Programa orientación vocacional 3º eso

13
Orientación Académica 3º ESO 15/16 Mónica Diz Besada 1 PROGRAMA DE ORIENTACIÓN VOCACIONAL PARA 3º DE ESO E DESPOIS DA ESO, QUE? O traballo que che propoñemos a continuación pretende axudarche e acompañarche nunha decisión moi importante para a túa vida futura como é, a que indudablemente vas ter que tomar moi pronto, ao finalizar a ESO. Para decidir que estudos vas ter que realizar despois da ESO (que modalidade de bacharelato, ciclo formativo, etc.) tes que ter moi presente certos datos como: Características das diferentes modalidades de bacharelato e dos ciclos de formación profesional. Itinerario ou percorrido a desenvolver no bacharelato para poder acceder a determinados estudos superiores. Materias imprescindibles e convenientes. Oferta concreta de bacharelatos, ciclos medios e superiores de formación profesional nos centros da zona, etc. Ademais debes facer unha análise de certos aspectos de ti mesmo/a. Que intención tes de seguir estudando? Que profesións che gustan ou interesan máis? Que aptitudes tes máis desenvolvidas? En que materias de ESO acadas mellores resultados? Que rasgos de personalidade destacan máis en ti? Este programa quere servirche de axuda na túa toma de decisión. O esquema que aparece a continuación representa as fases do proceso que seguirás ao longo do programa: 1º COÑECEMENTO PROPIO: - Que penso do meu futuro? - Cales son as miñas preferencias? - Para que vallo máis? - Como me vexo? RECOLLIDA DE INFORMACIÓN: - Que sei do bacharelato? - Que son os ciclos formativos? - Teño algunha outra posibilidade? 3º TOMA DE DECISIÓNS: - E agora que? ESTE PROGRAMA TEN UN TOTAL DE 5 SESIÓNS: 1ª SESIÓN: Enquisas Enquisa sobre o meu futuro: Que penso do meu futuro? Enquisa de intereses profesionais: Cales son as miñas preferencias profesionais? 2ª SESIÓN: Enquisas Enquisa de aptitudes: Para que vallo máis? Enquisa de persoalidade: Como me vexo? 3ª SESIÓN: Sesión informativa Os bacharelatos e os estudos universitarios A formación profesional específica Outras alternativas de estudos. 4ª SESIÓN: Sesión informativa Os itinerarios en 4º de ESO. 5ª SESIÓN: Enquisa Enquisa para tomar a decisión e escoller as materias de 4º.

Transcript of Programa orientación vocacional 3º eso

Page 1: Programa orientación vocacional 3º eso

Orientación Académica 3º ESO 15/16

Mónica Diz Besada

1

PROGRAMA DE ORIENTACIÓN VOCACIONAL

PARA 3º DE ESO

E DESPOIS DA ESO, QUE?

O traballo que che propoñemos a continuación pretende axudarche e acompañarche nunha decisión moi importante para a túa vida futura como é, a que indudablemente vas ter que tomar moi pronto, ao finalizar a ESO.

Para decidir que estudos vas ter que realizar despois da ESO (que modalidade de bacharelato, ciclo formativo, etc.) tes que ter moi presente certos datos como:

Características das diferentes modalidades de bacharelato e dos ciclos de formación profesional.

Itinerario ou percorrido a desenvolver no bacharelato para poder acceder a determinados estudos superiores. Materias imprescindibles e convenientes.

Oferta concreta de bacharelatos, ciclos medios e superiores de formación profesional nos centros da zona, etc.

Ademais debes facer unha análise de certos aspectos de ti mesmo/a.

Que intención tes de seguir estudando?

Que profesións che gustan ou interesan máis?

Que aptitudes tes máis desenvolvidas?

En que materias de ESO acadas mellores resultados?

Que rasgos de personalidade destacan máis en ti?

Este programa quere servirche de axuda na túa toma de decisión. O esquema que aparece a continuación representa as fases do proceso que seguirás ao longo do programa:

1º COÑECEMENTO PROPIO:

- Que penso do meu futuro? - Cales son as miñas preferencias? - Para que vallo máis? - Como me vexo?

2º RECOLLIDA DE INFORMACIÓN:

- Que sei do bacharelato? - Que son os ciclos formativos? - Teño algunha outra posibilidade?

3º TOMA DE DECISIÓNS:

- E agora que? ESTE PROGRAMA TEN UN TOTAL DE 5 SESIÓNS:

1ª SESIÓN: Enquisas

Enquisa sobre o meu futuro: Que penso do meu futuro?

