O meu libro é matilda
-
Upload
normalizacioniesn1ordes -
Category
Education
-
view
86 -
download
2
Transcript of O meu libro é matilda
AUTOR: RoalD Dahl
Roald Rahl, autor do libro que lin, naceu no 1916 no País de
Gales e está considerado como o mestre da literatura infantil.
Outra obra de gran importancia súa é Charlie e a fábrica de
chocolate co cal acadou o número un nunha enquisa realizada
polo ``Sunday Times´´ na cal se elixían os dez mellores libros
para nenos de todas as idades.
Matilda é unha obra dedicada a rapaces de 12 anos en diante, na
cal se tratan temas relacionados coa escola e cos mestres;
compañeiros, familia; coas emocións, personalidades e trato dos
personaxes deste libro; así como as diferenzas sociais como,
por exemplo, a señorita Honey coa familia de Matilda.
A lingua utilizada é moi sinxela de entender. Axuda a poñerse
no lugar de Matilda simulando estarlle ocorrendo ao lector
todas aquelas aventuras que le. É unha lingua próxima e cotiá
que non dificulta en absoluto a lectura do libro.
Está escrito en terceira persoa, en presente e en prosa. Consta
de 21 capítulos nos cales se van detallando relacións entre
persoas, descricións de personaxes…
A protagonista principal é unha rapaza de cinco anos de idade,
moi intelixente ( case se podería dicir superdotada), á cal lle
encanta ler libros para maiores. O único problema seu é que na
súa casa non saben apreciar o valor que ten, algo que si observa
a señorita Honey no colexio.
Considero que dentro desta obra teñen moita importancia dous
personaxes, polo que diría que a señorita Honey e a señorita
Trunchbull son os personaxes antagonistas indiscutibles deste
libro.
Á señorita Honey, con 24 anos, asignáronlle a clase de Matilda.
Era moi guapa, cun bonito rostro ovalado e pálido, ollos azuis e
pelo castaño claro. Era delgada e fráxil, e daba a impresión de
que se caía rompería en mil anacos como unha boneca de
porcelana. Era apacible e discreta, nunca alzaba a voz, case
nunca sorría pero, non obstante, todos os nenos a querían moito.
A señorita Trunchbull era todo o contrario: un ser xigantesco,
terrorífico, un feroz monstro que aterraba a todos os alumnos e
mestres (incluída a señorita Honey). Era unha persoa que
ameazaba os alumnos se se comportaban mal. Fisicamente era
unha muller que impoñía pola súa grandeza, tiña longas
zancadas e un esaxerado balanceo de brazos.
Como protagonistas secundarios considero os pais e irmán de
Matilda (os señores Wormwood e Michael), a bibliotecaria (a
señora Phelps), os compañeiros de Matilda do colexio…
Nesta novela puiden comprobar que se utiliza a descrición non
moi detallada pero si suficiente para facerme unha idea de
como son os espazos utilizados na narración, para tamén
observar diálogos…
Así, podo dicir que ó longo desta obra narran mil e unha
aventuras que lle ocorren á protagonista.Todo comeza no
primeiro capítulo onde se nos presenta a Matilda como unha
rapaza á que lle encanta ler, unha familia que non lle dá moita
importancia á educación da súa filla, e que a señora Phepls
(bibliotecaria) queda abraiada ao ver que Matilda sabe ler e
adora a lectura xa de maiores…
Paula Sánchez Basante, 1º ESO A