OBXECTOS DE APRENDIZAXE · 2020. 5. 11. · Science cuxo obxectivo é a accesibilidade das...

19
APRENDIZAXE OBXECTOS DE LIÑA 2 MATERIAIS DE FORMACIÓN PARA ESTUDANTES DE GRAO DA COMPETENCIA DIXITAL 1. Información e tratamento de datos: 1.2. Avaliación da información, datos e contidos dixitais: 2. Avaliación das fontes de información

Transcript of OBXECTOS DE APRENDIZAXE · 2020. 5. 11. · Science cuxo obxectivo é a accesibilidade das...

Page 1: OBXECTOS DE APRENDIZAXE · 2020. 5. 11. · Science cuxo obxectivo é a accesibilidade das investigacións científicas, polo que promove compartir os datos e os resultados de investigación

APRENDIZAXE OBXECTOS DE

LIÑA 2 MATERIAIS DE FORMACIÓN PARA ESTUDANTES

DE GRAO DA COMPETENCIA DIXITAL 1. Información e tratamento de datos: 1.2. Avaliación da información, datos e contidos dixitais:

2. Avaliación das fontes de información

Page 2: OBXECTOS DE APRENDIZAXE · 2020. 5. 11. · Science cuxo obxectivo é a accesibilidade das investigacións científicas, polo que promove compartir os datos e os resultados de investigación

Colección Obxectos de Aprendizaxe, 2019

MATERIAIS DE FORMACIÓN PARA ESTUDANTES DE GRAO

DA COMPETENCIA DIXITAL

1. Información e tratamento de datos: 1.2. Avaliación da información, datos e contidos dixitais:

2. Avaliación das fontes de información

REBIUN Liña 2 (3er. P.E.) Grupo de Competencia Dixital

Documento baixo licenza Creative Commons

Page 3: OBXECTOS DE APRENDIZAXE · 2020. 5. 11. · Science cuxo obxectivo é a accesibilidade das investigacións científicas, polo que promove compartir os datos e os resultados de investigación

Información e tratamento de datos. Avaliación de información, datos e contidos dixitais

AVALIACIÓN DAS FONTES DE INFORMACIÓN

Page 4: OBXECTOS DE APRENDIZAXE · 2020. 5. 11. · Science cuxo obxectivo é a accesibilidade das investigacións científicas, polo que promove compartir os datos e os resultados de investigación

OBXECTIVOS

Ao finalizar esta actividade tes que ser capaz de:

Ser capaz de valorar a información procedente de diferentes fontes de información (catálogos de bibliotecas, bases de datos, Internet). Comparar esa información con outras fontes non contrastadas. Aprender a ser crítico coa información.

Page 5: OBXECTOS DE APRENDIZAXE · 2020. 5. 11. · Science cuxo obxectivo é a accesibilidade das investigacións científicas, polo que promove compartir os datos e os resultados de investigación

SUMARIO

● Catálogos de Bibliotecas ● Bases de datos ● Internet

Page 6: OBXECTOS DE APRENDIZAXE · 2020. 5. 11. · Science cuxo obxectivo é a accesibilidade das investigacións científicas, polo que promove compartir os datos e os resultados de investigación

INTRODUCIÓN

As fontes máis fiables son as que nos aportan información de calidade, destacamos: ● Catálogos de bibliotecas ● Bases de datos científicas ● Repositorios institucionais ● Sitios web de contrastada solvencia ● Buscadores académicos como Google Scholar

Coñecer as súas principais características é o primeiro paso para avaliar a información.

Page 7: OBXECTOS DE APRENDIZAXE · 2020. 5. 11. · Science cuxo obxectivo é a accesibilidade das investigacións científicas, polo que promove compartir os datos e os resultados de investigación

CATÁLOGOS DE BIBLIOTECAS

Os catálogos recollen tanto a información que adquiriu a biblioteca como información de calidade dispoñible en Internet. É unha ferramenta moi útil para atopar libros, revistas, artigos, etc, entre outros a bibliografía recomendada polos teus profesores. Principais catálogos: Biblioteca da UDC, Bibliotecas Universitarias, Biblioteca Nacional de España, de Institucións de Investigación (CSIC), Biblioteca Pública de New York, etc.

Os catálogos de bibliotecas son recursos de información fiables, previamente os profesores e a biblioteca comprobaron a calidade da información que recollen.

