Memoria Tor 2014
-
Upload
encarna-lago -
Category
Art & Photos
-
view
108 -
download
6
Transcript of Memoria Tor 2014
Museo Pazo de Tor
1
MEMORIA 2014 MUSEO PAZO DE TOR, REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL DE LUGO
Museo Pazo de Tor
2
ÍNDICE
LIMIAR___________________________________3
ESTADÍSTICA ANUAL DE VISITANTES_______________4
CRONOLOXÍA____________________________________7
PROGRAMA DIDÁCTICO____________________________11
Programa de visitas e actividades Escolares_______11
Obradoiros de Primavera______________________17
Obradoiros de Verán___________________________22
Obradoiros de Nadal_____________________________27
SEMANA DOS MUSEOS___________________________________33
PROGRAMA DE ACCIÓN SOCIAL_____________________________37
Día Internacional das Persoas con Discapacidade__________37
Álbum da Memoria Compartida__________________________40
PROGRAMA DE ACCIÓN CULTURAL ANUAL__________________________43
Culturas en Díalogo LUGO-ARXENTINA________________________43
Proxecto Naturea e Emigración_________________________________47
CONFERENCIAS E RELATORIOS_______________________________________52
VI Congreso Galego de Cruceiros________________________52
Revista nº2 A Voz dos Lemavos_________________________54
PROGRAMA DE EXPOSICIÓNS__________________________________59
Exposicións O APÓSTOL RIVERA, F. Yáñez___________________59
Exposición Arte de ser Muller 5.0_____________________62
Exposición PEIXES DE TINTA, E Bernández,E Fuentes_____64
Exposición sobre PATRIMONIO COMPARTIDO___________66
Exposición (micolóxica) NATUREZA EN TOR_________________68
PROGRAMA DE CONCERTO____________________________________69
Concerto de Espazos Sonoros__________________________69
Concerto 8º Cumpreanos do Museo Pazo de Tor_________70
PROGRAMA CINE E TEATRO_____________________________71
RODAXE DE A ESMORGA____________________71
PROGRAMA DE COLECCIÓNS___________________74
PERSONAL MUSEO PAZO DE TOR_______________76
PROGRAMA ARQUITECTÓNICO________________77 EQUIPO MUSEO PAZO DE TOR________________78
Museo Pazo de Tor
3
LIMIAR
O Pazo de Tor é unha fermosa mostra da arquitectura pacega
galega. Presenta unha colección musealizable que transmite a vida da
fidalguía galega a visita ó Pazo de Tor non só permite coñecer de
primeira man unha das máis importantes mostras da arquitectura
pacega galega, permite tamén coñecer integramente todas as salas e
dependencias do mesmo, co seu mobiliario orixinal e coas coleccións
artísticas que a familia foi atesourando ó longo dos séculos, un
testemuño privilexiado do modo de vida da nobreza na Galicia da
Idade Moderna. As coleccións tamén que alberga o Museo Pazo de Tor
tamén de tipo etnográfico que van desde a época castrexa ata a época
actual. As salas do Museo Pazo de Tor tamén son espazos expositivos
e de intervencións artísticas de diversas de obras contemporáneas,
sendo incluso centro de convivencia e traballo de artistas de todas as
disciplinas. A laboura didáctica está presente ao longo de todo o ano.
O Museo Pazo de Tor dispón dunha aula didáctica que serve de taller
de aprendizaxe tendo como soporte material e documental o Pazo de
Tor, estas actividades son complementadas con diversos actos de
efemérides, actuacións musicais, teatrais. É por elo que o Museo Pazo
de Tor segue a ofrecernos un sinfín de posibilidades para aprender,
imaxinar, compartir e disfrutar.
Museo Pazo de Tor
4
ESTADÍSTICA ANUAL DE VISITANTES.
= 7601 visitantes.
Museo Pazo de Tor
5
0
200
400
600
800
1000
1200
1400
1600
Gráfico comparativo visitantes ano 2013-14
2013
2014
0
200
400
600
800
1000
1200
1400
1600
91 167
510 638
1117
523
725
1497
799
494 588
452
POR MESES ANO 2014
60 887
723 933
806 2341
1851
0 500 1000 1500 2000 2500
POR DÍAS DE SEMANA ANO 2014 Domingo Sábado
Venres
Xoves
Mércores Martes
Museo Pazo de Tor
6
824; 11%
248; 3%
144; 2%
255; 3%
1063; 14%
3394; 45%
1673; 22%
POR IDADES ANO 2014
0-10
11-14
15-18
19-25
26-40
41-65
66-
0
500
1000
1500
2000
2500
381
2006 2099
138 22
157 9 20 26
241 356
29 100
22
451
8 0 6 125 124
POR PROCEDENCIAS
LUGO CIDADE LUGO PROVINCIA GALICIA
ANDALUCÍA ARAGÓN ASTURIAS
BALEARES CANARIAS CANTABRIA
CATALUÑA CASTILLA LEÓN CASTILLA LA MANCHA
EUSKADI EXTREMADURA MADRID
MURCIA NAVARRA LA RIOJA
VALENCIA EXTRANXEIROS
Museo Pazo de Tor
7
PROGRAMACIÓN RESULTANTE 2014
GRUPOS– VISITAS ESCOLARES - OBRADOIROS- INT. ARTÍSTICAS –
EXPOSICIÓNS – CONFERENCIAS
- Febreiro.
22/02/2014 Grupo Adultos. Asturias.
22/02/2014 Grupo Adultos. Grove
23/02/2014 Grupo Adultos. Moaña
15/02/2014 Obradoiros de Pequeamigos. As Lupercalias
Romanas.
22/03/2013. Obradoiros de Pequeamigos e Club Senior.
“Entroido. Os Mecos”.
- Marzo.
6/03/2014. Inauguración Exp. “Arte de ser muller nun mundo
por compartir 5.0”
13/03/2014. Rodaxe A Esmorga.
14/03/2014 Rodaxe A Esmorga.
17/03/2014 Rodaxe A Esmorga.
18/03/2014 Rodaxe A Esmorga.
19/03/2014 Rodaxe A Esmorga.
22/03/2014 Grupo Adultos. Balneario Augas Santas.
22/03/2014 Obradoiros Pequeamigos. “Día Internacional da
Árbore”.
27/03/2014 Grupo Escolar. CEIP. Taboada.
- Abril.
6/04/2014. Inauguración Exp. “Patrimonio Compartido”
(Galicia – Arxentina)
6/04/2014. Obradoiro Club Senior. “Mateada no Museo Pazo
de Tor”.
9/04/2014. Grupo Escolar. CEIP Torre de Lemos.
10/04/2014. Grupo Adultos. Pantón.
11/04/2013 Inauguración Exp. Apóstol Ribera. F. Yáñez
Museo Pazo de Tor
8
19/04/2014 Grupo Escolar. CEIP. Vila de Arenteiros
26/04/2014. Obradoiros Pequeamigos. “Cocendo a Historia”.
30/04/2014. Grupo Escolar CEIP de Samos.
- Maio
1/05/2014. Grupo Adultos. Asc. STA. Eulalia de Vilagarcía.
3/05/2014. Obradoiros Pequeamigos. Xogos de Personaxes
Rede de Historias. “Criados e Señores”
8/05/2014. Grupo Escolar. IES. A RÚA.
11/05/2014 Grupo Escolar. CEIP A Milagrosa (LUGO)
11/05/2014 Grupo Adultos. Asc. AMIGOS DOS MUSEOS DE GALICIA.
(Org. Felipe Senén)
17/05/2014 Grupo Adultos. Operador Galitur (Asc. Veciñal).
17/05/2014 Grupo Adultos. USC. Alumnos de Empresa (prácticas)
17/05/2014 Inauguración Exp. “GASTROMODA”.
17/05/2014 Letras Galegas / “Noite dos Museos”.
18/05/2014 DIM. Actos do Día Internacional dos Museos
18/05/2014. Grupo Adultos. Universidade de A Coruña.
18/05/2014. Grupo Adultos. Visita Asc. Cultural (Santiago).
18/05/2014. Grupo Adultos. Asc. Amas de Casa de Vilalba.
22/05/2014. Grupo Adultos. Organismo. Actividade do
Consello Regulador Ribeira Sacra.
24/05/2014. CONFERENCIA. Revista Oral nº2 A Voz dos
Lemavos.
31/05/2014. Obradoiro Pequeamigo. “Da Rapa ao tecido da lá
de Ovella”
- Xuño.
7/06/2014. Grupo Adultos. Asc. Veciños de Friol.
7/06/2014. Grupo Adultos. Penitenciario de Bonxe
7/06/2014. Grupo Escolar. CEIP. ILLA VERDE. (ANPA ILLA
VERDE de Lugo).
8/06/2014. Grupo Adultos. Asc Cultural Rosa Dorada (Asturias)
14/06/201. Grupo Adultos. Operador Turísitico, Mundo Galaico.
17/06/2013 Grupo Escolar. CEIP. Divino Maestro (LUGO)
- Xullo.
Museo Pazo de Tor
9
10/06/2014 Obradoiro Pequeamigos. “Facemos unha Peza de
Coiro”
13/07/2014. Grupo Adultos. Asc. Veciñal de O Corgo.
13/07/2014. Acto-Actividade. 8º Aniversario Pazo de Tor.
Concerto (Fado Galego-Portugués) Artistas: Iria Estévez e
Gonzao Piña.
19/07/2014. Grupo Adultos. Asc. Cultural dos Museos de Asturias.
22/07/2014. Obradoiros Pequeamigos. “Reproducións de
Pezas Arqueolóxicas”.
23/07/2014. Obradoiros Pequeamigos. “Reproducións de
Pezas Arqueolóxicas”.
24/07/2014. Obradoiros Pequeamigos. “Reproducións de
Pezas Arqueolóxicas”.
25/07/2014. Obradoiros Pequeamigos. “Reproducións de
Pezas Arqueolóxicas”.
- Agosto.
8/08/2014. Grupo adultos. Asc. Cultural Crisanto de Lugo.
10/08/2014. Grupo adultos. Asc. Cultural de Oviedo.
10/08/2014. Grupo adultos. Asc Cultural Barbante
19/08/2014. Obradoiros Pequeamigos. “A miña 1ª Pelicula da
Rede Museísitca Provincial de Lugo (sen cámara)”
26/08/2014 Grupo Adultos. Asc. Cultural de O Bolo de Ourense
28/08/2014 Grupo Adultos. Pazo das Muras (procedencia de Madrid)
30/08/2014 Grupo Adultos. Asc. Veciños Santalla de Rey.
- Setembro.
14/09/2014. Grupo Adultos. Asc. Veciñal de Santander
18/09/2014. Grupo Adultos. Fundación Caixa Galicia
20/09/2014. Grupo Adultos. Asc. Veciñal de Asturias
21/09/2013 Grupo Escolar e Adultos. Actividade. “Sentido e
Sensibilidade”. Asc. Down Lugo.
25/09/2014. Grupo Adultos. Asc. Cultural Castro Ribeirs de Lea
27/09/2014. Grupo Adultos. Asc. Xermar (COSPEITO)
27/09/2014 Obradoiros Pequeamigos. “O Tempo no Tempo”
28/09/2014. Grupo Adultos. Asc. Amas de Casa de A Contú.
Museo Pazo de Tor
10
- Outubro
08/10/2014. Grupo Adultos. Georgian Grup. (UK-EEUU).
11/10/2014. Grupo Adultos. Asc. Veciñal de Vigo.
11/10/2014. Grupo Adultos. Universiade de Vigo.
12/10/2014. Grupo Adultos. Asc. Veciñal de Pontevedra.
18/10/2014. “Espazos Sonoros”. Conferencia e Concerto de
música clásica.
19/10/2014. Grupo Adultos. Operador Turísitco. Serviocio Ourense.
- Novembro
2/11/2014. Grupo Adultos. Balneario de Augas Santas.
4/11/2014. Grupo Adultos. Asc Cultural de Luanca. Asturias
7/11/2014. Grupo Adultos. Asc. Micolóxica Os Lactouros.
7/11/2014. Montaxe e exposción de cogomelos de Tor
11/11/2014. Grupo Adultos. Balneario Augas Santas.
15/11/2014. Grupo Adultos. Asc. Camiño de Santiago de Oviedo.
15/11/2014 Congreso Galego de Cruceiros.
15/11/2014 Congreso Galego de Cruceiros.
25/11/2014. Grupo Escolar. CEIP. López Suárez de Escairón.
28/11/2014. Grupo Adultos. Balneario Augas Santas.
29/11/2014. Grupo Adultos. Asc. Adelleos.
- Decembro.
7/12/2014. Grupo Adultos. Asc. Veciños (Ferrol)
12/12/2014. Grupo Escolar. CEIP López Suárez de Escairón.
