PELÍCULAS AMBIENTADAS NAS REVOLUCIÓNS ......Francia, un misterioso nobre inglés coñecido como...

12
PELÍCULAS AMBIENTADAS NAS REVOLUCIÓNS LIBERAIS E NOS NACIONALISMOS EUROPEOS DO SÉCULO XIX ABSOLUTISMO- LIBERALISMO Cromwell (1970). Historia sobre a vida e as actuacións de Oliver Cromwell, líder do Parlamento inglés durante a guerra civil que enfrontou aos ingleses a mediados do século XVII e deu a vitoria aos partidarios da supremacía do Parlamento sobre a Coroa: tras a execución do rei Carlos I, Cromwell dirixiu a república. Matar a un rey (2003). Inglaterra, mediados do século XVII. Tras a vitoria obtida polos puritanos na guerra civil (1642-1648) que enfrontou á Corona co Parlamento, o rei Carlos I Estuardo foi executado (1649); a monarquía foi abolida proclamouse a república (1649-1660). Thomas Fairfax, membro da aristocracia, proxectaba unha reforma moderada da monarquía, pero o seu lugartenente Cromwel esixiu a execución do rei e a fin da monarquía. ESTADOS UNIDOS 1776 (1972). Adaptación dun musical de Broadway de Peter Stone sobre a Independencia dos Estados Unidos de América. O 4 de xullo de 1776 Inglaterra puxo fin ao seu dominio naquelas trece colonias que formaron o xermolo da actual nación. Corazones indomables (1939). Historia centrada nos inicios da guerra de independencia norteamericana (1775-1783) e nun grupo de campesiños rebeldes establecidos nunha zona fronteiriza do norte do estado de Nova York. O director exalta o espírito patriota e o valor dos primeiros colonos.

Transcript of PELÍCULAS AMBIENTADAS NAS REVOLUCIÓNS ......Francia, un misterioso nobre inglés coñecido como...

  • PELÍCULAS AMBIENTADAS NAS REVOLUCIÓNS LIBERAIS E NOS NACIONALISMOS EUROPEOS DO SÉCULO XIX

    ABSOLUTISMO- LIBERALISMO

    Cromwell (1970). Historia sobre a vida e as actuacións de Oliver Cromwell, líder do Parlamento inglés durante a guerra civil que enfrontou aos ingleses a mediados do século XVII e deu a vitoria aos partidarios da supremacía do Parlamento sobre a Coroa: tras a execución do rei Carlos I, Cromwell dirixiu a república.

    Matar a un rey (2003). Inglaterra, mediados do século XVII. Tras a vitoria obtida polos puritanos na guerra civil (1642-1648) que enfrontou á Corona co Parlamento, o rei Carlos I Estuardo foi executado (1649); a monarquía foi abolida proclamouse a república (1649-1660). Thomas Fairfax, membro da aristocracia, proxectaba unha reforma moderada da monarquía, pero o seu lugartenente Cromwel esixiu a execución do rei e a fin da monarquía.

    ESTADOS UNIDOS

    1776 (1972). Adaptación dun musical de Broadway de Peter Stone sobre a Independencia dos Estados Unidos de América. O 4 de xullo de 1776 Inglaterra puxo fin ao seu dominio naquelas trece colonias que formaron o xermolo da actual nación.

    Corazones indomables (1939). Historia centrada nos inicios da guerra de independencia norteamericana (1775-1783) e nun grupo de campesiños rebeldes establecidos nunha zona fronteiriza do norte do estado de Nova York. O director exalta o espírito patriota e o valor dos primeiros colonos.

  • Duelo de espías (1955). No comezos da guerra de independencia norteamericana, o dominio militar corresponde aos británicos pero no forte de West Point os colonos resisten heroicamente. Un día, o oficial de intelixencia atopa unha mensaxe cifrada no corpo dun espía descubríndose que contén unha valiosa información militar.

    El capitán Jones (1959). Relato sobre a épica historia de John Paul Jones, o primeiro heroe destacado da Mariña norteamericana durante a guerra de independencia. Foi un personaxe polémico que loitou cos escoceses fronte aos ingleses e contra estes en apoio dos colonos americanos pero, enfrontado ao Congreso, foi destinado a Rusia para dirixir a armada de Catarina a Grande.

