Normas servizo préstamo

1
SERVIZO DE PRÉSTAMO 1. A petición de libros realizarase directamente ao profesorado de garda na biblioteca, durante o primeiro recreo. 2. O profesorado de garda encargarase de coller e colocar os libros nos andeis. 3. Unha vez localizado o libro o alumno ou alumna cubrirá o caderno de préstamos seguindo as instrucións que lle indique o profesorado de garda. 4. A duración do préstamo será de 15 días. Poderase solicitar unha prórroga dunha semana máis. O profesorado de garda reflectirá no caderno de préstamos a data da renovación. O período máximo de préstamo de DVDs e CDs é de 4 días. 5. A devolución do CD, DVD ou libro realizarase directamente ao profesorado de garda que asinará na casa correspondente do caderno de préstamo. 6. Pódense levar en préstamo ata un máximo de tres libros, CDs ou DVDs. 7. Nos períodos vacacionais tamén funciona o servizo de préstamo. Neste caso a devolución farase no prazo dos dous días seguintes á incorporación ás clases. 8. O alumno/a reporá ou abonará o importe do libro, CD ou DVD que deteriorase ou perdese. 9. A Biblioteca notificará aos titores legais do alumno/a as devolucións fóra de prazo. 10. Non serán obxecto de préstamo os dicionarios e enciclopedias nin os xornais e revistas.

description

Normas de utilización do servizo de préstamo de fondos da Biblioteca escolar do IES Leiras Pulpeiro

Transcript of Normas servizo préstamo

Page 1: Normas servizo préstamo

SERVIZO DE PRÉSTAMO

1. A petición de libros realizarase directamente ao profesorado de garda na

biblioteca, durante o primeiro recreo.

2. O profesorado de garda encargarase de coller e colocar os libros nos

andeis.

3. Unha vez localizado o libro o alumno ou alumna cubrirá o caderno de

préstamos seguindo as instrucións que lle indique o profesorado de garda.

4. A duración do préstamo será de 15 días. Poderase solicitar unha prórroga

dunha semana máis. O profesorado de garda reflectirá no caderno de

préstamos a data da renovación.

O período máximo de préstamo de DVDs e CDs é de 4 días.

5. A devolución do CD, DVD ou libro realizarase directamente ao

profesorado de garda que asinará na casa correspondente do caderno de

préstamo.

6. Pódense levar en préstamo ata un máximo de tres libros, CDs ou

DVDs.

7. Nos períodos vacacionais tamén funciona o servizo de préstamo. Neste

caso a devolución farase no prazo dos dous días seguintes á incorporación

ás clases.

8. O alumno/a reporá ou abonará o importe do libro, CD ou DVD que

deteriorase ou perdese.

9. A Biblioteca notificará aos titores legais do alumno/a as devolucións fóra

de prazo.

10. Non serán obxecto de préstamo os dicionarios e enciclopedias nin os

xornais e revistas.