Actividade: “Historia a Través dos Pergameos”. “Sentido e
Sensibilidade”
20/12/2014 Inauguración Exp. “Gyotaku. Peixes de tinta”
27/12/2014. Obradoiros Pequeamigos. “Un Soño dun tal
Pilates”
27/12/2014. Obradoiros Club EI! e Club Senior.”A túa palabra
o noso soño” “Armonía entre o Soño e os Soños”.
Museo Pazo de Tor
11
PROGRAMA DIDÁCTICO.
Presentado o programa de actividades escolares para o curso 204-
2015 nos museos da Rede Museística.
Mario Outeiro, deputado delegado da área de Cultura e Turismo, xunto á
xerente da Rede Museística, Encarna Lago, e a directora do MPLugo, Aurelia
Balseiro, presentaron o Programa de Actividades Escolares que se
desenvolveu nos catro museo integrados na Rede Museística da Deputación
de Lugo durante o curso 2014-2015. Este programa foi e vai dirixido a
todos os centros escolares de Galicia, con actividades adaptadas aos
diferentes ciclos, desde E. Infantil ata BAC.
_____Comezou o curso escolar 2014-2015 e, outro ano máis, a Rede
Museística presentou un actualizado programa educativo, deseñado e
pensado para todas as etapas educativas coa pretensión de seguir
ofrecéndolle á comunidade escolar experiencias didácticas co fin último de
coñecer, comprender, valorar e gozar das coleccións e espazos que
conforman parte do patrimonio histórico artístico e cultural da provincia de
Lugo.
Dende a Rede Museística, en sintonía coas novas formulacións da
museoloxía social, seguimos apostando por un modelo didáctico que pon en
valor a aprendizaxe activa, participativa e emocional; creando en cada visita
unha experiencia vivencial, agradable e memorable. A proposta educativa
persegue formar o alumnado en estratexias de aprendizaxe autónomas,
Museo Pazo de Tor
12
capaces de construír o seu propio pensamento crítico, non só sensible á arte
senón cara ao noso pasado para poder intervir no presente e soñar un
futuro.
Actividades deseñadas e elaboradas polo equipo dos departamentos de
didáctica do Museo Provincial de Lugo (Lucía Dequidt Lagares, Raquel
Guerrero Prieto, Mª Anunciación Losada Montenegro, José Manuel Mendoza
Castiñeira e Paula Salinas Somoza), do Museo Fortaleza San Paio de Narla
(Francisca Abuín e Ana Ferro), do Museo Provincial do Mar (Ángeles
Miguélez e Amelia Pernas), e do Museo Pazo de Tor (Tar López e Silvia
Fiallega Lorenzo). Faremos mención, na presente memoria, únicamente das
actividades desenvoltas ou con posibilidade de selas no Museo Pazo de
Tor.
PROGRAMA
A oferta de actividades dirixida aos centros educativos presenta 4 grandes
bloques temáticos que van ser o eixe estrutural da nosa intervención
didáctica.
Os bloques son complementarios uns cos outros e perseguen construír un
corpus estrutural:
___Bloque 1: CREA O TEU MUSEO Que é un museo? Un museo é un lugar
onde se conserva, expón e difunde o patrimonio artístico e cultural. Pero un
museo é tamén un espazo que lle pertence a toda a comunidade, un espazo
para soñar e facer das ilusións a nosa realidade. Como che gustaría que
fosen os nosos museos? Que che gustaría que contivesen os nosos
museos?
Dende a Rede Museística abrimos as nosas portas e invitámoste a que
entres e crees o teu museo a partir do diálogo coas nosas coleccións e cos
profesionais que nel traballan, nunha experiencia emocional e creativa.
A través das obras de arte podemos descubrir lugares reais e espazos
imaxinados polos artistas. Podemos viaxar ao noso pasado a través das
pezas arqueolóxicas e incluso descubrir as historias máis extraordinarias
dos deuses gregos. No museo podemos dialogar cos artistas, descubrir os
seus soños e anhelos. No museo podemos comunicar ideas.
Para isto, invitámoste a que coñezas as nosas coleccións e a importancia do
Museo Pazo de Tor
13
traballo que realizan os diferentes profesionais. Obradoiro
A actividade inclúe un obradoiro deseñado para traballar de maneira
creativa a construción do seu propio museo a partir dun material que lle
será entregado a cada escolar composto por: unha caixa-museo,
fotografías, imaxes deseñadas, etc.
Ciclos/cursos: 3º, 4º, 5º e 6º de E. Primario. 1º ciclo da ESO
Duración estimada da actividade: 60 minutos
Esta actividade pódese realizar nos catro museos da Rede.
___Bloque 2: O MUSEO COMO RELATOR DE HISTORIAS
Catálogo de visitas abertas segundo os diferentes contidos que ofrecen as
coleccións e seccións dos museos da Rede Museística.
Esta proposta didáctica, que xa foi iniciada en anos anteriores, quere
ampliar a súa oferta e implicar a todas as seccións do museo susceptibles
de ser visitadas, entendendo o museo como relator de historias. Nesta
proposta aberta, pretendemos utilizar unha metodoloxía activa de forma
que sexan os propios escolares os que constrúan o significado ante as pezas
e obras de arte. Son experiencias nas que se pretende ensinar a ver e gozar
da arte e coa arte a través dun discurso narrativo que se crea coas obras de
arte. Con este diálogo, preténdese potenciar a observación e a reflexión
sobre as pezas e estimular o diálogo sen medo a formar unha opinión crítica
e persoal. Un diálogo que se combina con información sobre o artista ou o
período histórico, necesario, para completar a visión da obra e
contextualizala.
As coleccións presentes nos museos son susceptibles de estruturarse en
contidos segundo os intereses dos visitantes e pódense exemplificar nas
seguintes experiencias: rutas literarias, a arte do vestido, a historia da
moeda, descubrindo a escultura, epigrafía romana, ruta franciscana,
cerámica de Sargadelos e … un longo etcétera. Con esta nova formulación,
preténdese facilitar a asimilación da información co fin de comprender e
achegarse mellor ás coleccións que atesouran os catro museos da Rede. Os
contidos temáticos son tamén un xeito atractivo para o alumnado de
presentar a información e acadar a motivación e a súa atención dende o
primeiro momento da visita.
Ciclos/cursos: 3º, 4º, 5º e 6º de E. Primaria.
Museo Pazo de Tor
14
Duración estimada da actividade: 60 minutos
Esta actividade pódese realizar nos catro museos da Rede.
___Bloque 3: O MUSEO COMO RETROVISOR HISTÓRICO
Esta proposta nace coa finalidade de capacitar o alumnado para interpretar
vestixios do pasado e analizar a súa importancia no desenvolvemento da
nosa cultura.
Ciclos/cursos: 4º, 5º, 6º de E. Primario. ESO
Duración estimada da actividade: 60 minutos
Esta actividade pódese realizar nos catro museos da Rede.
___Bloque 4: VIAXES POLOS MUSEOS DA REDE
SAFARI NA REDE
Metodoloxía: Percorrido buscando animais representados en distintas obras
expostas no Museo. Logo da busca, podemos xogar a agrupar os animais
localizados segundo sexan de pelo ou de pluma, de terra ou de aire,
mamíferos, etc. Remataremos a actividade completando un álbum cos
cromos correspondentes aos animais avistados durante o safari.
Ciclos/cursos: Educación Infantil, 1º,2º, 3º de E. Primario.
Duración estimada da actividade: 60 minutos.
Esta actividade pódese realizar nos catro museos da Rede.
VIAXE POR UN CADRO
Metodoloxía:. Metémonos dentro dun cadro e sen ver o que ven os que
miran de fronte temos que descubrir de que obra somos personaxes.
Descubriremos figuras, formas e símbolos dalgunhas obras pictóricas
expostas no museo.
Ciclos/cursos: 5º, 6º de Educación primaria e 1º de ESO
Duración estimada da actividade: De 70 a 80 minutos.
Esta actividade pódese realizar nos catro museos da Rede.
VIAXE NO TEMPO NO PAZO DE TOR A TRAVÉS DOS PERGAMEOS
Metodoloxía: Partindo dos fabulosos e diversos fondos de pergameos que
atesoura o Pazo de Tor (Museo, arquivo e biblioteca) faremos unha viaxe no
Museo Pazo de Tor
15
tempo tendo como fío condutor o pergameo. Pasando pola escritura,
debuxo e outros fins diversos. Trataremos de viaxar a ese pasado
repasando, como aprendices artesáns, os diferentes procesos técnicos na
produción do pergameo e na súa escritura e o gravado.
Ciclos/cursos: E. Primario e ESO.
Duración estimada da actividade: de 60 a 90 minutos.
Esta actividade pódese realizar no Museo Pazo de Tor (Monforte).
SENTIDO E SENSIBILIDADE, A VIAXE DOS SENTIDOS POLO PAZO DE
TOR
Metodoloxía: Mergullarémonos no pasado pescudando entre as pezas e as
estancias do pazo, tratando de captar os misterios e sensacións que
envolven o noso museo. Xogo de probas no que os sentidos xogan un papel
esencial para o coñecemento do museo desde dentro. O museo constituirá o
noso panel de xogo, cada estancia será unha casiña a percorrer na nosa
viaxe, iremos facendo paradas para desenvolver as diferentes probas do
xogo: de memoria, de sons, de mímica, de coñecementos, de idiomas
Ciclos/cursos: E. Primario e ESO.
Duración estimada da actividade: de 70 a 90 minutos.
Esta actividade pódese realizar no Museo Pazo de Tor (Monforte).
_____CONCERTACION DE VISITAS
Coa finalidade de responder ás necesidades do novo programa escolar
2014/2015 foi necesario ofrecer un servizo de concertación de visitas máis
personalizado onde poder manter unha conversa sobre o tipo de visita que
se quere concertar tendo en conta as características do grupo e o bloque
temático da programación.
No transcurso de ditas actividades poderanse realizar vídeos e fotografías
que logo se poderán exhibir nas canles dixitais das que dispón a Rede
Museística, para o que o profesorado terá que traer o permiso de protección
de imaxe de cada nena e neno asinado pola nai, pai ou titor legal.
SENTIDO E SENSIBILIDADE, A VIAXE DOS SENTIDOS POLO PAZO DE TOR
VIAXE NO TEMPO NO PAZO DE TOR A TRAVÉS DOS PERGAMEOS
Museo Pazo de Tor
16
Museo Pazo de Tor
17
OBRADOIROS. CLUBE PEIQUEAMIGOS, CLUBE EI!,
CLUBE SENIOR
CLube Pequeamigos da Rede: Programa de
actividades para o período marzo-maio 2014 no
Museo Pazo de Tor.
O deputado delegado da área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo,
Mario Outeiro, e a xerente da Rede, Encarna Lago, presentaron a
programación de actividades e obradoiros para o Clube Pequeamigos da
Rede no período marzo-maio 2014. O prazo de inscrición estará aberto
desde o martes 11 ao venres 21 de febreiro.
Un museo é un espazo onde nos reflectimos nós mesmo e a Rede
Museística Provincial de Lugo trata de facelo a través dos seus contidos e
das súas experiencias pedagóxicas proxectándoas aos distintos colectivos
da sociedade.
A programación que presenta vai dirixida ao Clube Pequeamigos da Rede e
foi deseñada coma unha proposta conformada por diversos obradoiros, cos
que se pretende un achegamento das nenas e nenos aos catro museos da
Rede e ás súas coleccións.
Queremos que as xeracións do futuro aprendan, respecten e coñezan o
noso patrimonio, como medio e como ferramenta para a súa formación, así
como para o conxunto da sociedade. É dicir, museos onde a historia
Museo Pazo de Tor
18
convértese en experiencias didácticas, vivenciais e lúdicas, un museo de
historias por descubrir e compartir.
A programación foi trimestral para os meses de marzo, abril e maio e os
Obradoiros foron elaborados para dar resposta aos seguintes principios:
1. SIMPLICIDADE. Un valor que define as actividades seguindo a filosofía de
obter satisfacción persoal ao realizar algo por un mesmo.
2. PARTICIPACIÓN. Fomento das actitudes proactivas que estimulan a
creatividade individual e colectiva.
3. COLABORACIÓN. Propostas colaborativas que fomentan o traballo en
equipo.
4. DEDUCIÓN. Dinámicas que nos permitan aprender da nosa propia
experiencia
5. DIVERSIÓN. O xogo como instrumento clave para o desenvolvemento
integral.
