O PORCO E A FAMILIA DESCONTAMINACIÓN
-
Upload
ceip-de-leirado-salvaterra-de-mino -
Category
Documents
-
view
232 -
download
6
description
Transcript of O PORCO E A FAMILIA DESCONTAMINACIÓN
O porco e a familia Descontaminación
Nunha cidade perfecta: sempre soleada e cun arco da vella debuxado
no ceo, ateigada de prados e parques nos que brotaban millóns de flores
de todas as cores, vivía, tranquilamente, a familia da nosa queridísima
Xulia. A familia, Descontaminación.
Un día, apareceu polas rúas un porco chamado Ñok Ñok, e os
habitantes da cidade non tardaron en percatarse de que tiña un grave
problema ca limpeza, cando miraba algo limpo, púñase a cen, porque
prefería as cousas o máis porcas posible.
-Vou destruír esta cidade e ensuciala con porcallada e cacas, pensaba.
Parte da poboación, os cidadáns máis bagos e desconsiderados,
deixáronse levar por este novo veciño e empezaron a descoidar o que
sempre fora unha prioridade na vila: baixando o lixo a deshora, deixando
porqueira nas rúas, arrasando os xardíns e arbustos… Ao pasar una
semana, as empresas aproveitaron o momento para verter os residuos de
forma incontrolada, tirar o lixo en calquera parte, saltarse o proceso de reciclaxe… o plan do
porquiño cumprírase por completo.
As persoas que vivían na cidade, estaban demasiado ocupadas para
mirar o seu redor e marcharon cara outras vilas, nenos e nenas, pais e
nais, avós e avoas, fuxiron daquela cidade noxenta sen pararse nin un
minuto a tentar arranxar as cousas. Menos unha familia. a familia de
Xulia, porque non ia consentir que o porco Ñok Ñok destrozase a cidade
que tanto amaban e que agora estaba deserta,, así que puxéronse mans á obra.
Atoparon ao porquiño Ñok Ñok na praia, minutos despois de que Xulia
atopase un paxaro ferido por mor dunha lata que a fixo enfurecer. Ñok
Ñok estaba, como non, facendo das súas, emporcallando aínda máis
aquel lugar que un día fora un paraíso e no que xa era difícil mirar a area
con tanto lixo acumulado. Xulia colleu unha rede que había tirada no chan
e abalanzouse sobre Ñok Ñok , atrapándoo nun instante. O levaron a cárcere e comezaron a
traballosísima tarefa de limpeza das rúas.
Aos poucos días porquiño escapou da cárcere, roubou una moto de
policía e marchou o mais rápido posible. Ca mala sorte de chocar co camión
da limpeza do pai de Xulia, e bater fortemente ca cabeza.
Cando o porquiño espertou, estaba na casa da familia Descontaminación, onde Xulia e mais a
súa familia facían que se sentise ben, coidando del aínda coñecendo as súas trasnadas. O golpe
que levara na testa, cambiou a o seu sentir sobre a sociedade, deuse de conta de que non era o
único habitante da cidade e que debía respectar ó resto da xente.
A familia acolleuno e converteuno nun novo membro da familia Descontaminación.
Era un porquiño listo, e non tardou en darse de conta que na casa de
Xulia, estaba todo limpo e cheiraba ben, e sorprendeuse a si mesmo, pois
encantáballe aquel arrecendo. Nese momento caeu, todo o que fixera
estaba mal, moi mal, e debía axudar a arranxalo.
Poucos días despois, alí estaba, o porquiño Ñok Ñok, limpa que te limpa,
afanado na súa tarefa e rodeado da familia que o coidou cando o
necesitaba, máis feliz que nunca.
Cando estaba todo limpo chamaron a todas as persoas que marcharan
da cidade, lles contaron a historia e eles comprenderon que as veces,
debemos afrontar as dificultades e non marchar correndo, o traballo da
familia Descontaminación foi tan asombroso e valorado polos veciños que
despois de festexalo dabondo, os nomearon cidadáns de honra, viviron
felices e comeron perdices.