Os primeiros pasos do Rock na Coruña e na comarca · 2018-08-03 · Coruña e á súa comarca, o...

12
Os primeiros pasos do Rock na Coruña e na comarca Breve introdución cronolóxica ALICIA LONGUEIRA MORIS A chegada do rock a Galicia, e á cidade da Coruña e a súa comarca en particular, prodúcese arredor dos anos 50 e 60, aínda que non será ata os 70 cando realmente comecen a darse a coñecer grupos locais que experimentan con esta nova forma de expresión artística. Isto acontece cando aparecen as primeiras referencias ás bandas ou artistas ingleses e norteamericanos que xa viñan marcando tendencia co rock and roll desde os anos 40 nos seus respectivos países. Falamos de Elvis Presley, Chuck Berry, Jerry Lee Lewis, Bill Haley & His Comets ou Little Richard, pois son algunhas das figuras máis relevantes e que máis sonaban naquel momento. O rock and roll chegou a España a finais dos anos 50 e foise consolidando pouco a pouco a través de diferentes vías tales como a publicación de discos orixinais, os medios que falaban da nova moda americana e tamén grazas á influencia cultural francesa e italiana. Tampouco pode obviarse unha certa influencia exercida polas bases militares estadounidenses na península que favorecían o intercambio musical nas áreas de contacto. As primeiras manifestacións que teñen lugar en España e en Galicia versionaban ou imitaban os estilos dos grupos foráneos, mais non tiñan no seu inicio un perfil creador definido. En xeral estas agrupacións formáronse a partir de grupos folk e, en grande medida, das orquestas, xa que estas eran as que tiñan os instrumentos e os medios que permitían aos músicos poñer a súa creatividade en marcha. Hai que pensar que nos anos 60, e aínda ben chegados os 80, dispoñer de instrumentación axeitada supoñía unha considerable inversión que só os máis privilexiados podían levar a cabo. Os amplificadores e outros complementos de son proviñan de equipos de casas como Semprini, Sinmarc ou da fábrica Talmus, en Valencia. Os concertos destes anos tiñan lugar en salas de festas como a do Seijal ou, xa na Coruña, na Galera, o Petit Lar ou na Guaraní. A súa esencia estaba máis próxima ao guateque yeyé e as voces que soaban eran as de grupos como os Samars, Los Sombras ou Los Capris, por citar algúns exemplos. En todo caso, a década dos 60 está marcada, sen dúbida, pola existencia do grupo pop Los Tamara e, xa máis próximos ao rock, o grupo Generación 49 del Ballet Gallego, que facían versións de grupos españois e estranxeiros e música instrumental, respectivamente. Aínda así, o rock non foi un produto de masas nestes anos, pois non había unha proxección especial a través dos medios de comunicación como a radio ou a televisión. Foron Ángel Álvarez, locutor de radio, e Isidoro Álvarez, presidente de El Corte Inglés, ambos os dous en colaboración, os que se propuxeron difundir este novidoso estilo musical: o primeiro a través do programa de radio Vuelo 605 (1963), e o segundo a través da venta de discos na sección musical de El Corte Inglés. Aínda así, os discos eran naqueles anos un produto de luxo e non foi ata a chegada do casete que se producíu unha certa democratización da música. Seguindo unha orde cronolóxica podemos distinguir varias etapas desde a chegada do rock á Coruña e á súa comarca, o que non exclúe a mención de bandas Concellaría de Cultura, Deportes e Mobilidade XXVII Edición Festival Rock in Cambre 2018 Concello de Cambre 1

Transcript of Os primeiros pasos do Rock na Coruña e na comarca · 2018-08-03 · Coruña e á súa comarca, o...

Page 1: Os primeiros pasos do Rock na Coruña e na comarca · 2018-08-03 · Coruña e á súa comarca, o que non exclúe a mención de bandas Concellaría de Cultura, Deportes e Mobilidade

Os primeiros pasos

do Rock na Coruña e

na comarca

Breve introdución

cronolóxica

ALICIA LONGUEIRA MORIS

A chegada do rock a Galicia, e á

cidade da Coruña e a súa

comarca en particular,

prodúcese arredor dos anos 50 e

60, aínda que non será ata os 70

cando realmente comecen a

darse a coñecer grupos locais

que experimentan con esta nova

forma de expresión artística. Isto

acontece cando aparecen as

primeiras referencias ás bandas

ou artistas ingleses e

norteamericanos que xa viñan

marcando tendencia co rock and

roll desde os anos 40 nos seus

respectivos países. Falamos de

Elvis Presley, Chuck Berry, Jerry

Lee Lewis, Bill Haley & His

Comets ou Little Richard, pois

son algunhas das figuras máis

relevantes e que máis sonaban

naquel momento.

O rock and roll chegou a España

a finais dos anos 50 e foise

consolidando pouco a pouco a

través de diferentes vías tales

como a publicación de discos

orixinais, os medios que falaban

da nova moda americana e

tamén grazas á influencia

cultural francesa e italiana.

Tampouco pode obviarse unha

certa influencia exercida polas

bases militares estadounidenses

na península que favorecían o

intercambio musical nas áreas

de contacto.

As primeiras manifestacións que

teñen lugar en España e en

Galicia versionaban ou imitaban

os estilos dos grupos foráneos,

mais non tiñan no seu inicio un

perfil creador definido.

En xeral estas agrupacións

formáronse a partir de grupos

folk e, en grande medida, das

orquestas, xa que estas eran as

que tiñan os instrumentos e os

medios que permitían aos

músicos poñer a súa

creatividade en marcha.

Hai que pensar que nos anos 60,

e aínda ben chegados os 80,

dispoñer de instrumentación

axeitada supoñía unha

considerable inversión que só os

máis privilexiados podían levar a

cabo. Os amplificadores e outros

complementos de son proviñan

de equipos de casas como

Semprini, Sinmarc ou da fábrica

Talmus, en Valencia.

Os concertos destes anos tiñan

lugar en salas de festas como a

do Seijal ou, xa na Coruña, na

Galera, o Petit Lar ou na

Guaraní. A súa esencia estaba

máis próxima ao guateque yeyé

e as voces que soaban eran as

de grupos como os Samars, Los

Sombras ou Los Capris, por citar

algúns exemplos.

