Pdi1-ciclo

2

Click here to load reader

Transcript of Pdi1-ciclo

Page 1: Pdi1-ciclo

Presentación do traballo de 1º ciclo para o Proxecto Documental Integrado da

Biblioteca.

As nenas e nenos do 1º ciclo estivemos traballando en dúas actividades diferentes, que

ten que ver co noso proxecto da Biblioteca, e fixémolo a través dalgúns aspectos da

astroloxía, que están relacionados coas árbores.

Por iso CONSTRUIMOS UN MONTE DIFERENTE AO QUE NOS RODEA, un monte no

que estamos representados cada un de nós.

Hai árbores de diferentes tamaños, con diferentes troncos, con diferentes ramas, con

diferentes raíces e con diferentes copas.

Por que son diferentes estas árbores?

Porque tamén cada un de nós somos totalmente diferentes, tanto por fóra como por

dentro. Vestimos diferente, temos cor de pelo diferente, altura diferente… e tamén

somos diferentes en canto a características persoais.

COMO O FIXEMOS?

Cada un debuxou nunha folla que nos deron as profes a árbore que quixo.

Despois seguindo as indicacións das diapositivas que aparecen na marxe dereita do

mural analizamos a nosa árbore e vimos como éramos relacionado coa árbore que

debuxamos, e escribimos nas follas amarelas. Se levantamos esa parte podemos ver

como somos por dentro despois de analizar a árbore que debuxamos.

Vedes que diferentes somos??

E POR ULTIMO… QUE FIXEMOS?

As nenas e nenos que vimos a clase pola tarde fixemos o mural que vedes aquí . Pegamos

as árbores e as súasc orrespondentes interpretacións. Puxémoslle un título, coloreamos

as letras e pregámolas. Pero taménf ixemos a nosa propia árbore a analizámola.

CONSTRUÍMOS UN MONTE DIFERENTE!!!!!!

A 2ª actividade que fixemos titúlase “Coñézome e valórame”.

Para facelo axudáronnos os Celtas, xa que eles sabían que cada un de nós leva unha

árbore no seu interior.

Os Druidas, que eran a clase máis sabia dos celtas, asociaron cada árbore cunha época

do ano e fixeron un horóscopo composto por 21 árbores.

Aquel nado baixo a influencia dunha árbore concreta rcibe as súas características e o

protexe al longo da súa vida.

Este horóscopo pretende servir para axudar a mellorar as nosas virtudes.

Page 2: Pdi1-ciclo

Na aula de Lingua Inglesa e Educación Artística, Plástica, se traballou o

recoñecemento das pegadas dos animais do bosque.

O material de traballo co que contamos para iniciarnos no coñecemento

deste tema foi o libro “Pegadas de mamíferos de España”, F. Arregi,

IKUSIKAS NATURA, a páxina web

http://funschool.kaboose.com/preschool/amazing-

animals/games/game_animal_tracks.html onde fixemos un xogo online de

recoñecemento e enlace de un grupo de animais coa súa pegada, a páxina

http://www.naturedetectives.org.uk/download/match_tracks.htm e

http://www.montessoriforeveryone.com/assets/PDF/Animal_Tracks.pdf

para un set de flashcards.

Para mostrarlle aos nosos compañeiros o aprendido, fixemos o noso propio

libro de pegadas de animais para a biblioteca.