O xénero 2º eso

2

Click here to load reader

description

Teoría para repasar o xénero nos susbstantivos

Transcript of O xénero 2º eso

Page 1: O xénero 2º eso

1

O xénero

O xénero é inherente ós substantivos, non está condicionado polas necesidades de concordancia dentro do enunciado e reflicte a seguinte oposición: xénero marcado (tamén chamado "feminino") e xénero non marcado (tamén chamado "masculino").

Feminino

Son substantivos femininos os rematados en

-axe: aldraxe, aprendizaxe, carraxe, ramaxe, agás paxe, traxe e garaxe.

-se: análise, trombose, cirrose, mímese, con excepción de envase, interese, pase, valse.

-ite: apendicite, bronquite, gastrite, (son de orixe grega); os masculinos son escasos e teñen distinta procedencia: convite, desquite, envite, satélite.

-(i)tude: altitude, aptitude, magnitude.

-ade: lealdade, vontade, bondade, señardade, claridade, liberdade.

Outros substantivos femininos:

A ábsida. A aguia. A análise. A apocalipse. A apócope. A apóstrofe. A árbore. A armazón. A arte. A augardente. A cal (canle). A calor. A canle. A carraxe. A color. A contraorde. A cor. A cute. A dolor. A dor. A eclipse. A fame. A fin (=final). A fraude. A friaxe. A orde. A orixe. A paisaxe. A paréntese. o/a personaxe. A pez. A ponte. A psicodrama. A pube. A reuma. A samba. A sentinela. A servidume. A síncope. A síndrome. A suborde. A suor. A viaxe. A xénese.

Masculino

Son substantivos masculinos os rematados en

-ote e -ete (na súa orixe diminutivos): capote, garrote, barrote, camarote, piquete, bigote; ou en -ate: chocolate, iate, tomate, etc

Tódolos deverbativos con sufixo en -e, alternante no masculino con -o: tisne, encaixe, ruxe -ruxe,...

-án ou -an, salvo "man": tulipán, volcán, afán, pan, ademán

-ame ou -ome: agás síndrome e fame

-ume: betume, cerume, costume, cume, estrume, fume, legume, lume, queixume, teitume, vagalume, volume (pero a servidume, a podredume...).

Page 2: O xénero 2º eso

2

Os nomes das letras, números, cabos, montes, ríos, océanos: o "a", o "be"

Outros substantivos masculinos:

O acedume. O azucre. O betume. O cablegrama. O cal. O cárcere. O contrasinal. O cordame. O costume. O couce. O cume. O cuspe. O dote. O fel. O fin (=finalidade). O fume. O labor. O legume. O leite. O lume. O mar. O masacre. O mel. O nariz. O pagode. O paradoxo, o/a personaxe. O pesadume. O plasma. O pudor. O queixume. O rapsodo. O riso. O rubor. O sal. O sangue. O sinal. O sorriso. O teitume. O til. O ubre. O vagalume. O xiz.