O aparello respiratorio é, coma todos os aparellos do ... · músculos intercostais que elevan as...
Transcript of O aparello respiratorio é, coma todos os aparellos do ... · músculos intercostais que elevan as...
O aparello respiratorio é, coma todos os aparellos do corpo, un conxunto de órganos que serven para
realizar unha función. Os órganos fundamentais son os pulmóns
O aparato respiratorio está formado polas vías respiratorias e polos pulmóns. As vías respiratorias son tubos que conectan os pulmóns co exterior. Son as fosas nasais, a farinxe, a larinxe, a traquea, os bronquios, os bronquíolos e os alvéolos
● As fosas nasais consisten en dous buracos no nariz polos que entra o aire para viaxar pola traquea ata os pulmóns.
● A farinxe é un conduto musculoso compartido co aparato dixestivo. Contén unha tapiña, chamada epíglote, que se pecha cada vez que pasa un alimento a través dela para evitar atragoarnos.
● A larinxe é un conduto cuxa función principal é a filtración do aire inspirado. Ademais permite o paso de aire cara á traquea e os pulmóns
● A traquea é un tubo formado por aneis de cartílago unidos por músculos. Pola traquea circula o aire cara aos pulmóns.
● Os pulmóns son dous órganos esponxosos situados no tórax e separados do abdome por un músculo, o diafragma. Están formados polas ramificacións dos bronquios e polos alvéolos.
● Os bronquios son dúas ramas que entran a cada un dos pulmóns. Conducen o aire que vai dende a traquea ata os bronquíolos.
● Son o resultado da ramificación dos bronquios dentro dos pulmóns. Os bronquíolos rematan nuns saquiños microscópicos , chamados alvéolos, que están rodeados por capilares moi finos polos que circula continuamente o sangue.
● Os alvéolos son unha parte importante do aparello respiratorio. Neles prodúcese o intercambio de gases, é dicir, os alvéolos énchense co aire inhalado, conducen o osíxeno ata o sangue e expulsan o dióxido de carbono.
● O diafragma é un músculo que traballa cos teus pulmóns para permitirche inhalar e exhalar aire.
A inspiración consiste na entrada de aire cargado de O2 dende o exterior ata o interior dos pulmóns a través das vías respiratorias.Durante a inspiración a caixa torácica expándese debido á contracción dos músculos intercostais que elevan as costelas e á relaxación do músculo diafragma que provoca o seu descenso aumentando o volume interno da caixa torácica.
Despois de recorrer as vías respiratorias, o aire chega aos alvéolos pulmonares. As súas paredes son moi finas e están recubertas de numerosos capilares, o osíxeno pasa do aire ao sangue, mentres que o dióxido de carbono pasa do sangue ao aire. O aire que sae polas fosas nasais contén menos osíxeno e máis dióxido de carbono.
A expiración consiste na salida de aire cargado de CO2 dende os pulmóns ata o exterior.Durante a expiración a caixa torácica volve a súa posición normal de reposo debido á relaxación dos músculos intercostais que fan descender as costelas e á contracción do diafragma que provoca o seu ascenso diminuindo o volumen interno da caixa torácica.
● http://www.educaplay.com/es/recursoseducativos/2246762/html5/o_aparello_respiratorio.htm
IMAXES:● www.anayaeducacion.es/index_alumnado.php● http://www.educacionprimariaparapadres.com/moodle/mod/page/view.php?id=593● http://es.partesyfunciondelsistemarespiratorio.wikia.com/wiki/Archivo:Aire.gif● http://www.thinglink.com/scene/573073452425019394
TEORÍA:● https://lopezmourenza.wordpress.com● https://www.nlm.nih.gov/medlineplus/spanish/ency/anatomyvideos/000059.htm#top ● http://www.educacionprimariaparapadres.com/moodle/mod/page/view.php?id=593● https://sites.google.com/site/440larespiracionyelairepuro/mecanica-respiratoria-1
REALIZADO POR: ANTÍA, RAQUEL, AIZA, DANI GF, MARÍA LC E ADRIÁN
6º EP CEIP ROSALÍA DE CASTRO, LUGO