MEMORIA DO PROGRAMA INTERVENCIÓN … · Asociación de Persoas con Diversidade Funcional Memoria...
-
Upload
phungnguyet -
Category
Documents
-
view
215 -
download
0
Transcript of MEMORIA DO PROGRAMA INTERVENCIÓN … · Asociación de Persoas con Diversidade Funcional Memoria...
Asociación de Persoas con
Diversidade Funcional
Memoria Intervención Terapéutica- Ocupacional para as persoas con discapacidade- 2014 Página 1
MEMORIA DO PROGRAMA
INTERVENCIÓN TERAPÉUTICA-
OCUPACIONAL PARA AS PERSOAS
CON DISCAPACIDADE
(2014)
Asociación de Persoas con
Diversidade Funcional
Memoria Intervención Terapéutica- Ocupacional para as persoas con discapacidade- 2014 Página 2
ÍNDICE
Páxina
1. INTRODUCIÓN………………………………………………...3
2. XUSTIFICACIÓN………………………………………………4
3. OBXECTIVOS……………………………………………….....5
4. BENEFICIARIOS/AS…………………………………………..6
5. METODOLOXÍA………………………………………………..6
6. ACTIVIDADES E TALLERES………………………………...7
7. RECURSOS…………………………………………………...11
8. TEMPORALIZACIÓN………………………………………...12
9. AVALIACIÓN………………………………………………….13
10. CONCLUSIÓNS………………………………………………14
Asociación de Persoas con
Diversidade Funcional
Memoria Intervención Terapéutica- Ocupacional para as persoas con discapacidade- 2014 Página 3
1. INTRODUCIÓN
A Xanela foi creada o día 20 de xuño de 1989 baixo o nome de “Asociación
para a integración do neno diferente”. O obxectivo no momento de crear a asociación
era o de escolarizar ós nenos que presentaban diversas discapacidades. O obxectivo
viuse cumprido pero, cando os usuarios remataban a etapa escolar, quedaban nunha
situación de desatención.
Na procura de solucionar esta situación, no mes de xaneiro do ano 2000
créase a actual “ Asociación de Discapacitados Activos A Xanela”, entidade libre e
independente, sen ánimo de lucro e de carácter voluntario.
A finalidade é coordinar e promover a defensa dos intereses das persoas con
discapacidade, có fin de conseguir a máxima atención social á problemática que
representan, e á súa integración na sociedade.
Aínda que dende a nosa asociación se teñen levado a cabo diferentes accións
orientadas a conseguir unha maior calidade de vida das persoas con discapacidade,
detéctase a necesidade de intervir dende o ámbito terapéutico co obxectivo de
capacitar ao máximo as posibilidades dos usuarios/as en todas actividades da súa
vida diaria e por consecuencia diminuír a carga de traballo e responsabilidade sobre
as tarefas de control do entorno das familias e/ ou coidadores/as principais,
mellorando a súa calidade de vida e relación coa persoa con discapacidade.
O programa de Intervención Terapéutica- Ocupacional é posible grazas a
subvención outorgada pola Deputación provincial da Coruña. Ven a complementar as
actividades que se levan a cabo na nosa asociación.
Pretendemos, deste xeito, ampliar a oferta dos nosos servizos, introducindo a
intervención terapéutica como parte fundamental do tratamento individual de cada
usuario/a.
Asociación de Persoas con
Diversidade Funcional
Memoria Intervención Terapéutica- Ocupacional para as persoas con discapacidade- 2014 Página 4
2. XUSTIFICACIÓN
A vida de calquera persoa con discapacidade depende en gran medida do
entorno que lle rodea, particularmente da provisión de apoios existentes.
A sociedade actual demanda das persoas un comportamento cada vez mais
complexo.
As situacións de independencia persoal son parte esencial do desenvolver
cotián de todos/as. Pero non todos/as estamos preparados para resolver as demandas
crecentes que a vida cotiá esixe. Neste senso, a aprendizaxe de habilidades para
resolver distintas situacións de autonomía persoal é unha das tarefas básicas dos
programas dirixidos a apoiar as persoas con discapacidade.
