mapoula 2007 - 2008

4-5

§ Pictogramas do centro. Fase IV 6 § Celebramos o Nadal con árbores 7 § Concurso de postres e Karaoke no

Nadal 8

§ Concurso do calendario –marcador 9 § O noso entroido 10-11 § Curros Enríquez.

Nación, liberdade e progreso 12

§ Día do Libro, 23 de Abril 13 § Seccións europeas 14

AS NOSAS CREACIÓNS

§ Os primeiros días na historieta 15 § Marihuana no Amazonas 16 § Non son contos de vellos 17 § Poemas: As cantigas do vento 18 § Sabela, Xalo e o futuro 19 § Caligrama de Rosalía 20

SAÍDAS

§ Visita a Cerámicas O Castro 21 § Visita ó Kiosco Alfonso: exposición “As nosas palabras, os nosos mundos”

22

§ Culturgal: teatro “Bicos con lingua” 23 § Deseño Holandés: rúa, doce fogar 24 § Museo e cubertas da Catedral de

Santiago 25

§ Visita ao Museo Emilia Pardo Bazán 26 § Teatro: Anxeliños 27 § O Xornal 28 § Saída a unha obra de teatro francés 29 § Casa das Ciencias 30 § Giseliña 31 § Saída a Fundación Luís Seoane 32

ÍNDICE

MAPOULA 1CURSO 2008 - 2009REVISTA DO IES ADORMIDERAS

Mural dos alumnos de Volume de 1º Bach

Map

oula

Page 3: Mapoula 2009

ACTIVIDADES NO CENTRO

MAPOULA2 CURSO 2008 - 2009 REVISTA DO IES ADORMIDERAS

IES ADORMIDERAS CONTRAAVIOLENCIA DE XÉNERO

Omartes, 25 de Novembro,

día contra a Violencia de

Xénero, ao longo de toda a

mañá, realizouse unha actividade na

que participaron todos os alumnos

do centro.

Tratábase de expresar algunha idea

coa palabra ou a imaxe que fixera

referencia ao tema, en frases curtas

ou debuxos moi sinxelos.

Baixaron ao vestíbulo da entrada,

onde había un mural destinado a

este tema e o material para intervir.

Previamente asistiron, tamén no hall,

á proxección duns vídeos para que

lles servira de reflexión e inspiración.

Page 4: Mapoula 2009

ACTIVIDADES NO CENTRO

MAPOULA 3CURSO 2008 - 2009 REVISTA DO IES ADORMIDERAS

Cariñoso adeus

Como todos os anos despedi-

mos ao alumnado de 2º de

Bacharelato. Foi un acto moi

emotivo. Aparte das palabras cariño-

sas dos profesores e dos alumnos,

este curso puidemos ver un video rea-

lizado polos alumnos no que se mos-

traba o seu paso polo instituto desde

a súa chegada en primeiro de ESO ata

rematar a etapa de Bacharelato.

Resultou moi divertido xa que

todos puidemos lembrar os anos com-

partidos xuntos.

Ademais como temos curso de

Bacharelato artístico, non podía faltar

un espectáculo de cor. Así que, en

directo, realizouse unha bonita per-

formance que hoxe en día se pode

ver colgada no Centro, ao lado da

cafetería: ” Adormideras , un sitio dis-

tinto”

Agardamos que todo vaia moi

ben, e xa sabedes que aquí sempre

seredes ben recibidos.

Page 5: Mapoula 2009

ACTIVIDADES NO CENTRO

Odía da presentación darevista tamén se entregaronpremios dos diversos con-

cursos realizados ao longo docurso convocados polo ENDL.

Con todos os traballo realiza-dos fíxose unha exposición naentrada, na que chamaba a aten-ción a presenza das actividadessobre a Torre de Hércules.

O instituto Adormideras inten-tou colaborar na campaña parapromocionala como monumentoPatrimonio da Humanidade, ao finsomos veciños e quixemos aportaro noso gran de area. Os rapaces eas rapazas do noso instituto nonpodiamos faltar a esta cita parabotar á Torre unha man no recoñe-cemento universal e apoiala comosímbolo da nosa cidade, por isopuxemos a nosa creatividade aoservizo desta causa.

Xa falando das actividadessobre A torre de Hércules, convo-camos un concurso de relatos.Cada un podía enfocar o seu contocomo quixera, pero debía ter unreferente: A torre de Hércules.

E seguimos coa Torre de Hér-cules e cos concursos, fotografía,

pouco ou nada podemos dicir nósda afluencia e beleza das fotospresentadas, na entrada do nosocentro puidemos ver e comprobara exposición de todos os traballos.Houbo fotos impresionantes: dedía, de noite, postas de sol, desdeángulos diferentes. Para podercelebrar este concurso contamoscoa axuda, asesoramento e apoiode Eulogio Rouco, profesor deimaxe. Moitas grazas.

Como veredes hai unhascoincidencias curiosas, pero os tra-ballos eran anónimos e este foi oresultado da votación do xurado.

Temos que pensar que certamenteson artistas de “calidade”

ACTO DE PRESENTACIÓN DEMAPOULA 2007-2008

Aprimeira convocatoria foi oconcurso para elaboracióndun calendario-marcador,

establecemos dous niveis: E.S.O.e Bacharelato. Houbo moitos parti-cipantes que presentaron traballosde moi boa calidade. O xurado tivoque levar ao cabo un difícil laborpara escoller os bocetos premia-dos. Temos que destacar e agra-decer a axuda de Ana Pita, profe-sora de Debuxo, que desde haianos colabora, anima e axuda aoalumnado. Moitas grazas.

Alumnos premiados:Premio nivel E.S.O.: BRAIS VIEITES CAAMAÑO. 3º

Premio nivel Bacharelato: SABRINA COUTO VIEJO. 1ºC

Alumna premiada: BEATRIZ PALACIOS CASTILLO.1ºC Bacharelato

MAPOULA4 CURSO 2008 - 2009 REVISTA DO IES ADORMIDERAS

Alumnos contemplando a revista do pasado ano

Alumnos premiadosNivel E.S.O.: 1º premio: LUCÍA BRAVO CRESPO. 4º2º premio: LUCÍA BRAVO CRESPO

Nivel BACHARELATO:1º premio:

MARTA-LUNA MONTERO ESTÉ-VEZ2º premio: MARTA-LUNA MONTERO ESTÉ-VEZ

Page 6: Mapoula 2009

ACTIVIDADES NO CENTRO

Acontinuación presentáronse

outras actividades: un tríptico

realizado por Jaime Duque,

profesor de Historia, sobre “A torre de

Hércules”. Nel recóllese a evolución

do faro ao longo da historia, a súa

lenda…Moitas grazas

Tamén “A torre de Hércules” foi

motivo duns traballos realizados polo

alumnado de Bacharelato Artístico

dirixido e coordinado polo profesor de

Debuxo, Juan López de Heredia. Son

uns debuxos e bocetos que se pui-

deron ver nunha exposición na entra-

da do Instituto.

Ao final tamén houbo un espe-

cial agradecemento para todos os

xornalistas polo seu interese e apor-

tacións, e tamén se lle agradeceu o

traballo aos alumnos de 4º de E.S.O.

que fixeron labores informáticos diri-

xidos pola súa profesora de informáti-

ca, Carmen Vecino. Moitas grazas.

Foi un acto no que participou

toda a comunidade escolar e ata tivo

repercusión na prensa.

MAPOULA 5CURSO 2008 - 2009 REVISTA DO IES ADORMIDERAS

Page 7: Mapoula 2009

Esta activida-

de, que foi

iniciada xa

hai tres cursos,

emprende este ano

a fase IV.

Se queredes

podedes dar un

paseo polos corre-

dores do centro e

comprobaredes a

boa calidade dos

deseños que ador-

nan e nos fan máis

colorista a nosa

estancia académica.

ACTIVIDADES NO CENTRO

Pictogramas do Centro. Fase IV

MAPOULA6 CURSO 2008 - 2009 REVISTA DO IES ADORMIDERAS

Pictogramas descritivos da terceira planta do centro, así como rotulación das mesmas.

Otraballo trata

de identificar

con elemen-

tos iconogáficos e

textos zonas do insti-

tuto para sinalalas

con linguaxe gráfica.

O profesor do

Departamento de

Debuxo, Juan López

de Heredia, coordina

este traballo cos

alumnos de Funda-

mentos de Deseño de

2º de Bacharelato

Artístico.

Page 8: Mapoula 2009

Case todo o mundo

nas datas do

Nadal coloca na

súa casa unha árbore de

Nadal, pois nós non podia-

mos ser menos!, xa que

algúns pasamos máis

tempo no instituto que na

casa.

Tiñamos que decorar o

centro e os alumnos de

bacharelato quedamos

fartos de forrar caixas e

subilas e baixalas, e logo

facer o imposible para que

quedara coa forma dunha

árbore, fixemos o que pui-

demos e estamos moi

orgullos do noso traballo.

É que a verdade, oNadal non é nada

sen unha boa árbore…

ACTIVIDADES NO CENTRO

Celebramos o Nadal con árbores

Árbore de mandalas (alumnos de 1º e 3º da ESO), árbore de mans (alumnos de francés), árbore de plastilina (Cristina Santos, 1º BACH C) e árbore de cai-xas (alumnos de 1º BACH C)

MAPOULA 7CURSO 2008 - 2009REVISTA DO IES ADORMIDERAS

Page 9: Mapoula 2009

ACTIVIDADES NO CENTRO

MAPOULA8 CURSO 2008 - 2009 REVISTA DO IES ADORMIDERAS

Achegábase o Nadal a Adormide-ras, con máis frío ca nunca eventoso coma sempre e, como

non!, non podían faltar no instituto aslambetadas propias destas datasdatas para ser degustadas polos máislarpeiros…

Tocounos a uns cantos profeso-res e a outras cantas alumnas desem-peñar “o difícil labor” de decidir quepostre, que con esmero foron elabora-dos, sería o mellor.

Todos ricos, todos de premio,pero só un sería o gañador.

Rocío Romero, membro de xurado

Concurso de postres e Karaoke no NadalEntre as actividades de celebración do

Nadal, fíxose este ano un concursogastronómico de sobremesas que

resultou un gran éxito. Presentáronse oitoparticipantes do alumnado, de xeito anóni-mo, e expuxéronse as súas creacións novestíbulo do Instituto. Con iso, a expecta-ción de tódolos que por alí pasaban foienorme, acompañada do desexo de pro-bar tan apetitosas mostras. Pero habíaque esperar á decisión do xurado, com-posto por profesores e alumnas, que setomou moi en serio o seu traballo. Tódolospostres estaban boísimos, pero algúnsdestacaban tamén pola súa presentación,case de profesional da repostería. Gañoua sobremesa “Árbore de Nadal”, feita porLucía Mata, de 1ºESO-A . Tralo fallo doxurado, os que quixeron, puideron disfrutardun doce aperitivo.

Jaime Duque,membro do xurado Alumna premiada: LUCÍA MATA 1ºA ESO

KARAOKE

Page 10: Mapoula 2009

ACTIVIDADES NO CENTRO

Podemos dicir que este concurso

é xa un clásico no instituto. Pode

participar todo alumnado e como

sempre contamos coa colaboración de

Departamento de Debuxo , especial-

mente coa axuda das profesoras Ana

Pita e Teba Argiz.

Como anos anteriores establece-

mos dous niveis. Presentáronse moitos

deseños, moi orixinais e de moi boa cali-

dade, de verdade que ao xurado non lle

foi fácil elixir gañadores, había moitos

finalistas. Por iso, este curso como novi-

dade decidimos facer algo diferente e

original, os traballos finalistas e gañado-

res imos amplialos en cartón-pluma

para adornar os corredores.

Tamén con todos os deseños pre-

sentados facemos unha exposición na

entrada do instituto para que poida ser

observada por todos os que veñan ao

centro.

MAPOULA 9CURSO 2008 - 2009REVISTA DO IES ADORMIDERAS

CONCURSO CALENDARIO-MARCADOR

En vertical e a dereita, o marcador de Cristina Amado.e baixo esta liña o de Nadia Dono

Alumnas gañadoras

Nivel E.S.O.: NADIA DONO (3º)

Nivel BACHARELATO:CRISTINA AMADO (1º C)

Page 11: Mapoula 2009

Mapoula

IES Adormideras

curso 2008-2009

Page 12: Mapoula 2009

ACTIVIDADES NO CENTRO

O NOSO ENTROIDO

MAPOULA10 CURSO 2008 - 2009 REVISTA DO IES ADORMIDERAS

Como todos os anos este

tamén foi un gran día de

entroido no Instituto. Xa se ve

nas fotos os bonitos e elaborados dis-

fraces da comunidade escolar. Hai

disfraces de todos: alumnos, profes, e

ata Fernando e Laura. Tomade nota

para os próximos anos e a seguir

divertíndonos

Page 13: Mapoula 2009

ACTIVIDADES NO CENTRO

MAPOULA 11CURSO 2008 - 2009 REVISTA DO IES ADORMIDERAS

DISFRACES

Page 14: Mapoula 2009

No mes de

xaneiro e

durante quin-

ce días tivemos a

ocasión de disfrutar

desta exposición

cedida pola Concella-

ría de Cultura do

Concello da Coruña.

