O PODER DE CADA PERSOA.caritastuivigoempleo.org/blog/wp-content/uploads/2020/05/Orientaci… ·...

8
UNHA PANDEMIA MUNDIAL: OPORTUNIDADE PARA O CAMBIO. Este ano celebrar o Día de Caridade ten un sentido diferente e especial. A pandemia mundial que xerou o coronavirus obrigounos a dispoñer das nosas vidas dunha forma inimaxinable hai tan só uns meses. Os hábitos cotiáns, a forma de relacionarnos e a xestión das nosas emocións desbordáronnos. A enfermidade, a morte dos nosos seres queridos e o illamento deixaron paso á inseguridade económica e laboral, á falta de recursos básicos, á perda de emprego ou aos ERTES. Emerxe unha sociedade moito máis fráxil e vulnerable cunha folla de ruta máis chea de incertezas que de certezas. Non obstante, é dende esta fraxilidade dende onde vimos xermolar miles de xestos solidarios cheos de caridade, dese amor gratuíto que nace do corazón de forma libre e desinteresada, sen esperar nada a cambio. Persoas de pensamento diverso, de todas as crenzas, oficios, de todos os países do mundo, de todas a poboacións e barrios, todas a unha, mobilizáronse e puxéronse ao servizo dunha humanidade ameazada e ferida. A experiencia vital fíxonos reaccionar ante o sufrimento e a dor compartida e empurrounos a rescatar o noso sentido de identidade e pertenza. Aquilo que outras veces esquecemos e nos arrastra cara ao egoísmo e a individualidade, hoxe situounos no comunitario, en priorizar o ben común que nos identifica como seres vivos: a protección e defensa da vida. Semana de Caridade 2020 1 “Eu son unha misión nesta terra, e para iso estou neste mundo... Misión de iluminar, bendicir, levantar, sandar, liberar” Papa Francisco, Evangelii gaudium 273. O PODER DE CADA PERSOA. CADA XESTO CONTA. Semana de Caridade 2020

Transcript of O PODER DE CADA PERSOA.caritastuivigoempleo.org/blog/wp-content/uploads/2020/05/Orientaci… ·...

Page 1: O PODER DE CADA PERSOA.caritastuivigoempleo.org/blog/wp-content/uploads/2020/05/Orientaci… · nosa vida de antes porque cremos que nos dá seguridade. O medo, a dor que como persoas

UNHA PANDEMIA MUNDIAL: OPORTUNIDADE PARA O CAMBIO.Este ano celebrar o Día de Caridade ten un sentido diferente e especial.

A pandemia mundial que xerou o coronavirus obrigounos a dispoñer das nosas vidas dunha forma inimaxinable hai tan só uns meses. Os hábitos cotiáns, a forma de relacionarnos e a xestión das nosas emocións desbordáronnos. A enfermidade, a morte dos nosos seres queridos e o illamento deixaron paso á inseguridade económica e laboral, á falta de recursos básicos, á perda de emprego ou aos ERTES. Emerxe unha sociedade moito máis fráxil e vulnerable cunha folla de ruta máis chea de incertezas que de certezas.

Non obstante, é dende esta fraxilidade dende onde vimos xermolar miles de xestos solidarios cheos de caridade, dese amor gratuíto que nace do corazón de forma libre e desinteresada, sen esperar nada a cambio. Persoas de pensamento diverso, de todas as crenzas, oficios, de todos os países do mundo, de todas a poboacións e barrios, todas a unha, mobilizáronse e puxéronse ao servizo dunha humanidade ameazada e ferida. A experiencia vital fíxonos reaccionar ante o sufrimento e a dor compartida e empurrounos a rescatar o noso sentido de identidade e pertenza. Aquilo que outras veces esquecemos e nos arrastra cara ao egoísmo e a individualidade, hoxe situounos no comunitario, en priorizar o ben común que nos identifica como seres vivos: a protección e defensa da vida.