En todo caso, a década dos 60

está marcada, sen dúbida, pola

existencia do grupo pop Los

Tamara e, xa máis próximos ao

rock, o grupo Generación 49 del

Ballet Gallego, que facían

versións de grupos españois e

estranxeiros e música

instrumental, respectivamente.

Aínda así, o rock non foi un

produto de masas nestes anos,

pois non había unha proxección

especial a través dos medios de

comunicación como a radio ou a

televisión.

Foron Ángel Álvarez, locutor de

radio, e Isidoro Álvarez,

presidente de El Corte Inglés,

ambos os dous en colaboración,

os que se propuxeron difundir

este novidoso estilo musical: o

primeiro a través do programa

de radio Vuelo 605 (1963), e o

segundo a través da venta de

discos na sección musical de El

Corte Inglés. Aínda así, os

discos eran naqueles anos un

produto de luxo e non foi ata a

chegada do casete que se

producíu unha certa

democratización da música.

Seguindo unha orde cronolóxica

podemos distinguir varias etapas

desde a chegada do rock á

Coruña e á súa comarca, o que

non exclúe a mención de bandas

Concellaría de Cultura, Deportes e Mobilidade XXVII Edición Festival Rock in Cambre 2018Concello de Cambre

1

Page 2: Os primeiros pasos do Rock na Coruña e na comarca · 2018-08-03 · Coruña e á súa comarca, o que non exclúe a mención de bandas Concellaría de Cultura, Deportes e Mobilidade

e grupos de especial renome

que, se ben procedían doutras

áreas, marcaron unha tendencia

de gran influencia no noso

entorno.

OS ANOS 70

Destacamos nesta altura a

presencia da banda santiaguesa

NHU, primeiro gran grupo de

rock progresivo galego, aínda

que de efémera duración.

Resulta de especial

trascendencia esta agrupación

porque foron dos primieros en

utilizar o galego nas súas

composicións. Aínda que a súa

intención inicial era a de

dedicarse profesionalmente á

música, o caso é que arredor

dos anos 80 a agrupación

acabou desfacéndose.

Nesta década non se pode

obviar a figura da coruñesa Tara,

María Teresa Pérez Guerra,

cantante precoz cuxa figura

feminina destaca en medio dun

mundo onde predominan as

voces de home. Tara foi

introducida por Augusto Algueró

na recoñecida compañía

discográfica Polydor e, se ben a

súa non foi unha produción

especialmente prolífica, o certo é

que traballou con diferentes

estilos tales como o pop, o rock

e o soul e a súa voz tiña un

matiz especial.

Outra das agrupacións vitais

destes anos foi Goma 2, de

Pontevedra, precursor do que

despois sería o Rock Bravú.

Tamén Goma 2, como NHU,

empregaba o galego como

lingua para as súas

composicións. A modo de

curiosidade debemos sinalar que

a participación desta banda foi

descartada dentro do programa

televisivo Aplauso ao seren

acusados dunha suposta

apoloxía do terrorismo polo seu

nome.

O 5 de agosto de 1974 o

Concello da Coruña organizou

un “Festival de la Juventud” no

que contou co grupo de orixe

africana Osibisa. Esta

agrupación musical, liderada por

Teddy Ossei, provocou

emocións encontradas, dado

que entre o público de maior

idade non causou unha

impresión especialmente

favorable, mentres que os máis

novos viviron con intensidade e

fervor unha música que é “ritmo,

mucho ritmo y sobre todo ritmo”,

segundo describía o cronista de

La Voz. En conxunto, a música

de Osibisa era unha mestura

entre as formas de occidente e

os ritmos de África. De feito, eles

representaban o rock africano:

“un poco de jazz, otro poco de

soul y algo de samba”. En

resumo, en La Voz de Galicia

definían este combinado como

un auténtico explosivo.

O 13 de abril de 1975, tamén na

sección de música de La Voz,

Nonito Pereira alegrábase de

que “¡Por fin! Parece que de una

vez por todas alguien se acuerda

de Galicia para programar

conciertos de música “rock”.

Referíase a un concerto que

tería lugar o 10 de maio na

Coruña no que actuarían Los

Canarios. Este concerto sería

anteasala doutros que virían

máis tarde e que irían afacendo

o oído do público aos novos

ritmos.

Nun artigo publicado o 27 de

xullo, aparecía en La Voz unha

interesante nota referida á

adaptabilidade do castelán á

música rock en relación coa

figura do cantante Noel Soto.

Este aspecto resulta

especialmente relevante se

pensamos nos grupos antes

mencionados (NHU e Goma 2) e

se temos en conta que un dos

pilares esenciais do rock bravú

posterior (de principios dos 90)

foi, precisamente, o seu

compromiso coa lingua, xa que o

galego foi premisa fundamental

á hora de escribir as súas letras.

A mediados de 1976 chegaba á

Coruña “Hair”, a primeira ópera-

rock que se escoitou na cidade.

Pasaran doce anos despois da

Concellaría de Cultura, Deportes e Mobilidade XXVII Edición Festival Rock in Cambre 2018Concello de Cambre

2

Page 3: Os primeiros pasos do Rock na Coruña e na comarca · 2018-08-03 · Coruña e á súa comarca, o que non exclúe a mención de bandas Concellaría de Cultura, Deportes e Mobilidade

súa estrea en Broadway baixo o

título xenérico de “Ópera rock de

Amor Tribal”. Se ben a súa liña

estaba trazada con cancións de

estilo hippie, acabaría dando

paso tempo despois a obras tan

famosas como “Jesucristo

Superstar” ou “Quadrophenia” de

The Who. Nesta década

aparecerían outras óperas-rock

protagonizadas por artistas da

talla de Queen, Pink Floyd ou

Génesis.

E chegamos así a 1977. Este

ano vai ter lugar o maratón

“Festival Rock 77”. Destaca a

prensa destes anos o afán por

promocionar a música rock en

Galicia a través das cidades

máis importantes (A Coruña,

Vigo ou Santiago) facendo

especial fincapé na

compatibilidade entre este

xénero novidoso e a canción

típica galega. Con tal motivo

xurden concertos e maratóns

dedicados á promoción de

grupos locais que se mesturan

con recoñecidos grupos

foráneos. O maratón “Festival

Rock 77”, cuxa entrada costaba

300 pesetas, tivo lugar o 25 de

xullo de 1977 e reuníu durante

oito horas de música rock

continuadas as actuacións de

grupos como Triana, de

Andalucía, C.E. Dharma, de

Cataluña, Aquelarre, de

Arxentina, Asfalto e Coz, de

Madrid, Vaderetro, grupo

hispano-australiano, Azúcar, de

Ferrol e War-Men, de Santiago

que dispuxeron naquel entón de

4.000W de son, un sistema

novidoso na altura.