6. EMOCIÓN. A importancia da emoción e o abraio na arte de medrar.
7. COÑECEMENTO. Todas as actividades propostas neste programa
potencian novas capacidades cognitivas:
a. Aprender a coñecer
b. Aprender a ser
c. Aprender a vivir xuntos
d. Aprender a facer
Impartidos por: Encarna Lago (Xerente Rede Museística), Raquel Guerrero,
Lucía Dequit, María Montenegro, Paula Salinas, José Manuel Mendoza, Alba
Gorgoso, Nieves Neira, Cristina Sánchez, Francisca Abuín, Ana Ferro, Jesús
González, Tar López, Silvia Fiallega, Juan Ignacio Márquez Barros, Ángeles
Miguélez e Amelia Pernas
Museo Pazo de Tor
19
PROGRAMA: Museo Pazo de Tor
AS LUPERCALIAS ROMANAS. Obxectivo: Coñeceremos as orixes da festa de
S. Valentín e celebraremos esta data dedicada á amizade e ao amor
creando mensaxes.
Idades: de 4 a 14 anos.
Data: 15 de febreiro.
Horario: de 12 a 13:30 h.
OS MECOS DE ENTROIDO: OS COMPADRES E AS COMADRES. XOGAMOS
COS ROLES DE XÉNERO
Obxectivo: Usaremos as figuras dos Compadres e das Comadres,
tradicionais do Entroido de Lemos, para traballar os roles de xénero.
Data: 22 de febreiro.
CELEBRAMOS O DÍA INTERNACIONAL DA ÁRBORE
Obxectivo: Coincidindo coa entrada da primavera no noso hemisferio, o 21
de marzo, celébrase o Día Forestal Mundial, para recordarnos a importancia
das árbores para o noso ecosistema e para a vida humana. Plantaremos
unha árbore para lembrar a importancia de respectar a natureza.
Idades: actividade familiar.
Data: 22 de marzo.
Horario: de 12 a 13:30 h.
Museo Pazo de Tor
20
A LÁ EN TOR: DA RAPA Ó TECIDO
Obxectivo: Levar a cabo o proceso de conversión da lá en tecido, desde a
rapa ata o urdido.
Idades: Todas a idades.
Data: 24 de maio.
Horario: de 12 a 13:30
Museo Pazo de Tor
21
COCENDO A HISTORIA: DA CASTAÑA Ó MILLO. COCEMOS PAN DE
CASTAÑAS, CENTEO, MILLO E TRIGO Obxectivo: Analizar as diferentes
evolucións dos cereais e froitos secos para facer o pan ao longo da historia
Idades: Todas as idades.
Data: 26 de abril.
Horario: de 12 a 13:30 h.
XOGO DE PERSONAXES: REDE DE HISTORIAS, XOGO DE ROL: CRIADOS E
SEÑORES
Obxectivo: Encarnar as diferentes personaxes que podían vivir nun pazo, e
procuraremos reflectir as diferenzas sociais existentes entre os señores e os
seus serventes na súa vida cotiá.
Idades: de 4 a 14 anos.
Data: 3 de maio.
(» + INFO NO BLOG dos Departamentos de Didáctica dos museos da Rede
Museo Pazo de Tor
22
OBRADOIROS DE VERÁN
VERÁN 2014: Programa de Obradoiros e Actividades no Museo
Pazo de Tor
Mario Outeiro, deputado delegado da área de Cultura e Turismo da
Deputación de Lugo, xunto coa xerente da Rede Museística, Encarna Lago,
presentaron o Programa de Obradoiros e Actividades para o VERÁN 2014.
Co seguinte programa de actividades.
_____ PROGRAMA DE OBRADOIROS E ACTIVIDADES
Vive o verán! Os días de xullo e agosto son diferentes e máis luminosos,
xeralmente alleos a rutinas e maioritariamente de folganza e relax.
Viaxamos, paseamos, descansamos e tratamos de recuperar forzas e
enerxía para a seguinte xeira escolar ou de traballo.
Desde os museos da Rede Museística intentamos que o teu verán sexa,
ademais de entretido e divertido, proveitoso. A tal fin elaboramos un
amplísimo programa de actividades pensadas para todas as idades, desde
os 4 aos 1.300 anos (de darse o caso) para que ninguén quede á marxe das
propostas que os nosos museos poden ofrecer. Obradoiros para que se
exprese a túa capacidade creativa, sexa cal sexa a técnica que máis che
poida interesar (pintura, escultura, gravado, musivaria, fotografía,
muralismo, ourivería, música, cine …), campamentos de arqueoloxía para
que experimentes a emoción da descuberta do pasado aínda oculto,
traballos manuais para conseguir elaborar fermosas prendas ou obxectos,
desde un mosaico ata un abano. Tamén temos actividades arredor da
Museo Pazo de Tor
23
gastronomía e alimentación, ou para a aplicación de diferentes tecnoloxías
que nos van permitir coñecer mellor o medio e o mundo no que vivimos e
como, se for preciso, podemos influír para cambialo. Para elaborar este
amplo programa que puxemos tivemos en conta as propostas dos membros
dos clubs da Rede Museística, desde os máis cativos de Pequeamig@s, os
mozos e mozas do Club Ei! ata os máis veteranos do Club Sénior. Todos
eles e elas participan ao longo do ano en múltiples actividades nos museos
da Rede e do seu compromiso e experiencia aprendemos que os museos
son motores activos imprescindibles para o desenvolvemento social e
cultural das comunidades. Desde a área de Cultura e Turismo da
Deputación de Lugo e a través dos museos integrados na Rede Museística
adquirimos o compromiso de servir á nosa sociedade, de usar os fondos que
custodiamos para proveito de todos e todas. Por iso cada un dos catro
museos integrados na Rede Museística ten un programa específico,
adaptado ás especificidade dos seus fondos e dos grupos ou colectivos
interesados. Unha proposta, en definitiva, que atraia tamén aos que non
teñen o hábito de visitarnos e para que á volta do estío digan connosco:
Viva o verán!
_____MUSEO PAZO DE TOR
1.-Facemos unha peza de coiro
Neste obradoiro tratouse de explicar a importancia do coiro como materia
prima esencial para a elaboración de moitos dos obxectos da vida cotiá na
Idade Moderna, como o calzado, bolsas, arreos dos animais, etc. Como
mostra realizaremos unha bolsa de moedas.
Data: 10 de xullo.
Horario: de 12:00 a 13:30 h.
Idades: de 4 a 14 anos
Museo Pazo de Tor
24
2.-Reproducións de pezas arqueolóxicas
Escavar, buscar, investigar, reconstruír e recompoñer, paso a paso o
obxecto desde a escavación. Se achega a vitrina o obxecto vello, estragado,
antigo. Toma nova forma coas reproducións e móstrase agora como un
elemento vivo. De paso, recuperamos as antigas técnicas dos nosos
devanceiros.
Data: 22, 23, 24 e 25 de xullo.
Horario: de 12:00 a 13:30 h.
Idades: de 8 a 12 anos
Prazas: 15 asistentes, por orde de inscrición.
Museo Pazo de Tor
25
3.-A miña primeira película (sen cámara) da Rede Museística
Cine sen cámara ou animación directa é un proceso que reproduce con
grande exactitude os impulsos físicos individuais do artista: as imaxes
artesanais reflicten a vibración dos dedos, as variacións de presión, os
ritmos internos externados.
Data: 19 de agosto
Horario: de 12.00 a 13:30 h
Idades: de 6 a 12 anos
Prazas: 20 asistentes, por orde de inscrición.
O tempo no tempo: novos obradoiros do Club
Pequeamig@s da Rede Museística
Baixo a denominación “O tempo no tempo” os museos da Rede Museística
convocaron novos obradoiros arredor dun tema tan suxestivo como é o do
tempo e os sistemas e aparellos que permitiron a súa medición ao longo do
“tempo”.
Museo Pazo de Tor
26
A través das coleccións de reloxos existentes nos museos da Rede
Museística Provincial podemos observar a importancia de medir o tempo en
diversas épocas, centrándonos nas coleccións de reloxos de sol e de peto
dispostas no Museo Provincial de Lugo e no Museo Pazo de Tor. Estes
obradoiros desenvolvéronse entre o 22 de setembro e o 3 de outubro no
MPLugo, e o 27 de setembro no Museo Pazo de Tor, achegamos a memoria
desta última.
MUSEO PAZO DE TOR
Prazo de e lugar de inscricións: foi desde o 15 ao 26 de setembro,
departamento de Didáctica do Museo Pazo de Tor
Obradoiro: O tempo no tempo.
Comprender o funcionamento dos diversos reloxos e a necesidade, en toda
as épocas, da súa utilización.
Idades: de 4 a 12 anos
Quendas: 27 de setembro
Horario: de 11:00 a 14:00 h.
Museo Pazo de Tor
27
OBRADOIROS DE NADAL
NADAL 2014 na REDE MUSEÍSTICA: MUSEO PAZO DE TOR
Cando un novo Nadal peta á porta concédese licenza xeral para fantasiar.
Temos dereito, e necesidade, de concedernos uns días liberados de rutinas
e de obrigas supostamente ineludibles. Unha oportunidade para facer
balance e reconducir, se for preciso, o rumbo das nosas vidas. E
puntualmente, como cada ano, os museos da Rede Museística da
Deputación de Lugo achegámosche un programa de obradoiros e
actividades tentando contribuír, na medida das nosas posibilidades, ao teu
lecer creativo. Ademais, neste remate do ano 2014 temos á túa disposición
a exposición “Entre o sono e os soños. Soñar para crear na Rede
Museística”, un proxecto comunal dos catro museos que integramos a Rede
para lembrar que os soños son a materia prima da creatividade.
Que o ano 2015 nos acolla coa mellor disposición, e que sexa unha
oportunidade para que ese soño que pende da túa ilusión, prenda en ti. Este
é, por enriba de calquera outro, o desexo que queremos compartir desde
aos museos da Rede e desde a área de Cultura e Turismo da Deputación de
Lugo.
OBRADOIROS
Obradoiro: Gyotaku. Peixes de tinta
O Gyotaku é unha técnica de gravado de orixe xaponés que consistía en
cubrir un peixe con tinta e aplicarlle unha folla de papel de arroz para que a
súa imaxe quedase estampada nel. Por iso, “gyo” significa peixe e “taku”
frotar. Esta forma de estampación nace no Xapón do s. XVIII. Os
pescadores utilizábano para levar un rexistro das súas capturas. Co tempo,
Museo Pazo de Tor
28
este método converteuse nunha práctica artística. Así que aínda que non
vaiamos de pesca, vamos capturar peixes no papel, animádesvos?
Idades: De 4 a 12 anos e Club Pequeamig@s da Rede Museística
Datas: 20 de decembro
Horario: de 12:00 a 13.30 h.
Prazas: sen límite
Museo Pazo de Tor
29
Obradoiros: Entre o sono e o soños
A palabra “soño”, segundo o Dicionario da Real Academia Galega, significa,
na súa primeira acepción “aquilo que un imaxina durante o sono,
percibíndoo coma se fose real”, e como segunda acepción “aquilo ao que un
aspira ou que un desexa moito”.
Os soños sempre foron materia artística, tanto causa como consecuencia da
mesma. Deste xeito e como proposta de participación, propoñemos
diferentes obradoiros segundo as idades dos usuarios dos distintos museos
da Rede Museística Provincial, atendendo sempre aos ritmos de cada un.
Todos os obradoiros partirán de materiais procedentes da exposición “Entre
o sono e o soños. Soñar para crear na Rede Museística” que se amosa no
Museo Provincial de Lugo desde o pasado 19 de novembro. A partir deste
referente, os participantes crearán os seus propios soños cunha perspectiva
artística, sendo o máis importante o feito de compartir.
-Casting: a lúa
En dúas horas e a partir de diferentes xogos, os Pequeamig@s construiron
teatralmente os seus soños co obxectivo final de chegar á lúa: alí onde todo
é posible.
Idades: de 4 a 14 anos e Club os Pequeamig@s da Rede Museística
Datas: 27 de decembro.
Horario: de 12:00 a 13.30 h.
Museo Pazo de Tor
30
-Soños artísticos
Construir os soños e atopar o xeito de acadalos nunca foi doado. Pero se
algo está claro é que temos a obriga de seguir soñando. Neste obradoiro
ofrecemos un achegamento interdisciplinar ao mundo dos soños para, a
partir dos mesmos, crear novas construcións artístiscas ou, alomenos,
poñer o comezo das mesmas.
Idades: de 14 a 25 anos en adiante e Club Ei! da Rede Museística
Datas: 27 de decembro.
Horario: de 16:30 a 18.00 h.
-A túa palabra, o noso soño
Os soños poden construirse, fabricarse, xogarse, xogar a soñar, soñar que
todo é posible… incluso chegar á lúa e bailar arredor dela. Acompañáronnos
membros da Asoc. Auxilia de Monforte coas súas historia e a súas palabra
fixemos unha viaxe singular ao redor do mundo dos soños.
Idades: Club Sénior da Rede Museística
Datas: 27 de decembro.
