Praia dos afogados-Domingo Villar
-
Upload
ies-poeta-anon -
Category
Documents
-
view
238 -
download
5
description
Transcript of Praia dos afogados-Domingo Villar
24 FEBREIRO 2014
CLUB DE LECTURA “Laretas”
IES POETA AÑÓN
“A PRAIA DOS AFOGADOS”
Domingo Villar
DOMINGO VILLAR ( Vigo, 1971)
Domingo Villar é un galego emigrado a
Madrid onde exerceu como guionista de
cine e televisión.
Ligado desde neno ao mundo do viño,
desde fai anos é crítico gastronómico
nunha emisora de radio nacional e cola-
borador habitual en diversas publicacións
escritas
Obtivo coa súa primeira novela “Ollos de
auga”, o I Premio Sintagma, o Premio
Brigada 21 e o Premio Frei Martín Sar-
miento, e foi finalista en dúas categorías
dos Crime Thiller Awards en Reino Uni-
do. Ata a data foi traducido a seis idio-
mas.
Fonte: Ed. Siruela
Club lectura
IES POETA AÑÓN-OUTES-
O inspector de policía vigués Leo Caldas recibe unha chama-da onde o avisan da aparición na praia de Madorra, en Pan-xón, dun cadáver, aparentemente afogado. Crese que é un suicidio, e o inspector non lle dá moita importancia, ata que na autopsia se comproba que o xeito en que ten colocada a brida
que lle ata as mans apunta a un asasinato.
Pouco a pouco vaise descubrindo que a súa morte está rela-cionada co naufraxio do pesqueiro Xurelo, acontecido 12 anos atrás. O barco tripulábano o falecido, Xusto Castelo, O Rubio, xunto con outros dous mariñeiros e mais o patrón. O barco foi a pique preto da illa de Sálvora, unha noite de temporal, e de xeito un pouco estraño. No naufraxio falecera o capitán, men-tres que os dous mariñeiros sobreviventes viven aínda en Panxón, pero non manteñen relación entre si e gardan un
fondo silencio sobre o sucedido.
Ao longo do libro vanse atopando outras pistas que confirman
que non foi un suicidio: a chalupa do falecido aparece ao outro
lado de Monteferro, lonxe do cadáver; o morto ten un golpe na
caluga posiblemente feito á mantenta; e mesmo gravacións
dunha cámara de seguridade. Malia á reticencia dos mariñei-
ros locais para falar do acontecido, Leo Caldas tira dun fío que
o leva á desaparición dunha muller en Aguiño a mesma noite
do afundimento.
O argumento algunhas referencias do libro
Para o debate
LEO CALDAS: triunfador ou fracasado?
Relación LEO CALDAS-PAI.
Relación LEO– compañeiros traballo
LEO CALDAS e o programa da radio .
LEO e as MULLERES
O personaxe de RAFAEL ESTÉVEZ (axudante de Leo)
Imaxe que se ofrece no libro de GALICIA:
Meteoroloxía
Gastronomía
Paisaxe
O mundo mariñeiro e as SUPERSTICIÓNS.
Por que cres que os capítulos están encabeza-dos por definicións de termos ?
A especulación urbanística na novela (Panxón, Aguiño…)
“ A Leo Caldas non lle doían os mortos; doíanlle os vivos”. Que quere dicir con isto o autor? Es-tás de acordo?
“O libro dos idiotas”… que sentido ten? Animarí-aste a escribir ti un?.
A novela ten banda sonora?
Película: “Capitanes Intrépidos”
1937
Película: “Una historia verdadera”
1999
“Recordou unha película que vira con
Alba no cinema. O protagonista era un
ancián que percorría centos de qilóme-
tros montado nunha máquina de cor-
tar o céspede para visitar o seu irmán
doente, co que levaba anos incomoda-
do… (p. 301)
Templo Votivo do Mar (Panxón)
“Nas primeiras décadas do s.XX, o
párroco e os fregueses de Panxón deci-
diran demoler a igrexa antiga, que
quedara pequeña, para construíren
unha dun tamaño maior. Saberdor
destas intencións, o arquitecto Palacios
viaxou ata a vila e convenceu os veci-
nos para que respectasen o arco visigó-
tico que escondía a vella capela. A
cambio, Palacios comprometeuse a
realizar os planos dun novo templo
consagrado á xente do mar. (p.198)
PRAIA DA MADORRA
Panxón