O Baúl dos Alumnos

28
Centro de Promoción Rural - EFA Centro de Promoción Rural - EFA Fonteboa Fonteboa 2013-14 Curso O Baúl dos Alumnos

description

O Baúl dos Alumnos de 1º e 2º da ESO do Centro de Promoción Rural - EFA Fonteboa

Transcript of O Baúl dos Alumnos

Page 1: O Baúl dos Alumnos

Centro de Promoción Rural - EFACentro de Promoción Rural - EFA

FonteboaFonteboa

2013-14Curso

O Baúl dos Alumnos

Page 2: O Baúl dos Alumnos

Educación Secundaria Obrigatoria

1º 2º 3º 4º ESO

“Unha aposta pola educación e o éxito escolar na ESO”

Centro de Promoción RuralEFA Fonteboa

Modelo educativo aberto ao entorno: viaxes e visitas técnicas e

culturais, participación de expertos responsables de empresas e

organizacións

Titoría e orientación académica

Responsabilidade educativa dos pais (Grupos de Traballo de

Familias. 5 sesións / ano)

Estudio dirixido e personalizado (2 horas diarias)

Desenvolvemento de actividades transversais na aula: formación

asociada de materias e interdisciplinariedade

Visitas de estudio a empresas e charlas-coloquio con profesionais

Comedor

Transporte escolar

Actividades Extraescolares e Complementarias

CARACTERÍSTICAS DA FORMACIÓN

>

>>

>>

>

>>>

SERVIZOS

Page 3: O Baúl dos Alumnos

Aula Abalar - Anxo Rodríguez (1ºESO)Actividade Apícola - Francisco Xavier Prado (1ºESO)A piscina de Fonteboa - Luís Santiago Ferreiro (1ºESO)Cata de mel - Adrián Gallardo (2º ESO)Charlas 2014 - Brais Merelas (2º ESO)Concurso de Beléns - Diego Carracedo (1º ESO)Convivencia en Semana Santa - Brais Alonso (1º ESO)Visita ao Melga - Fabián Abelenda (1ºESO)Naturmaz - Daniel Rial Espasandin (1ºESO)Días de Pesca - Esteban Santos (1ºESO)Proxecto Tecnoloxía 4º ESO - Pedro Calvo (2ºESO)Proxectos de Plástica - Manuel Carnota (1ºESO)Roteiro dos Cogumelos - Samuel Paredes (2º ESO)Xornadas deportivas - Yonatan Lema (1º ESO)Sabor Emprendedor - Carlos Antelo (2º ESO)Tertulias - Marcos López García (2ºeso).O mural do pavillón - Flavio Suárez (2ºESO)Convivencia de inicio do curso - Damián Felípez Pallas (1ªESO)Xogos Populares - AlejandroMariño(1ºESO)

O Baúl dos Alumnosde 1º e 2º da ESO

Neste primeiro baúl os alumnos de 1º e 2º resúmen

algunha das actividades feitas ao longo do curso

Page 4: O Baúl dos Alumnos

A aula abalar é traballar con algúns dos nosos profesores cos ordenadores quenos proporciona a escola. Usar os ordenadores como unha ferramenta máiscomplementaria aos típicos libros de texto e cadernos.En inglés temos o libro de texto en formato dixital e facemos todos osexercicios dos temas no ordenador. En Lingua castelá usamos o ordenador parafacer redaccións ou traballar a ortografía.Con Juan Antonio, en proxecto, tamén facemos moitos traballos e aprendemos ausar distintos programas.Algunhas veces Xosé Lois déixanos xogar o xadrez ou buscar información sobremates ou xeografía. Outras veces Rafa ponnos vídeos de naturais e Juanensínanos cousas de naturais aplicadas para proxecto.

Agora vou facerlle unha entrevista a Rafael, o coordinador da aula Abalar.-Que é aula abalar?É unha aula que ten que ter pizarra dixital conectada a un ordenador e dispoñerde ultraportátiles para os alumnos do curso.

-Que se fai nunha aula abalar? Empréganse tic's (tecnoloxía da información e comunicación.)no desenrolo das materias.

-Como se podería traballar na aula abalar fóra da clase?O máis empregado é o Moodle que é unha páxina web onde ti podes facer as actividades traballos e exames para materias e que o profesor poida corrixilos e avalialos.

-Pode substituír o libro dixital ao de papel?Si, en Fonteboa xa se está facendo na materia de inglés en primeiro da eso.

