N Órgano de comunicación do S. N. de CC - ccoo.gal · menos 789 mulleres, cifra que podería...

12
www.galicia.ccoo.es Órgano de comunicación do S. N. de CCOO Número 64 - outubro de 2015

Transcript of N Órgano de comunicación do S. N. de CC - ccoo.gal · menos 789 mulleres, cifra que podería...

Page 1: N Órgano de comunicación do S. N. de CC - ccoo.gal · menos 789 mulleres, cifra que podería aumentar cos oito casos que actualmente se están a in-vestigar. O aluvión de crimes

www.galicia.ccoo.es

Órgano de comunicación do S. N. de CCOONúmero 64 - outubro de 2015

Page 2: N Órgano de comunicación do S. N. de CC - ccoo.gal · menos 789 mulleres, cifra que podería aumentar cos oito casos que actualmente se están a in-vestigar. O aluvión de crimes

GALICIA SINdICAL Número 64 - outubro de 2015

2

www.galicia.ccoo.es

As CCOO son moi plurais,de sempre. De feito, pou-cos asuntos concitan

unanimidades nas decisiónse opinións de quen forma-mos parte do sindicato. Tal-vez a lembranza e o respectoá figura de Marcelino Cama-cho sexa das poucas cues-tións que xeran unha va-loración unánime, nestecaso de admiración e agra-decemento. Marcelino é re-flexo dunha xeración xene-rosa e valente que pelexou endefensa da liberdade e dos de-reitos da clase traballadora.Van aló cinco anos da de-

saparición de Marcelino, perosemella estar aí, con Josefina,coa familia, coas xentes dassúas CCOO. Presentímolo nasmobilizacións en defensa dedereitos, na denuncia da po-breza á que nos condenan as

decisións a Trilateral, comotantas veces arengou.A súa maneira de facer máis

CCOO –loita e negociación–segue vixente. Marcelino reco-mendaría hoxe repasar as ve-llas maneiras de facer sindi-calismo para afrontar asnovas adversidades promovi-das polos poderes económicose especulativos. Pasaron máisde cincuenta anos desde acreación das primeiras CCOO,

CAIXA DO CORREO «GALICIA SINDICAL»

como a do metal de Madrid en1964, da que el fixo parte. Xanon existe a ditadura que elaxudou a combater malia asmalleiras, as estadías en pri-sión ou o temor a ser asasi-nado como tantos compa-ñeiros e compañeiras.Finou o ditador, mais témo-

nos que encarar aínda aopoder que antano se apoiabaen Franco para consolidar assúas pretensións de explota-

ción. Ese poder disposto a eli-minar todos os avances sociaisconquistados, disposto a con-verter traballo en pobreza. Esepoder esíxenos a firmeza e aforza que Marcelino aplicabana loita sindical e na defensada unidade da clase traballa-dora e da cidadanía crítica.Non dubidemos en aplicar o

manual sindical de Marcelino:conseguirmos máis dereitos abase de loita, estarmos sempreao dispor de quen precisaraxuda nos seus conflitos, par-ticiparmos en todas as mobili-zacións, animarmos as per-soas achegadas a que se im-pliquen, valorarmos a impor-tancia dos comités de empresae, ao tempo, pormos en valor asección sindical de CCOO.Como dicía Marcelino Cama-cho, «cos pés na terra e a mi-rada á fronte».

CCOO homenaxeou a Marcelino no quinto cabodano do seu pasamento

Page 3: N Órgano de comunicación do S. N. de CC - ccoo.gal · menos 789 mulleres, cifra que podería aumentar cos oito casos que actualmente se están a in-vestigar. O aluvión de crimes

3

www.galicia.ccoo.es

GALICIA SINdICALNúmero 64 - outubro de 2015

Oconcepto de «violencia dexénero» abrangue todoacto de violencia baseada

no xénero que resulte, ou poidaresultar, nun dano físico, sexualou psicolóxico para a muller. In-clúe, pois, as ameazas de talesactos, a coacción ou a privaciónde liberdade, tanto se se producena vida pública como na esferaprivada.Nos últimos doce anos, en Es-

paña foron asasinadas polassúas parellas ou ex-parellas polomenos 789 mulleres, cifra quepodería aumentar cos oito casosque actualmente se están a in-vestigar. O aluvión de crimes ma-chistas das últimas semanaspreséntase, ás veces, como unhaforma de fatalidade. Nada máislonxe da realidade: as voces ex-pertas inciden en que a violenciade xénero é un fenómeno concausas abordables, e existen me-didas concretas para atallala queprecisan, iso si, de orzamentos ede vontade política.Somos moitas as organiza-