Posteriormente, en Vigo,

organizarían outro maratón de

vintecatro horas de música no

que, en principio, estaba

programada a participación dos

grupos Titanic, Santana e Led

Zeppelin, se ben isto non chegou

a suceder.

Mentres todo isto acontecía en

Galicia, a título de curiosidade,

comentaremos unha noticia que

apareceu en La Voz o 4 de

novembro de 1978, que chamou

a nosa atención polo contraste

que supoñía o seu contido en

relación co que estaba pasando

aquí. Trátase da curiosa (e

macabra) petición do grupo punk

británico Anti Social, que

buscaba un voluntario suicida

que se prestase a deixarse

guillotinar no número forte do

seu espectáculo. A súa intención

era chegar a converterse no

grupo punk “más violento del

mundo”. Como contraprestación,

a familia recibiría unha

substanciosa suma a modo de

indemnización. Non sabemos cal

foi o resultado desta petición,

pero non deixa de resultar,

cando menos, chamativa.

OS ANOS 80

A década dos anos 80 é a

década da “movida madrileña”

que, en Galicia, deu o seu froito

coa homónima “viguesa”

encabezada polo grupo Siniestro

Total de Julián Hernández, e Os

Resentidos, liderados por Antón

Reixa e vencellados ao grupo

poético Rompente. Estas

agrupacións sairon de Vigo

xunto con Aerolíneas Federales,

Golpes Bajos ou Semen Up,

entre outras. Nesta década

xurde en Carballo o grupo Metro,

gran triunfador do Concurso de

Rock da Cidade da Coruña que

tivo lugar en 1982.

Mentres, na cidade marinedina,

estaba coroando as olas do mar

herculino o mítico grupo Radio

Océano liderado polos

xornalistas Johnny Rotring,

nome artístico de Xosé Manuel

Pereiro, e Ross Mero, Santiago

Romero. Xunto con Viúda de

Gómez e Hijos, estas dúas

bandas fixeron fronte ao poderío

vigués. Radio Océano

convertiríase nun referente do

rock galego, post punk. A súa

involucración co mundo cultural

lévase a cabo dun xeito especial

co poeta Lois Pereiro e lévaos a

colaborar tamén coa revista A

Naval.

Vexamos agora algúns dos

acontecementos máis

salientables destes anos na

cidade da Coruña.

Concellaría de Cultura, Deportes e Mobilidade XXVII Edición Festival Rock in Cambre 2018Concello de Cambre

3

Page 4: Os primeiros pasos do Rock na Coruña e na comarca · 2018-08-03 · Coruña e á súa comarca, o que non exclúe a mención de bandas Concellaría de Cultura, Deportes e Mobilidade

O 4 de xuño de 1980 actuou o

grupo Uriah Heep no Pavillón de

Deportes da Coruña cun

resultado altamente positivo,

segundo expresou no seu día a

organización: non é que

gañasen cartos pero tampouco

os perderon, di La Voz de

Galicia. En todo caso, o concerto

servíu para constatar que o

público coruñés estaba ben

predisposto para asistir a este

tipo de acontecementos

musicais.

A finais de ano 1981 actuou o

famoso conxunto Los Ramones.

A actuación deste mítico grupo

tivo lugar o 13 de novembro, ás

dez e media da noite no Pavillón

dos Deportes da Coruña e

asistiron unhas 5.000 persoas,

fundamentalmente adolescentes

entre 13 e 17 anos. O concerto

durou uns 80 minutos e tal vez o

único elemento distorsionante,

en palabras do cronista foi o

exceso de watios. O grupo

galego Los Suaves actuou ese

día como abreconcertos. En

palabras de Nonito Pereira “Nos

parece una excelente idea la de

potenciar las formaciones de

rock de Galicia, de irlas

fogueando en actuaciones de

gran categoría, como la de hoy,

para que, entre otras muchas

cosas, cojan confianza y escena”

(La Voz de Galicia, 13/11/1981).

Cómpre salientar que o grupo

ourensán levaba apenas un ano

formado experimentando o rock

con versións de grupos como

Sex Pistols ou Kinks. Pola súa

banda, Los Ramones sacara o

seu primeiro disco en 1976.

Como mostra da pegada do rock

en Galicia nesa altura e do pulo

que estaba collendo esperábase

a chegada de espectadores

afecionados ao rock procedentes

de toda Galicia. Coa actuación

de Los Ramones consumábase

este reducto do noroeste

peninsular como parte dos

circuitos favorables para a

organización de grandes

concertos de rock.

1982: Un ano decisivo

O 19 de marzo de 1982 tivo

lugar o I Festival de Rock de

Cecebre, no que actuaron os

grupos Blancanieves (creadores

do “Rock blanco con leche”),

Degenerador, Ozono, Revólver,

T.N.T.e Thor, de Betanzos.

Pouco antes celebrárase outro

festival en Sada, con grande

éxito e moi boa valoración na

prensa coruñesa que, ao tempo,

semellaba lamentarse de que o

concello da Coruña non se dese

decidido a organizar a

celebración dun Festival-

Concurso de rock. Ao día

seguinte, en Ferrol, tería lugar

outro festival onde tamén

estarían Blancanieves e Thor,

ademais de Polen, Lasser e

Alien.

No Pavillón de Deportes da

Coruña actuou o grupo de

heavy-rock Barón Rojo. Foi o 27

de marzo de 1982, un ano

despois da súa creación e de ter

dado un exitoso concerto en

Londres, o que lle confería un

interese especial ao evento. A

expectación causada por esa

actuación fixo que se colocasen

dúas pantallas xigantes aos

lados do escenario a fin de

ampliar a proxección do

concerto, unindo todo isto a

unha potente iluminación.

