Odesafío dunpaísminguante - asociacion-irimia.orgasociacion-irimia.org/iri/IRIMIA_781_WEB.pdf ·...

16
R E V I S TA Q U I N C E N A L D E C R E N T E S G A L E G O S A terra vai dando froito por si mesma ANO XXIX • Nº 781 - Do 2 ao 15 de febreiro de 2009 O desafío dun país minguante

Transcript of Odesafío dunpaísminguante - asociacion-irimia.orgasociacion-irimia.org/iri/IRIMIA_781_WEB.pdf ·...

R E V I S T A Q U I N C E N A L D E C R E N T E S G A L E G O S

A ter ra va i dando f ro i to por s i mesma

ANO XXIX • Nº 781 - Do 2 ao 15 de febreiro de 2009

O desafíodun país minguante

Afoto que fala

Por algo seráOtrasnoDaniel López Muñoz

Foron felices... e comerán perdices?

despídense do presidente da mesa cun “austed le vaya bien, muchas grasias”. Édificilísimo que nunha desas democraciasbaixo vixilancia se coe un morto nunhadesas ringleiras.

Os galegos somos distintos, e supoño que asgalegas tamén. Inventamos o voto encarreta. Cando o de carretar vivos mediomortos polas aldeas se puxo difícil, houboque inventar o carrexo de mortos mediovivos na emigración. Sen urna. Sen colas.Sen grasias.

Houbo toda unha lexislatura para amañareste impresionante borrón na lexitimidadedemocrática galega. E non se fixo. Houbo oescándalo aquel da axente electoral doPSOE. E non se fixo. Descubriuse que coaevolución do censo o voto emigrante podecondicionar radicalmente o resultado final.E non se fixo. Por algo será.

Agora resulta que a Xunta ElectoralCentral –pouco máis pode facer nestaaltura- esixe que, como mínimo, se deposite,xunto co voto por correo, unha copia doDNI ou pasaporte español, algo que candomenos acredita unha certa intención demanter un vínculo coa nacionalidade deorixe, algo mínimo, en calquera caso aíndainsuficiente, inadmisible en Venezuela ouEcuador. E aínda con esas hai a quen lleparece mal.

Por algo será.

2

Poñamos por caso que os emigrantes daFonsagrada ou das Nogais “decidiron”,cousas do famoso libre albedrío, marcharena Barcelona ou Euskadi no canto de facelo aXenebra, Dormunt ou Caracas. Aínda éhoxe o día no que me pregunto, coma tantos,e non dou coa resposta, por que razón esesgalegos e galegas non poden votar nasautonómicas e os de Alemaña, Suíza eVenezuela, si.Quizais sexa esa ficción de queos emigrantes a Madrid ou Cataluña sonmenos emigrantes, e xa que logo merezanmenos consideración. Hai quen asegura queo absurdo é tan grande que se facilita o votoa xente que xa se sente culturalmentedesarraigada alén do mar, que votaríantotalmente de “oídas”, asesorados polosfamosos/as axentes electorais, (non todos,pero máis dun cento)... mentres se lledificulta o voto a outros que veñan cadasegunda fin de semana.

Non é menor outro asunto. Cando son aseleccións en países que teñen quedemostrar ante a ONU e a humanidadeenteira que son serios, limpos edemocráticos, como Venezuela, ouEcuador, observamos enormes colas deemigrantes americanos á porta das súasembaixadas e consulados no territorioespañol. Alí, como cidadáns dunhademocracia normal, acreditan a súaidentidade, son anotados na lista devotantes, depositan o voto en urna e

3

Editorial O país devalante

Rumores de esperanza

A crise demográfica galega é gravísima de seu pero, ademais, é síntoma de algo máis.

Os datos arrepían: xa é normal que os falecementos superen as defuncións, ano tras ano, e esa é atendencia futura; en dez anos as previsións son que Galicia perda arredor de 30.000 habitantes, apesar dos fluxos migratorios positivos; pero ademais, esa poboación galega, será moito máis vellano seu conxunto: nas provincias orientais unha terceira parte da poboación será maior de sesentae catro anos.

Eses datos teñen consecuenciasdirectas nos sistemas deprotección social (pensións eservizos sociais) que hai quepagar a través de cotizacións e

impostos sobre a “parte activa” da sociedade. Fará falla máis actividade, máis xente traballando(máis mulleres incorporadas ao mercado laboral, máis inmigrantes, e mesmo se fala dunha vidalaboral máis longa), pero debería ser nun mercado laboral distinto, que permita a conciliaciónentre producir e reproducirse e educar.

A cuestión demográfica, sendo unha cuestión crucial, é, porén, a grande ausente das axendaspolíticas. Hai “tics” e “tabús” na esquerda gobernante, por exemplo, na inaprazable abordaxe depolíticas de estímulo da natalidade, como se a preocupación por cambiar a tendencia dunhasociedade infértil fose unha volta ás cavernas do franquismo.As mulleres teñen menos fillosque os que quixeran ter, pero as condicións de traballo e as ridículas ou inexistentes medidas dediscriminación positiva para as parellas que queren procrear ten como resultado este círculovicioso ao que ninguén mete man en serio.

Hoxe, porén, os datos desa tremenda realidade e o cambio de mentalidade na xente, deberíanser un apoio para enfrontar o problema doutro xeito: a reprodución non é un asunto privado, ea responsabilidade e os custos de criar fillos non debe recaer só nas nais e pais que o intentan,porque o beneficio é colectivo. Quen opte libremente pola infertilidade debe apoiar a quen sedecide pola fertilidade. Beneficios fiscais, un sistema de pensións que compute o tempoinvestido na crianza, cambios que permitan unha verdadeira conciliación entre carreiraprofesional e coidado dos menores. Hoxe é xa inadmisible e suicida que a sociedade e omercado laboral siga castigando precisamente as mulleres que teñen fillos.

