Pessoa
-
Upload
julioparadayanez -
Category
Education
-
view
488 -
download
0
description
Transcript of Pessoa
Fernando Pessoa e Alberto Caeiro
Nace en Lisboa en 1888, pero trasládase de neno a Sudáfrica, onde se educa
Profundo coñecemento da lingua e cultura anglosaxonas
Publica poemarios en inglés
En 1905 instálase definitivamente en Lisboa, onde se gana a vida como tradutor de correspondencia comercial.
A partir de 1912, participa activamente como ensaísta, crítico, tradutor, poeta… en revistas literarias de Lisboa (Athena, Orpheu)
Morre no ano 1935 a causa de problemas hepáticos
En 1933 sae á luz Mensagem, o único libro en portugués que publica en vida. E unha obra de tema patriótico; explora o sentido da historia de Portugal.
Participa nas tendencias renovadoras da poesía portuguesa: paulismo, interseccionismo, sensacionismo, futurismo
Álvaro de Campos(1890)
Alberto Caeiro(1889)
Ricardo Reis(1897)
Chevalier de Pas,Bernardo Soares,Antonio Mora,Alexander Search…
Heterónimos
Álvaro de Campos
Estudia ensexeñería en Glasgow A súa evolución poética ten tres fases:
- Fase decadentista- Fase futurista- Fase independente
Caracterízase polo paixón e o vitalismo
Ricardo Reis
Médico, gran coñecedor da cultura clásica Poeta culto, de estilo horaciano Busca a serenidade e a felicidade tranquila
Alberto Caeiro
Nace en 1889 e morre en 1915 de tuberculose. Nace e morre en Lisboa, pero vive no Ribatejo. Viviu afastado da vida cultural. É o mestre dos outros heterónimos, e mesmo do ortónimo.
Pessoa concebiuno en marzo de 1914 En 1925 aparecen un grupo de poemas na revista Athena. A obra completa de Alberto Caeiro non foi publicada en vida de Pessoa. Fernando Pessoa seguiu escribindo poemas de Caeiro durante moitos anos.
“Revelador da Realidade”, “Argonauta das sensacións verdadeiras”….
A súa obra aparece agrupada en tres bloques:
- O Guardador de rebanhos: o poeta identifícase cun pastor; o seu rebaño son os seus pensamentos / sensacións - O pastor enamorado: única peripecia vital que sabemos de Caeiro. - Poemas inconjuntos: non teñen fío condutor.
Leve, leve, muito leve,un vento muito leve passa,e vai-se, sempre muito leve.E eu nâo sei o que pensonem procuro sabê-lo
Alberto Caeiro
Algunhas ideas de Alberto Caeiro
É evidente que as cousas existen, porque as podemos ver
As cousas son o que son, e non teñen un sentido oculto
A relixión e a filosofía parten dun plantexamento equivocado, xa que xogan con ilusións.
Todo o que o home foi aprendendo fai que non vexa a Realidade
A conciencia non fai ao ser humano superior aos outros seres
Presente, pasado e futuro son ilusións; só existen os momentos concretos
A súa aspiración é prescindir do pensamento: simplemente “ser”, vivindo nunha especie de ataraxia, ou indiferencia. (G.R. XXXII)
O luar através dos altos ramos,dizem os poetas todos que ele é maisque o luar através dos altos ramos.
Mas para mim, que nâo sei o que pensoo que o luar através dos altos ramosé, além de sero luar através dos altos ramos,é nâo ser maisque o luar através dos altos ramos.
Alberto Caeiro
Alberto Caeiro como poeta
Estilo sinxelo, cun vocabulario simple e reducido
Emprego case exclusivo do presente de indicativo
É conscente de que a linguaxe traizoa o seu pensamento (G.R. XXVII)
Combate a metáfora mediante a tautoloxía (G.R. XXIV)
É un feroz opositor do simbolismo
Nem sempre sou igual no que digo e escrevo.Mudo, mas nâo mudo muito.A cor das flores nâo é a mesma ao soldo que quando uma nuvem passaou quando entra a noitee as flores sâo cor de sombra.
Mas quem olha bem vê que sâo as mesmas flores.Por isso quando pareço nâo concordar comigo,reparem bem para mim:se estava virado para a direita,voltei-me agora para a esquerda,mas sou sempre eu, assente sobre os mesmos pés,o mesmo sempre, graças ao céu e á terrae aos meus olhos e ouvido atentose á minha clara simplicidade de alma
Alberto Caeiro