Opening do CMUS LUGO

2
O interese de Philip Glass por diferentes estilos musicais dende o pop ata as bandas sonoras o levan a colaborar con diferentes artistas como Paul Simon, Mike Oldfield, Linda Ronstadt, Yo-Yo Ma, Doris Lessing e Robert Wilson, ademáis de crear a súa grupo, o Philip Glass Ensemble. Iannis Xenakis Braila (Rumanía) 1922 – París 2001 Compositor e arquitecto de orixe grego aínda que nacionalizado francés, é considerado o creador da chamada música estocástica baseada na aplicación de teorías matemáticas na composición musical. A vida de Xenakis non foi nada doada, algo que marcou a súa carreira como compositor. Ós 10 anos trasladouse coa súa familia a Grecia, onde máis tarde comenzou estudos de enxeñería en Atenas, os cales foron interrumpidos pola ocupación nazi do seu país. Participou na resistencia grega durante a Segunda Guerra Mundial e na primeira fase da Guerra Civil Grega como membro do Exército de Liberación do Pobo Grego, sendo ferido de gravidade coa pérdida dun ollo e desfiguración de parte do seu rostro en 1945. Un ano máis tarde finalizou os seus estudos de enxeñería, pero viuse obrigado a exisliarse en París debido á persecución da que foi víctima debido ó seu activismo político, e alí comenzou a traballar no estudio do famoso arquitecto Le Corbusier (entre outros edificios deseñou o Pabellón Philips de la Exposición Internacional de Bruselas de 1958) á vez cos estudos de composición con Arthur Honegger, Darius Milhaud e Olivier Messiaen. A obra de Xenakis alonxouse das tendencias predominantes na vangarda da súa época, dominadas polo serialismo, post-serialismo ou a música aleatoria de John Cage, e propuxo unha modalidade compositiva na que as densidades, texturas e os comportamentos individuais dos eventos estaban determinados por procesos formais baseados en leis estadísticas e probabilísticas. Pioneiro do uso da computadora na composición musical algorítmica, Xenakis tamén utilizou outros procedementos matemáticos na composición das súas obras como a teoría dos xogos, a álxebra booleana ou a cadea de Markov. A Música tradicional da India, Xapón e África, tamén están presentes na súa música a través dun proceso de abstracción. En 1997 obtivo o Premio Kyoto que concede a Fundación Inamori de Kyoto. Ben Hackbarth Phoenix (Arizona) 1982 A música de Ben Hackbarth está enfocada á combinación entre os timbres, os xestos e as propiedades acústicas dos instrumentos occidentais cós sons electrónicos en formas novas e inesperadas. A través da investigación da identidade, da tradición, da técnica e do virtuosismo instrumental introducido no son electrónico, busca captar e ampliar a nosa comprensión semántica dos instrumentos, resaltando a percepción dos límites e limitacións para crear fricción e forma. Realizou os seus estudios superiores de composición na Eastman School of Music onde estudou con Allan Schindler, Morris Bob, Martin Bresnick, Steven Stucky e Christopher Rouse, optando na actualidade ó título de doutor en composición na Universidade de California (San Diego) onde estuda con Roger Reynolds. Outros dos seus mestres foron Philippe Manoury, Puckett Miller e Chaya Czernowin. As súas obras foron interpretadas por grupos como Arditti String Quartet, Ensemble InterContemporain, Ensemble SurPlus, Collage New Music Ensemble, Kenners ou Wet Ink Ensemble, en festivais como Cité de la Musique, Akademie Schloss Solitude, SEAMUS festival, SIGGRAPH , Florida Electro-acoustic Music Festival , Santa Fe Chamber Music Festival , E-Werk Pelt Gallery, Festival of New American Music, San Diego Museum of Art, Ingenuity Festival, Los Angeles Municipal Art Gallery e Roulette Concert Space. Ben tamén é compositor e investigador no Center for Research and Computing in the Arts da Universidade de California, onde ten colaborado con outros artistas para crear instalacións multimedia en tempo real con gráficos, son, visión computacional e captación de movemento.Actualmente vive en París onde é compositor en residencia no IRCAM. OPENING ESPECTÁCULO DE DANZA, PERCUSIÓN, POESÍA E VÍDEO-CREACIÓNS Xoves 7 de febreiro de 2013 20:30h AUDITORIO DO CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE LUGO

