P Tecnoloxía e Tic docx -...

12
Programación Adaptación(Covid-19) Educación Secundaria Tecnoloxía e Tic Curso 2019-2020

Transcript of P Tecnoloxía e Tic docx -...

Page 1: P Tecnoloxía e Tic docx - mercedariasferrol.esmercedariasferrol.es/wp-content/uploads/2020/05... · da avaliación do alumnado. Proba extraordinaria de setembro Terán que facer

Programación

Adaptación(Covid-19)

Educación Secundaria Tecnoloxía e Tic

Curso 2019-2020

Page 2: P Tecnoloxía e Tic docx - mercedariasferrol.esmercedariasferrol.es/wp-content/uploads/2020/05... · da avaliación do alumnado. Proba extraordinaria de setembro Terán que facer

ÍNDICE

1. Estándares de aprendizaxe e competencias

imprescindibles.

2. Avaliación e cualificación.

3. Metodoloxía e actividades do 3º trimestre

(recuperación, reforzo, repaso, e no seu caso ampliación)

4. Información e publicidade.

Page 3: P Tecnoloxía e Tic docx - mercedariasferrol.esmercedariasferrol.es/wp-content/uploads/2020/05... · da avaliación do alumnado. Proba extraordinaria de setembro Terán que facer

1. Estándares de aprendizaxe e competencias imprescindibles – 2º ESO

Criterio de avaliación Estándar de aprendizaxe Identificar e describir as etapas necesarias para a creación dun produto tecnolóxico. Deseña e constrúe un prototipo que dá solución a un

problema técnico sinxelo. Realizar as operacións técnicas previstas utilizando os recursos necesarios. Elabora a documentación necesaria para a planificación

da construción do prototipo. Representar obxectos mediante vistas e perspectivas. Traballa en equipo de xeito responsable e respectuoso. Interpretar esbozos e bosquexos sinxelos. Representa mediante esbozos, bosquexos e

perspectivas obxectos e sistemas técnicos. Analizar as propiedades dos materiais utilizados na construción de obxectos tecnolóxicos.

Identifica diversos tipos de materiais para a fabricación dos obxectos.

Manipular e mecanizar materiais convencionais empregando técnicas e ferramentas adecuadas con especial atención ás normas de seguridade e saúde.

Identifica e manipula con seguridade as ferramentas do taller en operacións básicas.

Identificar operadores mecánicos de transformación e transmisión de movementos. Elabora un plan de traballo no taller con especial atención ás normas de seguridade e saúde.

Deseñar e simular circuítos eléctricos con simboloxía adecuada e montalos con operadores elementais.

Identifica os elementos que configuran unha estrutura.

Utilizar un equipamento informático para elaborar e comunicar proxectos técnicos sinxelos.

Deseña e monta sistemas mecánicos que cumpran unha función determinada.

Deseña circuítos eléctricos básicos empregando lámpadas, baterías e conectores.

Identifica as partes dun computador e o utiliza adecuadamente.

Manexa programas e software básicos.

Page 4: P Tecnoloxía e Tic docx - mercedariasferrol.esmercedariasferrol.es/wp-content/uploads/2020/05... · da avaliación do alumnado. Proba extraordinaria de setembro Terán que facer

2. Avaliación e cualificación

Avaliación

Procedementos: A avaliación do proceso de aprendizaxe do alumnado nesta etapa educativa será continua e global, e terá en conta o seu progreso no conxunto das áreas. Estes criterios permitirán definir o resultado do aprendizaxe. Instrumentos: Probas escritas: serán as probas que recollan a información nun texto de forma escrita que se enviarán por correo electrónico ou calquera outro método que explique o docente nese momento. Probas orais: probas concretas nas que pediremos unha información de extensión variable utilizando como medio preferente a expresión verbal pola vía oral, utilizando plataformas que nos permitan facelo e que o docente Observación: valoración do traballo realizado, instrumento moi utilizado para calibrar hábitos e comportamentos desexables. A avaliación final considerará, en conxunto, as dúas primeiras avaliacións valorando o desenrolo de aprendizaxes e competencias imprescindibles, pero tendo en conta, ademais, a resposta do alumnado ás tarefas propostas polos docentes, así como a implicación na elaboración e resolución das mesmas.

Cualificación final

Será individual.

Se terá en conta a implicación do alumnado no traballo diario, o seu esforzo e interese, a limpeza, a entrega de tarefas, os prazos, etc.

Realizárase a media dos contidos fundamentais da primeira e segunda avaliación, máis o traballado nesta avaliación que servirá para subir a nota, nunca para baixala.

