O efecto catalizador da nosa sección bilingüe produción e … · 2. Planificación dos materiais...

4
60 Eduga53 maio-agosto 08 Cándido Carrera Vázquez Profesor de Tecnoloxía e director do IES Terra de Turonio Gondomar (Pontevedra) [email protected] Juan Ramón Guinarte Pose Profesor de Inglés e coordinador da sección bilingüe do IES Terra de Turonio Gondomar (Pontevedra) [email protected] Un dos problemas máis urxentes no ensino da Lingua Inglesa é que a tratamos como un fin en si mesma, non como lingua vehicular. De aí xorde a necesidade de buscar nas áreas non lingüísticas os contidos cos que se poden levar a cabo competencias comunicativas nas linguas estranxeiras. Concibimos dentro da normalidade que o noso alumnado coñeza conceptos como “voz pasiva” ou “verbo auxiliar”, e non coñeza, non obstante, conceptos de uso cotián, como “martelo” ou “parafuso”. As seccións bilingües veñen paliar este problema ao traballar con contidos reais e desenvolver as competencias básicas de produción e interacción comunicativas. O efecto catalizador da nosa sección bilingüe Din os químicos que un catalizador é unha substancia que, só cunha pequena cantidade, é quen de aumentar de xeito significativo a velocidade dunha reacción química. Así, no noso centro, o feito de poñer en marcha a sección bilingüe en inglés produciu unha serie de efectos que, doutro xeito, levaría moito máis tempo poder realizar. En colaboración con Luisa Pita, impulsora das TIC no noso instituto, xorden varias ideas para darlle un novo enfoque ao estudo das linguas estranxeiras. Entre elas están: a posta en marcha dunha aula dotada con material informático, que permite utilizar as novas tecnoloxías para a aprendizaxe das ditas linguas, e un obradoiro que relatamos a continuación. Un obradoiro de busca e tratamento da información A nosa experiencia no desenvolvemento da Aprendizaxe Integrada de Contidos en Lingua Estranxeira, de aquí en diante AICLE, parte do uso das TIC como ferramenta potente para a busca e o tratamento de información relacionada cos contidos non lingüísticos da sección bilingüe. O obradoiro realízase durante as clases de apoio de AICLE, e desenvólvese pola tarde en dúas sesións semanais. Nelas empregamos os ordenadores en rede da aula de idiomas, que puxemos en funcionamento neste curso académico. A posta en práctica deste obradoiro comprende tres fases, nas que o alumnado pode profundar, en función do eduga53 filmar:Maquetación 1 19/6/08 13:06 Página 60

Transcript of O efecto catalizador da nosa sección bilingüe produción e … · 2. Planificación dos materiais...

Page 1: O efecto catalizador da nosa sección bilingüe produción e … · 2. Planificación dos materiais que se deben elaborar. 3. Selección dos materiais dos arquivos creados nas fases

60

Eduga53 � maio-agosto 08

Cándido Carrera VázquezProfesor de Tecnoloxía e director do IESTerra de TuronioGondomar (Pontevedra)[email protected]

Juan Ramón Guinarte PoseProfesor de Inglés e coordinador dasección bilingüe do IES Terra de TuronioGondomar (Pontevedra)[email protected]

Un dos problemas máis urxentes no ensino daLingua Inglesa é que a tratamos como un finen si mesma, non como lingua vehicular. De aíxorde a necesidade de buscar nas áreas nonlingüísticas os contidos cos que se poden levara cabo competencias comunicativas naslinguas estranxeiras. Concibimos dentro danormalidade que o noso alumnado coñezaconceptos como “voz pasiva” ou “verboauxiliar”, e non coñeza, non obstante,conceptos de uso cotián, como “martelo” ou“parafuso”. As seccións bilingües veñen paliareste problema ao traballar con contidos reaise desenvolver as competencias básicas deprodución e interacción comunicativas.O

efec

to c

atal

izad

or

da n

osa

secc

ión

bilin

güe

Din os químicos que un catalizador éunha substancia que, só cunha pequenacantidade, é quen de aumentar de xeitosignificativo a velocidade dunha reacciónquímica. Así, no noso centro, o feito depoñer en marcha a sección bilingüe eninglés produciu unha serie de efectosque, doutro xeito, levaría moito máistempo poder realizar.

