PROGRAMACIÓNcentros.edu.xunta.es/iesfernandoesquio/images/stories... · Web viewPROGRAMACIÓN DE...

69
PROGRAMACIÓN DE LINGUA E LITERATURA GALEGAS 2009-2010 Compoñentes do departamento: Consuelo Muñoz Barús Carme Blanco Gómez (xefa do departamento) Nicolasa Castro Monteiro María Carme Loureiro Montero 1

Transcript of PROGRAMACIÓNcentros.edu.xunta.es/iesfernandoesquio/images/stories... · Web viewPROGRAMACIÓN DE...

Page 1: PROGRAMACIÓNcentros.edu.xunta.es/iesfernandoesquio/images/stories... · Web viewPROGRAMACIÓN DE LINGUA E LITERATURA GALEGAS 2009-2010 Compoñentes do departamento: Mª Consuelo

PROGRAMACIÓN

DE LINGUA E LITERATURA GALEGAS 2009-2010 Compoñentes do departamento:

Mª Consuelo Muñoz Barús Carme Blanco Gómez (xefa do departamento) Nicolasa Castro Monteiro María Carme Loureiro Montero

1

Page 2: PROGRAMACIÓNcentros.edu.xunta.es/iesfernandoesquio/images/stories... · Web viewPROGRAMACIÓN DE LINGUA E LITERATURA GALEGAS 2009-2010 Compoñentes do departamento: Mª Consuelo

INTRODUCIÓN E CONTEXTUALIZACIÓN DA PROGRAMACIÓN

Vou aproveitar para este apartado algunhas das conclusións do Plano de Normalización Lingüística elaborado o curso pasado e que ilustran o ámbito no que se trabilla a asignatura de Lingua e Literatura galegas.

O claustro de profesores está composto por 41 profesores .A maioría do profesorado atópase na franxa dos 40-50 anos, seguida pola

franxa de 50-60. O lugar de vivenda habitual dunha grande parte do profesorado distribúese entre a cidade e poboacións cercanas a esta.Á vista dos resultados do plano de normalización temos que

dicir que a lingua falada habitualmente entre a maioría do profesorado é o castelán ,aínda que a súa actitude cara á normalización é positiva.Este feito pode ser explicable tendo en conta a idade (unha parte do claustro non cursou galego no bacharelato) e o lugar de residencia (fortemente castelanizada). Aínda que o seu coñecemento da lingua é bo, en xeral, a súa práctica a nivel oral é escasa ou cando menos insuficiente. A situación do alumnadoPara analizar a situación lingüística do alumnado utilizouse unha enquisa realizada a 184 alumnos do centro dos niveis da Eso e Bacharelato. Os resultados foron desiguais segundo a pregunta. Os resultados máis negativos corresponden á lingua habitual do alumnado tanto na casa como no centro, sendo nestes apartados a presenza do castelán moi maioritaria; a situación mellora un pouco na consideración social do galego por parte do alumnado.Na enquisa realizada polo alumnado preguntábaselle tamén pola lingua en que aprendeu a falar; a contestación máis frecuente foi que a lingua nai era o castelán. I4 Ambientabilidade lingüística do centro

Para estudar este apartado reuníronse os membros de Normalización e Dinamización Lingüística (tal e como recomenda a guía) , e tras realizar unha análise visual chegamos á seguinte conclusión:

.- Presenza da lingua galega na documentación administrativa, no rotulado do centro, nas notas informativas dos taboleiros, etc. 4.ampla.- Emprego da lingua galega nas interaccións co alumnado, coas familias e con outras institucións.

2.escaso..- Emprego da lingua galega nas interaccións co alumnado en

contextos informais. 2.escaso.

2

Page 3: PROGRAMACIÓNcentros.edu.xunta.es/iesfernandoesquio/images/stories... · Web viewPROGRAMACIÓN DE LINGUA E LITERATURA GALEGAS 2009-2010 Compoñentes do departamento: Mª Consuelo

.- Emprego da lingua galega por parte do persoal non docente do centro. 2.escaso

.- Emprego da lingua galega por parte da ANPA. 2. escaso.

:- Emprego da lingua galega na realización das actividades extraescolares. 3 moderado.

.- Dotación de fondos en galego na biblioteca.

...3.aceptable.23.- Presenza da lingua galega na utilización das TIC 3.aceptable.- Visibilidade das accións do ENDL...4.ampla

Analizados todos estes aspectos podemos dicir que a presenza do castelán é moito máis forte en tódolos ámbitos. A presenza do castelán non corre perigo, posto que é a lingua presente en tódolos ámbitos, incluído o ámbito social e familiar, polo que o esforzo deberá ir encamiñado a aumentar a presenza da outra lingua, o galego, para conseguir que o alumando sexa bilingüe ó finalizar a etapa. A situación actual non parece que garanta que o alumando teña unha competencia bilingüe; debemos entón reforzar a presenza da lingua galega máis alá do 50% por cento nas horas de docencia e adoptar outras medidas que fagan máis presente o galego, sobre todo a nivel oral.

COMPETENCIAS BÁSICAS PARA TODOS OS NIVEIS.

A área de Lingua e Literatura galega ten como competencia básica fundamental desenvolver a competencia comunicativa do alumnado.

O alumnado deberá saber reproducir e interpretar axeitadamente as situacións de comunicación fundamentais do ámbito escolar, social, cultural e profesional; non só presentará unha corrección lingüística senón tamén adecuación ó contexto onde se realiza a comunicación.

Os bloques de comunicación oral e escrita irán encamiñadas a desenvolver as habilidades comunicativas necesarias.

Esta materia debe garantir un coñecemento reflexivo e práctico para que o alumnado poida utilizalo en calquera situación. Ademais, o alumnado deberá valorar a realidade plurilingüe e valorar asemade a súa propia lingua.

A literatura contribúe tamén a mellorar o gusto pola lectura, e a mellorar a súa capacidade de comprensión e interpretación de mensaxes escritas e a formar o espírito crítico do alumnado. Apreciará tamén o valor estético e verao tamén como fonte de pracer e enriquecemento persoal.