Curiosamente, o teloneiro de

Barón Rojo na Coruña foi o

grupo inglés Stray, unha banda

xa veterana. Con Barón Rojo

actuou o saxofonista británico

Mel Collins, que colaborou

estreitamente con eles na

gravación do seu disco

“Volumen brutal”. Isto dá unha

idea da forza que estaba

adquirindo esta banda naqueles

anos. Ao día seguinte, de feito,

actuaría en Pontevedra. Unha

vez máis recorremos a Nonito

Pereira e a La Voz de Galicia, na

sección musical “Voz joven”, que

dedicaba o seu espazo á

actualidade musical. O éxito

desta actuación quedou

constatado na prensa do día

seguinte: “…algo ha quedado en

evidencia y es la mayoría de

edad de los jóvenes rockeros

gallegos que, por número y

comportamiento, se han hecho

acreedores a que las grandes

Concellaría de Cultura, Deportes e Mobilidade XXVII Edición Festival Rock in Cambre 2018Concello de Cambre

4

Page 5: Os primeiros pasos do Rock na Coruña e na comarca · 2018-08-03 · Coruña e á súa comarca, o que non exclúe a mención de bandas Concellaría de Cultura, Deportes e Mobilidade

estrellas de rock y el pop se

acerquen por estos andurriales

rockanroleros con garantía de

éxito.”

O éxito do rock nestes anos

queda demostrado cando lemos

nos xornais os programas

musicais que tiñan lugar en

diferentes puntos da comarca

como Cecebre, Sada, Ferrol,

Santiago, Vigo ou A Coruña de

xeito case ininterrumpido e con

moi pouca marxe de tempo entre

uns e outros.

O 26 de abril de 1982 estivo na

Coruña a Orquesta Mondragón

na súa xira por Galicia.

Congregou ao seu redor cerca

de 6.000 persoas que disfrutaron

da súa música, aínda que houbo

algúns problemas técnicos co

son, segundo contan os

cronistas.

Por outra parte, ao longo da

primeira quincena do mes de

xullo dese mesmo ano

celebrouse o I Concurso de

Rock “Cidade da Coruña” que,

segundo uns non obtivo o éxito

esperado en canto que o número

de asistentes non se

correspondeu coa previsión dos

organizadores do concello e

segundo outros o éxito non tivo

dúbida. En todo caso,

quedámonos coa frase de Nonito

Pereira (La Voz de Galicia,

16/07/1982): “Un último ruego:

por favor, no politicen el tema.

No le nieguen el pan y la sal de

los conciertos de rock a los miles

y miles de aficionados jóvenes

física y mentalmente, y no

intenten, como así se hizo,

potenciar la provocación y los

enfrentamientos generacionales.

Quienes así lo hagan deben

darse cuenta que su sitio no está

en una sociedad que proclama la

libertad de expresión”.

Entre os finalistas, seis bandas

de gran calidade, entre as que

destaca Siniestro Total (cuxo

líder é definido por Daniel E.

Loncan como un auténtico

“showman con una voz que vale

un montón” (La Voz de Galicia,

16/07/1982). Ademais, Polenta,

Bar, Épsilon, Viúda de Gómez e

Hijos e o gañador, que foi Metro.

Resulta moi interesante o

comentario referido por M. Soto

Viso no artigo de La Voz de

Galicia do 5 de xullo, despois da

segunda semifinal do concurso:

“Una vez más, los grupos

concursantes gallegos cantaron

en castellano, idioma en el que

habló el presentador los dos

días. Teniendo en cuenta, pues,

el tipo de música que se hizo y el

idioma en que se cantaba, lo

único gallego es el nombre del

concurso y la procedencia de los

concursantes. Al igual que el día

anterior, los estilos musicales

fueron variopintos y, a menudo,

sin mayor relación con lo que se

entiende por rock. Este es el

caso del grupo invitado Mamá,

cuya calidad –al igual que había

sucedido el día anterior con

Nacha Pop- no era superior a la

de los grupos concursantes.”

Como nota anecdótica, en

relación con este primeiro

concurso, non hai que esquecer

a indumentaria e os

complementos dos participantes,

que tamén foron obxecto de

comentario por parte dos

xornalistas. Isto suscitou certos

reproches dado que polos

escenarios dos concertos

circulaba a expresión de “perro-

rockero” para referirse aos

artistas e ao “pintoresquismo” do

ambiente.

A polémica do ano veu dada

pola suspensión do Festival de

Rock que ía ter lugar o 18 de

agosto na Coruña, dentro do

programa de festas, no que ían

participar os premiados no

primeiro Concurso de Rock

“Cidade da Coruña”, Metro,

Épsilon e Bar, e que non puido

celebrarse debido a certos

comentarios que definían este

estilo musical como elemento

portador de “polución moral”

para a xuventude. Contábao

Nonito Pereira, o cronista da

sección “Voz Joven” de La Voz

de Galicia e afirmaba que “sólo

falta que el trato cordial entre

generaciones siga su curso, sin

Concellaría de Cultura, Deportes e Mobilidade XXVII Edición Festival Rock in Cambre 2018Concello de Cambre

5

Page 6: Os primeiros pasos do Rock na Coruña e na comarca · 2018-08-03 · Coruña e á súa comarca, o que non exclúe a mención de bandas Concellaría de Cultura, Deportes e Mobilidade

personalismos dogmáticos que

conducen a situaciones molestas

y desagradables”. En todo caso,

o Sindicato Galego da Música

publicou unha nota na que se

queixaba do “desinterés

prestado por la comisión de

fiestas del Ayuntamiento de La

Coruña hacia la buena

organización de este festival y la

falta de respeto al público

asistente demostrada

ostensiblemente ante la

inexistencia de explicaciones al

público congregado en el parque

de Santa Margarita,

argumentándose por parte de

personas allegadas al

Ayuntamiento “que como no

habían pagado entrada, no

tenían derecho a exigir nada”.

Ante tal proceder, a SGM pasou

a efectuar as pertinentes

denuncias. Ese mesmo ano,

1982, actuarían The Rolling

Stones en España, algo que

creou unha grande expectación.

A finais de 1983 ía celebrarse o

II Concurso de rock “Cidade da

Coruña”, se ben tivo que ser

aprazado ata o día 8 de xaneiro

de 1984 por motivos técnicos.