    El discípulo del diablo (1959). Adaptación da obra teatral de Bernard Shaw baseada en acontecementos que tiveron lugar durante a guerra de independencia norteamericana na que colonos de Nova Inglaterra subleváronse contra a metrópole pero na que ta´ne tivo cabida a amizade, como a que se fraguou entre un colono norteamericano e y pastor protestante inglés.

    El fuerte (Bernard Cornwell). Narración dun episodio da guerra de independencia norteamericana –a célebre Expedición Penobscot do verán de 1779- centrada na defensa dun forte en Majabigwaduce (Massachusetts). Nesta obra, esencialmente coral, destacan dous militares: polos británicos John Moore e polos rebeldes americanos Peleg Wadsworth.

    El nacimiento de una nación (1915). Clásico do cine mudo que narra algúns dos acontecementos máis destacados da formación dos Estados Unidos como a guerra civil e o asasinato de Lincoln. Foi Ha tachada de racista pola glorificación que fai do Ku Klux Klan, pero ten o mérito de ser a primeira película que contou os feitos históricos de forma coherente e secuenciada.

    El patriota (2000). Nos inicios da guerra de independencia norteamericana, un heroico soldado que loitou en Francia e na India, renuncia a seguir combatendo para coidar da súa familia, pero as cousas cambian cando seu fillo maior decide alistarse no exército que loita contra os británicos.

  • John Adams (2008). Miniserie de TV de 7 episodios sobre a vida de John Adams, vicepresidente con George Washington e a quen sucedeu no cargo de presidente dos Estados Unidos (1797-1801).

    La Fayette (1961). Biografía do xeneral Adrienne de La Fayette , centrada na súa participación na guerra de independencia norteamericana na que loitou ao lado dos colonos fronte ao dominio inglés.

    La leyenda (2000). Recreación dos acontecementos que tiveron lugar no inicio da guerra de independencia norteamericana cando, no momento no que parecía que todo estaba perdido para os insurrectos, Washington e os seus oficiais realizaron unha arriscada operación que tivo éxito e que cambiou o curso da guerra.

    Pasión de libertad (1940). Durante a guerra de independencia norteamericana, unha moza renega da súa orixe aristocrática e casa cun plebeo de ideas democráticas, situación que provocará tensión e problemas na familia.

    Revolución (1985). Un pobre granxeiro trata de sobrevivir e coidar de seu fillo cando estoupa a rebelión dos colonos norteamericanos contra os dominadores ingleses. Son recrutados de forma forzada e, ante os abusos dos británicos, acabarán loitando con forza pola causa da liberdade e da independencia.

    "Tiempos de gloria (1989). Durante a guerra de independencia norteamericana, un rexemento de soldados negros entran a formar parte do exército, coa ilusión de contribuír co seu esforzo á liberdade e á independencia dun territorio que consideran propio.

    http://1.bp.blogspot.com/_BuKA8vHd9lo/S649-NDEEoI/AAAAAAAAAGQ/qLVpyJHHytw/s1600/Tiempos_De_Gloria_1.jpg

  • REVOLUCIÓN FRANCESA

    A la sombra de la guillotina (1958). Imaxinarias e imposibles aventuras de Luis, o herdeiro do rei Luis XVI e María Antonieta, nos anos posteriores á revolución francesa (imposibles porque o herdeiro falecera nunha prisión de Francia cando tiña 10 anos).

    Adiós a la reina (2012). Nas vésperas do inicio da revolución francesa, a nobreza de Versalles continúa a súa vida, allea á progresiva tensión nas rúas parísenas. Ante a noticia do asalto á Bastilla, moitos nobres foxen cos seus servidores, pero a lectora da raíña négase a crer os rumores, crendo que baixo a protección de María Antonieta non sufrirá ningún dano.Non sabe que estes serán os derradeiros días que pase a carón da raíña.

    Diálogo de carmelitas (1960). Filme baseado na real e tráxica historia de dezaseis monxas carmelitas do convento de Compiègne en 1794, guillotinadas no que hoxe é Place Nation durante a época do Terror da Revolución Francesa.

    Danton (1982). Recreación dos últimos días do revolucionario Georges-Jacques Danton, o seu proceso e posterior execución na guillotina por orde do seu inimigo político, Robespierre, en 1794.

