NÚMERO 19. Inverno 2010/2011

12
Q Q UINTELA UINTELA DE LEIRADO DE LEIRADO Número 19 Boletín de información e actualidade municipal Inverno 2010/11 Correo electrónico: [email protected]

description

Revista Concello de Quintela de Leirado

Transcript of NÚMERO 19. Inverno 2010/2011

Page 1: NÚMERO 19.  Inverno 2010/2011

QQUINTELAUINTELAD E L E I R A D OD E L E I R A D O

Número 119 Boletín dde iinformación ee aactualidade mmunicipal Inverno 22010/11Correo electrónico: [email protected]

Page 2: NÚMERO 19.  Inverno 2010/2011

EEEE dddd iiii tttt oooo rrrr iiii aaaa llll

En tempos de crise, a colaboración entre as distin-tas Administracións públicas (Goberno central,Xunta de Galicia, Deputación Provincial, Manco-munidade Terra de Celanova, Unión Europea eConcello de Quintela de Leirado) semella máisnecesaria que nunca. Convén lembrar quea maior parte das obras realizadasno noso municipio e boa partedos servizos que se pres-tan dende a CasaConsistorial son froi-to de convenios asi-nados no seu díacon algunha destasAdministracións. Ávista dos resultadosacadados nestes últi-mos anos, semella queese é un bo camiño quedebemos seguir para cimen-tar as bases do progreso e do futu-ro dun concello rural coma o noso, xa quemoitos dos proxectos xa consolidados non se pode-rían levar a cabo sen o apoio financeiro das institu-cións de ámbito supramunicipal. Destas Adminis-tracións públicas depende que se fagan novas infra-estruturas e que se poida atender ós servizos bási-

cos. E non podemos esquecer que a dispersión xeo-gráfica do noso concello obriga a multiplicar o esfor-zo municipal para que tódolos veciños, nos distin-tos pobos, dispoñan dos mesmos niveis de calidadede vida e benestar.

E agora, coa crise, os veciños e veciñasqueren manter ou mellorar as pres-

tacións de todo tipo, a nivelde infraestruturas e servi-

zos, que tiñan antes.Un reto que debe asu-mir o ConcelloQuintela de Leira-do para dar respos-ta ás necesidadesque poidan xurdir no

día a día, e afrontar ofuturo con valentía,

imaxinación e seriedade.As liñas do progreso da

modernidade xa están trazadas ecompre ser o máis fieis posibles a ese pro-

xecto, que aposta pola mellora das infraestruturas,a creación de emprego,e sen esquecer a agricultura,a gandaría, o turismo e os servizos, como elementosde dinamización económica e laboral a partir daidentidade e das raíces históricas do noso pobo.

Na procura dun maior apoio entre as distintas Administracións

Páxina 2

Quintela de Leirado

Page 3: NÚMERO 19.  Inverno 2010/2011

Páxina 3

Quintela de Leirado

Mellora darede viaria local e provincial

A reforma e ampliación da estrada de Leirado-Quintela é outroavance importante para dotar ao concello de boas infraestruturas

Para o alcalde de Quinela deLeirado, José Antonio Pérez, a

reforma das principais estradasera un compromiso irrenunciablepor parte do Goberno municipal,

polo significado e importanciaque ten para moitos veciños.

A Deputación Provincial de Ourense acometeu nas últimassemanas as obras de ampliación, mellora e reposición dofirme na estrada OU-0210, que comunica Quintela con Leira-do e Celanova, por unha parte, e tamén con Pontedeva. Trá-tase dunha nova fase, de case medio quilómetro, que contoucun investimento próximo aos 90.000 euros.

