Nº 65 marzo 2017 en galego,.

2
Boletín do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística CEIP de Randufe Nº 65 marzo de 2017 CARTA ABERTA A UN PAI GALEGO Prezado señor Núñez Feijóo: Sei pola prensa que o día 15 do mes pasado naceu o seu fillo e quero dicirlle, con total sinceridade, xaora, que desexo que o neno se críe ben e saniño e que contribúa á felicidade de vostede e mais a da nai da criatura. Así que vaia isto por diante. Cando coñecín a noticia veume á cabeza unha campaña que fixera a Xunta de Galicia aló polo 1984 e na que unha nai mantiña no colo a súa crianza (aquela era unha nena, pero tanto ten) segura- mente con tanto amor como agora o fai a nai do seu fillo. Como vostede ben sabe aquel cartaz tiña un lema moi bonito, dicía: «Fálalle galego». Entón pregúntome, o señor presidente da Xunta de Galicia, en quen reside na actualidade a máxima responsabilidade de que a lingua galega prevaleza, non se perda e lle sexa transmitida ás novas xeracións, haberá de lle falar en galego ao seu fillo? Haberá de se ocu- par de que teña a galega pola súa lingua propia, como galego que é, e fará uso dela? Eu non son quen para lle dicir ao cidadán Alberto Núñez Feijóo como ten que lle falar ao seu fillo. Nin son quen nin querería selo, porque coido que só a vostede corresponde a decisión. Mais si me considero con dereito a lle lembrar ao presidente da Xunta de Galicia que ten obrigas obxectivas coa lingua propia de Galicia. Se vostede non o fai, quen o terá que facer? Pero ademais quero lembrarlle que, como vostede ben sabe, que lle fale galego ao seu fillo só ten vantaxes e se alguén lle ve algún inconveniente é porque non lle anda ben a cabeciña ou é parvo (que vén ser o mesmo). Se aprende galego, como é seguro que o castelán non lle ha faltar, a súa ca- beza irase preparando mellor para a aprendizaxe doutras linguas, así que virá o inglés de camiño e haberá outras que aprenderá con facilidade, porque, como lle digo, o seu cerebro terá adquirida unha plasticidade que facilitará esa aprendizaxe. E aínda hai outras razóns para que se aplique a lle falar galego ao seu Alberto, e non vou por- fiar na súa responsabilidade cara á lingua galega que xa lla dixen máis arriba e vostede ben a sabe. Refírome a que vostede púxolle o seu nome porque quere marcalo cun certo orgullo de estirpe, que poida dicir: «Chámome Alberto coma meu pai», por iso lle digo o do galego, porque sería ben que dixe- se tamén «Falo galego porque son galego», unha marca de estirpe, de orixe que non o vai facer mellor ca ninguén, so o vai identificar como pertencente a un pobo. Así non se vería na situación de ter que dicir, coma aquel presidente dun banco español, pero el de Chantada, que entendía o galego, pero que non o falaba, porque iso tamén o fai o meu can. Que iso non ocorra vai depender, sobre todo, de voste- de, da súa vontade en materia de galeguidade, que non ten por que ser menor ca miña. E dígolle todo isto porque, ben o sabe vostede, o amor á lingua apréndese (e a xenreira tamén). Non quero entretelo máis porque ha ter que facer algo máis que atender á miña carta, terá que mudarlle un cueiro ao rapaz ou preparar a auga para bañalo ou... Só dicirlle que o meu corazón só ten bos desexos para o seu Alberto, que teña unha longa, boa e feliz vida e, ademais, que fale galego. Un saúdo Xabier P. DoCampo http://praza.gal/opinion/3878/carta-aberta-a-un-pai-galego/

Transcript of Nº 65 marzo 2017 en galego,.

Page 1: Nº 65 marzo 2017  en galego,.

Boletín do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística CEIP de Randufe Nº 65 marzo de 2017