Semana de Caridade 2020

1

“Eu son unha misión nesta terra, e para iso estou neste mundo... Misión de iluminar, bendicir, levantar, sandar, liberar”

Papa Francisco, Evangelii gaudium 273.

O PODER DE CADA PERSOA. CADA XESTO CONTA.

Semana de Caridade 2020

Page 2: O PODER DE CADA PERSOA.caritastuivigoempleo.org/blog/wp-content/uploads/2020/05/Orientaci… · nosa vida de antes porque cremos que nos dá seguridade. O medo, a dor que como persoas

CELEBRAR EN TEMPOS DE INCERTEZA.O tempo pascual abriulle de par en par as portas ao Espírito, o auténtico motor capaz de transformarnos, de transformar o corazón e o noso estilo de vida1. Aínda así, queremos aferrarnos á nosa vida de antes porque cremos que nos dá seguridade. O medo, a dor que como persoas e como sociedade experimentamos por tantas feridas abertas seguen planando como unha sombra sobre a nosa confianza e poden empurrarnos unha e outra vez a permanecer encerrados e temerosos, como lles pasou aos discípulos coa morte de Xesús na cruz (cf. Xn 20,19).

Pero non estamos sós. Cristo resucitou e experimentamos en centos de signos e xestos que o Señor sae ao noso encontro para transformar a nosa dor en alegría e aplausos, en compañía e conversacións telefónicas, en entrega e axuda veciñal, en multiplicación de pans e peixes, en sanación e coidado, en xenerosidade e servizo á cidadanía.

Por iso, neste novo tempo faise aínda máis imprescindible celebrar a vida e o encontro, loar e dar grazas a Deus, porque Xesús, o Señor, quedou connosco e convídanos a sentar á mesa para facernos pan e viño como Él e compartir o que somos, todos os dons que conforman o noso ser para poñelos ao servizo dos demais e da súa fraxilidade, que tamén é nosa.

1 Cf. Bieito XVI, Deus caritas est 19.

Temos grandes retos por diante que non podemos abordar sós, nin como individuos nin como organizacións de forma unilateral. Necesitamos debuxar xuntos novos escenarios de vida e posibilidade para todos, e xerar novos espazos de encontro para sandar xuntos.

2

“Eu son o pan vivo que baixou do ceo; o que

coma deste pan vivirá para sempre”

(Xn 6, 51).

Semana de Caridade 2020

O PODER DE CADA PERSOA. CADA XESTO CONTA.

Se unha persoa é capaz de mellorar o mundo...

Imaxina o que podemos facer xuntos! É momento

de axudarnos e de sumar esforzos.

Ámase o que se coñece, o que se experimenta. A experiencia é o que nos permite elixir as nosas opcións na vida. A experiencia de fraxilidade compartida é o que abre as portas da nosa compaixón e solidariedade, o que nos move a querer facer algo polos demais. Na medida en que sexamos capaces de abrazar esta fraxilidade e facela nosa faremos posible o Reino de Deus, esa nova sociedade onde a xustiza, a paz e a fraternidade se converten en coordenadas para trazar unha nova folla de ruta.

Como Igrexa, como comunidade cristiá, temos o reto de acompañar e coidar a fraxilidade e tamén cultivar a solidariedade emerxente para que non quede só nunha reacción ante a ameaza compartida senón nunha forma nova de ser e estar no mundo.

Page 3: O PODER DE CADA PERSOA.caritastuivigoempleo.org/blog/wp-content/uploads/2020/05/Orientaci… · nosa vida de antes porque cremos que nos dá seguridade. O medo, a dor que como persoas

3

A Mensaxe dos bispos con motivo da festividade do Corpus Christi, Día de Caridade, exprésao así:

Este traballo de transformación do mundo non podemos levalo a cabo sós. Necesitamos de todos e particularmente das nosas autoridades políticas, civís, económicas e relixiosas. Necesitamos persoas con moita paciencia, coa mirada posta nos máis fráxiles da nosa sociedade, e cunha firme vontade de chegar a acordos e de aplicalos.