Esta exposición

itinerante foi progra-

mada co gallo do

Centenario de Curros

Enríquez que se

celebrou no ano

2008, percorreu dife-

rentes cidades e vilas

e nela ofrécese unha

visión temática sobre

a obra e a vida do

autor. En principio

combinaba texto,

imaxe e son, pero

temos que dicir que

ao noso centro non

nos chegou a parte

musical, mais mesmo

sen ela aproveitamos

para lembrar a este

gran escritor enterra-

do na nosa cidade.

Montamos os

paneis na sala de

exposicións e toda a

comunidade educati-

va puido disfrutar

realizando unha visi-

ta. O alumnado reali-

zou un percorrido

acompañado polas

súas profesoras.

Para os que cursan

ESO, a profesora

María Xose Mato ela-

borou un cuestionario

con preguntas refe-

rentes ao autor que

eles tiñan que con-

testar tirando as res-

postas da lectura e

comentarios feitos

dos paneis.

Resultou moi

ben, e todos puide-

mos adicarlle unha

homenaxe a Curros

Enríquez.

Foi unha clase

diferente!

ACTIVIDADES NO CENTRO

Curros Enríquez. Nación,liberdade e progreso

Nas fotos aparecen Antía X. Alamán, Laura Delgado, Martín Nogueira, Adrian K. Abraldes, Andrea Celdran e Ángel Baz

MAPOULA12 CURSO 2008 - 2009 REVISTA DO IES ADORMIDERAS

Page 15: Mapoula 2009

ACTIVIDADES NO CENTRO

Este ano tamén quixemoscelebrar o día do libro, paraisto pensamos que a mellor

maneira sería "lendo". Os departa-mentos de Letras escolleron textosrepresentativos e axeitados ao niveldo alumnado para facer lecturaspúblicas no Salón de Actos. Fixe-rónse dous niveis de lectura: ESO e1º de Bacharelato.

Gustaríanos que con estetipo de actividade o noso alumnadotivese máis interese pola lectura eque lle aportase algo positivo O acto tivo lugar no Salón de Actos

David Viana, alumno de 3º, recitando unpoema en francés

Cristina Amado, alumna de 1º C de BACH

DÍADO

LIBRO

Os alumnos de 1º de ESO lendo un texto en lingua castelá

Aldara Prado, alumna de 1º C de BACH

Alumnos de 4º durante o acto, Gabriela Beade e André Mallo

Os alumnos de 4º de ESO lendo un texto en francés

MAPOULA 13CURSO 2008 - 2009REVISTA DO IES ADORMIDERAS

23 deabril

Page 16: Mapoula 2009

ACTIVIDADES NO CENTRO

MAPOULA14 CURSO 2008 - 2009 REVISTA DO IES ADORMIDERAS

Seccións europeas

Os estudantes que estamos nas secciónsBilingües, da asignatura de informática, amaioría estamos satifeitos con ter elixido

esa optativa. Serviranos de moito para os anos deestudos seguintes, aínda que é un pouco compli-cado, porque temos que facer moitos traballos (debastante dificultade) e tamén exames, e ademaiistodo isto o temos que facer en inglés.

Na clase temos que empregar todo o tempoo inglés, todas as preguntas do profesor e ao pro-fesor teñen que ser nese idioma.

Aínda que ao principio o de cursar esta asig-natura en inglés asustounos moito porque pensa-bamos que non nos íamos enteirar de moito, peropouco a pouco imos entendendo todo o que nosvai falando. Ademais de aprender informáticaaprendemos outro idioma, que iso é unha cousamoi privilexiada.

Todos os que estamos este ano nesta optati-va levamos desde segundo da E.S.O collendounha asignatura que se imparte tamén en inglés.En segundo da E.S.O tiñamos Naturais é en tercei-ro Física e Química.

Eu recoméndovo que elixades as SecciónsBilingües.

Laura Castaño

Os alumnos de 4º E.S.O, entre os que meinclúo, continuamos a facer este ano asSeccións Europeas. Para este curso a

materia impartida en inglés é a de informática, oprofesor que a imparte é Jose Luis Sánchez Zas. Os primeiros días resultou bastante complicadoadaptarse, xa fose porque ao ser en inglés non seentendían moi ben as explicacións do profesor ouporque o noso vocabulario informático non era moiextendido.

A medida que foron avanzando os días aasignatura comezou a ser moito máis sinxela emesmo resultou divertida. Nestes seis meses quelevamos de clase aprendemos varias cousas: asvantaxes que pode ter utilizar un sistema operativodiferente ao que adoitamos utilizar nas nosascasas, como facer un documento de open office,como utilizar un programa de photoshop, que é oGAG. . .

O profesor mándanos varios traballos parafacer no noso ordenador, a gran maioría deles enopen office. Posteriormente puntúa estes traballos.As puntuacións dos traballos, xunto coas notasobtidas nos diferentes exames que imos realizan-do ó longo do curso fan unha media que é a nosanota de avaliación.

Ademais de mellorar os nosos coñecemen-tos informáticos, melloramos o noso nivel deinglés.

Eu considero que é unha materia coa queaprendemos cousas importantes, ás que a maioríade nós dará uso no futuro.

Pablo Bocelas

AUTORES: LAURA CASTAÑO E PABLO BOCELAS (4º ESO)

Page 17: Mapoula 2009

AS NOSAS CREACIÓNS

Banda Deseñada

MAPOULA 15CURSO 2008 - 2009 REVISTA DO IES ADORMIDERAS

AUTOR: XAQUÍN BERMELLO COROMINAS (1º A ESO)

Page 18: Mapoula 2009

AS NOSAS CREACIÓNS

MAPOULA16 CURSO 2008 - 2009 REVISTA DO IES ADORMIDERAS

CONTO:

Chegamos á entradado noso portal, todoestaba normal, coma

sempre, abrimos a porta,entramos e pechámola,coma sempre. De súpeto,un inesperado carteiro dei-xou unha carta no nosobuzón. Cando marchou,caeu escaleiras abaixo, omoi parvo. Nós deixámolorebotar. - Oh!, que indiscreción, nonnos presentamos! SomosXaquín e Xalo, os xemel-gos!

Volvendo ao tema acarta dicía así:

-“Srs. Bermello, acaban degañar un cruceiro nun reac-tor espacial, con dirección áSelva do Amazonas. Adeuse felicidades.”-

Fomos a toda velocida-de ao noso apartamento,fixemos a maleta e deitámo-nos.

Ao día seguinte ás10:30 da mañá estabamoscamiño do Amazonas, cunpiloto chamado Alex.

Cando estabamos ametade de camiño, os reac-tores comezaron a arder e anosa velocidade triplicouse,pechamos os ollos e perde-mos o coñecemento.

Cando espertamosestabamos a carón do ríoAmazonas, nuns campos demarihuana. Non había res-tos do accidente. Xalo xiroua cabeza e viu unha metra-lleta apuntándolle á cabeza.Atacábannos tres trafican-tes. Preguntáronnos detodo. Acabado o seu interro-gatorio déronse a coñecer,chamábanse Laura Mejuto,Sabela e Saúl, que nosofreceron marihuana. Cha-maron a dúas matonas eleváronnos á súa despensade marihuana. Alí dixéron-nos o seu nome, Lucía eArana.

Pola súa forma de ves-tir, pensamos que viaxara-mos ao futuro.

Neste almacén, obser-vando as reservas destaherba que rexeitabamos,escoitamos unha conversaque nos puxo os pelos depunta: - “Sí xefe ¡, non se preocu-pe, pronto chegará a cami-cace Laura Boado para des-facernos deses dous.”-

Nun momento inespe-rado vimos a Alex agochado

detrás dunha caixa do alma-cén. Xaquín pensou queAlex na súa infancia nuncaxogara ao escondite, pois asúa cabeza sobresaía polacaixa.

Saímos fóra coma unraio e escondémonos entrea maleza. Indo a gatas caraa frondosidade da selva,topámonos cuns pés, quedesafortunadamente paranós, era a camicace co seuxefe. - Preparádevos para morrer-dixo o mafioso nun momen-to de confusión. - De acordo xefe Ismael-dixo Laura Boado.

Sacoulle a anela aunha bomba xusto nomomento no que unha rapa-riga, perseguida por cans,chocaba contra Iamael, estecontra Laura, que sen que-rer lanzou a bomba ao airecolándolla no peto a Ismael.Ismael estaba separadopara non oír ningún ruído,pero ao cabo de novesegundos, rebentoulle a el.

A rapariga, chamadaCarolina, contounos que aesa organización de mafio-sos non lles gustaban osintrusos.

Démoslle as grazas efomos falar cun leñador, quemoi listo non parecía, por-que tiña a machada dorevés. Díxonos que se cha-maba Jonathan. Preguntá-moslle en que ano estaba-mos e díxonos que no2.198.

AUTORES: XAQUÍN BERMELLO E XALO RANCAÑO (1º A ESO)

Marihuana no Amazonas

PERSONAXES:Xemelgos: Xaquín e Xalo. Piloto: Alex. Traficantes: Laura Mejuto,Sabela e Saúl.Matonas: Lucía e Arana. Mafioso: Ismael.Camicace errónea: LauraBoado.Coidadora de cans (atácan-lle): Carolina. Leñador parvo: Jonathan.

...FIN

Page 19: Mapoula 2009

AS NOSAS CREACIÓNS

NON SON CONTOS DEVELLOS

MAPOULA 17CURSO 2008 - 2009 REVISTA DO IES ADORMIDERAS

AUTORA: SOFÍA ARACELI GONZÁLEZ FONDO (1º B BACH)

Contan os choros dunha naiunha desgraza. A desgrazade querer ser feliz e non

poder. Aló polo ano 1890 nun luga-riño xa descoñecido por todos,agás pola tristura, vivía un señormoi poderoso que casou cunha fer-mosa rapaza. A rapaza fóralleentregada polos pais a este home,xa que eles eran pobres e nontiñan nada que comer e polomenos aseguránballe á filla unhavida mellor… ou eles pensábano.Casaron pronto. Foron as vodasmáis soadas do lugar e veu xentede todas partes para entregarllesos seus presentes e mellores dese-xos á nova parella de casados.Pero pasou o tempo e aquela rapa-za non lle deu un herdeiro ao seuhome.

A xente falaba e falaba deque aquela rapaza fora tocada polodemo, que lle comera as entrañase non podía ter descendencia.Outros simplemente criticábanadicindo que tan pobre era que ninpodía ter fillos. Ante a desespera-ción de tal suceso, a moza acom-pañada da súa criada foi deicaunha meiga de moi mala fama. Detan mala fama, que din que estamuller non tiña nin nai nin pai, quefora a terra que a cuspira fóra.

Marcharan moi de noitiña, ásagachadas do seu home e daaldea. Estaba o ceo despexado,pero por onde camiñaba a mozahabía unha escura e espesa bréte-ma. A meiga, que era a única pretoda aldea fíxoa bañarse en auga deSan Xoán para arredar ao demodela e así poder ter fillos. A cambiodisto a meiga díxolle que non tiñaque pagarlle ao momento, que noncorría présa, pero cando tivese aoprimogénito deberíallo entregar enforma de pago por curarlle osmales. A moza rompeu a chorar e acriada levouna de onde a meigapara que non atormentase á rapa-za.

Tempo despois, a moza con-seguiu quedar en cinta e logo decomentarlle ao home o que pasaracoa meiga, decidiron marchar para

América. Como última orde, ohome mandoulle aos seus criadosqueimar a casa e que expandisen orumor pola aldea de que elesmorreran queimados dentro do seufogar. Así a meiga non os buscaríapara intentar levar o que a ela lleparacía que era seu.

O home e a moza viaxarondurante catorce días nun barcoatravesando o Atlántico, levabanconsigo xoias, cartas e ao nenorecén nacido. Chegaron a Américae o home atopou pronto unha novacasa máis luxosa, máis grande emáis fermosa cá que tiñan antes. Oneno creceu san e forte. Era loiro,tiña un ollos azuis e un sorriso queenfeitizaban a todas as persoasque o vían. O home conseguiulevar adiante grandes colleitas quecada día lle daban máis cartos.

