Poemas Valentín Paz Andrade

11
DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2012 Valentín Paz Andrade

Transcript of Poemas Valentín Paz Andrade

Page 1: Poemas Valentín Paz Andrade

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

2012

Valentín Paz Andrade

Page 2: Poemas Valentín Paz Andrade

CANTARELA DO CANTEIRO

P l im -p l im , p l im -p l im , p l im -p l im . . .

C o n s í la b a d e f e r r e i r o

c a n t a , c a n t a ,o s m in e r a is s o n o s

d e b u l la n d o ,

P l im -p l im , p l im -p l im , p l im -p l im . . .

c a n t a , c a n t a o t e u c in c e l .

O t e u a r t e , c a n t e ir o ,

a r t e m a io r d o p ic o e d a m a r r e t a ,

q u é x e o ló x ic o v e r s o ,

n a c a s t id a d e c r ú a d o p e r p ia ñ o

la b r a r á p a r a m in ?

Page 3: Poemas Valentín Paz Andrade

CANTARELA DO CANTEIROPlim-plim, plim-plim, plim-plim...As voces unisílabas da pedra,só por túa mao, canteiro,se xuntaron ao pentagrama máxico do mundo.

• Samil (Vigo), 1959

Page 4: Poemas Valentín Paz Andrade

 TRIADAS DO VENTO NO MAR

Verde vento polas leirase vento azul polo mar,panos da mesma bandeira.

Quen fora vento, meu mare sobre o teu lombo brandopuidera o corpo deitar!

Quen fora o vento poboadode polen e de cantigase malvises namorados!

Page 5: Poemas Valentín Paz Andrade

 TRIADAS DO VENTO NO

MARQuen fora o vento que rubea refrescar as estrelasdespois de folgar coa nube!

Quen fora xinete aladode ardor e de vidro feitosobre das olas montado!

Page 6: Poemas Valentín Paz Andrade

AS PALABRAS

Vén o ar ateigado de palabras,cada mañá chamando aos osos vidros,para por a xermolar son e semente.

As palabras decote están falandoe somos nós os xordos á mensaxeque no seo das sílabas arrexan.

Page 7: Poemas Valentín Paz Andrade

CANTARELA DO CAMIÑANTE

As bruxas de Vozqueimadodeixan as vasoiras fóra,para tornar enmeigadoao que camiña a deshora.

Lobo na sombra enfouladoque cando aos vultos oubeaspos o silencio esgazado,feito farrapos de teas.

Page 8: Poemas Valentín Paz Andrade

CANTIGA MATINAL DE SAMIL

A cabalo da mañáteño unha baranda nova,para escoitar a riveiranade luces de cada aurora.

Bañado na onda do maree peneirado na brisaentre as palmas do mencerentrou encoiros o día.

A gasa da néboa ao luscoten remendos amarelos,que lle botan á mañáas roupas dos bolicheiros.

Page 9: Poemas Valentín Paz Andrade

BARCO DE SOMBRASPara Xosé Núñez Búa

...Despois da meia noite de Vilaxoán partían...

Polo peirao durmido vultos de homes da vila

pouco a pouco engulidos por un barco sen luces

a pasarela entrando en alongada fila ...

Cando o pesqueiro boga da Illa para Sálvora

repican a maitíns as monxas dun convento,

as luces de Riveira e de Aguiño esmorecen,

o mar saúda o barco coa súa mao ao vento....

Page 10: Poemas Valentín Paz Andrade

BARCO DE SOMBRAS

Alá fica Rianxo con Castelao de fora,

e Povoa do Deán sen don Ramón senlleiro.

Despois o barco vira a costa de Pondal

para ter da liberdade o rumo verdadeiro.

Ao doblar Ortegal no roteiro de Franza,

as cantábricas puntas de Galiza dixeron:

Adeus fillos da Terra as alleas ciscados

e que Deus vos recolla no anaco que nos deron!...

Page 11: Poemas Valentín Paz Andrade

BARCO DE SOMBRAS

De aqueles que unha noite de Vilaxoán partiron

poucas malvas darían camposanto da Terra.

A dispersión, a praga bíblica de Galiza

nos exiliados roe como cinzas da Guerrra.