Todas as persoas que formamos parte de Cáritas, voluntarios e técnicos, as comunidades e grupos das parroquias, as persoas que participan en proxectos, as que se achegan puntualmente para pedir axuda ou para ofrecela, as que realizan donativos, as que ven con bos ollos o noso labor e todas as que se sintan invitadas a reconstruír a sociedade dun xeito novo, todas xuntas e cada unha, temos o poder, a posibilidade e a oportunidade de cambiar e transformar o noso estilo de vida de forma que reflicta o ser e o facer de Xesús.

Desta forma, celebrar o Día de Caridade adquire unha nova dimensión. Xesús chama a cada persoa polo seu nome e invítaa a percorrer o seu camiño nestes días de desolación e incerteza. Non pretende aforrarnos a cruz, pero quere que lle deamos sentido e invítanos a abrazala e integrala na nosa vida.

E este camiño non temos que percorrelo sós, que é moito máis difícil. Invítanos a camiñar con Él e con outros, como os de Emaús para que a carga sexa máis lixeira (cf. Lc 24 13-35): tecendo comunidades de esperanza onde se acolle e se escoita, onde se ora e se celebra, comunidades nas que hai encontro e perdón, onde podemos sandar e facernos cargo dos máis fráxiles, comunidades proféticas que toman partido e denuncian as inxustizas. Comunidades inclusivas, espazos de acollida, onde cada un se pode sentir coma na súa casa. Comunidades formadas por persoas que realizan xestos sinxelos, cotiáns, gratuítos, cargados de amor e de esperanza, capaces de reconstruír a vida.

Semana de Caridade 2020

QUE CHE PROPOÑEMOS.Invitámoste a ser testemuño do Deus vivo, a que te fagas activista do Reino. Ser activista é participar activamente nunha causa, é pensar nos demais máis aló do propio, en facer do ben común unha causa propia.

A Semana de Caridade é unha semana para a acción, para saír ao encontro e dar testemuño. Nesta ocasión non imos poder realizar xestos nos que poidan participar moitas persoas reunidas, pero si podemos facernos activistas da caridade, é dicir, persoas que tomamos partido e comprometémonos a realizar xestos sinxelos que reflictan o amor pola vida e o noso compromiso coas persoas que están a vivir situacións de fraxilidade; o amor pola natureza e o noso compromiso por coidar o medio ambiente; a defensa da dignidade e a xustiza e o noso compromiso para que todas as persoas teñan acceso aos dereitos humanos.

Ser activista, en definitiva, é tomar a vida con conciencia solidaria e humana, é pasar pola vida de forma proactiva ao estilo de Xesús: tomando partido polos máis vulnerables.

Faite activista e invita a outras persoas a que se sumen a esta corrente de esperanza.

Page 4: O PODER DE CADA PERSOA.caritastuivigoempleo.org/blog/wp-content/uploads/2020/05/Orientaci… · nosa vida de antes porque cremos que nos dá seguridade. O medo, a dor que como persoas

QUE PODES FACER?

4

Un soño, un propósito, unha causa...? Sempre estamos a buscar algo para facer, para ser útiles, para salvar o mundo. Pero para facer é necesario atoparnos antes co ser. Quen son? Que busco? Para que? Afondar no silencio das nosas propias sombras e luces permítenos coñecernos e despexar o camiño de egos e baleiros persoais. Un camiño para aprender a ser menos o centro das nosas vidas e da nosa acción.

Aproveita o silencio deste tempo, respira con conciencia, fai oración, medita e conéctate co mundo doutra forma máis aló das redes sociais. Busca un lugar para estar a soas, practica cada día, ten preto algunha lectura que te inspire e che axude a afondar no teu ser e a atoparte con Deus.