Na final deste concurso tomarían

parte os grupos Radio Océano

(A Coruña), Los Buzos (Vigo),

Aerolíneas Federales (Vigo),

Bajo Presupuesto (A Coruña),

Viúda de Gómez e Hijos (A

Coruña) e Control Remoto

(Vigo).

O día 28 de xaneiro tivo lugar o

concerto “Las fuerzas atroces

del Noroeste”, que pretendía ser

o primeiro dunha longa serie

denominada Rock Inkorporado

inaugurado o 7 de xaneiro.

Trouxo á Coruña unha serie de

grupos do eixo atlántico. O

“Rock Inkorporado” tiña como

obxectivo presentar un grupo de

primeira categoría cada fin de

semana. A primeira edición, na

que participou o grupo Siniestro

Total foi emitida a través de

Radio Tres no programa “Esto

no es Hawai”, o que contribuíu a

que A Coruña figurase como un

punto de referencia para os

amantes deste tipo de música. A

balanza Vigo-A Coruña canto á

solidez e profusión de bandas de

rock, inclinábase notoriamente

cara a Vigo, pois era alí onde se

crearon, coa “movida viguesa”,

máis grupos de rock, punk, etc.,

liderados por Siniestro Total,

Aeorlíneas Federales ou Os

Resentidos, fronte aos

coruñeses de Radio Océano. En

parte, esta proliferación de

grupos en Vigo tiña que ver coa

existencia de locais nos que

podían reunirse para tocar. Nese

sentido, a celebración dos

concertos de Rock Inkorporado,

que se tiñan lugar no Gran

Casino organizados pola

“Corporación” (formada por un

grupo de profesionais do mundo

da música) marcou un paso

adiante na evolución do rock

coruñés, no que non só

participaban grupos galegos

senón foráneos como Derribos

Arias. Á marxe da programación

de concertos, a “Corporación”

tiña como obxectivo a creación

dunha revista-fanzine, “El lado

salvaje”, a través do que

pretendía difundir as novidades

relacionadas coa modalidade da

“Rock Ola”, tan controvertida.

Outras das súas intencións era

crear un selo discográfico e unha

produción de vídeos de alta

calidade.

O 24 de febreiro de 1984 houbo

un segundo concerto de rock en

Cecebre no que tocou o grupo

Área Cero, mais xa non tivo este

evento tanta trascendencia como

o do 82. Ese mesmo ano, no

descanso da verbena das festas

de Cambre, actuou o grupo de

rock Zenor, desde as doce ata

as doce e media da noite.

E, mentres isto sucedía en

Cambre, a Universidade da

Coruña premiaba a Antón Reixa,

membro do grupo “Rompente” e

letrista de Siniestro Total ou Os

Resentidos, pola súa “Historia do

Rock and Roll”. O colectivo

“Rompente” creárase arredor de

1975 en Vigo e a el estaban

subscritos outros autores como

Alfonso Pexegueiro, Alberto

Avendaño e Manuel Romón.

Este último tamén escribíu letras

para Siniestro Total e para Os

Concellaría de Cultura, Deportes e Mobilidade XXVII Edición Festival Rock in Cambre 2018Concello de Cambre

6

Page 7: Os primeiros pasos do Rock na Coruña e na comarca · 2018-08-03 · Coruña e á súa comarca, o que non exclúe a mención de bandas Concellaría de Cultura, Deportes e Mobilidade

Resentidos e combinou diversas

disciplinas artísticas. Reixa foi,

ao fin, o continuador do espírito

“Rompente” cando a forza do

grupo comezou a minguar. O

facho deste colectivo

recolleríano despois, dinos

Helena González Fernández no

artigo Rompente: Poderosa

pomada, as novas xeracións dos

anos 90.

Ao remate deste ano estaba

programado un concerto de tres

días (23, 24 e 25 de decembro)

no Pavillón dos Deportes, mais

tivo que suspenderse debido a

unha falta de coordinación

organizativa dado que os días

anterior e posterior ás xornadas

musicais, que sería cando

montarían e desmontarían o

escenario e os equipos, o

persoal técnico responsable do

servizo municipal de deportes

declarou que, fóra deses días,

as actuacións musicais

impedirían o bo

desenvolvemento do segundo

torneo Caixa Galicia de hockey.

Estaba previsto que actuasen

nese concerto Los Ilegales, The

Monitors e Derribos Arias.

En todo caso, despois de 1982,

ano marcado por unha

efervescencia roqueira

importante, os seguintes anos

estiveron caracterizados por

unha liña máis ou menos

continua de actuacións. Como

exemplos citamos a do mércores

7 de agosto de 1985, dentro do

programa de festas da Coruña.

Ese día celebrouse o segundo

festival de rock no que estiveron

grupos moi variopintos de

“rockers”, “teddys”, “moods”,

“poppys” e “punkabillys”., tal e

como describe Nonito Pereira

non artigo do 8 de agosto en La

Voz. Os máis famosos entre os

presentes foron Gabinete

Caligari, Los Elegantes e La

Frontera. O concerto foi no

Palacio dos Deportes ás dez da

noite. Pouco tempo despois o

grupo Línea Opuesta actuou na

Praza de España, o 6 de

setembro dese mesmo ano,

dentro do programa de festas

organizado pola Asociación de

Veciños Atocha-Monte Alto.

En decembro tivo lugar un

concerto pop-rock o día propio

de Nadal, no Pavillón Municipal

de Deportes, co grupo vigués

Semen Up e o grupo asturiano

Los Ilegales. Este concerto

aparecía recomendado por

Antena 3 de Galicia. O obxectivo

dos concertos de Nadal tiña

como prioridade fomentar a

confraternidade xuvenil despois

da festa familiar de Noiteboa.

En 1986 ten lugar a primeira

edición do Noroeste Pop Rock.

Comezou como soporte para os

grupos locais (como faría poucos

anos máis tarde o Rock in

Cambre), e, ao mesmo tempo,

para que os afecionados a esta

música tivesen ocasión de

escoitar algunhas das voces

máis importantes do rock.

Non estivo exento de certa

polémica a través da prensa, xa

que na sección “Tribuna abierta”

de La Voz de Galicia, publicouse

unha carta dun grupo de mozos

que asistiron ao primeiro

concerto do Noroeste. Nesas

cartas atacaban un comentario

de Ruper de Fuentes no que, á

súa vez, criticaba sobre todo o

uso do alcool e das drogas e

mesmo certas relacións

homosexuais presenciadas en

público.