Chegou xullo e con el a reco-lleita do gran. Todos na casa esta-ban contentos, porque fora a mellorque había na zona. Todos conten-tos, menos a moza. Por aquelmesmo tempo, había xa cinco anosque fora xunto da meiga polo quedecidiu ir co home ver como recollí-an a colleita, entreteríanse unpouco e o neno estaría con ela.

Deitada ao carón dun grancarballo, ela bordaba e o nenoxogaba coa súa nodriza. Ao verque todo ía ben a moza relaxousee quedou adormecida pola calormorna daquela espléndida tarde deverán. Pero uns berros desolado-res espertárona. Viu no medio dasleiras a todos os campesiños xun-tos chorando e maldicindo tal des-graza. Tamén viu á nodriza e a uncampesiño chorando cara ó seuhome e non puido ver nada máispor culpa da angustia e agonía quepercorrían polo seu corpo. Correudeica eles e puido ver na terraquente polo sol o corpo morto e fríodo seu fillo, tiña un fortísimo golpena cabeza. O sangue esvarabapola cariña do meniño e no chan,onde esta caía, debuxábase unrostro. O rostro dunha muller moivella que a moza pronto recoñe-ceu. Era a meiga que viña reclamar

o corpo do neno! A nai comezou a berrar e a

intentar limpar o sangue do nenoque tiña nas mans e no vestidobranco. Nin sequera abrazou aoseu fillo nin o mirou. O home inten-tou calmala pero non puido, preci-sou polo menos de tres campesi-ños máis para agarrala.

A nodriza explicara que men-tres xogaba co neno, este esca-pouselle correndo e por moito queela lle berrou o rapaz non a escoi-taba. Tal era o correr do neno queo campesiño non o vira e que se lledebeu meter diante do carro ondecargaban a colleita, e así pasou atraxedia.

O pai ía coller o corpo doneno no colo para darlle sepulturacando escoitou un cantar de cor-vos. Entón viu como o neno se íaconvertendo en terra e volveuescoitar aquel cantar de corvos,pero esta vez acompañado dunhavoz de muller que dicía:”o que émeu percéncelle á Terra e a ela tenque voltar”. Logo de chegar á casa,o médico tivo que darllle calmantesá moza para que durmise aquelanoite.

Pasou agosto, pasou setem-bro, pero a dor da moza aínda per-duraba. Voltou outra vez o tempoda colleita e o pai volveu plantarnaquelas terras. Pasou febreiro,pasou marzo e pasou abril, pero ascolleitas non asomaron nin un pou-quiño da terra. Aquelas terras xanunca máis deron de comer e afamilia arruinouse. A moza, nonaguantando máis o que lle tocaravivir, tirouse polo acantilado pretoda súa casa para dar a morrer nofondo mariño.

Os vellos mariñeiros da Costada Morte din que dende o Roncudopódense oír os lamentos da mozaque arrastra o mar desde América.E que se te compadeces da dor damoza, contarache nos seus lamen-tos como vía cada noite achegarsea aquelas leiras ao demo montadonunha besta, e que podía ulir ocheiro a xofre que este deixaba.

Page 20: Mapoula 2009

AS NOSAS CREACIÓNS

MAPOULA18 CURSO 2008 - 2009 REVISTA DO IES ADORMIDERAS

A brisa chega,a lene brisada primavera.

Asoma o ventoentre as cerdeirascon pensamentos de arelas,e as maceiras.

Entre olivose mans brancasatópase a esperanza.

A balanza do amorchega co Solpor.Enredada nas ondas do marsinto saudade de ti.

A tenue luz do ceoacariña a gorxa do marque inunda co seu sono enmeigado pobo.

Saen as doncelas brancasmentres cae o Solporcunha lene brisa de amor.

AUTORA: ALICIA CORREA ASENSIO (1º D BACH)

Poemas: As cantigas do vento

Cantiga I: O solpor

A noite escura derrúbase ante min.Camiño soa pola rúa,a branca doncela espida:raíña da noite, a lúa.

Camiñaba, prendida nos fíos dosmeus pensamentosque conducían á soidade;sen unha clara luz,sen farolas, a cidade.

O zoar suplicante do ventoinunda a cidade dormida,con pensamentos de amorque le a branca doncela espida.

A cidade dormebaixo un enorme veode margaridas brancasque iluminan o ceo.

Cae a noite cos luceirose as doncelas de mans brancasdebuxan ouros no ceocoas súas voces, mentres cantan.

A escura noite na cidadeilumínase de Lediciadesaparecen as escuras almascorrendo entre gargalladas.

Cantiga II: A noite escura

Nos bosques espertan as ninfas.Vestidas de alegres coresdirixen a orquestra do mencer.

A luz rosada da albaesperta as criaturas enmeigadas,que saen voandocon violíns nas mans.

O bater das follas,o cantar dos paxaros,o marmurio do vento,anuncian a chegada do mencer.

Cantiga III: O mencer

Estas cantigas que acabades de lerforon presentadas no ano 2007 ao IV Certa-me literario Luísa Villalta, o xurado otorgou-lle o primeiro premio na categoría de poe-sía.

Nós tamén che damos a enhoraboa!!

Page 21: Mapoula 2009

AS NOSAS CREACIÓNS

SABELA, XALO E O FUTURO

MAPOULA 19CURSO 2008 - 2009 REVISTA DO IES ADORMIDERAS

AUTORAS: CAROLINA AGUIAR E LAURA BOADO (1º A ESO)

Nunha pequena cidade, donoroeste da Península Ibéri-ca, chamada A Coruña viví-

an Sabela e Xalo, dous irmáns.Sabela e Xalo eran similares fisi-camente, pero non na forma deser. Sen embargo os dous queríanque “Halloween” fora substituídopolo Samaín dunha vez por todas.Sabela era unha nena cos ollosazuis, cun cabelo longo e loiro,alta e delgada. O seu carácter eramoi singular, non tiña amigos etampouco quería telos. Chamá-banlle Dark pola súa maneira devestir e comportarse. Sacabamalas notas e a ela non lle impor-taba. Xalo era un neno cos ollosazuis e pelo curto e loiro, alto edelgado. Polo contrario de Sabela,Xalo, tiña moitos amigos e sacababoas notas. Vivían nunha casapreto do mar, cun campo grande eamplo.

O día antes do comenzo docurso, Xalo e Sabela, tiveron unhacharla cos seus pais, estiveron dis-cutindo se era Samaín ou “Hallo-ween”. A discusión chegou a talpunto que Xalo e Sabela promete-ron que ían convencer á xente, deque dixeran Samaín e non “Hallo-ween”. Pola noite no seu cuarto,Xalo e Sabela pensaban como íanconseguir cumpir coa promesa.Chegaron á conclusión de quedeberían ir á Consellería de Cultu-ra.

Ao chegar alí encontráronsea Alexandro, un vello amigo dafamilia, agora conselleiro.

Xalo e Sabela faláronlle doasunto e el díxolles que só poderí-an conseguilo se reunían 500 sina-turas nun prazo de 6 días. Eleslembraron o que Alexandro llesdixera. ¡Como ían conseguir 500sinaturas en só 6 días! Pero, apesar de todo, aceptaron o reto.

Volvendo á casa decidironaproveitar o tempo que tiñan, eempezaron a recolectar sinaturaspola rúa pola que nese momento

estaban pasando. Comezaron polaprimeira casa da rúa, a de Andrea,a profesora de Ciencias Naturais,que lles asinou sen pensalo dúasveces. Na seguinte casa dubida-ron en preguntar xa que nela viví-an unha vella tola que che tirabacousas pola ventá. Pero ao finalintentárono, pero fracasando.Seguiron pola rúa ata chegar aunha casa que nunca viran, peroque se rumoreaba que nela habita-ba un científico chamado Xaquín.Un pouco desanimados por conse-guir só tres sinaturas en hora emedia, petaron a outra porta. Serecibir resposta, dispoñíanse amarchar cando a porta se abríu esaíu un señor con gafas e pelocurto e despeinado. Pedíronlleunha sinatura e o señor invitounosa entrar porque non tiña boli paraescribir. Levounos polo corredorata chegar a unha habitacióncunha cabina estraña, sen poderreaccionar e sen tempo de darseconta, Xaquín empuxounos eempezou a darlle a uns botóns. Aoprincipio sentiron que os ollos selles pechaban lentamente. Candopudieron abrilos viron a habitaciónda casa de Xaquín. Asustados,correron cara á porta que leva aoexterior. Ao abrila, ven con sorpre-sa coches que voan, robots, per-soas de moitas cores e un señorque en vez de mans tiña tesoiras.Pero xa non estaban asustados,estaban fascinados, todo lles pare-cía alucinante.

Miraron arredor, e viron, untaxi. O taxi era moi distinto aosque acostumaban ver, tiña un flo-tador en vez de rodas, no cartelpoñía “TAXI ISMAEL” que, supo-ñían, que era o nome do conduc-tor. Xalo e Sabela entraron no taxie case morren do susto, o taxistaera un bebé. Eles preguntáronllese era o taxista e el afirmouno.Despois preguntáronlle onde esta-ban, Ismael díxolles que estabanen Curraña, a capital de España.Xalo preguntoulle se Madrid nonera a capital de España e o bebédíxolle que Madrid non era a capi-tal desde o ano 2012. Sabela e

Xalo, moi desconcertados, pregun-táronlle en que ano estaban e obebé, moi sorprendido por aquelapregunta, díxolles que estaban noano 3129. Xalo e Sabela non opodían crer, como podían estar nofuturo?

Puxéronse a pensar candode repente viron un cartel quepoñía “Benvidos á festa do Sama-ín”. A súa proposta ía resultar?Lembráronse da máquina deXaquín. Era unha máquina dotempo? e o máis importante,Como volverían á súa era?. Esaspreguntas non paraban de amolara Xalo e Sabela.

Preguntáronlle como poderí-an ir á casa de onde partiran. El,como non o sabía, díxolles queterían que ir xunta Iago, famosopor coñecer as rúas de Curraña.

Xalo e Sabela dixéronlle queos levaran xunta ese tal Iago. Obebé dixo que si e que o faría gra-tis. Acabaron nunha rede de sumi-doiros. Alí viron unha sombra.Cando se acercaron viron a unanano amarelo con orellas puntia-gudas e pel enrugada. Parecíamalo e gruñón aínda que no fondonon o era. Comezaron a falar conel. Contáronlle todo, e logo chegouá conclusión de que debería axu-darlles. Levounos ata a casa doantigo científico. Entraron, peroestaba moi distinta ao que eleslembraban, só tiña unha cousa encomún, tiña unha cabina idéntica ádo 2008. Entón, metéronse e vol-veron sentir a sensación de sono.Volveron despertar e coa alegríasaíron da casa. Viron a rúa fami-liar. Era o 2008!.

Seguiron recollendo sinatu-ras, ata que chegaron ás 500.Gañaron a aposta e, desde esedía, non foi Halloween, senonSamaín.

FIN

Page 22: Mapoula 2009

Caligrama de Rosalía

MAPOULA20 CURSO 2008 - 2009 REVISTA DO IES ADORMIDERAS

AS NOSAS CREACIÓNS AUTORA: : SOFÍA ARACELI GONZÁLEZ FONDO (1º B BACH)

Aquí tedes o estupendo Caligrama da nosa artista Sofía Araceli González Fondo de 1º B,

que gañou o 1º premio no 3º Concurso de Caligramas convocado polo IES Castro da Uz

Page 23: Mapoula 2009

SAÍDAS

Un ano máis fomos visitar a fábrica de O Castro en Sada e realizamos

diversas actividades e traballos escultóricos. Á visita acudimos dous

grupos, en dúas tandas cada un, 1º B e 1º C de Bacharelato Artístico.

Un día fixemos as pezas e outro fomos pintalas unha vez cocidas. Acudiron

con nós os profesores Indalecio Vázquez, Pura Sorribas e Teba Argiz.

Vede aquí unhas mostras.

MAPOULA 21CURSO 2008 - 2009 REVISTA DO IES ADORMIDERAS

Visita a Cerámicas O Castro

Sobre estas liñas os alumnos de 1º C Bach e máis arriba o grupo de 1º B

Page 24: Mapoula 2009

Esta mostra promovida pola Secretaría Xeral de Polí-

tica Lingüística, co obxectivo de poñer en valor o

galego e o plurilingüismo na sociedade actual,

fómola visitar os alumnos de 4º de ESO o 17 de Decembro.

