Pobos prerromanos da Península Ibérica. A cultura castrexa
-
Upload
serxio-folgueira-arias -
Category
Education
-
view
701 -
download
2
Transcript of Pobos prerromanos da Península Ibérica. A cultura castrexa
![Page 1: Pobos prerromanos da Península Ibérica. A cultura castrexa](https://reader031.fdocuments.co/reader031/viewer/2022021419/5a66931f7f8b9ac5128b5637/html5/thumbnails/1.jpg)
OS POBOS PRERROMANOS DAPENÍNSULA IBÉRICA
SERGIO FOLGUEIRA ARIAS1º ESO (CIENCIAS SOCIAIS)
![Page 2: Pobos prerromanos da Península Ibérica. A cultura castrexa](https://reader031.fdocuments.co/reader031/viewer/2022021419/5a66931f7f8b9ac5128b5637/html5/thumbnails/2.jpg)
Mentres en Grecia nacía ademocracia e a filosofía ou se construía o Partenón...
que acontecía na Península Ibérica?
![Page 3: Pobos prerromanos da Península Ibérica. A cultura castrexa](https://reader031.fdocuments.co/reader031/viewer/2022021419/5a66931f7f8b9ac5128b5637/html5/thumbnails/3.jpg)
1. A CHEGADA DOS INDOEUROPEOS
●Quen eran os indoeuropeos?
● O termo indoeuropeo naceu como un concepto filolóxico, cando se comezou a ver que un gran conxunto de linguas desde a India até Europa tiñan moitos elementos comúns entre elas.
● Aparacerían arredor do ano 4.000 A.C. na zona cercana aos mares Negro e Caspio.
Mapa das linguas indoeuropeas
![Page 4: Pobos prerromanos da Península Ibérica. A cultura castrexa](https://reader031.fdocuments.co/reader031/viewer/2022021419/5a66931f7f8b9ac5128b5637/html5/thumbnails/4.jpg)
AS LINGUAS INDOEUROPEAS
![Page 5: Pobos prerromanos da Península Ibérica. A cultura castrexa](https://reader031.fdocuments.co/reader031/viewer/2022021419/5a66931f7f8b9ac5128b5637/html5/thumbnails/5.jpg)
Expansión indoeuropea
![Page 6: Pobos prerromanos da Península Ibérica. A cultura castrexa](https://reader031.fdocuments.co/reader031/viewer/2022021419/5a66931f7f8b9ac5128b5637/html5/thumbnails/6.jpg)
Como vivían os indoeuropeos?● Sabemos pouco dos seus modos de vida. ● Practicaban a agricultura e a gandería.● Coñecían a roda e o carro.● Domesticaban aos cabalos.● Coñecían a metalurxia do ferro.● Incineraban aos seus mortos e soterraban os restos dentro dunhas furnas cun enxoval.
![Page 7: Pobos prerromanos da Península Ibérica. A cultura castrexa](https://reader031.fdocuments.co/reader031/viewer/2022021419/5a66931f7f8b9ac5128b5637/html5/thumbnails/7.jpg)
Cando chegaron os indoeuropeos á Península Ibérica?
● Chegan en diversas vagas:
● A primeira arredor do século X/IX a.C. na zona de Cataluña.
● A segunda prodúcese no s. VIII a.C. coa migración dos grupos denominados celtas, que se asentan no norte, centro e oeste da Península.
● Non substitúen ás poboacións previas, senón que se misturan con elas.
![Page 8: Pobos prerromanos da Península Ibérica. A cultura castrexa](https://reader031.fdocuments.co/reader031/viewer/2022021419/5a66931f7f8b9ac5128b5637/html5/thumbnails/8.jpg)
2. AS COLONIZACIÓNS DOS POBOS DO MEDITERRÁNEO ORIENTAL
● Chegan:● Gregos● Fenicios● Cartaxineses
● Fundan colonias comerciais e de poboamento.
● O seu contacto cos pobos do sur e leste da Península está na orixe da cultura dos iberos.
![Page 9: Pobos prerromanos da Península Ibérica. A cultura castrexa](https://reader031.fdocuments.co/reader031/viewer/2022021419/5a66931f7f8b9ac5128b5637/html5/thumbnails/9.jpg)
E EN GALIZA?
● No noso país habitaba un pobo de orixe céltico, os galaicos.
● A Galiza non chegaron as colonizacións gregas e fenicias, pero isto non significou que non existiran os contactos.