3

Page 4: PROGRAMACIÓNcentros.edu.xunta.es/iesfernandoesquio/images/stories... · Web viewPROGRAMACIÓN DE LINGUA E LITERATURA GALEGAS 2009-2010 Compoñentes do departamento: Mª Consuelo

Aproveitaranse os recursos que ofrece a biblioteca, internet, vídeos…. e fomentarase a investigación individual e en grupo ( traballo colaborativo do alumnado).

A materia de Lingua e Literatura galega mellorará na práctica de normas sociais de convivencia, no emprego de negociacións para chegar a acordos.

En canto ó tratamento de información dixital o alumnado utilizará ferramentas variadas para obter información : dicionarios, xornais, enciclopedias, internet…

A competencia cultural e artística concéntrase sobre todo no ámbito literario. Podemos crear, comprender e apreciar con criterio as manifestacións artísticas.

A competencia para aprender a aprender verase na valoración da lectura e a escrita como enriquecemento propio; facer unha lectura comprensiva e expresiva, realizar resumos e esquemas que organicen ideas, manexar os dicionarios, libros de consulta…

A autonomía e iniciativa persoal promóvese con diferentes actuacións: intervención en situacións reais ou simuladas, obradoiros de escrita; lectura de obras literarias que estimulen a imaxinación e a creatividade; o uso da biblioteca e novas tecnoloxías…

C) OBXECTIVOS 1º CICLO

O alumnado deberá superar positivamente os contidos conceptuais procedementais e actitudinais.

Valora-las circunstancias que condicionaron a evolución da lingua e o seu uso, afirmando o galego como a lingua propia de Galicia.

Comprender distintos tipos de mensaxes orais e escritas, analizando e valorando o seu uso nos diferentes contextos e situacións.

Expresarse oralmente e por escrito con coherencia, corrección, creatividade e adecuación ás súas necesidades comunicativas.

Coñecer e reflexionar sobre os elementos formais e o mecanismo da lingua nos seus planos fonolóxico, morfosintáctico, léxicosemántico e textual, e sobre as condicións de produción e recepción de mensaxes no contexto social de comunicación, co fin de desenvolver as capacidades para regular as propias producións lingüísticas.

Utilizar harmonicamente tódolos recursos expresivos, tanto lingüísticos como non lingüísticos, na comunicación directa con outras persoas.

4

Page 5: PROGRAMACIÓNcentros.edu.xunta.es/iesfernandoesquio/images/stories... · Web viewPROGRAMACIÓN DE LINGUA E LITERATURA GALEGAS 2009-2010 Compoñentes do departamento: Mª Consuelo

Domina-lo uso de estratexias e utilizar diferentes fontes de información para a realización das tarefas de aprendizaxe.

Ler con fluidez, comprensión e actitude crítica, considerando a lectura como fonte de pracer, ampliación de experiencias, coñecemento do patrimonio cultural e como estímulo para unha práctica literaria propia.

Coñecer, analizar e interpreta-las linguaxes específicas e as funcións sociais dos medios de comunicación, así como o seu poder na orientación da opinión pública e os intereses que poden representar.

Analizar e xulgar fundada e criticamente os diferentes usos sociais das linguas, evitando os estereotipos que supoñen xuízos de valor e prexuízos (clasistas, racistas, sexistas…) a través do recoñecemento do posible contido ideolóxico da linguaxe.

OBXECTIVOS DO 2º CICLO

Superar positivamente os contidos conceptuais, procedementais e actitudinais. Comprende-las circunstancias que condicionaron a evolución da lingua e o seu

uso, afirmando o galego como a lingua propia de Galicia. Coñecer e identifica-las principais variantes dialectais e sociais do galego e

integralas nunha concepción global da lingua. Localizar, identificar e descubri-los fenómenos de contacto da nosa lingua co

castelán valorando a producción correcta do galego. Comprender e interpreta-lo contido explícito e implícito de mensaxes e textos

orais e escritos, identificando os factores contextuais que interveñen en cada situación de comunicación.

Producir textos orais e escritos na diversidade de tipoloxías aplicando as pautas e técnicas expresivas a cada tipo de texto.

Coñecer, analizar a lingua no seu plano fónico,morfolóxico, sintáctico e léxico-semántico.

Participar en situacións de comunicación respectando as normas que regulan o dito intercambio e utilizando tódolos recursos expresivos tanto lingüísticos como non lingüísticos.

Domina-lo uso de estratexias de información e utilizar diferentes fontes para a realización das tarefas de aprendizaxe.

Ler con fluidez, comprensión e actitude crítica e identificar e analizar as formas expresivas do contido do texto literario como modelo para transmiti-las propias ideas, sentimentos e fantasías empregando as posibilidades expresivas da lingua.

Coñecer, analizar e interpreta-las linguaxes específicas e as funcións sociais dos medios de comunicación, así como o seu poder na orientación da opinión pública e os intereses que poden representar.

Analizar e xulgar fundamentada e criticamente os diferentes usos sociais das linguas, evitando os estereotipos que supoñen xuízos de valor e prexuízos (clasistas, racistas, sexistas…) a través do recoñecemento do posible contido ideolóxico da linguaxe.

5

Page 6: PROGRAMACIÓNcentros.edu.xunta.es/iesfernandoesquio/images/stories... · Web viewPROGRAMACIÓN DE LINGUA E LITERATURA GALEGAS 2009-2010 Compoñentes do departamento: Mª Consuelo

Coñecer e localizar calquera interferencia na lingua (castelanismos, vulgarismos, hipergaleguismos…).

Coñecer a nosa literatura e os principais autores. Identifica-lo xénero ó que pertence unha obra literaria, recoñecendo os seus

elementos estruturais e os recursos estilísticos básicos, como estímulo para unha práctica literaria propia, e emitindo unha opinión valorativa sobre ela.

P ) CONTIDOS TRANSVERSAIS

Nunha concepción integral da educación, a incorporación da educación social e ética é fundamental para que o alumnado adquira comportamentos responsables na sociedade, respectando as ideas e as crenzas dos demais, así como para ter unha visión crítica e comprometida con temas como a destrución do Medio Ambiente ou os problemas que derivan da sociedade de consumo.