Cando atopes o teu propósito, non o gardes para ti. Compárteo, mira a ver se alguén máis ten un soño ou un anhelo parecido, e vede xuntos se pode servir para transformar e mellorar o noso mundo nalgún aspecto concreto.

Agora é o momento. Vimos rúas baleiras sen ruído e sen fumes en moitos lugares do mundo. No medio da dor e a tensión causada pola pandemia, puidemos saborear o silencio, gozar do canto de centos de aves que non coñeciamos e a primavera tomou as rúas enchéndoas de brotes e flores.

Non podemos ver nisto un signo da nova vida que se quere facer presente no noso mundo? O noso consumo reduciuse, vimos que se pode vivir con moito menos; levar unha vida máis sobria fainos ser máis conscientes do que somos e do que temos; e experimentamos que a felicidade non depende das cousas que teñamos senón de querer a xente e abrazala.

Que che di a ti hoxe todo isto?

Cando retomemos algunhas das nosas rutinas, reconsidera o uso que fas do transporte (coche, autobús, bicicleta, avión...) e fíxate en que tipo de pegada deixas ao teu paso.

Coida a túa dieta: que comes, que ves, que consumes, sé consciente de todo o que entra na túa vida e pensa se o precisas todo.

Compra produtos locais.

Leva a túa propia bolsa e reduce o uso de bolsas e envases de plástico.

Reduce, reutiliza e recicla: incorpora estas 3 máximas en todo o que consumes.

Desenchufa, apaga luces e aforra enerxía.

Enche e reutiliza: personaliza a túa botella de auga e fai que sexa duradeira.

1. BUSCA NO TEU INTERIOR.

EMERXENCIA CLIMÁTICA:2. ACTÚA AGORA! ES PARTE DO CAMBIO.

Semana de Caridade 2020

Page 5: O PODER DE CADA PERSOA.caritastuivigoempleo.org/blog/wp-content/uploads/2020/05/Orientaci… · nosa vida de antes porque cremos que nos dá seguridade. O medo, a dor que como persoas

5

Ou doutra forma, comparte a túa vida, o que es e sentes, o que fas e tes con outras persoas coas que vas no camiño da vida. Podes facer do compartir un talante un estilo de ser persoa que deixa espazo na súa vida para saír e atoparse cos demais, para deixar que entren outras persoas, outras realidades. Trátase de compartir o tempo, a conversación, un sorriso, un libro, o camiño ata o supermercado charlando co veciño aínda que haxa que facelo con máscara, o tempo de espera no ambulatorio... A viaxe pola vida pode dar moito de si e resultarche máis interesante se a compartes con outros.

A compaixón medra na medida en que che importa o que lles acontece aos demais e fai que naza en ti o impulso de coidar e velar. Coidar a xente ten que ver coa posibilidade de que as persoas se endereiten, se levanten e retomen a súa vida e o seu camiño.

Neste tempo de crise e emerxencia mundial todas as persoas experimentamos a fraxilidade e a necesidade de que nos coiden, a ausencia e a distancia dos nosos seres máis queridos. Conmovéronsenos as entrañas e tratamos de respectar ao máximo as indicacións para protexernos e para protexer a outros.

A compaixón vive no máis fondo do noso ser. Só necesitamos cultivala.

Enredarse é complicarse. A maior parte das veces utilizamos esta expresión cun extra de negatividade que nos leva a manternos á marxe de moitas situacións por comodidade, para non sufrir ou por temor. Entón a posibilidade de involucrar a nosa capacidade de xenerosidade e gratuidade esfúmase.

A experiencia de ser voluntario(a), de complicarse a vida con outras persoas, de ofrecerse de forma desinteresada reporta moito máis á propia vida do que un poida imaxinar. Só hai que facer unha cousa: dar un paso á fronte, atreverse e probar a experiencia. Dá igual a idade que teñas ou os coñecementos que posúas, seguro que dispós de tempo, aínda que sexa pouco. Sempre vas recibir moito máis do que poidas achegar, pero coidado!, non o fagas para atopar satisfacción ou recoñecemento. Servir a outros dende a gratuidade é unha cuestión de amor e xenerosidade.