Esta exposición despediu na cidade coruñesa o Ano

Internacional das Linguas e o Ano Europeo do

Diálogo Intercultural.

SAÍDAS

Visita ó KIOSCO ALFONSOExposición "As nosas palabras,

os nosos mundos"

MAPOULA22 CURSO 2008 - 2009 REVISTA DO IES ADORMIDERAS

Fotografías de distintos espazos da exposición

Page 25: Mapoula 2009

SAÍDAS

CULTURGAL:teatro “Bicos con lingua”

MAPOULA 23CURSO 2008 - 2009 REVISTA DO IES ADORMIDERAS

AUTORES: MARTÍN NOGUEIRA E MAYTE PUIG

Odía 5 de decembro realiza-mos unha saída, fomos aPalexco. Unha vez alí levá-

ronnos directamente a un salónde actos para asistir á representa-ción teatral da obra “Bicos con lin-gua” que trata de facer que nós,os rapaces, igual que os homes eas mulleres, falemos máis galegona nosa vida diaria. Resultou moientretida e divertida.

Ao rematar a función dividí-ronnos en dous grupos, ao meutocoulle un monitor moi agradableque nos ensinou a exposición,acompañounos facendo un perco-rrido polos distintos mostradores.Unha vez rematada a visita levou-nos á zona de dobraxe, isto sique resultou divertido!, foi omellor da actividade posto queaxudados por traballadores daRTVG dobramos nós as vocesdos personaxes da serie Shin-Chan.

Martín Nogueira (3º ESO)

Odía 5 de decembro fomos coas profesoras degalego a Palexco. Alí o primeiro que fixemosfoi ver unha obra de teatro chamada “Bicos

con lingua”. Aínda que só foron dous actores resultoumoi interesante porque conseguiron plasmar a ideada obra, que é a relación que teñen o galego e o cas-telán en Galicia hoxe en día, interpretando distintospapeis e dándolle un ton humorístico. Con isto inten-taban demostranos que as dúas linguas non teñenque vivir enfrontadas senón que poden coexistir senningún problema.

Ao rematar a obra separáronnos en dous gru-pos para percorrer a exposición sen molestar. Unsfomos ver unha pequena feira relacionada coa pro-moción da lingua galega. Había moitos postos, nundeles atopámonos aos actores da obra, outro era unestudo de gravación disponibles para todos aquelesque quixesen utilizalo. Había tamén algúns postospara nenos pequenos con debuxos animados, espa-zos para debuxar… Por outro lado había mostradorescon libros de distintas editoriais galegas como Xerais,Galaxia… e con xornais escritos en galego. En todosos postos regalaban detalles como bolígrafos, lapis…

Mentres que nós paseabamos pola exposición,o outro grupo estivo cuns profesionais da dobraxeque lles ensinaron como funciona este mundo e tive-ron a oportunidade de dobrar uns fragmentos da serieShin-Chan nun pequeño estudo que tiñan habilitado.Máis tarde foi o noso grupo e eles fixeron o percorri-do pola mostra.

Todo foi moi lúdico.Mayte Puig (4º ESO)

Page 26: Mapoula 2009

SAÍDAS

Deseño holandés:rúa, doce fogar...

MAPOULA24 CURSO 2008 - 2009 NÚMERO 05REVISTA DO IES ADORMIDERAS

Fotografías de distintos momentos da exposición

AFundación Pedro Barrié da Maza presenta, en

colaboración coa Asociación de Deseñadores de

Madrid (DIMAD), a mostra Deseño holandés: na rúa

coma na casa. O 16 de xaneiro os alumnos de 1º Bach C

estivemos, coa compañía de Teba, visitando a Fundación

Barrié onde nos mostraron os diferentes aspectos do dese-

ño holandés. A exposición estaba dividida en sete áreas -

DESCANSA, XOGA, COME, ILUMINA, INTERACTÚA,

PROTEXE, TRABALLA. A primeira e a máis recordada foi a

parte de sesta onde atopamos dende cadeiras feitas con

corda e cola (resina), teas baseadas en Perú, tapices que

simulaba o ambiente das bierarrúas , fitas con mantas de

cores, ata mesas ovo coa que todos nos sorprendemos…

Na planta de abaixo mostráronnos a parte da coci-

ña, nela puidemos ver cuncas feitas exclusivamente para

captar a atención dos máis pequenos engadindo dúas asas

en vez dunha, tamén pratos de porcelana para canapés ,

cafeteiras decoradas para sentir o ambiente da natureza, e

parrillas para a maior comodidade das persoas.

Na zona de xogo a mais de un se lle pasou pola cabe-

za botarse aos tobogáns, pero quedamonos coas ganas.

Ensináronnos cadeiras de deseño, mesas que gravan os

teus movementos, lámpadas moi simples pero á vez moi

orixinais e chamativas, radiadores que parecían figuras de

adorno, bancos especiais para discapacitados, e algo bas-

tante sorprendente, un paraugas que non se daba a volta

aínda que soprasen ventos a 160km/h. Ó rematar a expli-

cación e aportarnos ideas para intentar facer algo similar

nas nosas casas, leváronos a un taller para poder deseñar

nós unha parte de mobiliario útil e que beneficiara ós

demais. Ó mostrar os nosos traballos démonos conta de

que eramos uns grandes deseñadores.

AUTORA: : TAMARA GARCÍA DOPICO (1º BACH C)

Page 27: Mapoula 2009

SAÍDAS

Odía 17 de marzo a profesora de Relixión, Mar

García e o profesor J. Manuel Bértolo, realizaron

unha saída a Santiago cos grupos 1º A, B e C de

Bacharelato.

Resultou impresionante a visita guiada ás cubertas

da catedral de Santiago de Compostela, desde alí puide-

mos contemplar unha perspectiva diferente da propia

catedral e da cidade de Santiago. Foi un "paseo" sor-

prendente, mostrounos unha visión panarámica totalmen-

te diferente.

Se tedes ocasión non o dubidedes, paseade polos

tellados, é moi recomendable.

MAPOULA 25CURSO 2008 - 2009 REVISTA DO IES ADORMIDERAS

Museo e cubertas daCatedral de Santiago

Page 28: Mapoula 2009

SAÍDAS

VISITA AO MUSEO EMILIA PARDO BAZÁN

MAPOULA26 CURSO 2008 - 2009 REVISTA DO IES ADORMIDERAS

Fotografías de distintos momentos da exposición cos alumnos de 2º de ESO

Aquí nos podedes vernesta interesante visita aomuseo desta gran escritora

galega. Foi moi divertida xa queademais de explicarnos cuestiónsreferentes á autora ata tivemosque poñer un corsé para compro-bar como eran as vestimentas noséculo XIX.

Fartámonos de rir.

Page 29: Mapoula 2009

Acompañía galega Espello Cóncavo presentou no Rosalía Anxeliños, unha comediaescrita por Roberto Vidal Bolaño que describe os avatares dunha sociedade familiardedicada ao cobro de morosos, inmersa nunha crise económica.Con esta montaxe,

Espello Concávo rende homenaxe a Roberto Vidal Bolaño, autor e actor de teatro galego fale-cido no 2002, que conseguiu os principais Premios María Casares de 1997, entre eles, o deMellor Espectáculo.

O alumnado de 1º de Bacharelato asistimos a esta representación o martes, 10 de febrei-ro, acompañados polas profesoras do Departamento de Lingua galega.

SAÍDAS

Teatro: Anxeliños,compañía Espello Cóncavo

MAPOULA 27CURSO 2008 - 2009 REVISTA DO IES ADORMIDERAS

Page 30: Mapoula 2009

SAÍDAS

MAPOULA28 CURSO 2008 - 2009 REVISTA DO IES ADORMIDERAS

VISITA AO XORNAL

Esta saída é xa algo tradicional no ins-

tituto. Este curso fomos os alumnos

de 3º da ESO acompañados polas

nosas profesoras.

Foi unha visita que resultou moi intere-

sante, alí fixemos un percorrido polas diferen-

tes dependencias e departamentos, o máis

chamativo para nós resultou a parte da rotati-

va onde puidemos ver as enormes máquinas

que se empregan.

As profesoras María Xosé González e Dores Gómez cos alumnos de 3º da ESO (de esquerda a dereita e de arriba a abaixo):Laura Delgado ,Ion Sáez, Amir Sánchez, Ángel Baz, Martín Nogueira, Victoria Torrent, Sara Ruiz, Amalia Bermúdez, Carla Varela,Marta Ballesteros, Jacobo Fernández, Álvaro Barreiro, Cristina Pose, Nadia Dono, Silvia Criado e Antía Alamán.

Page 31: Mapoula 2009

SAÍDAS

MAPOULA 29CURSO 2008 - 2009 REVISTA DO IES ADORMIDERAS

O13 de novembro do 2008 osalumnos de francés do IESAdormideras tiveron a oca-

sión de ver unha representaciónteatral en lingua francesa, iso si,cun pouquiño de axuda en castelánpara non perderse.

Aquí vai un resumo que osalumnos de 4º de ESO redactaron:

“Trátase dunha obra de teatrotitulada “Xa non son un neno” quefala dun rapaz chamado Simón.Simón ten 20 anos e fálanos dasúa adolescencia. Namórasedunha rapaza que se chama Céci-le. Ela non está namorada deSimón, por iso, el compón unhacanción co seu irmán para a festado instituto.

A partir dese momento, Céci-

le namórase de Simón. O problemaestá en que non poden estar sós,Simón está triste e comeza abeber.

Un día, Simón déitase conMarion, unha rapaza moi fea. Aomesmo tempo, Cécile sae cun des-vergonzado, pero este déixaa poroutra. Cécile ponse moi triste eSimón vai consolala, polo que aca-ban xuntos. Ao final, casan.”

SAÍDA A UNHA OBRADE TEATRO FRANCÉS

PABLO BOCELO BELLOUXÍA CALVO CARRIL

LAURA GARCÍA GONZÁLEZELÍAS GONZÁLEZ GURRUTXAGA

ALEXANDRA REY IGLESIAS

4º ESO.

TRADUCTION:

Il s’agit d’une pièce de théâtre intitulée “Je ne suis plus unenfant” qui parle d’un garçon qui s’appelle Simon. Simon a 20

ans et il parle de son adolescence. Il tombe amoureux d’une fillequi s’appelle Cécile. Elle n’est pas amoreuse de Simon, donc, il

fait une chanson avec son frère pour la fête du lycée.À partir de ce moment Cécile tombe amoreuse de Simon. Le

probleme c’est qu’ils ne peuvent pas être seuls. Simon devienttriste et commence à boire. Un jour, Simon couche avec Marion,une fille très laide. En même temps, Cécile est avec un canaille,

ce garçon la quitte par une autre fille. Cécile est très triste etSimon va la consoler et ils finissent ensemble. Finalement, ils se

marient.

Page 32: Mapoula 2009

SAÍDAS

CASA DAS CIENCIAS

MAPOULA30 CURSO 2008 - 2009 REVISTA DO IES ADORMIDERAS

AUTOR: ADRIÁN GÓMEZ MATO (2º A ESO)

ACasa das Ciencias é un museo cultural decarácter científico situado no Parque deSanta Margarita da cidade da Coruña. A

Casa das Ciencias foi o primeiro dos tres MuseosCientíficos Coruñeses.O seu obxectivo é a divulga-ción, comunicación e educación científica e tecno-lóxica dos cidadáns de todas as idades. Organizaexposicións, conferencias, premios, cursos, pro-xeccións, edicións, e colabora cos medios decomunicación en tarefas de difusión científica.Nointerior da Casa das Ciencias sitúanse catro salasdedicadas a exposicións e un planetario:• Na planta baixa salienta o Péndulo de Fou-cault, pero tamén alberga un espazo para exposi-

ción, onde se atopa o Quiosco Dixital InteractivoTryScience e unha incubadora onde se poden vernacer poliños. • A primeira planta contén unha sala de expe-rimentos sobre o entorno físico.• A segunda planta é a escollida para asexposicións temporais. • A terceira contén unha sala sobre exposi-cións de actualidade científica. • A cúpula semiesférica do edificio alberga oPlanetario, que conta cun proxector principal emais de 30 proxectores especiais dedicados aoSistema Solar.

