NÚMERO 21. Inverno 2012/2013

12
En 2012, o Concello realizou obras de mellora en regadíos, limpeza de fosas sépticas e rexenera- ción da capa de rodadura en varias estradas e camiños. Tamén xestionou, a través do Plan AGA- DER, a construción dunha ruta polo río Deva. Un Obradoiro de Emprego facilitará, durante seis meses, formación profesional a 24 persoas en axuda no fogar e atención a persoas maiores. Trá- tase doutro exemplo de colaboración entre a Xunta e a Mancomunidade Terra de Celanova. A Mancomunidade realiza no Centro Comunitario de Xacebáns talleres de ximnasia terapéutica e de memoria, especialmente indicados para persoas maiores de 60 anos. Son iniciativas para mellorar a saúde física e mental dos participantes. Obras necesarias Fomento do emprego Ximnasia e memoria Premio do Deporte Galego Premio do Deporte Galego Un recoñecemento ao traballo da Mancomunidade Un recoñecemento ao traballo da Mancomunidade Q Q UINTELA UINTELA DE LEIRADO DE LEIRADO Número 21 Boletín de información e actualidade municipal Inverno 2012/13 Correo electrónico: [email protected]

description

Revista Concello de Quintela de Leirado

Transcript of NÚMERO 21. Inverno 2012/2013

Page 1: NÚMERO 21. Inverno 2012/2013

En 2012, o Concello realizou obras de mellora enregadíos, limpeza de fosas sépticas e rexenera-ción da capa de rodadura en varias estradas ecamiños. Tamén xestionou, a través do Plan AGA-DER, a construción dunha ruta polo río Deva.

Un Obradoiro de Emprego facilitará, durante seismeses, formación profesional a 24 persoas enaxuda no fogar e atención a persoas maiores. Trá-tase doutro exemplo de colaboración entre aXunta e a Mancomunidade Terra de Celanova.

A Mancomunidade realiza no Centro Comunitariode Xacebáns talleres de ximnasia terapéutica e dememoria, especialmente indicados para persoasmaiores de 60 anos. Son iniciativas para mellorara saúde física e mental dos participantes.

Obras necesarias Fomento do emprego Ximnasia e memoria

Premio do Deporte GalegoPremio do Deporte GalegoUn recoñecemento ao traballo da MancomunidadeUn recoñecemento ao traballo da Mancomunidade

QQUINTELAUINTELAD E L E I R A D OD E L E I R A D O

Número 221 BBoletín dde iinformación ee aactualidade mmunicipal IInverno 22012/13Correo electrónico: [email protected]

Page 2: NÚMERO 21. Inverno 2012/2013

Quintela de Leirado nº 21 Editorial

Páxina 2Páxina 2

O meu desexo é que tódolos veciños eveciñas disfruten dunhas boas festas e que o2013 faga realidade esa esperanza de traballo,saúde e prosperidade para as persoasde Quintela de Leirado, que todos ansiamos.

A crise non impedíu que aolongo dos últimos meses selevaran a cabo ou se xestio-nasen obras necesariaspara o progreso do nosoconcello. A mellora da redeviaria e os servizos sociaismereceron un esforzo espe-cial por parte do GobernoMunicipal, da Deputación eda Xunta de Galicia. Com-pre que unha boa xestión donovo orzamento, a pesar dadimunición dos ingresos,incida nun maior nivel deservizos, en beneficio detódolos veciños e veciñasde Quintela de Leirado.

Como acontece dende hai máis de dúas décadas, taménnas eleccións ao Parlamento de Galicia, do pasado 21 deoutubro, o Partido Popular foi o claro gañador en Quintelade Leirado. E, unha vez máis, acadou unha das maioresporcentaxes de voto entre os 315 concellos da nosaComunidade Autónoma, con mís do 80%. Un resultadoque servíu para reforzar o apoio parlamentario que ten ogoberno que preside Alberto Núñez Feijóo.

