P LA N P R O A - edu.xunta.gal · • Presentación de ... Reunión inicial do xefe de estudos e o...

72
P L A N PROA M o d a lid a d e A p o io a centros IE S E L V A (A Coruña)

Transcript of P LA N P R O A - edu.xunta.gal · • Presentación de ... Reunión inicial do xefe de estudos e o...

P L A N P R O AM o d a l id a d e A p o io a c e n t r o s

IE S E L V IÑ A (A C o r u ñ a )

XUSTIFICACIÓN DO PROXECTO

Características do centro

O IES Elviña ten arredor de 300 alumnos/-as.

Ten tres liñas de ESO e dúas

de Bacharelato.

A realidade do centro

O contorno socioeconómico e cultural da zona podería cualificarse como máis ben deprimido (familias de nivel medio-baixo).

Con algún alumnado procedente dun contorno marxinal (poboado chabolista xitano de “As Rañas”, Feáns, A Coruña), e tamén algúns rapaces de etnia xitana vencellados a outros asentamentos.

Tendencia A tendencia da zona parece que vai cara unha certa diversidade

social debido, principalmente, a tres factores:

• Aparición recente de grupos de familias de inmigrantes de países moi diversos (Camerún, Marrocos, Brasil, República Dominicana, Colombia, Uruguai, Arxentina, Senegal e China)

• Incorporación de familias de nivel socio-cultural medio-alto que se están asentando nas vivendas de nova construción.

• A oferta educativa das seccións bilingües no noso centro para 1º e 2º da ESO facilitou a incorporación dun perfil de alumnado menos desfavorecido nestes primeiros cursos.

Obxectivo xeral Mellorar a nivel global o

funcionamento do noso centro.

Deseñando estratexias para mellorar:

• O clima de convivencia. • A relación coas familias cando se presenten barreiras de

tipo cultural ou socioeconómico. • As posibilidades educativas ofertadas no contorno.

Liñas de actuación

Liñas de actuaciónCursos 2007/2009

Transición de Primaria a Secundaria.

Convivencia escolar.

Mediadores Socioeducativos.

Actividades extraescolares.

Curso 2009/2010

Bibliotecas escolares.

Convivencia escolar.

Colaboración entre as familias do alumnado e o centro educativo.

Actividades extraescolares

I. Atención directa ao alumnado

Bibliotecas escolares

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS●Fomentar a lectura.

●Habilitar a biblioteca como lugar de traballo.

●Ofrecer información en diferentes soportes e formatos.

ACTIVIDADES

Obxectivo 1. Fomentar a lectura. • Recomendar lecturas e difundir

guías das mesmas para pais e nais.

• Encontros con autores.

• Presentación de libros.

• Concursos literarios e gráficos.

• Recitais nos distintos idiomas.

• Premios para os maiores lectores, xogos, exposicións, contacontos, visitas a outras bibliotecas do entorno….

• Club de Lectura.

Obxectivo 2. Habilitar a biblioteca como lugar de traballo.

●Establecer ou delimitar claramente as diferentes áreas especializadas:

● zona de consulta ● de lectura relaxada ● de estudo● informática, etc.

●Abrir a Biblioteca en horario escolar e extraescolar.

Obxectivo 3. Ofrecer información en diferentes soportes e formatos

●Garantir a disponibilidade dos documentos (revisar e localizar os fondos).

●Realizar o tratamento técnico dos mesmos (actualizar ou iniciar): seleccionar, organizar, clasificar e catalogar.

●Seleccionar os materiais informativos de nova adquisición.

CONMEMORACIÓNS

Co fin de integrar a Biblioteca na vida cultural do Centro organizaranse, en

colaboración con outros departamentos e institucións, a conmemoración de datas e acontecementos.

Outubro

●Presentación da Biblioteca.●Día da Biblioteca (24 de outubro).●Mes da Biblioteca Escolar.

Novembro ●Samaín. Concurso de debuxos de medo, lecturas en distintos idiomas

●Semana da Literatura de tradición oral: contos, cantos, lendas, romances, regueifas e refráns.