Aexposición temporal da Casa dasCiencias mostra unha exposiciónde anfibios para conmemorar o

Ano Internacional da Ra.“Anfibios, a vida entre

dous mundos” presenta unha selec-ción desta ameazada clase de animais:—Ra touro africana (Pyxicephalus ads-persus), unha das ras máis grandesque se poden ter en cautividade (ata 20cm de lonxitude cando é adulta).— Píntega tigre (Ambystoma tigrinum),orixinaria de América do Norte.— Tritón de ventre vermello (Parame-sotriton hongkongensis), de China.—Ra dardo (Dendrobates sp), orixinaldas selvas tropicais americanas ecunha variada e vistosa gama de coresna súa pel.— Sapo folla (Megophrys nasuta), condúas curiosas prominencias enriba dosollos a modo de cornos que lles permi-te camuflarse na follaxe de bosques deMalaisia.— Sapo pantera (Bufo regularis), quepode encontrarse nos oasis do Sahara.— Sapiño pinto (Discoglossus galga-noi), unha especie co fuciño pontudo eque se pode atopar nas inmediaciónsda Coruña.— Ra verde arborícola de Australia(Litoria caerulea), tamén coñecidacomo Ra de White.— Sapiño ventre de lume (Bombinaorientalis), típica de estanques, arrozaise ribeiras de ríos de Asia..

Planetario: Na escuridade do novo Planeta-

rio dixital asoman as estrelas visiblesa simple vista, a Lúa e os planetas.Os Programas de astronomía e assesións en directo achegan o Univer-so a todos os públicos. O novo siste-ma de proxección dixital substitúe aoconxunto de 40 proxectores analóxi-cos que facían posible a representa-ción de panoramas e ceos completos,e achega unha maior definición e aposibilidade de imaxes en movementoen toda a cúpula.

Page 33: Mapoula 2009

Opasado mes de febreiro asistiu á nosa clase de Educación Física unha das integrantes do Centro Core-

ográfico Galego para familiarizarnos coa danza contemporánea. Explicounos que non é necesario ser

un gran ximnasta para destacar neste estilo, senón que o indispensable é usar o noso corpo para expre-

sarnos da mellor forma posible. Nesta danza non existen normas, créanse movementos que expresan determi-

nados temas e sentimentos.

Despois desta clase invitáronnos a asistir a unha representación deste tipo danza que tivo lugar no Teatro

Rosalía, chamada Giseliña.

Cando chegamos comezou o espectáculo, moita xente ficou incrédula. Non era como as representacións

de danza que estamos acostumados a ver. Os bailaríns arrastrábanse polo chan semellando serpes, estirában-

se como se as súas extremidades fosen de goma, ás veces berraban como se visen unha pantasma e estivesen

mortiños de medo. A verdade é que non estou segura de que alguén entendera á perfección o argumento.

Ao finalizar a obra mirabamos uns para outros preguntándonos se viramos todos o mesmo. En realidade

non todos interpretamos igual esta representación. Podería dicirlles, mirando en Internet, que a obra pretende

insuflar á sociedade actual, cargada de racionalismo snob, ideais do romantismo e bla, bla, bla…

Nesta obra cadaquén viu o que quixo…Uns historias de vampiros, outros unha parella de namorados, uns

cantos o nacemento dun neno, outros a tolos que se rebozaban polo chan…

O mellor é sacar as túas propias conclusións véndoa por ti mesmo. A arte é sub-

xectiva, para nós foi unha obra digna de lembrar, un bo espectáculo que

mereceu a pena ver… A coordinación e a posta en escea foi magnífica, as nosas

interpretacións dela, moi orixinais. Nós vémola así, e ti?

SAÍDAS

Giseliña

MAPOULA 31CURSO 2008 - 2009 REVISTA DO IES ADORMIDERAS

AUTORA: XANA REY (4º ESO)

Page 34: Mapoula 2009

Odía 30 de abril os alumnos de 4º E.S.O. realizamos

unha visita á Fundación Luís Seoane. Este autor

é moi importante dentro da literatura galega polo

seu labor como escritor pero non podemos esquecer o seu

traballo no mundo da plástica.

Esta saída foi organizada coa intención de completar

a súa faceta máis puramente literaria, que xa tiñamos estu-

dado na aula, coa súa faceta de debuxante e pintor.

Ao longo do percorrido puidemos ver o seu traballo,

como el mesmo di: "A miña obra está dedicada en xeral a

Galicia sempre co mellor de min".

Resultou moi entretida, sempre é moi agradable

aprender dunha forma diferente.

SAÍDAS

VISITA Á FUNDACIÓN LUÍS SEOANE

MAPOULA32 CURSO 2008 - 2009 REVISTA DO IES ADORMIDERAS

Os alumnos de 4º ESO

Page 35: Mapoula 2009

ESTE CURSO PUIDEMOS CONTAR COA COLABORACIÓN DA PROFESORA ALEMÁ KATRINA. É UNHA PERSOA QUE DOMINA

VARIAS LINGUAS, DE AÍ QUE TAMÉN COLABORASE NAS CLASES DE INGLÉS E FRANCÉS. A SÚA COMPAÑÍA FOI MOI GRATA

E ENRIQUECEDORA PARA TODOS NÓS. ESPERAMOS QUE POIDA VIR O CURSO QUE VÉN, POLO MENOS A FACERNOS UNHA

VISITA. AQUÍ TES AS NOSOS PORTAS ABERTAS. UN BICO DE TODOS,

ENTREVISTAS

Entrevista a Katrin

Katrin respondeu a unhas pregun-tas que lle fixemos uns alumnosde 4ºA da E.S.O. Gustoulle

moito estar ensinando neste instituto,di que os alumnos eran moi abertos, eque a axudaban moito. Os profesoresportáronse igual con ela, todos foronmoi amables. En comparación cosalumnos de Alemaña di que falamosmoito máis alto.

Estivo a dar clases dende 1º daE.S.O ata 1º de bacharelato, en moi-tos idiomas, o que lle gustou moito.Por exemplo deu clases aos alumnosde alemán pero que tratou de ensinar-lles moito.

Sobre o nivel de inglés dosestudantes, comenta que podería sermellor, pero que entende que para axente española a fonética lles resultecomplicada. Se quixesemos ter unmellor nivel de inglés deberiamos termáis horas á semana, pero taménpodemos ver peliculas e series eninglés, ler revistas e xornais neste

idioma, escoitar musica e intentarentender o que din.

Para a xente que ten medo a ira un país extranxeiro, recomenda quevaian. Que non hai que comparar conEspaña e non xeneralizar, porque nontodas as familias dese país son iguaisca que che tocou.

Ela fala catro idiomas: alemán,inglés, francés e español. Comezou aestudar francés porque a sua nai éfrancesa e xa sabia bastante. Pero oresto, escolleunos sen saber nadadeles.

O que máis lle costou do caste-lán foi a pronunciación e algo de gra-mática, como os verbos ser e estar ouo pasado subxuntivo.

Ao principio, cando chegou áCoruña non estaba moi contenta por-que tivo uns problemas co seu primei-ro piso, pero en canto se acostumouquedou encantada. Aquí, en Galicia,visitou tamén moitos lugares como:Costa da Morte, Santiago, Ourense,

Pontevedra, as Rías Altas e as Baixase algunhas cidades de Portugal. NaSemana Santa estivo en Sevilla.

Cóntanos que o que máis estra-ñou de Alemaña foi a súa familia e osseus amigos, o único que non botoude menos é ao propio país en si.

Na súa vida viviu en Alemaña,Francia e España.

Tamén viaxou moito a outrospaises como Bélxica, Italia, Noruega,Francia e Gran Bretaña.

Sobre a comida tivo algúns pro-blemas ao principio co polbo. Pero oque máis lle gustaron son as tapas.

A cidade gustoulle moito polasvistas e a atmosfera, non polo clima.

As maiores diferencias con Ale-maña son os ambientes nos restau-rantes, os buses, a cultura, etc.

En resumidas contas, o pasoumoi ben e todos esperamos que nosvisite pronto.

Gabriela Beade (4º ESO)

MAPOULA 33CURSO 2008 - 2009 REVISTA DO IES ADORMIDERAS

Questions to Katrin

Do you like being at this school?Yes, I like being at this school

Do you like the city?Yes, I like La Coruña for the sea and for the

things you can do. But not for the weather.How do you see the students in this scho-ol?

They are very open with meAnd how do you see the teachers?

They are like the students, very open andthey try to help meAre you happy living here?

At the beginning not because I had someproblems but now I am very good.How many languages do you speak?

Four. English, French, Spanish and of cour-se German.What are the main differences betweenGermany and Spain?

First of all the atmosphere of going out,going by bus, to a restaurant. This is very dif-ferent. Here in Spain there are“Tapas” and I really like them and there ismore noise everywhere in the street, in thebus , in restaurants. Too much noise maybe.How do you feel giving classes in Adormi-deras?

Very good because I give classes from 1ºESO to 1º BACH so I have very different stu-dents and it is very interesting.In your opinion, is the English level of thestudents good?

It could be bether but I don´t know wherethe problem is. But I think that the main pro-blem is that you don´t have enough lessons

You also give classes of German. Are yourstudents good?

Yes, They are very good.Have you travelled a lot?

Yes, I have travelled a lot in Galicia I´veseen a lot of cities and places like Costa DaMorte, Rías Altas, Rías Baixas and cities likeSantiago, Pontevedra I have also travelled toSevilla, to Portugal so yeah I´ve travelled a lotthis year.Why did yoy chose to study these langua-ges?

I chose them because I like the culture ofother countries and, well, I studied Frenchbecause my mother is French.What would you recommend us to learnmore English?

You can see your favourite series on TV inthe original version and try to understandthem, you can read in English....... lots ofthingsWhich of the languages that you speak isthe most difficult to learn?

Spanish, because I have problems with lo,la with the subjuntivo and the pronunciation. Ihave problems with the “R”What would you say to someone that is alittle bit afraid of going to a foreigncountry to study?

Don´t be afraid of going to a foreign countrybecause you learn a lot of the people thatlives there and you have to try not to comparethings with your countryIn what other countries have you been?

France, Spain, Italy, England, Netherlands,Belgien ........

Page 36: Mapoula 2009

¿Cal é o teu nome

completo?

- Teba Argiz Romaní

¿Levas toda a túa

vida vivindo na Coru-

ña?

- Non, estudei fóra.

¿Que querías ser

cando eras pequena?

- Entre outras moitas

cousas, me imaxinaba

de “profe”.

¿Cal foi o primeiro

centro no que imparti-

ches clases?

- IES ADORMIDERAS

neste nivel, pero impar-

tín clases a nenos máis

pequenos noutros sitios

como Franciscanas ou

Xesuitinas.

¿Tiveches algunha

vez algún alumno moi

problemático?

- Direi que non para non

molestar a ninguén

(risas).

¿Como foi o teu pri-

meiro día como profe-

sora de Adormideras?

- Un poco caótico, pero

en xeral ben; é que mi

titoría ten “tela”…

¿Sénteste cómoda

cos teus compañeiros

e alumnos?

- Si, claro que si

¿Soes saír de festa as

noites dos sábados?

- De cando en vez

¿Algunha vez fuches

de festa a locais cos

teus alumnos?

- Non

Cando estudabas

¿Eras boa alumna?

- A verdade é que si.

¿Cando decidiches

impartir clases coma

profesora de volume?

- Ao terminar a carreira

de Belas Artes, me deci-

dín pola docencia así

que continuei os meus

estudios por ese cami-

ño.

¿Algunha anécdota

interesante dos teus

anos de estudo/traba-

llo?

- A máis recente que me

fixo rir foi o outro día en

clase que preguntáron-

me que era a “mons-

truación”.

¿Cales son os teus

plans para o futuro?

- Seguir coma ata agora

pero ademáis gustaría-

me ilustrar un libro para

nenos.

¿Que opinas do tópico

de que os artistas

están medio tolos?

- Que é metade mentira,

metade verdade, por-

que hai de todo en

todas partes.

¿Cando creas soes

facer algún tipo de

ritual que te inspire?

- Non (risas).

¿Cal é o teu libro favo-

rito?

- As aventuras de Huc-

kelberry Finn.

¿A túa escultura favo-

rita?

- A de todo o século XX,

e especialmente as de

Calder

¿Pintura?

- Calquera de Klimt

¿Música ou canción?

- Paloma de Andrés

Calamaro.

¿É a túa película favo-

rita?

- O golpe

Se puideses cambiar o

mundo… ¿Como che

gustaría facelo?

- Para ben, porque se

non se acabará des-

truíndo, aínda que non

sei a forma na que o

faría!.

¿Estás contenta coa

calidade artística dos

teus alumnos?

- (Cara dubidosa)

m m m p s s i … p ó d e s e

mellorar, aínda que non

é o mesmo se nos refe-

rimos á ESO ou á

Bacharelato artístico,

onde sí hai máis intere-

se e boas aptitudes.

¿Que é o que máis

botas de menos dos

teus anos de estudo?