Enquisa de intereses profesionais: Cales son as miñas preferencias profesionais? 2ª SESIÓN: Enquisas

Enquisa de aptitudes: Para que vallo máis?

Enquisa de persoalidade: Como me vexo? 3ª SESIÓN: Sesión informativa

Os bacharelatos e os estudos universitarios

A formación profesional específica

Outras alternativas de estudos. 4ª SESIÓN: Sesión informativa

Os itinerarios en 4º de ESO. 5ª SESIÓN: Enquisa

Enquisa para tomar a decisión e escoller as materias de 4º.

Page 2: Programa orientación vocacional 3º eso

Orientación Académica 3º ESO 15/16

Mónica Diz Besada

2

ENQUISA SOBRE O FUTURO: Que penso do meu futuro? Pensaches algunha vez se os estudos que queres realizar son de curta ou longa duración? Se realizas esta enquisa con sinceridade poderás ter unha idea máis clara.

INSTRUCIÓNS: - Le as preguntas que veñen na enquisa. - Marca cun X a resposta que máis se adapta ao que pensas. - Procura non abusar demasiado da opción marcada coa interrogación. - Suma as eleccións de cada unha das columnas e anótao na última fila. - Ten coidado, xa que a orde das respostas SI e NON varía.

PREGUNTA 1ªc 2ªc 3ª c

1. Xeralmente estou atento na clase 2. Gustaríame traballar canto antes 3. En case todas as avaliacións cáeme máis dun suspenso 4. Estudar é un gran fastío para min 5. Existen bastantes asignaturas que me gustan 6. Creo que estudar no serve para nada 7. Desexaría poñerme a traballar en calquera cousa e deixar de estudar 8. Cando remate este ano penso seguir estudando. 9. Desanímome cando penso que teño que poñerme a estudar 10. Sería feliz se non tivese que estudar 11. Penso que o que estudo me vai servir de pouco. 12. Gustaríame estudar e prepararme ben antes de buscar traballo 13. Canto máis aprenda agora, máis posibilidades terei de conseguir un bo traballo 14. Para estudar necesito sempre alguén que me axude 15. É necesario estudar moito para ter unha boa situación o día de mañá. 16. Na maioría das clases abúrrome. 17. O tempo que adico ao estudo fáiseme moi longo. 18. Penso que poderei estudar unha carreira universitaria. 19. Cando estudo adoito levantarme con frecuencia. 20. O ano que vén gustaríame seguir estudando. 21. Estou estudando este curso porque non teño máis remedio. 22. Xeralmente estudo na casa todos os días. 23. Cando suspendo unha asignatura procuro recuperala o antes posible.

SI ¿? NON NON ¿? SI NON ¿? SI

NON ¿? SI SI ¿? NON NON ¿? SI NON ¿? SI SI ¿? NON NON ¿? SI NON ¿? SI

NON ¿? SI SI ¿? NON SI ¿? NON NON ¿? SI SI ¿? NON NON ¿? SI NON ¿? SI SI ¿? NON NON ¿? SI SI ¿? NON NON ¿? SI SI ¿? NON SI ¿? NON

Page 3: Programa orientación vocacional 3º eso

Orientación Académica 3º ESO 15/16

Mónica Diz Besada

3

24. Preocúpame perder unha clase. 25. Estou decidido a seguir estudando para atopar un traballo mellor. 26. Cando me sae mal un exame, preparo con máis esforzo a recuperación 27. Se puidese traballar deixaría agora mesmo os estudos. 28. Só estudo porque me obrigan. 29. O meu desexo é estudar só un par de anos máis e atopar traballo. 30. Penso que para min aprender un oficio é o máis adecuado. 31. É probable que vaia á Universidade. 32. Se fago bacharelato penso que terei dificultades para rematalo. 33. Gustaríame facer uns estudos curtos de Formación Profesional. 34. Interésame facer o bacharelato aínda que teña que repetir algún curso. 35. Desexaría que o que vén fose o meu derradeiro ano de estudo 36. Se fose só pola miña vontade, deixaría de estudar no vindeiro curso

SI ¿? NON SI ¿? NON SI ¿? NON NON ¿? SI NON ¿? SI

NON ¿? SI NON ¿? SI SI ¿? NON NON ¿? SI NON ¿? SI SI ¿? NON NON ¿? SI NON ¿? SI

Suma total …………………………

OBTENCIÓN DO RESULTADO: Para obter o resultado dos datos desta enquisa deberás realizar as seguintes operacións: 1ª Multiplica por 2 o total da suma da 1ª columna. 2ª Multiplica por 1 o resultado da suma da 2ª columna. 3ª Calcula a suma total.