O carácter integral do currículo conleva a necesidade de incorporar os contidos transversais, os cales non pertencen a unha área concreta en exclusiva, senón que afectan ós diversos ámbitos da sociedade humana.

A continuación aparecen os distintos contidos transversais :

a) Educación cívica:

Valora-la diversidade lingüística peninsular, europea e mundial como un feito cultural enriquecedor.

Aceptar as opinións alleas e defende-las propias, utilizando un vocabulario e formas de expresión non discriminatorias.

Dialogar, debater ou expoñer temas, xuízos e opinións respectando as regras propias do intercambio comunicativo e procurando non feri-la sensibilidade dos demais.

Comportarse adecuadamente en calquera situación.b) Educación para a paz: Utiliza-la propia lingua con coherencia e corrección para establecer e mellora-la

relación cos demais, para expresar sentimentos e para participar nas actividades colectivas de forma solidaria e respectuosa.

Respectar a tódalas persoas sen distinción de raza, sexo, crenzas ou cultura.c) Educación para a saúde e calidade de vida. Debater e aportar opinións relacionados co coidado da saúde e a necesidade de

hábitos saudables. Cuestionar os hábitos alimenticios da sociedade actual; temas como os alimentos

transxénicos, o sistema de engorde dos animais…d) Educación para a igualdade entre os sexos. Amosar unha actitude crítica ante situacións ou mensaxes orais ou escritas nas que

se produza discriminación por razón de sexo. Estar disposto a respectar, en calquera das situacións da vida cotiá e na expresión, a

igualdade de oportunidades para ámbolos dous sexos. e) Educación ambiental:

6

Page 7: PROGRAMACIÓNcentros.edu.xunta.es/iesfernandoesquio/images/stories... · Web viewPROGRAMACIÓN DE LINGUA E LITERATURA GALEGAS 2009-2010 Compoñentes do departamento: Mª Consuelo

Estudar comportamentos sociais que permitan o deterioro progresivo do medio ambiente.

Razoar propostas de conservación do medio ambiente. Comprometerse persoalmente na mellora e conservación do medio e da natureza. Estudar a relación entre o modelo actual de progreso e a degradación ambiental e o

avance da pobreza.f) Educación sexual. Valorar e apreciar a sexualidade como unha manifestación natural do ser humano. Valorar e apreciar nos textos diferentes sentimentos, emocións e manifestacións de

afecto cara ó outro sexo.g) Educación ó consumidor. Interpretar e comprender mensaxes propagandísticas e publicitarias. Amosar unha actitude crítica ante mensaxes que promovan o consumismo. Aprender a discerni-lo esencial do superfluo. Adquirir hábitos de análise dos datos contidos en envases e etiquetas relativos á

composición e calidade dos productos.h) Educación para o lecer: Fomentar hábitos de lectura como medio de formación, como goce estético e de

descubrimento dun mesmo. Fomentar actividades que axuden a cultiva-lo corpo e o espírito e evitar aquelas

outras que contribúan á súa degradación.i) Educación vial: Reflexionar sobre a propia conducta como peón, viaxeiro, condutor… Aprecia-la necesidade das normas de circulación como medio de prevención de

accidentes.

D) CONTIDOS PRIMEIRO DE E.S.O

7

Page 8: PROGRAMACIÓNcentros.edu.xunta.es/iesfernandoesquio/images/stories... · Web viewPROGRAMACIÓN DE LINGUA E LITERATURA GALEGAS 2009-2010 Compoñentes do departamento: Mª Consuelo

O alumnado que vai facer este curso non só vai comezar un curso novo senón que vai cambiar de ciclo e incluso de centro, polo que á hora de facer a programación tivemos en conta este feito.

O noso centro recibe alumnado procedente de distintos centros de primaria, por iso, aínda que teñamos informes dos alumnos, o nivel dos alumnos en tódolos aspectos é moi variado. Isto vai repercutir sobre todo nun punto: a temporización. Vaise pretender dividir a materia en tres partes, reparto equitativo por trimestre, pero isto verase condicionado directamente polo avance do alumnado, tendo en ocasión quizás que ralentizar un pouco o proceso.

Imos distinguir entre tres tipos de contidos: conceptuais, procedementais e actitudinais.

D.1.1CONTIDOS CONCEPTUAIS

Estudo da lingua:

Gramática:

- A comunicación.- A lingua e a súa organización.- A palabra:

a) clases de palabras:O substantivoO artigoO adxectivoO pronomeOs determinantesO verboO adverbioA preposiciónb) Constituíntes: Lexemas, prefixos e sufixos. Palabras primitivas e derivadas, palabras compostas, palabras parasintéticas.

Léxico:

- O dicionario: utilización e tipos.- O emprego.- As crenzas.- A casa.- O vestiario.- O corpo humano.- A calidades persoais.- Os sentimentos- A saúde e a enfermidade.- Alimentación- Animais e plantas- As afeccións e o lecer.

Ortografía:

- O alfabeto- Os signos ortográficos

8

Page 9: PROGRAMACIÓNcentros.edu.xunta.es/iesfernandoesquio/images/stories... · Web viewPROGRAMACIÓN DE LINGUA E LITERATURA GALEGAS 2009-2010 Compoñentes do departamento: Mª Consuelo

- A sílaba- Regras de acentuación e puntuación- Ditongos, tritongos e hiatos

Comunicación:

- Texto, parágrafo e oración- Tipos de texto:A narración, lenda, a descrición, o diálogo conversa,

debate, entrevista)- A narración con imaxes: o cómic- Os medios de comunicación: A estrutura dun xornal. Os xéneros

xornalísticos. A noticia e a crónica.

Lingua e sociedade:

- A diversidade lingüística no mundo, Europa e na Península Ibérica.- Niveis de lingua.- Os hábitos lingüísticos.

Literatura:

- A literatura. A linguaxe literaria.- Literatura popular e literatura culta.- A prosa e o verso. A versificación. A rima. A estrofa. O poema.- Os recursos literarios. - A narrativa. As narracións tradicionais e narracións cultas.- O teatro.