cións que demandamos servizosde atención ás vítimas que con-ten coa dotación suficiente paralles poder ofrecer asistencia psi-colóxica, acompañamento legalou acceso a certos servizos pú-blicos. Alén do procedementoxudicial, a atención social a estasmulleres ha ter en conta a com-plexidade do problema para «tra-ballar, protexer e recuperar avítima», como insiste o ex-dele-gado do Goberno para a violenciade xénero, Miguel Lorente.Cómpre unha rede de protec-

ción e asistencia, que en parteexiste pero moi minguada polosrecortes das políticas de austeri-dade do Partido Popular. Ade-mais, CCOO ten pedido reite-radamente a creación de xul-gados específicos de atención áviolencia de xénero, con persoalformado e capacitado para medire avaliar o risco a que está some-tida unha muller e tomar as me-didas de protección máis axei-tadas para cada vítima.Cada día é máis evidente que

nos atopamos ante un compor-tamento complexo, manifestadode diversas formas –directas eindirectas–, de gravidade e inten-sidade variable, illado ou conti-nuado. Ademais, debemos termoi en conta o uso das novastecnoloxías, porque a travésdelas aparecen novas formas de

exercer a violencia, cunha espe-cial incidencia nas mozas.

Riscos para a mocidadeA mocidade, xa «nativa dixi-

tal», intercambia a través dasredes contidos persoais comounha proba de confianza emesmo de amor, que poden serunha porta aberta ao ciberacoso.O sexting, que consiste na difu-sión de imaxes de contido eróticoe sexual, e a sextorsión, que é aameaza de difundilas en Internetpara difamar ou mesmo acosar,son comportamentos demasiadohabituais. A eliminación da mate-ria de educación para a cidadanía,tan deostada pola dereita e o fun-damentalismo católico, tivocomo consecuencia que a igual-dade entre homes e mulleres oua violencia de xénero desapare-

ceran do currículo formativo daxuventude.Son moitas as formas da vio-

lencia de xénero pero, malia oapoio lexislativo, o certo é que oacoso sexual, o acoso por razónde sexo e a violencia no ámbitolaboral aínda se manteñen nunlimbo inaceptable. Os protoco-los de prevención do acoso se-xual e por razón de sexo soninstrumentos para dar visibili-dade a estes comportamentos,así como para previlos e sancio-nalos; deberían estar xa apro-bados e en funcionamento entodas as empresas!O Sindicato Nacional de CCOO

de Galicia conta cos estudos,documentos, publicacións e for-mación necesarios para abordara violencia de xénero en todas assúas formas. Temos os instru-mentos para informar, asesorare acompañar as mulleres e darese primeiro paso fundamentalde se sentiren arroupadas; unsentimento imprescindible parapoder rachar co espazo vital deviolencia en que milleiros delasviven.Recomendamos a difusión

masiva da guía elaborada polaSecretaría da Muller hai case unano, que se pode consultar na se-guinte ligazón ou directamente napáxina web de CCOO de Galicia:http://tinyurl.com/guiamvv.

Page 4: N Órgano de comunicación do S. N. de CC - ccoo.gal · menos 789 mulleres, cifra que podería aumentar cos oito casos que actualmente se están a in-vestigar. O aluvión de crimes

GALICIA SINdICAL Número 64 - outubro de 2015

4

www.galicia.ccoo.es

Do 21 ao 23 de outubro ce-lebrouse en Madrid, no Au-ditorio Marcelino Cama-

cho, o II Congreso Traballo, Eco-nomía e Sociedade, organizadopola Fundación 1.º de Mayo deCCOO coa colaboración das fun-dacións Friedrich Ebert e Ateneo1.º de Mayo mais do InstitutoSindical Europeo. O lema doCongreso foi «Crise e desigual-dade: alternativas sindicais».Nas sesións plenarias e nos

cinco talleres temáticos partici-paron máis de 250 congresistase inscribíronse 400 persoas; de-las, 173 eran mulleres (42 %).Nas mesas redondas interviñe-ron vinte persoas, oito delasmulleres (40 %).Os talleres temáticos aborda-

ron o asunto principal desde dis-tintos enfoques sectoriais, to-mando como base as 45 comu-nicacións presentadas. Asistirona eles 170 persoas e versaronsobre: 1) Mercado de traballo, re-lacións laborais e intervenciónsindical; 2) Política industrial e in-novación; 3) Economía políticada igualdade; Gobernanza econó-mica europea; Fiscalidade e polí-ticas públicas; 4) Educación eigualdade; Formación profesio-nal e modelo produtivo; 5) De-reito do traballo e igualdade, porunha reforma do modelo de re-lacións laborais.O obxectivo principal do Con-