Xan Guillén

Os custos de criar fillos non deben recaer sónas nais e pais que o intentan

Hai veces que temos tan metido no noso cerebro que cambiar as cousas é imposible quexa o temos asumido. Cando falamos dun país do terceiro mundo xa o metemos no sacodos que teñen malnutrición, analfabetismo, corrupción... e que non sairán de aí nuncaporque as cousas son así.A UNESCO vén de publicar un informe sobre alfabetización no mundo e un dos paísesque figuraba sempre cunha altísima taxa de analfabetos era Bolivia. Pois en cousa detres anos abandona esa lista de países e pasa a ter unha cantidade de analfabetossemellante á dalgunhas provincias españolas.

Se cadra hai que pensar que é un milagre e sen dúbida diso se trata. Do milagre quesupón un goberno que decidiu investir nun ben básico para a poboación.Tres anos paratransformar un problema nunha solución. Descoñezo que tal o estará a facer EvoMorales no resto de temas do seu goberno pero dende logo neste está máis queaprobado. Coma todos os líderes políticos de América prometeu iso para chegarao poder, pero este cumpriuno.Lembro que hai meses os medios de comunicación estiveron dándonos a lata cunsconflitos territoriais en Bolivia dando a idea dun país caótico. Lembro que todossorrimos con cara de paSpáns vendo o xersei dese novo presidente indíxena. Porén,

desta noticia decatámonos ás furtadelas. Se cadra, que un país do terceiro mundo medretampouco é noticia.

4

Aos 60 anos erguemos aPOMBA de Picasso, iconauniversal. Encargada, enxaneiro do 49, coma símbolo doMovemento e Congreso da Paz,rematada a Segunda GuerraMundial. Unha ave que foicompañeira na súa estadía naCoruña. Non ten patas. O pai,profesor de debuxo,cortáballelas, para que oadolescente Pablo as pintase así.É o poder o que machuca a paze os pobos -con toda ignominia-coma o palestino, vítima dacobiza dos candidatos electoraisde Israel: os ministros Barak eLivni, que pelexan os votos,destruíndo e matando; e obelicoso Netanyahu que perdeuas anteriores polo fracaso daguerra do Líbano. Sete dos 8últimos mandatarios, foronacusados ou procesados porcorrupción. Todos esquivaron ocárcere. Occidente estrangula apaz, coa pasividade e interesesbastardos, o mesmo có supostopresidente da OLP, que crebou aunión do pobo, co servilismo aIsrael, despois de gañar Hamásas eleccións no 2006. Fatahtamén se ofuscou coas elecciónsdo 2009. En Gaza xa non haipombas, só falcóns e rapinas.

A INDIA e Paquistán abrenpontes comerciais, nun abismoque os separa 60 anos. Oscamións cruzaron ateigados deflores. Xa no aninovo do 2008, o“tren da amizade”, viaxou entreBengala e Bangladés (dePaquistán ata a independencia1971). Foi interrompido no 65,na guerra de Caxemira, partidaen dúas no 1947. Na parteindia, pro independente,desapareceron 10.000 persoas,dende o 89, por causa dapolicía. Están a investigarse máisde 1000 tumbas sen nome. O40% da India é pobre. 420millóns viven con 18 euros aomes, e 250, nin 12. O 80% dasmulleres son analfabetas, e 2000ao ano vítimas de infanticidiopolo dote. EEUU, que manipulaPaquistán, e o goberno indioproestadounidense, apoia aquí, oque recrimina no Irán, aconstrución de 20 reactoresnucleares para uso civil. Os EUAvenden algo prohibido, porque aIndia non asinou a nonproliferación nuclear. OSeminario de Educación para aPaz concedeu o Portapaz 2009 aAmnistía Internacional. Na foto,a secretaria Irene Khan, deBangladésh.

O xenocidio de GAZA, arexión máis poboada domundo, arrepía, e fixo estourarde rabia a todos. Un exterminiode 6 décadas e máis de 6guerras, denunciado dende haianos polos pacifistas, peroignorado polos totalitarismosencubertos que sementan omundo de morte, coma lemosnas obras de Moncho Iglesias,mestre en Belén, ‘Oda ás naisperennes con fillos caducosentre os brazos’, e do escritorMiguel Anxo Murado: ‘Fin deséculo en Palestina’, a súavivencia neste país en 1998-2003. Un masacre vergoñentopara o mundo. Israel está amatar a todos: centos depalestinos, cooperantes dasON¨G, a ONU... Millón emedio de palestinos cercadosnun inferno por un muro de 9metros de altura, nun paíscuarteado de vías para controldos ocupantes, que con armasprohibidas como as bombas defósforo, queren acalar osfoguetes palestinos contra obloqueo. Na foto, amanifestación do II Foro Socialde Porto Alegre (4-II-02).

O 19 de Xaneiro, bicentenariodo nacemento de Edgar AllanPOE (1809-1849),celebrouse en Baltimore, ondexace, co verso do poeta: “Dixoo corvo: Nunca máis”. O“Nevermore”, ’O Corvo’,traducido en Urco, editorialespecializada en cienciaficción. Un poemario queprincipiou a editorial hai agoraun ano, en Santiago,empurrando traducións e temaspouco frecuentes: fantasía,terror, ciencia ficción, así Máisalá das montañas da loucura(de H.P. Lovecraft), Osprimeiros homes na lúa (H.G.Wells). Unha editorial que estáa ofrecer os seus libros eninternet, para servizo das e doslectores, a través da rede,liberándose das entidadesrecadadoras de impostos, epropiciando a lectura, creacióne traducións, no blog. Así,poden ser lidas de balde, perotamén en edicións económicasnas librarías, renunciando atodo lucro. Edicións do Cumio,tamén publica no 2009 aBiblioteca de E.A. Poe.