  • El reinado del terror (1949). Durante o período coñecido como Época do Terror (1793-1795), Robespierre prepara unha listaxe cos nomes dos seus inimigos políticos que deben ser xulgados e executados na guillotina. Un grupo de políticos moderados, encabezados por Barras, encarga a un home que roube o documento e organiza unha revolta contra Robespierre.

    Empiecen la revoución sin mi (1969). Pouco tempo antes de que comece a revolución en Francia, dous xemelgos nacen nun hospital e por unha confusión das familias son separados e cambiada a súa identidade. Un criaranse coa realeza e o outro cuns campesiños, participando nas reivindicacións que piden a supresión dos privilexios. Ningún dos irmáns imaxina atoparse con que compartira a mesma nai.

    Historia de dos ciudades (1935 e 1958). O avogado inglés Sydney Carton namórase de Lucie Manette, pero ela casa con Charles Darnay. Cando se inicia a revolución en Francia, Darnay vai a París para liberar a un criado que foi inxustamente encarcerado, pero tamén a el o prenden e condenan á guillotina. Entón Carton, elabora un atrevido plan para salvar ao seu rival en amores.

    La inglesa y el duque (2001). Recreación histórica a partir das memorias de Miss Grace Eliott, unha monárquica inglesa que viviu durante a Revolución Francesa e foi amante de Jorge IV de Inglaterra (co que tivo un fillo) e de Filipe de Orléans, curmán de Luis XVI. Sufriu cárcere e estivo sentenciada a morte, pero logrou regresar ao seu país.

    La Marsellesa (1938). Narración sobre a Revolución Francesa a través dos ollos dos seus protagonistas directos, dese o monarca Luis SVI ata os nobres e campesiños e masas urbanas protagonistas dos levantamentos), con diálogos tomados en gran parte da documentación contemporánea dos sucesos descritos.

    La máscara de Scaramouche (1963). O marqués de La Tour apodérase ilexitimamente da herdanza que corresponde a un cómico que se fai chamar Scaramouche. Unha serie de circunstancias sacarán á luz a verdade e a identidade de ambos personaxes.

    http://la-mascara-de-scaramouche.peliculaspepito.com/

  • La noche de Varennes (1982). Relata a viaxe realizada pola familia real francesa tratando de fuxir da Francia revolucionaria e a súa detención en Varennes, descubertos a pesar das vestimentas de camuflaxe que levaban. Este intento de fuxida será determinante na acusación de traizón que os levará á guillotina.

    La Pimpinela Escarlata (1982). Durante a Época do Terror en Francia, un misterioso nobre inglés coñecido como "La Pimpinela Escarlata" libera da guillotina a condenados, especialmente a aristócratas, usando todo tipo de estratexias. En sociedade preséntase como o frívolo Sir Percy Blakeney, pose que adopta para tratar de conquistar a unha actriz relacionada con Robespierre, relación que lle ocasiona problemas cando trate de rescatar ao fillo dos monarcas franceses.

    La Revolución Francesa (1989). Película dividida en dúas partes: Los años luminosos, que relata os acontecementos entre 1789 e 1792, e Los años terribles, que comeza coa ingreso na prisión da familia real e remata coa morte de Robespierre que puxo fin á Época do terror.

    Marat Sade (1967). Con motivo da visita que realizan uns aristócratas a un asilo mental organízase unha función teatral que dirixe o marqués de Sade, que está ingresado alí. O tema central da obra é o asasinato do revolucionario francés Jean-Paul Marat por Charlotte Corday e presenta un debate sobre diferentes tipos de relacións humanas.

    María Antonieta (2006). Con só catorce anos, a princesa austríaca María Antonieta ten que abandonar o seu país e familia para instalarse na opulenta, sofisticada e libertina corte francesa para casar co rei Luis XVI. Un matrimonio de estado para selar unha alianza entre Austria e Francia.

    Scaramouche (1952). Aventuras do máis famoso espadachín francés do século XVIII. Fillo bastardo dun nobre, na época da Francia revolucionaria coas tensións entre os partidarios de manter o Antigo Réxime e os de cambiar todo a través da revolución, Scaramouche xura vingar a morte dun amigo e para iso terá que manexar mellor que os contrincantes a espada, converténdose nun dos mellores espadachíns da época.

