Programa AGEe europeas 2014

87

description

 

Transcript of Programa AGEe europeas 2014

Page 1: Programa AGEe europeas 2014
Page 2: Programa AGEe europeas 2014

PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL

ELECCIÓNS EUROPEAS

25-MAIO-2014

ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDAEN EUROPA

Page 3: Programa AGEe europeas 2014
Page 4: Programa AGEe europeas 2014

ÍNDICE

0. RAZÓNS PARA A POLÍTICA DE AGE EN EUROPA

0.1. Preámbulo0.2. Unha Europa en creba democrática0.2.1. Crise do capital vs. Crise da democracia0.2.2. Unha Europa en creba0.2.2.1. O aumento da xenofobia e do racismo0.2.2.2. A receita do austericidio: a morte de Europa

1. A FRONTE DA ESQUERDA TRANSFORMADORA COMOALTERNATIVA.

1.1. Principios básicos para AGE1.2. A débeda do abafo1.3. Unha cidadanía inclusiva1.3.1. Dereitos de cidadanía contra a Europa Fortaleza1.3.1.1. Os dereitos das persoas migrantes1.3.1.2. Os dereitos das persoas xitanas 1.3.1.3. Os dereitos da emigración intraeuropea1.3.2. Principios de inclusión activa1.3. Servizos públicos universais1.4.1. Sanidade1.4.2. Educación1.4.2.1. Educación para a igualdade1.4.2.2. Universidade1.4.2.3. I+D+i1.4.3. Servizos sociais1.4.4. Vivenda e Cidade Ecolóxica1.4.5. Xustiza

2. DEMOCRACIA E PARTICIPACIÓN

2.1. Un proceso constituínte para unha Europa dos Pobos e da Cidadanía.2.2. A cidadanía e as institucións: democratización e soberanía popular

Page 5: Programa AGEe europeas 2014

3. ECONOMÍA E EMPREGO

3.1. Economía3.1.1. Sistema financeiro3.1.2. Fiscalidade3.1.3. Novo modelo produtivo3.2. Emprego

4. MEDIO AMBIENTE E ECOLOXÍA SOCIAL. SOBERANÍAALIMENTARIA E POLÍTICA AGRARIA COMÚN

4.1. Territorio4.2. Transportes e infraestruturas4.2.1. Ferrocarril4.2.2. Aviación civil, aeroportos4.3. Auga e Enerxía4.3.1. Auga4.3.2. Enerxía4.4. Clima4.5. Pesca4.6. Biodiversidade e respecto polos dereitos dos animais4.6.1 Biodiversidade4.6.2. Os dereitos dos animais4.7. Xestión de resíduos4.8. Soberanía Aimentaria – Política Agraria Común4.8.1. Soberanía Alimentaria4.8.2. Política Agraria Común

Page 6: Programa AGEe europeas 2014

5. A EUROPA DA CIDADANÍA E DOS DEREITOS

5.1. Feminismo5.1.1. Dereitos Políticos e Democracia Paritaria5.1.2. Economía. Emprego. Dereitos Sociais5.1.3. Erradicación da violencia de xénero e da exclusión social5.1.4. Dereitos sexuais e reprodutivos5.1.5. Proposta para a igualdade entre mulleres e homes5.2. Unha Europa Laica5.3. Igualdade LGTBI5.4. Mocidade

6. CULTURA, LINGUA E COMUNICACIÓN

6.1. Cultura6.2. Lingua6.3. Comunicación

7. A EUROPA DA PAZ, DA SOLIDARIEDADE E DOINTERNACIONALISMO

7.1. Socialismo ou barbarie7.2. Novo marco de relacións da UE co Mundo7.3. Política armamentística e política de defensa en Europa7.4. Memoria democrática fronte aos movementos da ultradereita e do fascismo7.5. A Cooperación ao Desenvolvemento en Europa

Page 7: Programa AGEe europeas 2014

6 | PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014

Page 8: Programa AGEe europeas 2014

RAZÓNS PARA A POLÍTICA DE AGE EN EUROPA

0.1. Preámbulo

As eleccións para o Parlamento Europeo de maio de 2014 deben rachar coa apatía, coaindiferenza, ferramentas coas que se dota a dereita que nos malgoberna. Estamos ante aoportunidade para dicir que existe unha alternativa, mais, para comezar a poñela en marcha,cómpre frear de forma plena a involución de todo tipo en que vive mergullada a UniónEuropea. Temos que ter a credibilidade de que non pasaremos pola rede de filtros do que sedenomina capitalismo de rostro humano. Unha nova falacia máis.

A Europa a construír ten que ser a nosa Europa, a dos pobos, en que o pobo galego podaerguer a súa voz nas institucións europeas e cooperar cos demais pobos para poñer en marchatoda unha serie de políticas alternativas, transformadoras, plenamente de esquerdas, hoxemáis precisas que nunca.

Galicia é unha nación europea e este é o momento para que Galicia interveña na construciónda Europa dos Pobos. A cidadanía galega debe ser protagonista de seu futuro, para afastar donoso horizonte máis inmediato o abafo das condicións de vida que implantaron as instituciónseuropeas dominadas pola dereita e polas oligarquías.

Galicia, o pobo galego, estanse vendo afectados pola política de imposicións da Troika e poloseguidismo dos gobernos de dereitas do goberno central e da Xunta de Galicia. Temos queerguer a nosa voz con forza en cuestións tan estratéxicas para o noso país coma o sectoragrario, o gandeiro, o pesqueiro, o naval, o industrial ou o das novas tecnoloxías.

Mais é urxente moita pedagoxía. Explicar, ás veces, o evidente. E non abonda con proclamas.Non. Cómpre un discurso sinxelo, claro. Cómpre unha mensaxe directa, que explique

PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014 | 7

Page 9: Programa AGEe europeas 2014

claramente que imos facer se chegamos ás institucións europeas e como imos mudar estaspolíticas austericidas. Isto é, cales son as solucións que imos aplicar para solucionar osproblemas que hoxe teñen a maioría das persoas.

Por iso, é preciso construír un suxeito político da esquerda nacional plural que participe dunhaalianza con outras forzas da esquerda alternativa, transformadora e verde a nivel do estado e

de Europa.

0.2. Unha Europa en creba democrática

0.2.1. Crise do capital vs. Crise da democracia

“todas as crises -financeira, alimentaria, da auga, do cambio climático, de conflitos,de desigualdade e de pobreza- conspiran para reforzarse mutuamente e construírunha prisión, agravando así a sensación de inxustiza manifesta. Non cometimosningún delicto, mais estamos aquí retidos contra a nosa vontade”.

(Susan Georges)

Asistimos a un ataque brutal en materia económica. Para executalo as oligarquíasprecisaron de poñer en marcha un proceso deconstituínte, e consagrar o carácterantidemocrático. Todo o proceso normativo imposto pola Troika (BCE, Comisión Europea, FMI)parte con esa filosofía utilitarista por parte do capital: toda lei debe servir para os interesesde clase dos ricos e poderosos. De aí que sexa acertado definir os ataques na xestión dosservizos públicos como proceso de acumulación por desposesión.

O ideal democrático e social europeo, fraguado na loita antifascista e sustentado pola loitada clase traballadora, xunto coa dos movementos sociais máis modernos (pacifismo,feminismo, ecoloxismo), esmorece de forma abrupta baixo as gadoupas do ultraliberalismomáis salvaxe.

Como afirma Alexis Tsipras, o programa posto en marcha pola Troika en Grecia, mais quevale para todos os países e pobos do sur, incluído o galego, baséase en dous conceptos-forza:o da “estabilización” e o das “reformas”, eufemismos que agochan a catástrofe social queprovocan:

8 | PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014

Page 10: Programa AGEe europeas 2014

“A chamada “estabilización” prevé que se apliquen medidas como: unhafiscalidade indirecta de consecuencias devastadoras; uns recortes do gasto públicocuxa amplitude non admite comparacións; o desmantelamento do Estadoprovidencia, sobre todo nos eidos da sanidade, da educación e da seguridadesocial; e tamén numerosas privatizacións, incluíndo a dos bens públicos tanfundamentais como a auga e a enerxía. As chamadas “reformas” supoñen aliberalización do despido, a supresión dos convenios colectivos, a creación dunhas“zonas económicas especiais” e, en xeral, a aplicación de regulamentaciónspensadas para que os máis poderosos intereses económicos podan facerinvestimentos en Grecia con condicións literalmente propias da época colonial”.

(Alexis Tsipras)

0.2.2. Unha Europa en creba

0.2.2.1. O aumento da “alternativa” xenófoba

O xiro ultraliberal que impregna discursos, accións e normas tivo como consecuencia dousfeitos que, en vez de ser antagónicos, resultan alimentarse un do outro. Referímonos aoxurdimento e asentamento da extrema dereita que mobiliza cada vez a máis segmentos daclase traballadora e á acción, en vez de ser de reacción, de seguidismo practicado por boaparte da socialdemocracia que, curtopracista, e non desexosa de perder peso electoral, deforma errada asumiu proclamas da extrema dereita incorporando no seu programa de acciónpolítica, por exemplo, a “culpabilización” e “criminalización” da inmigración, e facendo da“seguridade” un punto esencial.

Minimizar a súa crecente presenza nas institucións europeas, ou trivializar a súaimportancia representaría un erro de enormes magnitudes, que implicaría, de non remedialo,unha presenza aínda máis relevante, e mesmo con poder de influencia, na conformación daspolíticas europeas.

Cómpre asentar o traballo de discurso e acción da esquerda alternativa e transformadoranos barrios que historicamente foron “vermellos” e que hoxe están sendo atraídos polamensaxe populista da extrema dereita e pola política de dereitas da socialdemocracia.

PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014 | 9

Page 11: Programa AGEe europeas 2014

0.2.2.2. A receita do austericidio: a morte de Europa

As receitas neoliberais baseadas no austericidio son éxito para as oligarquías, mentres quepara a maioría social, para a xente do común, para as persoas, representan un auténticoinferno en vida. O Six-Pack, aprobado polo Parlamento Europeo en setembro de 2011, supóna estratexia que impón a chamada consolidación fiscal e a competitividade. A costa dosdereitos da clase traballadora e dos servizos públicos. Os “plans de axuste” son, para os pobosdo sur, coma o galego, unha guillotina sobre as súas expectativas e son o golpe que acernade forma efectiva a soberanía do pobo.

A propia arquitectura da UE afonda nos desequilibrios comerciais e estruturais entre aseconomías dominantes (centro) e as economías dependentes (periferia). Galicia, nesteescenario de desequilibrios e desigualdades, vive na marxe da periferia, a expensas dedecisións que procuran establecer canles de mellora de beneficios para a competitividadeempresarial. Un escenario insolidario.

Vivimos nun proceso devastador que podemos denominar “vampirización do público“,debido a que os sectores da oligarquía teñen o ollo posto sobre os servizos públicos básicoscomo educación, sanidade e protección social. A cobiza dos oligarcas e toda a estratexia deliberalización amparada polas normativas europeas degradan as condicións para a existenciadun servizo digno alentando así o seu proceso de privatización.

Trátase dun proceso que desmantela toda a estrutura de protección social que se puxeraen marcha despois da II Guerra Mundial coas loitas da clase traballadora e das organizaciónsda sociedade civil.

Algúns dos sinais de identidade desta vampirización son:

A precarización como paradigma en todos os eidos da vida en sociedade: traballo, accesoaos servizos, etc.

O empobrecemento como estratexia.

Xa é unha realidade a figura do traballador ou traballadora pobre: de forma cada vez máisabusiva, negando as convencións laborais e os patróns que establece a OIT sobre o traballodigno, os salarios da clase traballadora revélanse insuficientes para afrontar o día a día.

A estratexia ideolóxica do capitalismo e da dereita é debilitar e empobrecer o corpo dedereitos da maioría social, para beneficiar só ás grandes fortunas, vencelledas á propiedadedo capital financeiro especulativo (bancos) e o gran capital produtivo (grandes empresas).

Cómpre insistir nisto: á Troika non lle importan os dereitos e as necesidades da maioría

10 | PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014

Page 12: Programa AGEe europeas 2014

social, senón acadar os obxectivos que permitan ao capital acadar sempre beneficios. De aíque a obriga da estabilidade orzamentaria e da sustentabilidade financeira fosen adheridas aoprograma político e na folla de ruta do PP e do PSOE, que modificaron, con nocturnidade ealeivosía, a Constitución para introducir no artigo 135 a regra de ouro.

Estanse orixinando uns procesos que as nosas políticas deben reverter de forma urxente:

O incremento desmesurado da pobreza severa

A exclusión social

O parón en seco do PIB, o gran aumento das taxas de desemprego, e as malas medidas deconsolidación fiscal teñen efectos adversos para impedir o incremento da pobreza e o riscode exclusión social.

Os fogares abafados: imposibilidade de facerlle fronte a gastos imprevistos.

Case un 20% dos fogares galegos en situación de pobreza enerxética.

Elevadas taxas de pobreza infantil, 20,1% de nenos e nenas por debaixo da soleira dapobreza en Galicia.

Perda da protección e coberturas sociais (manifesta en Galicia e no Estado español).

As persoas menos favorecidas, como nenos e nenas, migrantes, persoas maiores e persoascon diversidade funcional deben ser prioritarias no obxectivo de eliminar a pobreza.

PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014 | 11

Page 13: Programa AGEe europeas 2014

A FRONTE DA ESQUERDATRANSFORMADORA COMOALTERNATIVA.

1.1. Principios básicos para AGE

Fronte á folla de ruta dos capitalistas, a esquerda transformadora, se quere realmente servoz e mudar a realidade crítica que viven millóns de persoas en toda Europa, se quere ser quende mudar a lóxica deriva euroescéptica que sinte o pobo galego, e frear os discursos políticosracistas e xenófobos, neofascistas, que cuestionan e debilitan a mesma democracia, ten queactivar un discurso de unidade de acción.

Desde Alternativa Galega de Esquerda temos claros algúns dos dereitos e principios quequeremos son:

Emprego digno para todos e todas e en particular para a mocidade;•

Establecemento dun salario mínimo interprofesional de 1000 euros;•

Restablecer as idades para xubilarse anteriores á crise;•

Recuperar a demanda histórica da xornada de 35 horas, hoxe máis utópica que•nunca;

12 | PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014

Page 14: Programa AGEe europeas 2014

Cohesionar social e territorialmente os pobos europeos;•

Adoptar criterios garantistas de converxencia en materia de salarios, emprego•e protección social;

Poñer en marcha unha renda básica universal que garanta uns mínimos dignos•a todas as persoas;

Establecer cláusulas de non regresividade en materia de políticas e dereitos•sociais que favorezan a reconstrución dun sistema europeo de servizos públicosde calidade, que garantan a inclusión social de todos os colectivos sociais,especialmente daqueles que hoxe sofren de forma máis severa asconsecuencias do austericidio (infancia, adolescencia, migrantes, persoasmaiores e persoas con diversidade funcional);

Intervención pública e democrática da economía europea coa adopción dunha•fiscalidade europea altamente progresiva baseada na imposición sobre astransaccións financeiras e as grandes fortunas;

Rescate dos sectores estratéxicos privatizados como a enerxía, o transporte, a•xestión da auga, o sector financeiro, a siderurxia, que permita a creación deConsorcios Públicos Europeos que orienten a actividade económica cara acreación de emprego e a igualdade. Plan de rescate das persoas e da cidadaníaexcluída, roubada e desafiuzada.

1..2. A débeda do abafo

Unha débeda que ten orixes diversas, consecuencia directa da crise financeira e económica,do xogo de casino da economía especulativa, non produtiva. Mais, a pesar desta dificultade,ou precisamente debido a que cómpre aclarar, e que a cidadanía o saiba, queremos coñecercanta desa débeda responde á financiación de servizos públicos e canta desta débeda secorresponde ao rescate bancario, ao saneamento das contas da oligarquía. Déuse un ilexítimorescate das entidades financeiras de toda Europa. Mentres, a cidadanía experimentaba perdade dereitos de todo tipo, recortes en prestación salariais e sociais. Os intereses da débedapública son unha lousa para os orzamentos nacionais e creban o futuro dos pobos coma ogalego.

Estamos camiñando por un perigoso sendeiro que nos leva directamente ao baleiro, que nosfala de socialización das débedas privadas, crecemento do endebedamento público, recesióneconómica e creciente peso da carga financeira. Isto non se soluciona coa austeridade imposta

PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014 | 13

Page 15: Programa AGEe europeas 2014

polo ultraliberalismo, senón que manifiesta a necesidade de liberar parte do lastre financeiroque supón a débeda pública. A débeda ilexítima non se paga. E a débeda contraída paraaxudar ao sector financeiro debe cobrarse a este sector establecendo plans concretos emedibles de cobro.

Auditoría da débeda.•

Anulación da débeda ilexítima.•

Frear as políticas de austericidio.•

Derrogación do artículo 135 bis da Constitución e da Lei de estabilidade•orzamentaria.

1.3. Unha cidadanía inclusiva

1.3.1. Dereitos de cidadanía contra a Europa Fortaleza

Unha Europa que practica a hipocresía discursiva, que se enche de racismo institucional ealenta os discursos da ultradereita e, ao mesmo tempo, a incorporación no programa dospartidos da dereita de políticas antipersoa. Políticas que ninguén en Europa está desexandomudar e temos os recentes exemplos de persecución e acoso indiscriminado, vulnerando adignidade das persoas de etnia xitana, acontecidos na suposta Francia socialista. Ou as mortesno Mar Mediterráneo. Ou o sangue que queda nas púas dos valos de Ceuta e Melilla. E oscentos de corpos sen contabilizar que van ao fondo do mar, que xa non é o marem nostrum,senón o mar da morte.

Unha Europa fortaleza que blinda as súas fronteiras ao mesmo tempo que lanza proclamabaleiras de contido a prol dos dereitos humanos. Unha Europa que non concede asilo, mentresanima as guerras e os desprazamentos de milleiros de persoas en África e Oriente. UnhaEuropa que se arma e constrúe non só unha fronteira mortal no seu perímetro, senón taménunha Europa que está erguendo, de forma racista, fronteiras interiores, non só para as persoasmigrantes, senón tamén para persoas pertencentes á comunidade xitana.

Os preto de 10 millóns de cidadáns e cidadás de orixe xitana da Unión Europea (UE), unhagran parte dos cales viven duras situacións extremas de pobreza, exclusión e discriminación.

14 | PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014

Page 16: Programa AGEe europeas 2014

Nun clima de acoso e persecución, asisten á aplicación de procedementos racistas exenófobos por parte de institucións de estados membros, alentando así, o racismo quente dasociedade e negándolle dereitos de cidadanía.

Unha Europa así, racista e xenófoba, armada ate os dentes, aillada con muros e valos, non aqueremos. Por iso, cómpre, ao igual que acontece coa poboación migrante, desenvolverpolíticas que garantan os dereitos do pobo xitano.

1.3.1.1. Os dereitos das persoas migrantes

Ratificación e aplicación en todos os estados da Convención Internacional sobre•Dereitos das Persoas Migrantes e súas familias de 1990.