Total 1ª columna x 2 =

Total 2ª columna x 1 =

Total 3ª columna x 0 = 0

Suma total =

INTERPRETACIÓN DOS RESULTADOS: MENOS DE 20 PUNTOS: Non sentes demasiado interese polos estudos. Sería pouco realista que te formulases facer uns estudos de larga duración. Quizais o máis rendible sería que acadases o graduado en ESO e cursases algún ciclo formativo de grao medio. ENTRE 20 E 50 PUNTOS: Tes certo interese por estudar, pero este non parece ser suficiente para facer unha carreira longa. O máis interesante para ti sería que aprobases o bacharelato e puideses acceder a algún ciclo formativo de grao superior. MÁIS DE 50 PUNTOS: O teu interese parece dirixido a estudos de maior esixencia e duración. Esta primeira atividade pretendeu poñerte na pista da túa situación ante futuros estudos. Non o tomes como algo definitivo. A partir de agora é cando vas traballar o proceso de coñecerte a ti mesmo e de busca de información para a toma de decisión que vas realizar.

Page 4: Programa orientación vocacional 3º eso

Orientación Académica 3º ESO 15/16

Mónica Diz Besada

4

ENQUISA DE PREFERENCIAS PROFESIONAIS: Cales son as miñas preferencias profesionais? Tes claro os estudos que desexas realizar? Se realizas ben esta enquisa terás máis datos sobre os estudos que realmente che interesan.

INSTRUCIÓNS: A continuación presentámosche unha serie de actividades profesionais ou de estudo: 1. Leas detidamente. 2. Coloca na folla de respostas a puntuación que lle otorgas a cada unha segundo a seguinte escala: 1………….Non me gusta nada 2………….Non me gusta 3………….Resúltame indiferente 4………….Gústame 5………….Gústame moito 3. Asegúrate de que coincida o número da pregunta e o da casiña correspondente.

LEMBRA: Non me gusta nada Gústame moito 1 ………………..2………………..3……………….4…………………5

1. Montar un circuito eléctrico. 2. Traballar nun hospital. 3. Axudar a resolver os problemas que teñen as familias necesitadas. 4. Ser escritor ou escritora. 5. Dar clases de música. 6. Facer reaccións químicas nun laboratorio. 7. Participar en programas de rehabilitación de enfermos. 8. Preocuparme polos problemas sociais do barrio ou a cidade onde vivo. 9. Estudar formas de vida de poboacións prehistóricas. 10. Interpretar obras de teatro. 11. Participar nun equipo de investigación científica. 12. Facer un curso de socorrismo e primeiros auxilios. 13. Atender e educar a persoas con deficiencias físicas ou psicolóxicas. 14. Estudar os fósiles para reconstruir formas de vida antigas. 15. Modelar obxectos de cerámica. 16. Recoller mostras da terra e estudar a súa composición. 17. Axudar en tarefas sanitarias. 18. Escribir artigos para revistas ou xornais. 19. Dar clase do teu idioma a estranxeiros. 20. Tocar algún instrumento musical nunha orquestra. 21. Deseñar o trazado dunha autoestrada. 22. Traballar nunha unidade de tratamento da dor. 23. Estudar os gustos da xente para vender mellor o produto. 24. Traducir un libro a outro idioma. 25. Restaurar cadros e obras de arte antigas. 26. Plantexar de xeito práctico no laboratorio principios ou fórmulas físicas. 27. Traballar nunha farmacia. 28. Traballar nun servizo de atención ao consumidor. 29. Estudar as características de diferentes linguas e as súas relacións. 30. Traballar na impresión dun periódico. 31. Montar o sistema de iluminación dun espectáculo. 32. Pertencer a un equipo de transplantes de órganos. 33. Defender a unha persoa nun xuízo. 34. Colaborar nunha revista literaria. 35. Facer labores de estética persoal, moda e perruquería. 36. Montar e probar motores de coches.