Museo Pazo de Tor
31
-Harmonía dun soño
Neste obradoiro ensinamos aos nosos nenos a desenvolver todos os
sentidos a través de diferentes xogos, para que favorezan neles a
concentración, o autocontrol e incentivar tamén o seu potencial creativo.
Aprenderemos a coordinar movementos e posturas, a respirar…
Para rematar, itercambiáronse entre eles un desexo escrito e debuxado nun
papel para facer un pequeno soño realidade que eles mesmos imaxinaron.
Idades: de 2 a 14 anos e Club os Pequeamig@s da Rede Museística
Datas: 13 de decembro.
Horario: de 12:00 a 13.30 h.
-O soño dun tal Pilates
Con esta actividade descubrimos a historia de JOSEPH PILATES
HUMBERTUS (1883-1967), un home que sen ter nada conseguiu sacar
adiante un soño dentro dun campo de concentración. Traballamos o corpo e
cada un puido recoñecer que é capaz de facer cousas que nunca imaxinou,
aprendemos que cos movementos do noso corpo, coa respiración, podemos
aumentar a nosa capacidade pulmonar e mellorar o noso benestar.
Liberaremos a tensión da nosa espalda e tentar correxir a nosa hixiene
postural.
Idades: Adultos e Club Sénior da Rede Museística
Museo Pazo de Tor
32
Museo Pazo de Tor
33
SEMANA DOS MUSEOS. DIM
Semana dos Museos 2014: Museo Pazo de Tor
O deputado delegado de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, Mario
Outeiro, a xerente da Rede Museística, Encarna Lago e a directora do
MPLugo, Aurelia Balseiro, presentaron a programación que se
desenvolveron nos 4 museos da Rede Museística nesta edición da SEMANA
DOS MUSEOS 2014. Nestas xornadas, que foron do 12 ao 18 de maio e que
remataron coa celebración do Día das Letras Galegas e da Noite dos
Museos (sábado, 17 de maio) e do Día Internacional dos
Museos (domingo, 18 de maio), o lema escollido polo ICOM “Os vínculos
creados polas coleccións dos museos” resalta o papel dos museos e das
súas coleccións para crear un nexo coa comunidade a través da memoria
colectiva.
_____Como cada ano, con motivo do Día Internacional dos Museos (18 de
maio), a Rede Museística da Deputación de Lugo prepara un amplo
programa nos diferentes museos que integran esta Rede con actividades
que se van desenvolver durante a semana que promedia entre o luns 12 e o
domingo 18 de maio. Nesta ocasión, o programa realizouse coa
participación de máis de 150 persoas, a través dos clubes da Rede e de
Museo Pazo de Tor
34
varios grupos sociais, nun intento de facer museos comunitarios, imbricados
coa sociedade e para todos.
Dentro de esta semana, na que tamén celebramos o Día das Letras
Galegas e a Noite dos Museos, houbo un amplo e variado programa de
actividades repartidas polos catro museos que integran a Rede Museística
da Deputación de Lugo, atendendo as diferentes idades. Contouse,
ademais, coa presentación do Club Ei!, que vén complementar, neste caso
para a xente moza, as propostas do resto de clubes que xa están
funcionando na Rede como é o caso do Club Pequeamig@s e do Club
Sénior.
O Club Ei! continuará coas súas actividades máis alá desta Semana dos
Museos 2014, con diferentes actividades arredor de temas como o cinema,
creación audiovisual, fotografía e obradoiros de deseño de tatuaxes
e lettering, ou charlas de novos creadores tanto lucenses como do resto do
país.
Museo Pazo de Tor
Durante toda a semana: Mulleres de Aquí e Dacolá. Convocatoria pública.
Servizo de transporte desde Monforte ata o Pazo de Tor, con saída desde os
Escolapios media hora antes do inicio das actividades de cada día.
Sábado, 17 de maio (Día das Letras Galegas e Noite dos Museos)
11:00 h.(Saída de Lugo)- Rutas Medievais nos museos da Rede a cargo do
Club Ei! Para mozos e mozas entre 18 e 30 anos. Regreso a Lugo: ás 01:00
h.
12:00 h.- Mural en Rede. Obradoiro do Club Pequeamig@s para nenos e
nenas de 4 a 9 anos. Coordina: Tamara Bermúdez.
Guia Postal da Moda de Lugo (Programa Ei!)
Esta actividade inclúe:
-Visita ao Museo Pazo de Tor.
-Gastromoda. Deseñadores que participaron: Tina Cortón, Inpe-Abrigo
Verde, Montse Arias, Remedios Espantoso, Sara Nájera, María López
astorga, MN joyas, Jara Rodríguez, Lola Tourón, Idoia Cuesta, Paula Dimé,
Alberto Geada e Caxigueiro.
Museo Pazo de Tor
35
-Exposicion dos deseños da “Guía Postal da Moda de Lugo” xunto con unha
exposición de botellas da D. O. Ribeira Sacra desde o 13 ao 24 de maio.
-Fashion-Performance sobre a moda titulada Das néboas da noite no Pazo
de Tor, saen as musas cheas de cor … que se realizou con cinco deseños da
ourensá Sara Nájera, peitedados a cargo de Ana Villar e de Jean Lois David,
de Lugo. Participan como modelos Dalia Barreiro, Melina Moreira, Paula
Platas, Noa Persán e María Nogueira. Como fotógrafos estarán Begoña
Souto, Luis Figueras e José Reigosa.
-22:00 h.-Concerto de Two in the Mirror (Soul, blues, canción de autor).
-Queimada
Domingo, 18 de maio (Día Internacional dos Museos)De 11:00 a 14.00 h.-
Animación nas rúas de Monforte de Lemos para convidar xente a visitar o
Museo Pazo de Tor.
Xoves, 22 de maio
21:00 h.- Visita guiada ao Museo Pazo de Tor de xornalistas e participantes
na XX Cata dos Viños da Ribeira Sacra, que organizada polo Consello
Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra ten lugar en Monforte
deLemos os días 21 e 22 de maio.
Sábado, 24 de maio
18:00 h.- Nº 2 da revista oral “A Voz dos Lemavos”. Monográfico dedicado á
“As artes do viño” coa participación de Tundal, na parte musical, e de Juan
Márquez Barro, Mª Rosario Fernández, Iván Álvarez Merayo, Xosé Lois
García, Avelino García Pérez, cesteiro de Pincelo, A Sariña (Chantada) e Luis
Díaz.(Sumario de contidos)
»» PROGRAMA Semana dos Museos 2014
Museo Pazo de Tor
36
Museo Pazo de Tor
37
PROGRAMA DE ACCIÓN SOCIAL
Día 3 de decembro: Día Internacional das Persoas con
Discapacidade no MPLugo
O departamento de Accesibilidade e Capacidades Diferentes da Rede
Museística da Deputación de Lugo organiza un programa de actividades
para a tarde do día 3 de decembro de 2014 con motivo do “Día
Internacional das Persoas con Discapacidade”. Nesta ocasión, ademais
da inauguración da exposición “IX Premio de Fotografía sobre Discapacidade
Fundación Anade”, son os clubs activos nos catro museos da Rede,
Pequeamig@s, Ei! e Sénior, os que se mobilizan para achegarse ao
MPLugo e participar no obradoiro “Museos Comunitarios” que se vai
desenolver segundo o programa seguinte:
Programa
De 16,30 h. a 19:30 h.- Obradoiro: Museos Comunitarios, a cargo de
Encarna Lago, xerente da Rede Museística, e Ángeles Miguélez, do
departamento de Accesibilidade e Capacidades Diferentes da Rede
Museística.
Lugar: Sala de Exposicións do Museo Provincial de Lugo. No marco da
exposición “Entre o sono e o soños. Crear para soñar na Rede Museística.”
16:30 h.- Desenvolvemento do obradoiro “Museos Comunitarios” coas
persoas que se achegan desde o Museo Pazo de Tor.
Museo Pazo de Tor
38
18:00 h.-Saúdo de Mario Outeiro, deputado delegado da área de Cultura e
Turismo da Deputación de Lugo, que fará entrega, xunto con Encarna Lago,
dunha reprodución do fito fundacional da cidade de Lugo a todos os
integrantes do tecido asociativo da provincia de Lugo vinculado á
discapacidade, así como tamén aos membros dos clubs da Rede Museística.
Museo Pazo de Tor
39
18:10 h.-Manifesto, exposición a cargo de Ángeles Miguélez, do
departamento de Accesibilidade e Capacidades Diferentes.
18:15 h.- Desenvolvemento do obradoiro “Museos Comunitarios” coas
persoas que se achegan desde o Museo Provincial do Mar, Museo Fortaleza
San Paio de Narla e Museo Provincial de Lugo.
19:00 h.- Inauguración da exposición “IX Premio de Fotografía sobre
Discapacidade Fundación Anade”, na Sala Multiusos do MPLugo.
Esta exposición, que vai permanecer aberta ao público ata o día 10 de
decembro de 2014, tamén amosa as obras premiadas no III Premio de
Artes Plásticas realizadas por Persoas con Discapacidade convocado pola
Fundación Anade.
Premios: IX Premio de Fotografía sobre Discapacidade Fundación
Anade
1º Premio: Asociación APAM (Madrid)
2º Premio: Á serie presentada pola Fundación Discal (Arxentina)
3º Premio: Á serie presentada polo Taller de Fotografía ASAPME (Huesca)
Formaron o xurado Ángeles Mayra, Peter Schneider, Germán Limeres, María
Quiroga e Aurelia Balseiro.
Museo Pazo de Tor
40
Álbum da Memoria Compartida.
É unha experiencia-obradoiro dirixida a persoas enfermas de Alzheimer e
aos seus familiares que dende o ano 2007 e de maneira continuada, se leva
desenvolvendo en tres dos museos da Rede Museística, Museo Pazo de Tor,
Museo Provincial do Mar e Museo Fortaleza San Paio de Narla. Un dos
principais retos que nos formulamos, dentro do ámbito da museoloxía
social, é traballar no campo das emocións a través do contacto vivencial
coas pezas que atesouran os nosos museos. Os museos son espazos de
memoria que a través dos obxectos e dos diálogos que se xeran coas
persoas, seívan espallando e conservando.
Alzheimer é unha enfermidade que afecta as conexión neuronais e que as
persoas van perdendo progresivamente, deixando de ter acces aos seus
Museo Pazo de Tor
41
recordos. A través da memoria queremos provocar emocións que evoquen
lembranzas e se erixan coma pontes entre o pasado e o futuro. Co motivo
do “Día Internacional do Alzheimer” que se celebra o 21 de setembro,
regalarase o Álbum de Memoria Compartida para traballar nun primeiro
momento no museo e despois na casa. Na visita ao museo seralles
entregado a todas as persoas diagnosticadas con esta afección
converténdose dende ese momento nunha ferramenta para a comunicación
e narración de historias a partir dunhas datas coas que poidan traballar
xuntos, enfermo-coidador e enfermo-museo recolleranse imaxes obxectos
lugares palabras–en esencia– recordos que completen as páxinas deste
álbum. Pero esta actividade tamén nace como unha oportunidade para que
os posuidores deste álbum compartan a reminiscencia da súa historia de
vida cos seus familiares, coidadores e seres queridos xa que serán estes
quen, en último caso, a través das súas lembranzas axuden a completar
esas follas en branco de recordos esquecidos. Entre as mans, sostéñens as
follas de experiencias e historias que ben poden ser comparadas coas catros
estacións primavera representa unha época na que, como as árbores,
nacemos e nos preparamos para dar os nosos mellores froitos, verán época
na que a luz ilumina anos de novas experiencias e sensacións E o outono
como as follas das árbores que descenden lentamente representa unha
época máis sosegada na que avanzamos cara a un inverno no que as nubes
e os claros comparten protagonismo nas nosas vidas e nos nosos recordos.
En def nitiva, Álbum de memoria compartida é un compromiso que dende
hai anos a, Xerencia da Rede Museística ten adoptado coas persoas maiores
na súa aposta porídefender “Un museo para todos, entre todos, onde o
valor da memoria constitúe un tesouro tan valioso que merece defender e
conservar
Encarnación Lago González
Xerente da Rede Museística
Actualmente séguese a desenrolar a actividade en colaboración coa
Asociación AFAMÓN de Monforte de Lemos. O persoal da Asoc., moi
receptivo co proxecto, mantén unha actualización permanente dos Álbumes
Museo Pazo de Tor
42
da Memoria Compartida, quedando pendente unha visita neste 2015 para
desenrrolar parte da actividade.
As historias recollidas, que moitas delas evocan a infancia, anécdotas e
fermosos refraneiros. Son de gran interés para todos
Agradecemos o a colaboración do equipo de Afamón Monforte, aos
familiares e coidadores e moitas grazas tamén a:
David, José Vázquez, Argimiro, Aurora, Luis Cabo, Juan B.
Macía, Fina Rodríguez, Ermitas
por conpartir experiencias, sentimentos e por suposto o tempo.
