O plan comunitario do casco vello de vigo

11
O Plan Comunitario do Casco Vello de Vigo A miña experiencia

Transcript of O plan comunitario do casco vello de vigo

Page 1: O plan comunitario do casco vello de vigo

O Plan Comunitario do Casco

Vello de Vigo

A miña experiencia

Page 2: O plan comunitario do casco vello de vigo

Os inicios

O centro histórico de Vigo durante os anos 70 carecía dunha

identidade que lle permitise proxectar o futuro

En cambio, era un cúmulo de problemas sociais, entre os que destacan a pobreza, a prostitución

e a emigración que, daquela, procedía sobre todo de Portugal.

Durante a transición apareceron os primeiros xitanos no barrio, e tamén os primeiros vendedores

de drogas.

Coa aparición da movida, a zona tradicional de viños converteuse nun dos centros de ocio

nocturno máis importantes da cidade, cun enorme deterioro da calidade de sono dos veciños.

Esta circunstancia, unida ao deterioro urbano, dá como resultado un rápido abandono do barrio

por parte das familias de clases medias e clases traballadoras. Fican os pobres e os propietarios

urbanos de fondo enraizamento na cidade.

Page 3: O plan comunitario do casco vello de vigo

Os inicios (2)

Como reacción a esta situación, xurde a primeira intervención social con mulleres en

situación de prostitución.

E tamén a Asociación de Veciños do Casco Vello

Reivindica a identidade tradicional do barrio.

Propón a súa rehabilitación urbana.

E a inclusión social dos seus habitantes

Pretende mobilizar aos veciños e veciñas a prol deses obxectivos.

Cómpre destacar a presenza do activista Antón Bouzas, mentor de ambas iniciativas.

Page 4: O plan comunitario do casco vello de vigo

A Intervención Social Comunitaria

A finais dos anos ‘80, Antón Bouzas está centrado na intervención social con

toxicómanos. Mentres, a Asociación de Veciños Casco Vello convértese nunha das máis

dinámicas do Movemento Veciñal en Vigo.

De mutuo acordo entre Antón (da UAD de Vigo) e a AVV. Casco Vello, lánzase a idea

dunha rehabilitación integral do Casco Vello e dunha intervención social de carácter

comunitario.

Co apoio do Concello nace o Plan Comunitario do Casco Vello de Vigo a principios da

década dos ‘90. Trátase dun Plan de financiamento municipal e de deseño veciñal.

Page 5: O plan comunitario do casco vello de vigo

O pulo do Plan Comunitario

Pero o gran pulo do Plan ven da man do Plan de Galicia sobre Drogas, especialmente

baixo a dirección de Jesús Morán, e coa participación de Marco Marchioni como

experto.

O Plan Comunitario do Casco Vello convértese en Asociación de segundo nivel,

federando ás entidades sociais e veciñais do barrio, así como aos profesionais dos

diferentes servizos.

O terceiro elemento dese pulo foi o desenvolvemento do programa de rehabilitación

integral Urban no Casco Vello de Vigo, e o convenio asinado entre o Concello e a

Asociación do Plan Comunitario para o desenvolvemento das súas medidas de carácte

social.

Page 6: O plan comunitario do casco vello de vigo

Tres fases de desenvolvemento

Os inicios do Plan: creación de símbolos e dunha forza social transformadora.

A plenitude: os convenios co Plan de Autonómico de Drogodependencias e co Concello

de Vigo.

A decadencia: o fin dos convenios, a crise de financiamento e o final do Plan

Comunitario.

Page 7: O plan comunitario do casco vello de vigo

Os inicios: a creación da identidade

O traballo sobre as festas

Os Maios

Era unha festa da AVV. Casco Vello.

Convértese nun instrumento de intervención social coa mocidade

A Reconquista

É unha festa de nova creación.

Traballa sobre a identidade cultural, pero tamén urbana do Casco Vello.

Pronto se converte nunha festa popular.

O traballo coa mocidade

Financiamento da Concellería de Participación Cidadá

Page 8: O plan comunitario do casco vello de vigo

A plenitude: participación

Participación das Entidades Sociais

AVV. Casco Vello

Cáritas

ANPA Picacho

Sociedade La Oliva

Servizos Públicos

CEIP Ramón y Cajal

(Picacho)

Centro de Saúde

Casco Vello

UTS Casco Vello

Coordinación

Técnica

Page 9: O plan comunitario do casco vello de vigo

A plenitude: programas e servizos

Saúde

Educación

Vivenda

Emprego

Cultura

Page 10: O plan comunitario do casco vello de vigo

A decadencia

Problemas para a renovación do discurso sobre a intervención

social.

A crise do financiamento.

Fin do URBAN

Estancamento do PAD

Enfrontamento entre o Plan Comunitario e a Asociación de Veciños

O fin dos convenios e o final do Plan Comunitario.

Page 11: O plan comunitario do casco vello de vigo

Balance

Quedan as festas

Sostidas especialmente pola xente maior

Agrupada arredor da AVV Casco Vello

A xente nova implicada naquela experiencia procurou outros compromisos

FOANPAS

Compromiso político

Acción Social.