Protocolos de actuación en todos os estados membro para a non criminalización•das persoas migrantes e para que se proceda a unha política administrativa deregularización ordinaria en base ao contrato laboral e ao arraigo e demaissituacións de convivencia.

Impedimento das expulsións colectivas con sancións aos responsables.•

Plenas garantías de dereitos nas políticas de retorno das persoas migrantes aos•seus paises de orixe.

Establecemento de procedementos normativos e protocolos escrupulosísimos no•seu cumprimento para o tratamento dos e das Menores Estranxeiros NonAcompañados, e que partan da Convención Internacional dos Dereitos do Nenoe da Nena.

Directiva de Reagrupamento Familiar: será modificada para que sexa un dereito•efectivo.

Garantía do dereito sanitario a todas as persoas residentes na UE.•

Medidas contra a trata de persoas que protexan e non penalicen ás vítimas da•mesma.

Estender os dereitos de cidadanía ás persoas residentes non comunitarias e•especialmente o dereito de sufraxio activo e pasivo, en igualdade coscomunitarios, como elemento fundamental de participación e convivencia nopaís de residencia.

Derrogación do regulamento de fronteiras da UE.•

PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014 | 15

Page 17: Programa AGEe europeas 2014

Derrogación da Directiva da Vergoña.•

Por unha verdadeira política de acollida.•

Dereito de asilo.•

Regularización ordinaria.•

Cooperación e solidariedade internacional con persoas procedentes de países•en conflito.

Supresión dos Campos de Internamento de Estranxeiros.•

1.3.1.2. Os dereitos das persoas xitanas

Esixiremos o cumprimento da Directiva de igualdade de trato (2000/43), da•Directiva de protección de víctimas de delitos violentos (2012/29) e daDecisión Marco relativa á loita contra o racismo e a xenofobia (2008/913) ecomprometa a esixir aos Estados membros reforzar aos organismos de igualdadede trato e garantir a súa independencia.

Aplicar con rigor e garantías o Marco Europeo de Estratexias Nacionais de•Integración dos Xitanos de Galicia para levar a cabo políticas específicas quepromovan o acceso ao mercado laboral dos grupos máis desfavorecidos; quegaranta a finalización do periodo obrigatorio de educación para o conxunto doalumnado xitano; que combata a segregación espacial e residencial, quegaranta que os xitanos e xitanas accedan en igualdade de condicións ao sistemanacional de saúde e que traballe para desfacer os prexuízos e estereotipos egarantir a non discriminación das persoas xitanas.

Creación dun Grupo de Traballo estable sobre o progreso das políticas que•afectan á Comunidade Xitana no seo da Comisión LIBE do Parlamento(Liberdades Civís, Xustiza e Asuntos de Interior).

16 | PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014

Page 18: Programa AGEe europeas 2014

1.3.1.3. Os dereitos da emigración intraeuropea

A situación de desfeita política empurra a numerosas persoas a ter que saír de Galicia caraa outras zonas de Europa. Os perfís son diversos, non obstante podemos destacar os seguintes:

Menores de 35 anos con formación cualificada que queren traballar no que sexa paraaprender idioma e mellorar o perfil profesional.

Maiores de 35 anos con titulación universitaria e maiores de 30 anos con cargas familiares;Unha emigración anterior dos anos 60 e 70, xa asentada, pero á que se lle seguen negando

dereitos, tal como facemos nós neste país cos demais.

Uns 80.000 mozos e mozas de menos de 35 anos saíron de Galicia nestes últimos cincoanos (2009-2013), a unha media de 16.000 por ano, desde que Feijóo comezou o seuquinquenio de austericidio e destrución. Constátase un fenómeno migratorio en constanteprogresión, que ten que ver co feito de que máis do 50% da poboación moza estea ensituación de desemprego. Galicia perde as xeracións mellor formadas da súa historia debidoá nula capacidade de creación de emprego por parte da Xunta de Galicia. Por iso compre unPlan de Medidas Urxentes que facilite o regreso de mozas e mozos a Galicia e de apoio áinvestigación moza no país.

Co Tratado de Maastricht e a libre circulación de traballadores e traballadoras deseñouseo concepto de “traballadores intracomunitarios”, mais a realidade cotiá amosa que sonpersoas tratadas como migrantes, con perda de dereitos de cidadanía, que viven situaciónsde desarraigo e explotación. Por moito que o edulcoren co termo “mobilidade”, o certo é quese dan situacións de desesperación.

Por iso, precisamos ter un marco europeo concreto e definido para dar solución aosproblemas destes traballadores e traballadoras en materia cultural (escolarización de fillos efillas; homologación de formación e estudos; bolsas dignas para programas de inmersiónlingüística e desenvolvemento profesional e laboral), social (os dereitos adquiridos non seperden ao cambiar de país: subsidios por desemprego; pensión e xubilación; acceso a unhasanidade gratuíta) e política (igualdade de dereitos entre todas as persoas; supresión do votorogado porque nega o dereito de voto aos emigrantes galegos e galegas nas elecciónsmunicipais e dificulta o exercicio nas eleccións lexislativas e autonómicas).

PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014 | 17

Page 19: Programa AGEe europeas 2014

1.3.2. Principios de inclusión activa

Cando menos entre o 20% e o 25% dos Fondos Estruturais debe destinarse a políticas deinclusión social. A UE ten que poñer en marcha plans de choque contra a pobreza e aexclusión social e pola inclusión social dos colectivos sociais hoxe máis afectados pola políticaaustericida.

Ditos plans teñen que acadar niveis básicos de cobertura como, pobreza infantil, persoassen teito, fogares sen ingresos mínimos, persoas desempregadas sen prestacións, persoas condiversidade funcional sen emprego ou prestacións básicas, fogares monoparentais sencapacidade económica suficiente, vítimas de violencia de xénero sen recursos, persoasmigrantes en situación administrativa irregular, preferentistas sen recursos roubados polosbancos, persoas da comunidade xitana, etc.

a) Renda básica universal. Ten que ser o noso horizonte; a implantación dun•novo sistema que garanta o dereito universal a unha renda básica cidadá quepermita vivir con dignidade e dea acceso aos bens indispensables para ter unhavida digna.

Loitaremos para que se fixe unha Directiva conducente á implantación deste•modelo en todos os estados membros.

Mentres non se acade: desde o Parlamento Europeo aplicar criterios axeitados•para desenvolver nos países con maiores índices de pobreza, mecanismos degarantía de ingresos mínimos que satisfagan as necesidades básicas e vaianvencelladas a programas de incorporación social que favorezan a noncronificación das situacións de carencia graves.

b) Salarios laborais dignos garantidos por lei.•

c) Salario mínimo interprofesional de 1000 euros.•

d) Redución e eliminación da pobreza infantil.•

e) Atención ás persoas con diversidade funcional e promoción da autonomía•persoal garantías do desenvolvemento das directrices da ConvenciónInternacional das Persoas con Discapacidade ratificada polo estado español noano 2008; desenvolvemento garantista da accesibilidade universal e políticastransversais para a súa correcta aplicación para que en todos os eidos sexaunha realidade a accesibilidade universal: participación política (importanciade todo o que acontece cos procesos electorais); perspectiva de xénero;igualdade de oportunidades; emprego e formación; educación; sanidade; acceso

18 | PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014

Page 20: Programa AGEe europeas 2014

aos servizos sociais e á autonomía persoal; cultura, lecer e deportes.

f) Afortalamento e redimensionamento dos servizos sociais como servizo•público.

Os dereitos sociais garantidos en todos os estados membros como dereitos•subxectivos, esixibles pola cidadanía ante as administracións públicascompetentes, segundo a estrutura territorial de cada Estado.

Desde a rede pública de servizos aplicarase unha intervención social axeitada•ás necesidades sociais da poboación en xeral e destinada tamén á inclusiónefectiva das persoas con especiais dificultades, á vida social, empregando ométodo e normalización como obxectivo.

As políticas orzamentarias da UE garantirán a dotación suficiente para dar•cobertura económica aos dereitos subxectivos recoñecidos na nova Carta deDereitos Sociais que imos elaborar e aplicar.

1.4. Os servizos públicos universais

1.4.1. Sanidade

Hoxe, as forzas da oligarquía están vulnerando o dereito do pobo a unha sanidade universale gratuíta, someténdoa á privatización, aos repagos nas prestacións e aos recortesorzamentarios e, xa que logo, posibilitando a exclusión sanitaria. Desde as anteriores elecciónseuropeas, a saúde da poboación europea empeorou de forma notable, ao mesmo tempo quediminuían os seus recursos e ingresos. Cada vez hai máis persoas en risco de exclusiónsocial, o que derivou nun incremento dos problemas de saúde mental. A precariedadeeconómica trae como consecuencia a malnutrición ou desnutrición que afectan máis ápoboación infantil.

Desde Alternativa Galega de Esquerda propoñemos, entroutras, as seguintes medidas:

Concepto integral de saúde, non só como ausencia de enfermidade, senón como•benestar físico, psíquico e social, que debe reflictirse nas políticas dedicadasá saúde e á sanidade.

PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014 | 19

Page 21: Programa AGEe europeas 2014

Dereito á protección da saúde. Toda persoa residente na UE ten dereito a unha•atención integral e multidisciplinar da saúde, centrada na Atención Primaria,na prevención e promoción da saúde dentro de un modelo integrado, eficientee con financiación, provisión e xestión totalmente públicas. Debe garantirseunha xestión pública directa.

Equidade en saúde e no acceso á atención sanitaria.•

Rexeitamento dos sistemas de copago ou repago.•

Reforzo e garantía da atención multidisciplinar para a saúde mental, a atención•á drogodependencia, a atención sociosanitaria e a atención a sectoresvulnerables.

Adecuada cobertura das plantillas en condicións laborais xustas.•

Unha política farmacéutica e de tecnoloxías sanitarias fundamentada as•necesidades de saúde, non nas necesidades dos mercados, con criterios decalidade e eficiencia.

A Unión Europea debe garantir:

Cobertura sanitaria universal, global, gratuita, con financiación, provisión e•xestión públicas. O dereito á protección da saúde con independencia dasituación laboral ou administrativa, incluíndo a asistencia sanitaria, a saúdepública e a atención sociosanitaria.

Estruturas sanitarias públicas con recursos financeiros, materiais e humanos•suficientes, priorizando a atención primaria de saúde. Contía mínima de gastosanitario público non inferior ao 9% del PIB.

Un sistema de información sanitaria común e homoxéneo, que garanta o•coñecemento da situación da saúde da cidadanía, e os resultados dos servizose políticas sanitarias.

A participación e control social no sistema sanitario e as políticas de saúde. •

Coordinación das políticas sanitarias dos países da UE para que ofrezan unha•atención sanitaria de calidade en toda Europa.

Reforzo das políticas de saúde pública que promovan un medio ambiente físico•e social saúdable e sen risco, planificando eliminación de contaminantes ereforzando os estudos epidemiolóxicos de saúde ambiental, laboral edesigualdades en saúde.

20 | PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014

Page 22: Programa AGEe europeas 2014

Reforzo das políticas de seguridade alimentaria.•

Investigación da saúde orientada a resolver os principais problemas de saúde,•fomentando o apoio á investigación en enfermidades raras. Incremento defondos para a investigación.

Racionalizar a política farmacéutica e o uso de tecnoloxías sanitarias. Creación•dunha industria farmacéutica e de tecnoloxías sanitarias pública europea.Abogamos pola eliminación de patentes privadas e polo fomento de uso demedicamentos xenéricos e emprego de monodoses.

Reforzo dos servizos de saúde mental cun enfoque bio-psico-social da•enfermidade.

Reforzar os dispositivos sociosanitarios e rehabilitadores, con axudas para•manter ás persoas pacientes con enfermidades máis severas na súa contornasocial e familiar.

Atención ao dereito á saúde sexual e reprodutiva de toda a cidadanía con•cobertura pública, en anticoncepción, prevención de embarazos non desexadose interrupción voluntaria do embarazo. Reprodución asistida. Reasignación desexo.

Dereito a unha morte digna e aos coidados paliativos dentro do sistema sanitario•público, homoxeneizando criterios e lexislación e con respeto á vontade dospacientes.

Apoio a sectores vulnerables. Garantir o tratamento e atención das persoas con•VIH, potenciar a investigación pública no desenvolvemento de fármacos eterapias respecto ao VIH/sida. Garantir o acceso á alimentación das persoascon necesidades nutricionais especiais.

Derrogación da Directiva 2011/24/UE (relativa á aplicación dos dereitos das•persoas pacientes na asistencia sanitaria transfronteiriza) e a súa substituciónpor unha lexislación que, garantindo os dereitos da cidadanía da UE, prohibaque se podan pagar prestacións en centros privados con fondos públicos.

PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014 | 21

Page 23: Programa AGEe europeas 2014

1.4.2. Educación

1.4.2.1. Unha educación pública de calidade para a igualdade

A educación é un dereito humano fundamental e un alicerce básico das sociedades, porquefavorece a emancipación e a cooperación dos pobos e contribúe a que toda a cidadanía sexamáis libre, máis crítica e con menos desigualdades.

Por esta razón, desde AGE entendemos que a educación debe ser un dos principais criteriosde converxencia na construción dunha Europa dos pobos máis igualitaria, máis democrática,máis solidaria e máis integradora da diversidade.

Defendemos unha educación pública europea de calidade: gratuíta, igualitaria, coeducativa,laica, personalizada, integral, inclusiva e democrática, por ser a educación pública a única quegarante a igualdade de dereitos e oportunidades para todos e todas; promove a participacióndemocrática dos distintos sectores implicados no proceso educativo; respecta a liberdade deconciencia e de crenzas; atende á diversidade do alumnado e comprométese co interesecomún e o servizo público, á marxe de intereses particulares ligados ao adoutrinamentoideolóxico ou ao negocio económico das escolas privadas.

A escola pública debe ser, para todos os pobos de Europa, un lugar de encontro entre asculturas que coexisten nunha sociedade cada vez máis multicultural, como unha premisanecesaria do auténtico desenvolvemento dunha educación para a paz, en igualdade de xénerose respectuosa coa diversidade afectivo-sexual.

Todo isto está en serio perigo. As forzas do capitalismo precisan dun sistema educativovulnerable, que promova valores de competitividade. Perseguen unha escola empresarializada,tecnocrática, onde o valor supremo veña dado polas clasificacións numéricas, como as que dáo Informe Pisa. Queren unha escola pública que adopte non só métodos da empresa, senónque queren impoñer todo un funcionamento antidemocrático dos órganos xestores e dasinstitucións que artellan a Comunidade Educativa.

Iso foi o que se coou co Plan Boloña no sistema universitario e coa LOMCE recentementeaprobada, no sistema educativo non universitario. O dano para a educación pública en Galiciaserá irreparable para as vindeiras xeracións se non logramos parala.

Para iso, dende AGE facemos as seguintes propostas:

Elaboración dunha Carta de Dereitos Europeos sobre Educación, que garanta o•exercicio do dereito á educación en condicións de igualdade para todos os

22 | PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014

Page 24: Programa AGEe europeas 2014

pobos de Europa, e que inclúa unha declaración expresa contra todo tipo deadoutrinamento relixioso no ámbito escolar, así como a prohibición dossímbolos relixiosos nos espazos públicos educativos.

Establecemento dunha contía mínima de investimento público en educación•(en torno ao 7% do PIB) en todos os sistemas educativos europeos, econstitución dun fondo de cohesión educativo que corrixa os desequilibrios edesigualdades territoriais.

Instauración dunha rede planificada e suficiente de centros de titularidade e•xestión pública en todos os países da UE, que atenda a demanda educativa entodas as diferentes etapas e modalidades e conte con todos os recursos eservizos necesarios.

Creación do Consello Escolar Europeo, como órgano de participación•democrática da comunidade educativa da UE, que analice, propoña medidas ecoordine o sistema educativo europeo.

Establecemento en toda a Unión Europea do período obrigatorio de•escolarización, cunha duración de, cando menos, doce anos para o ensinobásico común, e que teña en previsión facilitar a permanencia no sistemaeducativo ata os 18 anos.

Homologación da educación infantil que garanta o seu carácter plenamente•educativo (non meramente asistencial) e a creación de prazas públicassuficientes de 0 a 3 anos, para atender a demanda existente nas distintasnacións da UE.

Redución en todos os Estados da ratio a 20 estudantes por aula (15 en infantil),•como máximo nas ensinanzas obrigatorias, tendendo progresivamente aos 15para poder desenvolver un ensino realmente personalizada.

Gratuidade do material didáctico, incluídos libros do alumnado, para garantir•a gratuidade real da educación obrigatoria.

Desenvolvemento dun sistema integral de bolsas e axudas ao estudo e•establecemento da gratuidade dos comedores escolares, e do transporte escolaren zonas rurais, en todos os países da UE.

Plan de choque contra o abandono escolar prematuro e pola mellora da•educación e da formación naqueles países con altos índices de fracaso escolar,dirixido prioritariamente a compensar desigualdades de orixe social ou culturalnos distintos países da Unión, impulsando cambios curriculares, metodolóxicose organizativos que permitan dar resposta á diversidade e incorporando novos

PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014 | 23

Page 25: Programa AGEe europeas 2014

perfís profesionais na escola: de educación social e de traballo social, demediación intercultural, etc. que apoien a tarefa educativa, para que todos etodas poidan aprender con éxito.

Fomento dos programas de intercambio en Educación Secundaria (tipo•Erasmus), tanto na modalidade de Formación Profesional como de Bacharelato.

Homologación da formación inicial para a función docente, de modo que facilite•o intercambio e a mobilidade, e requira unha titulación equivalente de polomenos 4 anos de formación universitaria para calquera das etapas educativas,e un período de carácter práctico de polo menos de dous anos de formacióncentrado nos centros educativos.

Integración e homologación europea da Formación Profesional, Ocupacional e•Permanente cuxa articulación estea coordinada nun Consello Europeo da FPoperativo e funcional.

Extensión e recursos suficientes para a formación permanente.•

Destino do 0,7% dos orzamentos de educación a proxectos educativos de•cooperación en países empobrecidos.

Homologación europea dunha materia obrigatoria para todo o alumnado, de•carácter laico e non confesional, de Educación para a Cidadanía Democráticae os Dereitos Humanos, con horario e profesorado específico.

1.4.2.2. Universidade

A construción social europea ten que basearse nunha converxencia real que garanta deforma efectiva os dereitos sociais de toda a poboación. Esta converxencia debe realizarsetamén na educación superior, pero non pode limitarse a unha mera homologación formal dosniveis de titulación superior e a unha unidade de medida dos estudos superiores, senón querequire unha efectiva dotación de recursos que a faga posible.

A educación é un dereito universal, e por tanto se ten que garantir a chamada dimensiónsocial do Espazo Europeo de Educación Superior (EEES), de modo que todo estudante poidacompletar todos os seus estudos superiores sen obstáculos relacionados coa súa orixesocioeconómica.

24 | PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014

Page 26: Programa AGEe europeas 2014

A educación superior debe orientarse a potenciar o desenvolvemento persoal e profesionaldas persoas, e a súa contribución a unha sociedade xusta, sostible e democrática.Defendemos, xa que logo, a renovación pedagóxica necesaria para promover unha aprendizaxemáis activa do estudantado que permita estimular a súa capacidade de crítica, investigacióne innovación. Para iso, as Universidades europeas teñen que desempeñar o seu papel esencialna formación cultural, científica e profesional sen subordinarse á lóxica do mercado epromovendo unha cooperación non competitiva con Universidades de todo o mundo, medianteo financiamento público necesario.

