O inferno de marta

3
O inferno de Marta de Pasqual Alapont Pasqual Alapont naceu en Catarroja (Valencia) en 1963. Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Valencia, empezou a traballar como tradutor, corrector lingüístico e editor. Ao mesmo tempo, iniciouse na escritura. Publicou moitos libros para o público infantil e gañou o Premio EDEBÉ no ano 2001 con La Oveja Negra e Un verano sin francesas. O inferno de Marta é a típica historia de violencia de xénero onde unha moza coñece un rapaz que, aparentemente, é detallista, con bos modais, educado… pero, detrás desa cara hai un ser perverso, celoso, manipulador e que lle fai a vida imposíbel. Por outra parte, a vítima é

Transcript of O inferno de marta

Page 1: O inferno de marta

O inferno de Marta de Pasqual Alapont

Pasqual Alapont naceu en Catarroja (Valencia) en 1963. Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Valencia, empezou a traballar como tradutor, corrector lingüístico e editor. Ao mesmo tempo, iniciouse na escritura. Publicou moitos libros para o público infantil e gañou o Premio EDEBÉ no ano 2001 con La Oveja Negra e Un verano sin francesas.

O inferno de Marta é a típica historia de violencia de xénero onde unha moza coñece un rapaz que, aparentemente, é detallista, con bos modais, educado… pero, detrás desa cara hai un ser perverso, celoso, manipulador e que lle fai a vida imposíbel. Por outra parte, a vítima é unha rapaza universitaria, con moitos amigos, tamén detallista e boa que queda atrapada nos seus encantos.

Os personaxes principais da obra son: Marta, unha rapaza moi guapa, alta e delgada. Estaba no seu último ano de Dereito; Carme, unha das compañeiras de Marta. Tamén era moi guapa e faladora. Xulia é a outra compañeira de piso de Marta. Carme e Xulia son as

Page 2: O inferno de marta

que, xunto con Braulio e Vicente, van axudala a saír do inferno ao que a levou Héctor. Outro amigo de Marta é Braulio. Divertido e moi risoño. E, por último, Héctor, que foi o que a levou ao inferno. Era o amigo de Braulio, de ollos azuis e de pelo castaño.

Os personaxes secundarios son os pais de marta, Estevo e María; Vicente Jordá é un antigo compañeiro de Marta.

No libro aparece o tema de amor que Marta pensaba que tiña con Héctor, o crime de Héctor sobre Isabel Forteza, a morte desta e o odio que profesaban as amigas de Marta a Héctor.

O tipo de narrador que se usa na obra é un narrador omnisciente en 3ª persoa, é dicir, que sabe o que vai ocorrer e coñece a interioridade dos personaxes. A lingua empregada é bastante sinxela e moi fácil de ler.

Canto aos espazos, estes son o piso de Marta, a casa dos pais dela e os espazos públicos onde van Marta e Héctor. En relación con isto, na obra, o autor utiliza a prosopografía e a topografía que é a descrición de lugares, paisaxes e ambientes.

En canto á estrutura, a obra divídese en tres partes:

A presentación, nela aparecen os personaxes principais. A segunda parte da narración é o nó, onde o problema está en presente e os personaxes terán que resolvelo. E a última parte é o desenlace, onde os personaxes resolven o conflito.

O autor expresa temas que están a ocorrer hoxe en día, como, neste caso, a violencia de xénero en adolescentes.

É unha novela onde se mestura unha gran amizade cunha desmesurada violencia provocada por unha persoa que sofre unha enfermidade mental, un psicópata.

Como dixen antes, reflicte moi ben a situación que pasan moitos fogares e paréceme un libro moi adecuado e sinxelo para entender e para amosar esta realidade que, día a día, vemos nos nosos televisores e nos noticiarios.

Sonia Rial Rodríguez 3º ESO B.