● Polas nosas costas pasaba unha das rutas do estaño, que subministraban este material, imprescindíbel para a aleación do bronce.
● Un exemplo da influencia fenicia foi a introdución da metalurxia do ferro.
![Page 10: Pobos prerromanos da Península Ibérica. A cultura castrexa](https://reader031.fdocuments.co/reader031/viewer/2022021419/5a66931f7f8b9ac5128b5637/html5/thumbnails/10.jpg)
A CULTURA CASTREXA
- Denomínase cultura castrexa ao conxunto de manifestacións culturais do noroeste da Península Ibérica entre os séculos IX/VIII a.C. e o I d.C.
- A súa característica máis significativa é que vivían nuns poboados fortificados denominados castros, que lle dan o seu nome a esta cultura.
![Page 11: Pobos prerromanos da Península Ibérica. A cultura castrexa](https://reader031.fdocuments.co/reader031/viewer/2022021419/5a66931f7f8b9ac5128b5637/html5/thumbnails/11.jpg)
LOCALIZACIÓN
CulturaCastrexa
As características desta cultura localízanse nunha área que comprende a Galiza actual e que se prolonga cara o Occidente de Asturias polo norte e cara o río Douro (norte de Portugal) polo sur.
![Page 12: Pobos prerromanos da Península Ibérica. A cultura castrexa](https://reader031.fdocuments.co/reader031/viewer/2022021419/5a66931f7f8b9ac5128b5637/html5/thumbnails/12.jpg)
COMO RECOÑECEMOS
UN CASTRO?
Polos restos arqueolóxicos
Murallas, vivendas, pezas cerámicas, metalúrxicas...
A toponimia
Castro, Castriño, Castrillón,Croa, Cidá, Cibidá...
Polo folclore
Lendas de mouros, mulleres encantadas, tesouros...
![Page 13: Pobos prerromanos da Península Ibérica. A cultura castrexa](https://reader031.fdocuments.co/reader031/viewer/2022021419/5a66931f7f8b9ac5128b5637/html5/thumbnails/13.jpg)
Entre os castros máis coñecidos podemos citar...
- Baroña (Porto do Son)
- Santa Tegra (A Guarda)
- Viladonga (Castro de Rei)
- San Cibrán de Lás (San Amaro)
- Elviña (A Coruña)
- Castromao (Celanova)
Pero estes son só algúns, pois o país está cheo de castros. As últimas estimacións falan de entre 2.000 e 5.000.
Coñeces algún no teu concello?
![Page 14: Pobos prerromanos da Península Ibérica. A cultura castrexa](https://reader031.fdocuments.co/reader031/viewer/2022021419/5a66931f7f8b9ac5128b5637/html5/thumbnails/14.jpg)
O hábitat, representado polo castro, é o seu elemento máis característico. Pero... que é un castro?
É un poboado, de planta xeralmente redondeada, fortificado por muralla/s, foxo/s e parapeto/s en disposición concéntrica e pola ubicación en áreas de fácil defensa coma outeiros, aínda que tamén se atopan en chairas.
No interior da área defendida distribúense as construcións domésticas.
Segundo o seu emprazamento poden ser castros costeiros (en pequenas penínsulas) ou de interior (en outeiros, ladeiras ou chairas). Para a súa ubicación tamén é importante a existencia de terreos de cultivo e auga.
![Page 15: Pobos prerromanos da Península Ibérica. A cultura castrexa](https://reader031.fdocuments.co/reader031/viewer/2022021419/5a66931f7f8b9ac5128b5637/html5/thumbnails/15.jpg)
![Page 16: Pobos prerromanos da Península Ibérica. A cultura castrexa](https://reader031.fdocuments.co/reader031/viewer/2022021419/5a66931f7f8b9ac5128b5637/html5/thumbnails/16.jpg)
O castro de Baroña (Porto do Son) ubícase nunhapequena península paramellorar a súa defensa
![Page 17: Pobos prerromanos da Península Ibérica. A cultura castrexa](https://reader031.fdocuments.co/reader031/viewer/2022021419/5a66931f7f8b9ac5128b5637/html5/thumbnails/17.jpg)
Fortificacións
Vivendas
Castro de San Cibrán de Lás (San Amaro, Ourense)
![Page 18: Pobos prerromanos da Península Ibérica. A cultura castrexa](https://reader031.fdocuments.co/reader031/viewer/2022021419/5a66931f7f8b9ac5128b5637/html5/thumbnails/18.jpg)
Como son as vivendas?