3. COMPARTE A TÚA VIAXE.

4. FAI QUE MEDRE A TÚA COMPAIXÓN.

5. ENRÉDATE! SER OU NON SER... VOLUNTARIO(A).

Semana de Caridade 2020

Page 6: O PODER DE CADA PERSOA.caritastuivigoempleo.org/blog/wp-content/uploads/2020/05/Orientaci… · nosa vida de antes porque cremos que nos dá seguridade. O medo, a dor que como persoas

6

O mundo non o podemos mellorar en dous días nin tampouco realizando xestos illados. Os grandes cambios xéranse cando moitas persoas toman conciencia da necesidade dun cambio nas súas vidas e nas estruturas sociais, políticas e económicas que as rexen.

Os xestos individuais e colectivos son determinantes do cambio e requiren que nos involucremos.

Hai múltiples convocatorias para participar por todas as partes: no teu barrio, na túa vila, na túa cidade. Tamén hai moitos problemas non resoltos, situacións de convivencia, de veciñanza, de dereitos vulnerados, de falta de coidado do espazo común que compartimos. Agora imos ter moitas máis situacións comúns que resolver xuntos e a oportunidade de sumarnos, de non deixarnos arrastrar polo pensamento “os demais teñen a culpa” ou “é que os políticos non fan nada”. É a hora de tecer cidadanía dende unhas relacións sas de interdependencia, e de participar na transformación das políticas públicas que velen polo ben común de todos.

Cada xesto conta, e o que deixas de facer, ninguén pode facelo por ti. Ser activista lévate a involucrarte, a participar, a dar. Ser activista da caridade convértete en sementador de oportunidades e de esperanza a través de xestos sinxelos e de accións concretas.

”Unha vida sobria, honrada e relixiosa”. Esta frase de San Paulo dálle título a un libro2 que nos invita a afondar sobre a necesidade urxente de revisar o noso estilo de vida desenvolvido para que sexa máis sostible, solidario, saudable e espiritual, en harmonía co Creador e todas as súas criaturas. Ao igual que o papa Francisco na súa encíclica Laudato si’, este autor fainos unha proposta de vida diferente e alternativa para non nos deixar arrastrar pola voracidade do consumismo tecnolóxico, de ocio, de todo tipo de bens; un consumismo que nos fai servir ao becerro de ouro por enriba do coidado das persoas e do desenvolvemento das nosas habilidades humanas.

Invitámoste a ler algún destes textos e a que poidas recoñecer o superfluo que hai na túa vida, a que lle poñas nome e sexas máis consciente da túa forma de vivir. Logo, pregúntate se o teu estilo de vivir contribúe a mellorar a vida doutras persoas, a vida noutros países. Todos habitamos o mesmo planeta.

2 Narcea 2010, Una vida sobria, honrada y religiosa para vivir en comunidad. J. Eizaguirre.

6. PARTICIPA, HAI MOITO POR FACER!

7. REVISA O TEU ESTILO DE VIDA.

Semana de Caridade 2020

Page 7: O PODER DE CADA PERSOA.caritastuivigoempleo.org/blog/wp-content/uploads/2020/05/Orientaci… · nosa vida de antes porque cremos que nos dá seguridade. O medo, a dor que como persoas

7

O papa Francisco recórdanos con frecuencia que estamos chamados a proxectarnos como Igrexa en saída. Xesús de Nazaret, con outras palabras, dinos que “non se acende un candil para metelo debaixo da caldeira, senón para poñelo no candeeiro e que ilumine a todos os da casa”3. Como comunidade de crentes estamos chamados a facer xestos para anunciar a alegría e a esperanza de que outra forma de vivir é posible.

Para celebrar o Día de Caridade deste ano invitámosvos a realizar un xesto que sexa testemuño do voso compromiso para mellorar a vida das persoas e do mundo.