Page 5: Programa orientación vocacional 3º eso

Orientación Académica 3º ESO 15/16

Mónica Diz Besada

5

37. Elaborar dietas adecuadas a diferentes tipos de enfermidades. 38. Facer estudos sobre a opinión da xente ante determinados temas. 39. Facer de intérprete nunha conferencia. 40. Pintar un cadro. 41. Deseñar unha máquina a través dun ordenador. 42. Realizar próteses, moldes ou pezas dentais. 43. Traballar nunha axencia de viaxes. 44. Traballar nunha biblioteca. 45. Deseñar moda de vestir. 46. Arranxar un enchufe eléctrico. 47. Realizar ecografías ou radiografías a pacientes. 48. Traballar en publicidade. 49. Dialogar sobre as calidades dunha película. 50. Dar clases de debuxo e pintura. 51. Obter, a través dunha práctica de laboratorio, a fórmula dun fenómeno físico. 52. Revisar e solucionar os problemas dentais das persoas. 53. Participar no proceso de selección de persoal dunha empresa. 54. Ordenar e clasificar documentos nun arquivo. 55. Decorar habitacións, casas e interiores. 56. Analizar a composición química dos alimentos. 57. Curar enfermidades dos animais domésticos. 58. Confeccionar as nóminas dos empregados dunha empresa. 59. Escribir contos, poesías, novelas. 60. Compoñer a música dunha canción. 61. Estudar novas formas de produción de enerxía. 62. Realizar sesións de relaxación, concentración mental e ioga para a rehabilitación de enfermos. 63. Estudar os costumes de diferentes pobos. 64. Ensinar un idioma. 65. Maquillar a un artista. 66. Coñecer como se constrúe un edificio. 67. Asesorar a un agricultor sobre as condicións máis favorables para realizar un cultivo. 68. Participar nunha excavación arqueolóxica. 69. Analizar as causas e consecuencias de feitos ou acontecementos históricos. 70. Facer unha escultura. 71. Analizar nun laboratorio unha mostra de sangue. 72. Manter e coidar un acuario. 73. Traballar nun banco ou oficina. 74. Asistir a conferencias sobre temas culturais, historia, literatura, etc. 75. Visitar museos de pintura ou escultura. 76. Realizar o mantenemento da maquinaria dunha fábrica. 77. Mellorar o ton físico e o rendimento dun atleta ou deportista. 78. Gustaríame levar a contabilidade dunha empresa. 79. Ler o periódico, libros, … . 80. Facer gravacións e montaxes en vídeo. 81. Determiñar o grupo sanguíneo dunha persoa. 82. Coidar enfermos de todo tipo (curalos, asealos, darlles de comer, … ). 83. Aprender receitas de cociña e cociñar. 84. Aprender as linguas clásicas como o latín e o grego. 85. Pintar retratos de persoas. 86. Participar nun programa de control de residuos ambientais. 87. Estudar a influencia de determinados alimentos sobre a saúde das persoas. 88. Levar as relacións dunha empresa co exterior. 89. Estudar a cultura e costumes de diferentes países. 90. Facer a montaxe dunha película. 91. Realizar os planos e medidas topográficas para urbanizar unha zona da cidade. 92. Traballar no desenvolvemento de cultivos mariños. 93. Estudar a distribución da poboación nunha área xeográfica determiñada. 94. Facer o guión dunha obra de teatro. 95. Asistir a clases de música.

Page 6: Programa orientación vocacional 3º eso

Orientación Académica 3º ESO 15/16

Mónica Diz Besada

6

96. Traballar nunha refinería de petróleo. 97. Facer o diagnóstico dunha enfermidade. 98. Ser correspondente dun periódico nun país. 99. Estudar a gramática dunha lingua. 100. Asistir a concertos de música clásica.

FOLLA DE RESPOSTAS:

CAMPO 1 CAMPO 2 CAMPO 3 CAMPO 4 CAMPO 5 1

2 3 4 5

6

7 8 9 10

11

12 13 14 15

16

17 18 19 20

21

22 23 24 25

26

27 28 29 30

31

32 33 34 35

36

37 38 39 40

41

42 43 44 45

46

47 48 49 50

51

52 53 54 55

56

57 58 59 60

61

62 63 64 65

66

67 68 69 70

71

72 73 74 75

76

77 78 79 80

81

82 83 84 85

86

87 88 89 90

91

92 93 94 95

96

97 98 99 100

TOTAL

Entre 10 (un decimal)

- Suma as puntuacións por columnas apuntando o resultado no cadro

“TOTAL” - Divide cada resultado entre 10 e anótao no seu lugar correspondente. - Posteriormente deberás anotar na “Taboa resumo de autocoñecemento”

(última folla) os datos da última fila. INTERPRETACIÓN DOS RESULTADOS: A continuación poderás comprobar a que tipo de estudos corresponden os campos nos que obtiveches maior puntuación. Non penses que xa tomaches a decisión, tan só deches o primeiro paso, e deberás realizar o programa completo para ter unha visión global.