greso fíxoo explícito o presidenteda Fundación 1.º de Mayo, JavierDoz, na inauguración: «quere-mos contribuír a que a loita con-tra a pobreza e a desigualdadeestean no centro do debate polí-tico, con vistas ás próximas elec-

cións xerais do 20 de decembroe aos próximos anos». Tanto Dozcomo o secretario xeral confede-ral de CCOO, Ignacio FernándezToxo, e o de Madrid, Jaime Ce-drún, subliñaron que o aumentoda pobreza e a desigualdade nonoso país alcanzaron uns niveisinsoportables que cómpre rever-ter mudando as políticas econó-micas e sociais e o modeloprodutivo. A última serie de datos de Eu-

rostat –outubro de 2015– sobrepobreza e desigualdade en Eu-ropa é concluínte. Entre 2008 e2014, a poboación en risco depobreza e exclusión social au-mentou en España o 5,7 %, atachegar ao 29,2 % da poboacióntotal, ou sexa, 13,6 millóns depersoas. É a cifra máis alta en ter-

mos absolutos, e a quinta taxamaior, tras Romanía, Bulgaria,Grecia e Irlanda. A media europeaé do 24,4 %. A pobreza extremaafecta a 3,2 millóns de persoas,o 6,85 % da poboación.A desigualdade tamén creceu

fortemente. No mesmo perío-do, o índice de Gini –un dos in-dicadores para medir a desi-gualdade– subiu case nove pun-tos, do 31,9 ao 34,7, o quesupón un ritmo moi aceleradonun indicador tan sensible. A me-dia da UE pasou de 30,6 a 31 %.Medida polo cociente entre osingresos anuais do 20 % máisrico da poboación e os do 20 %máis pobre, a desigualdadepasou en España dun valor 5,5(2008) a 6,8 (2014); é dicir, cre-ceu o 24 %. No mesmo período,a media europea do cocientesó se incrementou do 5 ao 5,2(4 %). En ambos os indicadoresda desigualdade, España pasou

de estar nunha zona media a sero segundo país máis desigual deEuropa, superando mesmo aGrecia. Sexan cales foren os pa-rámetros escollidos, as cifras deEspaña son desoladoras. A ri-queza que acumula o 1 % máisrico da poboación é o 27 % datotal; o 10 % máis rico acapa-ra o 55 %.A desigualdade salarial é un

factor moi influente da desigual-dade total. Segundo o recente es-tudo de CCOO sobre asempresas do IBEX35, no ano2014 os seus primeiros executi-vos incrementáronse as retribu-cións un 80 %; os membros dosconsellos, un 30 %; as persoasen postos directivos, un 14,3 %;e os accionistas viron os seusdividendos incrementados un72,4 %. Pola contra, os salariosdos traballadores e traballadorasdiminuíron un 1,5 %. Pode haberun balance máis escandaloso?

Page 5: N Órgano de comunicación do S. N. de CC - ccoo.gal · menos 789 mulleres, cifra que podería aumentar cos oito casos que actualmente se están a in-vestigar. O aluvión de crimes

5

www.galicia.ccoo.es

GALICIA SINdICALNúmero 64 - outubro de 2015

Nótase que estamos ás por-tas dunhas eleccións e, entales ocasións, o falar non

ten cancelas. Deberían pregoar arecuperación cun pouquiño máisde cautela porque a situación donoso mercado laboral obriga apreocuparse.É indiscutible que hai creación

de emprego, pero dos postos detraballo que se están xerando,demasiados son a tempo parciale temporais. Os datos da enquisade poboación activa do terceirotrimestre de 2015 falan de seuporque o emprego a tempo par-cial medrou máis ca o de xor-nada completa (un 5,7% fronteao 1,6 %) e o indefinido estásendo substituído polo temporal(4 300 indefinidos menos frontea 30 600 temporais máis).En Galicia avanzamos bastante

máis devagar na creación de em-prego que na media estatal: a po-boación ocupada aumentou nanosa comunidade autónoma un2,13 % no último ano e no es-tado, un 3,11 %. Non nos con-sola escoitar que estamos mellorca estes anos de atrás pois a crúarealidade é que aínda hai 16 800persoas menos traballando cano terceiro trimestre de 2012 e117 200 menos ca no terceiro tri-mestre de 2009.Sobran as interpretacións

autocompracentes sobre a evo-lución da ocupación pois desdeo terceiro trimestre de 2013 re-cuperouse o 23 % dos postosde traballo que se destruírondesde o terceiro de 2009. Isoen termos cuantitativos, por-que se afondamos na perda dedereitos que van quedandopolo camiño, o panorama é de-

solador e a sensación é defrustración.