- A falta de responsabili-

dade entre outras cou-

sas, como estar sempre

cos amigos.

¿Gustaríache comen-

tar algo que nós non

che preguntaramos na

entrevista?

- Si, que me parece moi

ben esta iniciativa e

estaría ben ter a opinión

de máis profesores.

ENTREVISTAS

Entrevista a Teba

MAPOULA34CURSO 2008 - 2009 REVISTA DO IES ADORMIDERAS

AUTORAS: CRISTINA AMADO E TAMARA GARCÍA (1º C BACH)

Nachdenn Katrin während ein paar Monate wei uns wargeht sie nach Deutchland zurück und wir haben

beschlossen, einen Artikel über sie zu machen.Sie kam zu uns als Sprachassistent. Sie spricht

Deutsch, Französisch, Englisch und Spanisch.Sie sprichtDeutsch, weil das ihre Mutterspracheist. Sie spricht *Französisch, weil ihre Mutter Französin ist. Englisch hatsie in der Schule gelernt. Spanisch, weil sie daran intere-se hatte, obuohl die Sprache schwierig war.

Sie mag in Adormideras ünterrichten, weil sie meh-rere Sphachen unterrichtet. Von Klasse 7 bis Klasse 11.Sie findet die Schüler offen und nett, obuohl sie im ünte-rricht lout sind. Sie findet * die Lehrer offen und frendlich.

Sie mag La Coruña, weil es Meer und tapas gibtnur das wetter findet sie nicht so gut es regnet zu viel.

Sie fühlt sich vier wohl. Aber sie vermisst ihre Fami-lie und Freunde.

Sie findet Spanien anders der Lärm Tapas und dieStimmung.

Sie ist viel in ihren Leben gereist,sie war in Fran-kreich, Belgien, Potugal, Holland, England. Die Englisch-kentnisse von Schüler sind hier nicht so gut. Sie gibteinen Reisetipp man soll nicht vergleichen und generali-sereren

Mayte Puig

No cuadro gris continúa a entrevista a Katrin, esta vez cun texto en alemá.

Page 37: Mapoula 2009

DEPORTES

MAPOULA 35CURSO 2008 - 2009 REVISTA DO IES ADORMIDERAS

Quero contarvos unpouco sobre comocomecei a practicar

un deporte, do que apenasse fala, pero non por isodeixa de ser moi completoporque precisa ademaisde forma física, unha granconcentración. Estou afalar do tenis de mesa, oque descubrín arredor dosdez anos, cando AlfonsoCarbajales no Club do Marde San Amaro me ensinoua dar os primeiros toques.Dous anos máis tarde, oclub contratou un entrena-

dor chino (Zhao Qiang) coque tanto eu coma osmeus compañeiros fomosmellorando e acadandomellores posicións.

Despois de entreardurante a semana partici-pamos os sábados edomingos nunha liga evarios torneos. Inclusocheguei a ir xogar coaselección galega en dúasocasións o campeonato deEspaña.

Foi así como estedeporte me foi enganchan-do cada vez mais.

SOMOS

GRANDES

DEPORTISTAS!

AUTOR: ADRIÁN ARIAS (1º A BACH)

Page 38: Mapoula 2009

DEPORTES

MAPOULA36 CURSO 2008 - 2009 REVISTA DO IES ADORMIDERAS

Cursos de danza

Aprofesora RUT BALVÍS,

licenciada en Educación

Física estivo no Instituto

impartindo clases de danza con-

temporánea a 2º, 4º de ESO e 1º

de Bacharelato durante unha

semana. Foron unhas clases moi

divertidas como podedes compro-

bar nas fotos.

Page 39: Mapoula 2009

DEPORTES

MAPOULA 37CURSO 2008 - 2009 REVISTA DO IES ADORMIDERAS

Page 40: Mapoula 2009

Que sabemos sobre o Tai Chi?

Moi pouca xente saberá decir o

que é, pero moitos opinarán

sobre el. Uns dirán que é unha forma de

arte marcial, outros que é un baile fol-

clórico chinés, e así teríamos moitas

opinións ou ideas do que pode

ser.

O que primeiro chama a

atención é a súa lentitude de

movementos e parece que só é

iso, moverse despacio pasando

dunha postura a outra, pero o

Tai Chi ten unha historia, un coñéce-

mento do corpo humano e unha “filoso-

fía” da vida que fai que sexa unha disci-

plina moi complexa.

A miña experiencia co Tai Chi é

moi boa. Non é o mesmo que andar en

bicicleta, nadar ou xogar a calquera

deporte de equipo, nos que notamos no

momento que estamos facendo un

gasto de enerxía alto, pero o final da

sesión notas as sensacións dun traballo

suave pero continuado. Alguén poderá

crer que lle estou gastando unha broma

se digo que se consegue mellorar a

concentración e o equilibrio,

como aspectos máis visible, pero

tamén hai outros beneficios non

apreciables.

Eu digo moitas veces que

se non probas non sabes se che

gusta ou non. Por iso anímovos a

que vos acheguedes ao Tai Chi e que

probedes, pode ser que vos guste e que

queirades saber algo máis sobre el, e

hai moito que coñecer; eu aínda coñezo

pouco, pero ós poucos faise camiño

Moitas grazas ao noso magnífico

profe José Luis.

DEPORTES

MAPOULA38 CURSO 2008 - 2009 REVISTA DO IES ADORMIDERAS

TAICHI

AUTOR: FERNANDO MAGÁN SUEIRO

Page 41: Mapoula 2009

DEPORTES

MAPOULA 39CURSO 2008 - 2009 REVISTA DO IES ADORMIDERAS

Durante o mes deMaio do 2008 , odepartamento de

Educación Física conxun-tamente coa federacióngalega de loita, desenvol-veron as primeiras xorna-das de loita olímpica, coafinalidade de dar a coñe-cer un dos deportes máisnobre e máis antigo docalendario olímpico. Sobreo que pesan desgrazada-mente moitos tópicos eprexuízos non semprefavorables.

Loita grecorromana:Orixinaria do sur de Euro-pa, como indica o seunome, é moi popular entodo o mundo. A súa pecu-liaridade radica en que sóse poden empregar técni-cas e presas realizadaspor riba da cadeira, xa queestá prohibido utilizar as

pernas para puntuar. Polotanto, a posición ou gardaque empregan os loitado-res é semi erguido.

Loita libre: Nestamodalidade pode utilizarsetodo o corpo na competi-ción, incluídos apreixalosbaixo a cintura e o usodas pernas, o cal permiteque conte con máis varie-dade de presas que a gre-corromana. Trátase damodalidade máis estendi-da e que maior número departicipantes atrae aos tor-neos internacionais. Nestaespecialidade os atletasestán máis agachadospara desa forma coidarsúas perras das acciónsdo rival.

Aquí van unhas fotosde José Cuba ensinandoaos nosos alumnos.

LOITA

José Cuba, na actuali-

dade é o campión de

España, título que

gañou consecutivamente

desde o 2001, tamén

gañou o Torneo Interna-

cional Siberia (Rusia),

quedou 15º no campiona-

to do Mundo 2007 en

Baku e 10º na Europeu do

2006. Membro do equipo

preolímpico nacional

español en Atenas 2004 e

Pequín 2008. E ademais

soubo gañarse o respecto

e o cariño dos alumnos do

IES Adormideras.

Grazas José

Page 42: Mapoula 2009

DEPORTES

Odía 3 de Decem-

bro, ás 17:30 cele-

brouse no ximna-

sio de IES Adormideras,

unha "máster class" de

técnica de carreira a cargo

do profesor de educación

física e adestrador de atle-

tismo D. Vicente Veiga

Doldán, na que participa-

ron atletas invitados para

realizar demostracións. A

actividade estivo aberta a

todos os alumnos do insti-

tuto

ATLETISMO

MAPOULA40CURSO 2008 - 2009 REVISTA DO IES ADORMIDERAS

Page 43: Mapoula 2009

D.Daniel Ruiz Rivera, licenciado en ciencias da

actividade física e o deporte pola UDC, e pati-

nador salientado na especialidade de velocida-

de, tivo un encontro cos alumnos do centro. Na que nos fixo

partícipes do seu entusiasmo, a través dun traballo multi-

media denominado: "A patinaxe moderna", onde explicou,

entre outros aspectos: a evolución, as modalidades e a

competición de velocidade. A actividade desenvolvida no

salón de actos, gustou moito aos alumnos e profesores que

asistiron á presentación.Emprazando a todos aqueles inte-

resados, a participar nunha concetración (quedada) de pati-

naxe, o martes día 4 de novembro, ás cinco da tarde, na

pista de patinaxe do polígono de Adormideras. Imprescindi-

ble o uso de patíns, para gozar da reunión.

DEPORTES

PPAATINAXETINAXE

MAPOULA 41CURSO 2008 - 2009REVISTA DO IES ADORMIDERAS

Page 44: Mapoula 2009

DEPORTES

Esquí: Serra Nevada

MAPOULA42CURSO 2008 - 2009 REVISTA DO IES ADORMIDERAS

AUTORES: CAROLINA, XALO E SABELA (1º A ESO)

Ás dez saímos do instituto, quedándonospor diante trece horas de viaxe. Chega-mos sobre as once e media da mañá e,

despois de deixar toda a equipaxe nas habita-cións, dirixímonos á Alhambra. Chovía moito,pero aínda así, disfrutamos moito da visita.Cando rematamos de ver a Alhambra, fomosao noso hotel, Luna de Granada, e despois dedesfacer as maletas, fomos cear. Despois decear, quedamos nas habitacións e a iso dasdoce durmimos.

O luns esquiamos por primeira vez, foiunha experiencia inigualable, aínda que untanto aburrida, xa que non podíamos subir aotelesilla. Os seguintes días máis ou menosseguiron o mesmo patrón que o segundo día.

Ata que por fin, o mércores, o profesor subiu-nos no telesilla. Gustounos moito. Pola tardefomos pola zona vella de Granada. O díaseguinte transcorreu con tranquilidade e senningunha novidade. E sen darnos conta, xa seestaba rematando a nosa viaxe. O último día,o venres, fomos á estación como outro día cal-quera, aínda sabendo que xa era o último díaque íamos esquiar. As dúas e cuarto marcha-mos camiño a casa. E o sábado sobre as tresda mañá, chegamos ao instituto, dando porconcluída a nosa viaxe.

Realmente foi unha actividade preciosa.

Carolina, Xalo e Sabela 1º ESO

Page 45: Mapoula 2009

DEPORTES

MAPOULA 43CURSO 2008 - 2009 REVISTA DO IES ADORMIDERAS

De visita na Alhambra de Granada

Page 46: Mapoula 2009

Anatación sincronizada é un deporte

que naceu a principios do século XX,

a mans da estadounidense Annetta

Kellerman e se expandiu rapidamente grazas

aos musicais de Hollywood con Esther

Williams como a súa nadadora máis impor-

tante.

É un deporte acuático moi artístico, o

control do medio é maior que o exercido no

socorrismo acuático (como deporte) ou a

natación e o seu principal obxectivo é esper-

tar unha emoción no observador. A práctica

deste deporte require dunha gran resistencia,

tanto aeróbica como anaeróbica, de forza, de

potencia, de flexibilidade, de técnica e dunha

boa expresión artística e presentación. A valo-

ración final de cada exercicio lévana a cabo

unha serie de xuíces que o xulgan artística e

tecnicamente. É dicir, valórase a orixinalidade

das figuras, a maquillaxe e os bañadores, a

elección da música e a execución do exerci-

cio, fixándose na boa elaboración de todas as

figuras.

Na natación sincronizada hai diferentes

modalidades que son: só, dúo e equipo, ade-

mais do combo, unha modalidade aparecida

recentemente e que consiste nun exercicio no

que se mesturan as outras tres modalidades.

A parte das diferentes modalidades tamén se

fan dous tipos de coreografías: técnicas, onde

hai unha serie de elementos obrigatorios, e

libres. O ano pasado no Trofeo Mundial FINA

celebrado en Madrid apareceu un novo tipo

de rutina libre, o dúo temático, no que as

nadadoras deben inspirarse en algo típico do

país ao que van para realizar o seu exercicio.