Obras na estradade Redemuíños

Vota

ción

201

1

Page 3: NÚMERO 21. Inverno 2012/2013

Páxina 3

Quintela de Leirado

Premio do Deporte Galego para a Mancomunidade Terra de CelanovaA gala dos Premios Anuaisdo Deporte Galego recoñe-ceu o traballo da Mancomu-nidade a prol da difusión dodeporte e do proxecto “Gali-cia saudable”, destinado afomentar a mellora da con-dición física e os costumesde vida saudables entretódolos cidadáns.

RecoñecementoA Mancomunidade Terra de Cela-nova sirve de exemplo da posta enmarcha de programas pioneirosque teñen, como obxectivo priori-tario, incidir na calidade de vidados nosos veciños e veciñas. A tra-vés do plan “Concellos Sauda-bles”, desenvólvense charlas decarácter informativo, sobre dieta,saúde e deporte, e controis depeso no colexio e no Centro deSaúde. Outras actividades cén-transe no período estival, en zonasrecreativas, como as piscinasmunicipais de Leirado, con clasesde natación e xogos cooperativospara os máis novos.

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, JesúsVázquez Abad, entregoulle o galardón a José Antonio Pérez Cortés, pre-sidente da Mancomunidade Terra de Celanova.

O presidente da Xunta con tódolos galardonados

Máis usuariosO programa da avaliación física, quese desenvolve en centros de saúde,colexios e o instituto de Ensino Secun-dario, contou durante o pasado anocon 1.646 usuarios, nos concellos queintegran a Mancomunidade: Celanova(474), A Merca (194), Cartelle (170),Gomesende (133), QQuuiinntteellaa ddee LLeeiirraaddoo((112211)), Ramirás (105), Pontedeva (105)e Verea (92). No IES de Celanovahoubo outros 478 controis.

Tamén teñen unha gran acollida,polo elevado número de participantes,as actividades que se realizan noscentros escolares, para mellorar cos-tumes de aseo persoal e alimentación,e nas piscinas, durante o período esti-val, que contan con máis de 500 usua-rios en toda a comarca.

Trala toma de posesión como presidente da Deputación, José Manuel Baltarrecibíu no seu despacho ao alcalde de Quintela de Leirado, José Antonio, e aotenente de alcalde Pablo Pérez, quenes lle desexeron sorte e lle pediron quecontinúe o apoio da institución provincial aos novos proxectos que xa ten enmarcha o noso municipio. Para Pérez Cortés, "o relevo ao fronte da Deputaciónnon suporá ningún cambio na boa colaboración que se mantivo ata o de agora".

Page 4: NÚMERO 21. Inverno 2012/2013

Páxina 4

Quintela de Leirado

“Os veciños demandan mellores servizos, e a o

A Deputación de Ourense tamén colaborou no proxecto de canali-zación do regadío de Ataínde. Fíxose nun dos mananciais para con-seguir máis agua para o servizo domiciliario e para o tanque do quese fornecen helicópteros e camións na loita contra os incendiosforestais. O investimento foi de 41.000 euros e servíu, tamén, paraacondicionar un camiño en Xacebáns.

Propostas a prol denovas infraestruturas,máis servizos públicose creación de emprego

Mellora da rede viaria

As raíces que atravesaban a estradaían deteriorando, pouco a pouco, oasfalto do vial que comunica Leiradocon Redemuíños. Para subsanar esteproblema, o Concello acadou o compro-miso da Deputación Provincial de Ouren-se para levar a cabo as obras de rexe-neración asfáltica. Os traballos consisti-ron na eliminación das raíces, no levan-tamento do tramo afectado e na exten-sión dunha nova capa de rodadura. Oproxecto contribuíu a mellorar a seguri-dade vial nunha das vías de comunica-ción máis transitadas do concello deQuintela de Leirado.

Reforma de estradas,pistas e camiños

O Concello de Quintela de Leiradodesenvolve diferentes iniciativas paramellorar infraestruturas e servizos públi-cos nas diferentes parroquias do nosomunicipio, atendendo as peticións dosveciños e veciñas e dando prioridade ásque se consideran máis necesarias ouurxentes en cada momento. Neste plande obras cobran especial importancia ásreferidas á mellora e conservación daampla rede viaria municipal, con máis de100 quilómetros de estradas, pistas ecamiños de uso público.