Museo Pazo de Tor
43
PROGRAMA DE ACCIÓN CULTURAL
Culturas en Diálogo Lugo-Arxentina.
Mario Outeiro Iglesias, deputado delegado da Área de Cultura e
Turismo da Deputación de Lugo, presentou o 3 de marzo no MPLugo
o proxecto de “Museoloxía social. Diálogo Intercultural” denominado
CULTURAS EN DIÁLOGO: LUGO-ARXENTINA que se desenvolveu
ao longo do ano 2014 nos diferentes museos da Rede Museística da
Deputación de Lugo e que conta coa colaboración de asociacións e
Museo Pazo de Tor
44
persoas vencelladas a diferentes actividades artísticas e culturais de
ambas beiras do Atlántico. Participaron nesta presentación,Encarna
Lago, xerente da Rede Museística, Ana Bereciartua, en
representación da Asociación Rioplatense, Leonardo Mosqueda, de
Tango Club Galicia, Karina Lucca, de Tango Club Galicia, Xosé
Reigosa, Pilar Sánchez e Iago Eireos. Esta actividade forma parte
do programa “A arte de ser muller nun mundo por compartir 5.0”
CULTURAS EN DIÁLOGO: LUGO-ARXENTINA
Co a mirada posta en Arxentina a Área de Cultura e Turismo da Deputación
de Lugo, Vicepresidencia primeira, a través da súa Rede Museística, en
colaboración coa Asociación Rioplatenses de Lugo e Tango Club Galicia
presentan o programa Culturas en diálogo: Lugo-Arxentina baixo as
liñas de Museoloxía social e do diálogo intercultural. A elección deste país
ven marcada primeiro por ser un dos principais países de acollida dos
homes e mulleres emigrantes galegos. En segundo lugar, porque gardou e
propiciou a cultura galega durante o exilio de intelectuais e artistas galegos
como Maruja Mallo, Castelao, Luis Seoane, Lorenzo Varela, Rafael Dieste,
Núñez Búa, Otero Espasandín, Laxeiro, entre outros. Foi tamén terra fértil
para a creación dun tecido organizativo e creativo baseada no compromiso,
a solidariedade e o valor da orixe. Produto diso son os centos de asociacións
de emigrantes, así como as editoriais, xornais, revistas, programas de radio
e un variado abano de iniciativas culturais que durante anos foron o garante
na defensa e promoción da nosa identidade cultural galega. Igualmente, xa
que o Consulado de Arxentina tivera sede en Lugo ata 1952, quixemos
coñecer o colectivo de arxentinos que viven en Lugo aos que como parte da
nosa sociedade queremos dar voz para fomentar un intercambio de
culturas, un diálogo sobre o que compartimos e o que descoñecemos, en
definitiva, para visibilizar outras realidades que forman parte da nosa
comunidade.
E dentro deste programa, a muller emigrante terá un papel sobresaínte,
especialmente na proposta Mulleres de Aquí e Dacolá que reúne as
coordenadas do programa: Muller/Emigración/Galiza/Arxentina. E de fondo,
o Tango, declarado Patrimonio cultural inmaterial de la Humanidade pola
Museo Pazo de Tor
45
UNESCO en 2009, consigue falarnos, con beleza e emoción, de xénero e de
emigración. E para iso contamos cun evento único en Galicia o V Encontro
de Tango Líber.
ACTIVIDADES
»»Mulleres de Aquí e Dacolá
Mulleres luguesas que viaxaron a Arxentina e quedaron ou retornaron.
Mulleres arxentinas que viaxaron a algunha localidade de Lugo e quedaron
aquí, ou volveron. Se ti es algunha de estas mulleres ou coñeces a alguén
que é muller emigrante (a túa nai, a túa avoa, a túa irmá) quixemos
coñecer a súa historia.
O material reunido que pasou a formar parte das exposicións tamén serviu
xunto co relato das experiencias dos participantes, nun video. ( blog de
didáctica da Rede Museística Provincial) Coord.: Asoc. Rioplatenses de
Emigrantes y retornados de Lugo, e Pilar Sánchez
Audiovisual: Xosé Reigosa
»»Convocatoria para Centros Escolares: CONCURSO: MULLERES A 2
BANDAS: LUGO – ARXENTINA Quixemos facer partícipes deste proxecto
aos centros educativos que manteñen cos nosos museos unha relación
directa e cotiá. Dirixido aos cursos de 5º e 6º de primaria e para os catro
cursos da ESO, trátase de realizar unha pequena banda deseñada na que se
ilustre algún momento relacionado cos procesos migratorios dende unha
perspectiva de xénero, fomentando actitudes de respecto e promovendo o
diálogo intercultural. Narrar unha historia de mulleres que tiveron que
emigrar dende dúas bandas; de Lugo a Arxentina ou ben de Arxentina a
Lugo. Para o proxecto elaborouse unha unidade didáctica que se lles
facilitou aos centros educativos co fin de traballar na aula os contidos deste
proxecto. ( blog de didáctica da Rede Museística Provincial)
»»Mateadas
Que é o mate? Non é só unha bebida, é un momento de encontro, é unha
benvida, un símbolo de hospitalidade e de amistad.
No marco das sesións Sabores na cociña do Club Senior da Rede museística
provincial e aberto ao púbico en xeral, a Asoc. Rioplatenses en Lugo quixo
achegarnos os cheiros e historias que se desenvolven ao redor desta herba
saudable e arquetípica da cultura arxentina. Aprenderemos como se
Museo Pazo de Tor
46
prepara, que útiles son necesarios e o rito de tomar uns mates. Coord.:
Asoc. de Rioplatenses de Lugo
26 de abril.-Museo Pazo de Tor, Monforte de Lemos. Exposición fotográfica
"Patrimonios, A muralla e o Tango. Tango Club Galicia.
Todo o mes
»»Mulleres de Aquí e Dacolá - Convocatoria pública
»»CONCURSO: MULLERES A 2 BANDAS: LUGO - ARXENTINA. Convocatoria
para centros escolares.
XUÑO
do 7 ao 28 de xuño.-En todos os museos da Rede MuseísticaProvincial.
Exposición fotografica "Patrimonios, a muralla e o tango".
26 de xuño, 17:30 h. Museo Pazo de Tor 17h30. Mateada. Asoc.
Rioplatenses.
AGOSTO
21 de agosto, 17:30 h..- Museo Pazo de Tor. Mateada. Asoc. Rioplatenses
SETEMBRO
4 de setembro Museo do Mar, 17h30. Mateada. Asoc. Rioplatenses.
RMP
*********
Coordinación: Encarna Lago González, xerente da Rede Museística
Provincial
Documentación "Mulleres de Aquí e Dacolá", Asociación
Rioplatensees en Lugo e Pilar Sánchez.
Documental: Xosé Reigosa.
Obradoiros "Mulleres de Aquí e Dacolá", Tamara Bermúdez
V Encontro Internacional Tango Líber de Galicia: Asoc. Tango Club
Galicia
Desenvolvemento web: Mónica Castro de Lera
Entidades colaboradoras:
Museo Hotel de los Inmigrantes de Buenos Aires
MEGA Museo de la Emigración Gallega en la Argentina
Museo Pazo de Tor
47
Enlaces de interese: 2174_Culturas en dialogo Lugo-Arxentina
(Programa para descargar_imprimir).pdf
Proxecto Natureza e Emigración.
Concebido como un diálogo entre a natureza e a emigración, enmarcado
nos programas En REDarte eMuseoloxía social. Culturas en diálogo, a Área
de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, a través da Rede Museística,
convocou no Pazo de Tor unha actividade sobre etnobotánica.
Con esta actividade tratouse de recuperar a transmisión oral, consiste na
achega de testemuños (receitas, fórmulas e remedios) empregados con
herbas medicinais e aromáticas.
PRESENTACIÓN
O diálogo entre natureza e emigración, representa a separación entre
coñecemento, medio e ocupación. Tres elementos que se identifican con un
mesmo lugar e que pasan a percorrer camiños distintos. Deste novo
percorrido xorden cuestións como o diálogo entre a construción dun espazo
Museo Pazo de Tor
48
e a riqueza natural, e o debate en torno á mestizaxe e a memoria. O
percorrido do horto aromático medicinal ao longo da historia é un reflexo
dese diálogo. O horto aromático medicinal representa o elemento de
transición e contacto entre espazo natural, espazo agrícola e xardín. A súa
situación prioritaria, próximo á vivenda (tanto en aldeas, pazos e
mosteiros), dentro da estrutura de organización do espazo (horta, campos
de labor, pradaría, arboredo, monte...), fai destacar a súa forte carga
cultural e polo tanto o seu gran valor etnográfico.
PROXECTO CONXUNTO
O proxecto vincúlase ás actividades que desenvolve a Rede Museística da
Deputación de Lugo para a visibilización dos seus espazos públicos dentro
do proxecto ENREDARTE e ás actividades do proxecto Museoloxía social e
diálogo intercultural, referidas á emigración, do programa "Culturas en
dialogo", dedicada este ano a Arxentina. A actividade, arranca como un
despois, dialogando co proxecto instalación-colaboradora de Carolina Cruz
de Guimarey “TERRA, Postais para Lugo”, realizado para a exposición
“Olladas de muller sobre a Guía Postal de Lugo de Maruja Mallo”.
PROPOSTA PARA A PARTICIPACIÓN POR CORREO
Convidouse a participación de emigrantes e inmigrantes, ou os seus
descendentes, sendo Arxentina o país seleccionado este ano. Mediante o
envio da descrición de receitas-fórmulas de uso tradicionais (e medicinais)
das plantas que fosen transmitidas polas súas familias que levaron na
memoria para a emigración, outras que coñecesen no país de residencia
mediante o contacto coa poboación local. Así como os usos tradicionais e
plantas que os inmigrantes recoñecen en plantas que se cultivan en Galicia
e Arxentina.
Os testemuños serán expostos durante o transcurso das actividades.
Actualmente séguese a recoller receitas.
DIRECCIÓN DE ENVÍO DAS RECEITAS DE USOS TRADICIONAIS: Pazo de
Tor. San Xoán de Tor. 27591 Monforte de Lemos (Lugo)
Para ser incluídos no arquivo biblioteca de consulta de usos tradicionais:
Período ilimitado.
Museo Pazo de Tor
49
PROPOSTA PARA ACTIVIDADE NO PAZO DE TOR
Mediante unha acción participativa e plantación de horto con sementes de
plantas cultivadas e empregadas tradicionalmente para usos aromatico-
medicinais.
Aos participantes do programa Arte e Natureza, Culturas en diálogo e á
poboación local da bisbarra de Terra de Lemos, convidouselles a unha
xornada en sesión de mañá e tarde, con pausa para comer (onde os
participantes puideron levar a súa propia comida e gozar dela no ámbito do
pazo) Finalmente optouse por facelo de tarde.
A actividade constaba de dúas partes: unha charla presentación con
Josefina Anllo na que os participantes na actividade no Pazo de Tor levasen
a cabo a apertura de sobres enviados con receitas de usos tradicionais das
plantas e compartiranse as similitudes e diferenzas entre os usos por eles
coñecidos e os achegados polos inmigrantes. Nunha segunda parte,
coordinada por Cristina Anllo, en que se usasen os sobres das cartas para
realizasen os viveiros para a plantación de varias especies de plantas
aromáticas de horto en ámbito do Pazo.
Convidouse aos participantes a que trouxesen as súas sementes para ser
incluídas no horto aromático.
COORDINAN E DIRIXEN O PROXECTO
Encarna Lago, xerente da Rede Museística
MICROPROJETS / YES I CAN-TREE: Cristina Anllo Urbanista, especialista
en paisaxe e desenvolvemento local.Josefina Anllo Doutora en Farmacia.
Tese doutoral "Usos etnobotánicos das plantas medicinais na bisbarra de
Terra Chá".
ORGANIZA: Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo a través da
Rede Museística, Pazo de Tor.
INFORMACION: [email protected] / www.museolugo.org
PARTICIPACIÓN POR CORREO
Etnobotánica é "o estudo das interaccións entre homes e plantas" segundo
estableceu o antropólogo francés Louis Hédin. E a OMS (1993) especifica o
Museo Pazo de Tor
50
termo ao estudo do uso das plantas nas sociedades tradicionais.
"A Etnobotánica considérase unha disciplina que estuda o aproveitamento
dos recursos naturais por parte das poboacións locais, tanto nativas
(indíxenas) coma aquelas que foron residentes nunha determinada rexión,
por longo tempo,". Ocampo (1994).
"O portador é o membro dunha comunidade que recoñece, reproduce,
trasmíte, transforma, crea e constrúe certo tipo de cultura en e para a
comunidade e pode desempeñar un ou varios dos papeis seguintes:
executor, creador e custodio" Condominas (2004).