A peneira

1

1 2 3 4

3

42

5

Xuventude, organizou as IXornadas de mocidade,“SEXUANDO”, en Vigo,na procura dunha sexualidadesa. Desenvolve o programa“Entendo”, de atenciónespecializada a persoashomosexuais e bisexuais, candovén de publicar unha enquisa,que manifesta a granmadureza á hora de usarmétodos profilácticos nasrelacións sexuais. Hai unhaaposta pola estabilidade daparella, a medida que medranen idade. 130.000 mulleresutilizan a pílula comaanticonceptivo, o de tipohormonal máis xeneralizado.Recoñecen a homosexualidadecon máis idade e nas cidades.Cando asistimos á estrea de ‘Omeu nome é Harvey Milk’,loitador dos dereitos daspersoas do mesmo sexo,primeiro concelleiro de SanFrancisco que se implicou nestaloita, asasinado no 78. O filmeé unha obra mestra, reforzadapola experiencia vital dodirector, Gus van Sant,belixerante pola mesmaliberdade. Na foto, oprotagonista Sean Penn,defensor da esquerdalatinoamericana.

Ata o 8, podemos gozar enCaixa Galicia, de Santiago, daarte caribeña antes de Colón, ataína de HAITÍ, Cuba, Xamaica,etc. Grazas ao traballo duncompañeiro de Colón, FreiRamón Pané, que despois deestudar o idioma daquelastribos, editou a súa cultura. Nafoto, a mellor do 2008, paraUNICEF, unha nenahaitiana, que sorprendeu ácreadora, Alice Smeers, polasúa ollada chea de coraxe, apesar das desfeitas detreboadas e furacáns, Gustav,Hanna e Ike, no país máispobre do hemisferio occidental,en agosto/setembro. No 2008,aínda foron máis arrepiantes osciclóns de Birmania, debido aque non funcionaron asalarmas, pola desidia dogoberno, que matou 130.000,e o de Sichuan-China, outros70.000. Uns desastres naturaisque destruíron 220.000persoas.

MIRASOLES CEGOSde Cuerda, quedou no camiñodos Óscar, rodada en Ourense,onde produce viño (Cubilledo-Leiro), e ten un fogar enBoborás... Nos 25 anos decreador, mostrou uncompromiso con Galiza, dendeas adaptacións de “O bosqueanimado” (1987) de FernándezFlórez, ou “A lingua dasbolboretas” de Manolo Rivas(1998), coma ela, con guión deRafael Azcona. O 1 vai seragasallada cos “Goya”. Un dosnominados é Martiño Rivas,“actor revelación”, na foto conRoger Princep e Irene Escolar.Foi a primeira financiada porSempreCinema, integrado polaXunta e Caixa Galicia. Asegunda é ‘Os mortos van ásprésas’, estreada o 17 enRibadeo. A nosa paisaxeparticipou na carreira deHollywood, no 1971, con Amiña querida señorita de Jaimede Armiñán, rodada en Tui,Baiona…, Os luns ao sol(2002) de Fernando León, ouMar adentro de Amenábar(2005).

Sen esquecer a irracionalidadeda Cidade da Cultura, a Xuntaconvocou o Congreso“LUGARES DEcreatividade paraCULTURA edesenvolvemento”, as iconasque marcan a relación cultura eterritorio… Contedores einfraestructuras que seconverten en símbolos. Na foto,a coordinadora, MargaritaLedo Andión, escritora, cineastae profesora de ComunicaciónAudiovisual, que o 7, entra naAcademia, para ocupar acadeira de Miguel A. Araúxo.É a quinta muller enincorporarse, tras XohanaTorres, Olga Gallego, RosarioÁlvarez e Luz Pozo. No XVIII,Compostela viviu a loita entrebarroco e neoclasicismoimposto pola Academia e o rei,que sufriu o arquitectoCaaveiro, o da igrexa de S.Fructuoso, a casa do Toural, aponte do Sar…, coma mostraEduardo Beiras, en: Lucas FerroCaaveiro e a cidade deSantiago. Os canteiros doObradoiro conviviron coracionalismo, nunha transiciónque engrandeceu a cidade.

5 6 7 8

5

6

7

8

Alfonso Blanco Torrado

6

Pedro Pedrouzo Devesa

As campañas electorais legalmente duran só quince días, pero na práctica sondous ou tres meses. Nese tempo os partidos políticos dirixen todas as súasforzas a promocionarse, a buscar sitio nos medios de comunicación: radios,televisións, xornais e actos públicos foron os métodos tradicionais que usaronos políticos para darse a coñecer entre os seus votantes.

Pero nisto apareceu Internet, rede de redes, lugar compartido por millóns depersoas. Como non podía ser doutra maneira, os partidos tamén buscan o seusitio na rede. Facebook, blogs, páxinas web, youtube, buscadores, e así ata oinfinito. Quen non está na rede non existe.

Os partidos e os políticos saben que Internet non lles dará votos, pero darallesalgo case tan importante para eles: a seguridade de seren coñecidos. Ospolíticos non deixan de ter certo parecido ás estrelas de cine, aos músicos ouaos periodistas. Saben que existirán mentres saian nos medios. Menosimportante é o que din dun. Sabedores de que a maioría dos que os coñecenson incondicionais (nun ou noutro sentido), buscan ampliar a súa rede decoñecidos, chegar onde aínda non puideron.

Internet é un acto de autoafirmación, unha necesidade humana de quennecesita estar seguro de que existe. Unha excusa perfecta para que falen deti. Satisface unha necesidade case ineludible do ser humano no século XXI:somos conscientes máis ca nunca dos moitos que somos vivindo enriba destepequeno planeta Terra. Cada persoa reclama o seu particular ferrado dixitalque lle dea acubillo. O político tenta que o ferrado se convirta en xeitosa leirae compite co resto en simpatía.

A simpatía é parte da vida política. Fixarnos no recente acto de investidura deObama descúbrenos que os sentimentos son vitais na carreira dun político.Poderiamos dicir que case importa menos o que sabe facer que o quetransmite. Dime qué transmites e direiche se terás ou non éxito na política. Poriso cando un quere destrozar a carreira dun político non busca a súa mellorou peor xestión, senón lugares que crean rexeitamento entre a poboación. Oamericano Bill Clinton ou a francesa Rachida Dati son casos de cales son ascousas que non perdoamos aos nosos políticos, e por desgraza teñen que vermáis coa moral ou ética persoal que coa forma que tiveron de xestionar assúas responsabilidades de goberno. Ese vicio social convírtese no lugarpreferido ao que acoden os adversarios sen escrúpulos.