Con anterioridade, no mes de maio, o Boletín Oficial daProvincia publicou, unha vez resoltas as alegacións formula-das polos interesados, a declaración da necesidade de ocu-pación dos terreos afectados pola expropiación forzosa paraa execución da obra OU-0210 (entre Leirado, OU-0209, ePontedeva, OU-0213), entre os puntos quilométricos 0,580 e1,040. A declaración permitíu desbloquear o proceso de ocu-pación de 36 fincas, que levaba case un ano paralizado. Estaactuación iniciouse no ano 2009, cos Planos Provinciais deObras da Deputación de Ourense, pero tivo que aprazarseata 2010 debido aos procesos expropietarios, que ralentiza-ron a reforma da estrada de Celanova que, doutro xeito, esta-ría chegando xa ata o concello de Pontedeva.

Para o alcalde, José Antonio Pérez, “esta é unha obra moiimportante para todo o concello, pero sobre todo para osveciños e veciñas de Quintela”, xa que é a súa principal víade comunicación, para as comarcas de Celanova, Ourense edo Ribeiro.

Un compromiso de progresoA reforma da estrada OU-0210 é a continuación dadesenvolvida nos últimos anos na OU-0209, que comu-nica Celanova con Leirado, ao longo de 18 quilómetros."O obxectivo, de cara ao futuro -sinala José AntonioPérez Cortés- é continuar coa mellora desta vía ataPontedeva". Unha califica de "vital" dende o consistoriode Quintela de Leirado, xa que vai mellorar as comuni-cacións e a seguridade viaria dos numerosos conducto-res que empregan a estrada a cotío para desprazarsetanto cara á capitalidade municipal como cara ao veciñoconcello de Pontedeva.

Page 4: NÚMERO 19.  Inverno 2010/2011

Páxina 4

Quintela de Leirado

“O papel dos veciños é dicir que necesitan e

A mellora da travesía de Leirado contribúe a mellorar a estética da capi-talidade municipal e favorece a seguridade vial, co pintado do paso depeóns. Foi unha obra promovida polo Concello, coa colaboración daConsellería de Medio Rural da Xunta de Galicia.

Propostas a prol denovas infraestruturas,máis servizos públicose creación de emprego

Inicio das obras da autovía AG53

Obras de Medio Rural en Leirado e MouriscaA Consellería de Medio Rural incluíu a Quintela de Leirado no Porgrama Estratéxi-co de Infraestuturas de Medio Rural (PEIM Rural 2010), cun orzamento de 50.054euros. As principais actuacións acometidas polo departamento da Xunta de Galiciafoi o aglomerado da travesía de Leirado, dende o cruce ata as piscinas, co poste-rior pintado da vía e dun paso de peóns. Tamén se executou a reparación do firmeda estrada que comunica Mourisca coa de Bande-Frieira.Tamén está previsto, en convenio con Medio Rural, investir outros 20.000 euros nareparación do camiño Leirado-Val e na zona de Cimadevila de Redemuíños.

Reforma do acceso á igrexade RedemuíñosO Fondo Estatal para o Emprego e aSostenibilidade Local (FEIL 2010) desti-nou a Quintela de Leirado 81.513 euros,cantidade que se empregou nas obras deacondicionamento do acceso á igrexa deRedemuíños, na reforma e saneamentodas fontes de As Pereiras, Atrio, Cimade-vila e Quintela, e, unha parte, para gastosocial na casa comunitaria de Xacebáns.

Melloras na praza da igrexade San Pedro de LeiradoA iniciativa do Concello, realizouse unhaampla remodelación da praza da igrexade Leirado. Agora queda o chan empe-drado nunha parte, coa conseguintemellora estética do entorno do templo.Nesta zona tamén se habilitou unha can-cha deportiva e outra para xogos infantís,con varios aparellos nun recinto pechadoe seguro.

Remodelación do alumeadopúblico en varios núcleosOs Planos Provinciais de Obras, nos quecolaboran a Deputación e o propio Con-cello de Quintela de Leirado, permitironacometer a mellora do firme do camiñode Souto a Verea, e a reforma da ilumi-nación pública en Cimadevila de Rede-muíños, Leirado, Quintela, Chedas eCamporreal, co que se pretende reducirnun 30% o gasto deste servizo. Nesteproxecto de aforro enerxético investíron-se 42.000 euros, e na mellora viaira,outros 12.000.