D:1.2CONTIDOS PROCEDEMENTAIS

- Ler e comprender diferentes tipos de textos.- Lectura comprensiva dos libros de lectura obrigatorios.- Técnicas de lectura crítica.- Comentario de distintos tipos de textos.- Realización de distintos tipos de textos.- Producción de textos orais e escritos atendendo á modalidade escollida.- Recoñecemento da diversidade lingüística no mundo.- Uso dos signos de puntuación - Uso da biblioteca como instrumento de traballo- Distinción dos conceptos de oración, texto, parágrafo, palabra e

morfema.- Identificación, manexo e comprensión das distintas clases de palabras. - Uso continuado do dicionario.- Resumo mediante o subliñado.- Esquema mediante cifras e letras.- Realización de distintos exercicios para recoñecer e manexar

correctamente as distintas clases de palabras.

D:1.3CONTIDOS ACTITUDINAIS

9

Page 10: PROGRAMACIÓNcentros.edu.xunta.es/iesfernandoesquio/images/stories... · Web viewPROGRAMACIÓN DE LINGUA E LITERATURA GALEGAS 2009-2010 Compoñentes do departamento: Mª Consuelo

- Coñecemento da lingua e cultura galegas.- Coñecemento das linguas e culturas dos demais pobos.- Valoración da diversidade lingüística como mostra de diversidade e

riqueza culturais.- Reflexión crítica sobre o propio comportamento lingüístico e a

consideración do galego.- Uso das regras que rexen os intercambios comunicativos.- Valoración positiva ante un texto, oral ou escrito, que respecte as

normas ortogáficas e gramaticais.- Manifestación de sentimentos de cordialidade e afecto cara os demais.- Estimación positiva da busca de novas posibilidades para enriquecer o

tempo de lecer.- Valoración da literatura.- Valoración da lectura como fonte de entretemento e pracer e

coñecemento.- Estimación positiva dos hábitos que favorecen o traballo en grupo.- Rexeitamento de calquera tipo de discriminación.- Rexeitamento dos usos sexistas da linguaxe.- Actitude crítica ante a publicidade e a súa influencia.- Actitude positiva cara os maiores.

G) CONTIDOS MÍNIMOS EN PRIMEIRO DE ESO

Nos contidos mínimos incluímos todos os contidos procedementais e actidudinais expostos anteriormente.

Ademais dos contidos conceptuais entran os seguintes:

- Lectura comprensiva e expresiva, atendendo a tódolos signos ortográficos.

- Expresión escrita e oral fluídas.- Recoñecer os distintos tipos de textos, as súas características e

empregalos correctamente.- Distinguir correctamente entre as oracións, parágrafos, texto, palabra e

morfema.- Recoñecer as distintas clases de palabras e as súas características.- Vocabulario repasado durante o curso.- A parte de ortografía desenvolvida dos contidos conceptuais, agás os

ditongos, hiatos e tritongos.- A diversidade lingüística.- A situación actual do galego.- Diferenciación, comprensión e reprodución dos diferentes xéneros

literarios.

10

Page 11: PROGRAMACIÓNcentros.edu.xunta.es/iesfernandoesquio/images/stories... · Web viewPROGRAMACIÓN DE LINGUA E LITERATURA GALEGAS 2009-2010 Compoñentes do departamento: Mª Consuelo

F)AVALIACIÓN EN PRIMEIRO DE ESO

A avaliación será formativa e continua, tendo que superar o alumno os contidos conceptuais, procedementais e actitudinais expostos anteriormente.

Iranse realizando distintas probas para ver esta asimilación e os posibles problemas que van xurdindo.

O alumnado deberá ter una actitude positiva cara ó galego, ó seu estudo e traballar e participar diariamente nos procedementos que se estean a realizar.

O conxunto de probas escritas valerá ata un total de 6 puntos.

Valorarase a oralidade : expresión en galego, con 1 punto.

Será obrigatoria a lectura dun libro por trimestre que se valorará ata 1 punto.Para demostrar que leu o libro o alumnado realizará probas que poden ser orais ou escritas.

Tamén se contempla a posibilidade de que o alumnado lea outro libro ou fragmentos de libros, de que faga pequenos traballos de investigación , todo iso mais o traballo de clase e o traballo da casa valorarase ata un total de 2 puntos.

Non se farán recuperacións porque se programa como avaliación continua pero si se contempla a posibilidade de facer un reforzo personalizado naqueles aspectos e con aqueles alumnos /as que a profesora estime necesario.

O exame de Setembro farase sobre os contados mínimos e incluiranse as lecturas dos libros suspensos.

LIBROS DE LECTURA OBRIGATORIA EN PRIMEIRO DE ESO

Leranse na aula total ou parcialmente:

Bernardino Graña, Os burros que comen ouro (nunca cabalos serán)Manuel María, Os soños na gaiola

A tribo ten catro ríosMarica Campo, Farrapos

Lerase na casa un libro por avaliación de entre os seguintes:

Xosé Miranda, Pel de loboAntonio Reigosa, ResalgarioGonzalo Moure, Palabras de CarameloFran Alonso, O brillo dos elefantesPaula Carballeira, SmaraMichel Tournier, Venres ou a vida salvaxe

A lista é a título orientativo, podendo quedar algún deles para o curso seguinte ou haber outro tipo de cambio, atendendo ó bo desenvolvemento do grupo.

D) CONTIDOS DE SEGUNDO DE E.S.O

11

Page 12: PROGRAMACIÓNcentros.edu.xunta.es/iesfernandoesquio/images/stories... · Web viewPROGRAMACIÓN DE LINGUA E LITERATURA GALEGAS 2009-2010 Compoñentes do departamento: Mª Consuelo

D2.1CONTIDOS CONCEPTUAISGramática

- A linguaxe e a súa organización.- A oración.- O suxeito.Oracións impersoais.- O predicado.- Os complementos e as súas clases.- Os complementos do verbo.- Os complementos do verbo e do substantivo.- Oracións copulativas e predicativas.- Oracións transitivas e intransitivas.- Oracións con verbo pronominal.- Análise da oración simple.

Ortografía

-Regras ortográficas xerais.

-División de palabras.

-Uso de maiúsculas.

-A acentuación.

-Acentuación de ditongos,tritongos e hiatos.

-Casos especiais de acentuación. A diérese.