En campaña electoral

7

Lines Salgado

OpiniónO pasado 20 de xaneiro Barack Obama prestouxuramento como presidente dos EUA. No seu discurso,interrompido en moitas ocasións polos aplausos demilleiros de espectadores, Obama dixo cousas como estas:

“Reunímonos hoxe aquí porque escollimos a esperanzapor riba do medo, a unidade de acción sobre o conflito ea discordia.

Seguimos sendo unha nación nova. Chegou o momento dereafirmar o noso espírito resistente; de continuar esa ideanoble pasada de xeración en xeración: todos somosiguais, todos somos libres, e todos merecemos unhaoportunidade para perseguir a medida completa dafelicidade.

Ao reafirmar a grandeza da nosa nación, entendemos queesa grandeza nunca é un don. Témola que gañar. Non éun camiño para os que se deixan vencer, para os queprefiren folgar a traballar, ou os que só procuran ospraceres das riquezas e a fama. É, máis ben, dos queasumen riscos, dos que actúan, dos que fan cousas, algúnsrecoñecidos e eloxiados, pero, sobre todo, dos homes emulleres na sombra que co seu traballo nos levan polocamiño longo e dificultoso cara a prosperidade e aliberdade.

Por nós fixeron as maletas co pouco que tiñan e cruzaronocéanos en busca dunha nova vida. Unha e outra vez,homes e mulleres loitaron e se sacrificaron e traballaron

ata que as súas mans se encheron de feridas para que nóspuidéramos ter unha vida mellor. Viron que América eramáis importante cá suma das ambicións individuais, máisgrande cás diferenzas de nacemento, de cartos ou deideoloxía.Hai quen se cuestiona se estes plans van poder realizarse,que o noso sistema non tolera cambios tan bruscos.Esqueceron o que este país é capaz de facer, o que homese mulleres poden acadar cando a imaxinación se xunta coobxectivo común, e a necesidade co valor”.Palabras cheas de forza que, porén, moitos, sobre todo enEuropa, acolleron con escepticismo. Non se confía xa nacapacidade de manobra dos estadistas, nin sequera naveracidade das súas intencións, nin na bondade dos seuspropósitos. E sen embargo, hai no entusiasmo case infantildos milleiros de americanos que abarrotaban a avenidado Capitolio algo moi envexable: a capacidade de crernas súas posibilidades, a convicción firme de que teñenmoito que dicir e moito que ofrecer á Historia e a crenzaabsoluta de que o labor individual ten consecuenciasdirectas no benestar común. Ás veces desprezamos oímpetu e as gañas de facer xuvenís acudindo ao realismoda experiencia. Como se a madurez, tamén dun país,consistise en “ir tirando” sen facerse grandes ilusións. Omáis espectacular do 20 de xaneiro foi observar en vivo een directo a ilusión contaxiosa dunha nación. Foi unverdadeiro “Canto a si mesmo”.

Un discurso electoral

8

Presentamos este artigo escrito por Juan A. Estrada,catedrático da Universidade de Granada, na que falasobre o debate aparecido estes días nos medios decomunicación polos anuncios de contido ateo quecirculan no transporte público dalgunhas cidades.

“Probablemente Deus non existe, deixa de preocuparte egoza da vida”. O anuncio irrompeu con forza, aínda quecon pouca orixinalidade, porque é unha mera copia dosingleses. Tamén nisto. Que inventen eles! Estamoshabituados á propaganda relixiosa e a contraria provocaagresividade. Crentes de todos os credos séntenseameazados, ademais de sorprendidos. Xa se anunciancontrarréplicas. Pero a reactividade é perigosa, ademaisde vindicativa. Pode cegarnos ás razóns do outro. Nunhapalabra, poden aprender as persoas relixiosas dos ateos?Ás veces a crítica á relixión pode contribuír a mellorala,como ocorreu cando a Ilustración criticou o cristianismoou coa doutrina dos dereitos humanos.

ActualidadeJuan A. Estrada

"Probablemente Deus non existe"

Desde a perspectiva cristiá, nin son todos os queestán nin están todos os que son

9

Un slogan contra o legalismo da relixión cristiáO slogan contrapón a existencia de Deus con gozar davida. É unha protesta contra a relixión que sufoca,contra un código relixioso baseado en mandatos,prohibicións e esixencia de sacrificios, contra o queacentúa a negatividade da vida. Por que incomoda oscristiáns, se o Evanxeo é unha boa nova? Xesús trouxounha mensaxe de esperanza; sandou, perdoou e aliviouo sufrimento; transmitiu ganas de vivir e de loitar;anunciou unha salvación aquí e agora, para a vida, a doreino de Deus. Ninguén acusaría a Xesús de obstaculizara felicidade humana. O problema é que non ocorreu omesmo coa relixión cristiá. O moralismo e aindoutrinación, a regulación xurídica do pecado e aproliferación de mandamentos e normas eclesiásticasfixeron odiosa a relixión para moita xente. Non todo ocristianismo se reduce a isto, pero este código impositivoforma parte da súa historia. E os ateos que protestancontra el, teñen máis razón que os que aceptan o códigorelixioso, aínda que asfixie a vida, porqueparadoxalmente é incompatible co Evanxeo.A respostaa este slogan non pode ser só outro contrario (“Deus siexiste, goza da vida en Cristo”), senón unhatransformación do cristianismo actual na teoría e napraxe.