España en natación sincronizada é un

dos países máis importantes debido á mellora

realizada nos últimos anos. A selección espa-

ñola de natación é moi innovadora pois a rea-

lización artística das súas coreografías é moi

orixinal. Os temas dos seus exercicios apa-

recen narrados como historias e en perfecta

coordinación coa música. Na súa presenta-

ción empregan magníficos deseños artísticos,

como os bañadores do exercicio de África con

luces ou os de Dalí, e como a maquillaxe

empregado no combo de Cats. Os logros con-

seguidos grazas a isto foron moitos o ano

pasado. A selección española de natación sin-

cronizada acabou con doce medallas interna-

cionais, dez ouros e dúas pratas, e foi a pri-

meira no ránking do III Trofeo Mundial FINA,

por diante das outras dúas grandes potencias

neste deporte, Rusia e China. A selecionado-

ra española, Ana Tarrés, moi satisfeita polo

traballo de súas nadadoras o ano pasado,

planea realizar novas coreografías no equipo

e o combo. O gran reto para este equipo este

ano é o Campionato do mundo de Roma.

Esperamos que lles vaia tan ben como lles foi

este ano co equipo de “África”.

DEPORTES

MAPOULA44 CURSO 2008 - 2009 REVISTA DO IES ADORMIDERAS

Natación sincronizada enEspaña

AUTORA: BEATRIZ PALACIOS CASTILLO (2º B BACH)

Page 47: Mapoula 2009

DEPORTES

MAPOULA 45CURSO 2008 - 2009 REVISTA DO IES ADORMIDERAS

Natación

sincronizada

Page 48: Mapoula 2009

Ingredientes:

- 200 gr de fariña

- 60 gr de maizena

- 100 gr de manteiga

- 1 cunca de azucre

- 2 culleres colmadas de po de

fornear

- 2 ovos

- Un pouco de vainilla

- 1 cunca de leite

TUTTI FRUTI

TARTA DE MAZÁ EN SECO

MAPOULA46 CURSO 2008 - 2009 REVISTA DO IES ADORMIDERAS

AUTORA: MAYTE PUIG (4º ESO)

Preparación:

- Mesturar a fariña,a maizena,a manteiga, o azucre e o po de fornear.- Bater nun pote os ovos, a vainilla e o leite.- Pelar e cortar as mazás en toradas moi finas.- Enmanteigar un fonte de forno (non enfariñar, se desexa, pódese acaramelar), poñer unhapequena capa cos ingredientes secos (primeira mestura), logo poñer unha capa de mazás.Iralternando ata rematar cos ingredientes tendo en conta que a última capa é de mazás. Verter osingredientes líquidos (segunda mestura) por enriba.- Cubrir con azucre e canela.- Para rematar engadir anacos de manteiga e levar ao forno o cal deberá estar a unha temperatu-ra moderada.

Bo proveito!

Page 49: Mapoula 2009

TUTTI FRUTI

Piercing, arte no corpoAUTORA: ERIKA XIMENA RODRÍGUEZ ÁLVAREZ (1º BACH A)

Nas imaxes recóllense algúns dos piercings máis frecuentes

Obody piercing é un xeito de mutar o noso corpo colocandopequenas pezas de aceiro, cornos, etc.

Naceu hai miles de anos na cultura india e esquimó; eles leva-ban a cabo esta práctica porque a súa crenza baseábase en queeste tipo de colocacións, defenderíanos de malos espíritos ou traxe-dias, segundo que se colocasen e en que zona do corpo o fixesen.Para as persoas de distintas culturas, personalidade, historias per-

soais pode ter un significado distinto, especial ou só por simple esté-tica.

En pleno século XXI converteuse nunha moda bastante esten-dida por todo o mundo, sobre todo na poboación nova.

Hai apenas unha década, o uso da xoiería corporal non tiña oauxe e impacto que alcanzou nos nosos días. É arte que só se con-segue con creatividade transformando un feito concreto nun abstrac-to.

Para moitas persoas a experiencia de facerse un piercing écomo un gran éxtase, o pánico que pode entrar minutos antes deque un longo catéter atravese a pel sentindo unha presión e á vezun alivio. O pinchar non doe (moito non) é mais que todo psicolóxico, o difícile ,ás veces, doloroso é o tempo de curación, depende moito daparte na que se faga, os materiais utilizados e sobre todo os coida-dos que se lle dean. Hai que levar unha boa hixiene, lavarse sempreas mans antes de tocalos, non utilizar materiais que conteñan níquelxa que pode producir enfermidades como a metalose.

Á hora de facer o piercing sempre hai que fixarse en que todoestea correcto, o material totalmente esterilizado, uso de luvas, agu-llas novas...Durante as épocas de verán adóitanse facer moitas con-vencións de tatuadores e “anilladores” no que se realizan todo tipode actos, pódese conseguir bo material, ademais reúnense grandesartistas do tattoo e body piercing.

É unha forma de vida.

MAPOULA 47CURSO 2008 - 2009 REVISTA DO IES ADORMIDERAS

Page 50: Mapoula 2009

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Ramón Piñeiro

MAPOULA48 CURSO 2008 - 2009 REVISTA DO IES ADORMIDERAS

AUTORA: LAURA BOADO (1º A ESO)

Ramón Piñeiro López nacido en 1915 e morto en 1990 en Santiago de Composte-la con 75 anos. Foi un intelectual e político que desenvolveu a súa actividadeen Galicia. Este personaxe é o homenaxeado no Día das Letras Galegas no ano

2009. Ramón, como intelectual, foi un dos fundadores e primeiros directores da editorial

Galaxia e da revista Grial. Estudou o Bacharelato superior en Lugoonde ingresou nas xuventudes do Partido Galeguista, através das cales participou no comité provincial que cola-borou na celebración do referéndum sobre oestatuto de Autonomía de Galicia de 1936. Rema-tada a Guerra civil española estudou Filosofía e Letrasen Santiago de Compostela.

A súa obra escrita repártese entre traballos de índo-le filosófica e traballos de orientación lingüística- lite-raria. Foi pioneiro tamén na tradución de obras doutros idio-mas ó galego, entre as que destaca Da esencia da verda-de de Heidegger.

Ramón escribiu moitas obras : A saudade enRosalía (1952); La saudade (1953) ;Pra unha filosofíada saudade ..

Page 51: Mapoula 2009

CULTURA

MAPOULA 49CURSO 2008 - 2009 REVISTA DO IES ADORMIDERAS

AS MULLERESMATEMÁTICAS

Odepartamento de matemá-ticas xunto co de galegorealizaron no 2º trimeste

un traballo cos alumnos de 1º deESO sobre as mulleres matemá-ticas ao longo da historia. Con-sistía en contestar a unhas pre-guntas sobre a súa vida e apor-tacións matemáticas ao mesmotempo que realizar un exerciciode resolución matemática todo através do sistema informático.

TEANO

Teano naceu en Crotona, noséculo VI a.D. Era filla de Milón,mecenas de Pitágoras. Cando

era pequena, Milón mandouna estu-dar á escola pitagórica. Naquelaépoca, as mulleres estaban moi mar-xinadas nas actividades científicas,pero na escola tratábase por igual ahomes e a mulleres. Pitágoras foi omestre de Teano. Teano traballou eestudou moito e, ao cabo dos anos,fíxose mestra. Teano casou con Pitá-goras, que era moito maior ca ela.Tiveron tres fillos que, de maiores, aaxudarían. A pesar da súa maternida-de, Teano non deixou a escola pita-górica e, ademais, dedicouse aoestudo da cosmoloxía e da esciturade tratados de matemáticas (sobretodo, a cerca da proporcionalidade),física e medicina. Como boa pitagóri-ca, cría e defendía que todos osobxectos materiais estaban compos-tos polos números naturais, polo quea medida de calquera cousa podíaseexpresar cunha medida exacta.Tamén foi a primeira que plantexou aexistencia do número áureo comoesencia do universo.

Xalo Rancaño Rodríguez

SOPHIE GERMAIN

Sophie Germain naceu nunha familia burguesa en Paris (Francia ) o 1 de abril de 1776 e morreu o 27de junio de 1831.Era una matemática francesa , que fixo importantes contribucións na teoría dosnúmeros ena teoría da elasticidade.Un dos estudos mais importantes foi “os numeros

primos”.Empezou a estudar matemáticas á idade de trece anos, aínda que os seus pais non a deixa-ban.Os primeiros apuntes conseguiunos escoitando a escondidas a clase de Matemáticas dunhaescolaque no admitía mulleres. Disfrazouse dun home chamado”Sr Le Blanc”que era alumno desta escola parapoder enviar uns traballos ao seu profesor,a cal se quedou asombrado de tanto talento e quixo ter unhaentrevista con este “home”.Pero levou unha sorpresa aínda máis grande cando descubriu que o seumellor alumno era unha muller: “Sophie Germain”.Pasou case toda a vida buscando unha escola parapoder dar clase do que máis lle gustaba“AS MATEMATICAS”.En 1830, a Universidade de Göttingen acor-dou outorgar a Germain un grado honorífico; pero antes de que ela puidera recibilo, morreu o 27 de juniode 1831.

Laura García de Arana

EMILIE DE BRETEUIL

Émilie de Breteuil, Marquise duChatelet (1706-1749) foi unhafísica francesa.Autodidacta,

Gabrielle-Émilie le Tonnelier de Bre-teuil, Marquesa do Chatelet, foi aman-te do filósofo francés Voltaire, conquen mantivo tamén relacións profe-sionais. Tivo relacións no campo dafísica con Maupertuis, e traduciu aLeibnitz e Newton, engadindo comen-tarios e explicacións en pasaxes dífici-les.A filla do Barón de Breteuil naceuo 17 de decembro de 1706. Casou coMarqués do Chatelet-Lomont en 1725.Foi boa linguista, música e matemáti-ca, e fondamente interesada na meta-física. Cando comezou a intimar conVoltaire estaba practicamente separa-da do seu marido. É consideradacomo unha pensadora orixinal, aíndaque máis coñecida pola súa relacióncon Voltaire. Escribeu ‘Institutions dephysique’ (1740), ‘Dissertation sur lanature et la propagation du feu’(1744), ‘Doutes sur les religions révé-lées’, e no 1756 publicou unha tradu-ción dos ‘Principia Mathematica’ deNewton.En 1748, deixou a Voltaire porun soldado-poeta, Jean François deSaint-Lambert, oficial da garda do ReiStanislaw I de Polonia. Morreu polascomplicacións subseguintes ó nace-mento do seu fillo o 10 de setembrode 1749.

Xaquín Bermello Corominas

MARÍA GAETANA AGNESI

Naceu o 16 de maio de 1718, en Milán(Italia). Foi unha importante matemá-

tica italiana, aínda que tamén se llecoñeceu como lingüista, filósofa e teólo-ga. Filla de Don Pietro Agnesi Mariami ede Anna Brivio, e tivo 20 irmáns peque-nos. María nunca casou, pois aos 21anos, quixo entrar nun convento. Ante aoposición do seu pai, comezou a vivirnun ámbito social nulo. O cálculo diferen-cial, o estudo de cómo cambian as fun-cións cando os seus variables cambian,é usado para saber iso mesmo. Usáronoanos antes científicos como Newton eLeibniz. O cálculo integral, rama dasmatemáticas na cal se estuda o cálculo apartir do proceso de integración ou anti-derivación, común na inxeniería e nasmatemáticas, úsase para calcular árease volumes de rexións e sólidos de revo-lución. Foi usado anteriormente por cien-tíficos como Arquímedes,Descartes,Newton e Barrow. A curva “a bruxa deAgnesi”, emprégase na descrición físicados fenómenos de resonancia. O núme-ro p (pi), letra grega, provén da inicialdas palabras de orixe grego periferia yperímetro dun círculo. phi ten un valoraproximado de3,14159265358979323846. Serve paraubicar en matemáticas; aparece inclusoen lugares que carecen dunha conexióndirecta cos círculos da xeometría euclí-dea

Sabela Suevos

HIPATIA

Onome de Hipatia significa a máisgrande. Nacida en Alexandria,Ale-

xandria é unha cidade do norte deExipto situada no delta do Nilo, capitalda Diócesis Romana de Exipto. Viviuno século IV no 370 segundo algunhasreferencias e 355 segundo outras.Matarona a golpes un grupo de fanáti-cos cristiáns.Seu pai Teón de Alexan-dría foi un célebre matemático e astró-nomo moi apreciado. Deu clases naBiblioteca do Serapeo. Foi mestre dematemáticas e astronomía.O astrola-bio é un instrumento que permitedeterminar as posicions das estrelas.A xeometria e unha rama das matemá-ticas que estuda o espazo igual que aaritmetica que é a máis antiga.C onicaé a curva dun plano que non pasa poro seu vertice .

David Fernández Mangana

Page 52: Mapoula 2009

A miña experiencia nosEstados Unidos

CULTURA

Cada un de nós esta feito dasdecisións que toma, sexanboas ou malas, precipitadas,

condicionadas, estudadas…A min ninguén tivo que empu-

xarme a facer o que fixen, eu deci-dín, aos 16 anos ir estudar aosEstados Unidos un curso enteiro,que me convalidarían por 1ºdeBacharelato ao voltar. Supuña pasarmoitos meses fóra da casa, saír ómundo (descoñecido), coma quendi.