Por todo iso:

Hai que reverter os procesos de privatización e subordinación da Universidade•ao mercado, amparados no Proceso de Bolonia e o principio de competitividadepropugnado no mesmo, rexeitando tamén a apropiación privativa dainvestigación financiada con fondos públicos.

O certo é que o denominado “Plan Boloña” non funciona. Os sistemas•universitarios nacionais reproducen na súa maior parte as clases sociais e haiunha catástrofe financeira causada pola tendencia a adoptar medidas decompatibilidade e de austeridade en todos os Estados.

Defendemos unha transformación profunda da Universidade Europea,•entendida como servizo público aberto a toda a cidadanía, que non busque acompetitividade, senón a calidade e a cooperación ao servizo dun mundo máisxusto e equitativo.

Avogamos, en consecuencia, pola gratuidade da educación superior en todos os•seus ciclos, e opoñémonos ao incremento dos prezos dos estudos universitariosde calquera nivel.

Esiximos financiamento público suficiente non só para acometer realmente as•transformacións pedagóxicas e curriculares necesarias, senón sobre todo paragarantir un sistema de bolsas-salario e axudas ao estudo que asegure que todoestudante poida completar todos os estudos universitarios sen obstáculosderivados da súa orixe socioeconómico. Para iso requírese incrementar osfondos destinados ás universidades públicas ate acadar o 2% do PIB.

Rexeitamos toda pretensión de mercantilizar a educación superior, xa sexa•facendo descansar o seu financiamento nas achegas de empresas privadas, oumediante a apropiación privada dos recursos públicos, a través de mecanismoscomo as spin-off (transferencia de investigación financiada con fondos públicosa empresas privadas), establecendo mecanismos para que a transferencia decoñecemento tecnolóxico sexa de dominio público, de pública dispoñibilidade,non un negocio privado.

PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014 | 25

Page 27: Programa AGEe europeas 2014

Propoñemos a representación autenticamente democrática de todos os sectores•universitarios nos órganos de goberno das Universidades europeas,reequilibrando a súa representación e incrementando en particular o peso doestudantado, e achegando unha xestión desta institución que responda aobxectivos formativos e non mercantilistas.

Apoiamos os movementos de estudantado e traballadores e traballadoras por•devanditos obxectivos e en defensa dunha Universidade pública, democráticae ao servizo das necesidades sociais en todo o ámbito europeo.

Os cambios e melloras necesarias das Universidades europeas só serán posibles•cunha ampla participación consciente e activa de toda a comunidadeuniversitaria: estudantado, profesorado e persoal de administración e servizos.

1.4.2.3. I+D+i: converxer cara a unha Europa de Iguais

A Investigación científica, o Desenvolvemento tecnolóxico e a innovación no traballo (I+D+i)son ámbitos fundamentais para un desenvolvemento social e ecolóxicamente sostible. E aspolíticas comunitarias de I+D+i deben ser ferramentas para fomentar o desenvolvementoequilibrado do conxunto dos países europeos e para a súa cohesión social, entendida comoalicerce básico da UE.

O balance actual é contraditorio: se en investigación e innovación deuse inicialmente unimpulso ao amparo do Programa Marco de Investigación, actualmente, coa escusa da crise,estanse aplicando recortes en I+D+i que están abafando o sistema científico. Pero máis graveaínda, estase producindo un franco retroceso no fortalecemento da base de coñecemento enque se apoia a Unión: o nivel de investimento en educación segue sendo demasiado baixo; oaproveitamento das oportunidades de aprendizaxe permanente é limitado; e segue sendo alto(especialmente nos países do sur) o número de mozos e mozas que abandonan os seus estudossen cualificación algunha, ou só con cualificacións elementais.

Galicia, como nación periférica da UE, foi sometida a un proceso salvaxe dedesindustrialización e descapitalización crediticia (perda das caixas e venda deNovacaixagalicia a capital estranxeiro), e a unha política de desincentivación económica queimplicou a perda de preto de 6.000 empresas do sector tecnolóxico entre o 2008 e o 2012.

En consecuencia, as prioridades neste ámbito pasan por aumentar o investimento encoñecemento, reforzando os campos da investigación, a innovación, a educación e a formaciónpermanente.

26 | PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014

Page 28: Programa AGEe europeas 2014

Para iso AGE realiza as seguintes propostas:

Investimento en I-D+i de acordo á media dos países da UE, pasando do actual•0,87% do PIB para achegarnos á media europea do 2,2% do PIB.

Desenvolvemento dunha política de innovación e da investigación como piares•do futuro de Galicia e dun modelo produtivo viable e respectuoso cosparámetros da ecoloxía social.

Apoio á creación de redes e centros europeos de calidade en investigación e•educación, mellorando a dimensión europea da aprendizaxe permanente corecoñecemento de cualificacións e aptitudes; creando títulos, certificados ediplomas europeos; e establecendo normas mínimas comúns de calidade naeducación e a formación.

Garantir o carácter público do resultado de investigacións financiadas con•fondos públicos, rexeitando a apropiación privada de recursos públicos. Osresultados da investigación científica e tecnolóxica subvencionada con fondospúblicos, deben ser de libre utilización e difusión, así como tamén aquelas queafecten a necesidades básicas (como medicamentos, etc.).

Prioridade na investigación e aplicación de tecnoloxías que melloren o emprego•en función da relación innovación/volume-calidade do emprego xerado.Promoción da investigación asociada a modelos de decrecemento esostibilidade medioambiental: protección do medio ambiente, enerxíasrenovables e limpas e saúde laboral.

Recuperación dos criterios de cooperación fronte ao de competitividade na•política tecnolóxica e industrial comunitaria.

Desenvolvemento de tecnoloxías xenéricas e respectuosas co medio ambiente,•que permitan mellorar a calidade de vida nas contornas urbanas e rurais.Políticas de difusión activa deseñadas para casos específicos (PEMEs, rexiónsmenos favorecidas, sectores tradicionais).

Democratización da xestión dos programas de I+D+i. Crear as condicións para•que aumente o investimento do conxunto da sociedade en investigación, maismantendo sempre niveis elevados de financiamento público da investigación encampos prioritarios. Limitación do papel dos grandes grupos industriais naorientación da política tecnolóxica, que se baseará ante todo en criterios derendibilidade social.

Recuperación e fomento da investigación en temas socioeconómicos, con•especial énfase en estudos de fenómenos de marxinación e exclusión social,

PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014 | 27

Page 29: Programa AGEe europeas 2014

emigración, discriminación, consecuencias sociais do paro e da precariedadelaboral. Avaliación do impacto social das políticas de redución do investimentopúblico e de desregulación das condicións de traballo.

Avaliación do impacto das tecnoloxías sobre o emprego, a calidade de vida e o•medio ambiente. Estudos sobre acumulación desmedida de riqueza, ou outrosanálogos que permitan evidenciar a xénese e permanencia das desigualdades.

Aplicación do principio de precaución na avaliación de todos os programas•europeos, e especialmente nos de Biotecnoloxía, Medio Ambiente e Enerxía.

Inclusión da cohesión como criterio relevante para a selección de prioridades•e avaliación de propostas de investigación, dando especial importancia ás quepoden resolver problemas da sociedade nas rexións menos desenvolvidas.

Xeración de Políticas integradas de participación en proxectos europeos e•nacionais. Redistribución do esforzo investigador que integre as demandas enI+D+i de todos os países membros.

Fomento de conferencias de consenso e da participación cidadá nas decisións•tecnolóxicas: financiamento, uso e aplicación das tecnoloxías xeradas.Extensión dos programas de avaliación tecnolóxica e de difusión de prácticasconsideradas modélicas polos seus beneficios sociais.

Cooperación científica e tecnolóxica cos países do Terceiro Mundo.•Recuperación do criterio de cooperación ao desenvolvemento e inclusión dospaíses do Sur, especialmente os do Mediterráneo, África e América Latina,dentro dos obxectivos e políticas de cooperación científico-tecnolóxica.

Orientación dos recursos de I+D+i a aplicacións civís, descartando o modelo de•desenvolvemento vía innovación militar. Aprobación dunha Lei europea deObxección Científica que legalice a crecente oposición dos científicos europeosa traballar en programas de Defensa Militar.

Posta en marcha dunha liña de axudas financeiras europeas para o•desenvolvemento de proxectos de investigación que respondan ás demandasdas organizacións sociais: sindicatos, asociacións de veciños, consumidores,ONGs, organizacións ecoloxistas, pacifistas, etc.

Para concretar esta aposta, AGEe propón elaborar un programa-marco europeo en políticaseducativas e de I+D+i, baseado nos principios básicos da esquerda alternativa: unhaeducación pública, democrática e laica de calidade; un sistema científico-técnico que

28 | PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014

Page 30: Programa AGEe europeas 2014

sustente un desenvolvemento social e ecolóxicamente sostible; un modelo que contribúa áextensión da cultura científica indispensable para elixir e decidir o modelo social en quequeremos vivir.

1.4.3. Servizos sociais

Para a Alternativa Galega de Esquerda en Europa os servizos sociais deben ser públicos egarantir entroutros aspectos os seguintes:

A protección social é unha responsabilidade pública.•

Os servizos e prestacións sociais terán como soporte un sistema público de•atención, cunha rede axeitada que permita cubrir en pé de igualdade adiversidade territorial e funcional da poboación cunha equidade básica paratoda a cidadanía.

Os dereitos sociais básicos deben estar garantidos en todos os estados membros•como dereitos subxectivos, esixibles pola cidadanía ante as administraciónspúblicas.

Desde a rede pública desenvolverase unha intervención social axeitada ás•necesidades sociais da poboación en xeral e destinada á inclusión das persoascon especiais dificultades, utilizando a integración como método enormalización como obxectivo.

As políticas orzamentarias garantirán a dotación suficiente nos países membros•para dar cobertura económica aos dereitos subxectivos recoñecidos na novaCarta de Dereitos Sociais, impulsando fondos europeos para a cohesión social.

Elaboración e aplicación dunha Carta de Dereitos Sociais para a Cidadanía da•Unión Europea, como desenvolvemento específico da vixente Carta de DereitosFundamentais.

PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014 | 29

Page 31: Programa AGEe europeas 2014

1.4.4. Vivenda e cidade ecolóxica

“Os Estados Partes recoñecen o dereito de toda persoa a un nivel de vida axeitadopara sí e a súa familia, incluso alimentación, roupa e vivenda axeitados, e a unhamellora continua das condicións de existencia. Os Estados Partes tomarán medidasapropiadas para asegurar a efectividade deste dereito, recoñecendo a este efectoa importancia esencial da cooperación internacional fundada no libreconsentimento.”

Pacto Internacional de Derechos Económicos, Sociales y Culturales (PIDESC)

O estourido da burbulla inmobiliaria segue manifestando as súas devastadorasconsecuencias no pobo galego e nos do sur de Europa. A estafa hipotecaria producida pordecenios de políticas neoliberais en Galicia, no Estado e en Europa está xerando unhavulneración sistemática de dereitos fundamentais, coa súa faciana máis dramática nosdesafiuzamentos masivos e no sobreendebedamento das familias. Estes anos demostraronque deixar o dereito a unha vivenda digna en mans do mercado destrúe este dereito e,ademais, non supón unha actividade ecnómica sustentable nin xeradora de emprego estable,senón un negocio depredador, especulativo e voraz.

Desde Alternativa Galega de Esquerda en Europa queremos un modelo de cidade e deterritorio máis ecolóxicos:

1.- A vivenda é un dereito fundamental que debe ser garantido e protexido polasadministracións públicas.

O parque de vivendas públicas debe ter consideración de Servizo Público, tan•importante como a educación ou a sanidade. A vivenda pública, como servizopúblico, non pode venderse nin privatizarse.

Prohibición de que as administracións públicas desafiucen dos seus parques de•vivenda.

Fomentar o acceso á vivenda desde o cooperativismo, e novas formas de•tenencia, fortalecendo o alugueiro.

Establecer unha bolsa de vivendas baixo control público que estean destinadas•a dar habitación a quen foi expulsado da súa vivenda.

30 | PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014

Page 32: Programa AGEe europeas 2014

2.- A loita contra os desafiuzamentos, a fraude financeira e a quita hipotecaria

Reformar as leis estatais adoptando as medidas da ILP para a Proposición de•lei de regulación da dación en pago, de paralización dos desafiuzamentos e dealugueiro social.

Modificar a lei de protección ao consumidor hipotecario, para que sexa garante•de seus dereitos.

Crear a Oficina do Defensor das familias endebedadas, de forma que se•restruturen os préstamos hipotecarios mediante una negociación. España debeabordar a quita hipotecaria.

3.- A dignificación da vivenda, as políticas públicas para a rehabilitación davivenda.

4.- O dereito á cidade, un espazo público para a cidadanía. A Cidade como dereitoá vivenda, á mobilidade e ao espazo público.

5.- Disolución das ferramentas pensadas para garantir a taxa de ganancia daoligarquía a costa do espolio ao pobo:

Disolución de la SAREB (Sociedad de gestión de activos procedentes de•la reestructuración bancaria).

Disolución das SOCIMIS (sociedades cotizadas de investimentos no•mercado inmobiliario) que buscan o investimento de fondos estranxeirose institucional no mercado inmobiliario e que tributarán ao 0%. Privilexiosinaceptables para os grandes grupos económicos que especulan con esteben de primeira necesidade.

Derrogación da Lei de flexibilización do mercado do alugueiro, que•precariza e prexudica a inquilinas e inquilinos, favorecendo aos grandespropietarios e acaparadores de vivendas baleiras.

PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014 | 31

Page 33: Programa AGEe europeas 2014

1.3.5. Xustiza

Defendemos un modelo de xustiza como servizo público garantido a nivel da Unión Europea,e para iso desde AGE en Europa propoñemos:

Mellorar o acceso directo da cidadanía ao TXUE.•

Garantía de acceso gratuíto a todas as persoas que viven na UE, incluíndo todas•as instancias xudiciais.

Derrogar as reformas lexislativas regresivas da UE que recortan dereitos•fundamentais e liberdades das persoas baixo a retórica da seguridade e a loitacontra o terrorismo.

Derrogar as “listas de terroristas” da UE.•

Rexeitamento dos principios mercantilistas do dereito comunitario e da doutrina•do Tribunal Europeo de Xustiza consistente na aplicación do “principio de paísde orixe”. A consecuencia do mesmo é a aplicación da lexislación do país doempresario e non do traballador buscando evadir a aplicación de convenioscolectivos e demais lexislación laboral máis favorable para o traballador etraballadora.

Protección e impulso do principio de xustiza universal a nivel europeo.•

Reforzar a lexitimidade de sindicatos e movementos sociais para a defensa dos•dereitos e intereses a que representan no eido da Unión Europea.

Control e elección dos membros do Tribunal de Xustiza polo Parlamento•Europeo.

Protección dos principios e dereitos da Declaración Universal de Dereitos•Humanos e tutela destes dereitos a nivel europeo.

Implantación da Oficina Xudicial Europea co fin de asesorar e informar á•cidadanía respecto aos dereitos e trámites para facer máis accesible a xustizana UE.

32 | PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014

Page 34: Programa AGEe europeas 2014

Ampliar competencias do Defensor do Pobo Europeo para que poda investigar•sobre vulneración de dereitos fundamentais e con capacidade sancionadora.

Creación dun Relator de Dereitos Humanos na Unión Europea.•

Ampliar a Carta de Dereitos Sociais e Laborais da Unión Europea para que sexa•vinculante xuridicamente.

Directiva sobre Asistencia Xurídica Gratuíta Europea.•

Directiva sobre Participación, consulta e negociación colectiva dos traballadores•e traballadoras na Unión Europea.

PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014 | 33

Page 35: Programa AGEe europeas 2014

DEMOCRACIA E PARTICIPACIÓN

2.1. Un proceso constituínte para unha Europa dos Pobos eda Cidadanía

Hoxe, dentro do marco institucional da actual Unión Europea, sería imposible artellar unproxecto alternativo. Temos claro desde Galicia que temos que transformar o marco que regulae impón as normas e iniciar un proceso constituínte: se reformulamos totalmente asinstitucións de goberno europeas, se nelas entra de verdade a democracia e se fai delasórganos que representen de verdade a vontade de todos os pobos de Europa...entón,deberíamos resolver a ecuación a respecto da soberanía popular e estarmos en Europa. Unestarmos compartido dentro dun novo cadro de relacións de cooperación.

O proceso constituinte supón como mínimo a convocatoria dunha Asemblea ConstituínteEuropea elexida por sufraxio universal para determinar unha arquitectura democrática doparlamento, goberno simplificado e demais institucións europeas.

Esta proposta significa que queremos un gran debate público para que os pobos de Europadecidan que tipo de integración desexan e sobre que piares políticos, económicos e sociais.

Mais, somos coñecedores da correlación de forzas hoxe existente. Por iso, é preciso pensar enalternativas de integración diferentes ás actuais. Tendo en conta as compartidas condiciónsestruturais das economías do sur de Europa, abrazadas polo Mediterráneo, é necesariocomezar a artellar novas forzas e proxectos políticos transfronteirizos que garantan relaciónscomerciais xustas e solidarias. Estas alianzas dentro da UE poden servir para afortalar aoposición ao proxecto neoliberal, e fóra da UE poden ser o punto de inicio de verdadeirosproxectos alternativos no eido institucional e económico.

34 | PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014

Page 36: Programa AGEe europeas 2014

En palabras de Alexis Tsipras:

“O obxectivo estratéxico é contribuír ao desenvolvemento dun diálogo substantivocon todas as forzas progresistas da esquerda de Europa para crear de formaconxunta unha liña efectiva de resistencia contra as elites neoliberais e unhaproposta positiva de saída que permitir´a máis ampla alianza das forzas populares.Especialmente nos países do sur de Europa que se enfrontan a dificultades grandese comúns, un diálogo sincero entre as forzas progresistas e da esquerda e a máisampla alianza dos pobos é unha condición indispensable das fendas políticas daausteridade, para a saída da recesión e para o impulso das reformas queestablecerán a democracia, e a cooperación equivalente en Europa”.

2.2. A cidadanía e as institucións: democratización esoberanía popular

Unha cidadanía que poda intervir na toma de decisións. Para iso deben implementarsecambios na Iniciativa Cidadá Europea, un auténtico regueiro de atrancos hoxendia. Son moitasas medidas que cómpre poñermos en marcha nada máis chegarmos ás institucións europeas:

Novo marco normativo para unha nova construción europea:

Eliminación do Tratado de Maastricht, do Pacto de Estabilidade, cooperación•e gobernanza asi como o de control financeiro e orzamentario.

Democratización das institucións europeas.•

Reforzar o rol do Parlamento Europeo fronte á Comisión. O poder lexislativo ten•que estar en mans de órganos elexidos de forma democrática polos pobos deEuropa.

Plan integral contra a corrupción (contratos públicos, financiamento dos•partidos, aforamentos, teitos salariais, revogación de cargos, gastos de campañaelectoral, acceso ós medios públicos...)