Máis traballo a tempo parcialCada vez máis persoas traba-

llan a xornada parcial e a taxa detemporalidade non deixa desubir. En Galicia, traballan atempo parcial o 14 % das per-soas ocupadas, e o 69 % mani-festan que a aceptaron por nonatoparen un emprego a tempocompleto. O 27,5 % da poboa-ción asalariada ten un contratotemporal. Estas dúas debilidadesdo noso mercado laboral aíndaas padecen con maior crueza ostraballadores e traballadoras me-nores de 30 anos: ao redor do24 % teñen un emprego a tempoparcial e o 63 %, un contrato

temporal.A forte perda de empregos no

sector público (18 700 menos cano terceiro trimestre de 2010) tenconsecuencias evidentes naprestación de servizos; nonabundamos nelas, ben as coñece(e padece) toda a cidadanía.É certo que o paro está bai-

xando, pero hai pouco de quealardear. As 222 800 persoasdesempregadas en Galicia colo-can a taxa de paro no 17,7 %; e éespecialmente grave na xentenova porque o 29,6 % das per-soas activas menores de 30 anosestán paradas.As cifras do paro de longa du-

ración son alarmantes e a súaporcentaxe sobre o total do des-emprego non deixa de medrar.

No terceiro trimestre de 2015, o62,6 % das persoas paradas le-vaban buscando emprego un anoou máis, mentres que docemeses atrás esa porcentaxe erado 60,5 % e hai catro anos bai-xaba ata o 31,1 %.Tamén a menor participación

no mercado laboral repercute nodescenso do paro. A poboaciónactiva segue minguando, e conmoita forza na xente nova: nocolectivo de menores de 30anos redúcese un 6,3 % desde oterceiro trimestre de 2014 e un33,4 % se a comparación se es-tablece co terceiro trimestre de2009. Non é posible analizar conrigor que efecto ten a emigra-ción nesa caída da poboaciónactiva, pero tampouco é respon-sable escudarse na falta de esta-tísticas precisas para recoñecerque a nosa xuventude, e en boaparte moi preparada, está mar-chando do país porque aquí nonatopa traballo.Todas as situacións expostas

ata aquí (emprego precario, des-emprego, emigración…) acumú-lanse en moitas ocasións nunúnico fogar. Pero talvez a cir-cunstancia máis angustiosa seproduza cando todos os mem-bros dunha vivenda están noparo: 73 100 en Galicia. O catá-logo de condicións extremas nonremata aí, porque en 29 700 fo-gares galegos non se percibeningún tipo de ingreso. O risco deexclusión social axexa ás portasdestes milleiros de fogares. Agora que a actividade está a

recuperarse, é de xustiza ir equi-librando a balanza das relaciónslaborais: subir os salarios, crearemprego de calidade, derrogar areforma laboral, restituír todos osdereitos eliminados ás emprega-das e empregados públicos, ga-rantir a protección das persoasque queren traballar pero quenon atopan emprego... Á clasetraballadora xa lle tocou pandar,e moito, porque segundo nosquerían facer crer, non habíaoutro remedio e a situación eco-nómica o requiría.

Page 6: N Órgano de comunicación do S. N. de CC - ccoo.gal · menos 789 mulleres, cifra que podería aumentar cos oito casos que actualmente se están a in-vestigar. O aluvión de crimes

GALICIA SINdICAL Número 64 - outubro de 2015

6

www.galicia.ccoo.es

Osistema de protección so-cial articúlase no estadoespañol en dúas estruturas

fundamentais: a prestación pordesemprego, que depende daSeguridade Social, e as presta-cións no marco da asistencia so-cial, que dependen das comuni-dades autónomas. Estas últimasatenden, principalmente, as per-soas en risco de exclusión ouque xa están nela.As prestacións sociais varían

moito dunhas comunidades aoutras e por moi distintos facto-res. Isto é, o acceso ao sistemaresponde a diferentes criterioscanto a idade, nivel económico,prestacións ofertadas, tempo deresidencia requirido, considera-ción de unidade familiar…

Moitas persoas que nuncacontaron con estar no limiar dapobreza foron empurradas aesa situación por culpa dacrise. Non se trata só de unida-des familiares sen ningún tipode ingreso: persoas que traba-llan de forma totalmente preca-ria atópanse no que denomi-namos «pobreza salarial»; tra-balladores e traballadoras po-bres porque o seu salarioínfimo non lles dá para chega-ren a fin de mes. A este tipo decolectivos aos que non cheganas rendas autonómicas diríxesea iniciativa lexislativa popular(ILP) de que falaremos a seguir.