En colaboración con Luisa Pita,impulsora das TIC no noso instituto,xorden varias ideas para darlle un novoenfoque ao estudo das linguasestranxeiras. Entre elas están: a posta enmarcha dunha aula dotada con materialinformático, que permite utilizar as novastecnoloxías para a aprendizaxe das ditaslinguas, e un obradoiro que relatamos acontinuación.

Un obradoiro de busca etratamento da información

A nosa experiencia no desenvolvementoda Aprendizaxe Integrada de Contidos enLingua Estranxeira, de aquí en dianteAICLE, parte do uso das TIC comoferramenta potente para a busca e otratamento de información relacionadacos contidos non lingüísticos da secciónbilingüe. O obradoiro realízase duranteas clases de apoio de AICLE, edesenvólvese pola tarde en dúas sesiónssemanais. Nelas empregamos osordenadores en rede da aula de idiomas,que puxemos en funcionamento nestecurso académico.

A posta en práctica deste obradoirocomprende tres fases, nas que oalumnado pode profundar, en función do

eduga53 filmar:Maquetación 1 19/6/08 13:06 Página 60

Page 2: O efecto catalizador da nosa sección bilingüe produción e … · 2. Planificación dos materiais que se deben elaborar. 3. Selección dos materiais dos arquivos creados nas fases

61

Eduga53 � maio-agosto 08

Experiencias

interese do tema, e da súa relevanciapara o tratamento dos contidos dasección bilingüe. A secuenciación dodesenvolvemento do obradoiro é aseguinte:

Fase 1: Planificación e busca de

información

1. Que é o que queremos buscar?

2. Como o queremos buscar?Buscadores (Google), buscaavanzada, buscadores específicos(Google scholar) e metabuscadores(Copernic).

3. Onde o podemos buscar? Chats,how to, FAQ, grupos de traballo RSS,bases de datos específicos (dasuniversidades) na rede...

4. Como podemos seleccionar o que

atopamos? Creación de carpetas:texto, imaxes, vídeos, outras...

5. Temporización da busca.

Fase 2: Tratamento da información

1. Análise crítica do material atopado.

2. Edición do proxecto que se debeelaborar (esquema). Síntese epreparación dunha estrutura,obtendo puntos claves.

3. Implantación do software específicopara manipular arquivos: adecuacióndo software aos arquivos quetratamos ou que imos producir.

4. Elaboración de arquivos coainformación seleccionada.

Fase 3: Elaboración de materiais e

exposición do proxecto

1. Selección do mellor soporte para aexposición do proxecto.

2. Planificación dos materiais que sedeben elaborar.

3. Selección dos materiais dos arquivoscreados nas fases anteriores.

4. Elaboración dos materiais: textosilustrados, materiais multimedia,ebooks, presentacións dePowerpoint, vídeos, follas de cálculoe gráficos, etc.

5. Exposición dos materiais creados.

6. Medidas para a difusión doproxecto: exposición na páxina webdo centro, foros de discusión e blogs,etc.

Non é necesario desenvolver un por unos puntos de cada fase, mais cómpre

O traballo en grupo é fundamental no obradoiro de busca e tratamento da información

eduga53 filmar:Maquetación 1 19/6/08 13:06 Página 61

Page 3: O efecto catalizador da nosa sección bilingüe produción e … · 2. Planificación dos materiais que se deben elaborar. 3. Selección dos materiais dos arquivos creados nas fases

Eduga53 � maio-agosto 08

Na área de tecnoloxía utilizamos as TIC para a elaboración de materiais a partir da información buscada

seguir a secuenciación das fases doobradoiro para o seu correctodesenvolvemento. Normalmente, encada tema que tratamos durante assesións de AICLE, o alumnadodistribúese en pequenos grupos, confrecuencia en parellas, e cada grupobusca información sobre un aspectodiferente relacionado co tema. Isto supónunha planificación da información quevai buscar cada grupo, e así evitarrepeticións e solapamentos ou lagoas.