Cando existe un deterioro, é necesaria unha rehabilitación integral, que persiga
maximizar a autonomía da persoa con discapacidade dentro do seu medio, previr as
secuelas deste deterioro, que se poden reflectir nunha situación de exclusión social
Polo tanto, e ante esta necesidade, a Asociación de persoas con diversidade
funcional “A Xanela” pon en marcha este programa, co obxectivo de prestar un
conxunto de atención ás persoas con discapacidade no seu entorno, facilitando así, a
permanencia no seu propio medio de convivencia.
A Terapia Ocupacional é o uso terapéutico de coidados persoais, traballo e
esparexemento para aumentar á función independente, reforzar ó desenrolo e previr a
enfermidade. A profesión céntrase no desempeño funcional das actividades diarias.
A Asociación Profesional Española de Terapeutas Ocupacionais á define como
“unha profesión socio- sanitaria que a través da valoración das capacidades e
problemas físicos, psíquicos, sensoriais e sociais do individuo, pretende, con un
adecuado tratamento, capacítalo para alcanzar o maior grado de independencia
posible na súa vida diaria, contribuíndo á recuperación da súa enfermidade e
facilitando á adaptación a súa discapacidade”.
De acordo con este principio, todos os procesos que causen na persoa
calquera tipo de incapacidade no desenrolo dalgunha das áreas da súa vida serán
susceptibles de ser abordados dende a intervención terapéutica.
Asociación de Persoas con
Diversidade Funcional
Memoria Intervención Terapéutica- Ocupacional para as persoas con discapacidade- 2014 Página 5
3. OBXECTIVOS
OBXECTIVO XERAL:
O obxectivo xeral das distintas accións levadas a cabo, é colaborar no
mantemento das persoas con discapacidade na comunidade, durante o maior tempo
posible e en adecuadas condicións de saúde.
OBXECTIVOS ESPECÍFICOS
Manter o máximo nivel de autonomía posible nas Actividades da Vida Diaria
Básicas e Instrumentais da persoa con discapacidade.
Manter e/ou potenciar ás capacidades existentes.
Recuperar na medida do posible as capacidades perdidas.
Estimular ás capacidades físicas, cognitivas e sociais.
Mellorar a autoestima.
Asesorar os familiares e/ou coidadores/as da persoa con discapacidade, na
optimización da súa atención e coidados mantendo a propia saúde do
coidador/a.
Indicación, adaptación e adestramento no uso de produtos de apoio.
Asesoramento para a adaptación funcional do domicilio.
Promover a saúde e o benestar.
Elaborar e levar a cabo actividades de ocio e tempo libre.
4. BENEFICIARIOS/AS
Os beneficiarios/as do programa son 25 usuarios/as con discapacidade física, psíquica
e sensorial que forman parte da Asociación “A Xanela”, así como as súas familias.
Asociación de Persoas con
Diversidade Funcional
Memoria Intervención Terapéutica- Ocupacional para as persoas con discapacidade- 2014 Página 6
5. METODOLOXÍA
Difusión do proxecto: Elaboración de dípticos para a entidade da Xanela.
Detección e Valoración de necesidades:
A valoración da Terapeuta Ocupacional inclúe observar o estado funcional da
persoa con discapacidade así como o entorno no que desenrola todas as súas
ocupacións da vida diaria, entorno que, comprende tanto aspecto físico como o
cultural, social e familiar do individuo. A Terapeuta Ocupacional realiza unha entrevista
familiar para recoller datos sobre a situación socio- sanitaria e o grado de deterioro do
usuario/a. Fai unha valoración da situación funcional, do estado mental e do estado
afectivo do usuario/a e durante o proceso de valoración a terapeuta observa a
actuación in situ da persoa con discapacidade en lugar de aceptar simplemente a
información verbal dada pola propia persoa ou polos seus familiares e/ou
coidadores/as.