Obras no vial deLeirado a Redemuíños

En colaboración coa Deputación Provin-cial de Ourense, dentro dos Planes Pro-vinciais, acometeuse a reforma da capade rodadura en varios tramos da estradaque comunica Leirado con Redemuíños,deteriorados polas raíces de árbores quelevantaban o asfaltado. Unha das princi-pai s actuacións levouse a cabo na zonade As Pereiras. O investimento total destainiciativa municipal, con fondos aportadospola Deputación, foi duns 40.000 euros.

Limpeza de fosas sépticasen varias parroquias

Unha subvención de da Consellería daPresidencia da Xunta estáse a empregarna limpeza das fosas sépticas de Gome-sende e Quintela de Leirado. Ambolosdous Concellos sufragan, cadanseu, o10% do custe total (80.000 euros). Nonoso municipio quedarán saneadasvarias fosas de Redemuíños, a de Fon-dóns (Leirado), Quintela e Xacebáns.

Estrada de Leirado a Redemuíños,na zona de As Pereiras

Regadío de Ataínde

Page 5: NÚMERO 21. Inverno 2012/2013

Páxina 5

Quintela de Leirado

obriga do Concello de Quintela de Leirado é dar resposta a esas inquedanzas”

O Programa de Infraestruturas do Medio Rural contribúea reformar os accesos a Beade, Cimadevila, Atrio e Pereiras

A Consellería de Medio Rural investirá en Quintela de Leirado, den-tro dos Proxectos Estratéxicos de Infraestruturas (PEIM Rural), 40.500euros para acometer traballos de mellora de estradas e pistas na zonade Redemuíños; en concreto, nos accesos a Beade, a Cimadevila e notramo Pereiras-Atrio.

O obxectivo fundamental das obras enmarcadas nestes proxectosé dignificar e mellorar a calidade de vida da poboación que reside nes-tas zonas e contribuír a arranxar as deficiencias que persisten endeterminadas zonas rurais.

O Plan AGADER aprobou unha ruta de sendeirismodende a presa do salto ata Quintela

En xuño de 2013 deberá estar rematada a ruta de sendeirismo acarón do río Deva, entre a presa e Quintela, que financia o Plan AGA-DER da Xunta de Galicia con 80.000 euros (nesta cantidade estánincluídos tamén os parques biosaudables que se instalarán en Moci-ños e Redemuíños). A ruta de sendeirismo pretende aproveitar estelugar de singular fermosura paisaxística e de gran valor medioam-biental como zona de paseo e lecer.

José Antonio Pérez Cortés, alcalde

A limpeza das fosas sépticas, quelevan a cabo os Concellos deGomesende e Quintela de Leirado,coa colaboración da Consellería daPresidencia da Xunta de Galicia,pretende optimizar estas instala-cións, cunha mellor depuracióndas augas residuais. Elimínanseresíduos dos filtros e se limpan oscompartimentos para a depura-ción biolóxica, todo elo para aca-dar unha mellor calidade da auga eevitar posibles verquidos contami-ñantes ás canles fluviais.

Limpeza de fosas sépticas

Novo Obradoiro de EmpregoA preocupación polo fomento do emprego levou á Manco-

munidade Terra de Celanova a solicitarlle á Consellería de Tra-ballo e Benestar da Xunta de Galicia un Obradoiro formativo para24 persoas, do que tamén formarán parte persoal directivo,administrativo e docente. Durante seis meses, os alumnos/asseleccionados recibirán clases teóricas e prácticas nas especia-lidades de axuda no fogar e atención xeriátrica, ademais decharlas orientativas para o seu acceso ao mercado laboral, crea-ción de empresas ou cooperativas, etc.

O proxecto presentado pola Mancomunidade contempla arealización das clases prácticas en centros de atención a perso-as maiores, como o de Xacebáns, como xa aconteceu no Obra-doiro de Emprego do ano 2011.

Ao proceso de selección presentáronse 60 persoas. Oxurado valorou os coñecementos, a situación social e familiar,a renda, etc. dos aspirantes, tendo en conta os baremos esta-blecidos pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta.

No anterior Obradoiro participaron 25 alumnos/as, en dousmódulos: axuda no fogar e atención sociosanitaria.

