Memoria ano 2012
-
Upload
carmela-garcia -
Category
Documents
-
view
222 -
download
3
description
Transcript of Memoria ano 2012
Páxina 1
MEMORIA DO EXERCICIO 2.012
Asociación de Mulleres Rurais
de Veigamuíños
Mª Carmen Pernas Leivas
R/Xagoaza,36
32300 O Barco de Valdeorras
Ourense
Tfn.: 620 436 015
CIF: G-32311441
O noso novo enderezo web: http://mulleresrurais.wix.com/veigamuinos
Páxina 2
MEMORIA DO EXERCICIO 2012
0.-TITULARIDADE E RAZÓN SOCIAL:
Asociación de Mulleres Rurais de Veigamuíños
Presidenta: Mª Carmen Pernas Leivas
R/ Xagoaza nº 36
32300O Barco de Valdeorras (Ourense)
CIF: G-32311441
TELÉFONO DE CONTACTO
Teléfono da Asociación: 620 436 015
E-MAIL:
PÁXINA WEB:
http://mulleresrurais.wix.com/veigamuinos
DENOMINACIÓN DO PROXECTO:
Actividades da Asociación de MM.RR. de Veigamuíños
Páxina 3
0.- INTRODUCCIÓN
Esta asociación pretende a través dos seus proxectos manter viva
a nosa parroquia, ademáis de integrar a todas aquelas persoas
que desexen colaborara con nos nas diferentes postas que imos
facendo.
Pensamos que as mulleres, e as que viven no medio rural moito
máis, precisan de asociacións como esta que axuden a
compartir momentos de ocio, de traballo, de lecer e que xuntas
podemos emprender proxectos de moito interés.
A Asociación de Mulleres Rurais de Veigamuíños é unha
asociación sen ánimo de lucro, que intenta recuperar diferentes
actividades culturais e tradicionais que formaron parte da vida
da nosa parroquia, do campo, das costumes, das festas, en
definitiva dunha forma de vida que nos fai singulares.
Unha destas actividades son os traballos dos obradoiros e tamén
os relacionados co campo, como é o que ten que ver co trigo:
sementar, segar, mallar, peneirar…
Tamén tentamos recuperar a linguaxe e os termos que se usaban
nestas labores.
Todo elo veise exposto no Mercado Medieval que cada ano se
organiza no pobo.
Ademáis a asociación ten outra actividades como son os
obradoiros: manualidades, cestería, punto canario, bolillos,
ximmnasia de mantemento… e excursións. Tamén participa
activamente nas festas do pobo e do concello.
Asemade actividades como visitas aos avós, xogos para nenos,
entroido... axudan a manter o esprito do noso pobo e porén a
nosa identidade.
Páxina 4
1.-OS OBXECTIVOS QUE PRETENDEMOS PRINCIPALMENTE SON:
Promover o benestar socio-cultural das asociadas e a
mellora da súa calidade de vida, aproveitando o medio rural
como xerador de recursos para a formación e desenvolvemento
persoal e social.
Contribuir á dinamización da vida social e cultural do
municipio dende o noso pobo.
Coidar o medio rural como valor propio ademáis de
asesoramento e axuda ás persoas que o precisen.
Manter festas e tradicións que se estaban a perder, facendo
partícipes delas a nenos/as e mozos/as.
Traballar pola cultura local e comarcal.
Fomentar o asociacionismo como elemento integrador da
comunidade.
Fomentar o intercambio de coñecementos.
Participar en intercambios culturais con outros concellos e
outra asociacións.
Integrar a toda a xente que estea interesada nalguna das
actividades da asociación: mozas/os, inmigrantes aínda que
pertezan a outros concellos.
Representar a nosa aldea nas actividades propostas polo
Concello.
Participar en obradoiros de carácter cultural e formativos.
Páxina 5
2.-DESCRIPCIÓN DA ACTIVIDADE.
2.1-POBOACIÓN Á QUE VAI DIRIXIDA:
A Asociación de Mulleres Rurais de Veigamuíños está formada
por 130 socias. Aínda que hai que destacar que moitas das
actividades propostas non son só para socias senón para toda a
comunidade: magosto, entroido, mercado medieval.