3 Mt 5, 15.

Xesto para difundir en redes sociais: Imaxe: Faite unha foto coas mans en forma de corazón no teu lugar de traballo ou onde desenvolves a túa actividade coa que fas o mundo mellor. Tamén podes compartir o xesto cunha man túa e a man doutra persoa e facédesvos a foto.

Texto: Acompaña a imaxe cun texto no que indiques o teu nome e a túa participación dentro de Cáritas, incluíndo o hashtag #ElPoderDeCadaPersona, o poder das persoas que formamos parte de Cáritas. Este texto ten que ser breve e non poderá superar os 280 caracteres que nos marca Twitter (incluíndo o hashtag). Deixámosvos unha mostra para que poidades orientarvos:

Semana de Caridade, do 8 ao 14 de xuño: colga a túa foto con esta mensaxe no perfil da túa Cáritas e tamén no teu perfil persoal. Xuntos sumamos máis.

8. CADA XESTO CONTA E COMPROMÉTETE.

NETWORK 9:20 PM 100%

Cáritas Española@_CARITAS

2:35 PM 7/24/19 from Madrid, SP Twitter for iPhone

Alycia Soal y 3 más indicaron que les gusta

11 Likes

Tweet

Semana de Caridade 2020

Son XXXX (o teu nome). Traballo/Colaboro/Participo en Cáritas XXXX (Diocesana) como voluntario-a, técnico... facendo... / nun programa... / como socio, doador... Porque cada xesto conta, é a hora de mostrar #ElPoderDeCadaPersona. Momento de axudarnos, sumar esforzos e tecer comunidade (non ten que ser sempre esta frase literal).

Page 8: O PODER DE CADA PERSOA.caritastuivigoempleo.org/blog/wp-content/uploads/2020/05/Orientaci… · nosa vida de antes porque cremos que nos dá seguridade. O medo, a dor que como persoas

TEXTOS PARA ORAR E MEDITAR«Alegrádevos e reloucade» (Mt 5,12), di Xesús aos que son perseguidos ou humilladospola súa causa. O Señor pídeo todo, e o que ofrece é a verdadeira vida, a felicidadepara a cal fomos creados. El quérenos santos e non espera que nos conformemos cunha existencia mediocre, augada, licuada. En realidade, dende as primeiras páxinas da Biblia está presente, de diversas maneiras, a chamada á santidade. Así propoñía o Señor a Abraham: «Camiña na miña presenza e sé perfecto» (Xén 17,1).

Xuntos na túa busca (fragmento).

“Aquí estamos,Señor Xesús: xuntos na túa busca.Aquí estamos co corazón en ás de liberdade.Aquí estamos, Señor, xuntos como amigos. Xuntos.Ti dixeches que estás no medio dos que camiñan xuntos.

Señor Xesús, estamos xuntos e a pé descalzo.Xuntos e con ganas de facer camiño, de facer deserto.Xuntos, como un só pobo, como un acio.Xuntos como piña apertada, como espiga, como un puño.

Dános, Señor Xesús, a forza de camiñar xuntos.Dános, Señor Xesús, a alegría de sabernos xuntos.Dános, Señor Xesús, o gozo do irmán do lado.Dános, Señor Xesús, a paz dos que buscan en comunidade”.

“Ti es, Señor da Vida, o pan vivo.Axúdanos a crer na túa persoae vivir segundo o teu Proxecto.Queremos ser os teus discípulos,artesáns do Reinoe testemuñas da túa Causa polos máis pobres.Dános sempre do teu pan,a túa persoa, as túas palabras,a túa presenza, o teu Espírito.Para que sexamos fortes na caridade,Señor, dános sempre do teu pan! Amén”.

Papa Francisco, Exh. Apostólica Gaudete et exultate

Luis Guitarra.

CANCIÓN: SODES O SAL

Semana de Caridade 2020 8