-Cantos anos leva Fonteboa no proxecto abalar?Leva 4 anos.

-Por que solo hai aula abalar en primeiro e segundo?Porque os equipos informáticos son da Xunta de Galicia e pola crise económicaactual só se aplicou en primeiro e segundo da eso.

Page 5: O Baúl dos Alumnos

-No futuro podería haber aula abalar en terceiro e cuarto?Si,cando a Xunta de Galicia o permita e se acabe a crise.

-Todos os centros escolares teñen aula abalar?Non, so o teñen os centros que se uniron ao proxecto.

-Canto costa o proxecto abalar?A nivel Galicia millóns de euros xa que cada pizarra dixital costa máis de cincomil euros. Despois hai que sumarlle o ordenador e os ultraportátiles.

-Todos os alumnos poden participar no proxecto abalar?Si ,sempre que firmen a autorización.Ten que estar firmado polo alumno e os pais.

-Van mellorar os ultraportátiles?En principio non por motivos económicos.

Anxo Rodríguez (1ºESO)

Page 6: O Baúl dos Alumnos

O xoves 15 de maio as 9:10 saímos de Fonteboa cara aNaturmaz en Mazaricos . Chegamos ás 10 e alí preparamos ascamas e cambiámonos para a escalada. Foi a primeiraactividade do día e alí presentáronos ós monitores . Consistíaen escalar unha parede duns 15 metros. Algúns repetiron maisdunha vez.

Despois da escalada fomos aun taller chamado SENRA SPORT dirixidopor Manuel Senra . El enxeñounos asdistintas partes dun taller, chapa, pintura...Tamén levou a algunhas persoas a darunha volta no coche de rally . Ten uns 4coches de rally cos que compite el e seufillo.

Cando acabamos de ver o taller fomos acomer á beira do río Xallas comemos:tortilla , chourizo e pan .

Cando acabamos fomos de volta a Naturmazpara cambiarnos para facer senderismo . Oreto era chegar a explotación de leite SATBUSTO-CORZÓN, unha das melloresgranxas de Galicia. Explicáronnos ofuncionamento da granxa, que ten unhas 500vacas. Despois volvemos facendo senderismopolo río Xallas, o que quixo puido bañarse norío nunha zona que non era perigosa.

Page 7: O Baúl dos Alumnos

Cando chegamos a Naturmaz fomospara a tirolina, unha actividade queconsiste en tirarse colgado dun arnéspor un cable dende o alto dun montee a continuación a actividade demultiaventura que consistía en facerun circuíto colgado no teito dunhanave no menor tempo posible.Despois de facer esa actividade osque quixeron puideron bañarse napraia fluvial do embalse daFervenza .

Algúns quedaron facendo no churrasco.Despois de cear os que quixeron puideronfacer un xogo nocturno e os outros foronpara cama . Para algúns era a primeira noiteque durmían fóra da casa e pasámolo moiben.

O venres pola maña almorzamos tostadas,leite, magdalenas, café e leite con cola cao.Despois cambiámonos para facer rapel ealgúns, tamén, tirolina . O rapel consistía enbaixar pola presa do embalse da Fervenzaabaixo, tiña uns 20 metros de altura, ebaixabas suxeito polo arnés e atado a unhacorda.Despois os que quixeron baixar pola tirolinapuideron volver a facelo outra vez, case todoo mundo repetiu. Ao final tamén nos bañamospor última vez na praia fluvial . Esta foi aaventura que vivimos en Mazaricos

Daniel Rial Espasandin (1ºESO)

Page 8: O Baúl dos Alumnos

SaborEmprendedorENTREVISTA A ALUMNOS DE CFGM PRODUCIÓN AGROPECUARIA E COORDINADOR :

-De onde xurdiu a idea?

Isto xurdiu un pouco da imaxinación de constante e dos alumnos de ciclo que a

parte de saber todo o proceso de traballo do interior, o traballo que da facer as

cousas, saber todos os procesos querían enfrontarse directamente co consumidor e a

base diso foi como xurdiu esta idea.

-Cando empezaron?

Co proxecto este empezaron fai dous anos pero a idea xurdiu fai tres anos.

- Quen realiza este proxecto?

Este proxecto realízano os alumnos de primeiro de

CFGM Produción Agropecuaria mentres que os de

CFGS de Xestión e Organización de Empresas Agrarias

están de alternancia en Irlanda. Os alumnos de ciclo

medio rótanse, cada día vai un e así sucesivamente pero

ante este sempre hai un coordinador que ese non se rota

cos outros e ademais un axudante do coordinador.