Page 7: Programa orientación vocacional 3º eso

Orientación Académica 3º ESO 15/16

Mónica Diz Besada

7

CAMPO

ESTUDOS OU CARREIRAS PROPIAS DESTE CAMPO

CAMPO 1: Científico – técnico

Carreiras universitarias de: Arquitectura, Enxeñerías, Administración e Dirección de Empresas, C. Económicas, C. do Mar, C. Biolóxicas, Físicas, Químicas, Matemáticas, Xeolóxicas, Estatística, Navegación Marítima, Radioelectrónica Naval, Óptica, Estruturas mariñas, Informática, Estudos empresariais, … . Ciclos formativos das familias profesionais de: Actividades físico-deportivas, marítimo pesqueiras, artes gráficas, comunicación, imaxe e son, Edificación e obra civil, Electricidade e electrónica, Fabricación mecánica, industrias alimentarias, informática, madeira e moble, mantenemento de vehículos, mantenemento e servizos á producción, química, téxtil, vidrio e cerámica, agricultura e ganadería, medioambente.

CAMPO 2: Biosanitario

Carreiras universitarias de: Enfermeria, Farmacia, Fisioterapia, Físicas, Xeoloxía, Ciencias Ambientais, Logopedia, Medicina, Odontoloxía, Podoloxía, Química, Terapia Ocupacional, Veterinaria, … Ciclos formativos das familias profesionais de: Industrias alimentarias, química, sanidade, maritimo pesqueira, imaxe persoal, vidrio e cerámica, téxtil, actividades físico – deportivas.

CAMPO 3: Ciencias Sociais

Carreiras universitarias de: Administración e dirección de empresas, Estudos empresariais, Comunicación Audiovisual, Ciencias da Información, Dereito, Economía, Educación Social, Xeografía, Historia, Hª da Arte, Humanidades, Logopedia, Ciencias da educación, Maxisterio, Psicoloxía, Publicidade e Relacións Públicas, Relacións Laborais, Terapia ocupacional, Ciencias Políticas, Socioloxía, Xestión e Adm. Pública, Traballo Social, … . Ciclos formativos das familias profesionais de: Actividades físico – deportivas, Administración e xestión, Comercio e Marketing, Hostelería e turismo, Servizos socioculturais.

CAMPO 4: Humanístico

Carreiras universitarias de: Ciencias da información, Ciencias Políticas, Comunicación Audiovisual, Dereito, Educación Social, Xestión e administración pública, Filoloxías, Filosofía, Xeografía, Historia, Historia da Arte, Humanidades, Xornalismo, Psicoloxía, Publicidade e Relacións públicas, Ciencias da Educación, Biblioteconomía e Documentación, Traducción e Interpretación, … . Ciclos formativos das familias profesionais de: Actividades físico – deportivas, hostelería e turismo, Servizos socioculturais.

CAMPO 5: Artístico

Carreiras universitarias de: Belas Artes, Música e Danza, Arte Dramática, Conservación e Restauración de Bens culturais, Estudos superiores de deseño (de moda, de produtos, gráfico, de interiores). Ciclos formativos das familias profesionais de: Comunicación, imaxe e son, imaxe persoal, vidrio e cerámica, artes gráficas, artes plásticas e deseño.

Page 8: Programa orientación vocacional 3º eso

Orientación Académica 3º ESO 15/16

Mónica Diz Besada

8

ENQUISA DE APTITUDES: Para que vallo máis? A continuación vas a explorar as aptitudes que pensas que tes para determinadas situacións a través dunha enquisa. A actividade que vén a continuación vaiche permitir obter máis datos para o teu coñecemento persoal. Trátase de descubrir, a través da valoración que deas a determinados comportamentos, as habilidades e aptitudes que destacan máis en ti. Faino con sinceridade. Cada aptitude está composta por 5 actividades que deberás puntuar segundo a habilidade que creas que tes para cada unha delas.

INSTRUCIÓNS: - Marca cun X a valoración que corresponde á túa realidade en cada

situación. - Utiliza para iso a seguinte escala: 1.. moi pouco ou nada 2.. pouco ou algo 3.. normal 4.. bastante ben 5.. moito ou moi ben - En cada bloque suma os números sinalados e anota este resultado no

cadro correspondente.