Quintela

Page 6: NÚMERO 21. Inverno 2012/2013

Páxina 6

Quintela de Leirado

P G-PSOEDE

358358

6161

1212

80,0880,08

13,6413,64

2,682,68

anova 99 2,012,01

Forza política Votos 2012 %

Resultados en Quintela de LeiradoAo igual que nas últimas elecciónsmunicipais e xerais, o Partido Popularreafirmou a súa hexemonía en Quinte-la de Leirado nos comicios autonómi-cos do pasado 21 de outubro. A listado PP, que encabezaba Jesús Vázquez,superou de novo o 80 por cento dosvotos, a considerable distancia dasoutras forzas políticas que concorrirona esta cita para renovar o ParlamentoAutonómico: o PSdeG-PSOE acadou o13,6%; a do BNG foi a terceira candi-datura máis votada, co 2,7%, mentresque Alternativa Galega de Esquerdas,tivo que conformarse co 2%. Outrospartidos recibiron, en conxunto, 6

votos, con 2 nulos e 1 en branco. Aparticipación foi do 71,73%, sobre uncenso de 626 electores.

A representación da provincia deOurense na Cámara autonómicacorresponde, así, a: Jesús VázquezAbad, Carmen Pardo, Miguel Santali-ces, Antonio Rodríguez Miranda, Cristi-na Romero, Antonio Mouriño, EnriqueNóvoa e Moisés Blanco, do PartidoPopular; Manuel “Pachi” Vázquez,María Quintas, Raúl Fernández e Car-men Acuña, do PSdeG-PSOE; TereixaPaz, do Bloque Nacionalista Galego; eDavid Fernández, da Alternativa Galegade Esquerdas.

As eleccións ao Parlamento Galego reafirman a hexemonía do PP

ESTADO DE GASTOS (Ano 2013) € ESTADO DE INGRESOS (Ano 2013) €

Gastos de persoal 225.293,07 Impostos directos 110.199,16

Bens correntes e servizos 198.173,48 Impostos indirectos 3.000,00

Gastos financeiros 12.881,48 Taxas e outros ingresos 175.785,21

Transferencias correntes 73.000,00 Transferencias correntes 260.506,28

Investimentos reais 173.300,00 Ingresos patrimoniais 3.600,00

Transferencias de capital 6.000,00 Transferencias de capital 143.157,38

Activos financeiros 0,00 Activos financeiros 0,00

Pasivos financeiros 7.600,00 Pasivos financeiros 0,00

TOTAL GASTOS 696.248,03 TOTAL INGRESOS 696.248,03

As contas do Concellode Quintela de Leiradoestán supervisadaspolo Consello de Con-tas de Galicia, que é oente fiscalizador dascontas e da xestióneconómico-financeirado sector público gale-go. Así acontece den-de o ano 1991, candoiniciou as súas activi-dades, ó tomaren po-sesión dos seus car-gos os cinco consellei-ros designados poloParlamento galego.

As contas do Concello, transparentes

Un orzamento axustado e solidario para 2013A pesar da menor aportación da Xunta de Galicia e do Goberno de

España no orzamento municipal, a Corporación de Quintela de Lei-rado aprobou unhas contas realistas para 2013, nas que benscorrentes e servizos, e investimentos terán especial relevancia.

O Concello de Quintela de Leirado disporá en 2013 dun orzamento de algo máis de 696mil euros. Os capítulos de investimentos reais, bens correntes e servizos e de persoal vol-verán ser os máis relevantes, pola súa cuantía.

No estado de ingresos, as maiores aportacións ás arcas municipais corresponden ástransferencias correntes, aos impostos directos e indirectos, ás taxas e ás transferenciasde capital. Manter o equilibrio financeiro é un dos principais obxectivos do Goberno Municipal,para ter as contas públicas ben saneadas e cumprir co obxectivo do menor déficit posible.