- En que consiste este proxecto?

Este proxecto consiste en comprar produtos en invernadoiros e na feira saber

relacionarse ca xente, e dar a coñecer o noso produto .

Está previsto para o ano que ven que o produto que se cultiva no centro levalo á

feira para vendelo e así os beneficios irán para nós .

- Que produtos vendedes?

Os produtos son moi variados como:

leituga de catro clases, dúas clases de repolo, acelga,

tomates en planta e cando o hai en froito, cebola,

grelo na súa temporada, mel, produtos cárnicos en

menos cantidades, xudías, pirixel, pementos e ovos.

Page 9: O Baúl dos Alumnos

- Quen son os vosos provedores?

Os nosos provedores son a xente de cerca que ten invernadoiros e produtos de

calidade para nós poder vender pero tamén algún produtos son nosos.

- Cal é o produto máis reclamado pola xente?

O produto máis reclamado pola xente é a leituga que é a máis vendida.

- Que aprendestes con este proxecto?

Aprendemos a que o carto non é fácil de gañar,

tamén aprendemos a relacionarnos coa xente do

exterior (convencelos de que compren o produto

estimado polo vendedor) e a saber buscarte a vida

co exterior non só é estudar.

- Gústavos o proxecto este?

( Palabras de Fabián Gómez un dos alumnos

responsable do proxecto )

Persoalmente gústame porque aparte de estar en

contacto ca natureza estás en contacto coa xente

do exterior.

- Opinións dos alumnos

Os alumnos din que non só é importante o estudo a

teoría senón que o importante é que aprendas máis ,

e cando ti tes que producir ese produto e vendelo e

dende a plantación ata o punto de venda que hai

unha serie de pasos a seguir. Para o ano xa

empezamos a vender os nosos produtos e imos ir con

outra iniciativa e cando imos a feira a xente de fóra

gústalle comprar produtos á xente nova e non á xente

maior que pode que xa teña a vida arreglada.

Carlos Antelo (2º ESO)

Page 10: O Baúl dos Alumnos

Os alumnos de primeiro e

segundo da ESO poden ircon Xosé Lois (3xl) a

unha actividade deapicultura.

Os tres alumnos

que queiran ir ás abellasdeben ter todos os

deberes ao día econseguir as firmas dos

tres profesores que llesdean clase esa tarde e a

dos seus pais por se sonalérxicos ás abellas.

Marchamos con

Xosé Lois ás tres emedia, temos que ter

roupa de ximnasia. Imosno coche con 3xl ata o

monte e dende ondeacaba o asfalto temos que

ir andando uns tres oucatro quilómetros ata

chegar ao lugar ondeestán as abellas.

Alí podemos mirar a

bárroa, o seu traballo,mirar se carrexan pole...;

e cando é primavera e faibo tempo podemos mirar

como funciona unhacólmena e distinguir os

tipos de abellas, tamén

podemos axudar a reformar

as construcións que ten

Xosé alí, como a casa do

covo.

Cando terminamos

collemos e imos indo cara

o coche falando do que

fixemos e aprendemos

nese día sobre as abellas, e

tamén imos observando a

natureza.

Máis tarde chegamos

a Fonteboa e imos ao

comedor a merendar e

falamos da xornada

apícola. Logo imos para o

estudo.

Francisco Xavier Prado (1ºESO)

Page 11: O Baúl dos Alumnos

A Piscina de Fonteboa

A EFA Fonteboa ten unha piscina. Esta é grande e rectangular,mide uns oito metros de longo e catro de ancho, o problema é quenon é moi fonda. Úsase a principios e a finais de curso, sempreque faga bo tempo. Pódese usar 2 horas a semana na clase deeducación física. No caso dos residentes pódena usar ao remate dodía no seu tempo libre. Non se pode usar sen haber unha persoaautorizada de garda. Hai unhas normas de seguridade para previrposibles accidentes como: non se pode tirar de cabeza, xa que tenpouco fondo, como dixen antes, e hai que manter unhas boascondicións hixiénicas, etc. Os seus tratamentos son moi caros por iso so e trata polo verán.A piscina ten un encargado que se encarga de tela a punto. Sempreé preparada polos alumnos de 4º de ESO. Todo isto é para odeleite de todo o alumnado. Pasámolo moi ven nela xa querealizamos xogos e ao mesmo tempo é moi relaxante.