Unha proposta para unha sociedade pluralHai que gozar da vida, exista Deus ou non. O problemaé que entendemos por gozala? Para moitos é unhamestura de benestar material, hedonismo e sexualidade,e pasalo ben. Para outros, isto non basta, é insuficiente e

hai que buscar algo máis. O que? Querer e ser querido,compartir e participar, contribuír á xustiza, á paz e áfelicidade dos outros.A confrontación radical non éentre ateos e cristiáns, senón entre os que poñen asmetas da súa vida na mestura de diñeiro e sexo quedomina as nosas sociedades, e os que, do modo quesexa, poñen o acento nas relacións persoais, e na xustizae fraternidade que derivan dela. Segundo o que seentenda por felicidade, así nos clasificamos. E isto nonequivale a ateos contra cristiáns, porque en ambos osgrupos hai xente cos dous códigos diferentes. E desde aperspectiva cristiá, nin son todos os que están nin estántodos os que son. O reino de Deus é máis que a Igrexa eos criterios para determinar quen é cristián non son asprácticas relixiosas, senón a actitude ante os que teñenfame, os enfermos, os que sofren, etc. (Mt 25,31-46).“Probablemente Deus non existe” é unha afirmaciónrespectuosa, sen fanatismo nin radicalidade. Expresa opunto de vista de moita xente, aínda que non sexa amaioría. Está aberta ao diálogo, porque o probable(para min) non é o certo e o seguro. Nunha sociedadeplural hai que evitar os maximalismos agresivos en favorda convivencia plural de credos e relixións, de persoascon visións diferentes. Na relixiosidade española haimoita intransixencia e fundamentalismo, tanto entre os

teístas como entre os ateos.Afirmar a propia posturaimplica agredir ao que pensa diferente, que é o inimigo.Probablemente poderíase engadir “Deus existe”, ealgúns engadirían que están convencidos diso.A crenzaen Deus é compatible con dúbidas, preguntas, eincertezas. O crente só pode testemuñar a súa fe, darrazóns do sentido da vida que atopou en Xesús. Desdeaí pode interpelar ao ateo, nada máis.Nunha sociedade poscristiá, a da morte de Deus, é boque rexurda o debate. O peor non é o ateísmohumanista, que protesta contra unha relixión opresora,senón a indiferenza aos valores humanos que pregoa oEvanxeo. Na historia do cristianismo, o gran inimigonon foi o ateísmo, senón a idolatría, é dicir, absolutizar odiñeiro, o prestixio e o poder, e facer deles o sentido davida. E iso non incumbe só aos ateos, senón que foron astentacións típicas da Igrexa, dos eclesiásticos e de todosos cristiáns. Contra isto tamén protestan os que afirmanque probablemente Deus non existe.

Hai que evitar os maximalismos agresivos en favorda convivencia plural de credos e relixións

10

Son impresionantes as expectativas que espertou en tantaxente a elección do xa presidente de EE. UU. BarackObama. Que terá de excepcional este home para sercapaz de influír tan positivamente, non só nos seuselectores senón incluso na maioría da poboaciónmundial? Entre as moitas razóns que se poden apuntarpara explicar este fenómeno, eu quédome con algo, queao meu entender, tivo moita importancia. Obama é unhapersoa de convencementos moi profundos, e digoconvencementos, excluíndo por completo calqueraasomo de fanatismo. Algo inusitado no mundo actual.Pero ademais de estar convencido de que estaba facendoo que debía facer, el cre no que transmite (a mensaxe) enas persoas ás que se dirixe (destinatarios). Respecta osoíntes, que tampouco é común nos nosos días. Quen dixoque a fe movía montañas non falaba por falar. O triunfode Obama no mundo enteiro -de algunha maneira- ponde manifesto a necesidade, cada día máis imperiosa, dealcanzar, nas comunicacións sociais, o máis profundo dosseres humanos, que é onde radica a verdadeira nobrezadas persoas. Obama non fixo ningún milagre – nin o vaifacer seguramente como presidente – se non o de sabercomunicar e facerse entender globalmente polaxuventude, por un lado, e polo outro dicirlles ás clasesmáis desfavorecidas e ás minorías étnicas marxinadas quecrean nel e en si mesmos, porque xuntos van conseguircambiar o seu país e, como consecuencia, algunhas cousasno resto do mundo. A sociedade non se amaña conreceitas nin programas e plans de desenvolvemento,senón unindo as persoas en tarefas comúns. Porque

loitando xuntos polo imposible é como se logra o posible.Pero cando ollei o saúdo que lle enviaba o Papa, feito dediplomacia formal, en aparencia, tiven coma Luther Kingun soño: Chegará, sen tardar, un día, cando a democraciapenetre na Igrexa, e aparecerá tamén un Obama concarisma que ilusionará coa verdade limpa á xuventude elles devolverá a esperanza aos pobres e ás mulleres.

Ola:

Gustaríame amosar o meu asombro sobre o artigo publicado na vosa revista a que sempreconsiderei seria e veraz.

O artigo publicado co título "A misteriosa reestruturación cultural de Bugallo", carece derigor ao estar baseada a información que se publica na rumoroloxía, abundante en demasíano citado artigo.

Como militante do BNG e non amiga persoal de Bugallo, a quen nin sequera lle outorgueia miña confianza por non concordar cos criterios de elaboración da lista electoral que noseu momento saíu aprobada (en segunda votación... e máis que habería que dicir), nonpodo deixar de amosar a miña disconformidade polo xeito de redactar dito artigo.

"... Di a prensa, que di Ánxela Bugallo... Contan os faladoiros... Parte da prensa relacionao cese cun informe... "corta a cabeza..." Expresións, desde o meu punto de vista, poucoserias para unha revista seria que pretende, entre outras cousas, informar. Por un momentopensei que estaba diante dun reality show. Grazas

Marisa González Seoane

Entre todosAntón M. Aneiros

Xuntos podemos

Carta

Onoso taboleiro

Recollemos a continuación un extracto do manifestolido no cemiterio de San Vicente de Noal (O Son) conmotivo do 5º aniversario do pasamento de Paco deAguiño. O acto, no que se deron cita moitos amigos eamigas, enmarcábase dentro da IV Semana CulturalFrancisco Lorenzo Mariño na que houbo xornadas dehistoria e etnografía, música, teatro e unha misa decabodano na Igrexa do Carme de Aguiño que oficiou oamigo e compañeiro Rubén Aramburu (máis informa-ción en aflmaguinho.blogspot.com).