Page 5: P Tecnoloxía e Tic docx - mercedariasferrol.esmercedariasferrol.es/wp-content/uploads/2020/05... · da avaliación do alumnado. Proba extraordinaria de setembro Terán que facer

3. Metodoloxía e actividades do 3º trimestre (recuperación, repaso, reforzo, e no seu caso, ampliación)

Actividades

Realizaranse actividades de reforzo, repaso e recuperación dos dous primeiros trimestres, engadindo algunha tarefa de ampliación só avaliable para subir nota.

Metodoloxía (alumnado con conectividade e sen

conectividade):

Traballarán a través do blog que se atopa na páxina web e da plataforma Teams, xa que todo o alumnado se conecta. Ademais, envían as tarefas a través de email para a súa corrección.

Materiais e recursos Blogs do curso, Teams.

4. Información e publicidade Información ao alumnado e ás

familias

Por medio dos blogs, por Teams e polo mail.

Publicidade Publicación obrigatoria na páxina web do centro.

Page 6: P Tecnoloxía e Tic docx - mercedariasferrol.esmercedariasferrol.es/wp-content/uploads/2020/05... · da avaliación do alumnado. Proba extraordinaria de setembro Terán que facer

1. Estándares de aprendizaxe e competencias imprescindibles – 3º ESO

CRITERIOS DE AVALIACIÓN ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE

B1.1. Identificar e describir as etapas necesarias para a creación dun produto tecnolóxico desde o seu deseño ata a súa comercialización, investigar a súa influencia na sociedade e propor melloras desde o punto de vista tanto da súa utilidade como do seu posible impacto social.

TEB1.1.1. Deseña un prototipo que dá solución a un problema técnico, mediante o proceso de resolución de problemas tecnolóxicos.

B1.2. Realizar as operacións técnicas previstas nun plan de traballo utilizando os recursos materiais e organizativos con criterios de economía, seguridade e respecto polo ambiente, e valorando as condicións do contorno de traballo. TEB1.2.1. Elabora a documentación necesaria para a

planificación da construción do prototipo

TEB1.2.2. Constrúe un prototipo que dá solución a un problema técnico, mediante o proceso de resolución de problemas tecnolóxicos.

TEB1.2.3. Traballa en equipo de xeito responsable e respectuoso.

B2.1. Interpretar esbozos e bosquexos como elementos de información de produtos tecnolóxicos. TEB2.1.1. Interpreta esbozos e bosquexos como elementos de información de produtos tecnolóxicos.

B3.1. Analizar as propiedades dos materiais utilizados na construción de obxectos tecnolóxicos, recoñecendo a súa estrutura interna, en relación coas propiedades que presentan e as modificacións que se poidan producir

TEB3.1.1. Describe as características propias dos materiais de uso técnico, comparando as súas propiedades.

TEB3.1.2. Explica as técnicas de identificación das propiedades mecánicas dos materiais de uso técnico.

B4.1. Relacionar os efectos da enerxía eléctrica e a súa capacidade de conversión noutras manifestacións enerxéticas.

TEB4.1.1. Explica os principais efectos da corrente eléctrica e a súa conversión. Básico

B4.2. Experimentar con instrumentos de medida e obter as magnitudes eléctricas básicas. TEB4.2.2. Calcula as magnitudes eléctricas básicas en circuítos eléctricos sinxelos.

Page 7: P Tecnoloxía e Tic docx - mercedariasferrol.esmercedariasferrol.es/wp-content/uploads/2020/05... · da avaliación do alumnado. Proba extraordinaria de setembro Terán que facer

B1.1. Identificar e describir as etapas necesarias para a creación dun produto tecnolóxico desde o seu deseño ata a súa comercialización, investigar a súa influencia na sociedade e propor melloras desde o punto de vista tanto da súa utilidade como do seu posible impacto social.

TEB1.1.1. Deseña un prototipo que dá solución a un problema técnico, mediante o proceso de resolución de problemas tecnolóxicos.

B1.2. Realizar as operacións técnicas previstas nun plan de traballo utilizando os recursos materiais e organizativos con criterios de economía, seguridade e respecto polo ambiente, e valorando as condicións do contorno de traballo. TEB1.2.1. Elabora a documentación necesaria para a

planificación da construción do prototipo

TEB1.2.2. Constrúe un prototipo que dá solución a un problema técnico, mediante o proceso de resolución de problemas tecnolóxicos.

TEB1.2.3. Traballa en equipo de xeito responsable e respectuoso.