A autovía AG31, un proxecto clave para a comarcaA construción da autovía AG-31, que enlaza a autovía das Rías Baixas con Celanova,suporá un avance notable na mellora das comunicacións por estrada para as comar-cas de Celanova e Baixa Limia. Para acadar este obxectivo, investiránse máis de 130millóns de euros, nun trazado de 19 quilómetros. O comezo oficial das obras, o pasa-do 8 de maio, contou coa presencia do titular do Goberno galego, Alberto Núñez Fei-jóo, principal valedor deste proxecto dende 2003, cando ocupaba a Consellería dePolítica Territorial. A nova autovía contará con dous carrís en cada dirección, de 3,5metros, ademais de beiravías exteriores e interiores e unha mediana de 2 metros. Oprazo de execución é de 25 meses (remate previsto: xuño de 2012).

Page 5: NÚMERO 19.  Inverno 2010/2011

Páxina 5

Quintela de Leirado

os problemas que teñen; o do Concello será sempre aportar as solucións”

O Plan Xeral de Urbanismo superouo trámite da exposición ao públicoDespois da aprobación inicial por parte do Concello deQuintela de Leirado, corresponderalle á Dirección Xeral deUrbanismo da Xunta de Galicia (Consellería de MedioAmbiente, Territorio e Infraestruturas) a resolución definiti-va do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). OGoberno municipal agarda que o dictame sexa favorable,xa que considera que se cumpriron os requerimentos esti-pulados pola nova Lei do Solo de Galicia.

Nos últimos meses procedeuse á exposición pública doavance, para que os veciños e propietarios poidesen pre-sentar as alegacións que estimasen oportunas.O novoplan xeral recolle 59.036 metros cadrados destinados asolo industrial na zona do Lodairo, e outros 1.586 metroscadrados de zonas verdes nas inmediacións da Casa doConcello, en Miradoiro e xunto ao merendeiro de Quinte-la. Outra novidade importante, é que o PXOM permitirálegalizar unhas 50 edificacións, entre vivendas e navesindustriais.

Mancomunidade e Xunta promoven unObradoiro de Emprego para 25 persoasA Mancomunidade Terra de Celanova e a Consellería deTraballo e Benestar da Xunta de Galicia promoven unObradoiro de Emprego, que facilitará formación laboral eprofesional a 25 persoas (outras 6 integran o cadro dedirección, persoal docente e de apoio). O programa contacun orzamento superior aos 300 mil euros, dos que aXunta aporta 269.059 €. Os alumnos/as integran un módu-lo de Axuda no Fogar, destinado á atención socio-sanitariade persoas nos seus domicilios.

Proxecto dunha nova ruta de sendeirismoQuintela de Leirado aspira a unha subvención do PlanAGADER de O Vieiro-Leboreiro, que aglutina a concellose asociacións da Baixa Limia e Terra de Celanova, paraconstruir unha ruta de sendeirismo dende Quintela ata oencoro da Poula. O orzamento previsto para esta novaactuación medioambiental no noso concello é duns157.000 euros.

José Antonio Pérez Cortés, alcalde

Praza de Quintela Camiño de Verea-Souto

Leirado Redemuíños

Page 6: NÚMERO 19.  Inverno 2010/2011

Páxina 6

Quintela de Leirado

Recuperación do noso patrimonio tradicionalO Concello continúa co proxecto de restauraciónde fontes e lavadoiros públicos en varios pobos

O proxecto de recuperación do noso patrimonio popu-lar e tradicional, que desenvolve o Concello, vai pare-llo á unha mellora estética que repercute nos diferen-tes pobos. Ademais dos entornos públicos das igrexasde Leirado e Redemuíños, ou da praza de Quintela,obras acometidas durante o último ano, realizáronse

actuacións de acondicionamento de fontes e lavadoi-ros en Atrio de Redemuíños, e Cimadevila, Xuias ePumar, en Quintela. O Concello ten previsto continuarno futuro con este importante proxecto de restauraciónde elementos etnográficos e arquitectónicos dos dife-rentes pobos, moi valorado por tódolos veciños/as.