Esta primeira edición estaba

programada para ser levada a

cabo ao aire libre, en

Adormideras, mais a previsión

do tempo non auguraba nada

bo, polo que se cambiou de

localización e, finalmente, os

concertos trasladáronse ao

Palacio dos Deportes. Algúns

dos grupos participantes foron

Os Resentidos, Glutamanto ye-

yé, Peor Imposible ou Radio

Océano.

Tamén no 1986 na Coruña

organizouse o concerto “Navidad

Pop Rock” que rememorou o do

ano 85 que levara ao Pavillón

dos Deportes (inicialmente

estaba presvisto que tivese lugar

Concellaría de Cultura, Deportes e Mobilidade XXVII Edición Festival Rock in Cambre 2018Concello de Cambre

7

Page 8: Os primeiros pasos do Rock na Coruña e na comarca · 2018-08-03 · Coruña e á súa comarca, o que non exclúe a mención de bandas Concellaría de Cultura, Deportes e Mobilidade

en Adormideras) a grupos como

Semen Up e Los Ilegales. No

ano 86 o concerto de Nadal

acolleu as bandas de Los

Dramáticos e Aerolíneas

Federales.

OS ANOS 90

Nos anos 90 comezou unha

nova etapa no rock galego: foi a

chegada do Rock Bravú, o rock

dos Diplomáticos de Monte Alto

con Xurxo Souto á fronte, Os

Rastreros de Chantada, os

Heredeiros da Crus e moitos

outros grupos que se

presentaban cun concepto

innovador relacionado coa

reivindicación do rural, da terra e

co uso do galego neste estilo

musical. O Rock Bravú bebe dos

grupos folk, da Roda e de

Milladoiro, de voces coma a de

Pucho Boedo e de orquestas

como Os Satélites. A súa

esencia descríbea Manuel Rivas

cando di “Os do rock bravú

forman parte dunha

confederación irmandiña, sen

programas nin ideas concibidas,

nin uniformes. Unidos pola terra,

a lingua e a música, peiteados

polo vento, os guerreiros rozan

as corredoiras cegas”. A súa

literatura é, pois, a literatura de

de Manuel Rivas, tamén a de

Reixa e a de Pereiro. E, antes xa

o anunciábamos, está Goma 2

como precursor do que acabou

por ser o Bravú.

Mentres isto se cocía, no ano

1991 tivo lugar o primeiro

concerto do que despois se

transformaría no festival Rock in

Cambre.

A este acontecemento musical

do noso concello imos dedicar

unhas liñas de xeito especial.

Mais, seguindo a traxectoria xa

marcada, deamos un repaso aos

acontecementos máis relevantes

desta década, pois os anos 90

tamén viñeron cargados de rock.

Un dos acontecementos máis

relevantes da presencia do rock

na Coruña tivo lugar entre os

días 8, 9 e 10 de xullo de 1993

con motivo da organización do

Concerto dos Mil Anos dentro do

programa de actos do

Xacobeo’93. Este evento

movilizou un grandísimo número

de xente, non só de público

(arredor de 30.000 persoas no

Estadio de Riazor que non

tiveron inconveniente en pagar

as 2.500 pesetas de entrada)

senón tamén por parte da

organización entre montaxe,

seguridade, hostalaría,

transportes, etc.

O cartel incluíu grandes figuras

do rock clásico como Sting, Gary

Moore, Chris Isaak, George

Benson, Neil Young, The Kinks,

Bob Dylan, Robert Plant, John

Mayall, Neil Young, Eric Burdon,

Brian Auger Band, Jerry Lee

Lewis, Bob Diddley, Wilson

Pickett e Chuck Berry.

Cada grupo dispuxo dunha hora

para tocar e, entre o público,

segundo reflexa a prensa da

época, puido verse xente dos

coletivos máis variopintos: desde

neohippies a hippies clásicos,

representantes do heavy metal,

rockers de tupé, os melenudos

“anxos do inferno” e, sobre todo,

os nostálxicos do famoso

concerto de Woodstock.

O 10 de setembro de 1996

actuou o grupo de hard rock

Deep Purple na Coruña ante un

público formado por máis de

11.000 persoas. O “Club de

adictos a Deep Purple”, con

delegación na Coruña, foi o

encargado de xestionar a venta

das entradas do concerto. O

representante do club, Joaquín

Arenas Roca, destacaba do

grupo que “no es ruidoso,

siempre hizo un rock muy limpio,

que los diferencia de otros

grupos heavy”.

Dedicaremos agora unha parte

deste repaso polo mundo do

rock ás orixes do Rock in

Cambre, que deu os seus

primeiros pasos nesta década e

que segue na actualidade cheo

de vigor.

Os inicios do Rock in Cambre

Concellaría de Cultura, Deportes e Mobilidade XXVII Edición Festival Rock in Cambre 2018Concello de Cambre

8

Page 9: Os primeiros pasos do Rock na Coruña e na comarca · 2018-08-03 · Coruña e á súa comarca, o que non exclúe a mención de bandas Concellaría de Cultura, Deportes e Mobilidade

O primeiro festival de rock de

Cambre tivo lugar o 16 de

agosto do ano 1991. A idea

orixinal foi do grupo Inadaptados,

formado por varios mozos

cambreses amantes do rock.

Eles, unha formación moi nova,

incluían a gaita no seu

repertorio, ademais dun baixo,

guitarra rítmica, guitarra solista,

batería e voces. O estilo dos

Inadaptados, hoxe

desaparecidos como banda,

seguía o estilo do rock sureño,

ao modo de vellas bandas como

Lynyrd Skynyrd. A mestura da

gaita conferíalle ás súas

actuacións un estilo moi persoal.

Estes músicos, na súa maioría

autodidactas, quixeron dar saída

ás súas inquedanzas artísticas

organizando un primeiro

encontro de música rock a

principios dos 90 no que

participaron, ademais dos

propios Inadaptados, os grupos

Malpaso de Fene, Sobrecarga

da Coruña e Arde Siberia do

Temple.

