O METODO CIENTIFICO

30
Qué podes facer? 1- Observa o mundo que te rodea busca modelos, e feitos semellantes. Asocia e compara.. 2- Formula preguntas que te permitan coñecer mellor o que ti queres investigar. 3- Planifica e pensa como vas traballar. 4- Utiliza instrumentos para poder obter datos que te interesan. Toma nota deles. , 5- Busca fontes de información en: libros, Internet, profesores/as ,a túa familia... 6- Organiza a información e reflexiona sobre os teus descubrimentos 7- Experimenta, e pensa para qué pode ser útil o que aprendiches.. 8- Cos teus datos dalle unha explicación razonada ao teu experimento.

description

TRABALLO ESCOLAR SOBRE O METODO CIENTIFICO DE PRIMEIRO DE PRIMARIA

Transcript of O METODO CIENTIFICO

Page 1: O METODO CIENTIFICO

Qué podes facer? � 1- Observa o mundo que te rodea busca

modelos, e feitos semellantes. Asocia e compara..

� 2- Formula preguntas que te permitan coñecer

mellor o que ti queres investigar. � 3- Planifica e pensa como vas traballar. � 4- Utiliza instrumentos para poder obter datos

que te interesan. Toma nota deles. , � 5- Busca fontes de información en: libros,

Internet, profesores/as ,a túa familia... � 6- Organiza a información e reflexiona sobre os

teus descubrimentos � 7- Experimenta, e pensa para qué pode ser útil

o que aprendiches.. � 8- Cos teus datos dalle unha explicación

razonada ao teu experimento.

Page 2: O METODO CIENTIFICO

Somos alumnos /as do 1º do 1º Ciclo de Primaria. Pouco antes das vacacións de Semana Santa, comezamos a ver o tema das plantas na área de coñecemento e pareceunos interesante ver como se desenvolve o seu proceso de vida. Decidimos plantar sementes de lentellas, garavanzos e trigo, sobre algodón.

Así comezamos Botámoslles auga e coidamos ben que lles dera o sol, xa que trala volta dun fin de semana, os pequenos talos, que remataban de nacer quedaran amarelos.

Foi para nós interesante observar o proceso da xermolación, alimentación, crecemento, e morte das nosas sementes , xa que algunhas delas podreceron, e algunha outra secou. Á volta das vacacións algúns

Page 3: O METODO CIENTIFICO

de nós trouxemos as plantas á clase . Observamos o seu crecemento e de novo, algunha que secou,… Decidimos continuar investigando. Tiñamos curiosidade… Era preciso seguir indagando outros tipos de sementes agora serían as das árbores. Utilizamos diferentes sustratos coma a terra, o algodón e a fibra de coco. Cada mañá, a partir do día en que plantamos a semente, recibíamos unha sorpresa: un día estaba un pouquiño máis grosa, pasados uns días e gracias a un fenómeno “máxico” para nós, aparecía un rabiño cara abaixo chamado “ raíz” , outro día, un rabiño cara arriba, era o talo cunhas folliñas diminutas pero moi lindas,…

Page 4: O METODO CIENTIFICO

Consideramos interesante sementar de novo para poder observar con máis detemento e coñecer con maís precisión as diferencias no nacemento, xermolación e crecemento, reproducción e morte das diferentes sementes. Plantexámonos algunhas cuestións como: > ¿ Cal é a semente que primeiro xermola ? >¿Cantos días tardan e xermolar cada unha delas?. > ¿ Que sementes xermolan con máis facilidade e cales cústalle máis e teñen máis fallos? >¿Cal é o ritmo de crecemento de cada unha delas?. >¿Cal era a máis rápida crecendo? Diferencias entre as sementes das legumes e das arbóres? >¿Qué causas son as que producen a morte? >¿ Que podemos facer nós para evitalo? >¿Precisan todas a mesma cantidade de auga? >¿Todas as plantas teñen sementes ? >¿Todas as plantas teñen flores? E froitos?

A través destas preguntas puidemos indagar e afondar no coñecemento acerca do proceso da “vida” dos seres vivos.

Page 5: O METODO CIENTIFICO

Comprobar de cerca o proceso que seguen todos os seres vivos: nacer, alimentarse, crecer, reproducirse e morrer . Comprender a importancia do cuidado e respecto pola natureza. Ollar a realidade, do noso entorno con novos ollos. Aprender facendo, e disfrutar aprendendo. Sentir a emoción de descubrir. Utilizar a linguaxe como intrumento de comunicación oral e escrita. Desenvolver habilidades: buscar e obter información, interpretar o que observamos, comunicar o que aprendemos aos compañeiros/as de outras aulas, neste caso as de Ed. Infantil Acadar unha aprendizaxe significativa. Crear espazos para aprender a aprender. Desenvolver a propia autonomía e iniciativa persoal. Facilitar a motivación de cada alumno/a

Page 6: O METODO CIENTIFICO

Favorecer desenvolvendo o desexo de seguir aprendendo as relacións interpersoais e disfrutar das ventaxas da realización do traballos en equipo. Contribuír á adquisición da responsabilidade e coidado e respecto dos seres vivos do noso planeta.