Ademáis non todas as socias viven no pobo, sendo moitas delas
de parroquias ou concellos limítrofes.
2.2.-IDADES DAS PARTICIPANTES:
As mulleres da asociación pódense facer socias a partir dos 18
anos; todas as nenas e nenos poden participar nas actividades
da asociación de xeito gratiuto ata os 18 anos. Pretendemos así
que as/os neos/as máis novas se acheguen de xeito natural as
actividades e contar con elas en todos as propostas.
A franxa de idade maior das socias está a partires dos 50 anos,
sendo as xubiladas o grupo maioritario.
2.3.-NÚMERO DE PARTICIPANTES PREVISTO:
Os obradoiros fórmanse en grupos de 15 persoas aínda que con
frecuencia se organizan actividades, xuntanzas, festas ou
proxectos nos que colaboran e participan tanto homes coma
mulleres non asociados que se ven beneficiados polas
Páxina 6
actividades plantexadas por esta asociación (Ex: Magosto
popular, Mercado Medieval, Xogos Populares, Entroido).
Estas actividades como festas de Sto Tirso, Mercado Medieval,
etc... teñen un potencial número de beneficiarios de 1000
persoas aproximadamente.
2.4.-LUGAR DE REALIZACIÓN
Tódalas xuntanzas, obradoiros e demais actividades realízanse no
local da antiga escola do Piñeiro en Veigamuíños (O Barco de
Valdeorras); local que tamén compartimos coa asociación de
Veciños de Veigamuíños. O centro está dotado do mobiliario
básico: mesas e cadeiras, un ordenador, e un TV. Recentemente
instaláronse un grupo de ordenadores con conexión a internet a
disposición dos veciños do pobo.
2.5.-MATERIAIS NECESARIOS.
Especifícanse en cada proxecto.
2.6.- RESPONSABLE DO PROXECTO
Cada obradoiro ten unha persoa encargada, que normalmente
é unha socia. Todos eles están coordinados por Mª Carmen
Pernas Leivas que ocupa o cargo de presidenta da asociación.
As socias pagan unha cuota anual de 12 €.
3.- METODOLOXÍA A SEGUIR.
Páxina 7
Tódolos anos no mes de setembro convócanse unha xuntanza
para presentar todas as propostas de actividades e o posible
calendario do "curso". Unha vez discutidas en asamblea xeral,
procédese á votación e así quedan clarificadas as actividades
que se levarán a cabo durante o curso: obradoiros, excursións,
cursos, normas de funcionamento xeral, horarios...
Estas reunións organízanse de xeito trimestral para ir adecuando
os obxectivos plantexados á realidade do momento e facer os
cambios necesarios que poidan ir xurdindo, así imos facendo
unha avaliación progresiva das distintas actividades e o seu
desenvolvemento.
Asemade, temos un especial atención as novas socias que cada
ano desexan participar na asociación, especialmente no caso
de emigrantes que poidan ter alguna dificultade no idioma,
costumes, etc.
4.- CONTIDO DO PROGRAMA DE ACTIVIDADES:
Aspectos a ter en conta:
1.-O número de actividades foi de vinte e catro ao longo do ano;
aída que é difícil cuantificar tódolos proxectos e programas que
fomos presentando durante este tempo, tentarémolo facer o
máis claramente posible.
Celebrouse o IX Mercado Medieval durante os días 21 e 22 de
xullo no que entre outras cousas se expoñen producións propias
que se fan durante o ano nos diferentes obradoiros: doces,
Páxina 8
encaixes, xabóns, cestas, e realizacións artísticas coma pinturas
ou manualidades. Trátase sobre todo dun intercambio de
coñecementos, ideas, tradicións, habilidades...
Esta é tal vez a actividade máis orixinal da asociación e que nos
gustaría seguir mantendo polo seu carácter anovador no noso
Concello (único mercado deste tipo no Concello) así pola súa
relación coa cultura local e comarcal (representación de malla e
criba).