Agora

Agora

Antes

Antes

Antes

Agora

Pumar (Quintela)

Xuias (Quintela)

Cimadevila (Quintela)

Antes

AgoraAtrio (Redemuíños)

Page 7: NÚMERO 19.  Inverno 2010/2011

Páxina 7

Quintela de Leirado

José Antonio Pérez Cortés, alcalde“A Corporación debe seguir traballando para mellorar servizos

e abrir novos vieiros de prosperidade para Quintela de Leirado”P.- Como valora, como alcalde, oano 2010?J. Antonio.- A pesar da crise, que estáa incidir negativamente en tódolosconcellos, debido aos recortes orza-mentarios, penso que foi outro anopositivo e fructífero para Quintela deLeirado, en moitos aspectos. Porexemplo, a estrada de Quintela, areforma da praza e dos accesos á igre-xa de Redemuíños, a recuperación dopatrimonio etnográfico, a mellora deestradas e camiños, etc., son iniciativasmunicipais para mellorar servizos einfraestruturas que demandaban osnosos veciños e veciñas. Todo elo coúnico obxectivo de continuar co pro-greso e a modernización do municipiono que estamos inmersos, e que debecontinuar nos próximos anos.P.- E, do que hai pendente, que con-sidera máis importante?J. Antonio.- Coa vista posta no pró-ximo ano, 2011, é prioritario conti-nuar con proxectos públicos paramellorar os nosos pobos, aos que meacabo de referir. Tamén será intere-sante e útil a chegada da banda largade conexión a Internet. Agardamosque continúe por bo camiño a trami-tación do Plan Xeral de OrdenaciónMunicipal e que se avance na melloradas comunicacións cara a Celanova ecoa capital da provincia, porque aautovía A53 tamén nos beneficia, emoito.

P.- Como valora as iniciativas depromoción turística da Terra de Cela-nova e Baixa Limia?J. Antonio.- Todo o mundo está deacordo en que temos unhas potencialida-des turísticas de primeiro nivel, e temosque aproveitalas para crear emprego edinamizar a economía. Chega bastantexente, pero os servizos que lles ofrece-mos poden mellorar moito nestas dúascomarcas con tantas cousas en común.Agora hai que unificar esforzos e traba-llar entre todos, os concellos da BaixaLimia e da Terra de Celanova, para quesexamos un lugar de referencia na ofer-ta turística do interior de Galicia.P.- Despois de varias lexislaturascomo alcalde, síntese con ánimo eforzas para continuar?J. Antonio.- Por sorte, varios dos con-celleiros da Corporación compartimos omesmo proxecto dende hai moitos anos,e os que chegaron despois, tamén, apor-tando ideas e iniciativas que redundenno progreso de Quintela de Leirado.Somos un equipo, e así seguimos traba-llando. Á vista está que o municipioavanzou moito neste tempo, pero sem-pre quedan cousas por facer. Comodixen antes, hai varias iniciativas moiavanzadas e compre agora levalas a bofin. O compromiso da próxima Corpo-ración, independentemente de quensexa o alcalde, debe ser ese, sen esque-cer nunca as pequenas obras que, moitasveces, son as que máis agradan e valo-ran os nosos veciños e veciñas.

“A situación dos nosos pobos,en canto a infraestruturas e ser-

vizos, é boa, pero aínda podemellorar. O obxectivo da futura

Corporación municipal debeincidir en ampliar e optimizartódolos servizos para avanzar

na consolidación do progreso nonoso concello”.

“Que tódolos veciños do munici-pio teñan ben cubertas as súasnecesidades básicas e que sesintan orgullosos do seu conce-llo e da súa terra. Esa é a priori-dade do Goberno municipal deQuintela de Leirado”.