Sen embargo, o xermolo desta

iniciativa xa levaba latexando

dentro do territorio cambrés uns

anos. De feito, para atopar algún

antecenente deste festival temos

que remontarnos ao ano 1982,

cando se organizou un encontro

musical en La Sociedad de

Cecebre que reuníu, o 19 de

marzo dese mesmo ano, a

grupos de moda como

Blancanieves, de Pontedeume,

T.N.T., Ozono, Degenerador,

Revólver e o grupo betanceiro

Thor, como xa falamos

anteriormente. Algo estaba a

cocerse na contorna, mais dun

xeito aínda indeciso, inseguro.

Lembremos que no ano 1986,

dera xa os seus primeiros pasos

o Noroeste Pop Rock, o festival

organizado polo Concello da

Coruña que deixaba atrás o

Concurso de Rock Cidade da

Coruña. Seguindo esta liña

cronolóxica, no municipio de

Cambre deuse o salto definitivo

finalmente no ano 91 grazas á

tenacidade e perseverancia dos

Inadaptados que, nos seus

inicios, tiveron que loitar contra

as dificultades propias dunha

época en que os medios non

ofrecían as facilidades de hoxe

en día para acceder ás bandas

de rock, segundo conta Angel

Sánchez, membro do grupo. Con

tal motivo, valíanse de revistas

de música e, sobre todo, asistían

a concertos e máis concertos xa

que este era o xeito de

conseguir contactos, de coñecer

grupos e bandas tanto locais

como de renome, e ao mesmo

tempo de darse a coñecer a si

mesmos.

Cómpre destacar que as

primeiras edicións do festival

serviron para animar e motivar á

xuventude a crear grupos

propios e, aos que xa tiñan a súa

banda, contribuíu a darlles

visibilidade. Debemos sinalar

que o rock, co seu carácter

transgresor, rupturista e, en gran

medida, provocador, non sempre

era ben visto por todos os

grupos sociais.

Pouco tempo despois, no ano

94, logo de organizar os

primeiros festivais en solitario, os

Inadaptados acabaron por verse

respaldados polo Concello, que

víu a efervescencia que causaba

este estilo musical entre unha

multidude de seguidores,

nomeadamente a xuventude. Á

colaboración do concello uníuse

tamén a da Deputación da

Coruña. Así se consolidou o

Rock in Cambre con nome

propio.

Concellaría de Cultura, Deportes e Mobilidade XXVII Edición Festival Rock in Cambre 2018Concello de Cambre

9

Page 10: Os primeiros pasos do Rock na Coruña e na comarca · 2018-08-03 · Coruña e á súa comarca, o que non exclúe a mención de bandas Concellaría de Cultura, Deportes e Mobilidade

No ano 1999 estiveron no

festival o grupo M Clan, que

daquela cobrou a cantidade de

300.000 pesetas. Foi unha

participación moi atinada porque

nesa altura a banda estaba

despegando con “Llamando a la

Tierra” e no 2001 acadaría o

éxito co famoso tema “Carolina”.

Dalgún xeito, o 2001 supuxo,

segundo di Ángel, unha

transición na historia deste

festival. Ese ano viñeron a

Cambre os grupos Platero y Tú e

Killer Barbies, ademais

Hermacaos e Mallory, e a mostra

comezou unha liña ascendente e

imparable que chega ata o día

de hoxe.

Non debemos esquecer que o

festival cambrés deu os seus

primeiros pasos vencellado

estreitamente ás festas patronais

de Santa María e o seu reflexo

en prensa non adquiríu entidade

propia ata o inicio do novo

século. Entón foi cando

comezaron a aparecer grandes

titulares destacando a

importancia das bandas e

grupos participantes e o festival,

por fin, tivo reservado o seu

tempo no calendario máis alá do

programa de festas e a súa

duración pasou de un a tres

días.

Do ano 2000 en diante, en

Cambre

Algúns dos grupos que pasaron

por Cambre a partir do 2000

foron Malavida, Os Maruxa,

Buenas Noches Rose, Los

Rastreros, My Criminal

Psicholovers, M Clan, Los

Enemigos, Platero y Tú ou Killer

Barbies e no 2002 dous dos

grupos que estarán este ano

2018, Siniestro Total e Herdeiros

da Crus. Entremedias, Rosendo,

Sex Museum, Obús,

Reincidentes, Los Suaves (no

2005 e no 2013), Os

Diplomáticos de Monte Alto (no

2005 e no 2017), Quinta

Enmienda, Barricada, Rif Raf,

Loquillo (no 2007 e no 2014),

Ruxe Ruxe (no 2007 e no 2017),

Gatillazo, Def don Dos, Hamlet,

Barón Rojo (no 2010 e no 2013)¸

Mago de Oz, Coyote Express,

The Grit, Sober, Tregua, Los

Enemigos (que estiveron no

2000 e que repetiron no 2015),

Reincidentes, Sociedad

Alkohólica, The Real

Mcquenzies, The Pink Tones,

Konflikto, Nao e xa no 2017 o

mítico Drogas.

Grandes bandas ás que se uníu,

no ano 2012, o festival

Brincadeira que se fusionou co

Rock in Cambre e onde se puido

escoitar o mítico grupo Status

Quo.

En definitiva, a historia do Rock

in Cambre ten unha traxectoria

cargada de ritmo, de vivencias,

de variedade e, sobre todo, de

ilusión: a ilusión dun grupo local

que quixo crear un festival de

música rock e que acabou

facendo algo máis que iso, que

chegou a facer historia.

Fronte a estes grupos

recoñecidos a todos os niveis

non podemos descoidar a

presenza das bandas locais, que

son as que fan que Cambre siga

a ter un pouso fondamente

rockeiro, as que seguen a liña

marcada no seu día polos

Inadaptados, e que este ano

están representadas con grupos

como The North Grooves,

Destemplados, Sin City Devils,

Ronin Wetsocks, Coyote... Unha

pequena selección de grupos,

entre tantos outros, ata chegar á

vixéximo sétima edición dun

Rock in Cambre máis que

consagrado.

OUTROS GRANDES

MOMENTOS DO ROCK NA

CORUÑA

O irlandés Van Morrison,

coñecido como o “León de

Belfast”, cautivou ao público

coruñés (máis de dez mil

seguidores) nunha actuación

que tivo lugar o 6 de outubro de

2000 no Coliseum.

O 8 de xullo de 2001 Bill Wyman

and The Rythm Kings estivo

tocando na Coruña tamén.