description

Opening, cdan lugo

Transcript of Opening do CMUS LUGO

Page 1: Opening do CMUS LUGO

O interese de Philip Glass por diferentes estilos musicais dende o pop ata as bandas sonoras o levan a colaborar con diferentes artistas como Paul Simon, Mike Oldfield, Linda Ronstadt, Yo-Yo Ma, Doris Lessing e Robert Wilson, ademáis de crear a súa grupo, o Philip Glass Ensemble. Iannis Xenakis Braila (Rumanía) 1922 – París 2001 Compositor e arquitecto de orixe grego aínda que nacionalizado francés, é considerado o creador da chamada música estocástica baseada na aplicación de teorías matemáticas na composición musical. A vida de Xenakis non foi nada doada, algo que marcou a súa carreira como compositor. Ós 10 anos trasladouse coa súa familia a Grecia, onde máis tarde comenzou estudos de enxeñería en Atenas, os cales foron interrumpidos pola ocupación nazi do seu país. Participou na resistencia grega durante a Segunda Guerra Mundial e na primeira fase da Guerra Civil Grega como membro do Exército de Liberación do Pobo Grego, sendo ferido de gravidade coa pérdida dun ollo e desfiguración de parte do seu rostro en 1945. Un ano máis tarde finalizou os seus estudos de enxeñería, pero viuse obrigado a exisliarse en París debido á persecución da que foi víctima debido ó seu activismo político, e alí comenzou a traballar no estudio do famoso arquitecto Le Corbusier (entre outros edificios deseñou o Pabellón Philips de la Exposición Internacional de Bruselas de 1958) á vez cos estudos de composición con Arthur Honegger, Darius Milhaud e Olivier Messiaen. A obra de Xenakis alonxouse das tendencias predominantes na vangarda da súa época, dominadas polo serialismo, post-serialismo ou a música aleatoria de John Cage, e propuxo unha modalidade compositiva na que as densidades, texturas e os comportamentos individuais dos eventos estaban determinados por procesos formais baseados en leis estadísticas e probabilísticas. Pioneiro do uso da computadora na composición musical algorítmica, Xenakis tamén utilizou outros procedementos matemáticos na composición das súas obras como a teoría dos xogos, a álxebra booleana ou a cadea de Markov. A Música tradicional da India, Xapón e África, tamén están presentes na súa música a través dun proceso de abstracción. En 1997 obtivo o Premio Kyoto que concede a Fundación Inamori de Kyoto. Ben Hackbarth Phoenix (Arizona) 1982 A música de Ben Hackbarth está enfocada á combinación entre os timbres, os xestos e as propiedades acústicas dos instrumentos occidentais cós sons electrónicos en formas novas e inesperadas. A través da investigación da identidade, da tradición, da técnica e do virtuosismo instrumental introducido no son electrónico, busca captar e ampliar a nosa comprensión semántica dos instrumentos, resaltando a percepción dos límites e limitacións para crear fricción e forma. Realizou os seus estudios superiores de composición na Eastman School of Music onde estudou con Allan Schindler, Morris Bob, Martin Bresnick, Steven Stucky e Christopher Rouse, optando na actualidade ó título de doutor en composición na Universidade de California (San Diego) onde estuda con Roger Reynolds. Outros dos seus mestres foron Philippe Manoury, Puckett Miller e Chaya Czernowin. As súas obras foron interpretadas por grupos como Arditti String Quartet, Ensemble InterContemporain, Ensemble SurPlus, Collage New Music Ensemble, Kenners ou Wet Ink Ensemble, en festivais como Cité de la Musique, Akademie Schloss Solitude, SEAMUS festival, SIGGRAPH , Florida Electro-acoustic Music Festival , Santa Fe Chamber Music Festival , E-Werk Pelt Gallery, Festival of New American Music, San Diego Museum of Art, Ingenuity Festival, Los Angeles Municipal Art Gallery e Roulette Concert Space. Ben tamén é compositor e investigador no Center for Research and Computing in the Arts da Universidade de California, onde ten colaborado con outros artistas para crear instalacións multimedia en tempo real con gráficos, son, visión computacional e captación de movemento.Actualmente vive en París onde é compositor en residencia no IRCAM.