B2.1. Interpretar esbozos e bosquexos como elementos de información de produtos tecnolóxicos. TEB2.1.1. Interpreta esbozos e bosquexos como elementos de información de produtos tecnolóxicos.

B3.1. Analizar as propiedades dos materiais utilizados na construción de obxectos tecnolóxicos, recoñecendo a súa estrutura interna, en relación coas propiedades que presentan e as modificacións que se poidan producir

TEB3.1.1. Describe as características propias dos materiais de uso técnico, comparando as súas propiedades.

TEB3.1.2. Explica as técnicas de identificación das propiedades mecánicas dos materiais de uso técnico.

B4.1. Relacionar os efectos da enerxía eléctrica e a súa capacidade de conversión noutras manifestacións enerxéticas.

TEB4.1.1. Explica os principais efectos da corrente eléctrica e a súa conversión. Básico

B4.2. Experimentar con instrumentos de medida e obter as magnitudes eléctricas básicas. TEB4.2.2. Calcula as magnitudes eléctricas básicas en circuítos eléctricos sinxelos.

Page 8: P Tecnoloxía e Tic docx - mercedariasferrol.esmercedariasferrol.es/wp-content/uploads/2020/05... · da avaliación do alumnado. Proba extraordinaria de setembro Terán que facer

1. Estándares de aprendizaxe e competencias imprescindibles – 4º ESO

CRITERIOS DE AVALIACIÓN ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE

B1.3. Recoñecer e comprender os dereitos dos materiais aloxados na web TICB1.3.2. Diferenza o concepto de materiais suxeitos a dereitos de autoría e materiais de libre distribución

FQB1.6.2. Participa, valora, xestiona e respecta o traballo individual e en equipo.

B2.1. Utilizar e configurar equipamentos informáticos, identificando os elementos que os configuran e a súa función no conxunto TICB2.1.1. Realiza operacións básicas de organización e

almacenamento da información

TICB2.1.2. Configura elementos básicos do sistema operativo e de accesibilidade do equipamento informático

B2.3. Utilizar software de comunicación entre equipamentos e sistemas TICB2.3.1. Administra o equipamento con responsabilidade e coñece aplicacións de comunicación entre dispositivos

B3.1. Utilizar aplicacións informáticas de escritorio para a produción de documentos.

TICB3.1.1. Elabora e maqueta documentos de texto con aplicacións informáticas que facilitan a inclusión de táboas, imaxes, fórmulas, gráficos, así como outras posibilidades de deseño, e interactúa con outras características do programa.

TICB3.1.2. Produce informes que requiren o emprego de follas de cálculo, que inclúan resultados textuais, numéricos e gráficos

Page 9: P Tecnoloxía e Tic docx - mercedariasferrol.esmercedariasferrol.es/wp-content/uploads/2020/05... · da avaliación do alumnado. Proba extraordinaria de setembro Terán que facer

TICB3.1.3. Elabora bases de datos sinxelas e utiliza a súa funcionalidade para consultar datos, organizar a información e xerar documentos.

B4.1. Adopta condutas de seguridade activa e pasiva na protección de datos e no intercambio de información. TICB4.1.1. Analiza e coñece dispositivos físicos e características técnicas, de conexión e de intercambio de información entre eles.

B4.1. Adopta condutas de seguridade activa e pasiva na protección de datos e no intercambio de información TICB4.1.2. Coñece os riscos de seguridade e emprega hábitos de protección adecuados.

Page 10: P Tecnoloxía e Tic docx - mercedariasferrol.esmercedariasferrol.es/wp-content/uploads/2020/05... · da avaliación do alumnado. Proba extraordinaria de setembro Terán que facer

2. AVALIACIÓN E CUALIFICACIÓN

Avaliación

Procedementos: Produción do alumno. Tanto actividades interactivas, traballos, fichas , boletíns de exercicios. Cada un deles será puntuado polo profesor. Realizarase unha nota media de todos eles. Neste caso valorarase esa nota como un 80% e a entrega en prazo un 20%. O profesor valorará:

ü O dominio dos contidos esixidos.

ü A correcta resolución e explicación dos problemas de maneira razoada.

ü O emprego do vocabulario científico.

ü A presentación axeitada, a caligrafía e a ortografía.

• Probas telemáticas: Para alumnos que teñan as dúas avaliacións non aprobadas. Valorarase un 50% a produción do alumno e un 50% a proba telemática.

Instrumentos: Fichas de traballo, actividades interactivas, fichas de traballo, actividades interactivas, boletíns de exercicios, probas telemáticas, traballos individuais e en grupo.