Tomamos o acordo de traer a clase, cada un de nós as sementes que tiña na casa. Plantamos de novo sementes de trigo, lentellas garavanzos, pipas., cenorias cortadas, e unha pataca que xa agromara. Plantamos sementes de pinus silvestris, faias e abetos. En grupos de 5 alumnos/as, fomos plantando sobre sustrato de “fibra de coco.” • Polo medo de que poida rematar o curso e non

as poidamos ver nacer,as sementes das árbores xa que son moito máis lentas para xermolar que as legumes, trouxemos un castiñeiro pequeniño no que observamos :a castaña aínda enteira, a raiciña, e un talo de. 12centímetros ;e un

Page 7: O METODO CIENTIFICO

carballiño de 10 centímetros coa súa landra as raicñas saíndo dela e os ombreiro aínda estaba ao seu carón.

• Responsabilizámonos do rego, pero temos que comentar que houbo inundacións en diversas ocasións.

• Observamos todos os días, cando chegamos ás 9. • Tomamos nota do que

vemos. • O venres botámoslle un

pouquiño máis de auga • O fin de semana baixamos

todas as plantas ao vestíbulo do cole porque alí teñen luz e calor.

• O luns, subimos de novo a clase onde pasarán toda a semana. .

Este proxecto deu comezo no mes de marzo e rematará en xuño. Temos pensada a posibiliade de continualo no vindeiro curso.

Page 8: O METODO CIENTIFICO

Información das nosas familias Temos que salientar a gran axuda da nosa familia especialmente, dos avós /as, que teñen hortas, xa que daban pistas estupendas. Algúns pensan levar á súa horta as nosas plantas. Presentamos aquí os traballos e aportacións para o noso proxecto, realizados en colaboración coas nosas familias.

Page 9: O METODO CIENTIFICO
Page 10: O METODO CIENTIFICO

Información dos libros, de internet, contos, …

Page 11: O METODO CIENTIFICO

Colaboraron connosco o alumnado de 5ºque contaron o conto : “O Carballo con botas”

O día do libro tivemos un contacontos realizado polo alumnado do I.E.S. Chapela. Presentaron o conto :

“ A miña casa azul” Traballamos na clase co Conto “A árbore DYN –A4”

Page 12: O METODO CIENTIFICO

• Consultamos libros.

• Cantamos : Planta perenne Planta perenne de tronco leñoso Planta perene de tronco leñoso y elevado. Que se ramifica que se ramifica a cierta altura del suelo. Formando una copa diferente En cada especie. Susa Herrera • Aprendemos adiviñas: Mostramos unha delas Arca monarca chea de pracer ningún carpinteiro te soubo facer.

Page 13: O METODO CIENTIFICO

As nosas produccións ….

Presentamos aquí os traballos realizados para o noso proxecto, grazas a información recollida. • Realizamos un panel explicativo na clase.

Page 14: O METODO CIENTIFICO

• Realizamos exposición de follas do noso

herbolario.

Page 15: O METODO CIENTIFICO

Recompilamos datos

Unha mostra dos nosos “ rexistros de datos ”

Page 16: O METODO CIENTIFICO
Page 17: O METODO CIENTIFICO

• Vivimos de preto e paso a paso o nacemento da

planta, coñecemos as súas partes. • Sabemos qué precisa unha planta para vivir. • Que poden vivir sobre diferentes sustratos • Clasificamos plantas: árbores, arbustos, herbas.

Page 18: O METODO CIENTIFICO
Page 19: O METODO CIENTIFICO

• Froitos da horta na primavera

Page 20: O METODO CIENTIFICO

• Sabemos cómo se reproducen • Por que poden morrer. • Para que serven as plantas, recoñecemos as

súa utilidade e os seus beneficios para a natureza. Sabemos darlles as grazas por todo o que fan por nós, en “Querido castiñeiro.”

Page 21: O METODO CIENTIFICO

Invitamos as nosas familias á presentación dixital e exposición da nosa experiencia.

Page 22: O METODO CIENTIFICO

Tivemos unha experiencia en xeral moi positiva. Aprendemos a querer, valorar e respectar máis as plantas, a coidar e valorar a natureza, Realizamos unha iniciación e demos os primeiros pasos na utilización do “método científico”. Aprendemos a traballar en equipo cos nosos compañeiros/as e agora temos algo máis que nos une.

Aínda quédanos moito camiño por andar pero xa seguiremos facendo... Isto é só unha maneira de comezar a nosa camiñada.

Page 23: O METODO CIENTIFICO

Pensamos traer ovos baleiros da casa, abertos por un extremo. Pintamos a cara e o pelo dun personaxe, puxemos dentro algodón e plantamos trigo e lentellas porque xa tiñamos comprobado que eran as máis rápidas en xermolar e.... .... ¿ Que vos parece que lle poido pasar ao noso amigo ovo? Olla ben estas imaxes e xa o saberás. Realizamos tamén algunha obra pictórica relacionada co noso tema.

Page 24: O METODO CIENTIFICO

As plantas de trigo e lentellas, que levamos nas vacacións, tiñan unha sabor deliciosa porque nada máis chegar a casa, o canciño de Tadesse sen pensalo máis, “as merendou”Din que despois relamíase de gusto. Seica hai cans vexetarianos.. Levamos máis dun sobresalto : as inundacións foron frecuentes. No “Contacontos” do alumnado do instituto recibimos a gran sorpresa que dentro do conto estaba plantar unha lentella “¡ Que sorte!

Page 25: O METODO CIENTIFICO

Gustaríanos compartir convosco estes momentos tan especiais…

Page 26: O METODO CIENTIFICO
Page 27: O METODO CIENTIFICO
Page 28: O METODO CIENTIFICO
Page 29: O METODO CIENTIFICO
Page 30: O METODO CIENTIFICO