ILP: un traballo de anosCCOO leva anos traballando

para conseguir a creacióndunha renda que se configurecomo unha prestación máis daseguridade social, que cubra as

necesidades daquelas persoasque non entren nas prestaciónssociais anteriormente referidas.No 2013, CCOO fixo unha pro-

posta de renda estatal e compar-tiuna cos grupos parlamentarios.O proxecto foi ben acollido polamaioría dos partidos e taménpolas ONG que traballan no ám-bito, aínda que con matices. Nesemomento, mesmo contando cobeneplácito da maioría dos gru-pos, a idea non foi aceptada poloPP. Xa que logo, no caso de seimpulsar unha ILP, resultaría re-xeitada pola maioría absoluta dopartido do Goberno.

Impulso da ILPAo cabo dun tempo, na espe-

ranza de que a correlación deforzas no Parlamento varíe, de-cidimos, de consún coa UGT,pór en marcha unha ILP nestesentido: a creación dunha renda

mínima estatal que, como sedixo, sexa unha prestación máisda Seguridade Social en beneficiode todos os fogares cunha rendaper cápita igual ou inferior a 5837euros anuais.

A quen axudaría?Segundo os nosos cálculos,

chegaría a máis de dous millónsde persoas en todo o estado ecase noventa mil en Galicia. Ocusto anual desta renda sería de11000 millóns de euros, doscales algo máis de 400000 eurosse destinarían á comunidade au-tónoma.De momento, cómpre recoller

en todo o estado medio millón desinaturas e, despois, levar a ILP aoParlamento estatal. As elecciónsestán aí, en decembro. Daquela,se muda a cor do Goberno, oavance da iniciativa será moitomáis factible.

Page 7: N Órgano de comunicación do S. N. de CC - ccoo.gal · menos 789 mulleres, cifra que podería aumentar cos oito casos que actualmente se están a in-vestigar. O aluvión de crimes

7

www.galicia.ccoo.es

GALICIA SINdICALNúmero 64 - outubro de 2015

OSindicato Nacional deCCOO iniciou o 1 de outu-bro a recollida das preto

de cincuenta mil sinaturas coasque Galicia contribuirá á crea-ción dunha prestación de ingre-sos mínimos para as persoasque non conseguen atopar untraballo nin dispoñen de recur-sos económicos.Esiximos con esta ILP que os

Gobernos español e galego asu-man as súas responsabilidadese se comprometan na loita con-tra a pobreza e a exclusión so-cial. Necesitamos e esiximosunha protección que non sexadiscrecional, senón que formeparte do núcleo duro da seguri-dade social e que sexa universalpara todas as persoas, indepen-dentemente do lugar do estadoespañol onde residan.En Galicia, presentamos publi-

camente a ILP nunha conferenciade prensa dos secretarios xeraisde CCOO e UGT, o día 25 de se-tembro. Posteriormente, realizá-ronse presentacións en todas ascomarcas.

Labor de todas e todosDesde o Sindicato Nacional

de CCOO iniciamos xa a reco-llida de sinaturas nos centrosde traballo para facer chegar asolidariedade das persoas queteñen un emprego a aquelasque aínda non o conseguiron.A exclusión social incúmbenosa todos e a todas; a extensión

da protección social a toda asociedade forma parte da loitasindical. Temos previstas entrevistas

con institucións e con todo tipode organizacións que loitancontra a pobreza para presen-tarlles a iniciativa lexislativa po-pular e conseguirmos o seuapoio para que teña éxito.Podedes atopar mesas de re-

collida de sinaturas diante dos

centros públicos de referenciade toda Galicia, onde xente dosindicato vos informará e pe-dirá que vos sumedes á cam-paña. Tamén atoparedes ospregos de sinaturas nos locaisdo sindicato, polo que podedesaproveitar para asinar candovos acheguedes a realizar al-gunha xestión. Convidámosvosa que nos visitedes e asinedesa prol desta ILP!

Cando logremos recoller omedio millón de sinaturas quese precisan en todo o estado,remitirémolas ao Congreso dosDeputados para que as novasCortes Xerais inicien o debateda proposta.O novo Congreso será, sen dú-

bida, distinto do actual. Practica-mente todos os partidos políticoslevan nos seus programas elec-torais unha proposta de rendamínima que ten a mesma natu-reza que a que nós xa temos ela-borada. É moi probable que aproposta de prestación que pre-sentemos, arroupada coas vosassinaturas, sexa un dos temas im-portantes para resolver no inicioda próxima lexislatura. O traballo pola xustiza social é

unha das mellores causas en queinvestirmos o noso esforzo e onoso traballo. Esta campañadebe, pode e vai ser un éxito daclase traballadora e de toda a so-ciedade contra a pobreza e a ex-clusión social!