Elaboración dun plan de intervención individualizado:
Con tódolos datos obtidos a Terapeuta Ocupacional elabora un Plan de
Intervención Individualizado para cada un dos usuarios/as.
O plan está formado por un conxunto de actividades coas que pretende manter as
súas capacidades mentais o maior tempo posible, potenciar a súa autonomía e con elo
a súa autoestima, facilitar a súa interacción co entorno físico e humano, orientalo na
realidade, estimular a reminiscencia, diminuír a ansiedade e a confusión, evitar que se
desconecte do mundo que o rodea adaptándoo funcionalmente, mellorar a súa
calidade de vida e en xeral, mellorar a súa saúde.
Asesoramento para a adaptación do entorno familiar:
A terapeuta ocupacional realiza un asesoramento á persoa con discapacidade así
como ós familiares ou coidadores/as para a adaptación funcional do domicilio e en
produtos de apoio, así como adestramento das mesmas.
Asociación de Persoas con
Diversidade Funcional
Memoria Intervención Terapéutica- Ocupacional para as persoas con discapacidade- 2014 Página 7
Seguimento e Avaliación:
Lévase a cabo una valoración dos usuarios/as periodicamente por si é necesario
modificar as formas de actuación cos mesmos ou por si é posible aconsellar os
familiares sobre outro dispositivo mais conveniente á evolución da enfermidade.
Realízanse reunións coa dirección da asociación para facer un seguimento dos
casos.
Levase a cabo un proceso de avaliación continua de tódolos participantes, por
medio de instrumentos de valoración e a observación directa e indirecta.
6. ACTIVIDADES E TALLERES
Os principais programas comprendidos dentro do servizo de Terapia Ocupacional son
os seguintes:
- Taller de Estimulación cognitiva/ Psicoestimulación: Destinado a manter e/ou
estimular as capacidades cognitivas dos usuarios/as. Funciones superiores como
atención, percepción, orientación espacial, memoria, linguaxe, etc.
Actividades de Orientación á realidade, reminiscencia, atención, concentración
memoria a corto e longo prazo, cálculo, lectura e comprensión de prensa.
-Taller de Estimulación sensorial: Adestramento sensorial, por medio da
discriminación entre obxectos para que perciba o entorno como algo máis manexable
e real. Lévanse a cabo actividades de identificación e discriminación de sabores,
olores e sons; identificación de obxectos polo tacto, contacto visual...
- Taller de Habilidades Manipulativas: Actividades de rehabilitación que utiliza o
traballo manual para a reeducación e tratamento dos usuarios. Facemos traballos
manuais con distintos materiais (feltro, cartolinas, goma eva, etc.
- Adestramento e mantemento funcional das AVDs: trátase de actuacións dirixidas
a desenrolar e manter o grado funcional adecuado para á realización das Actividades
da Vida Diaria e o coñecemento dos medios que permiten maximiza-la autonomía
persoal do usuario/a.
Asociación de Persoas con
Diversidade Funcional
Memoria Intervención Terapéutica- Ocupacional para as persoas con discapacidade- 2014 Página 8
AVD Básicas: Aseo e hixiene persoal, alimentación, vestido, mobilidade...
AVD Instrumentais: Uso do teléfono, Coidado da roupa, coidado do fogar,
cociña, manexo do diñeiro, ir de compras, uso de medios de transporte,
responsabilidade respecto a súa medicación e uso de internet.
- Adaptación ambiental e Produtos de Apoio. Accións ou dispositivos destinados a
asisti-las persoas con algún tipo de discapacidade en determinadas tarefas, para
consegui-la maior autonomía posible. Tamén poden ser preventivos (por exemplo:
colchón antiescaras). Polo tanto, mediante este programa pretendese dotar de maior
capacidade funcional e independencia ao usuario, adaptando o medio, as ferramentas
e instrumentos de uso frecuente as súas circunstancias persoais, para la realización
das tarefas cotiáns. As accións levadas a cabo, entre outras son:
Realización de prescrición e adestramento no uso de produtos de apoio.
