Os mozos aprendendo dos maiores

1
OS MOZOS APRENDENDO DOS MAIORES O día seis de marzo, os “Argalleiros e argalleiras das letras” do IES Castro da Uz, fixemos unha visita ao Centro da Terceira Idade da nosa vila. O noso obxectivo era entretelos, facerlles pasar un bo rato e vivir unha nova experiencia. Para realizar a actividade, levamos uns libros para falarlles das árbores celtas e para que nos contaran historias que coñecían eles sobre este tema. Tiñan moito que dicir.. incluso nos botaron algúns cantes : “Amoriños collín na beiriña do mar”... e Catalina contounos a historia da burra Catalina e recitounos unha copla que comeza “Que te quero ben o sabes”. Cada un dos velliños tiña un poema ou unha copla que nós tíñamos preparada, cando eles nos dicían a fecha do seu aniversario. Suso, que cumpría o 6 de marzo tiña esta: “ Eu enamorar, enamorar, enamoreime enamoreime na beira do mar. Eu namorar, enamorar, enamoreime e non me puden desenamorar” E a Nicolasa, que cumpría o 14 de febreiro, lémoslle a súa. “ A raia do sol meniña, na túa cama vai dar. Que moito, pois que teu eu busque, cando ata o sol te vai buscar!” Ao principio mostráronse pouco participativos, ata que foron collendo confianza con nós. A actividade era algo novo para eles e tamén para nós. Pero, ao pouco, faláronnos das árbores e dos animais, das súas vidas coa nosa idade... Axudáronnos a ver como eran os tempos de antes, a dureza da guerra, a diferenza entre a súa infancia e a nosa. Manuela díxonos: “ Nós saiamos dunha guerra e non había nada de nada. A necesidade facíanos facer”. E contounos como retorcían as silvas e lle sacaban o de dentro (o mono) para facer cordóns e poder atar as cousas. Suso falounos de cómo ía polas noites xunto do cura, que ía a Espiñaredo, para que lle ensinara a ler e a escribir, porque daquela traballaba todo o día e non podía ir á escola aprender. Isto con 14 anos, explicaba. Contounos o dura que fora a súa infancia, como aos cinco anos tivera que apagar un lume valéndose dunha xesta mollada en auga, e moitas outras historias. Tivemos a sorte de presenciar unha conversa entre dúas señoras. Cada unha defendía como ela traballaba o liño de nova, e os usos que se lle daba a este. Logo dunha hora despedímonos e agradecémoslle o tempo que pasamos xuntos e as historias que nos contaron. Patricia, Sandra, Carmen P., Carmen Y., Lía, Mireya, Brais e Carlos, argalleiros e argalleiras de 1ºBAC

Transcript of Os mozos aprendendo dos maiores

Page 1: Os mozos aprendendo dos maiores

OS MOZOS APRENDENDO DOS MAIORES

O día seis de marzo, os “Argalleiros e argalleiras das letras” do IES Castro da Uz, fixemos unha visita ao Centro da Terceira Idade da nosa vila. O noso obxectivo era entretelos, facerlles pasar un bo rato e vivir unha nova experiencia. Para realizar a actividade, levamos uns libros para falarlles das árbores celtas e para que nos contaran historias que coñecían eles sobre este tema. Tiñan moito que dicir.. incluso nos botaron algúns cantes : “Amoriños collín na beiriña do mar”... e Catalina contounos a historia da burra Catalina e recitounos unha copla que comeza “Que te quero ben o sabes”. Cada un dos velliños tiña un poema ou unha copla que nós tíñamos preparada, cando eles nos dicían a fecha do seu aniversario. Suso, que cumpría o 6 de marzo tiña esta:

“ Eu enamorar, enamorar, enamoreime enamoreime na beira do mar.

Eu namorar, enamorar, enamoreime e non me puden desenamorar”

E a Nicolasa, que cumpría o 14 de febreiro, lémoslle a súa. “ A raia do sol meniña, na túa cama vai dar.

Que moito, pois que teu eu busque, cando ata o sol te vai buscar!”

Ao principio mostráronse pouco participativos, ata que foron collendo confianza con nós. A actividade era algo novo para eles e tamén para nós. Pero, ao pouco, faláronnos das árbores e dos animais, das súas vidas coa nosa idade... Axudáronnos a ver como eran os tempos de antes, a dureza da guerra, a diferenza entre a súa infancia e a nosa. Manuela díxonos: “ Nós saiamos dunha guerra e non había nada de nada. A necesidade facíanos facer”. E contounos como retorcían as silvas e lle sacaban o de dentro (o mono) para facer cordóns e poder atar as cousas. Suso falounos de cómo ía polas noites xunto do cura, que ía a Espiñaredo, para que lle ensinara a ler e a escribir, porque daquela traballaba todo o día e non podía ir á escola aprender. Isto con 14 anos, explicaba. Contounos o dura que fora a súa infancia, como aos cinco anos tivera que apagar un lume valéndose dunha xesta mollada en auga, e moitas outras historias. Tivemos a sorte de presenciar unha conversa entre dúas señoras. Cada unha defendía como ela traballaba o liño de nova, e os usos que se lle daba a este.

Logo dunha hora despedímonos e agradecémoslle o tempo que pasamos xuntos e as historias que nos contaron. Patricia, Sandra, Carmen P., Carmen Y., Lía, Mireya, Brais e Carlos, argalleiros e argalleiras de 1ºBAC