Querido don Francisco, amigo Paco. É xa a quinta vez que nos xuntamos aquí algúnsamigos en nome de moitos outros para recordache que aínda te queremos. Xa sabemosque o sabes porque estás en cada un de nós, e vas e vés co vento mariñeiro e coas ondasdo Rebalo e da Catía, e dende enriba do campanario co escudo e bandeira de Galicia,observas o pobo que tanto quixeches e que tanto te quixo e te quere.

Ese campanario é símbolo de Aguiño, deseñado por ti con fachenda de ter nacido nunpobo mariñeiro e adoptado por outro que ten de ti o mellor do espírito e a valentía deloitar pola xustiza e a solidariedade. Escollemos o campanario para celebrar os 50 anosda Parroquia, as Vodas de Ouro da historia dunha comunidade unida fraternalmente, dasemente que ti espichaches no outubro do 59 e hoxe é un referente de tecido social, devila vangardista, de cidadanía activa, de economía puxante e veciñanza comprometida coPaís.

Estamos hoxe onde está o teu corpo, neste cimeterio batido polo mar da Costa da Morte,batido polo mar coma ti bautizaches a tantos irimegos naquela primeira Romaxe deAguiño do 79, e somos pedras vivas e fortes como Noro, Sagres, O Perico, afrontando astempestades e os temporais da inxustiza para preservar o teu legado e levar a túa palabraa cada confín da terra. Tamén este ano teremos Romaxe en Aguiño, nada menos que trin-ta e dous anos da festa que co teu impulso e de tantos outros naceu para unir Igrexa egaleguidade, e hoxe pervive nos nosos corazóns e nos de máis de 5000 galegos e galegas,estarán en Aguiño en setembro, e sabemos que ti tamén estarás con nós. (…)

En cada un de nós deixaches cravada unha espiña de fel, o latexar da memoria perpetuafai que nestes días andemos máis tristeiros, máis desacougados, pero firmes cara adiantedefendendo o teu traballo, cada edificio, entidade, acto, costume ou ensinanza que ti nosregalaches, con esperanza e ilusión no futuro, con loita contra proxectos vergoñentos quenos queren impoñer, coma esa depuradora que quere emporcar as pedras vivas deCouso e o tecido azul que a todas e todos nos da vida e alimento, e faremos alí aRomaxe, para que vexan que non desfalecemos na loita contra a barbarie e a destruciónda natureza e o nos medio de vida, o mar.

Axúdanos, mestre, a seguir adiante, a entender a un mar fermoso e traizoeiro, a non sercovardes nin comungar co poder dos cartos e da corrupción.Axúdanos a ser mellorespersoas, mellores galegos e mellores crentes, a ser irmáns e veciños na esperanza e naunión dun pobo que non ficará morto senon que seguirá facendo historia como a fixocontigo, e como a fai este ano no que cumprimos medio século de existencia parroquial.De seguro que as de estar á dereita do que está á dereita do Pai, con outros bos e xenero-sos, arranxando os males do mundo… Nós non te esquecemos, ti tampouco nos esque-zas. Grazas, Paco.

11

12

InternacionalMoisés Lozano Paz

SOS GAZA

Asistimos arrepiados polas noticias que a cotío noschegan desde Gaza. Alí existe un xenocidio,detalladamente planificado, que as autoridades doEstado de Israel están cometendo sobre os palestinos, aquen arrebata, a quen está desposuíndo ante os nososollos, non só a vida senón ata as súas mínimas expresiónsculturais. Ás imaxes dos corpos de nenos rebentadospolas explosións únense á contemplación de edificiosculturais bombardeados e destruídos, os feridos quemorren nos hospitais por falta de medicamentos, asinfraestruturas, que con tanto sacrificio foron levantadas,arrasadas, os homes e as mulleres berrando dedesesperación. Mentres a diplomacia fracasa e camiñamoi lentamente.

O conflito de GazaSegundo os analistas, o problema foi sempre que Israelnon quere que Gaza se desenvolva e que Israel non quereresolver o conflito diplomaticamente. Tanto os dirixentesque están en Damasco como os que están en Gazafixeron repetidas declaracións de que están desexandosolucionar o conflito segundo as fronteiras de xuño de1967. Os feitos están bastante claros.Cada ano a Asemblea Xeral de Nacións Unidas votaunha resolución chamada “Acordo Pacífico da CuestiónPalestina”. E cada ano o resultado da votación é omesmo: o mundo enteiro ao carón e Israel, EstadosUnidos, algunhas illas do Pacífico Sur e Australia aooutro. O ano pasado o resultado da votación foi 164fronte a 7. Cada ano desde 1989 (en 1989, o resultado davotación foi 150 fronte a 3) o mundo enteiro está deacordo e Estados Unidos, Israel e o Estado Illa deDominica están a outro”Que demostran os feitos? Desde hai vinte anos ou máisos feitos demostran que toda a comunidade internacionaltratou de solucionar o conflito segundo as fronteiras de

xuño de 1967 cunha resolución xusta da cuestión dosrefuxiados. O dereito internacional é moi claro. En xullode 2004 a máis alta instancia xudicial mundial, o TribunalInternacional de Xustiza, estipulou que Israel non tiñadereito ningún sobre Cisxordania e Gaza. Non tiñadereito ningún sobre Xerusalén. Segundo a máis altainstancia xudicial mundial, Xerusalén leste é territoriopalestino ocupado. O Tribunal Penal Internacionalestipulou que todos os asentamentos israelís, todos osasentamentos en Cisxordania, son ilegais segundo odereito internacional.Para analistas como Norman Finkelstein está claro o quedebe ocorrer no futuro. En primeiro lugar, EstadosUnidos e Israel teñen que unirse ao resto da comunidadeinternacional, teñen que acatar o dereito internacional.Non se debe trivializar o dereito internacional. Isto éunha cuestión moi grave. Se Israel non respecta o dereitointernacional, deberíaselle facer responsable diso,exactamente igual que a calquera outro estado domundo. Obama ten que ser franco co poboestadounidense.Ten que ser honesto en relación a cal é oprincipal obstáculo para resolver o conflito. O problemaestá na negativa de Israel, apoiado polo goberno deEstados Unidos, a acatar o dereito internacional, a acatara opinión da comunidade internacional.Con cada nova familia, de 10, 20 ou 30 persoas, que éenterrada baixo os cascallos dun edificio en Gaza, decae