2.-Respecto ao mantemento de obradoiros culturais, hai que
sinalar que cada ano se van incorporando novos obradoiros
aínda que algún mantense dende os comezos da asociación, hai
9 anos, coma Bolillos ou Punto Canario, outros como Costura,
Pandereta ou Cestería levan cinco anos de actividade
continuada.
Fóra do noso Concello este ano participamos no III encontro de
Teatro aficionado celebrado na Rúa no mes de xuño, e
posteriormente no encontro de teatro celebrado en Córgamo.
3.-Según a participación e a repercusión social debemos
destacar a gran influencia que as actividades realizadas pola
asociación teñen no pobo de Veigamuíños e mesmo no Barco,
posto que moitas das socias non viven na aldea, senón en
diferentes puntos do concello, e mesmo da comarca.
Móstrase gran interese polas actividades que a asociación
propón non só de xeito puntual como é o Mercado, que nos
axudou a situar Tremiñá (Veigamuíños) no “mapa” do Concello,
senón tamén todas as propostas que diariamente se fan e dan
dinamismo e unidade aos veciños.
Páxina 9
Ben é verdade que a maior complexidade e o maior esforzo
organizativo despregado, tanto dende o punto de vista humano
como económico vai sobre o Mercado Medieval que comezou
con 15 postos o primeiro ano e imos en 65 este ano, ademais das
exposicións e actuacións que se representan nestes dous días.
Para todo isto precisamos moita axuda posto que os nosos
recursos humanos e económicos non son suficientes para dar
resposta satisfactoria á demanda que ano tras ano;(e xa van
nove) presenta esta actividade.
4.-Respecto a participación nas actividades organizadas polo
Concello do Barco, sinalar que vimos presentándonos dende hai
6 anos aos concursos de Maios e Coplas, no que este ano fumos
premiados en ambas categorías.
Asemade participamos no desfile de Entroido organizado polo
Concello.
5.-Presenza do galego: A nivel oral o galego é a nosa lingua de
comunicación habitual tanto nas actividades desenvolvidas,
como de xeito expontáneo. Tamén tódolos escritos da vida
asociativa: convocatorias de reunións, anuncios, programas,
bases de cursos... tanto para uso da asociación como para
promoción pública realízanse en lingua galega: invitacións,
felicitacións, carteis, sendo o galego o idioma utilizado de xeito
cotiá polas socias de modo natural e tamén a lingua vehicular
coas socias máis cativas, que as veces presentan certas
carencias neste aspecto.
Loxicamente o concurso de poesía así como o teatro realízase en
galego.
6.-Tratamento da diversidad. Entendemos a diversidade como
respecto á diferenza así como convivencia coas persoas de
Páxina 10
distintas cultura, por elo, é doado demostrar que a diversidade
das contribucións de todas/os enriquécennos a todo o grupo
(cociña, agricultura, música…)
Por ser esta unha asociación de mulleres non esquece a
importancia do papel que temos na sociedade, toda vez que a
pesares de nomearnos como “mulleres rurais” ninguén queda
fóra por razón de xénero. Actividades coma Teatro, Mercado,
Maios…están realizadas por homes e mulleres nas que
pretendemos promover a igualdade así como o uso non sexista
da linguaxe e a imaxe.
Destacar que a poboación inmigrante participa de xeito activo
connosco e forman en este momento o 35 % aproximadamente
do noso grupo de socias, o que pon de relevo a boa acollida
que se ofrece a todo o que desexe achegarse, así como o
enriquecemento que tod@s acadamos con este feito.
En definitiva queremos potenciar a participación de mozos e
mozas en actividades específicas coma Xogos para nen@s e
moz@s nas festas do Sto. Tirso, concurso de Poesía para moz@s e,
Teatro, e así potenciar dende o pobo o seu interese pola propia
cultura e a nosa realidade.