Luís Santiago Ferreiro (1ºESO)

Page 12: O Baúl dos Alumnos

CATA DE MELNo mes de novembro do 2013 tivemos unha cata de mel: esta

consiste nunha exposición de mel, que traen os alumnos, para

probar e ver cal é a mellor e tamén hai unha serie de charlas.

Na primeira charla veu un señor que é un abelleiro que tiña unhas 6 colmeas ,

ensinounos as técnicas para facer unha colmea, tamén nos dixo o tipo de madeira que había

que utilizar para facelo ben. Tamén dixo algunhas técnicas para coller un enxame e metelo

dentro da colmea sen que che piquen. El dixo que se as tratabas ben elas nunca che van

picar e cando están buscando un sitio tampouco pican.

Na segunda charla faláronnos das pragas que atacan as abellas, como a varroa que é

un bicho moi pequeno que lle vai chupando a sangue ás abellas ata que as mata, ou tamén a

abella africana que é máis grande ca unha abella normal, entón mata as abellas de Galicia

para quitarlle o mel.

Na terceira e última charla falouse das plantas que máis lle gustaban ás abellas

como a lavanda, o xirasol, e moitas máis, tamén nos dixo que as abellas teñen unha vista

diferente á nosa, so poden ver tres cores, tamén nos dixo que as flores amarelas cando chove

fan que se emborrachen.

Para acabar tivemos unha cata de mel, que consiste en traer mel e probala un

captador de mel e despois hai que puntualas segundo o seu cor, sabor, olor, as máis

puntuadas levan un premio. Neste ano os premiados foron:

1- A mellor mel de todas: Adrián Gallardo Carreira (2º ESO)

2- A de mellor sabor: Manuel Cendán (3ºESO)

3- A de mellor olor: Pablo Suárez Balsa (2ºESO)

4- A de mellor cor: Sergio García Cuadrado (2ºESO)

Adrián Gallardo (2º ESO)

Page 13: O Baúl dos Alumnos

CHARLAS 2014 1º e 2º DE ESO

CetreríaEste ano os alumnos de 1º e 2º de ESO tiveron unha charla sobre a cetrería con

Manuel Fuentes. Ensinounos o oficio da cetrería e como hai que adestrar unha ave para

poder dedicarse a este deporte. Manuel Fuentes tamén nos contou o que é a cetrería e a

súa historia. Explicounos como obedece ao seu dono, unindo a persoa co animal,

facendo que este teña respecto cara o seu dono. Os alumnos de 1º e 2º estivémoslle

facendo preguntas todo o tempo sobre a súa experiencia con estes animais.

XOSÉ PUMAR “ Comarca de Bergantiños ”Xosé Pumar veunos dar unha charla aos alumnos de 1º e 2º de ESO sobre o seu

libro Comarca de Bergantiños. Xosé Pumar explicounos un pouco a historia de

Bergantiños e por que fixo este libro. Contounos a súa infancia nesta comarca e o seu

amor polas súas paisaxes. No seu libro conta as ledicias dos distintos pobos e vilas da

comarca, e tamén ensina os pratos gastronómicos da zona. Os alumnos de 1º e 2º

estiveron moi interesados e preguntáronlle como eran o seus pobos fai anos.

RED MADREEste ano aos alumnos de 2º da ESO viñéronnos dar unha charla María e Paloma,

asociadas a Red Madre. Esta fundación axuda a mulleres embarazadas que teñen

problemas económicos. Nesta charla faláronnos de que debemos ser únicos e ter a nosa

propia personalidade. Tamén que debemos respectar a dignidade das outras persoas, e

que debemos tomar as nosas propias decisións.

Por último explicáronnos os segredos do verdadeiro amor e de que debemos

facernos responsables dos nosos actos. Nesta charla os alumnos de 2º colaboramos e

fixemos preguntas sobre nós e de como intentar mellorar.

Brais Merelas (2º ESO)

Page 14: O Baúl dos Alumnos

ROTEIRO DOS

COGOMELOS

Na semana dos cogomelos , namateria de Ciencias da Natureza(CCNN),o mestre José Xil ,deunos aosalumnos de 1º e 2º da ESO unhacharla coloquio sobre o mundo doscogomelos, falounos sobre as clases,os tipos, a diferenza entre unvelenoso e un que non o é, ondenacen, onde viven, etc.

Posteriormente nesa semana oprofesor de bioloxía, RafaelRodríguez, levounos aos alumnos aomonte a facer un roteiro doscogomelos, alí explicounos : comocollelos, como transportalos, calescoller...