OPENING ESPECTÁCULO DE DANZA, PERCUSIÓN, POESÍA E

VÍDEO-CREACIÓNS

Xoves 7 de febreiro de 2013 20:30h

AUDITORIO DO CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE LUGO

Page 2: Opening do CMUS LUGO

PROGRAMA:

‐ Philip Glass Opening (Glassworks) (1982) marimba (orixinal para piano) ‐ Iannis Xenakis Rebonds (A e B) (1987-89) multi–percusión ‐ Ben Hackbarth Open End (2007) vibráfono e electrónica ‐ Iannis Xenakis Psappha (1975) multi–percusión

Grupo de Danza Contemporánea do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo

Opening: Carla Fernández, Irma López, Nerea Martínez, Belén Otero, María Pichín, Sofía Saavedra, Nerea Sangiao e Ariadna Vázquez

Rebonds: Eva López, Uxía Pérez, Icía Rey, Iria Rivas e Marina Rojas Open End: Esther Latorre e Tamara Río Psappha: Clara Ceide, Lucía Díaz, Lidia González, Paloma Lugilde, Marina Maciñeiras, Paula

Montoya, María Pérez e Violeta María Quiroga

Alba Felpete (Open End), Ana Belén Ferreiro (Psappha), Raquel González (Opening e Rebonds A) e Reyes González (Rebonds B) coreografías Diego Ventoso percusión Alba Felpete poesías Raquel González (Opening) e Fundación TIC vídeo-creacións Paloma Lugilde voz Ángel Villar e alumnos do IES As Mercedes iluminación Opening é unha viaxe ó mundo interior da muller a través da natureza e do son. Baseándonos nesa percepción e formulando unha metáfora entre elementos da natureza como a auga, o aire, o lume e a terra e as diferentes fases da vida polas que pasamos as personas, preséntamos este traballo multimedia de música, danza, poesía e imaxe. A Auga é a emoción, o nacemento…. O Aire é a liberdade verdadeira… O Lume é a identidade, a paixón, o eu… A Terra é a construcción, a solidez… AS OBRAS Opening (Glassworks) Opening é o primeiro movemento dos seis dos que consta a obra Glassworks escrita para unha formación camerística variada. En palabras do propio compositor “Con Glassworks tiven a intención de presentar a miña música a unha audencia máis ampla da que estaba familiarizada con ela ata ese momento”. Opening é unha peza moi sinxela a nivel rítmico e armónico que consta de 3 progresións armónicas diferentes que se repiten varias veces. Poderíase dicir que se trata da vertente máis comercial da música de Glass. Orixinalmente foi escrita para piano, pero neste concerto escoitaremos una versión para marimba. Rebonds Solo de percusión dividido en dúas partes (A e B), é unha das poucas obras de Xenakis cun título fácil de comprender e que reflicte a intención sonora que debe crear o intérprete: ictus rítmicos nos que as figuracións de notas semellen ser rebotes dun impulso inicial. A instrumentación da parte A é para instrumentos de parche exclusivamente, mentres que a parte B conta tamén con instrumentos de madeira (wood-blocks). A idea compositiva das dúas partes é claramente diferente. Na parte A a música desenvólvese dunha maneira horizontal cun proceso de constante densificación que se interrompe bruscamente ao final do