Adaptación do entorno, as ferramentas, os materiais e as actividades.
- Psicomotricidade: Accións destinadas a favorecer o desenvolvemento e a expresión
en relación co seu entorno, a través de exercicios destinados ao movemento.
- Musicoterapia: Esta actividade realizouse unha hora á semana, empregando a
música con obxectivos terapéuticos, como son a restauración, mantemento e
acrecentamento da saúde tanto física como mental, emocional, social e cognitiva.
- Risoterapia: As actividades levadas a cabo buscan o obxectivo de eliminar, a través
da risa, bloqueos tanto físicos como emocionais, así como conseguir un clima de
alegría.
- Laborterapia: A selección e adaptación dos talleres e actividades realizáronse en
función das capacidades, necesidades e desexos dos usuarios, de modo que
poidamos influír positivamente sobre a súa capacidade funcional, motivación,
autoestima e dignidade.
Realizamos actividades de habilidades manipulativas como a elaboración de velas,
cadernos decorados mediante a técnica de decoupage , manualidades feitas con feltro
e goma eva, etc.
Asociación de Persoas con
Diversidade Funcional
Memoria Intervención Terapéutica- Ocupacional para as persoas con discapacidade- 2014 Página 9
- Ocio e tempo libre: Actividades destinadas a fomentar a diversión e o gozo do ocio
e tempo libre, potenciando todas aquelas habilidades sociais que favorecen unha
adecuada integración no tempo de ocio.
As dinámicas empregadas tiveron como obxectivo principal fomentar as relacións de
compañeirismo, traballando e cultivando os valores que a convivencia do grupo
precisa.
Leváronse a cabo saídas como a visita ao belén de Begonte e a casa museo de Victor
Corral en Baamonde (lugo).
- Ximnasia: Leváronse a cabo diversas sesións cunha hora de duración nas que se os
usuarios/as realizaron exercicios, entre outros, aeróbicos, de forza, ton, coordinación,
lateralidade e relaxación.
7. RECURSOS
PERSOAIS
Terapeuta Ocupacional.
Educadora Social.
Persoal Voluntario.
MATERIAIS
Material para terapia cognitiva e terapia individual:
- Periódico, carpetas, caixas de témperas, ceras de cores, lapis, sacapuntas,
pegamento de barra, folios, cadernos, gomas, afialapis, clips, ordenadores,
tablet, cañón proxector e internet.
Asociación de Persoas con
Diversidade Funcional
Memoria Intervención Terapéutica- Ocupacional para as persoas con discapacidade- 2014 Página 10
Material para laborterapia:
- Cadernos, panos da mesa, pinceis, pintura acrílica, cola, rotuladores
permanentes, purpurina, , cartolinas, celo decorado, pegamento de contacto,
agullas, fío, feltro, goma eva, tesoiras.
Material para o adestramento das Actividades da Vida Diaria:
- Roupa, prancha, taboa de pasar o ferro, etc.
Material para Ximnasia e Psicomotricidade:
- Aros, colchonetas, bicicletas estáticas, pelotas, mancuerdas, picas, gomas
elásticas, pelotas de pilates, conos, etc.
Material de oficina, acceso a internet:
- Folios, arquivadores, bolígrafos, gomas, cartuchos impresora, teléfono e
acceso a internet.
8. TEMPORALIZACIÓN
O programa levase a cabo entre o 24 de setembro e o 31 de decembro de
2014 de luns a venres en horario de mañá de 09:00h.- 14:00h. e de tarde de 16:00h.-
19:00h.