Concellaría de Cultura, Deportes e Mobilidade XXVII Edición Festival Rock in Cambre 2018Concello de Cambre

10

Page 11: Os primeiros pasos do Rock na Coruña e na comarca · 2018-08-03 · Coruña e á súa comarca, o que non exclúe a mención de bandas Concellaría de Cultura, Deportes e Mobilidade

Wyman foi baixista dos Rolling

Stones durante 30 anos.

Os días 18 e 19 de decembro de

2001 a sala Mardrigras acolleu a

Mick Taylor, exguitarrista tamén

de The Rolling Stones en dous

concertos máis íntimos que os

que habitualmente se

organizaban en gran formato.

O 24 de maio de 2003 Iron

Maiden tocou no Coliseum ante

un grupo numeroso de fans.

O 18 de novembro de 2004 Eric

Burdon & The Animals, actuaron

no Coliseum. Atrás quedaba xa

o Concerto dos Mil Anos.

No 2006 a Coruña apostou polo

ciclo Rock Mariño, programa no

que a Concellaría de Cultura do

Concello da Coruña trataba de

dar pulo aos grupos locais

repartindo ao longo de ano, de

abril a novembro, diversos

concertos en pubs e locais ad

hoc da cidade herculina como o

Garufa, o Forum Celticum, o

Mardigras, As Vides e o Playa

Club. Esta iniciativa non pasou

do 2010 o que, segundo

recordaba Francisco Gómez

Seijo “Gandy” nunha entrevista

para La Voz en 2011, o Rock

Mariño “puso cordura y enseñó a

hacer conciertos en tiempo y

forma, de modo que se evitaban

las quejas de los vecinos y las

esperas para ver a un artista.

Fue una historia bonita que sirvió

a muchos grupos locales a darse

a conocer”.

Pouco despois, a cidade

herculina acolleu tres grupos de

renome no ano 2011, nun

concerto que tivo lugar o 29 de

xullo: Motörhead, Judas Priest e

Saxon, exemplos claros do rock

duro anglosaxón.

Bill Wyman and The Rythm

Kings estivo unha vez máis na

Coruña, actuando en Palexco

acompañado por unha banda de

oito músicos, entre eles George

Fame considerado un dos

mellores organistas do mundo.

Foi o 19 de xuño de 2012.

No ano 2017 volveu John Mayall

á Coruña, concretamente o 15

de febreiro, para tocar no

Palacio da Ópera. Estivera xa no

ano 93 cando se celebrara o

gran Concerto dos Mil Anos.

Para rematar con esta memoria

cronolóxica, da nosa comarca

quedámonos coa actuación de

Ringo Star, batería da particular

banda inglesa The Beatles. Este

acontecemento tivo lugar o 29

de xuño de 2018.

A MODO DE CONCLUSIÓN

Talvez habería que rematar esta

mirada cara o pasado e os

inicios do rock na Coruña,

Cambre e na comarca cos ollos

do presente. Que representa

este estilo hoxe en día? Que

novas experiencias se poden

sacar del? Cal é o seu futuro?

Pódese facer hoxe rock coma o

de hai 30 anos con letras tan

gamberras e tan provocadoras?

Que máis se pode engadir ao

que xa está feito?

Falando con Nonito Pereira e

con Xosé M. Pereiro sacamos a

conclusión de que o rock tivo o

seu momento de esplendor,

intenso e cargado de

experiencias e de novidade, de

descubrementos. Inventar novas

formas de rock non é doado,

pois como forma musical é algo

moi sinxelo e todas as

combinacións posibles foron xa

experimentadas. Velaquí o reto

que lles queda ás novas

xeracións, máis alá dos tributos.

O sentido do rock como entidade

reivindicativa e transgresora, co

seu carácter “mesiánico”, xa non

ten cabida. Queda aínda ese

espírito en certas zonas e

culturas africanas porque a

música vai unida á reivindicación

e á tradición. Dalgún xeito, en

occidente o rock como expresión

cultural foi xa asimilado polo

sistema.

Son os xiros que dá a vida e a

sociedade: os modos de

liberdade cambian, mudan. Dos

tempos do fin da ditadura

pasouse a un momento de

Concellaría de Cultura, Deportes e Mobilidade XXVII Edición Festival Rock in Cambre 2018Concello de Cambre

11

Page 12: Os primeiros pasos do Rock na Coruña e na comarca · 2018-08-03 · Coruña e á súa comarca, o que non exclúe a mención de bandas Concellaría de Cultura, Deportes e Mobilidade

expresión desatada que hoxe en

día volve a estar en tela de

xuízo. As letras das cancións

dos anos 80 e aínda dos 90 non

poderían ser escritas a día de

hoxe e, de ser escritas, non

poderían ser cantadas sen

consecuencias. Unida á

chamada “lei mordaza” está a

censura do politicamente

correcto, motivada por un código

non escrito pero que semella

estar pactado socialmente a

través dun grande número de

colectivos.

É certo que os vellos rockeiros

nunca morren. E como mostra

velaquí seguen os grupos

míticos, os de toda a vida, os

que cautivan aos novos

rockeiros: na Coruña, Radio

Océano, Os Diplomáticos de

Monte Alto e, máis alá, Siniestro

Total, Os Resentidos, Os

Heredeiros da Crus e un longo

etcétera. O panorama musical

de Galicia, en materia de rock,

está cheo de bandas e grupos

que tiveron unha maior ou menor

trascendencia ao longo do

tempo e forman xa, sen dúbida

algunha, parte da historia e dun

corpus do rock galego con

identidade propia: un rock que

provoca sensacións, un rock que

emociona.

AGRADECEMENTOS

Xosé Manuel Pereiro

Nonito Pereira Jr.

Xurxo Souto

Angel Sánchez

BIBLIOGRAFÍA

CASAL, Alberto (1995): ¿Rock &

Grelos? Lea Supernova,

Santiago.

REGO, Fernando F. (2000): 50

anos de pop, rock e malditismo

na música galega. Toxosoutos,

A Coruña.

VALIÑO, Xavier (1999): Rock

Bravú: a paixón que queima o

peito. Xerais, Vigo.

Concellaría de Cultura, Deportes e Mobilidade XXVII Edición Festival Rock in Cambre 2018Concello de Cambre

12