-O acento diacrítico.

-Os dous puntos e as comiñas.

-As parénteses e a raia.

-Abreviaturas e siglas.

-Grupos consonánticos.

Literatura

-A literatura.Xéneros literarios.

-A narrativa. Características.-Narracións tradicionais.-Narracións cultas.-A poesía . Características.-Análise métrica.Verso e rima.-A estrofa e o poema.-Os recursos literarios.-Lírica popular.-Lírica culta.

12

Page 13: PROGRAMACIÓNcentros.edu.xunta.es/iesfernandoesquio/images/stories... · Web viewPROGRAMACIÓN DE LINGUA E LITERATURA GALEGAS 2009-2010 Compoñentes do departamento: Mª Consuelo

-O teatro . Características.-O teatro. Subxéneros.

Lingua e sociedade

-Unha lingua , un tesouro.-A situación actual do galego.-Variedades xeográficas do galego.

Tipoloxía textual.

-Comunicación oral e escrita.-Formas de comunicación oral.-Os textos narrativos.-A descrición.-A exposición.-Os textos expositivos.-A argumentación.-Os textos argumentativos.-A publicidade. O anuncio publicitario.-A noticia.-A crónica.-A reportaxe.-

D.2.2CONTIDOS PROCEDEMENTAIS

- Lectura expresiva e en voz alta dos diferentes textos.- Consulta do dicionario para ampliar o seu vocabulario.- Realizar exercicios de vocabulario.- Distinguir as unidades morfosintácticas fundamentais.- Identificar os distintos tipos de frases e tamén de oracións.- Coñecemento e aplicación das regras de ortografía, grupos consonánticos e de

acentuación.- Diferenciar entre lingua oral e lingua escrita.- Distinguir as variedades lingüísticas.- Realización de traballos escritos.- Coñecer e distinguir os distintos textos argumentativos, instrutivos.- Elaborar textos diversos: noticias, reportaxe, reclamacións, solicitude, etc.- A importancia da prensa escrita, radio, tv, Internet.- Lectura comprensiva de distintos libros recomendados para cada curso.- Recoñecemento das características dos principias xéneros literarios.- Comentarios de textos narrativos.- Aprender e poñer en práctica debates, coloquios.- Preparación dunha entrevista.- Conxugación dos verbos regulares e algúns irregulares.- Lecturas de textos dramáticos.- Colaborar con traballos propostos e libres para a súa publicación na revista do

centro.

D.2.3CONTIDOS ACTITUDINAIS

13

Page 14: PROGRAMACIÓNcentros.edu.xunta.es/iesfernandoesquio/images/stories... · Web viewPROGRAMACIÓN DE LINGUA E LITERATURA GALEGAS 2009-2010 Compoñentes do departamento: Mª Consuelo

- Interese pola lectura de textos e libros de lingua galega e pola correcta expresión oral e escrita.

- Hábito de consulta nos dicionarios, enciclopedias, Internet.- Respecto cara á lingua e culturas galegas.- Respecto pola diversidade lingüística.- Valoración crítica das noticias que aparecen nos distintos medios de

comunicación.- Participación e colaboración nas distintas actividades propostas.- Habituarse a respectar as normas para o uso da palabra na clase, coloquios,

exposición de traballos…- Interese por mellorar a redacción nos traballos escritos.- Recoñecer os distintos xéneros literarios en diversos textos.- Participación nas actividades e concursos: teatro, composicións narrativas e

poéticas.- Rexeitamento de calquera tipo de discriminación e tamén dos usos sexistas da

lingua.

G)CONTIDOS MÍNIMOS EN SEGUNDO DE ESO

Incluímos todos os contidos procedementais e actitudinais anteriormente expostos.

E dos contidos conceptuais entran:- Lectura comprensiva e expresiva de distintos tipos de textos, atendendo ós

signos ortográficos.- Expresión oral e escrita fluída.- Recoñecer os distintos tipos de textos e as súas características.- Vocabulario repasado durante o curso.- A ortografía traballada.- Distinguir as funcións sintácticas e os tipos de oracións.- Análise morfosintáctica.- Recoñecer os distintos xéneros literarios.- A lírica: recursos e técnicas, tipos de estrofas…- A narrativa: tipos de novela.- Xornalismo: subxéneros.- A didáctica: biografía.

MATERIAL E RECURSOS DIDÁCTICOS EN SEGUNDO DE ESO

-Libro de texto: Lingua e literatura 2, editorial Santillana.-Libros de literatura infantil: (De tódolos xeitos este apartado poderá sufrir algunha variación ó longo do curso, xa que algún destes títulos pode cambiar)

Darío Xohan Cabana, Viaxes do príncipe azul. Aidan Macfarlane, Diario dun xove maniático

Diario da xove maniática. Road Dahl, Matilda

-Recursos da biblioteca do Centro e tamén do Concello.

14

Page 15: PROGRAMACIÓNcentros.edu.xunta.es/iesfernandoesquio/images/stories... · Web viewPROGRAMACIÓN DE LINGUA E LITERATURA GALEGAS 2009-2010 Compoñentes do departamento: Mª Consuelo

-Caderno, folios e material fotocopiado.-Internet.

E)TEMPORIZACIÓN EN SEGUNDO DE ESO

O libro ten doce temas, polo que están pensados catro temas por trimestre.

METODOLOXÍA NO PRIMEIRO CICLO DA ESO

- Os contidos procedementais están pensados para os dous cursos de ciclo de forma progresiva e complementearia.

- Emprego da linguaxe clara con exercicios de fácil comprensión.- Exercicios e actividades de cada tema.- Exercicios sinxelos para o repaso e consolidación do tema.- Actividades de recopilación, ampliación.- Profundamento gradual na reflexión sobre discursos cada vez máis complexos.- Atención á oralidade.- Aproveitamento dos recursos da biblioteca, das tecnologías da información e da

comunicación.- Traballos de investigación individuais e en grupo.

F)AVALIACIÓN EN SEGUNDO DE ESO

Os mecanismos que se van utilizar van ser :

- Unha proba escrita de avaliación inicial.- Ficha persoal do alumno para rexistrar: as tarefas, participación, traballo en

grupo, hábitos…- Probas escritas dos temas traballados.- Realización de traballos literarios ou de investigación.- Traballo diario e tamén en grupo.- Teremos en conta o esforzo por aprender, a atención nas clases e o emprego

espontáneo do galego.