CARTA ABERTA A UN PAI GALEGO Prezado señor Núñez Feijóo: Sei pola prensa que o día 15 do mes pasado naceu o seu fillo e quero dicirlle, con total sinceridade, xaora, que desexo que o neno se críe ben e saniño e que contribúa á felicidade de vostede e mais a da nai da criatura. Así que vaia isto por diante. Cando coñecín a noticia veume á cabeza unha campaña que fixera a Xunta de Galicia aló polo 1984 e na que unha nai mantiña no colo a súa crianza (aquela era unha nena, pero tanto ten) segura-mente con tanto amor como agora o fai a nai do seu fillo. Como vostede ben sabe aquel cartaz tiña un lema moi bonito, dicía: «Fálalle galego». Entón pregúntome, o señor presidente da Xunta de Galicia, en quen reside na actualidade a máxima responsabilidade de que a lingua galega prevaleza, non se perda e lle sexa transmitida ás novas xeracións, haberá de lle falar en galego ao seu fillo? Haberá de se ocu-par de que teña a galega pola súa lingua propia, como galego que é, e fará uso dela? Eu non son quen para lle dicir ao cidadán Alberto Núñez Feijóo como ten que lle falar ao seu fillo. Nin son quen nin querería selo, porque coido que só a vostede corresponde a decisión. Mais si me considero con dereito a lle lembrar ao presidente da Xunta de Galicia que ten obrigas obxectivas coa lingua propia de Galicia. Se vostede non o fai, quen o terá que facer? Pero ademais quero lembrarlle que, como vostede ben sabe, que lle fale galego ao seu fillo só ten vantaxes e se alguén lle ve algún inconveniente é porque non lle anda ben a cabeciña ou é parvo (que vén ser o mesmo). Se aprende galego, como é seguro que o castelán non lle ha faltar, a súa ca-beza irase preparando mellor para a aprendizaxe doutras linguas, así que virá o inglés de camiño e haberá outras que aprenderá con facilidade, porque, como lle digo, o seu cerebro terá adquirida unha plasticidade que facilitará esa aprendizaxe. E aínda hai outras razóns para que se aplique a lle falar galego ao seu Alberto, e non vou por-fiar na súa responsabilidade cara á lingua galega que xa lla dixen máis arriba e vostede ben a sabe. Refírome a que vostede púxolle o seu nome porque quere marcalo cun certo orgullo de estirpe, que poida dicir: «Chámome Alberto coma meu pai», por iso lle digo o do galego, porque sería ben que dixe-se tamén «Falo galego porque son galego», unha marca de estirpe, de orixe que non o vai facer mellor ca ninguén, so o vai identificar como pertencente a un pobo. Así non se vería na situación de ter que dicir, coma aquel presidente dun banco español, pero el de Chantada, que entendía o galego, pero que non o falaba, porque iso tamén o fai o meu can. Que iso non ocorra vai depender, sobre todo, de voste-de, da súa vontade en materia de galeguidade, que non ten por que ser menor ca miña. E dígolle todo isto porque, ben o sabe vostede, o amor á lingua apréndese (e a xenreira tamén). Non quero entretelo máis porque ha ter que facer algo máis que atender á miña carta, terá que mudarlle un cueiro ao rapaz ou preparar a auga para bañalo ou... Só dicirlle que o meu corazón só ten bos desexos para o seu Alberto, que teña unha longa, boa e feliz vida e, ademais, que fale galego. Un saúdo Xabier P. DoCampo

http://praza.gal/opinion/3878/carta-aberta-a-un-pai-galego/

Page 2: Nº 65 marzo 2017  en galego,.

DITOS E FRASES FEITAS (4): ENTRE LUSCO E FUSCO

Hai no idioma unha chea de expresións ou ditos que fan referencia ao tempo en que unha cousa acon-tece. Así da noite á mañá indica que algo acontece en pouco tempo, de repente; o mesmo significado te-ñen as expresións nun pulo (ou en dous pulos), nun alustre, nun bocadiño, nun brinco. Pola contra cando unha cousa tardou demasiado desde un momento dado temos a expresión non ser sen tempo, ou, han nacer moitas herbas, se queremos dicir que algo vai tardar moito. Tamén hai ditos para transmitir paciencia á hora de agardar por algo que aínda se vai demorar, para non desesperar, como cando sexas pai comeras ovos. E outros para indicar que o mellor é que pase o tempo como deixar que corra a auga, deixar que chova e que vaia sol. Mais tamén hainos para indicar que xa pasou o tempo de algo e que non vai volver como pasou o día pasou a romaría. ou se queremos indicar sinxelamente que xa pasou moito tempo podemos dicir: bótalle un can! Cando os paxaros estean preñados ou cando as ras críen pelo son expresións para indicar que al-go ao que nos referimos non vai acontecer nunca. Pola contra se a cousa é frecuente temos as máis das veces e para indicar que acontece sempre podemos dicir un día si e outro tamén. Frases feitas que aludan á primeira hora da mañá, hai moreas, algunhas son á luzada, ao abrir o día, á cantada do galo, ao vir do sol,... Se tratamos de indicar o final do día, á caída do sol, ao pór do sol, ao abaixarse os tellados,... ou entre lusco e fusco se queremos indicar ese momento en que o sol xa se agochou e porén aínda hai a claridade da luz crepuscular.

Lusco é, segundo o dicionario da RAG, “luz vespertina que vai perdendo intensidade a medida que se acerca a noite” e fusco é un adxectivo que significa “escuro, som-brío, que tira a negro”. Existe tamén a palabra composta lu-cofusco ou lusquefusque que serve tanto para indicar as últimas luces do día: “momento do día, entre o día e a noi-te, en que a luz desapareceu case por completo e as cou-sas se perciben como sombras” como as primeiras: “momento do día, entre a noite e o día, en que a primeira claridade permite distinguir as cousas coma sombras”. Luscofusco no Miño en Vilanova da Cerveira