13

a afirmación de que as forzas israelís esfórzanse pordiminuír as vítimas civís, aspecto que durante moitotempo foi unha peza central da imaxe de Israel comodemocracia ilustrada e moral.

A esperanza dun final de paz duradeiraComo afirman nun comunicado varias eminencias dodereito español: “Queremos efectuar, desde a nosalimitadas forzas pero con todo o poder moral que nosoutorga a nosa condición de seres humanos, unchamamento ás autoridades españolas e da UniónEuropea para que tomen medidas eficaces contra oEstado de Israel, chamando os embaixadores propios aconsulta, expulsando do territorio nacional os de Israel,conxelando os acordos de intercambio de todo tipo con

aquel Estado, e someténdoo a illamento en tanto nonobserve un cesamento do fogo e desenvolva as iniciativasnecesarias para acabar con este drama que dura xasesenta anos; e desde logo, que se requira a Israel paraque cumpra as resolucións de Nacións Unidas que tantosanos leva ignorando, e cuxa falta de observancia está naorixe do conflito”.

Todos os asentamentos israelís enCisxordania son ilegais

1414

EDITA: Asociación A. IRIMIA FEITO EN PAPEL RECICLADO

MESA DE REDACCIÓN: Daniel López Munoz, Luís Gómez Aldegunde, Pedro Pedrouzo Devesa, Rubén Rivas Vidal, Lidia CamposChan, Manolo G. Turnes, Lines Salgado Iglesias, José Antonio Martínez. Tlf. 986 10 49 45.

COLABORADORES: Xosé Chao Rego, Victorino Pérez Prieto, Xosé Antón Miguélez, Manolo Regal, Alfonso Blanco Torrado, Xosé LoisVilar, Marta Sopeña, Gumersindo Campaña, Tareixa Ledo, Moisés Lozano, Clodio González Pérez, Antón Martínez Aneiros, Sara PazQuiñones, Agustín Bueno, Manuel Pérez Blanco, Xabier Blanco, Bernardo García Cendán, Valentina Formoso Gosende, Celia Castro Ojea,Xerardo Castedo Valbuena, Engracia Vidal, Francisco Xabier Martínez Prieto, Fernando Veiga, Antonio Pinto Antón, Bea Cedrón Vilar,Mariano Guizán Sánchez, Carmen Soto, Rubén Aramburu.

CORRECCIÓN LINGÜÍSTICA: Lidia Campos Chan, Luís Aldegunde.

SUBSCRICIÓNS: Apdo. 980 - 15705 Santiago de Compostela. Telf.: 655 028 253

SUBSCRICIÓNS: ordinaria: 24 Euros. de Apoio: 36 Euros. Correo electrónico - [email protected]

CONTA: Caixa Galicia, CC/2091-0349-45-3040005822 - Urbana, nº 8 - Santiago / BBVA 0182-0267-15-0207905484

DEPÓSITO LEGAL: C-1417-81 TIRADA: 1.300 exemplares DESEÑO E MAQUETACIÓN: Ninfa, Riveiro, Martínez

IMPRIME: Artes Gráficas LITONOR S.A.L. DISTRIBÚE: IMPACTA

EDICIÓN ELECTRÓNICA: http://www.vieiros.com/canais/26/canal-irimia

FESTA DO LUMESábado, 7 de febreiro de 2009Pazo de Galegos

9:30 Acollida.

10:00 Asemblea xeral ordinaria da Asociación Irimia.1.- Lectura e aprobación, se procede, da acta da asemblea

anterior.2.- Renovación da xunta directiva.3.- Estado de contas e proposta para o 2008.4.- Informe das distintas actividades.5.- Rogos e preguntas.

12:00 Mesa redonda: Crise de sistema, crise de utopías.Alternativas.Falarán: Camilo Nogueira Román

Victorino Pérez Prieto

14:00 Xantar compartido.

16:00 Celebración da Candeloria.

18:00 Remate

R E V I S T A Q U I N C E N A L D E C R E N T E S G A L E G O S

A ter ra va i dando f ro i to por s i mesma

ANO XXIX • Nº 781 - Do 2 ao 15 de febreiro de 2009

O desafíodun país minguante

15

BoaNova

E ela lles servía…No texto de hoxe Marcos comeza desprazando a Xesús do espazo público da sinagoga(1,21-28) ao privado da casa. A narración parece presentar unha curación, pero enrealidade e máis que iso. Neste desprazamento Xesús leva consigo algúns discípulos.Para Marcos a casa é o espazo da comunidade, definida como alternativa aos espazosrelixiosos oficiais, é o lugar onde se vive a fe e desde onde se están a cambiar ás cousas.Dentro da casa unha muller está con febre e fálanlle dela, Xesús sen dicir nada, cunpequeno xesto axúdaa a erguerse.O texto remata dicindo que a muller lles servía. Para Marcos a primeira característica dodiscípulo/a é o servizo, por iso dicir servíalles non está a referirse a que a sogra dePedro puxo o xantar na mesa, senón que ela, ao sentirse sandada, fíxose discípula.Todo este contexto do servizo estase a relacionar directamente coa experiencia que Xesústen da súa propia misión. Camiño de Xerusalén Xesús vai ensinando aos seusdiscípulos/as cal é a autentica ética do reino, que non é outra que o servizo: invítalles apoñer a vida en dinámica de servizo (9,34-38), a situarse do lado dos febles (9,33-37),a cambiar provocativamente a escala de valores e a construír unha nova que poñaenriba aos que están abaixo, faga descender os que están enriba e así construír unhacomunidade de iguais, que é a comunidade do reino ( 10,35-45).Deste xeito a curación convértese en testemuña dunha muller crente que, liberada, vai vivirao xeito de Xesús.O texto remata amosando a actividade curativa e de mestre de Xesús polas aldeas e vilasde Galilea, mais aló do templo e mais acó do dos lugares puros da relixión.