Page 7: NÚMERO 21. Inverno 2012/2013

Páxina 7

Quintela de Leirado

PP..- Cómo valora o primeiro ano e medio de xestión neste novocomo alcalde de Quintela de Leirado?José Antonio.- Como todo o mundo sabe, a situación ao comezo doactual mandato non era nada fácil. A crise económica provocou unhamerma importante dos ingresos nas arcas municipais, ao tempo quehabía que financiar os mesmos servizos. A partir de eiquí propuxé-monos pór en marcha un programa que, condicionado pola austerida-de, fose capaz de incidir no progreso de Quintela de Leirado, tanto anivel de infraestruturas como de servizos básicos. De feito, convéndestacar que, pola boa xestión, o noso foi dos poucos concellos quenon tivo que facer ningún plan de axuste.PP..- Qué opinión lle merecen os resultados dos comicios ao Par-lamento Galego e á Xunta?José Antonio.- Tanto a nivel de Quintela de Leirado, como deGalicia, para o Partido Popular foron bós. Unha parte importantedos cidadáns castigou aos responsables da crise e respaldou a polí-tica seria e pragmática que levou á cabo Alberto Núñez Feijoo naanterior lexislatura. A mensaxe foi clara, e a xente así o entendeu:esa é a liña que hai que seguir para sair canto antes da crise actual.PP..- En clave municipal e da Mancomunidade, cales foron oslogros máis importantes no que leva de mandato?José Antonio.- Fixéronse obras para mellorar as infraestruturaslocais, sobre todo na rede viaria, que xa son realidade e das quedisfrutan tódolos veciños e veciñas do municipio. Tamén se refor-maron espazos públicos, se traballou na mellora das canles deregadío, no fomento do emprego, na promoción da comarca comoenclave turístico,... E, claro está, a continuidade dos programas decarácter social, que inciden no benestar dos nosos veciños e veci-ñas. Este era un obxectivo que perseguimos dende hai varios anos,convertido hoxe nunha realidade da que o equipo de Goberno sesinte moi orgulloso.PP..- De cara aos próximos meses, ¿hai proxectos importantes?José Antonio.- O noso futuro pasa por mellorar os servizos públi-cos e axudar no que poidamos a crear postos de traballo. Iniciati-vas como as do Obradoiro de Emprego son sempre importantes,pero tamén hai que axudar aos emprendedores. E, a nivel de infra-estruturas, agora mesmo xa se conta co orzamento para acometerobras importantes, como a mellora da rede viaria na zona deRememuíños, a través do Programa de Infraestruturas do MedioRural da Xunta, a limpeza das fosas sépticas, a instalación de par-ques biosaudables ou a ruta de sendeirismo dende a presa do saltoata Quintela, con cargo ao Plan AGADER da Xunta de Galicia.

José Antonio Pérez Cortés, alcalde:“A unión e a solidariedade son

virtudes para afrontar con éxitoos retos que temos por diante”

“O Goberno municipal tra-balla para que tódolos

pobos progresen por igual,tanto en servizos básicoscomo en infraestruturas, eque tódolos veciños e veci-ñas vexan mellorada a súa

calidade de vida. Sentempo de mirar cara atrás,debemos seguir unidos, tra-ballando a cotío para poder

disfrutar dunhas presta-cións que nos sitúan á altu-

ra dos concellos máisdesenvolvidos da nosa

terra. Porque creemos enQuintela de Leirado, temos

que apostar polo futurodeste singular e fermoso

concello".

Entrevista

Page 8: NÚMERO 21. Inverno 2012/2013

Páxina 8

Quintela de Leirado

A comida de amigosen Castro Laboreiroé xa un clásico doverán en Quintela deLeirado. A idea deErnesto Alonso, xur-dida hai xa variosanos, convertíuse encita obrigada paramáis de trinta veci-ños. É un día paragozar coa comida eunha distendida ter-tulia, con contos evivencias persoais.

Quintela de Leirado

Novembro é o mes dos magostos. Un tempo no queas castañas adquiren especial protagonismo, comoacontece dende hai centos de anos na nosa terra. Éunha festa familiar, a carón do lume, ou compartidacos veciños e veciñas dos pobos. Noutra dimen-sión, as Asociacións de Mulleres Rurais organiza-ron os seus magostos particulares, como un motivopara a confraternidade e pasar unha tarde divertida,coa comida e o ritmo da música. Así o reflicte afotografía da esquerda, na que Eva e Faustino com-parten o baile con outros veciños e veciñas do nosomunicipio.