●Día contra a violencia de xénero (25 de novembro).

Decembro

●Dereitos humanos (10 de decembro). Exposición de paneis con cada dereito.

●Concurso de postais de Nadal.

Xaneiro

●Mes da paz.

●Commemoración do pasamento de Castelao hai 60 anos.

Febreiro

●Día de Rosalía (24 de febreiro). Actividade poética con textos de Rosalía.

●O Entroido.

●San Valentín.

Marzo

●Día Internacional da Muller (8 de marzo).

● Día Mundial da Poesía (21 de marzo).

● Día Mundial do Teatro (27 de marzo).

Abril

●O mes dos libros. Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil (2 de abril) Día Internacional do Libro (23 de abril).

●Exposición de libros antigos.

Maio

●As Letras Galegas (17 de maio).

●Concurso literario.

I. Atención directa ó alumnado

Convivencia escolar

Obxectivos específicos●Conseguir unha mellora da convivencia no noso centro, favorecendo a comunicación e as relacións interpersoais.

●Formar ao alumnado nos principios e valores nos que se sustenta a convivencia democrática.

●Desenvolver e mellorar as habilidades sociais que favorezan a convivencia escolar entre as persoas integrantes da comunidade educativa.

●Establecer canles para a comunicación entre os membros da comunidade escolar.

●Previr condutas problemáticas e aplicar estratexias de resolución de conflitos tales como a mediación, o diálogo, a reflexión sobre o propio comportamento, a busca de solucións alternativas, etc.

CONVIENCIA ESCOLAR

●Servizo de mediación.●Aula de convivencia.●Acción titorial.

ACTIVIDADES

Servizo de mediación

Inicio do curso

●Información ao alumnado por parte das coordinadoras e o alumnado mediador sobre este servizo ( 1º eso).

●Información ao profesorado novo.

●Entrega de tríptico informativo ás familias na reunión inicial de curso.

1º Trimestre

●Elaboración de materiais teóricos e prácticos sobre resolución de conflitos para traballar nas titorías presenciais (1º e 2º ESO).

2º e 3º Trimestre

▪Formación de novo profesorado e alumnado mediador a cargo da entidade colaboradora: ADAFAD.

Todo o curso

●Formación continuada do Equipo de Mediación.

●Apertura nos recreos da Aula de Mediación.

●Informe trimestral do servicio de mediación a todo o profesorado.

Final de curso

●Entrega de diplomas aos alumnos que realizaron o cuso de mediadores.

●Encontro de Mediadores co IES Fin do Camiño de Fisterra.

Outras actividades

●Difusión do proxecto a outros centros.

●Participación como ponentes nas Xornadas sobre Convivencia escolar na Fundación María José Xove.

●Xuntanza de Mediadores escolares en Lugo.

Actividades

Aula de convivencia

Aula de convivencia O obxectivo principal é reducir o número de sancións e formar ao alumnado

na reflexión sobre as pautas adecuadas de comportamento nun centro educativo.

Inicio do curso

▪Asignación de gardas na aula de convivencia ao profesorado voluntario.

▪Nomeamento da profesora coordinadora encargada de facer o seguimento do alumnado que acude, revisión de protocolos cumprimentados, compromisos adquiridos, etc.

▪Reunión inicial do xefe de estudos e o responsable da aula de convivencia co profesorado para explicar o seu funcionamento.

▪Explicación ao alumnado por parte do profesorado titor do funcionamento e finalidade da aula de convivencia.

▪Dotación de materiais específicos para fomentar no alumnado a auto-reflexión sobre o propio comportamento,o desenvolvemento de habilidades sociais, resolución de conflitos, etc.

1º Trimestre●Selección entre o alumnado que pasou máis de tres veces pola aula de convivencia, sen conseguir corrixir a súa actitude, para participar no Obradoiro de Habilidades Sociais.

●Compromiso de asistencia dos alumnos seleccionadas por parte das familias.