Páxina 11
5.-CADRO DE ACTIVIDADES REALIZADAS:
ACTIVIDADES DATAS TEMPO DESTINATARI@S MATERIAL
NECESARIO
IDIOMA
USADO
LUGAR
Costura De
Outubro
a Xullo
5 anos 19
socias
Aportan
as
socias
Galego Antiga
escola
Pandereta De
Outubro
a Xullo
5 anos 10
socias
Aportan
as
socias
Galego Antiga
escola
Bolillos De
Outubro
a Xullo
9 anos 10
socias
Aportan
as
socias
Galego Antiga
escola
Punto
Canario De
Outubro
a Xullo
8 anos 13
socias
Aportan
as
socias
Galego Antiga
escola
Teatro De
Outubro
a Xullo
6 anos 13
homes e
mulleres
de 6 a
90 anos
Pintura,
traxes,
telas,
CD,
megafo
nía
Galego Na
Antiga
escola
Rúa
Córgomo
Os luns...
"Xuntanza" De
outubro
a Xullo
5 anos Todas as
socias
que o
desexen
Aportan
as
socias
Galego Antiga
escola
Páxina 12
Elaboración
de carteis,
invitacións,
programas
Todo o
ano
Todos Tinta,
ordenad
or
Folios
Galego Antiga
escola
Campio-
nato de
Tute e
brisca
28 de
xaneiro
9 anos Todo o
pobo
Cartas Galego Antiga
escola
Xogos
Populares 27 de
xaneiro
9 anos Nen@s e
moz@s
Cordas,
sacos,
ovos,
culleres,
mazás
Galego No
pobo
Concurso
de Poesía 21 e 22
de xullo
7 anos Nen@s e
moz@s
Carteis,
folios
Galego No
pobo
Sementa
do trigo Xaneiro 9 anos Homes e
mulleres
do pobo
grao Galego No
pobo
Entroido Febreiro 10 anos Tod@s
os
interesa
dos
Material
para
confec-
ción de
disfraces
Galego
(Pancar-
ta)
No
Barco
Merenda
para
participantes
no entroido
Febreiro 10 anos Os/as
particip
antes no
desfile.
Galego No
Barco
Cea de
comadres Febreiro 10 anos Socias Galego No
Barco
Páxina 13
Maios e
coplas Maio 7 anos Homes e
mulleres
do pobo
Estructu-
ra de
maio,flo-
res,
xestas.
Galego No
Barco
Excursión Maio
Dende
hai 9
anos a
diferen-
tes
lugares
Socias Transpor
te
comida
Galego Sala-
manca
Obradoiro
de danza
tradicional
Xuño 5 anos Socias Equipo
música
Galego Antiga
escola
Seitura do
trigo e
merenda
convivencia
Xuño 9 anos Homes
do pobo
Galego No
pobo
Agasaios
aos avós e
avoas do
pobo
Decembro 9 anos Tódolos
maiores
de 80
anos do
pobo
Cestiña
de
doces
Galego Domicili
o dos
avós/as
e
residenc
ias de
anciáns
Creación
páxina
Web
Xullo-
agosto
1 ano Grupo
de
mulleres
e asesor
Galego Web
Páxina 14
Mercado
Medieval:
Fiada,
malla, criba
cestería,
exposición
etnográfica
Decoración
e ambien-
tación do
pobo
21 e 22
de Xullo
9 anos Todo@s
os
interesa
dos
Traxes,
Carteis,
trípticos,
represen
tación,
actuaci
ón
musical
e
teatral,
Poesías,
megafo
nía,
iluminaci
ón de
postos
Galego Tremiñá
Asamblea
xeral
Setembro, 9 anos Socias Galego Antiga
escola
Cestería
Tradicional
Novembro 5 anos Tod@los
interesa
dos
Mimbres
e
salgueir
os
Galego Antiga
escola
Magosto 3 de
Novembro 8 anos Tod@los
interesa
dos
Castañas
chourizos,
pan,
viño
Galego Patio da
antiga
escola
Obradoiro
Fiada
Maio
Xuño 4 anos Todas as
interesa
das
Lá, fusos
Espade-
las
Galego Antiga
escola
Páxina 15
6.-CALENDARIO:
Xaneiro Xogos para nen@s nas festas de Santo Tirso.
Elaboración de Carteis para os Xogos e o
campionato de tute e brica.