Foi unha actividade moiinteresante e educativa, curiosa eentretida, “cousa que é rara estandoen horario escolar” .

O tempo nesta actividadeestivo da nosa banda toda a xornada,pero anteriormente chovera polo quea herba ía a estar mollada, polo quehoubo que levar calzado apropiado:botas, zapatóns, algún atreveuse copantalón de augas,tamén houbo que

levar roupa de abrigo: chaquetas,sudoríferas...

A actividade estivo moiinteresante, o que máis me gustou foicando fixemos unha competición porequipos. Nesta cada membro doequipo tiña que coller o maior númerode cogomelos posible e levalos a unhacesta que era levada por outromembro do equipo. Ao final destaactividade regresamos á escola ondecontamos os cogomelos traídos porcada equipo e alí clasificáronse encomestibles e non comestibles, o 60%dos cogomelos non eran comestibles eo 30% estaban podres; solo quedou o10% que era comestible.

Samuel Paredes (2º ESO)

Page 15: O Baúl dos Alumnos

Na EFA Fonteboa cadaano faise un concurso deBeléns en Nadal.Participan os alumnos de1º e 3º da ESO dentroda materia de plástica,pero tamén podeparticipar calqueraalumno doutros cursos.Os alumnos podían faceros beléns na clase deplástica ou tamén nacasa, incluso coa axudada súa familia. Cando un alumno tiña o seu belén rematado quedaba exposto naentrada do edificio de aulas para que toda a escola o puidera ver. Unha vezrematado houbo unha exposición de todos os beléns no salón de actos. Un xuradocomposto pola concellala de cultura do concello de Coristanco, unha mestra deCoristanco, o cura de Fonteboa e varios alumnos, deciden os gañadores.Houbo premios para os mellores beléns, os máis laboriosos, os que utilizaron máismateriais reciclados, e aos máis orixinais. Á exposición viñeron os alumnos daescola unitaria de San Paio e gustoulles moito.

A clasificación dos gañadores do concurso foron:• 1º premio ao mellor Belén: Pedro Calvo e Carlos Antelo (2º ESO)• 2º premio ao mellor belén: Jesús e Rubén (3º ESO)• 3º premio ao Belén mais orixinal e creativo: Lesta (FP)

Diego Carracedo (1º ESO)

Page 16: O Baúl dos Alumnos

CONVIVENCIA EN SEMANA SANTA

VENRES 18 ABRILChegamos moi tarde, entón o único que puidemos facer foi cear e ir

a durmir, bastantes estaban cansados (un era eu) aínda que antes de quedara durmir xogamos algo cos móbiles .

SÁBADO 19 ABRILLevantámonos moi cedo e despois de almorzar fomos xogar ao

paintball, dicían que non sabiamos nada pero chegamos e matamos a todosrapidamente no último campo de herba, pasámolo moi ben. Despois fomosxantar, e tras descansar un pouco fomos xogar ao fútbol, acabamos moicansos. Ao final do día tivemos a cea e fomos para a cama.

DOMINGO 20 ABRILLevantámonos tamén moi pronto e fomos a almorzar e despois fomos

a misa. Xesús, eu e un neno axudamos a D. José a celebrar a misa e omáis divertido foi dando voltas arredor da capela seguindo a imaxe deXesús e a Virxe. Xesús (compañeiro da convivencia) tamén estaba dianteaguantando da cruz, era grande, pero Xesús podía con ela,aínda quedespois tiña os dedos irritados.

Pola tarde, todos marchamos na furgoneta para Fonteboa, polo camiñouns ían escoitando música, falando e outros durmindo.

Brais Alonso (1º ESO)

Page 17: O Baúl dos Alumnos

No segundo trimestre os alumnos de 1º ESO fomos con Gumersindo e Rafa avisitar o museo etnolúdico de Galicia (Melga) situado en Ponteceso. A visita estabarelacionada coa materia de plástica xa que tiñamos que facer cada alumno un xogopopular nesa avaliación, e grazas a esa visita collemos moitas ideas.

Don Ricardo Pérez y Verdes, que é o directordo museo, enxeñounos toda a colección de xogosque está exposta ao público. O museo ten dúas salasonde están expostos xogos populares dende aantigüidade ata os tempos modernos. A min o xogoque máis me gustou foi o de pescar.