O conxunto de probas escritas valerá ata un total de 6 puntos.

Valorarase a oralidade : expresión en galego, con 1 punto.

Será obrigatoria a lectura dun libro por trimestre que se valorará ata 1 punto.Para demostrar que leu o libro o alumnado realizará probas que poden ser orais ou escritas.

Tamén se contempla a posibilidade de que o alumnado lea outro libro ou fragmentos de libros, de que faga pequenos traballos de investigación , todo iso mais o traballo de clase e o traballo da casa valorarase ata un total de 2 puntos.

Non se farán recuperacións , si se contempla a posibilidade do reforzo personalizado se a profesora o estima oportuno.

En setembro o exame farase sobre os contidos mínimos e as lecturas non aprobadas serán recuperables.

15

Page 16: PROGRAMACIÓNcentros.edu.xunta.es/iesfernandoesquio/images/stories... · Web viewPROGRAMACIÓN DE LINGUA E LITERATURA GALEGAS 2009-2010 Compoñentes do departamento: Mª Consuelo

C)OBXECTIVOS PARA TERCEIRO E CUARTO DE ESO

- Superar positivamente os contidos conceptuais, procedementais e actitudinais.- Comprender as circunstancias que condicionaron a evolución da lingua e o seu

uso, afirmando o galego como a lingua propia de Galiza.- Coñecer e identificar as principais variantes dialectais e sociais, integrándoas

nunha concepción global da lingua.- Localizar, identificar e descubrir os fenómenos de contacto da nosa lingua co

castelán, valorando a produción correcta do galego.- Comprender e interpretar o contido explícito e implícito de mensaxes e textos

orais e escritos, identificando os factores contextuais que interveñen en cada situación de comunicación.

- Producir textos orais e escritos na diversidade de tipoloxías, aplicando as pautas e técnicas expresivas a cada tipo de texto.

- Coñecer, analizar a lingua no seu plano fónico, morfolóxico, sintáctico e lexico-semántico.

- Participar en situacións de comunicación respectando as normas que regulan o intercambio comunicativo e utilizando todos os recursos expresivos, tanto lingüísticos como non lingüísticos.

- Dominar o uso de estratexias de información e utilizar diferentes fontes para a realización das tarefas de aprendizaxe.

- Ler con fluidez, comprensión e actitude crítica, ademais de identificar e analizar as formas expresivas do texto literario, como modelo para transmitir as propias ideas, sentimentos e fantasías, empregando as posibilidades expresivas da lingua.

- Coñecer, analizar e interpretar as linguaxes específicas e as funcións sociais dos medios de comunicación, así como o seu poder na orientación da opinión pública e os intereses que poden representar.

- Analizar e xulgar, fundamentada e criticamente, os diferentes usos sociais das linguas, evitando os estereotipos que supoñen xuízos de valor e prexuízos (clasistas, racistas, sexistas...) a través do recoñecemento do posíbel contido ideolóxico da linguaxe.

- Coñecer e localizar calquera interferencia na lingua (castelanismos, vulgarismos, hipergaleguismos...).

- Coñecer a nosa literatura e os principais autores.- Identificar o xénero a que pertence unha obra literaria, recoñecendo os seus

elementos estruturais e os recursos estilísticos básicos, como estímulo para unha práctica literaria propia.

D)CONTIDOS EN TERCEIRO DE ESO

Contidos conceptuais, prodecementais e actitudinais:

D.3.1Contidos conceptuais:

16

Page 17: PROGRAMACIÓNcentros.edu.xunta.es/iesfernandoesquio/images/stories... · Web viewPROGRAMACIÓN DE LINGUA E LITERATURA GALEGAS 2009-2010 Compoñentes do departamento: Mª Consuelo

I. Comunicación

-Os medios de comunicación escritos: os xornais (os distintos xéneros periodísticos e as distintas seccións dun xornal) e outras publicacións periódicas.-A publicidade.-O cómic.-O cine.-O texto:

texto informativo A narración O diálogo A descrición

II Lingua e sociedade

-Historia da Lingua Galega desde as súas orixes.-A normalización e normativización da lingua galega.-Marco legal da lingua galega.-A lingua galega no ensino.-Contacto de linguas.-Variedades e rexistros lingüísticos.-A cultura inmaterial galego-portuguesa.-A lingua galega en Internet.-O plurilingüismo na Península.-Bilingüísmo e diglosia.

III Estudo da lingua

-Sistema consonántico e vocálico ( grafías, ditongos, tritongos e hiatos).-Revisión das regras de acentuación. Acentuación diacrítica, das palabras compostas, interrogativas e admirativas.-Revisión das normas de puntuación.-Coherencia textual.-Cohesión textual.-Estrutura do texto.-Clases de palabras:

substantivo: morfoloxía, xénero e número, clasificación.Frase nominal , frase substantiva.

Os determinantes. O adxectivo: morfoloxía , graos.Frase adxectiva. O pronome: O verbo: morfoloxía dos verbos regulares e irregulares.

o Formas infinitas do verbo.o Perífrases verbais.

Preposicións.Frase preposicional. O adverbio. Frase adverbial. Conxuncións. Interxeccións.

17

Page 18: PROGRAMACIÓNcentros.edu.xunta.es/iesfernandoesquio/images/stories... · Web viewPROGRAMACIÓN DE LINGUA E LITERATURA GALEGAS 2009-2010 Compoñentes do departamento: Mª Consuelo

Léxico:.

A paisaxe natural. O mundo rural. Somos iguais. Somos diferentes. Somos o que comemos. Animais salvaxes. O teatro e o cine. O xardín e os inxectos. Animais domésticos. As aves, paxaros, animais bravos. O mundo do mar. O tempo meteorolóxico. Herbas, árbores e froitas.

D.3.2Contidos procedementais:

Técnicas de procura de información en soportes tradicionais (bibliografías, revistas especializadas, bibliotecas, etc.).