Campionato de tute e brisca
Cursos:Costura, Pandereta, Bolillos e Punto
Canario. Teatro
Sementa do trigo para o Mercado Medieval.
Febreiro Participación no Desfile de Entroido.
Cea de comadres onde todas as socias van
disfrazadas.
Preparación da comparsa do entroido para todos
os que o desexen: socios e non socios.
Participación no desfile organizado polo Concello
do Barco.
Merenda para tod@s os integrantes da comparsa.
Cursos: Costura, Pandereta, Bolillos e Punto
Canario. Teatro
Marzo Cursos: Costura, Pandereta, Bolillos e Punto
Canario. Teatro
Abril Cursos: Costura, Pandereta, Bolillos e Punto
canario. Teatro
Páxina 16
Maio Elaboración do maio e coplas para participar no
concurso organizado polo Concello do Barco.
Comida para os colaboradores.
Excursión a Salamanca: día 17 de maio.
Cursos: Costura, Pandereta, Bolillos e Punto
Canario. Teatro.Fiada
Xuño Obradoiros: Danza Tradicional, Teatro:(Elaboración
de traxes, decorados e Representación na Rúa e
Córgomo).
Cursos: Costura, Pandereta, Bolillos e Punto
Canario.Fiada
Seitura do trigo: Homes e mulleres do pobo
participan e fan unha merenda para @s
traballadores.
Xullo Preparación do Mercado Medieval: Traxes, Teatro,
Pandereta, Danza, Fiada, Malla, Cestería,
Recollida de obxectos para exposición
etnográfica, Decoración e ambientación do
pobo, Campionato de bolos (entrégase un xamón
de premio).
Elaboración de carteis, invitacións, e trípticos en
galego.
Cursos: Costura, Pandereta, Bolillos Punto
Canario.Fiada.
Teatro (Representación no pobo, A Rúa,
Córgomo)
Páxina 17
Mercado Medieval durante dous días. Envio de
invitacións para participar no Mercado poñendo
postos a xentes de diferentas lugares de Galicia e
fóra de Galicia, ademáis de asociacións culturais
do Concello: Asfaval, Morea...entre outras.
Setembro Asamblea Xeral e programación de actividades:
Horarios, Obradoiros, espazos...
Outubro Comezo dos obradoiros e cursos que se farán
durante todo o ano:
Cursos: Costura, Pandereta e Punto Canario.
Bolillos. Cestería
Os Luns... "Xuntanza": Para outras actividades que
non se dan nos cursos: xogos, deporte, falar...
Novembro Magosto tradicional: Sábado día 3: Chourizos,
viño, castañas e...alegría!
Elaboración de carteis do Magosto.
Cursos: Costura, Pandereta e Punto Canario.
Bolillos
Os Luns... "Xuntanza": Para outras actividades que
non se dan nos cursos: xogos, deporte, falar....
Decembro Visita ás persoas maiores do pobo e as residencias
de anciáns.
Entrega de agasaios a tod@s @s nos@s maiores.
Cursos: Costura, Pandereta e Punto Canario.
Páxina 18
Os Luns..."Xuntanza": Para outras actividades que
non se dan nos cursos: xogos, deporte, falar....
Envio felicitacións de Nadal.
7.-OUTRAS COLABORACIÓNS:
Participación en cursos de informática nas dependenzas do
Concello do Barco.
Coa Biblioteca Municipal: Temos en préstamo unha serie de
volúmenes, dos que as socias poden beneficiarse. Tamén,
entidades particulares fan doazóns para ampliar os nosos
fondos.
Coa Asociaciación de Loita Contra o Cáncer, Asociación
Cultural de Portela.
Con Asfaval e Morea no Mercado Medieval.
Concurso de poesía en Galego
Representación teatral en Galego
Asociación Femuro
8. - AVALIACIÓN.
No momento de facer esta memoria, mes de novembro, non
temos rematadas as actividades que anualmente programamos
Páxina 19
polo que as imaxes corresponden ao ano anterior, e serán
incorporadas unha vez rematado o ano.
O feito de que durante dez anos a asociación veña tendo
actividade continuada, e de que o número de socias se
incremente progresivamente, fainos concluir que o traballo que
realizamos é positivo e enriquecedor tanto para as socias como
para todos os vecinos da nosa aldea.