Tomando como exemplo o tema daenerxía, dividimos a clase en dousgrandes grupos: un encargouse dasenerxías renovables, e outro das nonrenovables. No primeiro grupodistribuíronse para buscar informaciónsobre a enerxía solar, a eólica, amaremotriz, a xeotérmica e a hidráulica.O grupo das enerxías non renovablesfixeron o mesmo para buscarinformación sobre a enerxía nuclear, ados combustibles fósiles, etc. Logodecidiron elaborar cadansúapresentación multimedia. Para este fin, elogo de procurar e seleccionar os

contidos e imaxes que deben expoñer napresentación, os grupos intentaronlocalizar presentacións de PowerPointexistentes na rede, que lles serviron demodelo para a realización das súaspropias.

Os contidos propios da linguainglesa

Na sección bilingüe tratamos deconseguir que a lingua inglesa sexa,gradualmente, a lingua vehicular dosprocesos de ensino e aprendizaxe. Oscontidos propios de AICLE, nos queintegramos os conceptos de tecnoloxía eas destrezas comunicativas son:

• Vocabulario básico relativo átecnoloxía en inglés:

- Ferramentas: definición deferramentas e materiais detecnoloxía.

- Accións: descrición dosprocedementos e técnicasrelacionadas coas diferentesdisciplinas tecnolóxicas:electricidade, fontanaría,

construción...

- Contidos das diferentes unidadesdidácticas propios de tecnoloxía.

• Verbalización das accións eprocedementos empregados duranteas actividades de tecnoloxía, tanto asrelacionadas con conceptos teóricoscomo o traballo no taller. Poténciaseque o alumnado describa o procesode deseño e construción, e queverbalice os procesos lóxicos dunhasecuencia de accións.

O profesor como mediador

O uso das TIC como ferramenta quedesenvolve a busca e o tratamento deinformación, supón un cambio no rol quetradicionalmente se veu asignando aoprofesorado e ao alumnado. Respecto aoalumnado, este novo enfoque permite unritmo de traballo personalizado quefavorece a atención á diversidade, dendeo momento en que poden atender aunha variedade de intereses emotivacións, de madurez e dedesenvolvemento persoal. As TICfavorecen a aprendizaxe activa, porque

62

eduga53 filmar:Maquetación 1 19/6/08 13:07 Página 62

Page 4: O efecto catalizador da nosa sección bilingüe produción e … · 2. Planificación dos materiais que se deben elaborar. 3. Selección dos materiais dos arquivos creados nas fases

63Experiencias

Un espazo para a creación

Como primeira actividade de introduciónde conceptos básicos de tecnoloxía eninglés, no Obradoiro de busca etratamento de información, realizamosunha actividade de pescuda eadquisición do vocabulario básico, propioda materia de Tecnoloxía en inglés. Naprimeira das dúas sesións semanais deAICLE, orientada ao apoio á Tecnoloxía eninglés, distribuímos os alumnos e asalumnas en grupos para que buscasenen Internet o nome das ferramentas,materiais e accións propias de cadadisciplina tecnolóxica: electricidade,mecánica, carpintaría... cada grupo tiñaque elaborar un panel no que apareceseo nome da ferramenta, unha imaxe ouilustración e unha pequena definiciónque respondese a tres cuestións: que é?,de que está feito?, para que serve?

Na segunda sesión, máis orientada aoapoio á lingua, realizamos un obradoirode poesía: “Put a Hammer in a Poem”,na que o alumnado utilizaba ovocabulario adquirido na sesión anteriorpara compoñer poesías sinxelas, a partirde modelos e estruturas poéticasaccesibles.

Un exemplo destas poesías inclúesedeseguido:

You and I, me and youI am the software, you are the hardware, You are the LCD and I am the TFT,I'm the keyboard and you're the mouseYou're the hard disc and I'm the floppyI am always on you are never off.