DEFINE A TÚA CULTURA!
Galicia ten un patrimonio de transmisión oral con fama internacional debido
á súa gran riqueza. Os recursos fitoxenéticos son unha fonte incomparable
de medicinas. A ONU declarou o 2014 como ano da agricultura familiar
MÁNDANOS OS USOS DAS "HERBAS MENCIÑEIRAS" QUE ACORDES
Galicia estivo durante séculos vinculada á emigración. Os seus
coñecementos populares percorreu continentes transmitíndose por estas
canles de xeración en xeración, do mesmo modo que inmigrantes participan
e participaron da súa cultura. Nas bisbarras de Terra Chá e Meira (Lugo),
dánselle corenta e cinco usos medicinais diferentes á estruga. Outras
plantas pasan máis desapercibidas na farmacopea popular e delas só
consérvanse un ou dous usos medicinais tradicionais.
PARTICIPA EN NATUREZA E EMIGRACIÓN
A conservación das especies estivo moi vinculada aos seus usos populares.
AXÚDANOS A CONSERVAR A DIVERSIDADE CULTURAL E FORMA PARTE DA
EXPOSICIÓN AS TÚAS RECEITAS SERÁN EXPOSTAS NA SALA DE
EXPOSICIÓNS DA REDE MUSEÍSTICA DA DEPUTACIÓN DE LUGO NO PAZO
DE TOR.
Os sobres que envolven a túa carta serán o recipientes (das sementes) para
que (os participantes na actividade que se realizara paralelamente á
exposición), planten o horto de plantas aromático medicinais no recinto do
pazo.
Seleccionaremos as sementes das plantas citadas nas vosas receitas e
Museo Pazo de Tor
51
plantarémolas cos sobres para así configurar o hortoaromaticomedicinal
deseñado por MICROPROJETS.
É coñecemento, é desenvolvemento, é valorar esforzos (é sostible), é nosa
responsabilidade, é maxia, é calidade.
CONTIDOS
Recorda algunha planta que usará ou use actualmente con fins medicinais?
Como se chama? Como é? Ten algunha imaxe ou mostra de ella?¿qué parte
da planta empregaban? Como a preparaban? Como a administraban?....
ACTUALMENTE O MUSEO PAZO DE TOR SEGUE A RECIBIR RECEITAS
Museo Pazo de Tor
52
CONFERENCIAS E RELATORIOS.
O VI Congreso Galego de Cruceiros foi no Museo Pazo de Tor
Mario Outeiro, deputado delegado da área de Cultura e Turismo da
Deputación de Lugo, xunto con Encarna Lago, xerente da Rede Museística
da Deputación de Lugo e Fernando Arribas Arias, presidente da Asociación
de Amigos dos Cruceiros presentaron o VI Congreso Galego de Cruceiros
O PROGRAMA VI CONGRESO GALEGO DE CRUCEIROS CONFORMOUSE DO
SEGUINTE XEITO.
Sábado, día 15
10,30 horas. Recepción e entrega de documentación.
Museo Pazo de Tor
53
11:00 horas. Acto inaugural do VI Congreso Galego de cruceiros, cruces de
pedra e petos de ánimas a cargo de Mario Outeiro Iglesias, deputado
delegado da Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo.
11:30 horas. Primeira sesión de relatorios.
14:00 horas. Xantar.
17:00 horas. Segunda sesión de relatorios.
21:00 horas. Remate da segunda sesión de relatorios.
Domingo, día 16
09:30 horas. Terceira sesión de relatorios.
13:00 horas. Conclusións e clausura do VI Congreso Galego de cruceiros,
cruces de pedra e petos de ánimas.
RELATORIOS
Neste VI Congreso, organizado pola Asociación de Amigos dos Cruceiros,
Cruces de Pedra e Petos de Ánimas, coa colaboración da Rede Museística
Provincial e patrocinado pola Área de Cultura da Deputación de Lugo,
presentáronsev os seguintes relatorios:
1. OS CRUCEIROS CO CONCELLO DE CENLLE (OURENSE), por Clodio
González Pérez.
2. TRES FALSOS PIARES NOS QUE ALGÚNS AUTORES SE APOIAN PARA
CONCEDERLLE A IGNACIO CERVIÑO A AUTORÍA DO CRUCEIRO DE HÍO, por
Xesús Antonio Gulías Lamas.
3. CRUCEIROS DA PARROQUIA DE SANTA BAIA DE ARAÑO (RIANXO), por
Serafín Casiano Pérez Gei e Xesús Antonio Gulías Lamas.
4. CRUCEIROS E CRUCES DO CONCELLO DE CASTROVERDE (II), por
Manuel Muñiz.
5. CRUCEIROS LIGADOS A SANTUARIOS NO CONCELLO DE VILALBA, por
José Manuel Blanco Prado.
6. CRUCEIROS, CRUCES, CRISTOS E ESMOLEIROS DE FERREIRA DO
VALADOURO, por Mario Saavedra Pérez.
7. CRUCES, CRUCEIROS, CRUCES E ESMOLEIROS DA RIBEIRA SACRA
LUCENSE: SOBER, por Fernando Arribas Arias.
8. ARREDOR DAS ÁNIMAS DE SABUCEDO DE MONTES (CARTELLE-
OURENSE) E DA FAMILIA CASAS, por Xoán Ibáñez Rodríguez e Estanislao
Fernández de la Cigoña Núñez.
Museo Pazo de Tor
54
9. INDULXENCIAS, MISIÓNS E CRUCES, por Victoria Fernández de la Cigoña
Rodríguez.
10. LA CELEBRACIÓN DE LA MUERTE: LA COFRADÍA DE ÁNIMAS DE LA
ANTIGUA VALLADOLID, por Enrique García Martín.
11. CRUCEROS Y CRUCES DEL CERRATO CASTELLANO. I. MARCO
HISTÓRICO, por Ángel Cerrato Álvarez.
12. CRUCES, CRUCEIROS E PETOS DO CONCELLO DE CRECENTE (I), por
Estanislao Fernández de la Cigoña Núñez.
13. CRUCES, CRUCEIROS E PETOS DA PARROQUIA DE SANTIAGO DE
ESTÁS (TOMIÑO, PONTEVEDRA MERIDIONAL), por Félix Loira López e
Estanislao Fernández de la Cigoña Núñez.
14. OS CINOCÉFALOS DO CRUCEIRO DE FENTE (MONTERROSO-LUGO), por
Xabier Louzao
15. AS CRUCES DE PEDRA NA ESCOCIA. UN OLLAR DESDE A GALIZA, por
Lois Ladra.
16. CRUZEIROS DO ALENTEJO, PORTUGA: OS CASOS DOS CONCELHOS DE
ALVITO E CUBA. UN CASO ESPECIAL: O CRUZEIRO DE VIANA DO
ALENTEJO, por Jorge Feio.
17. OS CRUCEIROS NA POESÍA GALEGA, por Juan José Burgoa Fernández.
18. “A VIRXE DOS NENOS”, DA POSIBLE AUTORÍA DE IGNACIO CERVIÑO
QUINTELA, por Andrés Sampedro Fernández.
19. CRUCEIROS, CRUCES DE PEDRA E PETOS DE ÁNIMAS RESTAURADOS
DO CONCELLO DE PONTEAREAS, por Purificación Porto e Mónica Leirós.
Revista oral: A voz dos lemavos, nº 2
Museo Pazo de Tor
55
O número 2 da revista oral "A VOZ DOS LEMAVOS" adicouse a “As artes do
viño”. Desenvolveuse o sábado, 24 de maio de 2014, ás 18:00 horas no
Museo Pazo de Tor, Monforte de Lemos (Lugo). Participaron na mesma o
seguinte equipo, como Coordina: Antonio Reigosa. Interviron: Tundal
(músicas do viño), Iván Álvarez (arqueoloxía do viño), Mª del Rosario
Fernández (memoria do viño), Juan Márzquez Barros (as rendas do viño);
Xosé Lois García (poesía do viño); Luis Díaz (historias do viño) e Avelino
García Pérez, cesteiro de Pincelo, A Sariña (Chantada), un dos últimos
artesáns de cestos para o viño. A Entrada foi libre e gratuíta
O sumario foi o seuginte
Portada musical: Fox trop Río Douro, Tundal (3’)
Arqueoloxía do viño: Lagares rupestres na Ribeira Sacra. Nota duns
achados, por Iván Álvarez Merayo (10’)
Música: Foliada de Tenorio, Tundal (3’)
Poesía do viño (I): Poemas extraídos do libro “Do Faro ao Miño”, por Xosé
Lois García (5’)
Música: O cantar do arrieiro, Tundal (3’)
O viño nos museos da Rede Museística: Trasfegando na adega, por Mª
Rosario Fernández González (10’)
Música: Cantares a capela, por Tundal (3’)
Memoria do viño: Adegas monumentais e monumentos convertidos en
adegas. Tesouros de pedra e viño ocultos na Ribeira Sacra, por Luis
Díaz (10’)
Poesía do viño (e II): Poemas extraídos do libro “Do Faro ao Miño”,
por Xosé Lois García (5’)
As rendas do viño: A importancia do viño na Casa de Tor, por Juan
Márquez Barros (10’)
Música: O maio de Viveiro, por Tundal (3’)
A arte de facer cestos: Conversa con Avelino García Pérez, o cesteiro de
Pincelo (10’)
Opinión: Intervención do público (5’)
Epílogo: por Encarna Lago, xerente da Rede Museística da Deputación de
Lugo (3’)
Museo Pazo de Tor
56
Contraportada musical: Sabaxáns, por Tundal (3’)
_______
*Avelino García Pérez, cesteiro de Pincelo, A Sariña (Chantada),
elaborará no transcurso da revista oral un cesto tradicional usado para
vendimar.
_______
COLABORARON NESTE NÚMERO.
Iván Álvarez Merayo.- Naceu en Pontevedra en setembro de 1971, aínda
que dende hai moitos anos vive no Val de Lemos. Licenciouse en Xeografía
e Historia, especialidade en Prehistoria e Arqueoloxía, pola Universidade de
Santiago de Compostela en 1996, e actualmente exerce de arqueólogo
profesional por toda a Comunidade Autónoma. No ano 1996 comezou como
autónomo a súa actividade profesional, leva vinculado á arqueoloxía dende
neno, xa que o seu pai, tamén arqueólogo, involucrouno na súa actividade
dende moi pequeno. Esta práctica profesional permitiulle dirixir gran
número de intervencións arqueolóxicas, dende escavacións de investigación
e urxencia até a prospección arqueolóxica de máis de vinte concellos da
nosa comunidade. Xunto a estes traballos de campo tamén ten publicado en
varios medios os resultados dos seus traballos así como impartido varias
conferencias.
Luis Díaz.- Xornalista e licenciado en Filosofía, traballa na actualidade na
delegación de La Voz de Galicia en Monforte, localidade na que naceu no
ano 1963. Desenvolveu toda a súa traxectoria profesional en La Voz de
Galicia, xornal no que se especializou en temas de enoloxía e viticultura. É
autor da Guía de Viños de Galicia que editou La Voz no Xacobeo do 2004 e
ten o premio á mellor divulgación xornalística que concede a Asociación de
Sumilleres Gallaecia. Membro fundador do panel de cata da DO Ribeira
Sacra, colabora habitualmente como xurado en concursos vitícolas nacionais
e internacionais (Bacchus, Albariños al Mundo, Concours International de
Vins de Montagne). Tamén ten colaborado coa Estación de Viticultura e
Enoloxía de Galicia en investigacións sobre a caracterización sensorial das
castes galegas e con entidades como a UNED na divulgación de aspectos
relacionados coa historia da viticultura en Galicia. Na actualidade, firma
Museo Pazo de Tor
57
unha das seccións do suplemento De Vinos de La Voz, recentemente
premiado polo Instituto Galego do Viño.
Mª del Rosario Fernández González.- Nacida en Lugo en 1968, é
licenciada en Xeografía e Historia, especialidade de Museoloxía pola
Universidade de Santiago de Compostela e Máster en Museoloxía e Museos
pola Universidade de Alcalá. Desde hai dezasete anos ocupa a praza de
Técnica da Sección de Artes Decorativas e Etnografía no Museo Provincial de
Lugo e na actualidade é a Responsable do Departamento de Artes
Decorativas e Etnografía. Realizou a reforma museográfica da Fortaleza de
San Paio de Narla e a montaxe dos novos espazos expositivos do Pazo de
Tor. Comisariou numerosas exposicións en Italia, Polonia ou Portugal, así
como no propio centro de traballo. Publicou varios catálogos razoados sobre
coleccións do Museo Provincial de Lugo: Aleteos, Tempora Mutantur (xunto
con Fernando Arribas Arias), Arte Africana, Ourivería Tradicional do Museo
Provincial de Lugo... e está a rematar o catálogo das coleccións do Museo
Fortaleza de San Paio de Narla.