LEMBRA: Moi pouco ou nada Pouco ou algo Normal Bastante ou ben Moito ou moi ben 1 …………………….2.………………….3.………….4.………………………5………………………

1. Habilidades manuais ou mecánicas: Dáseme moi ben: 1. O debuxo liñal ………………………………………………….. 2. Reparar aparatos ………………………………………………. 3. Compoñer algo e despois desmontalo ………………………. 4. A bricolaxe ……………………………………………………… 5. Manexar ferramentas …………………………………………..

1 2 3 4 5 1 2 3 4 5 1 2 3 4 5 1 2 3 4 5 1 2 3 4 5 SUMA: __________

2. Habilidades para o cálculo: 6. Teño rapidez e exactitude no cálculo mental ……………… 7. Resolvo problemas sen cometer erros nas operacións ….. 8. Dánseme ben os exercicios de ecuacións ……………… 9. Sáenme ben as operacións tanto con números enteiros

como con decimais ……………………………………………. 10. Aplico facilmente unha porcentaxe de aumento ou

desconto a unha cantidade ……………………………………

1 2 3 4 5 1 2 3 4 5 1 2 3 4 5 1 2 3 4 5 1 2 3 4 5 SUMA: __________

3. Aptitude verbal: 11. Atopo con facilidade palabras adecuadas para o que quero

dicir ………………………………………………………………. 12. Cando estudo entendo o significado da maioría das

palabras …………………………………………………………. 13. Se me dan unha palabra, teño facilidade para atopar

sinónimos da mesma …………………………………………. 14. Gústame a lectura …………………………………………….. 15. Redacto ben …………………………………………………….

1 2 3 4 5 1 2 3 4 5 1 2 3 4 5 1 2 3 4 5 1 2 3 4 5 SUMA: __________

4. Habilidades para as relacións sociais: 16. Gústame coñecer a xente nova ……………………………… 17. Son sociable, relaciónome con facilidade ……………………

1 2 3 4 5 1 2 3 4 5

Page 9: Programa orientación vocacional 3º eso

Orientación Académica 3º ESO 15/16

Mónica Diz Besada

9

18. Se descoñezo algo non teño problemas en preguntalo …… 19. Non me importa falar en público ……………………………… 20. Son capaz de animar aos meus amigos se se atopan

tristes ou deprimidos …………………………………………...

1 2 3 4 5 1 2 3 4 5 1 2 3 4 5 SUMA: __________

5. Aptitude espacial: 21. Fago os puzzles con gran facilidade ……………………… 22. Oriéntome ben sobre un mapa ………………………………. 23. Cando vexo o plano dunha vivenda fágome unha idea clara

da súa distribución e dimensións …………………………….. 24. Se me dan tres vistas dunha figura (alzado, planta e perfil),

imaxínoma facilmente ………………………………………... 25. Oriéntome con facilidade por cidades descoñecidas ……….

1 2 3 4 5 1 2 3 4 5 1 2 3 4 5 1 2 3 4 5 1 2 3 4 5 SUMA: __________

6. Memoria: 26. Adoito recoñecer a persoas que só vin unha vez ………….. 27. Cando leo ou escoito algo, adoito quedarme coa maioría

dos datos ……………………………………………………….. 28. Lembro ben o estudado ………………………………………. 29. Quédanseme ben os datos e datas históricas ……………… 30. Se observo con atención unha película, son capaz de reter

case todos os seus detalles ………………………………….

1 2 3 4 5 1 2 3 4 5 1 2 3 4 5 1 2 3 4 5 1 2 3 4 5 SUMA: __________

7. Razonamento: 31. Formulo ben e sen dificultade os problemas ……………….. 32. Resolvo ben as series tanto de números como de letras …. 33. Sigo e comprendo ben as demostracións matemáticas …… 34. Teño facilidade para entender as explicacións na clase ….. 35. Ao ler un problema recoñezo con facilidade o comenzo ou

fórmula a aplicar ………………………………………………..

1 2 3 4 5 1 2 3 4 5 1 2 3 4 5 1 2 3 4 5 1 2 3 4 5 SUMA: __________

8. Aptitude artística: 36. Teño facilidade para tocar instrumentos musicais …………. 37. Son creativo/a nos traballos que realizo ……………………. 38. A xente admírase cando ve os meus debuxos …………… 39. Dánseme ben os traballos manuais…………………………. 40. A xente acostuma a loar as miñas cualidades artísticas ..