2º e 3º Trimestre●Realización do Obradoiro de Habilidades Sociais impartido por Radio ECCA.

Todo o curso

●Control e rexistro semanal do alumnado que acude á Aula de Convivencia e tipificación das faltas.

• Reunións periódicas da Coordinadora da Aula, a Dinamizadora da convivencia e o Xefe de estudos para análisis do funcionamento e propostas de mellora.

●Informe mensual á Xefatura de Estudos.

Actividades

Acción titorial

1º Trimestre

▪Programa Educación para a Saúde (3º ESO) a

desenvolver pola Cruz Vermella.

▪Obradoiro de Prevención de Drogodependencias (3º e 4º ESO), ACLAD, Servizo Municipal de Educación, Concello de A Coruña.

1º e 2º Trimestre

▪Prevención da violencia de xénero (4º ESO), Servizo Municipal de Educación, Concello de A Coruña.

2º Trimestre

▪Programa de Educación para a Non Violencia (1º e 2º ESO) a desenvolver pola Cruz Vermella

3º Trimestre

▪ Programa Educación en Valores: Proxecto Etnia (1º ESO), Servizo Municipal de Educación, Concello de A Coruña

TODO O CURSO●Traballo co alumnado por parte do profesorado-titor sobre convivencia escolar, en particular:

- Normas do centro - Autoconcepto e autoestima - Habilidades sociais e de comunicación.

- Intelixencia emocional - Prevención de condutas problemáticas - Aplicación de estratexias de resolución de conflitos. - Educación para a paz.

- Educación en valores, etc.

→Recursos a empregar: programas específicos editados e enquisas de elaboración propia proporcionados polo departamento de orientación

II. Intervención coas familias:

Colaboración entre as familias do alumnado e o centro

educativo

OBXECTIVOS

●Facilitar a integración social das familias do alumnado en situación de desventaxa pola súa pertenza a minorías étnicas ou culturais.

●Traballar en colaboración con outras institucións da zona.

●Desenvolver nos equipos educativos unha sensibilidade intercultural que lles permita comprender os hábitos, valores, etc. destas familias, favorecendo así a mellor integración e desenvolvemento persoal do alumnado.

●Asesorar ás familias sobre as diferentes ofertas formativas e/ou profesionais existentes.

OBXECTIVOS●Impulsar a participación das familias no centro escolar.

●Buscar as pautas educativas comúns entre as familias e o centro.

●Mellorar a valoración da escola e do feito educativo por parte das familias.

●Establecer canles de comunicación sistemática e periódica entre as familias e o centro educativo para darlle a coñecer as actividades escolares do centro e outras institucións do contorno .

●Satisfacer as demandas familiares desde o centro ou a través doutras institucións do contorno.

ACTIVIDADES

Reunións coa técnica do Centro Cívico de Elviña

Nos seguintes casos:

●Percepción dalgún tipo de prestación económica.

●Absentismo escolar.

●Intervención-mediación socioeducativa.

Percepción dalgún tipo de prestación económica.

●Asistencia a clase.

●Progreso académico.

●Socialización.

●Material.

●Hixiene.

●Saúde e alimentación.

Absentismo escolar.

●O titor cumprimenta o protocolo.

●A técnica de Servicios sociais inicia a intervención coa familia.

●Familia, alumno/a e técnica de servicios sociais asinan un compromiso.

Intervención-mediación socioeducativa.

●Acordo de colaboración coa familia.

●Informe de derivación.

●Estratexia de intervención.

ESTRATEXIA DE INTERVENCIÓN

●Primeira cita coa familia: compromiso de cambio.

●Cita co menor: compromiso de mellora da conduta.

●Sinatura dun contrato de compromiso.

●Seguimento quincenal do contrato durante dous meses.

●Derivación do alumno/a a actividades de apoio escolar do Centro Cívico.

●Derivación do alumnado estranxeiro á Unidade de Atención a Migracións.

