Nº 66 abril 2017 en galego,.
-
Upload
ceiprandufe -
Category
Education
-
view
274 -
download
1
Transcript of Nº 66 abril 2017 en galego,.
Boletín do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística CEIP de Randufe Nº 66 abril de 2017
A Liña do Gale-go é un servizo gra-tuíto ofrecido pola Mesa pola Normali-zación Lingüística dirixido a toda a po-boación que, desde o ano 2007, atende consultas sobre de-reitos lingüísticos e tramita queixas cara ás institucións, em-presas, etc, que os vulneran; así como parabéns para quen dea pasos cara a garantía do dereito a vivir en galego. Desde xullo de 2016, A Mesa puxo en marcha a app A Liña do Galego; o obxectivo desta aplicación é proporcionar as usuarias e usuarios unha nova forma de comunicación que permita o envío de queixas e parabéns dunha forma sinxela, rápida, segura e cómoda.
Para queixas, consultas e parabéns.
Máis información en: http://www.amesa.gal/linhadogalego
DITOS E FRASES FEITAS (5): OUTRA VACA NO MILLO!
Cando comezamos aló por outubro (no número 62 do En galego,... máis e mellorEn galego,... máis e mellorEn galego,... máis e mellorEn galego,... máis e mellor) con ditos e frases feitas diciamos que as traducións poden ser correctas e porén ser alleas á nosa lingua ou tradición. Así recollemos algunhas suxestións, das moitas que podemos atopar no libro de Carlos Callón Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez (ao que xa fixemos referencia no nº 62), de formas correc-tas ou privilexiábeis fronte a outras incorrectas ou desbotábeis.
FORMA INCORRECTA OU DESBOTÁBEL FORMA CORRECTA OU PRIVILEXIÁBEL
A palabras necias, ouvidos xordos Orneadas de burro non chegan ao ceo
A punta pala A dar co pé
A trancas e barrancas A eito / Dando tombos / Mal como puido
Ande eu quente e ríase a xente Chámame can e bótame pan / Diga a miña veciña e teña o meu fol fariña
De boquilla Pola boca pequena / En falso
De cabo a rabo De punta a couce
Estar até a coronilla / Estar até o gorro Estar farta/o / Estar até as orellas / Estar até os miolos
Ir por la e saír trasquilado Ir mallar e vir mallado/a / Ir á devesa e levar co pau na cabeza
O chocolate do loro O aforro do pirixel
Outro que tal baila Outra vaca no millo
Quen foi a Sevilla perdeu a silla O que foi á feira perdeu a cadeira
Saír de Guatemala e entrar en Guatepeor Saír dun souto para caer noutro
Saír por peteneras Mexar fóra do testo / Falar do xato e esquecer o trato
Tirar a toalla Pedir papas