Lectura comprensiva e expresiva en voz alta. Lecturas, creación e análise de diferentes textos. Realización dun cómic. Realización de textos publicitarios. Coloquio acerca dos desniveis culturais na sociedade. Clasificación das palabras segundo o seu rexistro. Identificación das linguas románicas en Europa. Comparación dos diferentes resultados dun mesmo étimo latino nas

diferentes linguas romances. Busca de palabras no dicionario. Busca de sinónimos e antónimos. Exercicios de semántica. Exercicios de ortografía. Aplicación práctica das normas de acentuación. Formación de familias léxicas. Formación de palabras patrimoniais, cultismos e semicultismos. Exercicios para recoñecer a formación das palabras (lexemas e sufixos). Definición de palabras atendendo á súa evolución semántica. Lectura e análise de textos acerca da lingua galega e a súa situación

diglósica. Comentarios de textos. O narrador. Lecturas e análises de textos pertencentes á distintas épocas da lingua

galega, e a distintos xéneros e estilos literarios. Recoñecemento e análise das diferentes clases de palabras. Lecturas,análises e creacións de literatura popular. Lectura,análise e creación de cantigas. Comparación entre os distintos tipos de cantigas. Dramatización. Realización de relatos. Lecturas, análises e creacións de textos poéticos. Análise métrica e

explicación dalgunhas figuras retóricas. Debates na aula.

18

Page 19: PROGRAMACIÓNcentros.edu.xunta.es/iesfernandoesquio/images/stories... · Web viewPROGRAMACIÓN DE LINGUA E LITERATURA GALEGAS 2009-2010 Compoñentes do departamento: Mª Consuelo

Realización de traballos literarios que serán expostos polo alumnado. Utilización da lingua galega para a producción de distintos tipos de textos

respectando as súas características propias. Recoñecemento das características das principais etapas, obras e autores da

literatura galega estudadas neste curso.

D.3.3Contidos actitudinais:

Interese polo cómic como unha manifestación artística. Interese polo xornal e revistas como un medio importante para obter

información e como posible manifestación artística. Valoración de problemas que poden aparecer na comunicación por falta de

adecuación de rexistro lingüístico. Interese e autoesixencia na elección dun léxico adecuado a cada acto de

comunicación particular. Valoración da importancia do nivel cultural no correcto uso da lingua escrita

e oral. Actitude reflexiva e esixente no uso da lingua. Valoración da lingua como producción sociocultural que evoluciona. Conciencia da importancia que ten o axeitado uso da lingua para o

desenvolvemento persoal na sociedade. Interese por coñecer e manexar diferentes obras de consulta. Valoración da lingua galega como propia de Galicia. Interese por coñecer a orixe e evolución histórica do galego. Valoración crítica dos factores políticos, económicos e sociolingüísticos que

condicionaron a evolución da lingua e da literaturas galegas. Valoración da literatura oral como expresión colectiva dun pobo. Valoración da tradición popular como orixe e referencia para creacións

posteriores. Valoración do feito literario como producto lingüístico, estético e socio-

cultural. Valoración da literatura como fonte de pracer. Valoración do feito literario como producto sociocultural dunha época e

vehículo de defensa da lingua. Aprecio polo patrimonio literario propio e alleo. Interese e gusto pola lectura de textos literarios de diferentes xéneros e

épocas. Actitude de respecto e valoración ante as persoas maiores. Valoración xusta e equitativa dos diversos pobos e culturas, evitando tópicos

que atentan contra a dignidade humana. Interese por conservar o noso patrimonio artístico e histórico. Respecto polas normas básicas de conducta que rexen o intercambio

comunicativo. Respecto polas regras de coherencia, propiedade e corrección que facilitan a

comunicación lingüística. Valoración da lingua galega como manifestación cultural colectiva e

consideración positiva dos esforzos individuais, colectivos e institucionais a favor da normalización lingüística.

Respecto pola lingua do interlocutor e rexeitamento crítico de expresións que supoñan prexuízos lingüísticos.

19

Page 20: PROGRAMACIÓNcentros.edu.xunta.es/iesfernandoesquio/images/stories... · Web viewPROGRAMACIÓN DE LINGUA E LITERATURA GALEGAS 2009-2010 Compoñentes do departamento: Mª Consuelo

MATERIAL UTILIZADO EN TERCEIRO DE ESO

-O libro de texto: Lingua e literatura galega 3º de ESO Xerais-Dicionarios-Xornais-Cadernos-Fotocopias-Internet

-Libros de lectura obrigatoria:

Leranse dous libros por avaliación, un clásico e outro actual, mais só un por autor. Escolleranse entre os seguintes,:

Manuel Rivas, Contos de NadalQue me queres, amor?

Teresa Moure, A casa dos LucariosA xeira das árbores

Fran Alonso, Poetízate Gonzalo Navaza, Erros e tánatos Miguel Anxo Murado, O soño da febre Bento da Cruz, A loba Xosé Miranda, Morning Star Afonso Álvarez Cáccamo, O bosque de Levas Núñez Singala, Comedia Bífida Rosa Aneiros, Resistencia Anxos Sumai, Anxos de garda Paula Carballeira, A era de Lázaro Alvaro Cunqueiro, Os outros feirantes Anxel Fole, Á luz do candil Historias que ninguén cre Contos da néboa Rafael Dieste, Dos arquivos do trasno Blanco Amor, Os biosbardos Castelao, Os dous de sempre Os vellos non deben de namorarse Cousas Manuel Curros Enríquez, Aires da Miña Terra Eduardo Pondal, Queixumes dos pinos Rosalía de Castro, Cantares gallegos

A lista é susceptible de sufrir modificacións.

F)AVALIACIÓN EN TERCEIRO DE ESO

A avaliación de 3º da ESO atenderá ós seguintes criterios:

- Traballo na aula. (contará tanto positiva como negativamente)- Traballo na casa.(contará tanto positiva como negativamente)- Traballo de investigación. Estes traballos valoraranse na avaliación ata 1 punto.