O alcalde de Quintela de Leirado, José Antonio Pérez Cortés, non tendúbidas sobre as liñas mestras para asentar poboación no municipio,dinamizar a nosa economía e mellorar a calidade de vida de tódoloscidadáns. "Por unha parte -sinala José Antonio- é preciso crear opor-tunidades laborais para frear o despoboamente do rural, en xeral, ede Quinela de Leirado, en particular. O futuro Plan Xeral pode ser uninstrumento útil". Tamén aposta pola "dotación de máis servizosespecíficos para os nosos maiores", e pola humanización dos pobos,aportando máis e mellores infraestruturas básicas". "Outra clave tenque ser o fomento do turismo, co plan de dinamización que se leva acabo na Terra de Celanova e Baixa Limia, e que axude a crear novasiniciativas empresariais.

Optimismo de cara ao futuro

Page 8: NÚMERO 19.  Inverno 2010/2011

Páxina 8

Quintela de Leirado

ESTADO DE GASTOS (Ano 2010) € ESTADO DE INGRESOS (Ano 2010) €

Gastos de persoal 278.029,33 Impostos directos 80.227,33Bens correntes e servizos 206.234,11 Impostos indirectos 3.000,00Gastos financeiros 4.168,96 Taxas, prezos públicos e outros ingresos 134.922,86Transferencias correntes 53.000,00 Transferencias correntes 364.414,24Investimentos reais 168.264,69 Ingresos patrimoniais 300,00Transferencias de capital 7.800,00 Transferencias de capital 141.332,69Pasivos financeiros 6.700,03 Activos/Pasivos financeiros 0,00TOTAL GASTOS 724.197,12 TOTAL INGRESOS 724.197,12

Racionalidade e control en tempos de criseUnha das obrigas do Concello é traballar pola mellora dos servizos edas infraestruturas públicas, incluso en época de crise, como a queestamos a vivir agora. Así ten que ser, a pesar da menor aportacióndo Estado e da Xunta, que motivou un recorte no orzamento de gas-tos correntes e de investimentos durante o ano 2010. Con estaspremisas, o Goberno municipal aprobou un presuposto "axustado"para facer fronte ós servizos máis importantes e para crear empre-go e mellorar a calidade de vida nos distintos pobos do municipio.

En total, durante o ano 2010 dispuxo de algo máis de 724 mil euros.Os gastos en bens correntes e servizos, personal, transferenciascorrentes e investimentos reais acaparan máis do 97% do orza-mento para o actual exercicio económico. En canto ó estado deingresos do Concello de Quintela de Leirado durante o ano 2010, oscapítulos das transferencias correntes, taxas, impostos directos etransferencias de capital son os de maior volume económico, aíndaque diminuiron respecto ao orzamento anterior.

Orzamento municipal do Concello de Quintela de Leirado

Como estaba previsto, o pasado 18 dexaneiro producíuse o chamado "apagónanalóxico", co que a recepcióndo sinal de televisión só se rea-liza dende entón a través do sis-tema TDT (Televisión DixitalTerrestre). A pesar do esforzorealizado pola Secretaría Xeralde Comunicación Audiovisual,coa colaboración do propioConcello de Quintela de Leira-do, había dúbidas de cal sería oresultado, xa que as probas rea-lizadas previamente detectaban algúns

puntos de sombra, con mala recepción, enpobos afastados da capitalidade munici-

pal. Para solucionar este proble-ma instalouse un novo microre-emisor en O Facho, co que,prácticamente, se solucionoueste problema.En xeral, a valoración que fan osveciños e veciñas do novo sis-tema de televisión é boa, xaque a calidade da imaxe émoito mellor e, ademais, haiunha maior oferta de canles

televisivas.

A instalación dun novo microreemisorno Facho garante a boa recepción

do sinal da Televisión Dixital Terrestre

Chegou aa BBanda LLargade cconexión aa IInternet

Os veciños de Quintela e Leirado xa poden contra-tar a conexión de banda larga a Internet a unhavelocidade de 1 a 1,5 megas. O Concello adxudi-cou á empresa Duoteleco a prestación do servizoda rede inalámbrica municipal, que funciona a tra-vés dunha rede WIMAX. As persoas doutrospobos tamén poden informarse sobre a posibilida-de de acceder a esta nova tecnoloxía, chamandoao teléfono da empresa (986 8866 6658). A alta doservizo ten un custe de 17,70 euros, e as cuotasmensuais son de 19,95 euros (1 mega) ou 29,38euros (1,5 megas), co IVA xa incluído. O Concellotamén habilitou unha rede wi-fi libre e gratuita entorno á Casa Consistorial, pero é preciso anotar aclave de acceso nas dependencias municipais.