Queremos poñer en valor, o noso, o rural, e porén o
asociacionismo como ente que nos enriquece a todos e do que
todas participamos.
Durante este tempo, na asociación todas as mulleres temos
aprendido algo, e todas temos ensinado algo tamén. Esta é a
maneira en que nós vivimos as relacións como nexo de
crecemento, saúde e disfrute.
Por elo a nosa valoración neste momento é
moi positiva en tódolos aspectos, xa que
pouco a pouco imos integrando tradición
e novas tecnoloxías e creando nexos
dentro e fora do noso pobo que poñen no
mapa humano e xeográfico a nosa
pequena aldea.
Asdo.: Mª Carmen Pernas Leivas
Representación “as Farolas” no
Mercado Medieval.
Páxina 20
ANEXO I
IMAXES
Palilleiras Final
Campionato
Tute-Brisca
Xogos
populares
Mercado
Medieval
Fiada Coplas
Premio 2012
Xogos Criba
Cestería Xogos para
maiores
Grupo Cestería Danzas
tradicionais
Grupo
Tornaxeira
Entroido Obradoiro
Cestería
Postos do
mercado
Páxina 21
Entroido Xogos De troula Pandereteiras
Reencontro
cos amigos
Disfrutando da
festa
Malla Recordando
outros tempos
Teatro en
Córgomo
Costura Os novos
Canteiros
Pisabarros na
Rúa
Aprendendo
co mimbre
Confección de
traxes Maios
Premio 2012
Maios
Páxina 22
ANEXO II
ALGUHAS RESEÑAS DE PRENSA
Teatro en Córgomo
OS MAIOS
Las 'mulleres rurais' de Veigamuiños ganan el premio de los maios LR - O BARCO - 02-05-2012
La Festa dos Maios congregó en O Barco a numerosos vecinos, que pudieron observar las 13 creaciones inscritas en el concurso que organizaron el Centro Comercial Aberto y el Concello.
Plano general de la Festa dos Maios, en O Barco.
El primer premio de la categoría 'enxebre' fue para la Asociación de Mulleres Rurais de Veigamuiños, correspondiendo el de la clase 'artística' al de la escuela infantil Os Xuglares. El voto abierto, concedido por los visitantes, fue a parar a la obra del colegio Julio Gurriarán.
Leonor Blanco Bembibre se llevó el premio a la mejor decoración de un balcón por el número 2 de la calle Pérez Lista. A su vez, la organización decidió 'salvar' los árbole del jardín de la Casa Grande. Finalmente, Eva González Domínguez ganó el concurso de cestas de flores. La Asociación de Mulleres Rurais de Veigamuiños también redactó una de las dos coplas leídas durante la fiesta. Su texto es el siguiente:
Páxina 23
Auga Deus e veña maio
que é o mellor mes que hai,
que traia sol e traballo
que boa falla nos fai.
Porque como está a vida
as cousas póñense duras,
de día ollarase co sol,
e de noite andarse a escuras.
Ben mala é esta crise
que ata o tempo toleou.
Xa se marchou Zapatero
pero a cousa non cambiou.
Non hai auga nin traballo,
o comercio está a pechar...
ou mal botaron as contas
ou algo está a fallar.
Só os afiadores din
que os van rebentar
de tanto afiar tesoiras
para poder recortar.
Qué pena que o seu esforzo
so nos veña a amolar.
Os nenos serán máis burros,
os vellos máis derreados
nin iremos á botica
cando poñan o copago.
vannos cobrar unha conta
que xa tiñamos pagada,
e non somos non culpables
se esqueceron borrala.
Deixennos dignidade
agora que imos para vellos
que xa cumprimos abondo
dende que somos nenos.
Implorade a Santa Rita
si Ela pode facer
que todos os brotes negros
empecen a reverdecer.
Rezádelle na novena,
ide a procesión e a misa.
Como Ela non nos protexa
imos andar sen camisa.