Participación cidadá.•

Transparencia.•

Democracia 2.0.•

PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014 | 35

Page 37: Programa AGEe europeas 2014

Inviolabilidade das comunicacións.•

Debates públicos e referendos sobre os asuntos de importancia.•

Iniciativas lexislativas populares europeas.•

Control dos representantes políticos.•

Orzamentos participativos.•

Referendos e consultas populares. Regulamentación das ILP europeas.•

Creación dunha canle de televisión temática sobre a actividade parlamentaria•e lexislativa europea. Libre acceso dos medios a todas as xuntanzas enegociacións relevantes.

Sistema dixital de consulta cidadá.•

Uso obrigatorio do programario informático libre nas administracións públicas•europeas.

Gobernabilidade e cooperación.•

Devolución do poder orzamentario aos parlamentos nacionais, que á súa vez•han ter o poder de regular, controlar e participar nas decisións da UEratificación democrática obrigatoria en Referendo dos tratados e medidas queafecten á Constitución dos Estados membros, particularmente, sobreintervencións militares, tratados de comercio que modifiquen a normativa deprotección social e ambiental vixentes.

En xeral, o programa de AGE en Europa fai súas as Recomendacións•presentadas pola Alianza EYCA de organizacións da sociedade civil sobreCidadanía Democrática Europea.

36 | PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014

Page 38: Programa AGEe europeas 2014

ECONOMÍA E EMPREGO

Estamos ante as consecuencias dun modelo voraz, dun capitalismo que procura o crecementoeconómico como sexa, de forma insustentable e mesmo incoherente. Pero non caiamos noerro, habitual, de pensar que o capitalismo está tocado de morte. En efecto, na súa voaduraestá desmantelando todo o estado de benestar, todos os servizos públicos esenciais e todo através da implementación de leis e normas que regulan o proceso produtivo e económico noseu beneficio: unha regularización oligárquica de Europa.

Non é preciso insistir na idea de que a UE realmente existente non representa un artellamentosolidario das economías nacionais, e menos aínda a construción dunha Europa social, senónque se converteu no taboeiro de xogo que deseñaron os grandes capitais europeos paraafortalar a súa posición en todo o mundo.

Dentro deste taboeiro impúxose unha ilóxica e destrutiva competencia entre os pobos queforman parte da UE. Unha competencia que se aplicou sobre salarios, cada vez máis á baixa,coa perda de poder negociador das organizacións da clase traballadora. Galicia, dentro destaóptica, é a que sae perdendo.

3.1. Economía

Rexeitamos os acordos contidos nos documentos da Estratexia Europa 2020, porque emanando marco de competitividade e privatización de servizos. A Estratexia Europa 2020 non éoutra cousa que a continuación daquela mal chamada Constitución Europea, negada porFrancia e Holanda, mais que se coou pola porta de atrás da democracia en Lisboa. Baixo oseufemismos que expresan as liñas das súas conclusións está a vontade do capitalismo salvaxe

PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014 | 37

Page 39: Programa AGEe europeas 2014

de seguir coa súa folla de ruta. En nós, en Galicia como parte activa deses pobos de Europa,está impedir que siga adiante esta estratexia capitalista que só quere desmantelar o benpúblico e privatizalo.

De feito, o Mercado Único Dixital que se quere crear diríxese e explota a súa forza, baixo amáscara lingüística da (suposta) innovación, na privatización de servizos e, para iso, quereneliminar a capacidade protección dos pobos poñendo en marcha unha regulamentación parauso e beneficio dos que dominan o sector de servizos privados.

Ademáis, baixo o chamado Mecanismo Único de Supervisión agóchase unha realidade quepode ter consecuencias moi perigosas: a entrega da nosa soberanía política e económica aosórganos non democráticos de Europa en aras do control do déficit, que é o que explica apolítica de recortes nos distintos orzamentos “supervisados” desde Europa. De novo, ohorizonte se tingue de diñeiro público para a banca privada (recapitalización dos bancos através do Mecanismo Europeo de Estabilidade (MEDE)) e de máis restricións orzamentariaspara os pobos. De feito, preocupan os anuncios sobre dúas directivas que se van a elaborar:a Directiva sobre rescate e resolución bancarios e a Directiva relativa aos sistemas de garantíade depósitos.

3.1.1. Sistema financeiro

Un novo rol para o banco central europeo.

Control democrático do bce: debe ser unha ferramenta ao servizo da cidadanía.O poder de emisión de moeda debe financiar proxecto dirixidos a crear emprego digno(industria, investigacion, e novos modelos de produción) e de servizos públicos nacionais eeuropeos.

As diferentes economías nacionais deben ter o apoio dun banco central para que podan poñeren marcha políticas a favor das maiorías sociais, e que funcione como prestamista de últimainstancia.

Crédito como ben público = sen interés, con cargos análogos á inflación para a xestión dosgastos.

Bloqueo dos movementos de capitais entre a ue e os paraísos fiscais.

Control público dos bancos, creación de consorcios públicos bancarios e separación das

38 | PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014

Page 40: Programa AGEe europeas 2014

actividades comerciais das de aforro nos bancos.

Nova regulación europea dos instrumentos de investimentos colectivos, como as sicav, paraevitar que sexan fórmulas de elusión fiscal. En concreto, a participación individual de cadasocio non debería ser inferior ao 5% do capital.

Loita contra a fraude fiscal.

Eliminar o segredo bancario.

Favorecer o desenvolvemento de fondos mutualistas e cooperativos sen finalidade lucrativa.unha banca pública, con control da cidadanía.

Debemos crear unha banca pública europea, de desenvolvemento social e solidario e concontrol da cidadanía. Esta banca debería distribuír os recursos financeiros destinados aproxectos europeos baseados en criterios sociais e medioambientais. Os fondos provirían doBCE, do orzamento da UE e das taxas sobre transaccións e ingresos financeiros, libraría osinvestimentos públicos nos mercados financeiros e remataría coa especulación. Loxicamente,prohibición absoluta da súa posterior privatización.

Prohibición de produtos financeiros altamente especulativos, coma os credit default swap.

3.1.2. Fiscalidade

Os orzamentos da UE. Pensados para a solidariedade, para axudar ás persoas e aos pobos quepasen máis dificultades. Deben ser o instrumento que permita reducir as desigualdades sociaisentre os pobos de Europa.

Non aceptaremos os recortes nas disposicións orzamentarias destinadas ás persoas ensituación de risco.

Redistribución xusta da riqueza. Progresividade: quen máis ten debe achegar máis para acaixa común. Proponse a imposición dunha taxa europea excepcional para as grandes fortunasco obxecto de financiar un plan europeo de recuperación económica. Taxa sobre os beneficiosbancarios.

Imposto sobre transaccións financeiras (Taxa Tobin).

Loitar contra o dumping fiscal: establecer unha armonización fiscal xusta.

PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014 | 39

Page 41: Programa AGEe europeas 2014

Sistema fiscal xusto en cada país e a nivel europeo.

Non se inxectará diñeiro público ás empresas con beneficios que despidan traballadores etraballadoras.

As axudas públicas ás empresas condicionaranse en función da creación de empregos dignos,estables, de criterios sociais e medioambientais.

Axencia Pública Europea de Rating.

3.1.3. Un novo modelo produtivo

O futuro ten que contemplar os límites da Nai Terra, ten que respectar o ecosistema en quetraballamos. Para iso, os procesos de creación de emprego industrial teñen que ter moi enconta o tipo de industria (atenderá a criterios de demanda), que deberá asentarse en sectoressustentable e na participación de traballadores e traballadoras na súa propiedade e na súaxestión.

Para Alternativa Galega de Esquerda será prioritario establecer os piares dun novo modeloprodutivo baseado no mercado interno e na demanda doméstica:

Potenciando o aforro enerxético e a eficiencia.•

A rehabilitación e o illamento de vivendas.•

Un novo modelo comarcal de RSU asentado na reciclaxe e na compostaxe.•

Potenciando as enerxías renovábeis e a nacionalización e o carácter de servizo•público da enerxía.

Traballando para asentar a agricultura ecolóxica e a produción de bens e•servizos de proximidade, evitando a pegada ecolóxica derivada do excesivo usodo transporte de mercadorías.

Instaurando mecanismos que garantan a soberanía alimentaria, tal como a•regulación dos mercados agrarios, stocks reguladores e medidas contra aespeculación.

Promovendo emprego local coa creación de cooperativas agrícolas que permitan•unha distribución local dos produtos, reducindo os intermediarios de forma

40 | PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014

Page 42: Programa AGEe europeas 2014

progresiva e achegando os lugares de produción e consumo, combatendo omodelo agroindustrial, e con axudas para o pequeno comercio.

Garantir a titularidade e o control público dos recursos naturais (auga, enerxía),•bens (infraestruturas) e servizos estratéxicos (pensións, educación e saúde,xunto cun parque público de vivendas suficiente para garantir o dereitoconstitucional, e aqueles de interese público ou común para garantir que odereito a decidir da cidadanía sexa merecente de tal nome; todos os servizosdeclarados de primeira necesidade deben ser 100% públicos.

3.9. desenvolvemento de políticas que aposten pola recuperación dos•ecosistemas agrarios e da beiramar, pola ordenación do territorio, a protecciónda liña costeira e a fixación de poboación no medio rural e mariñeiro.

Evitar a concentración da actividade naval en mans duns poucos países e•levantar o veto para que Navantia poda dedicarse á construción naval civil enFerrol.

Cómpre avanzar no control público e democrático dos sectores estratéxicos da•economía europea. Paso importante para pensar e repensar cales son os nichosde produción que interesa desenvolver e estender e cales interesa non proseguircon eles debido aos seus elevados costes enerxéticos, medioambientais esociais, asi como ver a maneira de producir de forma cooperativa entre ospobos, en vez de competir de forma descarnada.

Os programas de innovación e desenvolvemento deben ser os motores•fundamentais do cambio no modelo produtivo. Todas as economías europeashan transitar cara a estruturas produtivas de alto valor engadido.

Programa de retorno da mocidade investigadora que tivo que exiliarse do país. •

3.2. Emprego

Novos poderes á clase traballadora permitindo que decida sobre o sentido e a organización doseu traballo, para organizarse nas empresas, para o control social dos medios de produción.Traballadores e traballadoras e os seus representantes deben ter dereito de veto nas instanciasde dirección das empresas sobre os proxectos especulativos, as restruturacións e asdeslocalizacións. Desexamos instrumentos que permitan aos traballadores e traballadorasloitar contra a precariedade na súa empresa.

PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014 | 41

Page 43: Programa AGEe europeas 2014

Restablecemento dos convenios colectivos.

Defensa dos marcos de negociación sindical e loitar contra a represión anti-sindical.

Abolición das recentes reformas laborais. Rexeitamos a Directiva Europea sobre xornadalaboral que permite a flexibilidade total. Estamos en contra da Estratexia de Lisboa e daflexiseguridade e empregabilidade aí establecidas.

Limitación por unha Directiva Europea da xornada de traballo a 35 horas en cómputo semanal,sen redución de salario, e a adopción de medidas eficaces para limitar a realización de horasextraordinarias.

Todos os postos de traballo deberán cumprir cos estándares da OIT: salario digno; seguridadeno lugar de traballo e protección social para as familias; mellores perspectivas dedesenvolvemento persoal e integración na sociedade; liberdade para a expresión de opinión,organización e participación nas decisións que afectan ás súas vidas, igualdade deoportunidades e trato para todas as mulleres e homes.

Política de coordinación salarial a nivel europeo que relacione e vincule crecemento salarialá suma do crecemento da produtividade e inflación nos países con déficit comercial, e queestableza crecementos salariais superiores a esa marca nos países con superavit comercial.Topes salariais tanto no sector público coma no privado.

Adopción dun plan de emerxencia para loitar contra o desemprego.

Establecemento das bases para unha Estratexia Europea de Investimentos para incrementara capacidade de financiación para os investimentos.

Plan Europeo de medidas urxentes para promoconar o emprego xuvenil. No marco dunhaestratexia europea cara a plena ocupación.

Establecemento dun salario mínimo interprofesional europeo común. Propoñemos un salariomínimo interprofesional de 1000 € e a creación dun plan para a converxencia salarial enEuropa.

Políticas activas europeas contra da pobreza, a desigualdade e a exclusión.

Plan Europeo de apoio á dependencia.

42 | PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014

Page 44: Programa AGEe europeas 2014

MEDIO AMBIENTE E ECOLOXÍA SOCIAL.SOBERANÍA ALIMENTARIA E POLÍTICAAGRARIA COMÚN

AGE en Europa comprométese a defender as 14 medidas do Programa da Terrapresentado polas principais organizacións ecoloxistas onternacionais para as ElecciónsEuropeas, particularmente:

Asegurar que a UE adopte para 2030 tres obxetivos diferenciados, ambiciosos e vinculantesde clima e enerxía. Fomentar a transición cara un modelo enerxético renovable, xusto edemocrático.

Establecer políticas integrais que prioricen a reducción de residuos e do uso de recursos.

Deter a perda de biodiversidade en Europa para 2020. Conseguir mares máis sans. Apoiarunha agricultura que garantice a biodiversidade e un medio rural vivo. Garantir uns ríos convida e unha nova cultura da auga en Europa. Parar a deforestación e degradación forestal anivel europeo e global. Adoutar medidas para unha xestión racional de productos químicosperigosos. Limitar a contaminación do aire a niveis concordantes coas últimas recomendaciónspara a saúde. Opoñerse a calquera tratado de libre comercio que debilite as normas deprotección ambiental e social e á sinatura de acordos comerciais con países que vulneren odereito internacional. Situar a xustiza ambiental e social no corazón das políticas comerciaispara reducir a pobreza, a desigualdade e a crise ecolóxica global. Elimiñar subvenciónsdañinas para o medio ambiente e avanzar cara unha fiscalidade máis sostible. Garantir odereito á información, participación e xustiza para a ciudadanía europea.

PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014 | 43

Page 45: Programa AGEe europeas 2014

4.1. Territorio

As politicas actuais da UE en materia de ordenación do territorio veñen ditadas pola AxendaTerritorial Europea 2020, cuxos principios e obxectivos se inscriben na Política de Cohesiónda UE. No entanto, non ten carácter normativo, se ben formula directrices e recomendacións,a través de 6 prioridades que non garanten nin a cohesión territorial nin a social nin preservao patrimonio ao non ser vinculante.

Políticas que converteron o territorio nun ben económico máis, e non coma o lugar en quese desenvolve a vida humana, vexetal e animal, ao tempo que o modelo elixido se decantoupola produción intensiva, tanto en industria como en agricultura, e na aposta polaurbanización difusa, necesitada dun alto consumo de enerxía, de infraestruturas e de sistemasmúltiples de transporte, en que o privado é altamente excesivo.

Un sistema que creou deseños territoriais desde unha perspectiva urbana que tivo comoconsecuencia, non só a dependencia do espazo rural respecto do urbano, senón a perda deservizos públicos e de equilibrio. A poboación do rural galego viuse sometida deste xeito a unproceso de emigración aos grandes núcleos urbanos galegos, orixinándose a actual situaciónde baleiro territorial que padece o rural de Galicia.

O territorio debe entenderse o territorio coma un espazo físico composto por ecosistemasurbanos, rurais e naturais, que xeran interrelacións económicas, sociais e culturais entre sí.Para iso, cómpre que se teñan en conta as seguintes premisas:

Democratización da ordenación do territorio que teña como eixo fundamental ás persoas,o seu desenvolvemento político e persoal (educación, vivenda, sanidade, cultura, ocio), asicomo a sostibilidade social e ambiental.

Elaboración dunha Directiva Marco do Territorio, relativa á ordenación do territorio e ourbanismo, que evite a concentración en grandes aglomeracións urbanas insostibles.

Planificación política do territorio, con participación social, que defina necesidadescomerciais, industriais, agrícolas, gandeiras, turísticas, de servizos e implemente as políticaspara garantir un desenvolvemento social xusto e sostible. Impulsaremos unha Directiva Marcosobre a Protección do Litoral e da Plataforma Continental.

A cidade é espazo de relación, de encontro entre as persoas, con barrios multifuncionais esostibles no social e no ambiental. Debe garantirse o acceso a unha vivenda digna, sendesbaldir máis recursos naturais, territoriais e paisaxísticos que os necesarios e opoñéndonosao crecemento desordeado con criterios economicistas.

44 | PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014

Page 46: Programa AGEe europeas 2014

O campo debe preservar os saberes e técnicas tradicionais que manteña a diversidadeagropecuaria sen renunciar a novas tecnoloxías que melloren os procesos produtivos. Asexplotacións extensivas deben prevalecer sobre as intensivas.

A esta visión do territorio habería que engadir a súa consideración como paisaxe. A paisaxeé a unión dos aspectos xeoecolóxicos e culturais do territorio, algo que queda definido noConvenio Europeo da Paisaje de 2000 en que se opta preservar a riqueza física e humana queatesouran as paisaxes das rexións europeas.

A paisaxe non é só unha realidade física, é o lugar onde se proxecta e onde se representaa cultura da xente que o habita; unha transformación colectiva da natureza. En cambio astransformacións aceleradas e agresivas do territorio xeraron unha degradación continuada dapaisaxe, tanto nos seus aspectos ecolóxicos –perda de biodiversidade, contaminación deacuíferos, entroutros- como culturais –perda da percepción identitaria- provocando a súabanalización e uniformidade.

É preciso vencellar paisaxe e territorio. O Convenio da Paisaxe foi ratificado por España en2007, promulgándose a raíz de él nalgunhas CCAA leis que fomentan o inventario,catalogación, protección e posta en valor de paisaxes, mais non existe unha lei estatal sirvade referencia ás administracións autonómicas.

Por todo isto AGE propón:

Unha Directiva Europea sobre Ordenación do Territorio, que impulse a•interconexión das políticas territoriais, que faga da participación cidadá unhaferramenta básica para a construción dun novo modelo territorial baseado nariqueza social e na diversidade ambiental e cultural dos territorios.

Directiva Europea sobre a paisaxe.•

Creación de una Rede de paisaxes europeos similar á Rede Natura 2000.•

PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014 | 45

Page 47: Programa AGEe europeas 2014

4.2. Transportes e infraestruturas

Os servizos e as infraestruturas para o transporte teñen que asentarse na función primordialdo transporte: crear accesibilidade que facilite acadar os bens, servizos e contactos coaspersoas. O transporte debe acadar a máxima accesibilidade coa mínima mobilidade. Debe tercarácter universal e ser público e garantir o servizo a todas as persoas, independentementeda súa situación xeográfica, poder adquisitivo, xénero ou idade. AGE defende o transportesostible cos modos a pé, en bicicleta e en tren como columna vertebral do sistema multimodale integral de transporte.

O artellamento do territorio asentarase nunha rede de transporte público e colectivo e nodesenvolvemento do ferrocarril como servizo público de mobilidade e de cercanías, quepermita a cohesión social e espacial entre o rural e o urbano en Galicia.