As condicións coas que outrosestudantes da Coruña e mais euviaxabamos eran as dunha beca doConcello; a estancia nunca familiaamericana e a asistencia a un insti-tuto da zona. O 14 de Agosto do2007 despois dunha longa despedi-da cruzamos o charco e chegamosa Nova York. Eu lembro eses díasmoi ben, porque xa, se era pouca aemoción da viaxe, á mañá seguintexa estabamos vendo a estatua deliberdade. En xeral sentíase unclima de desconcerto porque todosnós sabiamos que ós poucos díasseparariamonos e iriamos a diferen-tes estados, é dicir, a maleta aíndanon se desfacía definitivamente.

O día que cheguei a Delton

(Michigan) encontrei a miña familiaamericana esperándome no aero-porto. Eu tiña medo de non recoñe-celos porque só vira fotos, pero des-pois de coller a maleta vin unhapancarta que puña “WelcomeElena” e claro, supuxen que naquelpobo tan pequeniño non esperabana máis “elenas”.

Non podo resumir todo o quevivín durante os dez meses queestiven en USA, pero podo dicir quenunca o esquecerei.

Ao principio todo era novo,todo me asombraba. A súa cultura ébastante diferente á nosa e óscomezos eu non sabía moi bencomo adaptarme. A confianza coafamilia foi pouco a pouco, comotodo. O simple feito de almorzar, vera tele…custaba sentirse coma nacasa, mais esas pequenas cousascompartíaas cunha estudantenoruega que tamén vivía con nós,ela, podo dicir que se converteu namiña irmá. Ó mesmo tempo íamellorando co inglés, pasei de nonentender 3 de 4 palabras (recursos:clásico dicionario ou escribilo), apensar e soñar en inglés pasadosxa uns meses.

O instituto era outro mundo. A

min dábame a sensación de estarmetida nunha película (tampoucocon isto estou dicindo que fora todoperfecto, ás veces as semanaspasábanse rápidísimo e outras eraninterminables, ou coma eu botabasde menos o xamón serrano,etc…)

O seu sistema escolar é total-mente distinto ó noso, podías esco-ller as asignaturas que ti quixeras,con diferentes niveis en cada unha,e un sinfín de actividades que cheofrecían para despois de clase,onde se coñecía moito mellor áxente.

A vida era moi tranquila enDelton, pódese dicir que vivía norural, aínda conducindo dúas horasestabas en Chicago, cidade queaproveitei para visitar, xunto conoutras viaxes que fixen coa miñafamilia e co instituto.

Hai xa meses que voltei,pero aínda se botan de menosalgunhas cousas da vida america-na, foi unha experiencia que nuncaolvidarei, fíxome madurar e apren-dín moitas cousas novas, sobretodo da súa cultura. Sopesandopros e contras penso que tomeiunha moi boa decisión en pasar unano nos Estados Unidos.

AUTORA: HELENA PÉREZ -ARDA LÓPEZ (2º A BACH)

MAPOULA50 CURSO 2008 - 2009 REVISTA DO IES ADORMIDERAS

Page 53: Mapoula 2009

CULTURA

MAPOULA 51CURSO 2008 - 2009 REVISTA DO IES ADORMIDERAS

EU en USAAUTORA: ALICIA CONDE LÓPEZ (2º A BACH)

Cando fun seleccio-nada para disfrutardunha das 40

becas que o concello daCoruña entrega cada añoós seus estudantes paraestudar nos Estados Uni-dos, aínda non sabía oafortunada que acababade ser. Só ao transcorreros días e os meses fixé-ronme valorar esta expe-riencia.

A pesar de que xavai facer case un anodende que regresei de alí,foi unha viaxe que aíndanon rematou, xa que sim-ples detalles me devolvena aqueles días en terrasamericanas: fotografías,escritos, olores, canciónse amizades fan que esetempo estea permanente-mente na miña mente

Son sentimentos eemocións que alí esperta-ron e que aínda non

esvaeceron, e que esetempo vivido foi tan grati-ficante e especial queprobablemente faga quenunca esqueza o meuano como “exchange stu-dent” en Michigan.

Ó tempo que demó-cratas e republicanosescollían ós seus repre-sentantes, ía adentrándo-me cada vez máis noscostumes americanos, éasí que hoxe cando sintoun intenso olor a chocola-te, recordo as tardes nasque as miñas amigas emais eu preparabamosbrownies de chocolate opancakes que logo comia-mos vendo infinidade depelículas.

Nese tempo, sentínas máis baixas tempera-turas (ata 0º Fahrenheitno inverno ou o que é omesmo -30ºcentígrados)que nunca antes percibi-

ra. En ocasións, a neveera a causa de que, moiao meu pesar, os partidosde “soccer” quedarancancelados; e noutras, osmetros e metros acumula-dos de neve, permitían-nos pasar tardes tirándo-nos cos trineos ata que-dar empapados.

E que se algo llesgusta os estadounidensesé a diversión, pasalo ben,como eles din: to havefun!, calquera escusa éboa para reunir a dece-nas de persoas nunhacasa e facer unha “barbe-que” o incluso, no colexio,onde celebrabamos cum-preanos ficticios á horado “lunch” con tal de can-tar, comer pastel e tomarfotos.

A neve foi tamén adesculpa perfecta paraque eu e mais outros 20compañeiros tivésemos

que pasar a noite na casadun amigo pola imposibili-dade de conducir baixoesas condicións atmosfé-ricas.

Calquera cancióncon ritmos rapero e/o dehip hop fan mover o meuesqueleto ó ritmo que ofacíamos nos bailes docolexio ou nos cochesdas miñas amigas candonos dirixiamos ó centrocomercial onde buscaba-mos calquera ganga¡como só alí se atopan!

O coñecido “meltingpot” americano fixo queaínda hoxe manteña con-tacto con xente de mediaEuropa e do mundo, coasque comparto tantos bosmomentos e recordos.

E que se de algoestou segura é de queEstados Unidos é o paísdas emocións, das emo-cións fortes.

Page 54: Mapoula 2009

CULTURA

2009: UN ANO ESPECIALPARA A CIENCIA

MAPOULA52 CURSO 2008 - 2009 REVISTA DO IES ADORMIDERAS

AUTORA: ANA OTERO (PROFESORA DE MATEMÁTICAS)

Coincidindo co 400 aniversariodas primeiras observaciónsastronómicas realizadas co

telescopio por GALILEO GALILEI ecoa publicación por Johanes Kepler da“Astronomía nova”, o ano 2009 foideclarado pola asamblea Xeral dasNacións Unidas, á proposta da UniónAstronómica Internacional (U A I ),“Ano Internacional da Astronomía”.

Este mesmo ano 2009 celebra-mos tamén os 150 anos da publicaciónde “ A orixe das especies” a obra naque Darwin deu a coñecer a súa teoríada evolución descubrindo que, osseres vivos estamos emparentados,que procedemos de ancestros moi sin-xelos e que durante miles de millónsde anos fomos modificándonos, diver-xendo unhas especies doutras e pro-ducindo novas adaptacións.

Ante a teoría da evolución e daselección natural as comunidades reli-xiosas reaccionaron con especial viru-lencia considerándoas incompatiblescoas sagradas escrituras e co papelcentral que o home ocupaba nelas.

Pero, ¿Quen foi GALILEO GALILEI?

Astrónomo, filósofo, matemático efísico, naceu en Pisa, Italia en 1564nunha familia de sete irmáns, cun

pai que era un talentoso músico e unhome de considerable cultura; morreuen Florencia o ano que naceu Newtonen 1642.

Aos 17 anos Galileo empezou aestudar medicina pero en pouco tempodecidiu reorientar os seus estudospara adicarse de cheo as investiga-cións no campo da física e da mate-mática baixo a tutela dun amigo dafamilia que era discípulo de Tartaglia.

Desde entón séntese seguidorde Pitágoras, de Platón e de Arquíme-des e oposto ao aristotelismo.

Aos 25 anos foi nomeado profe-sor de matemáticas da Universidadede Pisa e, como profesor, proseguiucoa busca da verdade, analizou ascrenzas científicas da época e, aplicouas matemáticas e as observaciónsexperimentais para demostrar que “avelocidade de caída dos corpos deigual forma e volume, pero de distintospesos”, deixados caer desde a mesmaaltura prodúcese en tempos iguais(erro de Aristóteles que afirmaba que avelocidade de caída era proporcionalao peso); parece que non o fixo comodín, lanzando os corpos desde a torreinclinada de Pisa, senón deslizandoesferas costa abaixo pola superficie

lisa de planos inclinados con distintosángulos de inclinación.

Entre outras achegas non astro-nómicas máis notables figuran as Leisdo movemento pendular (comezou apensar nel vendo como unha lámpadaoscilaba na catedral de Pisa) e, as Leisdo movemento acelerado, creou o con-cepto de aceleración que se usa nafísica moderna como incremento davelocidade por unidade de tempo .

Estes experimentos iniciadosantes de 1590 foron perfeccionados epublicados, xunto co seu discípuloTorricelli en 1638 na obra “ Diálogossobre dúas novas ciencias –movemen-to e mecánica”. A obra de Galileolevou á formulación das leis do move-mento de Newton e ao perfecionamen-to que desas leis fixeraron outros cen-tíficos.

É en Maio de 1609 cando Gali-leo recibe de París unha carta de undos seus antigos alumnos que lle con-firma o rumor da existencia dun instru-mento de ampliación fabricado enHolanda que, permite ver obxectoslonxanos, a estrelas que eran invisi-bles a primeira vista. Con esta descri-ción en 1610 constrúe o primeiro teles-copio e observou por primeira vez quea Lúa está cuberta de mares e monta-ñas, os catro maiores satélites en órbi-ta ao redor de Xúpiter (Ío, Europa,Ganímedes e Calisto), as fases deVenus semellantes ás lunares, asmanchas Solares, a estrutura compos-ta de Saturno…Publicou eses resulta-dos en “ O mensaxeiro Sideral” obramestra de Galileo.

Fai co telescopio unha demos-tración enriba da praza de San Mar-cos, en Venecia, os espectadores que-dan entusiasmados. Galileo lega o seuinstrumento á República de Veneciamoi interesada nas aplicacións milita-res do obxecto. Venecia era naquelinstante unha cidade chea de vida adi-cada ao comercio, é o momento doRenacemento, e tamén o momento noque Cervantes escribe o “Quixote” e noque o dramaturgo inglés W. Shakespe-are escribe a traxedia” Hamlet,. prínci-pe de Dinamarca”.

As observacións de Galileorevolucionaron a astronomía, pódese-lle considerar como o fundador daastronomía moderna e mais en xeralcomo o introdutor do método experi-mental na investigación científica. Ade-mais dos seus extraordinarios resulta-dos como físico e astrónomo a impor-tancia de Galileo está precisamente en

ter creado unha mentalidade científicanova . Adicouse intensamente á astro-nomía ata o ano 1633 no que foi con-denado eclesiásticamente; ameazadopolo tribunal da Inquisición coa cámarade tortura se non se retractaba dassúas ideas. Foi o traballo publicado enFlorencia “Diálogo sobre os dous siste-mas máximos do mundo tolemaico ecopernicano” o que ocasionaría a con-dena da igrexa e a súa prohibición deadicarse a astronomía.

Estaba profundamente conven-cido do modelo de Copérnico (publica-do no ano 1943 na súa obra De revoli-tionibus orbium coelesium) que afirma-ba que o Sol e non a Terra estaba nocentro do Universo e que a Terra semovía ao redor do Sol igual que osoutros planetas Galileo seguiu adiantecon ese pensamento ata que entablouunha difícil batalla a favor desa afirma-ción verdadeiramente revolucionariaque destruía o sistema xeocéntrico deTolomeo acollido e tenazmente sostidopola ciencia oficial e sobre todo polaigrexa.

Aos 69 anos de idade foi conde-nado a arresto domiciliario de por vidae retirouse ao seu domicilio cerca deFlorencia onde morrería nove anosdespois, o mesmo ano que naceuNewton.

Galileo pode ser consideradocomo o fundador da ciencia modernaporque fixo espertar a intelixenciahumana dunha acrítica aceptación daautoridade de Aristóteles e trazou asliñas dun método no que a experimen-tación e o razoamento únense nocomún esforzo da investigación.

Page 55: Mapoula 2009

Mapoulahttp// edu.aytolacoruna/centros/iesadormideras