Plan de CooperaciónO Plan de Cooperación da Xunta asi-noulle á Mancomunidade Terra deCelanova 531.741 euros, dentro doPlan de Cooperación con entidadeslocais 2010. Esta cantidade supónunha axuda para o financiamento daMancomunidade, que coordina entoda a comarca os servizos sociais, arecollida do lixo, o parque de bombei-ros e xestiona o centro de discapaci-tados psíquicos, que contarán prontocunha residencia.

A Mancomunidade Terra de Celanovainstalou contedores para a recollida deaceite de cociña usado en variospobos do noso concello, e solicita acolaboración veciñal para mellorar onoso medio ambiente. A recomenda-ción é que o aceite usado se depositeen frascos ou botellas e, despois, sedeposite nestes novos contedores, eque nunca se vacíe polo vertedeiro, xaque contamina rios e regatos.

A reciclaxe écousa de todos/as

Page 9: NÚMERO 19.  Inverno 2010/2011

Páxina 9

Quintela de Leirado

Quintela de Leirado, “Concello saudable”

Programas que fomentan hábitos de vida sana para todosco exercicio físico, a información e o apoio escolar

Actividades do ConcelloO Concello organiza, os lúns emércores pola tarde, no salónmultiusos da biblioteca munici-pal de Leirado (dependenciasanexas ao Centro de Saúde),clases de ximnasia de mante-mento, dirixidas aos veciños eveciñas de calquera idade.Son gratuitas e inciden na fle-xibilidade e na tonificaciónmuscular, como base dun boestado físico.

Tamén, no mesmo lugar, osmartes e xoves, de 18 a 19horas, os nenos en idade esco-lar teñen clases de apoio paramellorar a aprendizaxe e o ren-demento académico, combina-do con outro apartado lúdico ede lecer.

Unha terceira actividadepromovida dende a Casa doConcello foi, durante o verán,o campionato de natación, quecoincidíu coa VII Festa da Ca-chena.

Ximnasia terapéuticaNa casa comunitaria de Xace-báns, celébrase tódolos xoves,de 11 a 12 horas, ximnasiaterapéutica, dentro dos "Con-cellos saudables". Unha activi-dade dirixida ás persoas maio-res da casa, á que taménpoden acudir outros veciños doconcello, con exercicios adap-tados á súa idade, a base deestiramentos, tonificación congomas e de forza nos membrossuperiores.

Foto superiores: (1) Clasesde ximnasia de mantemento,na biblioteca. (2) Comer san:facendo pan, no colexio.

Fotos inferiores: (3) Campio-nato de natación, nas pisci-nas municipais. (4) Clases deapoio escolar.

Comer san e moverseAo igual que o ano anterior,celébranse avaliacións de pesono centro de saúde e no colexiopúblico “Rosalía de Castro”.Faise un estudo do estado físi-co das persoas, prescríbesetratamento físico e dietético, efaise un seguimento para ver aevolución No colexio, os nenose nenas aprenderon a facer pane recibiron consellos útiles paramellorar a alimentación.

Guía para embarazadasA unidade de Concellos Sauda-bles da Mancomunidade pre-sentou a primeira “Guía do Em-barazo”. Recolle, en 60 páxinas,recomendacións e suxerenciaspara as mulleres embarazadas,dende os cambios que se produ-cen no organismo ata consellosnutricionais ou actividades deeducación física. Todo elo parafixar costumes saudables queconleven afrontar o embarazodun xeito positivo. Tamén sepode consulgar na páxina webda Mancomunidade, enwww.terradecelanova.es.