O cronograma no que se levan a cabo as actividades é o seguinte:
Luns Martes Mércores Xoves Venres
10:00-11:00h. XIMNASIATERAPIA
INDIVIDUALIZADAXIMNASIA
TERAPIA
INDIVIDUALIZADAXIMNASIA
TERAPIA TERAPIA TERAPIA TERAPIA TERAPIA
INDIVIDUALIZADA INDIVIDUALIZADA INDIVIDUALIZADA INDIVIDUALIZADA INDIVIDUALIZADA
TERAPIA TERAPIA TERAPIA TERAPIA TERAPIA
INDIVIDUALIZADA INDIVIDUALIZADA INDIVIDUALIZADA INDIVIDUALIZADA INDIVIDUALIZADA
16:00- 17:00h. HABILIDADES HABILIDADES PSICOMOTRICIDADE TALLER MUSICOTERAPIA
17:00- 19:00h.
MANIPULATIVAS MANIPULATIVAS
RISOTERAPIA
OCUPACIONAL
OCIO E TEMPO LIBRE
11:00-12:00h.
12:00-13:00h.
Asociación de Persoas con
Diversidade Funcional
Memoria Intervención Terapéutica- Ocupacional para as persoas con discapacidade- 2014 Página 11
9. AVALIACIÓN
Establécense tres períodos de avaliación:
1. Inicial (previo ao comezo da actividade).
Valoración completa e detallada dos usuarios/as.
Planificación dos obxectivos específicos de cada usuario/a.
Cubrir las áreas de intervención a través de tratamentos individuais e
grupales.
Estudar as características persoais de los usuarios/as para poder
determinar si necesitan un tratamento individual ou grupal.
Estudar os gustos, afeccións e demandas dos usuarios/as.
Ter en conta indicacións médicas, sanitarias e sociais.
Coñecer os recursos da zona e do propio centro (persoais, materiais e
de infraestrutura).
Organizar as actividades tendo en conta un dobre obxectivo: entreter e
á vez estimular física e cognitivamente.
2. Continua (durante o desenvolvemento do programa).
A avaliación continua facilita observar o progreso dos participantes e
determinar a necesidade de planificación de novos obxectivos o
reestruturación dos existentes.
Levase a cabo un rexistro de asistencia aos talleres, rexistro diario e
mensual de actividades de cada usuario/a e rexistro mensual de cada
actividade a realizar.
3. Final. (unha vez rematadas as intervencións).
Asociación de Persoas con
Diversidade Funcional
Memoria Intervención Terapéutica- Ocupacional para as persoas con discapacidade- 2014 Página 12
Indicará o grado de cumprimento dos obxectivos propostos, e
determinará as propostas novas e futuras intervencións en caso
necesario.
Informe ou memoria final.
10. CONCLUSIÓNS
A resposta dos usuario/as da Xanela foi moi positiva, participando activamente
nas intervencións levadas a cabo, demandando todos eles a continuidade das
mesmas.
Ao oferta deste novo servizo de atención terapéutica- ocupacional aumentou o
número de usuarios/as nas actividades, xa que consideraron que se axeitaba ás
súas necesidades e demandas.
A difusión do mesmo foi levada a cabo mediante carteis publicitarios expostos
na propia asociación, nos servizos sociais do Concello de As Pontes e na emisión
dunha entrevista na televisión local onde a Terapeuta explicou os obxectivos do
programa e as actividades que ofertamos.
Por todo o sito anteriormente, consideramos como punto importante a
continuidade do programa para así poder acadar os obxectivos formulados a curto
e longo prazo e poder dotar á asociación a Xanela de material terapéutico axeitado
para as intervencións.
Asociación de Persoas con
Diversidade Funcional
Memoria Intervención Terapéutica- Ocupacional para as persoas con discapacidade- 2014 Página 13
Esta memoria final do Programa de Intervención Terapéutica- Ocupacional para
persoas con discapacidade foi elaboradas polas profesionais responsables das
intervención e actividades levadas a cabo.
E para que así conste, asinan a mesma en As Pontes, a 12 de Xaneiro de 2015 .
Sabela Gómez Villar Tania Pardo Cabarcos
Terapeuta Ocupacional Educadora Social