4.2.1. Ferrocarril

AGE aposta polo ferrocarril coma o sistema de transporte terrestre fundamental nas grandese medias distancias, xa que é o sistema de transporte máis eficiente desde o punto de vistaenerxético. Ademais, unha parte importante da infraestrutura ferroviaria xa realizada deberíaser optimizada, poñéndoa en funcionamento de novo, evitando o impacto de novasinfraestruturas. Un bo exemplo sería a reapertura do túnel ferroviario do Canfranc no PirineoCentral.

Desde AGE propoñemos:

A xestión pública das redes existentes e dos seus futuros desenvolvementos,•retornando ao sistema a súa unidade de xestión e derrogando, polo tanto, aDirectiva 440/1991 que sentou as bases dos procesos de privatización que seestán levando a cabo no estado e que afectaron tanto ao artellamento territorialen Galicia.

Compromiso de que no horizonte de 2020, cando menos o 30% de todas as•mercadorías que se transportan por terra na UE sexa a través do tren, reducindoa influencia no cambio climático e diminuíndo os problemas de conxestión,

46 | PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014

Page 48: Programa AGEe europeas 2014

contaminación e sinistralidade que causa a estrada, os grandes camións e oscombustibles fósiles.

Un plan integral de mantemento e mellora da actual rede española de ancho•ibérico.

Un ferrocarril baseado na proximidade, o artellamento dos territorios e a•igualdade entre as persoas, entendido como un servizo público publicamentexestionado con prezos asequibles e basear os seus servizos na fiabilidade,comodidade e seguridade máis que na velocidade. Control da proliferación daAlta velocidade e fomento das redes convencionais de transporte.

4.2.2. Aviación civil, aeroportos

Consorcio Público Europeo. Defendemos a dimensión de servizo público do transporte aéreoe estamos contra a privatización de AENA e de todos os aeroportos do estado abertos aotransporte regular de persoas.

Portos e mariña mercante: restablecer o carácter público da xestión dos portos e aarmonización de leis sobre transporte marítimo coas normas máis esixentes en Europa,destacando a seguridade e protección ambiental do medio mariño, as costas e praias e ascidades e zonas costeiras.

Potenciar a creación de accesos nos portos secundarios e terciarios para o embarque depersoas e vehículos en buques de pequeno tamaño que fagan rutas a outros pequenos portosda UE ou países veciños con embarque e desembarque rápido e co debido control aduaneiro.Este sistema, ademais do aforro enerxético no transporte, poderá xerar emprego directo epreservar o sector da construción naval local.

Inclusión das infraestruturas ciclistas e da rede EuroVelo nas redes transeuropeas detransporte (red Ten-T). Mellorar e desenvolver as infraestruturas de ciclorutas que percorrenos corredores da RTE-T.

PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014 | 47

Page 49: Programa AGEe europeas 2014

4.3. Auga e Enerxía

4.3.1. AugaA auga é un elemento básico para a existencia da vida sobre o planeta. Non é propiedade

nin patrimonio exclusivo dos seres humanos, senón que cumpre unha función ambientalcentral no conxunto dos ecosistemas.

A auga é un recurso limitado que sofre a presión sempre crecente dos usos doméstico,agrícola e industrial. A incidencia do cambio climático sobre o ciclo da auga é xa un feitoincontestábel tal como sinala o último informe do Panel Intergubernamental para o CambioClimático. O cambio de réxime pluvial e o aumento da temperatura reducirá progresivamentea súa dispoñibilidade e farao exponencialmente de non reducirmos as nosas emisións de gasesde efecto invernadoiro. Ecosistemas de enorme riqueza como as nosas rías vense directamenteafectados.

A auga doce é de vital importancia para a vida, e en ningún momento a súa extracción oureintegro debe comprometer a supervivencia do ecosistema do que se extrae, garantindo asúa viabilidade e a preservación das súas funcións ambientais e sociais.

A sua xestión débese asentar en tres principios: a sustentabilidade, a moderación e aracionalidade, actuando directamente na demanda, non no aumento da dispoñibilidade.

A auga é un ben ambiental e social e, como tal, débese garantir asumindo o seu carácterpúblico e colectivo, garantindo a súa inalienabilidade e a súa xestión pública. A auga é un benpúblico universal, que debe estar baixo control público, democrático, con control do gobernoe participación da cidadanía, e preparando a recuperación do carácter público hoxe sometidoa privatización e lucro empresarial.

Polo tanto, ás Administracións Públicas, xunto co conxunto da cidadanía, teñen aresponsabilidade de manter a sustentabilidade como cerne de toda actividade arredor do usoda auga, atendendo dende a conservación dos ecosistemas húmidos, á calidade nosubministro e a eficiencia na depuración, xunto co control dos usos industriais, agrícolas eparticulares, fomentando o aforro e a eficiencia.

É por isto que AGE defenderá no Parlamento Europeo:

Que as institucións europeas garantan a inalienabilidade actual e futura da•auga como elemento público e dos procesos inherentes á súa xestión, evitandoa súa apropiación por particulares e empresas.

48 | PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014

Page 50: Programa AGEe europeas 2014

A aplicación estrita da Directiva Marco da Auga e a asuncións dos principios da•Carta Europea por unha nova Cultura da Auga.

O desenvolvemento dun amplo programa de educación e sensibilización cidadá•para divulgar e concienciar sobre a Nova Cultura da Auga.

Traballar nunha proposta de reforma fiscal a nivel europeo que estableza taxas•fiscais e de tarificación que fomenten un consumo racional da auga, queincentiven o aforro e penalicen o malgasto. Os ingresos desta reforma deberánreverter na mellora do recurso e dos ecosistemas húmidos. Estableceranse unsmínimos vitais exentos de gravame fiscal para toda a cidadanía enrecoñecemento do dereito ao acceso a auga. Os mínimos vitais establecidoscara a taxas e tarifas se calcularán de acordo coas mellores técnicas dispoñibles(aireadores, duchas eficientes e cisternas de dobre pulsación) para fomentar asúa xeralización. Do mesmo xeito, os mínimos establecidos polos regulamentostécnicos das instalacións de auga se axustarán a estes valores.

Contribuír a que a Comisión Europea exerza un control estrito sobre as•actuacións das distintas administracións co fin de garantir que a explotacióndos recursos hídricos, sexan fluviais ou freáticos, non comprometan a saúde ea diversidade dos ecosistemas e establecendo todas as medidas necesarias quegarantan a depuración.

Estabelecer e facer cumprir os réximes de caudais ecolóxicos en todos os ríos•que deberán como mínimo manter a fauna piscícola e invertebrada tradicionaldo río así como a súa vexetación de ribeira. Neste senso prohibiranse novosencoros e apostarase no seu caso por centrais eléctricas que non interrompano fluxo natural do río.

Apoiar unha mudanza no modelo de depuración, apostando polo•establecemento de sistemas descentralizados de depuración, con tecnoloxías debaixa complexidade e reducido consumo enerxético, sen comprometer aintegridade biolóxica, social, produtiva ou recreativa da contorna.

Prohibir a técnica da fractura hidraúlica (fracking) pola importante afección•contaminante sobre acuíferos, entre outras elementos negativos.

Establecer na normativa europea a obriga de eliminar as perdas na rede de•distribución de auga que hoxe en día acadan volumes escandalosos.

O acceso a axudas e colaboracións da UE terá como condición inicial o•cumprimento estrito da normativa vixente, incluídas as actividadestransnacionais de compañías europeas.

PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014 | 49

Page 51: Programa AGEe europeas 2014

4.3.2. Enerxía

A enerxía é un recurso básico para as actividades humanas. O alumeado, a•calefacción, o transporte, a produción industrial dependen da dispoñibilidadede enerxía. O consumo enerxético mundial ten medrado de xeito continuo desdeo inicio da revolución industrial, acompañando sempre ao crecementoeconómico. No último século, que ben debera chamarse o do petróleo, estafonte enerxética máxica -pois coa enerxía dun só barril abondaba para extraer100 deles- foi o motor deste crecemento.

A demanda enerxética crecente deu lugar á suba dos prezos enerxéticos, e esta•ao incremento da produción de petróleo, Porén, desde o ano 2005 a importantesuba dos prezos non deu lugar a un incremento da produción de petróleo. AAxencia Internacional da Enerxía recoñeceu no seu informe do ano 2010 quese tiña acadado o nomeado “eito do petróleo” as empresas petroleiras nonpoden extraer petróleo a maior velocidade da actual, e esa velocidade vai seguira decrecer cara ao futuro por imposibilidade técnica e económica: osxacementos facilmente accesibles están a esgotarse.

Non existe ningunha fonte de enerxía capaz de substituír ao petróleo, que a•día de hoxe cobre preto do 40% do consumo enerxético total mundial, e máisdo 90% no sector do transporte. Moitos expertos coinciden en que estasituación supón a imposibilidade práctica de recuperar o crecementoeconómico –o menos un crecemento como o que coñecemos, baseado noincremento do consumo enerxético- que prometen os líderes dos principaispartidos europeos.

Cómpre logo artellar un discurso coherente con esa situación. Á previsión dunha•dispoñibilidade decrecente de enerxía hai que responder cunha estratexiainmediata e organizada de descenso do consumo enerxético que evite o caos,así como co desenvolvemento de novas fontes limpas e renovables. Asevidencias incontestables de alteración do clima do noso planeta derivada daqueima de combustibles fósiles debe servirnos como argumento engadido dereforzo desta estratexia.

O noso programa enerxético aséntase nos seguintes principios: a redución do•consumo enerxético (a través de estratexias de aforro e eficiencia) organizadae solidaria, e transición ás enerxías renovables, aproveitadas de xeito dispersopor pequenas comunidades, concellos ou cooperativas enerxéticas.

50 | PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014

Page 52: Programa AGEe europeas 2014

É por isto que AGE defenderá no Parlamento Europeo:

Defensa do carácter de servizo público da enerxía. Intervención pública e•control democrático dun servizo básico para a sociedade.

Iniciar a transición cara a unha sociedade baseada ao 100% en enerxías•renovábeis.

O desenvolvemento dunha Directiva para promover a rehabilitación enerxética•de edificios.

Tarificación enerxética nos domicilios en función do consumo. Tarifas por treito•social.

O fomento de estratexias de redución do transporte no eido laboral: teletraballo,•mobilidade laboral voluntaria en función da proximidade aos domicilios dostraballadores, concentración das horas traballadas en menos días laborables.

Fomento da bicicleta e o tránsito peonil, e desincentivación do transporte•privado. Redución progresiva do prezo do transporte público -até a gratuidade-financiada cos impostos directos aos combustibles para o transporte privado.

Orientación da PAC cara ao fomento da soberanía alimentaria dos pobos de•Europa, a través da produción para o consumo local e o desenvolvemento dunhaagricultura sen petróleo.

Regulación a nivel europeo da conexión con balance neto das pequenas•instalacións de enerxías renovables distribuídas para autoconsumo departiculares, pequenas comunidades ou entidades locales e programas defomento e implantación da xeración enerxética distribuída ou descentralizada.

Opoñémonos ao paso de liñas de alta tensión e ubicación de transformadores•próximos a zonas habitadas e reclamamos, o desvío de liñas ou o seusoterramento para proteger la salud de la población y minimizar los impactospaisajísticos.

Parada progresiva, segundo vaian sendo innecesarias, das centrales nucleares•e térmicas mais contaminantes (de fuel e carbón).

PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014 | 51

Page 53: Programa AGEe europeas 2014

4.4. Clima

O cambio climático é unha realidade ineludible tal e como confirma o último informe doPanel Intergubernamental de Expertos sobre Cambio Climático, presentado en datas recentesneste 2014. Os impactos sobre Europa serán importantes, mais serán moito máis fortes sobreas partes máis desfavorecidas do planeta; fenómenos atmosféricos extremos, redución decolleitas, mudanzas nos rexímenes pluviais e aumento do nivel do mar coa consecuenteerosión costeira. Suporá problemas de saúde, de seguridade alimentaria, de desprazamentosde poboación pola miseria, de acceso a auga potable e aumento dos conflitos.

Lamentablemente, agás declaracións altisonantes dos gobernos do mundo eparticularmente os europeos, pouco se ten feito para enfrontar este problema. A gravidade doimpacto das consecuencias do cambio climático será inversamente proporcional á rapidez eprofundidade das medidas adoptadas para minimizalo. A realidade actual non permite seroptimistas. E temos que cambiar esta dinámica negativa.

Enfrontarmos o cambio climático non é unha cuestión de medidas puntuais senón queimplica un profundo cambio de modelo produtivo, territorial, de mobilidade, enerxético,alimentario; supón mudanzas en cada unha das facianas que compoñen a nosa realidadecomo sociedade. Supón encetar un proceso de transición, sumarnos aos procesos decomunidades en transición a unha realidade presente e futura no que o cambio climático, opico do petróleo e o esgotamento dos recursos obrigará a ter.

AGE defenderá sempre nas institucións europeas esta necesidade de transición cara a unhasociedade sustentable, solidaria e xusta pero tamén hai medidas que cómpre adoptar deinmediato, e que propoñemos ao longo dos distintos epígrafes deste programa político e social.

Mais neste apartado quixeramos facer fincapé na nosa responsabilidade climática, comoparte dese 20% da humanidade que devora os recursos do planeta e deita sobre o outro 80%a miseria, a contaminación e o cambio climático. O Artigo 2 da Convención Marco das NaciónsUnidas sobre Cambio Climático demanda a estabilización das concentracións de gases deefecto invernadoiro na atmosfera a un nivel que impida interferencias antropoxénicas perigosaspara o sistema climático e esa estabilización está nas mans das nacións supostamente máisdesenvolvidas como a UE. Esta estabilización supón reducirmos as emisións dos gases deefecto invernadoiro nos países industrializados un 30% para o ano 2020, e un 80% para oano 2050, para que a temperatura global non aumente máis de 2 ºC a respecto dastemperaturas preindustriais.

O Cumio sobre Cambio Climático previsto para 2015 en París debe marcar un antes e undespois neste proceso. Débense chegar a acordos cuantificables e vinculantes para reducirmosas emisións pero namentres a UE pode e debe facer moito:

52 | PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014

Page 54: Programa AGEe europeas 2014

Encetar a reforma do Sistema de Comercio de Emisións para convertelo nunha ferramentaeficaz para loitar contra o cambio climático no canto dun mero mercadeo de dereitos.

Iniciar a transición acelerada a un sistema enerxético 100% renovable que garanta aredución de emisións e a seguridade e independencia enerxética nun marco futuro deescaseza das enerxías fósiles.

Empregar a enorme capacidade de asentar políticas dos distintos fondos de axudas esubvencións da UE para apoiar aquelas iniciativas do tipo que sexa que camiñen cara aredución de emisións de gases de efecto invernadoiro.

Creación dun fondo económico e tecnolóxico distinto ao de cooperación aodesenvolvemento para apoiar as medidas de a prol da sustentabilidade dos países maisempobrecidos, devolvendo en aras da xustiza climática, parte do roubado ao longo de séculosde explotación.

Promover o establecemento da proximidade como novo paradigma nos eidos agrogandeirose de consumo, de organización territorial, no transporte e mobilidade. É imprescindible reducirdrasticamente o consumos enerxético relacionado co transporte.

4.5. Pesca

A xestión dos recursos pesqueiros debe basearse nun aproveitamento sustentable quepermita asegurar o abastecemento do alimento e as actividades socioeconómicas dependentesdel para as xeracións presentes e futuras. Cómpre poñer en marcha plans de xestión dosrecursos alongo prazo.

Debemos protexer e promover a pesca artesanal xa que xera máis postos de traballo portonelada de pesca capturada, consume menos enerxía por unidade de pesca, é máis selectivade forma xeral, abastece dunha maior diversidade de especies pesqueiras e os seus actoresestán máis concienciados na necesidade de preservar os recursos pesqueiros. Garantiremosun nivel de vida razoable ás xentes do mar, asegurando emprego de calidade, rendas dignase niveis axeitados de protección social. Débese recoñecer o papel que desenvolven as mulleresno sector pesqueiro e acuícola e impulsar o seu protagonismo na xestión e toma de decisións.

Defendemos que a pesca artesanal saia da consideración de sector sometido á libreconcorrencia e que poda recibir axudas.

Debe avanzarse no proceso de rexionalización e nacionalización da xestión pesqueira.

PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014 | 53

Page 55: Programa AGEe europeas 2014

Deben reforzarse as estruturas coma os Consellos Consultivos Rexionais, e plantearse novasiniciativas de coxestión, sobre todo de recursos costeiros, onde o sector pesqueiro, a travésdas cofradías, asociacións e outras figuras representativas, xunto coas administraciónspúblicas, a comunidade científica e a sociedade civil, establezan sistemas de xestión e tomade decisións conxuntas.

Potenciaremos o desenvolvemento dos Grupos de Acción Costeira como modelo dedescentralización da xestión pesqueira, e mellorar o seu funcionamento axustando as súasactividades aos obxetivos polos que foron creados.

Propoñemos a protección do 20% dos ecosistemas mariños fronte á actividade pesqueira,creando, en cooperación cos representantes do sector, santuarios mariños e outras figuras deconservación que sirvan para a reposición continua e a rexeneración dos caladoiros.

Debemos asegurar unha distribución xusta e equitativa dos dereitos de acceso aos recursospesqueiros partindo da base da propiedade pública destes recursos. Deben desenvolversenovas alternativas de concesión de uso de carácter colectivo e territorial que promovan acorresponsabilidade da xestión, buscando un menor impacto ambiental e un maior impactosocial, e que en ningún caso permitan a concentración, a privatización e o uso especulativodos dereitos de pesca. Por iso, AGE oponse explicitamente á aplicación das Cotas IndividuaisTransferibles de capturas.

AGE recoñece a necesidade de reducir os descartes pesqueiros polo impacto ambiental, aineficiencia enerxética e o mal aproveitamento de proteína animal que supoñen.

As subvencións ao sector pesqueiro deben manterse para aquelas actuacións que reduzano impacto ambiental da actividade, tanto nas especies pesqueiras capturadas coma no mediomariño. Esta política de subvencións debe ser estrutural e non conxuntural, é dicir, debeaxudar a promover cambios e previr problemas potenciais futuros. De igual modo, os subsidiospesqueiros deben dirixirse a financiar medidas de modernización dos buques pesqueiros encanto a melloras das condicións de saúde, hixiene, seguridade a bordo e eficiencia enerxética,para mellorar as condicións de traballo a bordo e a calidade das capturas.

A pesca é un sector cunha dimensión internacional. É importante entender a dimensióninternacional do sector pesqueiro español desde unha perspectiva ampla, non só a partir dasúa actividade extractiva, senón tamén do control dos circuitos de transformación ecomercialización dalgúns produtos pesqueiros, e desde os fenómenos de externalización dasflotas e as industrias. Promover sinatura de acordos de pesca con terceiros países quecontemplen estes obxectivos. É necesario resaltar a absoluta obrigatoriedade do cumprimientoexplícito dos Dereitos Humanos no marco de cualquer actividade que se derive destes acordosinternacionais.

54 | PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014

Page 56: Programa AGEe europeas 2014

AGE combatirá contra a la pesca ilegal, non declarada e non regulamentada.

A mellora da comercialización dos produtos da pesca e a acuicultura. Hai que reforzar ocumprimento do etiquetado que facilite aos consumidores información e unha elección decompra que aposte por productos locais, de menor impacto ambiental e maior impacto social.