Contra o tabaquismoEste ano convocouse a segundaedición do concurso de carteis“Rompe co tabaco”, tamén den-tro dos Concellos Saudables.Estivo dirixido a alumnos/as dePrimaria. Houbo premios envarias categorías, por cursos, eunha exposición final dos traba-llos presentados na aula culturalde Caixa Galicia, en Celanova.

A Mancomunidade Terra de Celanova segue a desen-volver o programa "Concellos saudables", en colabo-ración coa Dirección Xeral de Saúde Pública da Con-sellería de Sanidade, e coa finalidade de promoverentre tódolos cidadáns hábitos e costumes que contri-

búan a mellorar a súa condición física e o benestarpersoal, con especial incidencia entre a poboaciónescolar e os nosos maiores. Outras iniciativas, promo-vidas polo Concello de Quintela de Leirado, redundan,aínda máis, nese obxectivo.

1

2

3

4

Page 10: NÚMERO 19.  Inverno 2010/2011

Páxina 10

Quintela de Leirado

Récord de visitantes e aboados na segunda tempada das piscinas

P.- CComo xxurdíu aa iidea dde eelaborar eesta ppublicación?Evencio: Máis que unha publicación, é un folleto, pero quero que sexa o xermolo dunhapublicación máis ampla que recolla todo o patrimonio do concello de Quintela de Leirado.Pero fai falla apoio institucional. Sería bo que o Concello se implicase no proxecto.P.- CCantos eexemplares sse eeditaron ee ccomo sse ddistribuiron?Evencio: Só fixen 100 exemplares, para que chegue aos parroquianos, pero me faría ilu-sión que chegue aos nosos emigrantes en Venezuela, Arxentina, Barcelona, etc., porquesempre lembran a terriña que os víu nacer e gardan boas lembranzas da súa xuventude, ea monumentalidade destas igrexas lévanna no corazón e nos sentimentos. Seguro que máisdun se emocionará ao ver algo sobre as súas igrexas.P.- CCoñecen oos vveciños ee oos ffregueses aa rriqueza ppatrimonial qque ttemos?Evencio: Os veciños son conscientes de que temos unhas igrexas moi boas e de moitovalor artístico. Pero cóstanos recoñecer que somos nós os responsables de manter vivoeste legado patrimonial que nos deixaron os nosos maiores. Pero non podo ter máis quepalabras de agradecemento para estas parroquias, porque a colaboración económica emoral non só é boa, senón excelente. Para todos, a miña felicitación..P.- DDebemos pprotexer mmellor eeste ppatrimonio?Evencio: Creo que neste senso temos avanzado moito, tanto os cregos coma os fregueses,e imos tomando conciencia de que somos nós os que temos que asumir a iniciativa no refe-rente á conservación e restauración do noso patrimonio.

Don Evencio tivo a idea de ilustrar a fregue-ses e visitantes sobre as igrexas de SanPedro e Santa María de Leirado. Inclúe datoshistóricos sobre a construción do templo edos retábulos, aos que dedica boa parte dapublicación, que consta de 30 páxinas.

Evencio Domínguez: “Temos igrexas de gran valor artísticoe a nosa obriga é manter vivo ese legado patrimonial”O párroco de San Pedro de Leirado editouun folleto para dar a coñecer a historiae o significado dos seus símbolos relixiosos

Don Evencio da a coñecer ao público, en xeral, o valorpatrimonial das igrexas de Leirado. Dun xeito obxectivo,valora por igual todo o conxunto de retábulos, aínda quesinte especial admiración polo San Xosé peregrino e asesceas do Sagrario de Leirado, "aínda que os autorrele-ves de Santa María son dunha calidade impresionante".

As piscinas municipais de Quintelade Leirado gozan dunha ampla efavorable aceptación por parte deveciños e visitantes. Durante asegunda tempada estival en funcio-namento, do 24 de xuño ata o 15 desetembro, recibíu unha media demáis de cen bañistas diarios. O Con-cello expedíu 140 bonos familiares e540 carnés de usuarios.