Cualificación final

Para a cualificación final priorizaranse os resultados da 1ª e 2ª avaliación e teranse en conta o resultado das actividades propostas durante o terceiro trimestre só no caso de que beneficien o resultado da avaliación do alumnado.

Proba extraordinaria de

setembro

Terán que facer un traballo de reforzo durante o verán dos contidos dados durante a 1ª e 2ª avaliación. Na Avaliación extraordinaria de Setembro os alumnos realizarán unha proba escrita. Necesitarase ter unha nota mínima de 4 sobre 10 en dita proba para que se lle valore o traballo de reforzo realizado durante o verán, e poder así aprobar a avaliación.

Avaliación de materia

pendentes

Criterios de avaliación: Serán os correspondentes aos criterios de avaliación adaptados da 1ª e 2ª avaliación da materia pendente. Excluiranse os contidos da terceira avaliación que non foron reforzados durante a etapa de clases presencias. Criterios de cualificación: Terase en conta as probas e traballos realizados durante a 1ª e 2ª avaliación Valoraranse de 1 a 10 os traballos entregados na terceira avaliación, e só teranse en conta se benefician a nota do alumno. Procedementos: Serán as producións do alumnado, que se valorarán cun 80% da nota, e un 20% a entrega dentro das datas fixadas. Instrumentos: Traballos entregados , boletíns de exercicios .

Page 11: P Tecnoloxía e Tic docx - mercedariasferrol.esmercedariasferrol.es/wp-content/uploads/2020/05... · da avaliación do alumnado. Proba extraordinaria de setembro Terán que facer

3. METODOLOXÍA E ACTIVIDADES DO 3º TRIMESTRE (recuperación, repaso, reforzo, e no seu caso, ampliación)

Actividades

Actividades interactivas feitas na plataforma Aula Planeta. Nela quedarán reflectidas todas as actividades realizadas polo alumno e a data de realización.

Traballos, fichas e boletíns de exercicios en Aula Planeta e Microsoft Teams:

Realizados polo alumno na súa casa seguindo as indicacións marcadas polo profesor . O alumno enviará ao profesor por correo electrónico ditas tarefas, ou ben as subirá a plataforma educativa Aula Planeta ou a Microsoft Teams . O profesor con ela pode obter información sobre:

ü A expresión escrita (precisión, rigor e soltura no uso da linguaxe, incluída a ortografía).

ü A comprensión e o desenvolvemento de actividades.

ü Uso de fontes de información.

ü Os hábitos de traballo.

ü A presentación (organización, limpeza e claridade).

ü A capacidade de síntese. • Probas telemáticas: Sempre que haxa unha dispoñibilidade de

medios por parte do alumnado realizaranse este tipo de probas nos casos de recuperacións de avaliacións pendentes.

Metodoloxía (alumnado con

conectividade e sen conectividade):

Alumnado con conectividade: A comunicación co alumnado farase a través da plataforma educativa Aula Planeta, da ferramenta dixital Microsoft Teams e do correo electrónico cos alumnos e as súas familias. Alumnado sen conectividade: Mediante un cuestionario realizado polo Colexio a todas as familias, comprobouse a dispoñibilidade do alumnado para o acceso a medios informáticos e internet. A conclusión obtida é que teñen dispoñibilidade de medios pero teñen dificultades no manexo das ferramentas dixitais. O profesorado terá en conta os medios dos que dispón estes alumnos á hora de solicitar as tarefas a realizar, e buscará medios alternativos para que todo o alumnado teña acceso as mesmas. Co fin de evitar que a fenda dixital incida de maneira negativa no rendemento deste alumnado, o profesor será flexible na avaliación das devanditas tarefas naqueles alumnos con dificultades para acceder a medios informáticos e internet.

Materiais e recursos Fichas, vídeos explicativos, cuestionarios, libros de texto en papel e dixitais, actividades e recursos da plataforma Aula Planeta, outros recursos da rede.

Page 12: P Tecnoloxía e Tic docx - mercedariasferrol.esmercedariasferrol.es/wp-content/uploads/2020/05... · da avaliación do alumnado. Proba extraordinaria de setembro Terán que facer

4. INFORMACIÓN E PUBLICIDADE Información ao

alumnado e ás familias As familias serán informadas da súa existencia a través dunha circular informativa enviada por correo electrónico.

Publicidade Esta adaptación da programación didáctica será publicada na páxina web do Colexio para o coñecemento de toda a comunidade educativa.