Xosé Lois García.- Naceu o 22 de abril de 1945 na cidade de Lugo. Aos
vinte anos pasou vivir a Barcelona, onde estudou varios cursos de socioloxía
no Instituto de Ciencias Sociais e Políticas que, máis tarde, abandona para
ingresar na Universidade de Barcelona da que é licenciado en Filosofía e
Letras (rama de Historia). Desenvolveu diversos labores na divulgación da
cultura galega en Cataluña. Conferenciante, articulista en varias
publicacións de Galicia, España e do estranxeiro. Ensaísta, crítico literario,
de arte e dramaturgo. Especialista da literatura de expresión portuguesa en
África, antólogo e tradutor. A súa obra compóñena máis de cincuenta libros
publicados sobre diversas temáticas en galego, portugués e catalán. Ten
realizado varias viaxes a África e América. Investigador sobre a obra de
Agostinho Neto, o primeiro presidente de Angola, e doutros autores, e é
membro de honor da União dos Escritores Angolanos. A súa obra poética
está composta por vinte libros, diversificados en poesía amorosa, como
Aquarium (1982), poesía erótica, como Materia Corporal (1986) e Falo de
Baco (1998) aos que temos que engadir Kalendas (2005).
Juan Ignacio Márquez Barros.- (Pontevedra, 1979). Diplomado en
Biblioteconomía e Documentación. Auxiliar de Biblioteca no Pazo de Tor.
Tras empezar a súa vida profesional en axencias de publicidade en Madrid,
Museo Pazo de Tor
58
trasládase a Galicia no 2004 onde comeza a centrarse no mundo dos
arquivos familiares mediante diferentes bolsas. Actividade que interrompe
no 2006 para trasladarse á Biblioteca Nacional de Portugal en Lisboa cunha
bolsa internacional. É alí onde empeza a tomar contacto co mundo das
novas tecnoloxías enfocadas ao mundo da información. Tras o seu paso por
Portugal volve a Galicia e comeza a traballar na Rede Museística Provincial
de Lugo, Pazo de Tor como auxiliar de biblioteca. Ao longo destes anos
participou en diferentes proxectos xunto aos compañeiros da Rede
Museística, así como varios obradoiros orientados ás novas tecnoloxías e ao
mundo dos arquivos.
Tundal.- O Tundal é unha edificación cuberta e aberta por un dos seus
muros que serve para gardar ou abrigar cousas ou espazos (o tundal da
leña, o tundal do forno...). Noutras zonas da nosa provincia chámaselle
alpendre ou alboio... Este nome sonoro vai servir para denominar un grupo
de músicos que baixo o tundal do idioma e da música tradicional, alí onde
sexa chamado fará música de rúa, tanto instrumental como cantada e que
levará sempre no seu repertorio cantares de cego, romances, cantigas e
pezas para seren bailadas. O número dos compoñentes do Tundal non é
fixo, pero no caso que nos ocupa serán seis: Xosé L. Ansemil (percusión e
voz); Antón Castro (zanfona e voz); Manolo Darriba (acordeón e voz);
Miguel A. Díaz (clarinete e voz); Xan Fuertes (violín e voz) e Pedro Lucas
(gaita, frautas e voz).
Avelino García Pérez.- De Pincelo, A Sariña, Chantada (Lugo). Ten 84
anos, dos que dedicou a maior parte a traballar as viñas e a elaborar
artesanalmente cestos e “culeiros” para os labores da vendima. Tamén
fabrica armazóns para os puchos das máscaras coñecidas como volantes do
Entroido de Vilaúxe.
Enlaces de interese:
2216_SUMARIO A Voz dos Lemavos 2 (24.05.2014).pdf
Museo Pazo de Tor
59
PROGRAMA DE EXPOSICIÓNS
EXPOSICIÓN: O Apóstolo Ribera, de Fernando Yáñez
A Inauguración foi o 11 de abril, ás 19:30 h.. Esta exposición, coordinada
por Cristina Carballedo, forma parte do proxecto da Rede Museística da
Deputación de Lugo que leva por título ENREDARTE (Espazos públicos
de visibilidade). A mostra instalouse na capela do Pazo de Tor.
AUTOR.
Fernando Yáñez, licenciado en Belas Artes, leva traballando desde hai uns
anos sobre o tema da morte aplicada a súa pintura. A lectura do libro “Do
espiritual na arte” de Kandinsky marca un punto de inflexión na súa
traxectoria, así como o estudo das fotografías da Saba Santa e o
achegamento á obra de Ribera, da que agora fai unha reinterpretación.
_____O APÓSTOLO RIBERA Fernando Yáñez
Adóitase denominar ás principais persoas que son enviadas a propagar unha
crenza co termo apóstolo. Neste sentido o chamado “spagnoletto”, foi sen
dúbida, o último deles dende un punto de vista pictórico. Ribera propagou
un universo teatral, expresivo e dinámico, que difundiu de xeito decisivo
pola Italia barroca do s. XVII. Representante español de primeiro nivel no
Século de Ouro, configurou un "martirio" artístico que cativou as
Museo Pazo de Tor
60
características físicas e psíquicas dos seus personaxes representados. Unha
dimensión terreal á vez que divina, de personaxes do mundo real
caracterizados como santos, é o que verdadeiramente estimula unha
pintura directa, atrevida e atemporal. Unha obra dacabalo entre filosofía e
relixiosidade.
Os Apóstolos de Ribera constituíron a verdadeira alianza das características
máis determinantes da obra do pintor; tanto a nivel do retrato físico, coma
dende un punto de vista lumínico e espacial, coma dende a análise
psicolóxica dunha serie de embaixadores humanos dunha doutrina sagrada.
O tenebrismo de Caravaggio levouno Ribera ás súas máximas
consecuencias, na súa serie do apostolado, configurando uns retratos que
parten da expresividade teatral da luz, pero sosegados no tempo e no
espazo. Os Apóstolos de Ribera mostran homes reais representados
fugazmente dentro dun universo espiritual.
Recuperando e valorando o pasado, constitúese o presente e o futuro. O
Apostolado que desenvolvo como inicio da serie A.M.E.N. no ano 2010,
recolle e valora a obra dun deses pintores que marcaron o devir da historia.
O meu apostolado é unha aposta por actualizar e adecuar o pasado ao meu
propio proxecto. Os meus apóstolos son rostros que emerxen de teas e de
dobras, que recordan esteticamente ao barroco máis ornamental, pero que
irradian mediante contrastes de luces e sombras, de brillos e mates, nun
universo real á vez que irreal.
Neste sentido, será a Sindone ou Santo Sudario, unha referencia implícita
nesta serie de traballos. Unha tea marcada polo inexplicable, que configura
a imaxe dalguén real nun espazo incapaz de ser comprendido. Unha saba
admirada pola incomprensión, onde o recordo da imaxe sobresae de xeito
místico á vez que terreal.
O meu apostolado recorda a Ribera, sintetizando e radicalizando unha visión
máis espiritual de imaxes que flúen nun universo detido no tempo. Teas que
pregan e deixan entrever trazos de luz sobre a escuridade do espazo
infinito. Luces que se fan imaxes. Imaxes que representan a alma. Alma da
propia pintura feita materia.
_____
»» + información sobre o Proxecto global EnREDarte: Creación, promoción
e difusión das artes
Museo Pazo de Tor
61
Museo Pazo de Tor
62
EXPOSICION: Arte de ser Muller nun mundo por
compartir 5.0: Mulleres en / para / por/ desde / ante
o Museo – Historias de Mulleres no Museo
Botou a andar no Museo Pazo de Tor, en Monforte de Lemos, a nova versión
do programa “Arte de Ser Muller Nun Mundo por Compartir 5.0” co
acto de inauguración da exposición dos traballos resultantes do
proxecto Mulleres en / para / por/ desde / ante o Museo – Historias de
Mulleres no Museo. Este programa contou coa colaboración do Proxecto
Estatal “Miradas de Mulleres”, do Centro de Informacion da Muller do
concello de Monforte de Lemos e doutros colectivos. No acto interveñen as
comisarias da mostra Encarna Lago González e Pilar Sánchez,
e Severino Rodríguez Díaz, alcalde de Monforte de Lemos, en
representación do deputado delegado da área de Cultura e Turismo da
Deputación de Lugo, Mario Outeiro.
EXPOSICION: Arte de ser Muller nun mundo por compartir
5.0: Mulleres en / para / por/ desde / ante o Museo – Historias de Mulleres
no Museo (do 6 ao 31 de marzo de 2014)
_____Nun lugar marcado polo carácter dunha muller como dona María Paz
Taboada e dentro do programa Arte de ser Muller nun mundo por
compartir 5.0 e o Proxecto Estatal MIRADA DE MULLERES, presentamos
esta exposición cos traballos resultantes do proxecto Mulleres en / para /
por/ desde / ante o Museo – Historias de Mulleres no Museo realizados por
diferentes colectivos nos catro museos da Rede: Museo do Mar en San
Cibrao, Museo Fortaleza San Paio de Narla, Museo Prov. de Lugo y este
Museo-Pazo de Tor.
Museo Pazo de Tor
63
A exposición está construída cos relatos de homes e mulleres que quixeron
homenaxear a figura feminina, botando unha ollada de emocións sobre o
seu universo, coas súas lembranzas, os seus cheiros, o seu traballo fóra e
dentro da casa.
Contouse en Monforte coa participación de colectivos que así mesmo
traballan o tema da memoria, como AFAMON, ou a integración cultural e
social como AUXILIA e por suposto, falando da muller, o Centro de
Informacion da Muller do concello de Monforte que achegou tamén o
audiovisual Mulleres de Monforte, Testemuñas de vidas paralelas.
Pero non son historias que nada máis falan de pasado. Son historias que
evocan experiencias persoais que deixaron pegada nos seus relatores, e que
queren deixalas tamén en quen as contempla. No caso do Pazo de Tor,
queríase acadar un obxectivo complexo: que a xente se identificara con este
espazo, emblema para moitos dun Poder afastado. Para iso, deixamos que
os participantes se apropiaran simbolicamente das estancias, dos obxectos,
dos mobles, etc.. e visen o significado persoal que gardan. E así xurdiron
historias de costureiras ao redor da máquina de coser, ou das que pasaban
a ferro para fóra, outras foron de recendos a guisos, de palabras
esquecidas, ou mesmo un poema de valentía feminina.
Todo construído co elemento máis estimado co que pode contar un museo:
a implicación persoal dos seus visitantes.
Museo Pazo de Tor
64
EXPOSICIÓN: Diálogos MN, gravados e monotipos “Peixes de tinta”
de Esteban Bernárdez e Esteban Fuentes
Inauguración: Sábado, 20 de decembro, ás 17:00 h.
EXPOSICIÓN: Diálogos MN Exposición de gravados e monotipos “Peixes de
tinta”
Esteban Bernárdez + Esteban Fuentes
Gyotaku (gyo-tah'-koo) termo que significa , "fregar" e "peixe", consiste en
xerar un monotipo a raiz de usar un peixe como matriz. É unha forma de
estampación tradicional moi estendida nalgúns países asiáticos. Practicada
por artistas, pescadores deportivos, etc., é tamén unha actividade popular
nas escolas, en festas organizadas e en moitos programas turísticos das
zonas costeiras. Trátase tanto dunha experiencia creativa, coma dun
rexistro documental e unha forma divertida de ensinar as especies mariñas
tanto a nenos como adultos.
Existen diversas teorías respecto á orixe desta técnica de gravado e do
lugar exacto de Xapón onde comezou a desenvolverse. O gyotaku máis
antigo que se conserva data de 1855. Trátase dunha carpa gravada na
prefectura de Yamagata (ao norte do país) por Taneyasu Matsumori, un
recoñecido naturalista. Tamén nesta mesma prefectura se encontraron
outras dúas obras, as dúas de carpas, asinadas co nome de Kano. Non é
casualidade que os tres gyotaku máis antigos que se coñecen proveñan da
Museo Pazo de Tor
65
mesma rexión. A principios do século pasado decidiuse alentar a práctica da
pesca co fin de levantar a cada vez máis minguada moral dos
samuraisdurante unha época notablemente pacífica. Pescar, en
consecuencia, converteuse en sinónimo de destreza, e o gyotaku comezou a
utilizarse como a proba de tal habilidade. Non obstante, foi durante a
segunda metade do século XX cando o gyotaku se converteu nunha forma
artística establecida, grazas aos esforzos do Club Gyotaku. Fundado o 1955,
o club organizou exhibicións e demostracións por todo Xapón, popularizando
así esta curiosa práctica.