Debemos reconverter a acuicultura europea, moi dependente do cultivo de salmón, troitae dourada ao cultivo de novas especies con menor dependencia de fariñas de peixe.

4.6. Biodiversidade e respecto polos dereitos dos animais

4.6.1. Biodiversidade

Deter a perda de biodiversidade con medidas transversais que abrangan o uso econservación das augas continentais e marítimas, a xestión agroecolóxica e forestal, os usose ordenación do territorio.

A UE debe considerar os recursos naturais como bens da humanidade. AGE promoverácriterios e obxectivos para a conservación do patrimonio natural na ordenación do territorio eurbanismo, agricultura, gandería, pesca, turismo e transporte, entroutros.

A biodiversidade e o cambio climático son o principal problema ambiental que afecta a todaa poboación mundial e afectará máis se non se toman medidas para impedir a súa perdacontinuada.

A décima Conferencia de 2010 (COP10 Nagoia) tenta remediar a situación de degradaciónaprobando o Plan Estratéxico para a Diversidade Biolóxica 2011-2020 e establécense asMetas de Aichi, que se organizan en 5 obxectivos estratéxicos: 1) identificar os causantes daperda de biodiversidade mundial; 2) reducir a presión directa que se exerce sobre adiversidade, identificando os eidos en que se produce; 3) mellorar a situación da diversidadebiolóxica cuantificando resultados en protección de zonas terrestres e augas continentais, enzonas mariñas e costeiras e na salvagarda da diversidade xenética; 4) aumentar os beneficiosda diversidade biolóxica e os servizos ecosistémicos apoiando a restauración de ecosistemase fixando para 2015 a entrada en vigor do Protocolo de Nagoia sobre Acceso aos RecursosXenéticos e Participación Xusta e Equitativa nos Beneficios que se Deriven da súa utilización;5) mellorar a aplicación do CBD instando a elaborar para 2015 un plan de acción nacionalparticipativo sobre biodiversidade, respectando os coñecementos tradicionais, promovendo

PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014 | 55

Page 57: Programa AGEe europeas 2014

investigacións científicas e mobilizando recursos suficientes.

Instauración dunha Directiva sobre Diversidade que incorpore, entroutros,os seguintesaspectos:

Incluir a biodiversidade en todas as políticas sectoriais.•

Creación dun Plan de Acción europeo contra as especies alóctonas, oportunistas•e invasoras.

Implicar os movementos sociais e cidadáns, non só económicos, na salvagarda•e mellora da biodiversidade.

Promover investigacións para mellorar o coñecemento da diversidade biolóxica.•

Promover campañas de información, concienciación e sensibilización. Incluír•no currículo escolar a diversidade biolóxica e a súa importancia para a vida noplaneta.

Imposibilitar a construción de infraestruturas en zonas sensibles ou vulnerables•para a biodiversidade.

4.6.2. Os dereitos dos animais

Alternativa Galega de Esquerda acolle as demandas de colectivos de defensa e respecto dosdereitos dos animais, como a Asociación Animalista Libera, a Fondation Franz Weber e aPlataforma Galicia, Mellor Sen Touradas.

A Unión Europea subsidia con máis de 130.000.000€ ao entramado taurino cada ano, secontamos cos fondos a través da Política Agraria Común que perciben os gandeiros de tourosde lidia, os verdadeiros fornecedores dun negocio baseado no maltrato e na violencia, quevampirizan uns orzamentos que equivalen a todas as axudas que pode percibir o agro galegoen 365 días.

Algunhas comunidades e rexións comunitarias xa teñen advertido dos efectos negativospara a fauna que supoñen os espectáculos itinerantes que se lucran da explotación animalcomo fórmula de ocio. O vacío normativo existente no eido estatal e tamén no europeo facilitano funcionamento dos circos que empregan animais. Esta tipoloxía de espectáculo non só noné necesaria, nin obrigada, senón que traballos sen animais xa teñen amosado o seu prestixio

56 | PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014

Page 58: Programa AGEe europeas 2014

internacional.

O compromiso de AGE co respecto polos animais manifestarase en:

Supresión de axudas comunitarias para actividades relacionadas co maltrato•animal ocasionado pola tauromaquia e o seu entramado.

Elaboración dunha directiva comunitaria que impida todo uso de animais en•espectáculos itinerantes ou como reclamo de actividades de ocio.

Agravamento das penas por tráfico ilegal e maltrato de animais.•

Desenvolvemento da investigación con métodos alternativos á experimentación•con animais e apostar pola Excelencia Científica que suprima o uso de seresvivos.

Creación dunha Estratexia Europea ao redor do benestar e protección dos•animais domésticos, cunha postura contundente contra o comercio ilícito.

Reformulación e reforzo da normativa comunitaria sobre establecementos•zoolóxicos e acuarios, incidindo na reconversión e creación de instalacións derecuperación de fauna silvestre.

Modificación das normas zoosanitarias dos desprazamentos de animais de•compañía e evitar o seu abandono, posibilitando que podan acceder aotransporte e espazos públicos.

4.7. Xestión dos resíduos

É preciso reducir a xeración de residuos e optimizar os fluxos de materiais na produción debens e servizos.

Cumprimento dos Plans de Residuos, priorizando os programas de concienciación social eos modelos de consumo sostibles. É preciso impulsar o desenvolvemento tecnolóxico daxestión baixo os criterios de redución, recuperación e reutilización.

Defendemos a xestión pública dos residuos tratándoos como materiais reutilizables oureciclables.

PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014 | 57

Page 59: Programa AGEe europeas 2014

Opoñemonos á incineración de residuos, nin para a súa eliminación, nin para a súa“alorización”

Aplicando o principio de precaución no terreo da contaminación electromagnética,solicitamos porque se compartan as infraestruturas de emisión, repetición e recepciónarmonizando normas en toda a UE para evitar os posibles efectos indesexados na saúde.

É necesario decrecer equitativamente no gasto global de enerxía e materiais, así como naxeración de residuos, xa que o crecemento económico baseado no uso crecente de recursos,materias e enerxía superou os límites de la naturaleza.

Propoñemos estender a educación ambiental non só ás escolas, senón a todos os eidos,como medida preventiva que favoreza a concienciación social sobre o desenvolvementosostible.

Por outra parte, seguiremos insistindo na Estratexia Residuo Cero: recollida porta a porta(orgánico vs resto), compostaxe de calidade, centros locais de reutilización e reciclaxe,investigación e incidencia en fracción non reciclable, incentivos fiscais.

Son precisos cambios lexislativos para recuperar unha xerarquía de xestión dos residuosencaminada á sostibilidade, á protección da saúde e á xeración de emprego que peche aopción á incineración de residuos, chamada de maneira enganosa “valorización enerxética”.

4.8. Soberanía alimentaria –Política Agraria Común

Europa ten que garantir soberanía alimentaria do seus pobos e permitir aos seusagricultores e agricultoras vivir dignamente de seu traballo. Cómpre iniciar xa a transiciónecolóxica en agricultura.

4.8.1. Soberanía alimentaria

Cómpre instaurar mecanismos de regulación dos mercados agrarios, stocks reguladores emedidas contra a especulación. Un primeiro paso podería vir dado pola creación dunhaconvención internacional contra a especulación dos bens alimentarios:

58 | PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014

Page 60: Programa AGEe europeas 2014

Produción local•

Interrumpir a produción e importacións de agrocarburantes•

Lexitimar os impostos ás importacións e exportacións desestabilizadoras dos•mercados locais co obxecto de financiar a relocalización da produción.

Economías de escala.•

Instauración de instrumentos económicos que controlen marxes e prácticas dos•xigantes da alimentación e das grandes cadeas de distribución.

Sustentabilidade.•

Canles curtas de comercialización.•

Lei de cadea agroalimentaria.•

A UE debe cambiar a desregulación dos mercados e instaurar mecanismos que•eviten a volatilidade de prezos, a fluctuación dos mercados agrícolas e quegarantan prezos aos produtores que superen os seus costes de produción(xestión e regulación pública, intervención, control da produción, mantementode cotas lácteas, cupos de azúcar e dereitos de replantación de viñedo, cláusulade medidas excepcionales, etc.).

Clausula de salvagarda internacional cando as terras e as augas (pesca) dun•pobo sexan ameazadas pola especulación e malversación dos cultivos.

4.8.2. Política Agraria Común

Na actualidade sufrimos un modelo que prima a simple tenencia de terras; que enriquecea familias de “abolengo”, mesmo herdeiras do franquismo, lúcranse con diñeiro públicomentres manteñen as terras improdutivas (Complejo Agrícola S.A., da familia Domecq, con 4M€ (2012); Euroexplotaciones Agrarias S.A, da duquesa de Alba (+1M€), son claros exemplosdo insulto.

No estado español moitos dos que perciben axudas non son agricultores, nin viven nocampo. Persoas que reciben axudas para vacas que nin sequera teñen xa. Un panoramadesolador.

Mentres, os que realmente producen, ou traballan e viven da terra, non reciben apenasaxudas da PAC, ou que perciban contías inferiores aos prezos percibidos, porque teñen queenfrontarse ás políticas de prezos e competitividade das grandes corporacións.

PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014 | 59

Page 61: Programa AGEe europeas 2014

Na última década pecháronse cada día 80 fincas agrarias.

Insustentable e antiecolóxico: priman modelos de agricultura industrial (emisión do 40%CO2).

Inxusta: a metade das produtoras e produtores de Europa percibe menos de 500 € deaxuda; mentres uns milleiros lévanse máis de 100.000 €.

Insolidaria con terceiros países.

Todo isto debe mudar. É preciso avanzar cara a un novo modelo, unha nova política sobreo uso da terra.

Rexeitamento do recorte do 15% na PAC 2014-2020 respecto ao anterior periodo deprogramación (2007-2013). Con estas cifras, o peso da PAC no marco financeiro diminuirádo 33% actual ao 25% en 2020.

Compromiso europeo para o desenvolvemento rural que contemple a complexidade eheteroxeneidade de cada territorio, que se vencelle á posta en valor dos seus propios recursose favoreza ás comarcas rurais máis desfavorecidas. O obxectivo debe ser frear e invertir odescenso demográfico das áreas rurais e favorecer o rexurdimento da agricultura e a ganderíado modelo social maioritario no continente, incidindo na agroecoloxía.

Establecemento de políticas públicas orientadas á garantía da prestación de servizosbásicos no medio rural como medio de promover o crecemento demográfico da Europa rural.

“Defendamos unha politica para que a nosa alimentación se cultive e medre nosnosos territorios, onde existan medidas de protección para a agricultura a pequenaescala, e facilitemos a volta ao campo de quen a quere practicar; definamosmedidas que garantan prezos xustosa quen produce alimentos e asequibles a quendebe adquirilos; que se poñan límites á expansión da agroindustria e as grandessuperficies que concentran o poder da cadea alimentaria“.

(Gustavo Duch)

60 | PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014

Page 62: Programa AGEe europeas 2014

A EUROPA DA CIDADANÍA E DOS DEREITOS

5.1. Feminismo

Na actual situación política de crise sistémica de carácter democrático, ideolóxico, políticoe económico na Europa, é máis patente que nunca que para acadar unha real sociedadedemocrática e participativa, as mulleres deben ter presenza, expresión e influencia nosámbitos sociais, político e económico, en igualdade real de condicións, trato e oportunidades.A discriminación que aínda rexe na vida das mulleres é un feito que atenta contra a propiaidea de democracia.

Nunha sociedade onde as mulleres seguen a estar en situación de desigualdade respectoaos homes. No que o 50% da poboación sofre distintas formas de discriminación.Feminización da pobreza, trata de mulleres, discriminación salarial, precarización do emprego,violencia machista, eliminación dos dereitos sexuais e reprodutivos, entre moitos outros. Aalternativa social a presentar dende a esquerda transformadora, por unha sociedade máisxusta e equitativa, só é posible coas achegas da lóxica feminista.

Son necesarias directivas de igualdade real, cun enfoque integral, incluíndo a paridade nopoder e nos órganos de toma de decisións, facilitando ao acceso o traballo igualitario eeliminando as diferenzas salariais, potenciando o acceso a cultura, a educación en todos osseus niveis e ramas, eliminado o sexismo dos medios de comunicación e proporcionandorecursos materiais para a autonomía das mulleres en todos os ámbitos: emprego, educación,cultura, etc.

Debe cumprirse o compromiso europeo da integración da dimensión de igualdade en todas

PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014 | 61

Page 63: Programa AGEe europeas 2014

as políticas da Unión. Nós consideramos que esta transversalidade en políticas europeas debeser un obxectivo prioritario e como tal, cheo de contido real e orzamentario, dotado de persoalsuficiente e cualificado para levalo ao cabo.

Todos os países que forman parte da UE, como os que queiran integrarse, deben someterseao cumprimento duns principios políticos básicos en materia de igualdade. Ademais, nestesenso, débense regular con carácter de Lei por parte da UE e de obrigado cumprimento entodos e cada un dos países que a integran.

5.1.1. Dereitos Políticos e Democracia Paritaria

Na actualidade, na que as mulleres están nunha situación de máis pobreza evulnerabilidade, as cotas de participación vense aínda máis restrinxidas porque, entre outrosmoitos motivos, recae case exclusivamente sobre elas o mundo dos coidados. A nosa apostapasa por alcanzar dereitos e medidas que permitan as mulleres acceder a vida pública ecorrixir o desequilibrio de xéneros existente.

É vital realizar políticas de transversalidade de xénero que permite o empoderamentoeconómico e político das mulleres para alcanzar a transformación social e política. É necesarioincrementar a participación das mulleres na vida política equiparándose ao número de homes.

Propoñemos:

A integración da perspectiva de xénero transversal nos orzamentos, garantindo•a elaboración e aplicación de políticas de impacto de xénero. Dotaciónorzamentaria para todas aquelas accións encamiñadas a igualdade e equidadede xénero, que sexan desenvolvidas por asociacións de mulleres ou colectivosque defendan estes principios.

Paridade con listas cremalleira en todos os órganos de representación directa•e de designación indirecta.

Primar as entidades contratadas ou subvencionadas polas administracións•públicas que nos seus órganos de decisión existan cotas paritarias.

62 | PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014

Page 64: Programa AGEe europeas 2014

5.1.2. Economía, Emprego e Dereitos Sociais

As medidas adoptadas por parte da Troika agravan as desigualdades entre os sectores máisvulnerables da poboación e, por suposto, entre mulleres e homes. Debemos apostar poloinvestimento público en infraestruturas sociais, fomentar a independencia económica dasmulleres, desenvolver medidas para acabar coa brecha salarial e coa precarización dossectores máis feminizados, medidas para un reparto efectivo das tarefas domésticas, así comomecanismos en contra da involución cara os roles tradicionais coa volta das mulleres ao fogar.O Estados membros da Unión Europea deben garantir os servizos públicos e a igualdadesalarial.

É prioritario xerar uns sistemas públicos de calidade que garantan empregos dignos. Osorzamentos europeos, ao contrario do que se está a facer dende a práctica neoliberal, debenincrementarse economicamente para a consecución dos obxectivos públicos, entre os que seatopan a igualdade entre mulleres e homes, acabando coa división sexual do traballo aíndaimperante. Sen programas, mecanismos e instrumentos adecuados tanto a nivel xurídico,administrativo e orzamentario, non é posible aplicar ningunha das políticas de igualdade quena teoría se asumen.

En 1975, fai xa 34 anos, aprobouse a directiva do Consello relativa a aproximación daslexislacións dos Estados membros no que se refire a aplicación de igualdade de retribuciónentre as traballadoras femininas e os masculinos (75/117/CEE). Hoxe en día, a diferenzasalarial entre mulleres e homes que realizan un traballo de igual valor, mantense.

a) Aplicación do principio de igualdade de retribución para un traballo de igual•valor entre traballadoras e traballadores (Directiva 75/117/CEE).

b) Para acadar o dereito das mulleres a un emprego digno, garantindo a igual•traballo, igual salario, é necesario crear corpos de inspección que controlen asempresas, fomentando o acceso ao emprego público e privado, promovendoofertar de emprego público que garantan o acceso das mulleres en todos oscampos.

c) Aplicación do principio de igualdade no que se refire o acceso ao emprego,•a formación e a promoción profesional, e as condicións de traballo (Directiva76/207/CEE).

d) Desenvolvemento de políticas activas de creación de emprego que tomen en•consideración las perspectiva de xénero e aplicación de políticas correctorasque eliminen as discriminacións laborais existentes.

PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014 | 63

Page 65: Programa AGEe europeas 2014

e) Fomento e desenvolvemento dun modelo de organización do tempo de•traballo baseado na corresponsabilidade familiar e profesional entre os sexos.Impulsar medidas que fomenten a asunción por ambos xéneros das tarefas dofogar. É imprescindible para elo, a creación e bo funcionamento de estruturasde servizos públicos e de calidade que garantan a atención das persoasdependentes. Así, como avogar pola implantación de permisos iguais pornacemento ou adopción de crianzas.

f) Xerar ferramentas capaces de eliminar discriminacións e velar pola igualdade•de oportunidades e da calidade de emprego.

g) Programas de emprego específicos e integrais, dirixidos ás mulleres con•cargas familiares con escasos recursos, con especial atención ao medio rural.

h) A elaboración e implantación dos Plans de Igualdade nas empresas que•obrigue a facer seguimento dos protocolos de acoso sexual e acoso por razónde sexo. Abordar os incumprimentos da lexislación vixente: situacións derivadasda maternidade, acosos sexual, acoso por razón de sexo, situacións provintesda discriminación de sexo ou orientación sexual.

i) Promover a creación dunha comisión que realice un seguimento e faga•cumprir aos Estados membros a lexislación vixente.

k) A posición de dependencia de moitas mulleres, especialmente as mulleres•inmigrantes, en relación coas súas parellas e familia, debe ser superadarecoñecendo a igualdade de dereitos:

Recoñecendo os seus dereitos individuais e a residencia cando estes dependan•da parella.

Concedendo o dereito de asilo para as mulleres forzadas a fuxir dos seus países•por cuestións de discriminacións sexual (mutilación xenital feminina,matrimonios forzados, etc.).

64 | PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014

Page 66: Programa AGEe europeas 2014

5.1.3. Erradicación da violencia de xénero e da exclusión social

Directivas contra a violencia de xénero, que analicen a estrutura patriarcal da sociedade eaporten solucións en todos os sectores e ámbitos sociais, públicos e privados, onde se exerzaviolencia contra as mulleres, xa sexa de forma real ou simbólica.

Estas directivas deben centrarse na prevención da violencia e na educación na igualdade,establecendo un sistema eficaz de sancións das condutas discriminatorias e violentas contrasas mulleres e de seguimento das mesmas, contando cos medios económicos e humanossuficientes.

A situación das mulleres inmigrantes en Europa e a discriminación engadida que soportan,require de unha política radical e distinta a actual, que pase pola acollida e a integraciónfronte a aquelas medidas favorecedoras da súa expulsión.

PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014 | 65

Page 67: Programa AGEe europeas 2014

5.1.4. Dereitos sexuais e reprodutivos

a) Esiximos o dereito de asilo e protección para as mulleres que son ou poden•ser vítimas de violencia sexual ou prácticas violentas.

b) Homoxeneizar a normativa europea sobre a interrupción voluntaria do•embarazo, baseada na libre elección das mulleres e garantindo os seus dereitossexuais e reprodutivos. Elaborando unha directiva europea sobre os dereitossexuais reprodutivos, incluído o aborto libre e gratuíto, que garanta ainformación, o acceso a planificación familiar e a liberdade da elección dasmulleres en materia de reprodución.

c) Propoñemos directivas e medidas políticas que acaben coa explotación•sexual e o tráfico de mulleres, que proporcionen medios e canles públicassuficientes ás mulleres prostituídas para a súa integración e que se persiga epenalice o proxenetismo e as redes internacionais en todas as súas formas.

d) Promover a nivel europeo de programas de atención a mulleres en situación•de marxinación e exclusión social, que aseguren o seu acceso en igualdade atodos os dereitos sociais.

5.1.5. Proposta para a igualdade entre mulleres e homes

a) Unha Europa laica, onde a igualdade entre mulleres e homes non esteasupeditada a ningunha confesión relixiosa.

b) A escola debe ser a impulsora e xeradora de cambios sociais e ter plans para•abordar as desigualdades por xénero.

c) A obriga dos estados membros de realizar un plan integral de saúde para as•enfermidades específicas femininas.

d) Promover especialmente proxectos de cooperación internacional que teñan•como obxetivo a igualdade da muller, aumentas a súa calidade de vida e a súaparticipación pública.

66 | PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014

Page 68: Programa AGEe europeas 2014

e) Penalización dos medios de comunicación públicos que manteñan emisións•ou anuncios sexistas.

f) Eliminar os estereotipos sexistas en material didáctico de tal modo que todos•os países estean na obriga de controlar os materiais e libros de texto para evitarque se transmita a división tradicional de roles e empregos por razón de sexo.

5.2. Unha Europa Laica

Queremos afortalar as liberdades individuais e os dereitos e as políticas sociais e dereitospara todos os que viven na UE. A carta de Dereitos Fundamentais debe ser o marco legalobrigatorio, amais de mellorar e desenvolverse.

Solicitamos unha declaración formal e expresa da laicidade en todos os países•da UE.

Supresión da financiación relixiosa,directa ou indirecta, con fondos europeos a•calquera institución relixiosa.

Retirada de símbolos relixiosos en todos os edificios públicos ou privados no•exercicio de prestación de servizos públicos.

Laicidade na escola pública.•

Impulso dunha Europa laica que xire ao redor dos valores da liberdade de•conciencia, a igualdade entre toda a cidadanía, á marxe das súas convicciónsrelixiosas. Autonomia de xuízo, cultivada grazas a unha educación pública elaica, depositaria dunha cultura universal.

A práctica relixiosa debe ser libre, mais circunscrita ao estrito eido do privado. •

Recoñecemento do dereito dunha morte digna. •

Apoio á Carta Europea pola Laicidade impulsada polos movementos sociais•laicistas.

Supresión do Concordato entre o Estado Español e o Vaticano.•

PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014 | 67

Page 69: Programa AGEe europeas 2014

5.3. Igualdade LGTBI

A batalla das europeas preséntasenos non só como unha primeira demostración de forzade cara ao futuro derrube do Réxime da IIª Restauración Borbónica, senón que, dende o puntode vista LGTBI, debemos darlle unha grande importancia a esta cita polo contextointernacional actual.

Pese aos recentes avances realizados na Unión Europea como a aprobación do ‘PlanLunacek’, que recoñece a igualdade de dereitos LGTB nos Estados membros, non podemosobviar outro tipo de movementos europeos que atacan directamente a diversidadeafectivosexual e que se están a facer fortes, como pode ser o movemento en Francia ManifPour Tous ou o auxe do fascismo en Grecia.

Deste xeito, tampouco podemos obviar o retraso de moitos Estados europeos de cara áspolíticas LGTBI, como ben pode ser o caso de Italia, que nin sequera chegou aínda a modificaro seu Código Civil para ampliar así o matrimonio a unións entre persoas do mesmo sexo, oumesmo o que está a acontecer no noso país e no estado, con políticas que fan retroceder aloita polos dereitos conquistados, como a eliminación da reprodución asistida a mullereslesbianas, bisexuais con parellas do mesmo sexo e solteiras ou a desaparición de toda temáticaLGTBI nos institutos e escolas coa eliminación da materia de ‘Educación para a cidadanía’,nun claro guiño do Partido Popular de cara ao electorado máis conservador e á ConferenciaEpiscopal.

Alternativa Galega de Esquerda, como clara defensora da igualdade e liberdade das persoasLGTBI, comprométese a ser a voz do colectivo en Europa e para iso comprométese a:

Denunciar a Contrarreforma da Lei do Aborto, a eliminación da reprodución asistida amulleres lesbianas, bisexuais con parellas do mesmo sexo e mulleres que queren exercer amaternidade en solitario no Parlamento Europeo.

Nun paso de cara á loita en favor dos dereitos das persoas intersexuais, marxinadas inclusopor moitas organizacións en defensa da diversidade afectivosexual, hai que loitar polaabolición das operacións de reasignación de sexo, sendo estas as causantes dos males futurosdas persoas intersexuais.

Defendemos a eliminación do rexistro do sexo das persoas recén nacidas, así como a queisto non conste en documentos públicos, sendo só rexistrado de forma confidencial de cara áelaboración de enquisas ou sondaxes gubernamentais e das diferentes institucións do Estado,nacións e territorios do Estado español.

Lexislar contra a discriminación LGTBI no ámbito laboral.

68 | PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014

Page 70: Programa AGEe europeas 2014

A violencia LGTBIfóbica segue a ser unha realidade no ámbito internacional, así como noestatal e no nacional. Débese avanzar na consideración dentro dun carácter especial áspersoas vítimas de persecucións e agresións LGTBifóbicas graves como acontece coas vítimasda violencia de xénero. Así mesmo, débese traballar en prol da visibilización da violenciaintraxénero (entre parellas do mesmo sexo) e na loita contra a mesma, sendo regulada noscódigos penais dos Estados europeos. Este tipo de discriminación positiva será unhaferramenta a usar de cara á normalización dun colectivo perseguido e marxinado secularmenteen todos os territorios da UE.

Condenar e perseguir a aquelas organizacións que reproduzan mensaxes de odio,intolerancia e animen á persecución das persoas LGTBI.

Por outra banda, débese pensar na retirada de convenios de adopción internacionais conaqueles Estados e países que deneguen a adopción por parte de parellas homoparentais ehomomaternais ou que violen os dereitos humanos en xeral, e particularmente de cara a estecolectivo, nos seus territorios.

Creación de subvencións para iniciativas empresariais e laborais con responsabilidadesocial de cara ao colectivo, ou sexa, que fomenten a visibilidade da diversidade afectivosexualen positivo sen caer en estereotipos mercantilizadores, dentro do impulso á linguaxe inclusiva.

A realización dunha campaña por parte da Unión Europea de visibilización e desensibilización do colectivo LGTBI nas áreas rurais, dada a fonda LGTBIfobia que existe nestesámbitos da sociedade. Ademais, proporemos marcos normativos en favor da protección daspersoas LGTBI maiores e nas zonas máis envellecidas, como sería o caso galego.

Propoñer á Unión Europea levar a cabo políticas efectivas contra a violencia de cara áspersoas gais, lesbianas, bisexuais, trans e intersexuais en todo tipo de deporte.

Elevar a proposta de creación de Gabinetes de educación afectivosexual e de xénero noscolexios e institutos da Unión Europea, de cara a facilitar o apoio necesario ao alumnadoLGTBI das aulas e nos seus fogares.

En referencia ao tema sanitario, débese incentivar a gratuidade dos medicamentos eatencións sanitarias en toda a UE ás persoas con VIH/SIDA, así como a posibilidade daderibación da súa atención a outros Estados membros en caso de necesidade. Denuncia dosrecortes neoliberais na sanidade que afectan aos infectados pola epidemia.

Despatoloxización da transexualidade en todos os Estados membros, seguindo o exemploda Lei Integral da Transexualidade que se está a debatir en Andalucía e que é a máis avanzadade Europa. Tamén se buscará o compromiso da UE para que inste á OMS a seguir este camiño.

PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014 | 69

Page 71: Programa AGEe europeas 2014

Impulsar o asociacionismo LGTBI en todos os rincóns do continente, algo que tamén se fainecesario no noso país, onde o tecido asociativo é moi feble.

A creación de axudas e becas para a investigación e os estudos sobre temática LGTBI eTeoría Queer.

5.4. Mocidade

Desde o ano 2009 o 90% dos máis de 5 millóns de persoas que perderon o seu empregoson mozos e mozas. A mocidade galega, tal como reflictimos no apartado dedicado áemigración intraeuropea, está sometida a un brutal proceso de desemprego, máis dun 50%,que está provocando a saída constante da mocidade mellor preparada de cara a outraslatitudes. En toda Europa asistimos a un incremento inadmisible do desemprego e, noutrospaíses, coma en Alemaña, salarios miserentos de 400 euros ao mes, onde existían no 2012ate 8 millóns de contratos temporais con esa contía. Isto só incide no incremento do que xase chama “traballador ou traballadora pobre”.

O Pacto adoptado polo Consello Europeo de marzo de 2005 centraba a súa política en tresgrandes eixos que seguen sendo prioritarios:

Emprego, integración e promoción social.•

Educación, formación e mobilidade.•

Conciliación da vida profesional e a vida persoal e familiar.•

No entanto, e considerando o alcance da política austericida, a mocidade non acadouningunha das melloras aí profetizadas. Todo o contrario. A mocidade dos pobos do sur deEuropa e da periferie só vé como solución un maior empobrecemento, unhas dificultades cadavez máis crecentes para poder emanciparse, en definitiva, viven nun proceso de atrancoxeracional que corre o risco de estenderse.

O desemprego, a precariedade laboral (taxa de temporalidade próxima ao 50%), ainformalidade da economía mergullada, retrasan a súa emancipación (máis do 60% damocidade galega de entre 18 e 34 nos vive nos fogares paternos e maternos) e a súaindependencia económica. Todas estas problemáticas agudízanse no caso da muller moza ea persoa migrante. Nestes momentos, tal como reflictimos no epígrafe correspondente, existendiferentes formas de discriminación sobre as mulleres mozas galegas: un sistema patriarcale a discriminación polo feito de seren mozas, a discriminación de clase, de orixe ou lugar deresidencia (xa que non existen os mesmos dereitos nos distintos países europeos). Todas estas

70 | PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014

Page 72: Programa AGEe europeas 2014

formas de discriminación atópanse actualmente acentuadas polo contexto de crise-estafacapitalista. Somos un dos países de Europa con maior desigualdade entre homes e mulleres.A fenda salarial é superior ao 20% por cento.

Neste contexto, un 20,1% dos nenos e nenas que viven en Galicia, malviven porque estánpor debaixo da soleira da pobreza, isto é, en risco de exclusión social. Tal como ten ditoUNICEF: “er un neno pobre en España non significa necesariamente pasar fame, mais si termoitas máis posibilidades de estar desnutrido”

Por outra banda, a situación da poboación moza e Galicia e do Estado sinala que somos osprimeiros en ter unha maior porcentaxe de estudantado universitario que traballa en empregosque están por debaixo da súa preparación e cualificación.

As políticas destinadas á mocidade deben ser, forzosamente, transversais, e por iso,remitimos aos diferentes epígrafes dedicados ao emprego, á vivenda, á educación, aos dereitosdunha cidadanía inclusiva, á sanidade, mais tamén específicas para achegar solucións aosproblemas que sofren hoxe en día a mocidade galega e europea.

Cómpre o establecemento dunha Directiva Marco que obrigue aos estados membro a poñeren marcha políticas destinadas á poboación moza a través de medidas activas do mercadolaboral ou medidas sociais que permitan a contratación cun salario digno da mocidade galega.

En relación a este enfoque, establecerase a esixencia de que cando menos o 5% dacontratación de organismos públicos e empresas privadas sexa para menores de 31 anos, senque dita contratación signifique modificación ou alteración da plantilla a través de despidos.

Cómpre evitar as actuais prácticas de aprendizaxe profesional (FP DUAL) baseados nunsalario de miseria e impoñer unhas condicións de prácticas remuneradas dignas. Para iso,propomos eliminar tamén a figura contractual de prácticas non remuneradas e que o salariosexa digno.

O salario mínimo interprofesional para menores de 35 anos baseado en criterio de prezosque inclúa aspectos coma consumo alimenticio básico medio necesario para o mantementodunha persoa durante un mes e o prezo medio dun alugueiro para unha vivenda digna epermitir así a emancipación.

O retorno ás idades de xubilación anteriores, a implantación da xornada laboral de 35 horasson factores que redundarán na creación de emprego para a poboación moza.

Tal como manifestamos con anterioridade, a política de vivenda de AGE defenderá acreación dunha rede de vivenda pública para alugueiro, cuxo custo non supere o 20% dosalario dos ingresos da persoa moza.

PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014 | 71

Page 73: Programa AGEe europeas 2014

En materia de sanidade, defendemos o dereito das mulleres mozas galegas e europeas adecidir libremente sobre o seu corpo. E a independencia das mulleres de 16 anos en relacióná IVE sen que sexa precisa ningunha autorización externa. A anticoncepción terá caráctergratuíto dentro do sistema de saúde.

Para que o dereito o acceso á cultura sexa unha realidade para a poboación moza,implementaremos medidas coma o bono cultural para acceso a espectáculos de cine, teatro,música, danza e adquisición doutros bens culturais.

En materia de participación política estableceremos a idade mínima para poder exercer ovoto nos 16 anos de idade para calquera tipo de eleccións nos estados da Unión Europea. Eimpulsaremos unha normativa que regule unha porcentaxe mínima para que a representaciónda mocidade nas estruturas de goberno e decisión da UE sexa cando menos dun 15% demenores de 30 anos.

En resumo, AGE desenvolverá políticas públicas que se impliquen nos eidos do emprego,de acceso á vivenda, da educación e da formación continua, da participación política, deinformación dos seus dereitos en materia de reprodución e defensa da identidade afectivo-sexual.

72 | PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014

Page 74: Programa AGEe europeas 2014

CULTURA, LINGUA E COMUNICACIÓN

6.1. Cultura

Defendemos polo acceso e a defensa da arte e a cultura como ben común, un servizopúblico que os Estados deben garantir desde a libertade de expresión dos creadores e o dereitoá información para toda a cidadanía.

Pulamos por unha estratexia europea de promoción da produción cultural que implique unprograma que permita a formación de artistas e a creación. A cultura non é unha mercadoría.Desde as administracións públicas ten que existir un compromiso de garantir a libre creacióncultural, que implica a garantía de que os creadores teñan condicións laborais que garantana súa dignidade, libertade e independencia.

Dereitos do sector cultural.

Actuar sobre a desregulación no sector cultural, defendendo os dereitos laborais•e a aplicación dos convenios laborais existentes.

Ampliar circuitos culturais en coordinación coa política nacional e local.•

Cumprimento do Tratado de Pekín sobre Interpretacións que outorga un marco•xurídico internacional para a protección de actores e actrices.

PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014 | 73

Page 75: Programa AGEe europeas 2014

Cultura como servizo público universal.

Revisión e creación dun marco lexislativo de dereitos culturais•

Leis Xerais dos diferentes sectores•

Medidas de democratización da Cultura•

Modelo de apoios á cultura baseado nun criterio de subvencións non clientelar•entre os poderes públicos. os creadores e as institucións culturais

Apoio á diversidade cultural•

Dereito da cidadanía ao acceso, uso e goce de todo produto cultural cuxa•creación estea financiada con fondos públicos, sempre que sexa sen ánimo delucro.

Fiscalidade cultural

Redución do IVE cultural ao 4% e homoxeneización na UE.•

Regulación europea do Mecenado cultural•

Revisión e eliminación de axudas e subvencións a actividades entendidas como•culturais e que supoñan crueldade, violencia, ou explotación animal.

Industria cultural

Promoción e apoio ás industrias de artes escénicas, plásticas, cine e ao sector•de audiovisuais. Desenvolver políticas culturais de colaboración entre as artesescénicas, a danza, a música, as artes plásticas, o circo, etc.

Regular desde as industrias culturais, fomentando iniciativas desde a economía•social; promovendo a xestión pública neste tipo de industria, que contará coainfraestrutura necesaria (teatros, museos, etc.).

Promover as culturais nacionais con medidas económicas e fiscais.•

74 | PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014

Page 76: Programa AGEe europeas 2014

Creación dunha Distribuidora Europea de Cine. Facilitar a través dun•mecanismo público: a distribución, promoción e proxección de filmes europeos.Este organismo estaría abierto a convenios con distribuidoras latinoamericanasposibilitando un intercambio capaz de plantar cara ao imperio monocultural deHollywood.

Creación e promoción de unha Rede de Cines Europeos que permita a•recuperación de salas.

Cotas mínimas de pantalla e exhibición.•

Promover e impulsar o apoio ás producións españolas e europeas, en coherencia•co principio de excepcionalidade cultural que ten que rexer o desenvolvementoda industria cultural europea.

Patrimonio cultural

Creación dun Centro Europeo de Memoria dos fascismos, onde se recolla•documentación de todo tipo e sirva de centro de referencia cultural einvestigadora, co fin de impedir que, por descoñecemento, Europa volva sobreos seus pasos.

Aumento dos niveis de protección e criterios de Ben de Interese Cultural.•

Incorporar ao concepto de patrimonio cultural, os arquivos audiovisuais,•promover a súa dixitalización para o seu acceso e uso públicos.

Exclusión do concepto de patrimonio cultural aos bens inmobles destinados á•práctica de actos de culto en toda a UE para evitar a discriminación, garantindoque a obriga de autofinanciación é igual para todos os credos.

Regulación dos bens patrimoniais en mans privadas con garantías de•inspección e sanción.

Protección á Artesanía Tradicional Europea, considerando os talleres e oficios•tradicionais europeos como parte do patrimonio cultural. Garantindo fiscalidadeespecial para os artesáns tradicionais e seus produtos, así como validacióndestes saberes nas canles de formación profesional.

Elaboración dun Plan Europeo de loita contra o Trafico o expolio de obxectos de•Arte e pezas arqueolóxicas.

PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014 | 75

Page 77: Programa AGEe europeas 2014

6.2. Lingua

A Carta europea das linguas rexionais ou minoritarias (Estrasburgo, 5.XI.1992; en vigordesde o 1 de agosto de 2001 no estado español) enfatiza que o dereito de practicar unhalingua rexional ou minoritaria na vida privada e pública constitúe un dereito imprescritible,conforme aos principios contidos no Pacto Internacional relativo ós dereitos civís e políticosdas Nacións Unidas, e conforme ao espírito da Convención de Salvagarda dos Dereitos doHome e das Liberdades Fundamentais do Consello de Europa. E sinalaba tamén que debíanprotexerse os valores do interculturalismo e do plurilingüismo, e considerando que a proteccióne o fomento das linguas rexionais ou minoritarias non se debería facer en detrimento daslinguas oficiais e da necesidade de aprendelas.