You are the engine, I´m the gasoline.I am the accelerator, you are the brake.You are the steering wheel, I´m the sparewheel.I always run, you never stop.

I am the hammer, you are nail.You are the screwdriver, I am the screw. You are the saw, I am the wood.I am the table, you are the chair.

I am alterning current, you arecontinuous one.You are the light bulb, I am the electricity.I am the plug, you are the socket.I always work, you never stop.

son as alumnas e os alumnos os queinteractúan coas novas tecnoloxías, soneles os que xestionan os contidos e,daquela, a aprendizaxe autónoma e aautoaprendizaxe adquiren un impulsoconsiderable.

No tocante ao profesorado, asferramentas de ensino empregadaspermítennos deseñar o traballo adiferentes niveis de competencialingüística. Pero, sobre todo,conseguimos pasar do rol clásico deprofesor transmisor de coñecementos, aun dinamizador do proceso deaprendizaxe e mediador na xestión doscoñecementos que o alumnadodesenvolve.

Recursos empregados noobradoiro

É obvio que se fale aquí do computadorcomo un mero recurso didáctico, dadoque o rol que lles asignamos ás TICneste obradoiro é de motor metodolóxicodos procesos de ensino, e ferramentaimprescindible para a ensinanza e aaprendizaxe. Neste parágrafodescribiremos aqueles recursosinformáticos que empregamos para levara cabo o taller.

En primeiro lugar, como motores debusca de información en Internetutilizamos xenericamente Google, e máisespecificamente Google Scholar, que nospermite acceder a artigos solventes eestudos feitos por universidades einstitucións recoñecidas. Comometabuscador empregamos CopernicAgent, vista a súa adaptabilidade áactividade académica, ao permitirnosgardar un historial personalizado cosresultados da busca, que podemos abriren posteriores sesións sen ter quecomezar outra vez dende o primeiro. Porúltimo, para buscas moi específicasusamos certos foros, RSS, FAQ depáxinas especializadas.

Para levar a cabo as fases detratamento da información e deelaboración de produtos os programas desoftware usados adoitan ser os comúnspara o tratamento de texto, de bases de

datos, de presentacións multimedia oude lectura de ebooks. Tamén nos resultaimprescindible a utilización dedicionarios electrónicos que resolvendúbidas de comprensión de xeitopuntual e inmediato: utilizamosdicionarios online, dicionarioselectrónicos en formato ebook, edicionarios en CD do Departamento deLingua Inglesa.

A experiencia serviunos para que oalumnado contemplase a linguaestranxeira noutro contexto e dendeoutra óptica, o que está a actuar deforma motivadora e permite diversificar oseu estudo. Tamén profundamos enmaior medida na materia non lingüística,o que xera no profesorado, de materiaslingüísticas e non lingüísticas, unestímulo engadido. Os beneficios deAICLE acaban por impregnar todo ocentro, pois observamos que actúancomo dinamizadores para levar a cabonovas experiencias educativas.

Bibliografía

Material para uso do alumnado na clase

BEIGBEDER ATIENZA, F. (2006)Diccionario Técnico. Inglés-Español,Español-Inglés. Madrid, Díaz de Santos.

KERROD, R. (1996) Oxford Children’s Ato Z Technology. Oxford, OxfordUniversity Press.

Material de lectura para o alumnado

DAVIES, P. A. (2002) InformationTechnology. Oxford, Ed. Oxford UniversityPress. Col. Oxford Bookworms Factfiles.

Material de apoio para o profesorado

COTTON, S., TEAGER, G. e AUSTIN, R.(2002) Megabyte. Oxford, Ed. OxfordUniversity Press.

RODERICK, T. e RUSHBROOK, G.(2001) ICT for GCSE. Oxford, OxfordUniversity Press.

MALEY, A. e DUFF, A. (1989) The InwardEar. Poetry in The Language Classroom.Cambridge, Ed. Cambridge UniversityPress.

eduga53 filmar:Maquetación 1 19/6/08 13:07 Página 63