Moitos veciños de Quintela de Leirado disfruta-ron coa proxección da película "Vilamor", dirixidapor Ignacio Vilar e protagonizada por RubénRiós. Foi a través do programa "Cine de verán",co patrocinio da Deputación Provincial deOurense e da Secretaría Xeral de Política Lin-güística da Xunta.

Un ano máis, os nenos e nenas de Quintelade Leirado poderán disfrutar de Pazolandia,un verdadeiro parque de atraccións que orga-niza durante as vacacións do Nadal a Depu-tación Provincial de Ourense. O noso Conce-llo colabora con esta iniciativa, facilitando aviaxe e o acompañamento aos participantes,de 2 a 18 anos, que poden realizar diferentesactividades en Expourense, como manualida-des, parques de tráfico, camas elásticas,coches eléctricos, etc.Participantes en 2011

Viax

e aa

PPazo

land

ia

Homenaxe á amizade

Un día de cine

Magosto

Tempo de divertimento

Page 9: NÚMERO 21. Inverno 2012/2013

Páxina 9

Quintela de Leirado

A Mancomunidade fomenta costumes saudables

Un concello para vivir e disfrutar todo o anoUn concello para vivir e disfrutar todo o anoA Mancomunidade Terra de

Celanova segue a servir de exem-plo do programa "Galicia Sauda-ble", que promove a Xunta. Ade-mais de charlas de carácter infor-mativa, os eixos centrais destaactividade son os controis da ava-liación física, tanto en colexios

como en centros de saúde, centrosde día e residencias de maiores(eiquí tamén coa ximnasia tera-péutica), pero, asemade, as campa-ñas informativas que se realizanentre a comunidade escolar detoda a comarca. "Galicia Sauda-ble" tamén colabora na organiza-

ción de eventos de promoción dodeporte, como a Ruta BTT evarias andainas. Esta é a respostada Mancomunidade para loitarcontra o sedentarismo e as enfer-midades asociadas ao mesmo, pro-movendo cambios no estilo de vidae a práctica da actividade física.

Na escola tamén se fai o panOs alumnos e alumnas do CEIP de Gomesende e Quintela de Lei-rado aprenderon a facer o pan. Foi unha das actividades incluídasno programa de “Galicia Saudable", que inciden nas recomenda-cións sobre hábitos os alimenticios dos máis novos, o deporte, asícomo o aseo e a hixiene persoal.

Dun xeito divertido, os rapaces recuperaron, por un día, unha tra-dición que se foi perdendo nos pobos: a de amasar e cocer o pan, e,despois, comelo. As novas xeracións son especialmente sensibles ásensinanzas para que melloren e varíen as súas comidas, dando prio-ridade ás froitas e verduras e ao peixe, fronte ás graxas saturadas.

Avaliación da condición física para osalumnos e alumnas do CEIP Rosalía deCastro, con controis periódicos do pesoe masa muscular. Tamén se realiza conadultos no Centro de Saúde.

Page 10: NÚMERO 21. Inverno 2012/2013

Páxina 10

Quintela de Leirado

O Centro comunitario favorece a saúde física e mental dos residentes

As persoas que participan nos talleres de memoriae de ximnasia terapéutica melloran a súa calidade de vida

Manter ás persoas activas, a través duncompleto e variado programa de activi-

dades, é un dos obxectivos do CentroComunitario de Xacebáns. Os residen-

tes melloran a súa condición física, coaximnasia terapéutica, e mental, a través

dos talleres de memoria. Son activida-des, dentro da iniciativa de “Galicia Sau-dable”, que desenvolve o departamentode Promoción da Saúde da Mancomuni-

dade Terra de Celanova.

Unha media de 15 persoas participa habitualmentenas sesións de ximnasia terapéutica no Centro Comu-nitario de Xacebáns, que organiza a MancomunidadeTerra de Celanova, dentro do plan "Galicia Saudable".Este programa consiste nunha ximnasia especial,onde se realiza unha actividade física deseñada cunprograma de exercicios que combinan técnicas de res-piración, estiramento, concentración e relaxación. Éunha ximnasia moi suave, que pode ser aplicada encalquera idade, respetando as posibilidades de cadapersoa.