Outro dato significativo: máis de 1.200 persoas quedisfrutaron das instalacións eran de fora do nosomunicipio. Viñeron atraídos pola mellor publicidadeposible: o boca a boca. As instalacións tiveron unhaóptima utilización durante todos os días. Polasmañás, os socorristas encargados de velar polo bofuncionamento e a seguridade, dirixiron cursos denatación para nenos e adultos.

Page 11: NÚMERO 19.  Inverno 2010/2011

A Festa contou coa asistencia de varios alcaldes da comarca da Terra de Celanova edeputados autonómicos pola nosa provincia. Todos, sen excepción, valoraron as exce-lencias culinarias das cachenas ecolóxicas de Moncho de Redemuíños, un dos principaiscolaboradores deste evento. O Campo do Cura de Leirado foi, un ano máis, o esceariodo principal acontecemento festivo de Quintela de Leirado, e chamado a perpetuarse nofuturo, grazas ao esforzo do Concello e o apoio de moitos veciños e veciñas.

A Festa da Cachena é unhaxornada adicada á amizadee á exaltación gastronómi-ca. Unha celebración quecomezou hai sete anos dexeito sinxelo, con menosde 300 participantes e quevai a máis cada ano. OConcello de Quintela deLeirado concibe a festapara manter a unión dasxentes do noso municipio.

A carne da cachena ecoló-xica foi a protagonistainduscutible dunha festagastronómica na que poide-mos degustala de formasben diferentes: en empana-da, ao caldeiro, richada,ademais do viño de Quinte-la de Leirado, integrado nazona vitivinícola das Terrasdo Miño. Outra característi-ca da Festa da Cachena é obo ambiente e as gañas depasalo ben de tódolos parti-cipantes. Despois do xan-tar, entregáronse os pre-mios do concurso de nata-ción, e a xente disfrutou deagradables tertulias.

A mellor cita gastronómica do verán na na nosa comarca?Sen dúbida. A Festa da Carne de Cachena Ecolóxica acadou,o pasado 21 de agosto, un novo éxito, compartido por máisde 800 persoas, entre veciños e visitantes, moitos delesnaturais ou vencellados familiarmente ao concello de Quin-tela de Leirado e a outros limítrofes.

Festa da Carne de Cachena EcolóxicaFesta da Carne de Cachena Ecolóxica

Page 12: NÚMERO 19.  Inverno 2010/2011

A sétpima edición do Rallye Ourense-Baixa Limia manti-vo a emoción dende os primeiros tramos, por terras deQuintela de Leirado, xa que, ademais da victoria nestaproba, estaba en xogo o título do Campionato Galego daespecialidade. Entre os 87 inscritos, dous pugnaban pololiderato: José Miguel Martínez Barreiro “Bamarti” e Al-berto Meira. Ao final, foi este piloto o vencedor da proba e

do campionato. O Rallye contou co seguimento de millei-ros de espectadores, que se desprazaron ata a capital eseguiron aos pilotos polos concellos da comarca que acolle-ron a proba (Verea, Bande, Muíños e Quintela de Leirado).Un dos tramos que levantou maior expectación foi o deQuintela. Moitos siadeiros contemplaron a proba a caróndas curvas da estrada en dirección a Mociños.

Máis de 150 ciclistas de todaGalicia participaron na segundaedición da "Ruta BTT Terra deCelanova", con saída e chegadaen Leirado. Foi unha iniciativa daMancomunidade Terra de Cela-nova, dentro do programa "Con-cellos Saudables", que contou coapoio da Consellería de Sanidadeda Xunta de Galicia. Ademais depracticar deporte, esta proba servepara dar a coñecer os encantosnaturais e paisaxísticos do conce-llo e da comarca. Os participantesrealizaron un percorrido de 53 qui-lómetros dende Leirado, por Tuño,Amoroce, Outeiro de Augas,Penagache, Xacebáns e Leirado.

Rally Ourense-Baixa Limia

Edita: Concello de Quintela de Leirado - Imprime: RODI Artes Gráficas S.L. - Dep. Legal: OU-2/98

Un cconcello pparacoñecer ee ddisfrutar