Page 8: N Órgano de comunicación do S. N. de CC - ccoo.gal · menos 789 mulleres, cifra que podería aumentar cos oito casos que actualmente se están a in-vestigar. O aluvión de crimes

GALICIA SINdICAL Número 64 - outubro de 2015

8

www.galicia.ccoo.es

SEN COMENTARIOS

En Francia, un directivo de Air France foxe das instalacións da aeroliña o día en que se anunciou o despedimento de case tres mil persoas

Page 9: N Órgano de comunicación do S. N. de CC - ccoo.gal · menos 789 mulleres, cifra que podería aumentar cos oito casos que actualmente se están a in-vestigar. O aluvión de crimes

9

www.galicia.ccoo.es

GALICIA SINdICALNúmero 64 - outubro de 2015

Opasado 3 de outubrotivo lugar en Santiagode Compostela unha

xornada formativa de CCOOpara menores de trinta anos.Compañeiros e compañeirasde toda Galicia puxeron encomún realidades e proble-máticas, coa intención de or-ganizar en toda a comunida-de unha resposta ante a si-tuación precaria que traballa-doras e traballadores novosestán a sufrir.Debido á pretensión de deter-

minados axentes económicos emediáticos de desmobilizar edesprestixiar o sindicato, a xera-ción que se incorpora agora aomercado laboral é a que menosestá a participar nas estruturassindicais. Isto ten unha claraconsecuencia na calidade doemprego desta xeración: baixossalarios, contratos temporais–por semanas, días ou mesmohoras–, horas extras obrigato-rias e que non se pagan, cobra-mentos en negro, etc. Conse-cuencias no emprego, pero ta-mén na falta del, como evidenciaa nova vaga de emigración.Estas condicións específicas

da mocidade obrigan a artellarunha resposta igualmente espe-cífica, algo que leva facendo osindicato dende hai un tempo encada unión comarcal. A consti-tución de CCOO-Xuventude éunha realidade en case todos osterritorios, pero faltaba a posta

en común e a coordinación detodas as experiencias.Fortalecer o sindicalismo en-

tre a mocidade é asegurar o fu-turo do sindicato. É impres-cindible que o sindicalismo seachegue ás novas realidades la-borais e, neste momento, unhadas máis perentorias e compli-cadas é a da mocidade. A cons-trución dunha rede xuvenil noseo de CCOO de Galicia favore-cerá, sen dúbida, o achega-mento a esa realidade na medidaen que se consiga consolidar untraballo permanente no tempo,profundo no contido e constantena práctica. Para iso, cómprenon só a vontade de quen con-forma estes grupos, senón oapoio de todo o sindicato parapoder medrar como persoas tra-balladoras e sindicalistas.A mocidade é un dos colecti-

vos sociais máis vulnerables ácrise económica. Son principal-mente as persoas menores detrinta anos as que encadean tra-ballos temporais. Quen mellor

que alguén que está a pasar polamesma situación para falar docansazo após unha xornada enque a metade das horas nonestán remuneradas, ou sexa,que se traballan de balde? É im-periosa e urxentísima a necesi-dade de chegarmos a estecolectivo e axudarlle a tomarconciencia de que han combateragrupadamente estas xornadasescravistas agachadas tras con-tratos lixo. É unha necesidadeimperiosa, non só polo ben eco-nómico ou pola saúde desa per-soa, nin tan sequera pola súadignidade, que tamén; senónporque permitir que existan estetipo de traballos causa un pre-xuízo directo ao conxunto daclase obreira.Esta debe ser unha das premi-

sas destes espazos: concienciara xente da nosa idade da nece-sidade de se sindicar e organi-zar, tanto para defenderse dosataques da patronal –ou mandosno noso posto de traballo–como para acabar cun sistema

CCOO organizou o 3 de outubro unha xornada de formaciónpara mozas e mozos menores de trinta anos

que perpetúa estas desiguaisrelacións laborais e as xustificaa prol dun progreso económi-co que só chega aos grandescapitais.Non abonda con engrosar

estes grupos de traballo; cóm-pre unha perspectiva a medio elongo prazo, cun proxecto de in-corporación da mocidade aosindicato. O conxunto de CCOOten a obriga de vogar nesta di-rección e, como xuventude, te-mos a necesidade urxente detraballar para facelo realidade. É necesario, por último, agu-

zar a vista e ver alén da situa-ción inmediata; decatarse deque o que hoxe é unha pequenavitoria nun pequeno posto detraballo, mañá poden ser millei-ros de vitorias que materialicenese proxecto que albergamos:unha sociedade libre da violen-cia capitalista.