  • IMPERIO NAPOLEÓNICO

    Adiós Bonaparte (1985). Durante a ocupación francesa de Exipto, tres irmáns, pertencentes aos mamelucos derrotados, viven de modo moi diferentes a situación: Bakr, o maior, planea a revolta armada; Alí, o máis intelectual, defende a vía pacífica e negociada para conseguir a saída do seu país das tropas invasoras; Yehia, o menor e máis impresionable, sente atracción polo esplendor europeo.

    Austerlitz (1960). Esta decisiva batalla para os exércitos franceses de Napoleón está contada con detalle, tanto nos acontecementos previos como na narración da propia batalla.

    Désirée (1954). En 1794 Napoleón ten que elixir entre continuar co seu soño de dominar o mundo ou o seu amor por Désirée, da que está perdidamente namorado.

  • El coronel Chabert (1994). Historia baseada na novela de Balzac, que relata as aventuras do protagonista, un oficial do exército napoleónico que reaparece logo de dez anos de que fora dado por morto na batalla de Eylau. Desde entón camiña errante por París intentando recuperar todo o que perdeu, especialmente á súa muller, que casou co poderoso conde Ferraud.

    El hidalgo de los mares (1951). A película está baseada en tres novelas de Cecil S. Forester e centra a súa atención nos combates navais entre barcos españois, franceses e ingleses da época napoleónica.

    Guerra y paz (1956, 1968). Baseadas na famosa obra do escritor Tolstoi, relata os profundos cambios provocados en Rusia pola invasión das tropas napoleónicas en 1812. Todos os grupos sociais rusos deben unirse ante un perigo común e xuntos deben loitar para defender a súa patria.

    La feria de las vanidades (2004). A comezos do século XIX, a filla dun pobre artista inglés e dunha corista francesa está disposta a utilizar a súa beleza e astucia para conseguir o seu soño: ocupar un lugar na alta sociedade londinense. Consegue facer un beneficioso matrimonio, pero todo cambia cando Napoleón comeza a atacar Inglaterra; a guerra reduce a súa economía e pasa fame e miseria. Decidida a superar a situación, consegue a protección dun poderoso marqués, pero o prezo a pagar é demasiado alto.

    La última batalla (2003). Esta batalla non é de guerra, senón a batalla que tivo que loitar Napoleón cos seus carcereiros ingleses durante o seu cativerio antes de que os seus restos fosen trasladados a Francia. Ademais de reconstruír a vida do emperador en catividade, presenta unha conclusión aberta sobre as teorías da súa morte.

    Las aventuras de Gerad (1970). A película está baseada en relatos de Arthur Conan Doyle sobre o brigadier Gerard que serve no exército de Napoleón. A súa marcada personalidade fai que, aínda sendo fiel ao emperador e acata sen protestar as súas decisións, é un soldado atípico, máis preocupado polas conquistas amorosas que polas que se gañan no campo de batalla.

    https://www.google.com/url?q=http://puertabierta.wordpress.com/2011/02/10/el-hidalgo-de-los-mares/&sa=U&ei=FGRqU5CqCY2ayAS66YLgDA&ved=0CC4Q9QEwAA&usg=AFQjCNHOwnTA3GkBIcLeLB0A0lqgakNWYA

  • Los duelistas (1977). Dous homes enfróntanse nun duelo que sempre é interrompido e novamente reiniciado ao longo do período napoleónico, de modo que presenta unha evolución sobre esta época

    María Waleska (1937). A protagonista é unha condesa polaca que conquista o corazón de Napoleón por conveniencia política, pois unicamente o emperador francés podía liberar a Polonia e mellorar a súa situación económica.

    Master and Commander (2003). Un bo retrato da vida nun barco de guerra da época napoleónica. Aínda que despois da batalla de Trafalgar a guerra no mar pasou a un segundo plano, esta non desapareceu senón que pasou a ser unha guerra de pequenos encontros en lugar de grandes batallas.

    Motín en el Defiant (1962). En 1797 a flota inglesa está en guerra contra os franceses. O capitán Crawford faise á mar co Defiant e toda a tripulación terá que cumprir a súa misión en condicións moi difíciles, incluído o seu propio fillo.

    Napoleón (2002). Miniserie que abarca case toda a vida pública de Napoleón Bonaparte, desde 1795 ata a súa morte en 182, destacando os seus triunfos militares e os seus fracasos, incluíndo batallas - Eylau, Austerlitz, Waterloo- e amores -Xosefina de Beauharnais, Marie Louise, duquesa de Parma, Eleanore Denuelle, Marie Walewska. (Outras películas co mesmo título en 1927 e 1935).