III. Relacións co entorno:Actividades Extraescolares

OBXECTIVOS●Fomentar no alumnado o sentimento positivo de pertenza ao centro, facilitando o seu acceso ás actividades culturais e deportivas ofertadas e ampliando así o seu horizonte cultural.

●Contribuir á formación integral do alumnado, desenvolvendo actitudes de cooperación e respecto.

●Mellorar a integración social do alumnado no centro e no grupo.

●Desenvolver a autoestima do alumnado, tratando de que adquira unha maior autonomía e responsabilidade no seu tempo libre.

●Creación dun pequeno xardín botánico cunha aula da natureza, para:

o Promover no alumnado actitudes de respeto hacia o medio ambiente.

o Implicar ao alumnado na vida do centro.

o Facilitar un coñecemento directo da flora e introducir ao alumnado no manexo das claves botánicas.

ACTIVIDADES

Constitución dun grupo de teatro

1º Trimestre Curso teórico sobre montaxe

teatral.

2º Trimestre

Montaxe dunha obra teatral.

3º Trimestre

Actuacións en distintos centros da cidade.

Constitución dun grupo de música

1º, 2º e 3º Trimestre Sesións de ensaio polas

tardes. Creación de dúas pezas

musicais.

Abril-Maio Participación no certame “A

Mocidade coa nosa lingua

Competicións Deportivas 2º e 3º Trimestre

Encontros deportivos intercentros. Encontros deportivos cos centros

de primaria adscritos ao IES Elviña.

Todo o curso Competicións de deportes

colectivos (fútbol, voleibol, etc.) Competicións de deportes

individuais (badminton, voleibol, etc.)

Día do deporte.

Actividades nos recreos

Todo o curso

Xogos populares.

Tenis de mesa.

Deportes no ximnasio.

Actividades na Natureza

Outono e primavera

Sendeirismo.

Xogos de orientación.

Percorridos en bicicleta.

Obradoiros2º e 3º Trimestre

Obradoiro de manualidades

Obradoiro de alimentación

Xardín Botánico

Xaneiro,febreiro e marzo

●Plantación de árbores.

●Apadrinamento por grupo dunha árbore.

●Etiquetado co nome científico e en galego e castelán.

Evolución do proxecto

Actividades. Bioloxía e Xeoloxía

●Identificación de árbores polas follas, flores, froitos ou codias

● Elaboración dun herbario de follas.

●Exposicións dos distintos ambientes naturais das árbores do parque.

●Identificación das aves visitantes.

●Observación directa do ciclo completo dun vexetal: xerminación de sementes, crecemento, floración, froitificación.

●Estudio das árbores como bioindicadores

Actividades. Tecnoloxía●Elaboración da lámina de identificación de cada especie, cos seus padriños, estudando os distintos materiais posibles.

●Construción de niños artificiais para paxaros, estudando as súas características diferenciais para cada especie.

●Estudio das características técnicas dos distintos tipos de madeiras na construción e fabricación de obxectos.

Actividades. Xeografía e Historia●Estudo da distribución natural das árbores en mapas relacionándoa coas variacións climáticas ou morfolóxicas.

●Asociación das árbores dominantes nas distintas zonas xeográficas coa actividade tradicional de explotación.

●Importancia de determinadas árbores no sector económico, no presente e na historia.

Actividades. Matemáticas e Química

●Cálculo da altura das árbores por técnicas baseadas en semellanza de triángulos.

●Medida de lonxitudes, superficies e volumes empregando as árbores como aproximación das formas cónicas, cilíndricas ou esféricas.

●Extracción de pigmentos, esencias ou sustancias de importancia mediante procesos químicos de destilación, mestura ou lavado, entre outros.

Máis actividades

●Identificación nos distintos idiomas das árbores e as súas partes (Linguas).

●Busca de textos e poemas dedicados a cada unha das árbores que temos (Linguas).

●Recorridos de sendeirismo por fragas naturais(Bioloxía e Educación Física).

●Elaboración dunha páxina web con información sobre o xardín (Informática).