movemento, como o curso dun río dende o seu nacemento ata a desembocadura no mar, mentres a parte B parte dun concepto máis vertical e ritmicamente constante, cunha estructura que se divide en tres seccións marcadas polos cambios de timbre entre os instrumentos de parche e os de madeira: na primeira e na segunda os parches e as madeiras semellan auga e aceite ata que converxen na terceira e derradeira. A traxectoria da música é como a de dúas forzas aparentemente opostas que progresivamente conseguen sintetizarse a través do esforzo por parte do percusionista. Xenakis utilizou os conceptos matemáticos da Sección Áurea na composición dos dous movementos. Open End “Esta é unha peza que forma parte dunha serie que escribín nas que abordaba relacións íntimas entre o son electrónico e acústico. Relacións que, espero, evoquen o noso coñecemento e experiencia do instrumento, levando a súa identidade acústica ó primeiro plano mediante a captación de paletas moderadas de son e xestos. Moitos dos xestos electrónicos se desdobran gradualmente para gañar a confianza do oínte, de forma que poida existir, aínda que só sexa temporalmente, a crenza de que os sons procedentes dos altofalantes están profundamente endebedados coa mecánica do instrumento que os xera. Open End necesita o uso de altofalantes, un dos cales debe estar situado baixo o vibráfono para crear patróns explícitos de ritmos entre os sinais acústicos e os electrónicos. Estos ritmos gradualmente impregnan outros aspectos da experiencia do son como os de tipo xestual, tímbrico e espacial.” B.H. Psappha "Psappha" é unha forma arcaica de "Sappho", nome dunha poetisa grega da Illa de Lesbos nacida no 600 do A.C. O seu estilo era sensual e melódico, e foi un dos primeiros poetas en escribir en primeira persoa describindo o amor e a súa perda como se lle afectase persoalmente. O obxetivo dos seus afectos eran maiormente femininos, sendo hoxe o seu nome e o da illa de onde era natural palabras relacionadas có lesbianismo. Esta emoción e sentimentalismo non parece manifestarse na composición de Xenakis. Escrita para seis grupos de instrumentos diferenciados polos seus materiais (madeira, pel e metal), Psappha é unha peza brusca, crispada e mesmo violenta ás veces, tendo un carácter intensamente masculino e semellando estar case en contradición co seu título. Sen embargo, a inspiración aquí non se manifesta como estética, senón como estrutura. As estructuras rítmicas da obra están inspiradas nas pequenas células rítmicas características da poesía de Sappho. Estes ritmos invaden todo o traballo e fan aparicións locais e a grande escala. Tamén se sirve da Serie de Fibonacci e Sección Áurea na composición da peza. A elección concreta dos instrumentos é a gusto do intérprete. Sobre esto Xenakis escribe: "o timbre serve só para aclarar as estruturas rítmicas, suxerindo que as "palabras" do poema son só unha cor secundaria para as estruturas que os conteñen”. OS COMPOSITORES Philip Glass Baltimore (Maryland), 1937 Compositor norteamericano pertencente o movemento minimalista. Estudou frauta no The Peabody Conservatory en Baltimore, piano con Nadia Boulanger no Conservatorio Americano de Fontainebleau en París e composición con Darius Milhaud, William Bergsma e Vincent Persichetti na Juilliard School of Music de New York. Durante a súa estancia en Francia descubríu o serialismo de Boulez, pero foi a súa estreita colaboración con Ravi Shankar e a súa percepción do ritmo aditivo na música india, o que o levou a adquirir un estilo persoal baseado neste tipo de ritmos aditivos repetitivos austeros, aínda que pouco a pouco decantouse por un estilo máis comercial con abundancia de clichés tonais.