Page 10: N Órgano de comunicación do S. N. de CC - ccoo.gal · menos 789 mulleres, cifra que podería aumentar cos oito casos que actualmente se están a in-vestigar. O aluvión de crimes

GALICIA SINdICAL Número 64 - outubro de 2015

10

www.galicia.ccoo.es

OConsello Nacional deCCOO de Galicia ratificou oinforme presentado hoxe

polo secretario xeral, Xosé Ma-nuel Sánchez Aguión. Tamén seaprobaron as contas anuais do2014, os orzamentos do próximoano, así como as liñas de traballosindical para o curto e o medioprazo. No seu informe, SánchezAguión reivindicou cambios nasprioridades das políticas econó-micas, laborais e sociais, «que ácalor das consecuencias da crise,e utilizándoa como coartada,están a deteriorar a cohesión so-cial e facendo unha sociedademáis inxusta e desigual». Para odirixente sindical, se se deterio-ran os servizos públicos que co-bren continxencias «sobre tododas persoas en situacións máisvulnerables», e ademais o em-prego que se crea é cada vezmáis precario, «a cacarexada re-cuperación pode agrandar e con-solidar as brechas de desigual-dade», alertou.Neste contexto, o sindicalismo

de clase que representa CCOO«aspira a ser un referente naconstrución de canles de reparti-ción de riqueza» e mellora cuali-tativa dun sistema democrático,«porque exercemos unha repre-sentación democrática que nosoutorga a clase traballadora». Portanto, Sánchez Aguión reivindi-cou o papel do sindicato no es-pazo público, especialmente nunmomento en que o público e opolítico «sofren unha intensa de-

terioración da súa imaxe, moitasveces por erros e outras por in-tencións nada casuais dos únicosque poden prescindir da acciónpolítica e pública: os podereseconómicos».

Propostas políticasO secretario xeral de CCOO

lembrou que esta organización,como sindicato de clase, afirmaclaramente que «non nos é alleoo político», porque se ben nondefende siglas partidarias, «sitemos propostas e opcións» enmaterias como fiscalidade, servi-zos públicos, regulación econó-mica, relacións laborais oudereitos civís e sociais.Neste punto, Sánchez Aguión

afirmou que a mellor achega deCCOO de Galicia para mellorar oemprego, a cohesión e a xustizasocial, «é facer o mellor sindica-lismo de que sexamos capaces ecoa maior extensión posible».

Moi lonxe da recuperaciónPara Sánchez Aguión, a «tí-

mida» mellora dalgúns indicado-

res macroeconómicos e do mer-cado de traballo, sitúa a Galicia«moi lonxe» da recuperación.Segundo a súa análise, só se po-derá falar «con rigor» de recupe-ración cando, no mínimo,«volvamos ter os parámetros so-ciais e económicos anteriores ácrise», pois a «saúde» do mer-cado de traballo non se podemedir coa análise «simplista eillada» da evolución das cifras deparo. «A crise aínda é moi viva,está moi presente entre miles decidadáns e cidadás que seguensufrindo os efectos da destrucióndo emprego, da desprotección,da precariedade laboral e do re-corte de dereitos», insistiu o diri-xente sindical.Sánchez Aguión chamou ta-

mén a atención sobre a taxa derisco de pobreza e exclusión so-cial no 2014, que se situaba enGalicia no 15,5%, seis puntosporcentuais máis que no 2007.«Isto quere dicir que máis de672000 de persoas corren orisco de ser pobres porque teñenrendas inferiores ao limiar de po-

Intervención de Xosé Manuel Sánchez Aguión na defensa do informe xeral

breza, que se situaba en 9767euros anuais para un adulto», de-nunciou o secretario xeral de Co-misións Obreiras.

Crise de goberno en GaliciaEn opinión de Sánchez Aguión,

a recente reestruturación naXunta é a «constatación do fra-caso das políticas de Feijóo» paraos sectores básicos da economíagalega e dos «nocivos» efectosda privatización dos servizos pú-blicos. «É a maior crise de go-berno desde que é presidente» e,con ela, recoñece a súa «incapa-cidade» para dar resposta aosprincipais problemas do país.O secretario xeral de CCOO

chamou tamén a atención sobreas inminentes eleccións xerais.Na súa opinión, o novo Parla-mento estatal deberá dar «res-posta urxente» ás necesidadesda maioría da poboación.Terá que decidir sobre o mo-

delo de sanidade e educación,sobre os procesos de privatiza-ción sanitarios que están en mar-cha, sobre os concertos educa-tivos, sobre as privatizacións dosservizos públicos, sobre o futurodo sistema público de pensións,sobre a posta en marcha dunharenda garantida de cidadanía paraquen non ten ingresos. Unha «in-xente cantidade de traballo quenon pode esperar», incidiu Sán-chez Aguión.