1 2 3 4 5 1 2 3 4 5 1 2 3 4 5 1 2 3 4 5 1 2 3 4 5 SUMA: __________

OBTENCIÓN DE RESULTADOS: Traslada as puntuacións obtidas en cada bloque ao Cadro – Resumo e realiza as operacións que se che indican:

CADRO – RESUMO

APTITUDES Total Dividido entre 5 Multiplicado por 2 (Putuación global)

Mecánicas Cálculo

Verbal

Relacións sociais

Espacial

Memoria

Razonamento

Artística

Page 10: Programa orientación vocacional 3º eso

Orientación Académica 3º ESO 15/16

Mónica Diz Besada

10

INTERPRETACIÓN DOS RESULTADOS: Agora é o momento de que atopes o tipo de estudos que están máis de acordo coas túas aptitudes. Para iso: 1. Pon a puntuación global obtida en cada rasgo no cadro correspondente: 2. Multiplica esta puntuación polo número que se indica en cada cadro da columna que corresponda. 3. Suma as distintas puntuacións de cada fila e anótao no cadro do subtotal. 4. Divide este resultado entre 30 (un decimal) e anótao na última columna. Obterás un número do 1 ao 10. 5. Posteriormente deberás trasladar os datos da última columna á “Taboa resumo do autocoñecemento” (última folla).

APTITUDES

Mecán. Cálculo Verbal Rel. Soc.

Espacial Memoria Razoam. Artístic. Subto tal

Divide entre 30 (1 decimal)

Punt. Global

Científico Técnico

x6=

x6=

x2=

x1=

x5=

x2=

x7=

x1=

Biosanitario x2=

x4=

x3=

x5=

x3=

x7=

x5=

x1=

C. Sociales x1=

x5=

x6=

x6=

x2=

x5=

x4=

x1=

Humanidades x1=

x1=

x9=

x5=

x2=

x7=

x4=

x1=

Artístico x6=

x1=

x4=

x1=

x5=

x1=

x2=

x10=

Analizando estes resultados podes ver en que área profesional tes máis aptitudes.

ENQUISA DE PERSOALIDADE: Como me vexo? Na seguinte enquisa preténdese que obteñas datos sobre como son os rasgos que definen a túa forma de ser. Deste xeito poderás ver a relación entre estes rasgos e os diferentes campos profesionais.

INSTRUCIÓNS: - Le atentamente cada una das seguintes frases. - Contesta na folla de respostas, puntuando segundo o grao de acordo ou

desacordo que amoses con cada unha delas. - Utiliza para iso a seguinte escala: 1.. total desacordo 2.. desacordo 3.. indiferente 4.. acordo 5.. total acordo

Page 11: Programa orientación vocacional 3º eso

Orientación Académica 3º ESO 15/16

Mónica Diz Besada

11

LEMBRA: Total desacordo Desacordo Indiferente Acordo Total acordo 1 …………………….2.……………..…….3.…………………4.…………5……………….

1. Gústame o manexo de máquinas ou aparatos. 2. Gústame analizar e producir novas ideas. 3. Os sentimentos son algo importante na miña vida 4. Considero moi importante axudar a outras persoas 5. Son de carácter moi impulsivo e emprendedor 6. Creo que as normas son moi necesarias 7. Considérome realista, materialista 8. Disfruto con todo o relacionado coa linguaxe 9. Disfruto coas manifestacións artísticas 10. Son servicial e comprensivo 11. Non me deteño en formulacións e prefiro pasar á acción 12. Síntome a gusto coas tarefas que teñen normas moi claras 13. Atráeme o concreto das cousas máis que o mundo da imaxinación 14. Gústame analizar detidamente as cousas 15. Gústame a poesía, a música, a arte, etc. 16. Implicaríame dicididamente nunha ONG polo traballo solidario que realiza 17. Son audaz, dominante, enérxico 18. Non teño problemas con aceptar regras establecidas 19. Non me atrae o relacionado coa arte 20. Busco razóns e causas das cousas 21. Considérome pouco realista e, ás veces, déixome levar por intuicións 22. Prefiro o traballo con persoas antes que con máquinas 23. Considérome un bo vendedor 24. Son ordenado e sistemático nas miñas tarefas 25. Vaime máis o científico e o técnico que o relacionado coas letras e humanístico 26. Son unha persoa crítica e independente 27. Considérome creativo e imaxinativo 28. Creo que son sociable e cooperativo. 29. Penso que se me darían ben os negocios 30. Preocúpame máis o económico que o estético 31. Gústame ver rapidamente os resultados do meu esforzo 32. Cando se me formula un problema doulle voltas e non paro ata atopar unha solución

ao mesmo 33. Considero que a creatividade é un elemento importante na miña vida 34. Esfórzome por ententer os sentimentos dos demais 35. Considérome capaz de montar nun futuro un negocio pola miña conta 36. Creo que sempre se debe sancionar a quen se salta as normas establecidas