Page 8: OBXECTOS DE APRENDIZAXE · 2020. 5. 11. · Science cuxo obxectivo é a accesibilidade das investigacións científicas, polo que promove compartir os datos e os resultados de investigación

BASES DE DATOS

As bases de datos permiten localizar información científica e en moitas ocasións acceder ao texto completo. Como criterios para seleccionar a máis adecuada ás túas necesidades está o seu idioma, ámbito temático, cronolóxico e xeográfico, así como o seu contido e se é unha base de datos referencial ou é a texto completo. Dende a web da biblioteca da UDC podes acceder tanto a un índice alfabético como a unha clasificación por materias das bases de datos subscritas, nas que se recollen os artigos máis relevantes da túa especialidade. Tamén existe un apartado de bases de datos accesibles gratuitamente por Internet.

As bases de datos conteñen información científica que pasou por unha serie de filtros de calidade como é a revisión por especialistas da súa área.

Page 9: OBXECTOS DE APRENDIZAXE · 2020. 5. 11. · Science cuxo obxectivo é a accesibilidade das investigacións científicas, polo que promove compartir os datos e os resultados de investigación

BASES DE DATOS

Aínda que a información que ofrecen as bases de datos é de calidade, a veces os resultados obtidos son tan numerosos, que convén utilizar a busca avanzada e os filtros para adecuala ás túas necesidades.

Consulta ao teu profesor para coñecer cal é a que máis se adecúa á túa necesidade de información. Contas tamén coa axuda dos bibliotecarios.

Page 10: OBXECTOS DE APRENDIZAXE · 2020. 5. 11. · Science cuxo obxectivo é a accesibilidade das investigacións científicas, polo que promove compartir os datos e os resultados de investigación

INTERNET

Internet é un conxunto de redes de ordenadores interconectados entre sí a nivel mundial para a comunicación de datos. A Web é a principal forma de usar Internet. Entre as súas características: ● Recolle unha gran cantidade de recursos de información moi útiles pola súa continua

actualización. ● Carece de organización polo seu rápido crecemento, o que provoca saturación de

información. ● A gran maioría da información existente en Internet non pasa por ningún sistema de

revisión o avaliación que garanta a súa calidade. ● Non toda a información é válida porque a súa fiabilidade e calidade non é a mesma.

Page 11: OBXECTOS DE APRENDIZAXE · 2020. 5. 11. · Science cuxo obxectivo é a accesibilidade das investigacións científicas, polo que promove compartir os datos e os resultados de investigación

OUTROS RECURSOS DE INFORMACIÓN EN INTERNET

Aproximadamente o 95% de toda a información que existe en Internet non está accesible a través dos buscadores, é a chamada Internet invisible ou profunda. Polo tanto non te podes limitar soamente aos resultados que obtés nos buscadores. Existe moita información de calidade recollida en sitios concretos como os repositorios, bibliotecas dixitais e outros recursos como os que recollen datos e lexislación.

En Internet existe moita máis información da que nos mostran os resultados dos buscadores.

Page 12: OBXECTOS DE APRENDIZAXE · 2020. 5. 11. · Science cuxo obxectivo é a accesibilidade das investigacións científicas, polo que promove compartir os datos e os resultados de investigación

OUTROS RECURSOS DE INFORMACIÓN EN INTERNET

Sí son fontes fiables de información as que nos proporcionan: ● Webs corporativas e institucionais: soen ofrecer información fiable e actualizada, como

Universidades, Ministerios, Institucións de investigación, etc.

● Bibliotecas dixitais: recollen recursos dixitais seleccionados e organizados temáticamente (Europeana, Hispana, Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes, DPLA etc.).

● Portais especializados como Dialnet, que recolle gran parte da produción científica en español, nos que podes buscar artigos, teses, actas de congresos… ou PubMed con información da área biomédica.

● Web social: como as entradas de Blogs, Twitter, Facebook, Youtube, Flickr, Instagram,etc. (Coa Web social tes que ser moi cauto/a e aplicar os criterios vistos na Avaliación dos sitios web, por exemplo autoría etc.

