La incorporacion de las TIC a la atencion sanitaria. Oportunidades y dificultades
Pautas dificultades atencion
-
Upload
charo-lorenzo -
Category
Education
-
view
308 -
download
6
description
Transcript of Pautas dificultades atencion
IIEESS.. AASS BBAARRXXAASS
DDEEPPAARRTTAAMMEENNTTOO OORRIIEENNTTAACCIIÓÓNN
TTFF998866331155336688 R/ Fonte do Unicornio 2- 36950 MOAÑA
Telf. 986-314243 Fáx. 986314300
REFLEXIÓNS PREVIAS
Tanto os alumnos diagnosticados con T.D.A. (trastorno por déficit de atención),
T.D.A.H. (trastorno por déficit de atención e hiperactividade) ou Síndrome de
Asperger, teñen un funcionamento neurolóxico diferente, tendo en común
unha alteración na “función executiva” (da que se encarga básicamente o
lóbulo frontal). Os fallos na función executiva conlevan dificultades para
planificar, organizar e controlar a actividade, afectando tanto ás tarefas
cognitivas (aprendizaxes) como ao control emocional e conductual.
A educación secundaria é unha etapa que coincide coa adolescencia, momento
evolutivo especialmente difícil para o alumnado que presenta algún tipo de
dificultade especifica. É o momento no que o sistema cambia para ser menos
controlador e espérase un maior grao de responsabilidade nos rapaces e
rapazas, o número de profesores aumenta con esixencias a menudo diferentes
para cada materia e os contidos fanse máis abstractos e complexos. En
seundaria é necesario dominar as ferramentas de aprendizaxe e ter suficiente
capacidade de concentración para estudiar. Este tipo de alumnado pode ter
grandes problemas para adaptarse ás novas esixencias educativas desta etapa.
Os expertos aconsellan medidas que teñen que ver, sobre todo, cun cambio de
metodoloxía máis que cos apoios sobre os contidos escolares.
Todos eles inciden na “externalización “ das normas, pautas, instruccións,
tempos, etc. Como unha das claves para que teñan referentes claros que
orienten a súa acción. Non basta con explicar ou dicir, hai que facelo “visible”
para que o teñan presente en todo momento e evitar que repitamos
MEDIDAS PARA O TRABALLO DIARIO DO ALUMNADO CON DÉFICIT NA FUNCIÓN EXECUTIVA
(T.D.AH., T.D.A., ASPERGER,…)
instruccións e recriminacións que acaban por facer mella na súa autoestima, e
que os fai máis dependentes da nos intervención.
No caso do alumnado con S. de Asperger, que son fundamentalmente
pensadores visuais, estes apoios son básicos para guiar o seu: listados, axendas
visuais, esquemas ou mapas conceptuais, etc. Polo tanto, un aula organizada
con apoios visuais favorece tanto a éstes como aos alumnos con T.D.A.H. e, en
xeral, a todo o grupo. Son apoios moito máis inclusivos, xa que insértanse na
dinámica xeral da aula e benefician a todos.
As metodoloxías activas (que se basan máis no que o alumno fai) e
cooperativas, adáptanse mellor ás súas necesidades xa que evitan a
desconexión da atención e permite o apoio entre iguais, a imitación e o control
por parte do grupo. Ademáis, estaremos actuando na esfera das habilidades
sociais (autoestima, empatía, cooperación, toma de decisión, etc.), tan
importantes para este tipo de alumnado e para todos en xeral.
DIFICULTADES DUN NENO OU NENA CON DIFICULTADES DE ATENCIÓN NA AULA.
Dificultade para escoitar e seguir instrucións, teñen problemas para comenzar
calquera traballo e a miudo non o rematan a tempo.
Dificultade para concentrarse, distráense, son desorganizados e olvidadizos.
Interrumpen conversaciones, falan sen permiso ou moi alto.
Teñen problemas para sentarse quedos ou estar no seu sitio durante un tempo
longo.
Soen ser impopulares porque son imprevisibles e o seu comportamento pode
chegar a ser irritante, disruptivo e difícil de controlar.
RECOMENDACIÓNS PARA PROFESORADO.
1. MODIFICACIÓNS NO AMBIENTE DO AULA:
-Proporcionar ambientes estructurados que posibiliten as aprendizaxes,
eliminando obxectos innecesarios e distractores.
-A necesidade de moverse debe ser considerada como un aspecto relevante na
planificación de actividades e na utilización dos espazos da aula, sendo necesario
establecer tempos nos que se lles permita moverse.
-Cando sexa posible, deben axustarse os horarios en función do índice de fatiga, de
rendimento escolar ou de efecto da medicación (cando a toman).
-Reservarase un tempo para que ordene a súa mesa e materiais (libros, cadernos)
decíndolle cómo debe facelo e supervisándoo ata que se convirta nun hábito.
-O emprego de medios técnicos e informáticos favorecerá a súa atención e
motivación (encerado dixital, ordenador, láminas, etc.).
-Crear ambientes predecibles (rutinas, descansos, horarios, axendas, etc..).
2. ADAPTACIÓNS METODOLÓXICAS XERAIS.
ONDE SENTARSE:
Situalos onde haxa menos distracción por exemplo na primeira fila, cerca do
mestre ou mestra e mellor lonxe da porta e a ventana.
Deben situarse onde teñan moito contacto visual co mestre ou mestra.
Mellor emparellalos con nenos ou nenas máis tranquilos.
RUTINAS E ORGANIZACIÓN
É importante escribir na pizarra os deberes e o horario ou ben nunha folla de
papel que teña á vista. Tamén é útil ter un espazo visible e accesible na aula
para poñer a información, chamando a atención do alumno cando haxa
novidades.
