Musica en renacimiento.ppt

11
MÚSICA EN EL RENACIMIENTO

Transcript of Musica en renacimiento.ppt

Page 1: Musica en renacimiento.ppt

MÚSICA EN EL RENACIMIENTO

Page 2: Musica en renacimiento.ppt

Música Vocal Relixiosa

RITMO-Ritmo fluído e constante-Non hai distinción clara entre partes fortes e débiles-Os acento musicais coinciden cos do texto, polo que o ritmo ven determinado pola casi declamación do texto que se canta

MELODÍA-A melodía non existe por si mesma: cada liña melódica está tecida coas restantes que forman a polifonía, e perde o sentido no caso de cantarse ou tocarse separada do resto

TEXTO-Música católica: textos en latín-Música protestante: textos en alemán-Música anglicana: textos en inglés

TEXTURA-Música católica: polifonía contrapun-tística sinxela coa finalidade de que saliente a mensaxe do texto e acompañada en ocasións polo órgano-Música protestante: queren-do achegarse máis aos fieis, emprega textura homofónica coa melodía na parte superior e as outras voces acompa-ñando, sendo unha textura máis clara xa que as voces avanzan a un tempo e o texto se entende moito mellor

FORMAS MUSICAIS-Música católica: Misa e Motete-Música protestante: Coral-Música anglicana: Anthem

COMPOSITORES-Palestrina-Orlando di Lasso-Cristobal Morales-Tomas Luis de Victoria

Page 3: Musica en renacimiento.ppt

MÚSICA CATÓLICA

Palestrina

-Missa Papae Marcelli (Kyrie)

Tomás Luis de Victoria

-Ave María

MÚSICA PROTESTANTE

Johann Walter

-Coral “Nun bitten wir den heiligen geist”

MÚSICA ANGLICANA

William Byrd

-Anthem “Sing Joyfully”

Page 4: Musica en renacimiento.ppt

MÚSICA VOCAL PROFANA

RITMO-O ritmo é marcado-Distínguense ben os pulsos fortes o os débiles

MELODÍA-A música ten un carácter descriptivo e expresivo e énchese de efectos que retratan de forma eficaz o texto cantado: onoma-topeas, madrigalismos, etc

TEXTO-Idioma: Escrito nas distintas linguas vernáculas-Temática: as cancións exploran temas relacionados coas preocupacións e as emocións humanas (o pracer do amor e a dor pola súa perda, a alegría da festa, a beleza da natureza, etc)

TEXTURA-Homofónicas, de textura clara, melodía na parte superior e acompañamento sinxelo. Romances e panxoliñas-Contrapuntísticas, de textura máis complicadas, coa intención de que a música e o texto expresen a mesma emoción. Madrigal e chanson

FORMAS MUSICAIS-Madrigal-Chanson-Romance-Panxoliña-Ensalada

COMPOSITORES-Carlo Gesualdo-Claudio Monteverdi-Clément Janequin-Juan del Enzina-Francisco de Peñalosa-Mateo Flecha “el Viejo”-Juan Vázquez

Page 5: Musica en renacimiento.ppt

Juan del Encina

-”Una sañosa porfía”

-”Mas vale trocar”

-”Cucú”

Mateo Flecha El Viejo

-Ensalada “La bomba”

Claudio Monteverdi

-Madrigal “Cruda Amarilli”

Adriano Banchieri

-Contrapunto bestial

Clement Janequin

-Chanson “La guerre”

Josquin des Pres

-”El Grillo”

Page 6: Musica en renacimiento.ppt

MÚSICA INSTRUMENTAL

CARACTERÍSTICAS-Aparece unha verdadeira música instrumental independente do canto e o seu texto. Por primeira vez componse música específica para ser tocada cos instrumentos-Coménzase a anotar a música instrumental que ata o momento se improvisaba ou se tocaba de memoria-Non hai aínda unha música totalmente instrumental ou vocal pois toda a música instrumental pódese cantar ou viceversa-Non se especifica que instrumento debe tocar cada liña da melodía. As obras son interpretadas polos instrumentos dos que se dispón en cada ocasión. Non existe o concepto de orquesta como grupo estable.

INSTRUMENTOS-Instrumentos característicos da época *de corda: laúde, vihuela, viola da gamba *de vento: Frauta, bombarda, corneto, chirimías, sacabuche, serpentón *de teclado: clave, órgano-O único criterio para agrupar os instrumentos é a súa potencia. Deste xeito distinguen dous tipos de conxuntos: *conxuntos de música alta, de son potente, formados por instrumentos de percusión e vento-metal, para tocar ao aire libre *conxuntos de musica baixa, de son suave, formados por instrumentos de corda e vento-madeira, para tocar en interiores

FORMAS MUSICAIS-Composicións derivadas da música vocal *canzona: de textura homofónica, derivada da chanson *ricercar, de textura contrapuntística e imitativa, influenciada polo motete-Formas improvisatorias: baseadas na práctica da improvisación (fantasía, tocata, etc)-Variacións: o compositor parte dun tema sinxelo que despois repite con distintas modificacións. Esta forma musical recibirá en España o nome de “diferencias”-Música de danza: adoitábase combinar as danzas en parellas contrastantes: *unha primeira danza de pasos en ritmo binario e tempo lento *unha segunda danza de xiros ou saltos, máis rápida e en ritmo ternario

COMPOSITORES-Obras para conxuntos instrumentais *Andrea Gabrielli *Giovanni Gabrielli-Obras para laúde *John Dowland-Obras para vihuela *Luis de Narvaez *Luis de Milán-Obras para órgano *Antonio de Cabezón *Francisco Salinas

Page 7: Musica en renacimiento.ppt
Page 8: Musica en renacimiento.ppt
Page 9: Musica en renacimiento.ppt
Page 10: Musica en renacimiento.ppt
Page 11: Musica en renacimiento.ppt

Antonio de Cabezón

-Tiento VIII tono

Luis de Narvaez

-”Canción del Emperador”

-Diferencias sobre “Guardame las Vacas”

Luis de Milán

-Fantasía XI

-Pavana y Gallarda

John Dowland

-Fancy

-Lachrimae

-Ayre “Flow my tears”