Page 13: OBXECTOS DE APRENDIZAXE · 2020. 5. 11. · Science cuxo obxectivo é a accesibilidade das investigacións científicas, polo que promove compartir os datos e os resultados de investigación

OUTROS RECURSOS: REPOSITORIOS

Os repositorios son depósitos abertos onde se almacenan, normalmente, os documentos elaborados polos profesores, investigadores e algúns traballos académicos. Entre outros: Arxiv, CiteSeerX, Europe PubMed Central, RePEc, etc. Para axudarche na busca dos máis adecuados contas con recolectores de repositorios como Recolecta, OpenDoar, etc.

Os repositorios conteñen información científica e académica de calidade e contrastada. RUC é o depósito dixital da Universidade da Coruña, contén máis de 15.000 documentos en aberto, derivados da produción científica ou académica da UDC (teses, artigos, informes, documentos de traballo...)

Page 14: OBXECTOS DE APRENDIZAXE · 2020. 5. 11. · Science cuxo obxectivo é a accesibilidade das investigacións científicas, polo que promove compartir os datos e os resultados de investigación

OUTROS RECURSOS: DATOS E CONTIDOS DIXITAIS

Moitos organismos e institucións xeran información e datos necesarios para os teus traballos como Eurostat, Eurolex, INE, etc. Podes consultar datos de investigación nos seguintes repositorios: Datasea, RE3DAta: Registry of Research Data Repositories, Digital Curation Centre, OAD Data Repositories, FAIRsharing, etc. Estes repositorios acóllense ao movemento Open Science cuxo obxectivo é a accesibilidade das investigacións científicas, polo que promove compartir os datos e os resultados de investigación para que se reutilicen libremente.

Os datos e contidos dixitais poden sernos moi útiles nos nosos traballos e investigacións, hai que buscar fontes fiables para recabalos.

Page 15: OBXECTOS DE APRENDIZAXE · 2020. 5. 11. · Science cuxo obxectivo é a accesibilidade das investigacións científicas, polo que promove compartir os datos e os resultados de investigación

GOOGLE SCHOLAR

Google Académico é un buscador enfocado e especializado na busca de contido e literatura científico-académica (teses, libros, resumos, estudos revisados por especialistas, etc.). Ofrece a posibilidade de consultar as referencias e fontes de cada texto. Existen outros buscadores que ofrecen información científica e académica como RefSeek, BASE, etc. Máis buscadores na web da biblioteca en: Buscadores académicos

Os buscadores de información científica como Google académico son fiables xa que ofrece información contrastada e de calidade.

Page 16: OBXECTOS DE APRENDIZAXE · 2020. 5. 11. · Science cuxo obxectivo é a accesibilidade das investigacións científicas, polo que promove compartir os datos e os resultados de investigación

RECURSOS DE INFORMACIÓN NA

BIBLIOTECA DA UDC Confía nos recursos e na información seleccionada e avaliada pola biblioteca. Consulta os Recursos de información dispoñibles na web da Biblioteca, tanto gratuítos como de pago: trátase dunha selección de recursos que orientaranche á hora de buscar a información que necesitas e axudaranche a estar ao día no teu campo do coñecemento.

Page 17: OBXECTOS DE APRENDIZAXE · 2020. 5. 11. · Science cuxo obxectivo é a accesibilidade das investigacións científicas, polo que promove compartir os datos e os resultados de investigación

Hai que avaliar os resultados das nosas buscas partindo das nosas necesidades de información, tanto se os localizamos nunha base de datos ou nun catálogo, como se proceden de Internet. Debemos utilizar diferentes criterios e non conformarnos cunha única fonte de información. Tampouco podemos limitarnos únicamente aos resultados dos buscadores, Internet ofrece moita máis información. Confía na información á que accedes dende a túa Biblioteca, pasou por unha selección previa.

CONCLUSIÓN

Page 18: OBXECTOS DE APRENDIZAXE · 2020. 5. 11. · Science cuxo obxectivo é a accesibilidade das investigacións científicas, polo que promove compartir os datos e os resultados de investigación

PARA SABER MÁIS...

❏ Criterios de avaliación de sitios web (Biblioteca CEU-CRAI)

❏ Cómo evaluar la información encontrada (Biblioteca de la Universidad de Alicante)

Page 19: OBXECTOS DE APRENDIZAXE · 2020. 5. 11. · Science cuxo obxectivo é a accesibilidade das investigacións científicas, polo que promove compartir os datos e os resultados de investigación