-Sitúanse no interior do castro.
-Plante redondeada, cun diámetro de entre tres e seis metros.
-Poden contar cun vestíbulo.
-Por influencia romana adoptaron formas cuadrangulares.
-No interior das casas está o fogar.
-As cubertas eran de tipo vexetal recubertas con barro.
-Sobre os muros de pedra abríanse as portas.
-Non contamos practicamente con elementos arquitectónicos de carácter ritual (templos e necrópoles) nin tampouco con construcións públicas (palacios, lugares de reunión ou para espectáculos).
![Page 19: Pobos prerromanos da Península Ibérica. A cultura castrexa](https://reader031.fdocuments.co/reader031/viewer/2022021419/5a66931f7f8b9ac5128b5637/html5/thumbnails/19.jpg)
![Page 20: Pobos prerromanos da Península Ibérica. A cultura castrexa](https://reader031.fdocuments.co/reader031/viewer/2022021419/5a66931f7f8b9ac5128b5637/html5/thumbnails/20.jpg)
Reconstrución dunha vivendacastrexa no castro de Santa Tegra
![Page 21: Pobos prerromanos da Península Ibérica. A cultura castrexa](https://reader031.fdocuments.co/reader031/viewer/2022021419/5a66931f7f8b9ac5128b5637/html5/thumbnails/21.jpg)
As formas arquitectónicas perdurana través do tempo, coma nesta palloza
do Cebreiro (comarca dos Ancares, Lugo)
![Page 22: Pobos prerromanos da Península Ibérica. A cultura castrexa](https://reader031.fdocuments.co/reader031/viewer/2022021419/5a66931f7f8b9ac5128b5637/html5/thumbnails/22.jpg)
A ECONOMÍA: DE QUE VIVÍAN?
• Agricultura: cultivaban cereais (trigo, millo miúdo, cebada), leguminosas (fabas, chícharos), verzas, nabos...
• Gandería: vacas, cabalos, ovellas, cabras, porcos e aves de curral.
• Caza, pesca, marisqueo, recollida de froitos.
• Minaría do cobre, estaño, ferro ou chumbo.
• Elaboraban os útiles necesarios para a vida diaria→ Artesanía (cerámica, ourivería).
• O máis probábel é que non coñeceran a moeda, polo que practicaban o troco.
• Tampouco coñecían a escritura.
![Page 23: Pobos prerromanos da Península Ibérica. A cultura castrexa](https://reader031.fdocuments.co/reader031/viewer/2022021419/5a66931f7f8b9ac5128b5637/html5/thumbnails/23.jpg)
A SOCIEDADE CASTREXA
- Os castros estaban repartidos polo territorio.
- Cada castro estaba habitado por un conxunto de familias, e eran independentes do resto dos castros.
- Un conxunto de castros, co seu territorio circundante, podía constituír un populus ou tribo.
- Entre os distintos castros existían relacións, pero non formaban parte dunha unidade política superior, un Estado.
- As mulleres non se atopaban nunha situación moi desvantaxosa fronte os homes, pero todo parece indicar que estas sociedades eran rexidas por unha caste militar masculina.
![Page 24: Pobos prerromanos da Península Ibérica. A cultura castrexa](https://reader031.fdocuments.co/reader031/viewer/2022021419/5a66931f7f8b9ac5128b5637/html5/thumbnails/24.jpg)
Guerreiros castrexos deLesenho (Portugal)
Cabeza de guerreiro deRubiás (Bande)
![Page 25: Pobos prerromanos da Península Ibérica. A cultura castrexa](https://reader031.fdocuments.co/reader031/viewer/2022021419/5a66931f7f8b9ac5128b5637/html5/thumbnails/25.jpg)
Torso de guerreiro deArmeá (Allariz)
![Page 26: Pobos prerromanos da Península Ibérica. A cultura castrexa](https://reader031.fdocuments.co/reader031/viewer/2022021419/5a66931f7f8b9ac5128b5637/html5/thumbnails/26.jpg)
A RELIXIOSIDADE CASTREXA
- Temos moi poucos datos sobre as súas crenzas, na meirande parte dos casos a través de autores romanos.
- Parecen compartir moitas das características da relixiosidade doutros pobos celtas de Europa.
- Eran politeístas. Algúns dos seus deuses tiñan carácter local, mentres outros eran xerais.
- Semella que adoraban forzas relacionadas con elementos da natureza, como a auga, as montañas ou as árbores.