No museo tamén nos deixaron xogarcon algúns dos xogos populares, xaque é un museo interactivo. Era paraxogar aos xogos ao aire libre peroestaba mal tempo e non puidemosxogar. Xogamos dentro ao xogo depescar, os sacos, palet bretón e ácarrilana. O museo é impresionantexa que hai moitos xogos populares epasámolo moi ben . Recoméndolle avisita ao museo a todo mundo.

Fabián Abelenda (1ºESO)

Page 18: O Baúl dos Alumnos

O mural do pavillón Os alumnos de 3º ESO de Fonteboa dentro da materia de plástica

estiveron a realizar un mural ao largo da parede do polideportivo. O mural

ten pintados motivos do medio rural elixidos polos propios alumnos. Os

alumnos que participaron neste proxecto foron: Alex Rial, Eloy Gándara,

Jesús e Rubén Rodríguez, e o gran debuxante Brais Nión.

Os alumnos na clase de plástica tiñan que encargarse de coller o

material para facer primeiro o debuxo e a continuación pintalo. Ao final

da xornada tiñan que deixar todo limpo e ordenado.

Neste mural aparece un símbolo da economía galega como é unha vaca

frisona.

Neste aparecen dous tractores traballando nas leiras.

E aquí temos un dos traballos con máis interese polos galegos, a

apicultura.

Flavio Suárez (2ºESO)

Page 19: O Baúl dos Alumnos

DÍAS DE

PESCAAlgúns alumnos de 1º e 2º, só aqueles que

van ben nas materias e tiñan licenza foron

pescar varios días con Xosé Lois ao río Anllóns e

a outros ríos máis pequenos da comarca; fomos

os mércores pola tarde, coas nosas canas.

O primeiro día fomos ao río de Verdes,

como quedaba algo lonxe, fomos no citroën zx a

gasoi de Xosé Lois. Uns, levaron como cebo

cucharilla e outros levaron anzol con miñoca.

Ese día non pescamos nada porque as troitas non

picaban xa que facía moita calor e entón

pasamos a maioría do tempo tirando pedras

dende a ponte de Verdes, e paseando pola beira

do río. 3XL ao mesmo tempo ensinábanos os

diferentes tipos de árbores que hai pola beira do

río.

O segundo día fomos pescar a un río máis

pequeno da comarca e alí víanse as troitas xa

que a auga estaba moi clara. Ese día as troitas

picaban algo máis pero ningún de nós chegou a

pescar algunha, pero foi divertido porque polo

menos intentámolo. O mellor que nos pasou ese

día foi que un rapaz caeu ao río e mollouse.

Eses días que fomos pescar pasámolo moi

ben aínda que non foron moitos, con Xosé tamén

aprendemos moitas cousas cando iamos no coche

con el .

Esteban Santos (1ºESO)

Page 20: O Baúl dos Alumnos

PROXECTO TECNOLOXÍA 4º ESO

O proxecto tecnoloxía de 4º ESO consiste en que os alumnos saen

da clase un par de horas para realizar unha serie de traballos supervisados

por un profesor da EFA chamado J. Antonio e un par de alumnos máis. A

continuación relátase unha entrevista feita a J. Antonio e a uns alumnos.

-Cantos proxectos tendes a día de hoxe?Oito proxectos en curso e dous finalizados.

-Cantos alumnos soen traballar en cadaproxecto?Entre dúas e catro persoas dependendo do traballo

a realizar.

-Isto de traballar todas as semanas ten moitasdificultades?Ao principio era cansado e aburrido pero candocolles o ritmo non está nada mal.

-En que estás a traballar agora mesmo ti,Andy?Agora mesmo estou a pintar a parede do noso

polideportivo.

-Que preferides, estar na clase estudando oufóra traballando?Traballando claramente.

-Cantas horas traballades á semana?Dúas horas máis ou menos.

-Canto diñeiro levades gastado en total contodos os proxectos?Non che sabería dicir exactamente por que son

moitos cartos os que levamos gastados en total.

-Cando traballades cal e a vosa motivación?A principal motivación é que nos gusta.

Pedro Calvo (2ºESO)

Page 21: O Baúl dos Alumnos

A materia de plástica é unha das 11 que temos en 1º ESO. O profesor a principio de

curso programounos varios proxectos moi interesantes para facer ao longo do ano.

● Na pre-avalición relacionamos a materia de plástica coa materia de

matemáticas e aprendemos o sistema métrico decimal, os tipos de ángulos e

rectas, a calcular áreas e a medir distancias e a escala dun mapa.

