PLANIFICACIÓN FOTONOVELA 6º

3
EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO EN FOTOS O día 30 de marzo saímos cedo pola mañá de camiño a Oviedo. Inda era de noite e tiñamos moito sono, pero estabamos moi animados. A metade de camiño paramos nunha área de servizo e máis tarde a merendar nun parque privado. O resto do camiño vimos unha película. Que ben o pasamos! Chegamos a Oviedo onde comemos bocatas con distintos recheos nun parque público cos nosos amigos e amigas. Despois visitamos todos xuntos a preciosa catedral da cidade asturiana e dimos un paseo moi agradable. Pola tarde subimos ao autobús e puxémonos en marcha ata o Museo Jurásico de Asturias (MUJA). Ao chegar ao MUJA tivemos que esperar e fomos a un parque a xogar. Despois de sacar unhas fotos entramos no museo, onde asistimos a unha visita guiada que rematou na carísima tenda de recordos.

Transcript of PLANIFICACIÓN FOTONOVELA 6º

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO

EN FOTOS

O día 30 de marzo saímos cedo pola mañá de camiño a Oviedo. Inda era de noite e tiñamos moito sono, pero estabamos moi animados. A metade de camiño paramos nunha área de servizo e máis tarde a merendar nun parque privado. O resto do camiño vimos unha película. Que ben o pasamos!

Chegamos a Oviedo onde comemos bocatas con distintos recheos nun parque público cos nosos amigos e amigas. Despois visitamos todos xuntos a preciosa catedral da cidade asturiana e dimos un paseo moi agradable. Pola tarde subimos ao autobús e puxémonos en marcha ata o Museo Jurásico de Asturias (MUJA).

Ao chegar ao MUJA tivemos que esperar e fomos a un parque a xogar. Despois de sacar unhas fotos entramos no museo, onde asistimos a unha visita guiada que rematou na carísima tenda de recordos.

Xa no hotel deixamos as maletas e baixamos ao comedor onde cenamos. Despois subimos ás habitacións a asearnos, puxémonos os pixamas e fixemos unha festa nocturna. Os que quixeron foron durmir mentres outros vían a tele. O primeiro día de hotel foi marabilloso.

Á mañá seguinte fomos ao Parque da Natureza de Cabárceno, no que nos divertimos moito mirando animais procedentes de distintos países do mundo. Había un montón de especies e aves preciosas. Tamén había moitos animais de granxa. Pola mañá fomos ver unha exhibición de leóns mariños e pola tarde unha de aves rapaces.

A exhibición de aves foi moi entretida xa que as aves voaban por enriba de nós; inda que daban un pouco de medo cando se nos achegaban. Facía moita calor, tivemos que botarnos crema e poñer a gorra

A exhibición de leóns mariños resultou moi graciosa e divertida pois facían cousas incribles. Pasámolo xenial véndoos, eran capaces de poñerse de pe sobre unha aleta, e ata eran capaces de saltar case tres metros. Eran tres, dous machos e unha femia.

Ao chegar ao hotel dimos un paseo polo pobo. Vimos un edificio feito por Gaudí chamado El Capricho. Tamén vimos a Universidade Pontificia de Comillas e un palacio impresionante.

En Comillas, en medio da visita, fixemos unha foto de grupo na que tamén aparecían os profesores que nos acompañaron e a condutora do autobús. En xeral, gustounos moito aquel tranquilo pobo.

Logo volvemos ao hotel para tomar unha cea exquisita. Pola noite fixemos outra das nosas animadas festas nocturnas. Este día pasámolo xenial todos.

O último día visitamos o Museo de Altamira. Estaba cheo de cousas moi interesantes que representaban a vida na Prehistoria. Vimos a neocova que é unha réplica da de verdade. Ao saír, subimos ao autobús para volver a Pontevedra.

Alumnado de 6º B