FOLLA DE RESPOSTAS: Suma a puntuación por columnas apuntando o resultado no cadro “TOTAL”:

1 2 3 4 5 6

1)

2) 3) 4) 5) 6)

7)

8) 9) 10) 11) 12)

13)

14) 15) 16) 17) 18)

19)

20) 21) 22) 23) 24)

25)

26) 27) 28) 29) 30)

31)

32) 33) 34) 35) 36)

TOTAL

Page 12: Programa orientación vocacional 3º eso

Orientación Académica 3º ESO 15/16

Mónica Diz Besada

12

INTERPRETACIÓN DOS RESULTADOS: Agora é o momento de que atopes que tipo de estudos son máis acordes coa túa forma de ser. Para iso: 1º Pon a puntuación total obtida en cada rasgo no cadro correspondente. 2º Multiplica esa puntuación polo número que se indica en cada cadro da columna que corresponda. 3º Suma as distintas puntuacións de cada fila e anótao na cadro do subtotal. 4º Divide este resultado entre 90 (un decimal) e anótao na última columna. Obterás un número do 1 ao 10. 5º Posteriormente deberás trasladar os datos da última columna á “Taboa resumo del autocoñecemento” da última folla.

1. Realis ta

2. Intelectual

3. Artístico

4. Social

5. Emprendedor

6. Conven cional

Subto tal

Divide entre 90 (1 decimal)

Punt. Total

Científico Técnico

x10=

x9=

x2=

x2=

x5=

x2=

Biosanitario x6=

x9=

x2=

x9=

x2=

x2=

C. Sociais x1=

x4=

x3=

x6=

x2=

x5=

Humanidades x2=

x8=

x9=

x7=

x2=

x2=

Artístico x1=

x4=

x18=

x2=

x4=

x1=

As puntuacións da última columna ofrécenche datos sobre os campos profesionais que se adaptan mellor á túa persoalidade.

Page 13: Programa orientación vocacional 3º eso

Orientación Académica 3º ESO 15/16

Mónica Diz Besada

13

ENQUISA PARA TOMAR A DECISIÓN E ESCOLLER AS MATERIAS DE 4º ESO:

1º TÁBOA RESUMO DE AUTOCOÑECEMENTO:

CAMPO INTERESES APTITUDES PERSOALIDADE SUMA

Campo 1 Científico – Técnico

Campo 2 Biosanitario

Campo 3 Social

Campo 4 Humanidades

Campo 5 Artístico

2º SELECCIONO OS ESTUDOS RELACIONADOS COS CAMPOS: - Escolle os 3 campos profesionais de maior puntuación e escríbeos na columna de campos. - Escolle o tipo de bacharelato relacionado co campo ou o nome da familias de formación profesional que

máis che interesen, pero que estean relacionadas cos campos.

CAMPOS TIPO DE BACHARELATO OU CICLO FORMATIVO DE GRAO MEDIO

1º 1………………………………………………………………… 2……………………………………………………………….. 3………………………………………………………………..

2º 4……………………………………………………………….. 5……………………………………………………………….. 6………………………………………………………………..

3º 7……………………………………………………………….. 8………………………………………………………………... 9………………………………………………………………..

3º TOMO UNHA DECISIÓN: “DECÍDOME E ESCOLLO UN CAMIÑO”

Agora, despois de pensalo ben, estou decidido/a a escoller un camiño. Despois da ESO eu vou estudar:

Bacharelato. Modalidade: ........................................................................................................ ..........................

Ciclo formativo de grao Medio: ................................................................. .........................................................

FP Básica: ........................................................................................................................... ......................................

ESA . Módulos: .............................................................................................................. ....................................

Probas de acceso a ciclos de grao medio. Materias que necesito cursar en 4º de ESO:

OPCIÓN ENSINANZAS ACADÉMICAS ou OPCIÓN ENSINANZAS APLICADAS

DÚAS MATERIAS TRONCAIS: …………………………………………/…………………………..……………… DÚAS MATERIAS OPCIONAIS: ………………………………………../……………………………………………