    Napoleón y yo (2006). Comedia italiana sobre a vida de Napoleón e algúns dos máis coñecidos episodios, pero tamén outros menos tratados, como o seu primeiro exilio la illa de Elba.

  • Pan Tadeusz (1999). Durante a ocupación polaca polas tropas napoleónicas, dúas familias enfróntanse entre si: unha defende a alianza cos rusos e outra a liberdade de Polonia.

    Sangre de mayo (2008). Película ambientada nos días previos ao levantamento do Dous de Maio de 1808 en Madrid e centrada na vida de Gabriel, o personaxe de Galdós nos Episodios nacionais.

    Sabotage! (2000). En xuño de 1815 o gran exército de Napoleón e as forzas aliadas, ao mando do duque de Wellington, están dispostas para enfrontarse en Waterloo.

    Waterloo (1970). Palícula bélica centrada na descrición minuciosa da batalla que puxo fin ao imperio napoleónico

    ITALIA E ALEMAÑA

    Allosanfan (1973). A comezos do séculos XIX, a sociedade revolucionaria dos carbonarios loita para establecer un réxime liberal que poña fin ao absolutismo. Cansado desta loita, o vello Fulvio desexa cambiar de vida, pero os seus compañeiros tratarán de impedirllo porque é necesario para a fin que perseguen.

    http://pics.filmaffinity.com/Allonsanfan-225710105-large.jpg

  • Bismarck (1940). Biografía do chanceler prusiano artífice fundamental da unificación alemá do século XIX centrada na súa actividade política desde o seu nomeamento polo rei de Prusia ata a vitoria sobre Francia e a constitución do Segundo Imperio Alemán.

    El gatopardo (1963). Durante o proceso de unificación de Italia, a acción está centrada en Palermo e na familia do príncipe de Salina que ve como se transforma irremediablemente o seu mundo aristocrático ante os novos valores burgueses, liberais e nacionalistas.

    Noi credevamo (2010). Como resposta á represión exercida polos Borbóns do reino de Nápoles en 1828, tres mozos deciden alistarse no grupo nacionalista que lidera Mazzini. Pero as dificultades para lograr a unidade de Italia son numerosas e moitas veces provocadas nas propias filas dos nacionalistas.

    Viva Italia (1961). Biografía dun dos máximos líderes da unificación de Italia, Garibaldi, unha vida digna dunha auténtica novela de aventuras polas numerosas accións que planificou e dirixiu.

    EUROPA DANUBIANA E BALCÁNICA

    El destino de Sissi (1957). Cando a emperatriz Sissi viaxa a Hungría acompañada do conde Andrassy para calmar aos rebeldes nobres húngaros, a súa sogra aproveita para difundir o rumor de que son amantes. Cando o emperador Francisco Xosé se encontra con Sissi, esta comunícalle que está enferma e que debe viaxar a Grecia para repoñerse, o que será o inicio das constantes viaxes que fará ata ser asasinada.

    http://pics.filmaffinity.com/Bismarck-571666549-large.jpg

  • Luis II de Baviera, el rey loco (1972). Aspectos da vida deste rei de Baviera excéntrico e romántico que soñaba con facer felices aos seus súbditos, pero seguindo os consellos dos seus ministros, en lugar de paz provocou unha guerra. Ao final quedou sen amigos, abandonado incluso polo seu gran protexido, o músico Richard Wagner, e unicamente seguiu contando coa amizade fiel da súa curmán, a emperatriz Sissi.

    Mayerling (1968). Recreación da vida do arquiduque Rodolfo, herdeiro do trono austrohúngaro, e dos seus amores coa baronesa María Vetsera, amores non autorizados polo emperador e que remataron de forma tráxica co suicidio dos amantes en Mayerling en 1889.

    Sissi (1955). O emperador austrohúngaro Francisco Xosé debe casar e a súa nai xa buscou a noiva, pero el decide contradicila e casar con Sissi. Esta situación fará que nora e sogra discutan por case todo, especialmente por cuestións do ríxido protocolo da corte de Viena ao que non quere someterse a xoven emperatriz.

    Sissi emperatriz (1956). Logo da fantástica voda en Viena, Sissi debe afrontar os problemas cotiáns do protocolo da corte, unha situación na que choca coa rixidez que desexa manter a súa sogra.