Ter na mesa só o necesario para facer a tarefa proposta.
Ter autoinstruccións na súa mesa para desenvolver a tarefa.
Utilizar a axenda como método memorístico e para a comunicación cos pais e
nais sobre deberes, traballos, exames….(asegurarse de que anotou ben ata que
faga o hábito).
As reglas da aula deben ser poucas, claras, sinxelas e repetidas
frecuentemente, asegurándonos que o neno ou nena as entende ben
pedíndolle que as repita.
Manter rutinas constantes durante o curso.
Avisar sempre como norma cando empeza e cando remata a clase, desta forma
o alumno/a poderá centrarse nos cambios e aceptalos sen problema.
Avisar sempre con moita antelación e lembrar os cambios nas rutinas e no
horario, por exemplo cando hai saídas, excursións, actividades
novas….asegurándonos que o entendeu.
Dar avisos, novidades ou temas diferentes ao finalizar a clase, xa que do
contrario conseguiremos que o alumno pase o tempo preguntando sobre a
excursión, ou intentando pensar como será……
OUTRAS
Asegurar a comprensión das explicacións ou das instruccións para realizar
as tarefas.
Fragmentarlle as tarefas.
Adaptar o tempo de realización das tarefas, así como a cantidade das
mesmas.
Priorizar os obxectivos fundamentais, cambiar a temporalización, simplificar
obxectivos.
3. COMO DAR INSTRUCIÓNS DE FORMA MÁIS EFECTIVA.
Sempre debemos manter o contacto ocular e aproximarnos ao alumno ou
alumna.
Instruccións claras, sinxelas, curtas e moi concretas: por exemplo diríamos
“garda o estoxo na carteira”, pero non diríamos “a ver se eres máis ordeado”.
4. MELLORAR A SÚA CONCENTRACIÓN.
Utilizar métodos de ensino novedosos que sorprendan e motiven ao neno
ou nena cada día e deste modo tamén conseguimos motivar ao resto da
aula.
Evitar que a meirande parte do ensino sexa verbal.
Eloxiar con frecuencia.
Suliñar as palabras chave ou ideas principais dunha tarefa, instrucción…
(por exemplo problema de matemáticas, lectura comprensiva…..).
Usar reloxo para que o neno ou nena sexan conscientes do tempo que lles
falta ou xa levan, os nenos e nenas TDAH, Asperger ou con Dislexia non
soen ter noción do tempo.
Darlle toques de atención constantes cando a tarefa sexa longa (mellor que
sexa unha sinal discreta acordada con él) .
Encargarlle recados que supoñan erguerse da cadeira.
Combinar instrucións verbais con sinais auditivas e visuais.
5. COMO ADAPTAR OS EXAMES
Os nenos e nenas TDAH, ASPERGER ou con DISLEXIA non poden controlar ben o
tempo e fácilmente se distraen con estímulos externos. Presentarlle un exame
ao uso non é positivo e os seus resultados sempre van ser moito máis baixos do
que realmente eles poden.
PAUTAS A SEGUIR Á HORA DE FACER UN EXAME:
Pode ser útil entregar tantos folios como preguntas de exame teñamos,
é dicir, se hai un exame con 5 preguntas, damos cinco folios e en cada
folio unha pregunta. Non se dan xuntos, danse por tempos. Marcamos
ao neno ou nena o tempo que ten para responder cada unha das
preguntas e cando pase, quitámoslle ese folio e dámoslle o seguinte.
O enunciado ten que ser claro en forma, é dicir, de ser posible suliñar as
partes importantes ou usar negriña para resaltar o máis chamativo.
Preguntas cortas e directas. Pode ser interesante dividir en varias
preguntas os enunciados complexos evitando dar máis de unha
instrucción na mesma pregunta.
Avisar ao neno ou nena do tempo que queda cando xa sexa inferior a
cinco minutos para entregar el exame.
Deixarlle tempo para repasar unha vez remate, sempre tempo contado
e visual.
En nenos ou nenas con dislexia engadida e tamén en Asperger, facer
exames orais de asignaturas que requiran moita escrita.
Non penalizar en exceso en exámenes que non sexan de Lengua, Lingua
por mala caligrafía, ortografía ou presentación. É mellor revisar
posteriormente o exame con el ou ela e dicirlle que unha vez xa
correxido o pase a limpo na casa como traballo de deberes.
6. PARA MELLORAR O COMPORTAMENTO
Crear un clima de aula axeitado
Establecer e consensuar as normas, limites e consecuencias das
accións. Normas de clase.
Crear lazos de empatía co alumno/a, organizando actividades que
axuden a establecer relacións interpersoais positivas.
Favorecer o traballo cooperativo.
Permitirlle a este tipo de alumnado válvulas de escape posibilitando
movementos controlados (recados...) ou facelo portagonista da
explicación.
Previr a aparición de conflictos
Ignorar interrupcións menores ou mal comportamento leve, mellor
correxilo e falalo a nivel individual despois.
Distraer ao neno ou nena de mal comportamento redirixindo hacia un
comportamento adecuado.
Usar intelixencia emocional e reforzos positivos, non desafiar nin entrar
en batallas sobre todo se o neno ou nena é NEGATIVISTA DESAFIANTE.
Os castigos deben ser curtos, explicados con calma e previamente
pactados.
Os castigos deben aplicarse inmediatamente despois do mal
comportamento.
Evitar sarcasmos, enfados ou berros.
Ensinar ao neno ou nena a darse conta dos seus síntomas.
Empezar cada día coma se fose o primeiro, non lembrar todo o tempo
ao alumno ou alumna o que pasou o día anterior.