Tomade todo esto a broma
aínda que sexa para chorar
que hoxe, a Festa dos Maios,
non vola quero estragar.
Porque a pensión é pequena,
enriba está recortada:
ou mercamos as menciñas
ou imos sen cena á cama.
Agora todo son normas reformas ou cambio de tornas hasta para comer. Imos ter que virar de rumbo que esto está ben chungo, non sei que imos facer. Dicen que están tratando de botar algún remache, farán viandas xenéricas para saír deste bache. Que non sei onde escoitei que agora están intentando facer o pan sen fariña e sen patacas o caldo. Imos ter que afacernos, hai que ter resinación, ide mercando tirantes para suxeitar o pantalón, que con amarrar o cinto non abonda nesta ocasión. E se non podes ir o ximnasio porque a economía está escasa, ninguén che ten a culpa, fai a ximnasia na casa.
Nin tes que ir á piscina, que non a podes pagar. Se queres estar á liña prívate do xantar. E non terás colesterol nin has padecer da gota nin correrás o risco de morrer dunha paparota. Se queres estar en forma un consello che vou dar colle os zocos e o paraugas e presto a camiñar; que se sepa, esa norma aínda non a van cobrar. E non teñas que operarte nin che vaia dar un infarto, non lle vaias con presa que a cousa non é para tanto. Ou é que ninguén che dixo, que hai moita lista de espera, non ves a televisión: a sanidade está en quiebra. Tu estate sereno, non poñas ollos de espanto ou cando che chegue o turno estarás no camposanto. Pon o abrigo e a bufanda que te vas acatarrar, como collas quentura non podes ir traballar. Mira que agora por pouco xa te poden fastidiar. Como non andes dereito xa te escusas presentar, que pola porta que entraches xa te podes largar. Eu, como non durmo ben, non paro de cavilar: a culpa tena o diñeiro, onde carajo andará? É un bon bailarín, sempre de acá para alá, fíxose un viaxeiro, e o malo é que emigra sempre cara ó estranxeiro. Como diría o meu amigo esto é unha carallada,
Páxina 24
La Región:
Veigamuiños viste de época y atrae a más visitantes
El Mercado Medieval contó con 62 puestos y el teatro corrió a
cargo del grupo 'Pisabarros'
X.M.C.. O BARCO - 22-07-2012
Éxito de público y de participantes. El Mercado
Medieval de Veigamuiños,
organizado por la Asociación
de Mulleres Rurais, congregó en las calles de esta localidad
barquense a numerosas
personas que pudieron
disfrutar con el ambiente medieval en el que se
sumergió la aldea y de los
numerosos puestos de venta
que acudieron al encuentro.
Hasta 62 'tenderetes', diez más que el año pasado,
ofrecieron a los viandantes
productos de alimentación,
artesanía y ropa, entre otro
productos.
El público sigue atentamente la representación teatral. (Foto: J.C.I)
TEATRO
Además de recrear la labores del campo tradicionales, los asistentes
pudieron disfrutar de la obra de teatro 'As Farolas', representada por la
compañía de teatro de la localidad, 'Pisarrabos'. El programa de la
presente edición, que amplía sus actividades hasta la jornada de hoy,
también incluye las actuaciones de grupos de pandereteiras y gaiteiros,
de la banda de gaitas de A Veiga y del grupo 'Tornaxeira', sin olvidar las
representaciones de oficios t radicionales y de un campeonato de bolos.
Paralelamente, la organización desarrolló una nueva edición del
certamen de poesía en lengua gallega.Cada año, los vecinos eligen un
tema, sobre el cual deben girar las composiciones presentadas. En esta
ocasión, el papel protagonista recayó en el río Sil. Los inscritos fueros
repartidos en tres categorías según las edades.
Páxina 25
http://www.laregion.es/noticia/216324/mercado/medieval/barco/tendra/puestos/nuevos
/
El mercado medieval de O Barco tendrá 10 puestos nuevos
REDACCIÓN. O BARCO - 11-07-2012
El interés que despierta el Mercado Medieval de Tremiñá-
Veigamuiños, que se desarrollará los días 21 y 22 de julio,
aumenta con el paso del tiempo. Lo demuestran los 10 nuevos puestos que se montarán este año, algunos de ellos llegados
desde otros concellos. El evento ferial que organizan la
Asociación de Mulleres Rurais de Veigamuiños y el Concello
cumplirá su novena edición con un cartel que incluye actividades
muy diversas, desde teatro hasta la recreación de las labores de
campo tradicionales.