● Na primeira avaliación: Fixemos

varios carteis para a cata de mel e

o roteiro de cogomelos, así como

varias manualidades relacionadas

cos mesmos. Despois antes de

Nadal cada alumno tivo que facer

unha postal e un portal de belén na

casa cos nosos familiares ou tamén

na escola. Algúns beléns estaban

máis elaborados que outros, pero

todo o mundo fixo o seu belén.

Despois Houbo un concurso con

premios aos máis orixinais e

traballados.

● No segundo trimestre os alumnos fixeron

xogos populares: Dos xogos que cada un

escolleu tiñamos que facelo xogo, elaborar

unha explicación por escrito e gravar un

vídeo sobre o xogo. Eu escollín a estornela,

outros escolleron o tirachinas, a carrilana, a

ra, o trompo, etc.

● No último trimestre fixemos restauración, os

alumnos trouxemos cousas antigas para

restaurar na clase de plástica: un xugo, un bidón de leite, unha cadeira,un barril

pequeno,... Nas clases baixamos ao taller e aprendemos a lixar, vernizar e

pintar.

Manuel Carnota (1ºESO)

Page 22: O Baúl dos Alumnos

Xornadas deportivas.Ao longo do ano fixemos varias xornadas deportivas. Consiste en marchar ás 15:30

despois de comer. Temos que dar cada alumno un euro para o campo de fútbol. Cando

imos para o campo vamos por un camiño de terra que nos gusta moito, porque hai unha

poza no medio e metémonos nela.

Chegamos ó campo e dámoslle os cartos ao señor. Nós os rapaces imos xogando xa

antes de empezar dándolle unhas patadas ao balón e entón di Pedro: “vide para aquí que

imos facer os equipos”. A continuación catro alumnos, dous de primeiro e dous de

segundo escollen aos membros de seu equipo. Podemos xogar ó fútbol ou a xogos

tradicionais.

Despois, arredor das seis da tarde marchamos para Fonteboa para ducharnos,

bañarnos na piscina, etc, e ter estudio antes de ir para a casa no bus.

Ruta en bicicletaA ruta en bici foi un día de inverno, que despois de varias semanas aprazándoa

pola choiva, finalmente puidemos tela un xoves pola mañá.

Fomos alumnos de 1º, 2º, 3º, 4º ESO. Os profesores que viñeron con nós foron

Gumersindo e Constante. Saímos ás once e chegamos ás dúas; o previsto era ir ao

Monte Neme pero como Constante pinchou unha roda da súa bicicleta nada máis empezar

e perdemos moito tempo en parcheala, só puidemos ir ata o refuxio de Verdes. Foi un

recorrido moi duro e esixente porque as pistas estaban molladas, xa que chovera os días

anteriores. Cando chegamos a Fonteboa tivemos que lavar as bicis porque estaban cheas

de barro e lama. Pasámolo moi ben e espero que se volva a repetir.

Yonatan Lema (1º ESO)

Page 23: O Baúl dos Alumnos

TERTULIAS GARDA CIVIL J. RAMÓN COUTO

Ao longo deste curso 2013-2014 a partir do Nadal, tivemos unha serie decharlas ofrecidas pola Garda Civil sobre tres temas:-Acoso escolar, drogas ealcohol, novas tecnoloxías.

As charlas foron impartidas por José Ramón Couto, sarxento da Garda Civilde Carballo, que colabora coa xunta e o Ministerio de Educación para organizarestas charlas formativas polos colexios da comarca.

NOVAS TECNOLOXÍAS

Durante a tertulia de novas tecnoloxías falouse dos pasos a seguir para nonser vítima de calquera engano pola rede, e como protexer a privacidade na rede:protexer a información persoal, non publicar información comprometida, non subirfotos de terceiras persoas e moitas máis cousas.

DROGAS E ALCOHOL.

Déronse advertencias sobre o seu perigo, e explicouse que podían causargraves problemas. Os pasos dunha adicción (asignación, entrega e adhesión) e acomposición das drogas, nalgúns casos, do máis raro (talco, xeso, sosa cáustica...)Sobre o alcohol, advertiuse sobre os seus efectos na xente nova.

ACOSO ESCOLAR.

''Todos somos acosadores, e algúns, vítimas'' é a frase coa que empezou acharla e aporta gran información sobre o tema tratado. Todos acosamos a alguénalgunha vez, e o caso é que non nos damos conta porque temos asumido eses tiposde comportamentos dentro da sociedade. Pero non é ningunha tontería porque poreste motivo chega a haber casos graves de illamento social e depresión e nos casosmáis graves, suicidios.