Tódolos participantes coinciden en sinalar que, des-pois da ximnasia terapéutica, sinten unha sensaciónde alivio na columna vertebral e nas extremidades docorpo, e un benestar xeral.

Por tratarse dunha ximnasia sin impacto, xa que arealizan de pé ou sentados, esta actividade é apta parapersoas que non teñen lesións, pero que tampoucopoden facer exercicios físicos tradicionais, que llesprovocan sobrecargas e doenzas xeralizadas.

A ximnasia terapéutica tamén se realiza nas resi-dencias da terceira idade de Celanova, Ramirás e Car-telle, e noutros centros comunitarios de concellos inte-grados na Mancomunidade Terra de Celanova.

Cada vez máis, as persoas maiores son conscientesdos beneficios que a práctica do exercicio físico, rea-lizado de forma moderada e adaptado á súa idade,ten para a saúde. En Xacebáns, o monitor encargadodesta actividade realiza exercicios para favorecer atonificación muscular e a mobilidade, que se vai dete-riorando coa vida sedentaria e os achaques propiosdas idades avanzadas.

Xacebáns

Page 11: NÚMERO 21. Inverno 2012/2013

Páxina 11

O 25 de agosto quedou marcado como un día especial para as máisde 200 persoas que participaron na segunda edición da “macarrona-da”, no Miradoiro, e na posterior “Pool-party” (festa da piscina). O Con-cello de Quintela de Leirado implicouse para consolidar estas celebra-cións, que teñen gran éxito entre a xuventude do noso municipio, eque van camiño de convertirse en “clásicas” do verán.

A “Pool-party” contou cunha carpa a carón da piscina, inchables naauga e un Dj, encargado de pór a música e animar aínda máis oambiente festivo ata xa entrada a madrugada.

A “Pool-party” reúne a veciños evisitantes, sobre todo, xoves, paradisfrutar dunha agradable noite deverán, con música, inchables ebaño, incluídos. O bo ambiente re-flíctese nestas imaxes con algúnsdos participantes.

Pola paisaxe, a tranquilidade, o clima,a xente, as festas, as tradicións...,Quintela de Leirado é un lugar de privi-lexio para disfrutar das vacacións esti-vais. Pero, tamén, pola piscina, conver-tida xa, en pouco tempo, nun dos luga-res preferidos por nenos e maiores paragozar do tempo de lecer. O Concelloorganizou actividades acuáticas, clasesde natación para nenos e adultos etalleres de manualidades.

Page 12: NÚMERO 21. Inverno 2012/2013

Disfrutando een bbicicleta...

A Ruta BTT "Terra de Cela-nova", que organiza a Man-comunidade, coa colabora-ción do Concello de Quinte-la de Leirado, reuníu a 150participantes, procedentes detoda Galicia. A proba partíude Leirado, para seguir uns40 quilómetros por variospobos do noso concello e dacomarca, con regreso aopunto de saída. Os afeccioa-dos á bicicleta de montañavaloran esta Ruta BTT comounha das máis interesantes,pola dificultade media-alta ea paisaxe, de toda Galicia.

As asociacións de mulleres do concello de Quintela deLeirado seguen a dinamizar a vida social e cultural condiferentes actividades lúdicas e festivas. Recentemente,cos magostos, e nos meses centrais do ano, con excur-sións para coñecer outras zonas da nosa xeografía. Aviaxe máis longa foi a Asturias, con visitas a Oviedo,Gijón, Cangas de Onís, Covadonga e os Lagos Enol e

da Ercina. Eiquí está feita a foto superior da esquerda, naque aparecen Manolo de Cabanelas, Nito, Toña, Rosa,Marisa e Guillermina.

As mulleres das asociacións tamén participan nas cla-ses de ximnasia de mantemento, que contan coa colabo-ración do propio Concello de Quintela de Leirado, quencede as instalacións para esta actividade.

...en forma

Xente viaxeira

Ruta BTT Terra de Celanova

Edita: Concello de Quintela de Leirado - Imprime: RODI Artes Gráficas S.L. - Dep. Legal: OU-2/98