O sistema solar

10
O Sistema Solar 4º B Marzo. 2015 CEIP Escultor Acuña

Transcript of O sistema solar

Page 1: O sistema solar

O Sistema Solar

4º BMarzo. 2015

CEIP Escultor Acuña

Page 2: O sistema solar

O Sistema Solar forma parte da Vía Láctea, unha galaxia en forma de espiral que pode conter ata 100.000.000.000.000

de estrelas.

Page 3: O sistema solar

O Sol é a estrela principal sendo o obxecto que contén aproximadamente o 98% da masa total do sistema solar.Arredor del xiran, en órbitas elípticas, oito planetas.

Page 4: O sistema solar

Os planetas divídense en dous grupos:

Os planetas interiores: Mercurio, Venus, Terra e Marte. Son de menor tamaño e están máis preto do Sol. Son rochosos.

Os planetas exteriores: Xúpiter, Saturno, Urano e Neptuno. Son de gran tamaño e están máis afastados do Sol. Son gasosos.

Page 5: O sistema solar

Ademáis do Sol e dos planetas, no sistema solar atopamos os planetas ananos entre os que destacan: Plutón, Ceres, Eris, …

Dende o ano 2006 a Unión Astronómica Internacional decidiu considerar Plutón un planeta anano polo seu “pequeno” tamaño e porque a súa órbita desplázase da do resto dos planetas.

Page 6: O sistema solar

A Terra é o único planeta no que é posible a vida.

No seu desplazamento arredor do sol realiza dous tipos de movementos:

o movemento de rotación:

xira sobre sí mesmo provocando a aparición dos días e das noites;

o movemento de translación:

xira arredor do sol provocando a aparición das estacións

Os dous movementos prodúcense simultáneamente

A TERRA

Page 7: O sistema solar

MOVEMENTO DE ROTACIÓN É o que realiza a Terra arredor de sí mesma.

O tempo que tarda en dar unha volta completa dá lugar ao día, é dicir , 24 horas.

Este movemento de rotación terrestre orixina os días e as noites.

Mentres a Terra xira o Sol ilumina unha parte do planeta orixinando o día.

Na parte oposta do planeta que non queda iluminada polo Sol, e polo tanto permanece en oscuridade, é de noite.

Page 8: O sistema solar

MOVEMENTO DE TRANSLACIÓN

Ao mesmo tempo que xira sobre sí mesma, a Terra desplázase arredor do Sol formando unha órbita elíptica que orixina as estacións do ano.

Esto é posible porque o planeta inclínase no seu desplazamento polo que os raios solares inciden de xeito diferente nas distintas zonas da Terra.

O tempo que tarda en dar unha volta completa arredor do Sol é un ano, é dicir, 365 días.

PrimaveraComeza o 21 de

marzo.Remata o 21 de

xuño.

veránComeza o 21 de

xuño.Remata o 23 de

setembro.

outonoComeza o 23 de

setembro.Remata o 21 de

decembro.

invernoComeza o 21 de

decembro.Remata o 21 de

marzo.

Page 9: O sistema solar

Algúns planetas do Sistema Solar teñen un ou varios satélites, é dicir, corpos celestes que orbitan arredor doutro.

A Lúa é o satélite da Terra e tarda en dar unha volta completa 28 días. Durante ese tempo, se observamos o ceo, comprobaremos que parece que cambia de forma. Son

as chamadas fases lunares.

Estes cambios prodúcense de xeito cíclico, é dicir,

repítense cada 28 días.

As fases lunares son catro: lúa nova, cuarto crecente, lúa chea, cuarto minguante.

A

LÚA

Page 10: O sistema solar

Ademáis de estrelas, planetas e satélites podemos atopar no Sistema Solar outros corpos celestes:

Cometas: astros que xiran arredor do sol, non teñen luz propia e están formados por xeo e rochas

Asteroides: grandes rochas que en ocasións chegan á Terra

Estrelas fugaces: asteroides que se desintegran antes de chegar á Terra

Meteoritos: asteroides que chegan á superficie da Terra