Marcos López García (2ºeso).

Page 24: O Baúl dos Alumnos

CONVIVENCIA DE INICIO DECURSO

1ºESO E 2º ESO

O mércores 18 e xoves 19 de Setembro tivemos unha convivencia deinicio de curso para coñecernos mellor. Foi na área recreativa da Rocheira xaque no campamento de Montecelo non había prazas para ir.

O que fixemos foi chegar a Fonteboa e facer un estudio con Constante.Despois Pedro veunos buscar a clase para ir a cambiarnos nos vestiarios ecando xa estivemos cambiados fixemos catro equipos, logo collemos osbocadillos e fomos indo todos para o campo de fútbol da Rocheira. Candochegamos empezamos a xogar dous equipos contra outros dous, arbitradospor Pedro e Rafael. Ao acabar os partidos o equipo de Daniel Suárezgañounos todos menos un. Ao acabar de dar os resultados, Pedro Morerafixo un concurso cultural de preguntas, cada pregunta acertada tiña un valorde 1 punto. Ao terminar comemos o churrasco que estiveron facendo osprofesores que non arbitraban, nin fixeran nada. Despois de comerempezamos a xogar á bandeira, que consistía en encontrar a bandeiraagochada ou quitarlle o pano ao opoñente. Algúns metéronse no río,e aofinal fomos para Fonteboa a bañarnos na piscina. Despois houbo unha misae a continuación repartiron os premios, que eran gominolas; houbo premiospara todos. Damián Felípez Pallas (1ªESO)

Page 25: O Baúl dos Alumnos

Na materia de plástica os alumnos de 1º e 3ºESO tiveron que elaborar un xogo popular e faceren formato dixital unha explicación do mesmo egravar un video.

Despois de Semana Santa tivemos enFonteboa, no salón de actos unha xornada sobrexogos populares. Tódolos xogos quedaron expostosno salón, e D. Ricardo Pérez y Verdes dounos unhatertulia sobre o mundo do xogo.

Despois cada alumno tivo que explicar o xogoque fixo, como o fixo, de que materiais, como sexoga, etc. Ao acabar houbo unha entrega de premiosaos mellores xogos: un monopatín , un bate decriquet , uns bolos de pedra, unha carrilana , unhara, unha oca feita a man , e unha bicicleta demadeira.

Logo da entrega de premios dous alumnos de3º explicaron a páxina web da escola donde hai unapartado adicado aos xogos populares, con fotos,descricións dos xogos e videos explicativos.Finalmente, houbo un tempo adicado aos xogos nopavillón donde cada un podía xogar aos xogos quequixese.

Os alumnos de 1º ESO fomos a escola unitariade San Paio e ao CEIP de Agualada a levarlle variosxogos aos máis pequenos e ensinarlle como se xoga.Cada un de nós tiña que explicarlles aos alumnosde primaria e infantil como se xogaba e animalos aparticipar. Pásamolo moi ben tanto nós coma eles,foi unha experiencia docente moi divertida.

AlejandroMariño(1ºESO)

Page 26: O Baúl dos Alumnos
Page 27: O Baúl dos Alumnos

CFGS

“Unha cualificación para traballar en empresas de servizos do medio rural”

Centro de Promoción Rural - EFACentro de Promoción Rural - EFA

FonteboaFonteboa

Produción AgropecuariaCFGM

Xestión e Organización de Empresas Agropecuarias

CARACTERÍSTICAS DA FORMACIÓN> Formación en Alternancia (periodos de estancia no centro e periodos de estancia en empresas agroalimentarias)> Viaxes e visitas técnicas> Participación de expertos responsables de empresas e organizacións profesionais agroalimentarias> Titoría e orientación profesional individualizadas> Protagonismo educativo dos pais (GT Familias) e do sector profesional (GT Responsables de Alternancia)> Residencia: convivencia, actividaes técnicas, deportivo-culturais, etc

Page 28: O Baúl dos Alumnos

Centro de Promoción Rural - EFA Fonteboa

Feiranova s/n. 15147. Coristanco. A Coruña

Tlf: 981 733 051Fax: 981 734 097

www.fonteboa.eswww.efagalicia.org

Educación Secundaria Obrigatoria 1º, 2º, 3º e 4º E.S.O.

CFGM en Produción AgropecuariaCFGS en Xestión e Organización de Empresas

Agropecuarias

Programas de Formación ContinuaProgramas de Formación Ocupacional