Esteban Bernárdez Fuentes e Esteban Fuentes González presentou unha
mostra do seu traballo no Pazo de Tor. No seu caso, parte do seu traballo
está ligado ao debuxo naturalista e científico, ver como a través da
estampación se poden destacar as características dos animais. Tras ese
primeiro contacto con este tipo de obra, o traballo orientouse a unha mera
busca estética.
O proceso de estampación, aínda que aparentemente moi sinxelo rematou
por requirir atención a numerosos detalles obrigando a desenvolver
diferentes formulacións para os procesos de elaboración, sobre todo, en
función da especie que se traballe. O resultado obtido das pequenas
variacións de tinta e sobre todo a diferenza de presión á hora de realizar o
gyotaku provoca que cada resultado sexa diferente e que cada estampa
teña un carácter distinto á anterior (monotipos).
Actualmente a maduración do proxecto levounos a experimentar con
diferentes elementos relacionados con temas de fauna e plantas mariñas
como algas, moluscos, etc.
“As primeiras exposicións do noso traballo mostran unha obra moi sintética,
tanto estética como didáctica dun medio tan ligado á nosa cultura, como é o
mar”.
Esteban Bernardez Fuentes formado como ilustrador, fotógrafo e
serigrafista en A Coruña e en Vigo.
Esteban Fuentes Gonzalez, arquitecto pola Escola Técnica Superior de
Arquitectura de A Coruña, é asimesmo pintor e gravador autodidacta
Museo Pazo de Tor
66
Exposición sobre patrimonios compartidos e mateada no Museo
Pazo de Tor
O sábado, 5 de abril, ás 18.00 horas, inaugurouse no Museo Pazo de Tor,
en Monforte de Lemos ,a exposición “Patrimonios: Muralla e Tango”,
mostra que permaneceu neste espazo museal ata o 11 de abril. Trátase
dunha exposición fotográfica itinerante realizada polos fotógrafos
de Tragaluz fotografíae organizado pola Asociación Cultural “Tango Club
Galicia” e a Rede Museística Provincial. Conta co patrocinio da área de
Cultura e Turismo da Deputación de Lugo e forma parte do proxecto
“Culturas en Diálogo: Lugo-Arxentina”. No mesmo acto terá lugar unha
mateada comentada.
Patrimonios: Muralla e Tango
O obxectivo da mostra é establecer unha ponte cultural e dar a coñecer a
importancia excepcional para a herdanza común da humanidade, que
Museo Pazo de Tor
67
posúen ambos os dous patrimonios. Propoñendo un diálogo bidireccional
entre dous patrimonios irmandados por un pasado común migratorio.
O Patrimonio Cultural tanxible e o intanxible únense para conformar de
xeito separado a identidade cultural dun determinado lugar. Do "seu" lugar.
Redefinindo o presente con unha mirada retrospectiva. Buscando co lente
ese factor determinante que define o que actualmente entendemos por
patrimonio, é o seu carácter simbólico, a súa capacidade para representar
simbolicamente unha identidade.
»» Información sobre o proxecto “Culturas en Diálogo: Lugo-
Arxentina”.
Museo Pazo de Tor
68
Natureza no Museo Pazo de Tor.
A natureza tamén forma parte do Museo Pazo de Tor. Natureza cambiante e
sempre espontánea, modela, a contorna do Pazo recordándonos a época do
ano o clima, máis polo miudo se nos fixamos nel descubrimos pequenos
agasllos que nos da a terra,
Outono, época dos cogomelos un pequeño agasallo da terra, non só pola
fermosura das cores e ou formas, senón tamén gastronómica e incluso
medicinais. O espazo natural do Museo Pazo de Tor é un espazo no outono
que atesoura unha importante variedade de cogomelos.
A Asc. Micolóxia Os Lactouros, levou a cabo unha andaina polos espazos
naturais previamente na busca das diferentes variedades de cogomelos,
para logo facer unha clasificación e unha fermosa exposición dos diferentes
cogomelos indicando a o nivel de toxicidade da cada especie topada.
Resultou unha actividade que foi máis alá do simplemente lúdico senón que
foi moi amena e didáctica a experiencia.
Museo Pazo de Tor
69
PROGRAMA DE CONCERTOS.
Obradoiro arredor dos instrumentos antigos de tecla no Museo Pazo
de Tor
O sábado, 18 de outubro, desenvolveuse no Museo Pazo de Tor, un
obradoiro que estará dedicado á familia dos instrumentos de tecla. A
actividade era aberta a todo tipo de públicos, con ou sen coñecementos de
música, interesados no fascinante mundo da música antiga. Un formato
ameno para a escoita e a conversa no que, da man de dous titores-músicos,
Jesús Caramés e Andrés Díaz, aprenderemos a disfrutar máis da música
antiga e dos seus repertorios.
Visita guiada polo Pazo de Tor
Para as persoas asistentes ao obradoiro preveuse unha visita guiada ás
dependencias do Pazo.
Instrumentos antigos de tecla que se tocaron no Museo Pazo de Tor
Un órgano portativo medieval, un clavicordio do século XVI, unha espineta
de 1650, un pianoforte da casa Clementi e un piano organizado, dos poucos
que se conservan en todo o mundo, foron os protagonistas
A actividade foi organizada por Espazos Sonoros e forma parte do programa
"Música en espazos de interese cultural".
Para participar no obradoiro e na visita era preciso inscrición previa a través
do seguinte enderezo electrónico: [email protected]
Museo Pazo de Tor
70
8º Aniversario da Apertura do Museo Pazo de Tor
Como cada ano desenvolveuse a celebración da efeméride, este ano é 8º
ano de apertura do Museo Pazo de Tor (13 de xullo de 2006) Qué mellor
maneira de festexalo! con música e acompañado de amigos, compañeiros e
partillar recordos e experiencias sobre o Museo Pazo de Tor.
O concertó estivo a cargo de dous fabulosos artistas.
Iria Estévez e Gonzo Piña (Guitarra e voz). Fado e música tradicional
galega.
Museo Pazo de Tor
71
PROGRAMA DE CINE E TEATRO.
O PAZO DE TOR COMO PRINCIPAL ESCENARIO DAS
PRINCIPAIS SECUENCIAS DO FILME A ESMORGA
O delegado de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, o nacionalista Mario
Outeiro, participou, no do Pazo de Tor, Severino Rodríguez, alcalde de Monforte de
Lemos, na presentación da rodaxe do filme A Esmorga, baseada na gran novela da
literatura galega de Eduardo Blanco Amor e que a compañía Vía Láctea Filmes
converte en película da man de Ignacio Vilar, que tamén estivo no acto de
presentación xunto cos actores protagonistas Miguel de Lira, Karra Elejalde e Antonio
Durán “Morris”.
Neste sentido, Mario Outeiro destacou “a longa tradición cinematográfica coa que
conta a provincia de Lugo, que foi escenario da rodaxe de múltiples filmes, tanto de
tipo documental como de ficción e cuxo Pazo de Tor tamén foi partícipe”
“A gravación da película a Esmorga no Pazo de Tor non só nos enriquecerá desde un
punto de vista cultural, aportando o seu graíño de area ao conxunto de películas
rodadas na provincia, senón tamén desde un punto de vista turístico, xa que será un
excelente escaparate para xoias do patrimonio histórico e artístico lucense como este
Museo Pazo de Tor
72
museo, unha das máis importantes mostras da arquitectura pacega galega”, explicou
Outeiro, quen ademais asegurou que “A Esmorga é unha das grandes novelas da
literatura galega e universal do século XX, co que este proxecto que a levará ao cine
axudará a achegar a moitas persoas este magnífico libro de Blanco Amor”.
Logo do anuncio da rodaxe…
…comeza a rodaxe de A Esmorga no Museo Pazo de Tor
A Esmorga, a gran novela de E. Blanco Amor, convértese en película da man de Vía
Láctea Filmes e terá como escenario das principais secuencias o Museo Pazo de Tor.
O mércores, 29 de xaneiro, as 17:30 horas, o director, Ignacio Vilar, e algún dos
actores protagonistas como Miguel de Lira, Karra Elejalde e Antonio Durán “Morris”
presentaron aos medios o proxecto na compaña do alcalde de Monforte, Severino
Museo Pazo de Tor
73
Rodríguez, a xerente da Rede, Encarna Lago, e o deputado delegado da área de
Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, Mario Outeiro.
A rodaxe tivo lugar no Pazo de Tor os días 13, 14, 17, 18, 19 de marzo.
.
Museo Pazo de Tor
74
PROGRAMA DE COLECCIÓNS.
Intervención expositiva co fin de manter unha preservación máis
eficaz de algunhas pezas e de expoñer outras que non estaban o
estaban. Trasladáronse varias peanas e vitrinas, reutilizadas, para
dar cubillo a diferentes pezas.
A nova exposición e disposicón dos dos fondos do Museo Pazo de Tor,
afectou a seguintes salas.
- Recepción. Colocación dunha vitrina que expón.
Dos teléfonos antiguos (dos primeros S.XX)
Un barómetro de bolsillo de presión atmosférica.
- Sala Despacho. Colocación dunha vitrina que expón:
4 libros de imprenta do S. XVI (brevarios, misales..)
1 escribanía en prata de Toledo.
1 Bula Papal de Inocencio X.
- Cuarto de Uxío Novoneira. Colocación dunha pel de ovella
(negra) que estaba no despacho e un tresillo.
- Cuarto da Sra. Colocación dunha vitrina que alberga os zapatos
de Paz Zúñiga Laporta (Avoa paterna) e utensilios de manicura,
en prata .
- Corredor. Colocación dunha vitrina que expón un gran número
de chaves e un curioso candado esférico. No corredor tamén se
colocaron varias peanas, co fin de colocar exposicións.
- No Dormitorio Principal. Colocouse un cordón de seguridade co
fin de preservar a alfombra persa e outros elementos.
Museo Pazo de Tor
75
Museo Pazo de Tor
76
PERSONAL MUSEO PAZO DE TOR.
Este ano xubilouse “Angelita” Ángeles Rivada González, Encargada do
Museo Pazo de Tor, quen adicou unha vida a coidar “Tor”. Durante
máis de 20 anos tamén os adicou a ensinar un xeito de vivir da
fidalguía galega e a contarnos, a través dos fondos do Museo Pazo de
Tor, fermosas historias de Srs e Sras, sobre todo da última Sra. de
Tor Mª Paz Taboada de Andrés que habitaron este fermosísimo lugar.
Encarna Lago, Xerente da Rede Museística Provincial de Lugo e
compañeiros da Rede Museística, quixemos dar unha mostra de
agredecemento celebrando un xantar entre compañeiros e
acompañando a Angelita e mais a familia nun evento moi fermoso e
emotivo; tamén foi para facer pública a gratitude por parte de todos
os compañeiros, por acollernos e ensinarnos con tanto mimo. Mais
non é un adeus, é un nova andaina para ela dende outra perspectiva
de cara o Pazo. Angelita e Manolo seguen a ser un piar fundamental
do Museo Pazo de Tor, a ben seguro que as visitas ao Pazo non sería
nin por asomo o que son de non seren pola súas contribucións e as
que virán porque contamos con eles para seren partícipes de novas
ideas, actividades e historias na Rede Museísitca Provincial de Lugo.
Museo Pazo de Tor
77
PROGRAMA ARQUITECTÓNICO.
Programa arquitectónico do Pazo de Tor, anexos e exteriores.
- Instalación de vitrinas (recicladas-restauradas) para a nova
disposición de coleccións existentes e exposición de outras
novas. Ver Programa Expositivo*
- Aprovisionamento de vitrinas e peanas (recicladas-restauradas)
para acoller novas exposicións temporais.
- Intervención provisional e reparación de viga en tellado do Pazo
de Tor.
- Revisión e mantemento do ascensor-elevador do Museo.
- Reparación e mellora da conexión wifi da Biblioteca.
- Sustitución de bombillas antiguas por bombillas de baixo
consumo nas diversas estancias do Pazo
- Reorganización do almacén de didáctica e dos almacenes do Pazo
que serven de depósito para mobiliario e usos diversos.
- Desbroce da antiga torre do Pazo.
- Segado, replantación e acondicionamento do xardín do Pazo.
- Poda de árbores e arbustos.
- Limpeza de estanque e fonte do Pazo
- Desratización da biblioteca, sala caldeiras, almacéns, sotos e
áreas exteriores cada mes
- Recollida de auga para control de legionella e potabilidade.
Museo Pazo de Tor
78
EQUIPO.
Encarna Lago: Xerente da Rede Museística Provincial de Lugo
Ángeles Rivada: Encargada Museo Pazo de Tor
Manuel García: Vixilante de Arquitectura do Museo Pazo de Tor
Silvia Fiallega: Vilxiante-Guía Museo Pazo de Tor
Juan Ignacio: Bibliotecario Rede Museística Provincial de Lugo
Noelia: Persoal de limpeza Museo Pazo de Tor
Tar López: Vixilante-Guía Museo Pazo de Tor.