El recinto ferial abrirá sus puertas a las 18,00 horas del próximo 21 de
julio. Para las 20,00 horas de ese mismo día fue programado el
espectáculo de teatro aficionado de la compañía local: 'Pisabarros'. Este
grupo representará la obra 'As Farolas'.
El programa incluye diferentes actuaciones de música y danza
tradicionales, incluidos los grupos de pandereteiras y gaiteiros. Los grupos 'Tornaxeira' y la Banda de Gaitas de A Veiga completan el
reparto musical del mercado.
Los vecinos también prepararon varias representaciones de oficios
tradicionales, con demostraciones de malla y criba, y exhibiciones de
palilleiras, fiada y cestería. Un campeonato de bolos medirá la destreza
de vecinos y visitantes.
Paralelamente a la organización del Mercado Medieval, la organización desarrolló una nueva edición, y van cuatro, del certamen de poesía en
lengua gallega. Cada año, los vecinos eligen un tema, sobre el cual
deben girar las composiciones presentadas. En esta ocasión, el papel
protagonista recayó en el río Sil. Los inscritos fueron repartidos en tres
categorías, en función de sus edades: de 10 y 11 años, de 12 a 17 y
mayores de 18 años. Los ganadores serán dados a conocer en los
próximos días.
Páxina 26
http://www.osil.info/index.php?ID=
La fiesta, si es fruto de la colaboración espontánea del pueblo, mejor. Si te lo dan todo hecho, adoptas una actitud más bien pasiva.
Cuando la colaboración festiva sale del pueblo, sientes la satisfacción de tu participación, tu trabajo está reflejado en la colaboración común, sientes un sano orgullo. Ves tus cosas, la tradición de tu pueblo, su historia y la tuya y sus vivencias
reflejadas en su esfuerzo.
El lugar bucólico de Tremiñá-Veigamuíños (pocas palabras como ‘molino’ evocan tantas vivencias, historias, leyendas, etc.), el lugar digo se presta a la celebración. Lo que me llama la atención de la celebración es la participación
masiva, la espontaneidad, todo el mundo se siente parte activa con mayor o menor implicación. La generosidad y, por qué no, la calidad de los productos ofrecidos, productos artesanales sacados a la calle. Y en la cara de los visitantes se ve como una sonrisa de aceptación, de más ganas de meterse en la fiesta. Aunque no hayas participado en la preparación de la fiesta te conviertes con tu actitud receptiva
como impulsor de la misma fiesta, como con ganas de completarla.
Esas bodegas que se abren y ofertan generosamente sus productos, especialmente sus ricos caldos os sus chiringuitos que proliferan en la calle.
Aspectos de la vida y tradición. Como nuestra especial de botón, con representación apasionada y
artística de una faena fundamental y comunitaria en su ambiente agrícola, como es la faena de la maja.
En el teatrillo fundamentalmente medieval que improvisamos: historia picaresca de “Don Pitas Payas, pintor de Bretaña”, el hombre que abandona a su mujer del gran Arcipreste de Hita y poesías de sabor también medieval “Sedíame eu na ermida de San Simón/ e cercaronmi as ondas que grandes son” y más acá de la genial Rosalía, “Unha vez tiven un cravo/ no corazón cravado”, etc., en ese teatrillo, digo, la actitud fue tan positiva de la gente aceptando el primero que llegaba un papel a representar y el
público predispuesto a la aceptación y el aplauso.
Alguien comentaba a propósito del lugar lo bonito que sería restaurar el molino en vértice de las dos carreteras del valle donde podrían estar recogidos retazos de la vida e historia y una muestra de las cosas de este rincón privilegiado o con unos motivos que quieren respetar y jugar con su historia.
Artigo de Cerezo.
Páxina 27