Carme Soto

ACLA

VE

Mc 1, 29-39Domingo 8 de febreiro – 5º domingodo tempo ordinario

Despois de saír da sinagoga, foi á casa deSimón e mais de Andrés, con Santiago eXoán. A sogra de Simón estaba na cama confebre, e axiña lle falaron dela. E,achegándose, colleuna pola man e ergueuna;desapareceulle a febre e púxose a servilos.Chegada a tardiña, xa de sol posto, leváronlletodos os enfermos e endemoniados; a vilaenteira se amoreou na porta. E sandou amoitos enfermos de varias doenzas e botoumoitos demos. Pero aos demos non os deixabafalar, porque o coñecían ben.Erguéndose moi cedo, aínda de noite, saíupara un lugar arredado, onde se puxo a orar.Simón e mais os seus compañeiros fóronoseguindo, e cando o atoparon, dixéronlle:“Todos te andan a buscar”. El respondeu:“Vaiamos a outro sitio, ás aldeas veciñas,para predicarmos tamén alí, que para istovin”. E foi predicando polas sinagogas deGalilea, botando fóra os demos.

APA

LABRA

Quen non se atopou algunha vez con alguénque, despois dun longo percorrido vital desufrimento, esforzo e mesmo de privacións,acariñou o que el consideraba o obxectivo dasúa vida ao que non ía renunciar por nada domundo? Quen non escoitou que o podertransforma? Quen non escoitou historias dequen, loitadores polos máis altos valores,abandonáronos ou adiáronos cando un poucode éxito iluminou as súas vidas? Se xa tenmoito mérito quen avanza ante todos osproblemas, máis quen continúa o camiñoescapando de quen os adula.

José A. Martínez

OECO

16

Falando da lingua Nós e máis elesLidia e Valentina

Aínda conseguimos sorprendernos candomanexan cifras de mortos coma quen fala depatacas. O embaixador israelí en Españadefende os seus sostendo que as tropas daONU mataron en Serbia moitos máis ca elesen Gaza. Cun cinismo propio de monsieurVerdoux só se falta afirmar, coma este, que osnúmeros santifican: se matas uns poucos esun asasino; se matas a moitos un heroe.Seica a manifestación na que estivo estefachineiro en Santiago o outro día, e quedenunciaba o masacre, non era humanitaria,segundo o embaixador, xa que non houbooutras por Darfur, O Congo ou tantos e tantosconflitos que seguen sangrando. Ten razón en

Visións

que uns mortos nos resultan máis próximosca outros, pero a súa visión, se realmente creo que di, é dunha insensibilidade tal que cal-quera proposta de paz está destinada a per-correr o mesmo camiño cás que xurdiron nosúltimos 50 anos. Para que queira aparcar asimaxes ferintes e achegarse dunha formamáis indirecta a unha guerra -coma asoutras- repugnante, pode ver Lemon tree,unha película ambientada na fronteira entreIsrael e Palestina pero tamén entre a xustizae o asoballamento, entre a razón e o funda-mentalismo.

A.Q.

O Fachineiro do fundamentalismo

Xa hai tempo, unhas amigas agasalláronnos cun libriño que publicou oMinisterio de Traballo a través do Instituto da Muller:Hablamos de salud, dacolección “En femenino y en masculino”. Nel a autora fai un estudo do uso dalinguaxe no terreo da saúde. Ela considera que se fai un uso sexista e/ouandrocéntrico neste campo, cando o discurso científico, o sanitario e, máisconcretamente, o médico son discursos obxectivos onde non caben ideoloxías.Afirma que a desigualdade de oportunidades entre os sexos se reflicte nosdiscursos. Incluso vai máis alá, considera estes dous fenómenos como formasde violencia simbólicas. Para evitar isto propón unha serie de medidas. Porexemplo:- Utilizar denominacións como a presidenta, a directora, a médica, a

cardióloga, a psicóloga, a cirurxiá..., do mesmo xeito que se utiliza a formafeminina para falar da enfermeira e da secretaria, xa que sonlingüisticamente correctas.

- Utilizar xenéricos de xénero feminino, por exemplo, a xente, as persoas..., ouen lugar de os usuarios, as persoas usuarias; en lugar de os enfermos, aspersoas enfermas...

- Evitar o uso do xénero masculino nos artigos ou demostrativos que precedenó relativo “que” (ex.: o que o solicite..., aqueles que leven máis de tres mesesesperando...) coa idea de incluír tamén o feminino e recorrer ó pronome“quen”, que non posúe marca de xénero (quen o solicite...; quen leve máisde tres meses...)

- Duplicar os artigos, en masculino e feminino: os e as pacientes, os médicos eas médicas...

- Utilizar barras (o/a) en formularios, solicitudes, impresos..., pero non noutrosdocumentos porque dificultan a lectura.

Estes son exemplos do libro arriba citado, pero aplicables a calquera outraprofesión: o/a profesor/as; a sala do profesorado...É certo que o que non se nomea non existe, así que para incluír sempre amuller no discurso, podemos recorrer a este tipo de medidas que sonlingüisticamente correctas e evitamos así o uso da arroba, que, xa o falamosnunha ocasión, non é unha letra.Ata máis ver a todos e a todas!

Na sanidade, emprega xenéricos!