Page 11: N Órgano de comunicación do S. N. de CC - ccoo.gal · menos 789 mulleres, cifra que podería aumentar cos oito casos que actualmente se están a in-vestigar. O aluvión de crimes

11

www.galicia.ccoo.es

GALICIA SINdICALNúmero 64 - outubro de 2015

A mediados de outubro tivolugar a xuntanza en que o conse-lleiro de Facenda lles presentouás organizacións sindicais asliñas xerais dos orzamentos para2016, agora en trámite parla-mentario. CCOO rexeita a«visión

optimista» que pretende trans-mitir a Xunta. O sindicato negaque exista recuperación econó-mica, polo que insta o Executivogalego a adoptar medidas «quesolucionen problemas reais edeixarse de electoralismo».

Segundo CCOO, a Xunta debepotenciar políticas activas de em-prego, apoiar os servizos públi-cos, apostar polos sectoresprodutivos básicos, desenvolverunha política industrial e acabarcoa exclusión social.

O vindeiro día 7 de novembrohaberá unha gran manifestaciónen Madrid para denunciar a vio-lencia machista. Segundo a se-cretaria da Muller de CCOO, Ma-bel Pérez, «no que vai de anoforon asasinadas 41 mulleres,isto dá a medida da gravidade doproblema e da necesidade ur-xente de que os gobernos arte-llen medidas».CCOO fai un chamamento á

súa afiliación e ao resto da socie-dade para que se implique namanifestación. De toda Galicia

sairán autobuses para facilitarque a participación sexa o máiselevada posible.Como mínimo sairán dez auto-

buses desde Galicia; non se des-carta, polo tanto, que a cifrapoida ser maior.

InformaciónA información sobre os auto-

buses e sobre a convocatoria po-derase consultar tanto na páxinaweb do sindicato como nos dife-rentes locais de CCOO en todaGalicia.

A maioría dos grupos políticoscon representación no Parla-mento de Galicia comprome-teuse con Comisións Obreiras aadoptar medidas para rexeitar oexpediente de regulación de em-prego (ERE) no Grupo Tragsa.Esas medidas consistirán en

proposicións non de lei e pre-guntas parlamentarias coas quese intentará que o Goberno ga-lego adopte unha posición con-traria ao ERE e en defensa doemprego neste grupo empresa-rial. Cómpre lembrar que aXunta é a segunda maior clientade Tragsa na comunidade autó-noma e asemade ten a condiciónde accionista, polo tanto, é co-propietaria da compañía.CCOO explicoulles aos grupos

parlamentarios que a empresaten suficiente carga de traballo ea proba é que segue a contratarpersoal eventual en Galicia e noestado. Ademais, Tragsa contacon millonarias reservas volunta-rias, froito dos beneficio de pasa-dos exercicios.

Page 12: N Órgano de comunicación do S. N. de CC - ccoo.gal · menos 789 mulleres, cifra que podería aumentar cos oito casos que actualmente se están a in-vestigar. O aluvión de crimes

Número 64 - outubro de 2015

Órgano de comunicación do Sindicato Nacional de CCOO

www.galicia.ccoo.es

Os verbos morrer e matarestán intimamente liga-dos, pero non significan

o mesmo. Segundo o diciona-rio en liña da Real AcademiaGalega, morrer é, na súa pri-meira acepción, «deixar devivir»; pola súa banda, o signi-ficado principal de matar é«quitarlle a vida a [unha per-soa ou un animal]».Nos últimos días lemos na

prensa titulares moi parecidosa este: «Morre apuñalada unhamuller en Pontevedra e o autordáse á fuga». Ante isto, cabepreguntarse pola función dosverbos do titular. Quen morre?Ela, é ela quen morre. Quenapuñala? El apuñala. Quen é oactor? El, o que apuñala. Entón,por que se teima en titular demaneira que diga «ela morre»e non «el mata»?

Esta crítica fai mención duncaso particular, pero o certo éque nas informacións sobre aviolencia machista adoita si-tuarse o foco sobre a mullerque morre –nin que fose mortenatural ou accidental!–, e nonsobre o home que mata.Para combater o feminicidio

hai que comezar a repensar ouso das palabras; utilizar otermo máis axeitado en cadacaso; non maquillar a realidadenin procurar un encaixe estilís-tico. «Apuñala unha muller enPontevedra e dáse á fuga» ou«Mata unha muller a puñaladasen Pontevedra e dáse á fuga»serían titulares máis xornalísti-cos, lingüisticamente máiseconómicos e, sobre todo,máis acordes coa realidadedos feitos.

O PUNTO XE

Por X. Rodríguez

MEMORIA OBREIRA

Francisco Filgueiras