AGE defende unha Europa dos Pobos decididamente plurilingüe e intercultural, comopiares fundamentais e fundacionais do que debe ser unha Europa Democrática.

Por iso, realizaremos, en base a ese marco, unha defensa activa contra a desaparición danosa identidade nacional, contra as políticas lingüicidas, de exterminio da nosa lingua galega.

AGE impulsará medidas para que o recoñecemento e intercomprensión lingüística entre osPobos de Europa formen parte dos itinerarios educativos e formativos como forma de dignificara todas as linguas e aos seus pobos, como forma de construírmos esa Europa social, diversa.

AGE realizará o traballo político necesario para que a lingua galega sexa recoñecida comolingua oficial, como lingua de comunicación nas institucións da Unión Europea.

6.3. Comunicación

Establecer no reparto de licenzas un mínimo dun tercio para o servizo público e outro terciopara as iniciativas sociais e comunitarias.

Fortalecemento do servizo público, baixo o control parlamentario, social e dos e astraballadores do medio, que garanta unha información de calidade coa boa xestión dunorzamento suficiente.

O dereito de acceso para os grupos políticos, sociais e sindicais nas emisoras de servizopúblico de todos as institucións de goberno que conforman a Europa dos Pobos.

Unha regulamentación do sector social que non limite a súa intervención ao eidocomunitario.

76 | PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014

Page 78: Programa AGEe europeas 2014

Promover unha directiva sobre medios comunitarios que garanta que os estados establezanreservas de espectro radioeléctrico para estes operadores e estableza igualdade no acceso alicenzas.

Por unha sociedade da información xusta e solidaria.

Universalización do uso da Informática e de Internet.

Democratización do acceso á información e ao coñecemento, é dicir, por unha Sociedadeda Información xusta e solidaria en que os territorios e capas sociais máis desfavorecidosreciban atención prioritaria.

Non son un fin en sí mesmas, senón unha ferramenta, se ben de gran importancia, paraavanzar cara a un nivel máis alto de democracia política, social e económica. Esta visiónalternativa é a referencia básica do noso programa para o avance da Sociedade da Información.

As nosas propostas máis destacadas son:

Definir Internet como Servizo Universal Gratuito para o conxunto da cidadanía, pois odesenvolvemento das redes e a súa importancia para o avance da Sociedade da Informaciónimpón que o servizo universal sexa ampliado para incluir o acceso a Internet cunha velocidademínima de 1 Megabit, ampliable a medida que mellore a tecnoloxía.

A implantación de Servizo Universal Gratuito levarase a cabo priorizando os territorios ecapas sociais máis desfavorecidos e incluirá unha axuda integral para a incorporación áSociedade de Información que consistirá, ademáis de o acceso gratuíto a Internet, créditos alongo prazo sen intereses para a adquisición de ordenador e cursos gratuitos de Informáticae Internet.

Fomento do Software Libre, establecendo o uso preferente de programas de código fonteaberto nas Administracións Públicas, superando situacións monopolistas de dependenciatecnolóxica.

Oposición á implantación das patentes de software, por favorecer ás grandes multinacionaisdo ramo e aos grandes bufetes multinacionais, causando un prexuízo ao movemento dosoftware libre, tanto aos programadores individuais como ás pequenas empresas que produceneste tipo de programas.

Modificación do sistema de defensa da propiedade intelectual que actualmente se realizaa través da implantación do chamado canon dixital, buscando alternativas máis xustas enbeneficio do interese xeral, compatible cos dereitos dos creadores, os da industria tecnolóxicae os das persoas usuarias.

PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014 | 77

Page 79: Programa AGEe europeas 2014

Cambio profundo do modelo vixente de propiedade intelectual, priorizando os aspectossociais e colectivos de toda obra, pois o vixente volvéuse un instrumento de maximalizacióndo beneficio de grandes empresas de carácter multinacional.

Non penalización do libre intercambio de arquivos sempre que non teña un fin lucrativo,de acordo coa actual doctrina xurisdicional, e apoio ao dereito á copia privada.

Dixitalización dos fondos culturales e históricos propios da Administración General daNación e do Estado e a súa posta a disposición de maneira libre e gratuita da cidadanía naWeb, permitindo ademais la descarga digital de los fondos de las bibliotecas estatales. Lapublicación destes fondos realizarase mediante licenzas libres que aseguren unha difusión senas restricións que impón o actual modelo de propiedade intelectual.

Cumprir coas normas da accesibilidade universal ás webs das administracións públicaspara persoas con diversidade funcional e aquelas que teñen dificultades para acceder ás TIC’s.

As redes de comunicación convertéronse nunha poderosa ferramenta democrática, perotamén nun instrumento de control da cidadanía e incluso dos gobernos por parte das empresasque se fixeron co control da comunicación en forma de oligopolio e do goberno de EstadosUnidos cuxa NSA espiou e obtido información ilexitimamente por ela. Asi mesmo, nas redessociais volcouse boa parte da loita cidadá. Xunto coas súas vantaxes, corremos o risco depoñer en mans das empresas propietarias das principais redes sociais capacidade paracensurar unhas e potenciar outras opinións.

Por iso, deberá aprobarse unha lexislación europea que garanta a neutralidade da rede edas redes delimitando o papel das empresas e garantindo que o servizo que ofrezan osprestadores dos servizos non distinga nin priorice de modo arbitrario contido, servizos,aplicacións ou outros baseándose en criterios de propiedade, marca, fonte de orixen oupreferencia.

78 | PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014

Page 80: Programa AGEe europeas 2014

7. A EUROPA DA PAZ, DA SOLIDARIEDADE EDO INTERNACIONALISMO

7.1. Socialismo ou barbarie

Multiplicidade de crises (alimentaria, enerxética, financeira, laboral, democrática...),directa consecuencia da voracidade do sistema capitalista en todo o mundo. Nada escapa ásúa cobiza. Podemos dicir que para manter o seu nivel de beneficios, o capital somete aospobos do mundo a un constante empobrecemento. O mundo segue sacudido por permanenteconflitos bélicos que provocan desprazamentos masivos de persoas ás que só lles espera unhavida durante anos en campamentos de refuxiados.

Unha Europa que estende a súa política de fronteiras no seu perímetro a costa dos dereitoshumanos e convertendo Europa nunha fortaleza, e xa vimos as mortes que provoca estafortaleza no mar mediterráneo e o sangue que quedan nos valos de púas de Ceuta e Melilla.

Temos que desmontar a arquitectura antidemocrática da UE e avanzar nos valores daliberdade, da igualdade, da fraternidade e da solidariedade. Para iso, cómpre traballar paraa reforma en profundidade da ONU, para que sexa realmente democrática e garante da pazentre os pobos do mundo.

Nunca foi máis certa a sentenza de Rosa Luxemburgo, socialismo ou barbarie, xa que estádemostrado que ou saímos de forma coordinada deste sistema destrutivo para avanzarmoscara o socialismo, ou viviremos instalados na barbarie que está instaurando o capitalismo. AGE

PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014 | 79

Page 81: Programa AGEe europeas 2014

quere unha cidadanía global que comparta ideais e realidades de xustiza, solidariedade eigualdade. Por iso, temos que desenvolver axendas comúns con organizacións políticas esociais no mundo.

7.2. Novo marco de relacións da UE co mundo

Desexamos unha nova arquitectura da seguridade mundial que se basee na seguridadehumana e a seguridade compartida, que teña como obxectivo o desarme e poñer fin á principalameaza mundial: a fame, a pobreza, e a enfermidade nos países empobrecidos, apostandopola prevención diplomática e pacífica dos conflitos e o control real do comercio de armas ematerial de dobre uso.

Independencia de Europa fronte aos EE.UU e a OTAN, co rexeite dos programas deintrodución de bases de drons e outros, tales como o programa Swift, Prism, etc. Negativa,polo tanto, aos tratados militares, comerciais e estratéxicos, e en especial, negativa a todosaqueles que os EE.UU queren impoñer en toda a UE ou na súa contorna máis inmediata.

Saída inmediata da OTAN. Disolución da OTAN.•

Abandono das bases da OTAN en Europa.•

Oposición as manobras miliares da OTAN previstas para 2015 onde estea•prevista a presenza de tropas do estado español.

A UE non participará en guerras “preventivas” e tampouco nas intervencións•chamadas “humanitarias”.

A UE ten que comprometerse na unificación de Chipre, esixindo a Turquía o•respecto polo dereito internacional.

A UE debe actuar para o recoñecemento do pobo kurdo en Turquía e a fin da•represión.

A UE ten que recoñecer Palestina e traballar polos dereitos soberanos do pobo•palestino mediante a revisión dos acordos con Israel. A favor dun estadopalestino libre. Retorno ás fronteiras de 1967, incluída Xerusalén Este ecensura da política de colonización dos enclaves palestinos. Destrución do muroda vergoña. Esiximos a destrución dos avións non tripulados (drons). Neste

80 | PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014

Page 82: Programa AGEe europeas 2014

sentido, apoiamos a campaña BDS (Boicot, Desinversións, Sancións) impulsadapor organizacións da sociedade civil palestina e israelí coma un instrumentonecesario para combater o estado de Apartheid imposto polo sionismo enPalestina.

Suspensión de todos os acordos preferenciais entre a UE e Israel:

O Tratado preferencia de comercio con Israel (“Protocolo ao Acordo•Euromediterráneo polo que se crea unha asociación Comunidades Europeas-Israel relativo á avaliación da conformidade e aceptación de produtos deIsrael”).

Aplicación estrita das directivas europeas contrarias á financiación europea de•proxectos e entidades de Israel nos territorios ocupados, incluíndo XerusalénEste.

Os acordos con Israel en materia de seguridade, defensa e intelixencia.•

Dereito de autodeterminación do Pobo Saharaui. Queremos cancelar os tratados de preferenciaentre Marrocos e a UE. A UE debe actuar para a descolonización en todo o mundo aí ondeaínda os pobos sofren esta situación. O pobo galego apoia as históricas reivindicacións dopobo saharaui para que o dereito de autodeterminación se vexa, por fin, realizado.

O estado español debe identificarse ante os organismos internacionais como•Potencia administradora de “iure” do territorio do Sáhara Occidental asumindopolo tanto a súa principal obriga de garantir a celebración dun referendotransparente, verificable e imparcial que permita ao pobo saharaui o exerciciodo dereito de autodeterminación e denunciando as manobras de obstrución dapotencia ocupante, Marrocos, que impediron a súa libre celebración.

Como Potencia administradora, o estado español debe velar polo cumprimento•e respecto dos DD.HH. da poboación do Sáhara Occidental ata que o pobosaharaui non exerza o seu dereito de autodeterminación.

Débense impulsar todas as xestións diplomáticas precisas para que se lle•atribúa á Misión de Nacións Unidas para o Referendo no Sáhara Occidental(MINURSO) competencia en materia de vixilancia e verificación do respecto

PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014 | 81

Page 83: Programa AGEe europeas 2014

dos dereitos humanos por parte da potencia ocupante.

Galicia ten que esixir e reclamar do estado español a que se negue a participar•na explotación ilegal dos recursos naturais do Sáhara Occidental e denunciarante os organismos internacionais o espolio dos mesmos por parte de calqueraestad ou empresa. Estes non deben contemplarse nas relacións entre a UE eMarrocos.

Apoiaremos a resistencia do pobo saharaui refuxiado nos campamentos de•Tinduf con axudas específicas desde Galicia.

Esixiremos que a UE presione a Marrocos para que os presos saharauis sexan•considerados como presos políticos e se llles aplique a lexislación internacionalpertinente nesta materia.

Condeamos todas as ditaduras e tiranías que asolan Oriente medio e o recente•golpe de estado en Exipto e opoñémonos a toda intervención militar tanto deEstados como de grupos armados estranxeiros na guerra civil que se estádando en Siria. Neste sentido, cómpre achegar toda a axuda posible para queas persoas desprazadas, que fuxen do conflito, teñan o amparo e protecciónnecesarios.

Colaborar co proceso de paz con xustiza social en Colombia. Apoiamos as•conversas de paz entre as FARC-EP e o goberno colombiano e avogamos poloinicio das mesmas co ELN.

Condeamos os golpes de estado en Honduras e Paraguai.•

Reclamaremos desde Galicia que a UE apoie o labor das organizacións de Dereitos Humanosen Guatemala que tratan de xulgar os crimes efectuados por militares e gobernosantidemocráticos en contra da súa poboación.

Avanzar a posición común sobre Cuba. O mantemento do bloqueo criminal sobre a Repúblicade Cuba,a pesar da reiterada denuncia da Asemblea Xeral das NN.UU. segue sendo para aesquerda que representamos un dos eixos esenciais da solidariedade internacional, ao igualque a posta en liberdade dos 5 Heroes Cubanos presos nos cárceres estadounidenses.

82 | PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014

Page 84: Programa AGEe europeas 2014

Impedir o gran mercado transatlántico. O novo Tratado que están negociando ás nosas costasa UE cos EE.UU representan unha grave ameaza para a supervivencia de Galicia. Trátase dunmercado liberalizado que ameaza os dereitos sociais, a calidade dos produtos e a propiaidentidade galega e europea. A desregulación da sociedade e a perda dos avances dados enEuropa serían as graves consecuencias. En xeral, os acordos subscritos entre a UE e os restodos países do mundo ameazan os dereitos de todos os pobos. Cómpre a unión de todos ossectores e toda a cidadanía que se vé en risco polo Tratado, en agricultura, en educación, naindustria, o mundo do audiovisual, no mundo do traballo en xeral, o medio ambiente, nacultura.

Reconsiderar os acordos de libre comercio con América Latina e o Caribe, para que sexanacordos de cooperación e respecto pola dignidade dos pobos. Cambio no marco das políticas que a UE mantén co Mediterráneo (Euromed) desde unenfoque solidario e cooperativo.

Esixencia de que os acordos comerciais da UE garantan de forma efectiva e real ocumprimento do Dereitos Humanos, incluíndo os dereitos civís, políticos, económicos, sociaise culturais.

A lexislación e a fiscalidade penalizarán o espolo dos pobos, dos seus territorios e dos seusrecursos naturais e culturais por parte das transnacionais con base na UE.

A UE apoiará as loitas dos pobos indíxenas para a preservación das súas culturas, a soberaníaalimentaria e contra o extractivismo.

Implementar medios para impedir a espionaxe e as súas redes e aprobar sancións fronte aospaíses que o leven a cabo en Europa.

Defenderemos o respecto escrupuloso nas relacións internacionais dos dereitos humanos e asoberanía nacional xunto co dereito de autodeterminación. Non apoiaremos en ningún casoa violencia armada como método para cambiar gobernos nin as ocupación ou as intervenciónsmilitares de territorios soberanos.

Apoio decidido á erradicación da pena de morte no mundo.

PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014 | 83

Page 85: Programa AGEe europeas 2014

7.3. Política armamentística e política de defensa en Europa

Desde Galicia, en unión cos demais pobos de Europa, traballaremos para que se realice unhaConvención Internacional para o Desarme, que teña cando menos os seguintes obxectivos:

Desnuclearización do planeta; traballaremos para que todos os países asinen o•Tratado de Non Proliferación Nuclear e pola destrución das armas ABQ eaqueles que non o subscriban que reciban as sancións da comunidadeinternacional.

Redución do gasto en armamento en todos os países da UE.•

Redución da produción armamentística e impedir as “vendas da morte”;•aplicación rigorosa do código de Conduta en material de Exportación de Armas.

Eliminación das armas de destrución masiva, prohibición ds armas químicas e•minas explosivas.

Separación por completo da presenza militar na vida civil e política.•

Ter acceso á información sobre gasto militar e deixar de considerar á industria•armamentística como estratéxica.

Obrigar ao desminado do territorio afectado nun conflito bélico por parte das•empresas exportadoras de armas e baixo o seu orzamento.

Democratización da UE en materia dedefensa.•

Obrigar ao cumprimento por parte de todos os países que formamos a UE dos•Tratados sobre Armas asinados no seo das NN.UU.

Lei Europea de Fomento da Cultura da Paz•

84 | PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014

Page 86: Programa AGEe europeas 2014

7.4. Memoria democrática fronte aos movementos daultradereita e do fascismo

Na Europa que queremos non teñen cabida os fascismos. AGE comprométese a loitar confirmeza contra o ascenso do fascismo na UE e contra as súas expresións políticas e esixiremosda UE o recoñecemento dos dereitos das vítimas e familiares do fascismo en relación coapreservación da Memoria democrática na UE. Para isto, AGE propón:

Equiparación do réxime franquista cos de extrema dereita.

Investigación sobre as desaparicións forzadas nos países da UE que non o fixeran, talcomo é o caso do Estado español.

Regulación para garantir a aplicación da normativa internacional, en todos os paísesmembros, en canto a DDHH de vítimas e seus familiares.

Desenvolvemento de políticas institucionais en relación cos valores democráticos econtra o avance da ideoloxía fascista que avanzan e penetran nas institucións en Europa.

Loita cultural, educativa, política e social contra o revisionismo histórico.

Elaboración dun Convenio Europeo de Memoria Democrática.

Plan Europeo contra da intolerancia, a discriminación o racismo e a xenofobia.

7.5. A cooperación ao desenvolvemento en Europa

Implicar a sociedade civil organizada, hoxe escasamente considerada na toma de decisións.

Consideramos a cooperación ao desenvolvemento como unha política pública e loitaremoscontra o desmantelamento da cooperación que provoca a desaparición dos fondos que se llededican.

Os fondos de AOD non servirán para políticas de privatización nos países contraparte nin parafinanciar programas de colaboración público-privadas.

PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014 | 85

Page 87: Programa AGEe europeas 2014

Persoas refuxiadas por causas medioambientais: para 2050, calcúlase entre 200 e 250millóns de persoas que escapan de desastres medioambientais moi vencellados á acciónhumana, entre eles o quencemento global.

Implementaranse programas de defensa dos DD.HH. de atención ás vítimas e desprazados. Europa e a consecución dos 8 Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio.

Defendemos a cultura da igualdade, a xustiza e a•solidariedade.Desenvolveremos nas escolas unha asignatura específica“Educación para a Paz”.

A UE ten que estar nos organismos que defenden a paz e debe mediar na•resolución pacífica dos conflitos, mudando totalmente a actual situaciónperversa de venda de armas a países en conflito, a imposición de chantaxeseconómico-financeiras, etc.

Incumprimentos dos ODM.•

O incumprimento é unha consecuencia lóxica do sistema capitalista, que•require, para a súa implantación e expansión, do espolio e desbaldimento dosrecursos naturais dos países empobrecidos.

Requerimos unha revisión dos ODM para que respondan ao imperativo de•obxectivos de desenvolvemento con xustiza social e sobre todo para que seincorporen outros obxectivos que quedaran esquecidos no 2000:

A redución e eliminación da desigualdade.•

O dereito a un traballo digno.•

O respecto polos dereitos humanos.•

O bo goberno e o fortalecemento institucional.•

O paz e a seguridade.•

Venda de armas e participación en conflitos bélicos.•

Destinar o 0,7% nesta lexislatura a Axuda Oficial ao Desenvolvemento (AOD).•

86 | PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014