20

Page 21: PROGRAMACIÓNcentros.edu.xunta.es/iesfernandoesquio/images/stories... · Web viewPROGRAMACIÓN DE LINGUA E LITERATURA GALEGAS 2009-2010 Compoñentes do departamento: Mª Consuelo

- A oralidade , a expresión cotiá en galego, a fluidez , a corrección serán avaliados cada trimestre e o seu peso na nota da avaliación será de 1 punto.

- Realización de dúas probas por trimestre onde demostrará a comprensión e lectura atenta de dous libros. A súa lectura é obrigatoria para superar positivamente a avaliación. Se o alumno non aprobou a lectura dun dos libros, terá que volver a realizar a proba, se a superou, a puntuación pode chegar ata 2 puntos na avaliación.

- Realización de probas escritas onde o alumno amosará os seus coñecementos dos contidos conceptuais, procedementais e actitudinais. Haberá dúas probas escritas por trimestre, con posibilidade dunha recuperación por trimestre , que sumarán ata un total de 6 puntos no conxunto da avaliación.En Xuño o alumnado ten a oportunidade dunha recuperación final relacionada cos contados mínimos . Formarán parte nos exames de xuño e setembro as lecturas obrigatorias de cada trimestre.

G) CONTIDOS MÍNIMOS EN TERCEIRO DE ESO

- Realización de tódolos exercicios e traballos obrigatorios realizados na clase ou na casa.

- Presentación a tódalas probas.- Superar satisfactoriamente tódolos contidos procedementais e actitudinais.- En canto ós contidos conceptuais:- a)Recoñecer todo tipo de textos así como saber as súas características e ser

capaces de crear un do mesmo tipo.- b)Ter un boa expresión oral e escrita axeitada ás normas do galego (ortografía,

puntuación, expresión...).- c)Recoñecemento das distintas clases de palabras, as súas características, forma

e función.- d)Coñecer os datos esenciais da historia da nosa lingua.- e)Coñecer os datos esenciais dos distintos períodos literarios e os escritores

fundamentais na nosa literatura dende a Idade Media ata o Rexurdimento incluído.

- f)Formación das palabras.- g)Coñecer e manexar correctamente o léxico especificado nos contidos

conceptuais.- h)O alumno deberá demostrar mediante probas a lectura dos libros

obrigatorios.Se a súa lectura é aceptable engadiráselle á nota 0.25; se a súa lectura é moi satisfactoria sumaráselle medio punto á súa nota e se é altamente satisfactoria sumaráselle 1 punto por libro.

D) CONTIDOS EN CUARTO DE ESO

Contidos conceptuais, procedementais e actitudinaisD.4.1Contidos conceptuais:

I Comunicación:

-Obradoiro contador.

21

Page 22: PROGRAMACIÓNcentros.edu.xunta.es/iesfernandoesquio/images/stories... · Web viewPROGRAMACIÓN DE LINGUA E LITERATURA GALEGAS 2009-2010 Compoñentes do departamento: Mª Consuelo

-Teatro.

-A poesía.

-Literalúdica.

-A radio e a televisión.

-A linguaxe do cine.

-A rede.

II Lingua e sociedade:

-A lingua galega no século XX.

-Lingua galega e parentes.

-As linguaxes e a comunicación.

-A lingua interrompida.

-Variedades dialectais.

-Dúas linguas, unha sociedade.

-O galego a partir de 1975.A lexislación.

-O galego hoxe.

III Estudo da lingua:

-Fonoloxía.-Os graos do adxectivo.Usos de B/ V.-O xénero.-O número.-O pronome persoal.-O verbo.-O adverbio.IV Literatura:

As Irmandades da Fala e as loitas agrarias. Ramón Cabanillas. Os tempos do Grupo Nós. Vicente Risco, Otero Pedrayo e Castelao. Os movementos de Vangarda. A Xeración do 22. Galiza tras a guerra civil. A lenta recuperación cultural da posguerra. A Galiza do exilio. Os escritores do exilio. A poesía ata 1975. Celso Emilio Ferreiro. A narrativa de hoxe: unha ollada plural. Tendencias actuais da lírica, da narrativa e da dramática.

V Lingua e texto

-Características e tipos. -O texto argumentativo. -O texto expositivo. -Introdución á sintaxe. -As funcións sintácticas. -As cláusulas compostas, complexas e bipolares. -As relacións semánticas.

22

Page 23: PROGRAMACIÓNcentros.edu.xunta.es/iesfernandoesquio/images/stories... · Web viewPROGRAMACIÓN DE LINGUA E LITERATURA GALEGAS 2009-2010 Compoñentes do departamento: Mª Consuelo

-Campos semánticos e familias léxicas. -Os préstamos.

D.4.2CONTIDOS PROCEDEMENTAIS:

Lectura comprensiva e expresiva en voz alta. Exercicios de ortografía. Exercicios de puntuación. Particularidades do sistema consonántico e vocálico (seseo, gheada,

yeísmo...) Variedades xeográficas. Análise dos trazos característicos de cada bloque a

través de textos. Segmentación de palabras en sílabas. Identificación e clasificación de

ditongos, tritongos e hiatos. Textos sobre a situación lingüística a principios do século XX. Lectura e comentario de fragmentos da Constitución, do Estatuto de

Autonomía e da Lei de Normalización lingüística. Textos diversos que amosen a situación do galego na actualidade. Estudo sobre os diferentes períodos literarios e as súas principais figuras. Lectura e comentario de textos representativos da literatura do XX. Traballos de investigación e exposición sobre períodos literarios, autores e

obras. Comentario de diferentes tipos de textos. Creación dun relato. Dramatización. Recitado de poemas. Análise sintáctica (diferenciando entre unidades e funcións). A análise irá

desde a oración ata a palabra, indicando todas as funcións sintácticas e todas as unidades lingüísticas.

Técnicas de procura da información en soportes tradicionais e novos (redes informáticas, CD Rom, etc.)

D.4.3CONTIDOS ACTITUDINAIS:

Valoración das posibilidades expresivas e estéticas dos códigos verbais e non verbais.

Curiosidade cara á formación sintáctica que compón a nosa lingua. Interese por coñecer o proceso de restauración da cultura galega nas

primeiras décadas do século XX. Valoración dos esforzos en favor da normalización lingüística. Valoración positiva da necesidade dunha normativa que fixe unha lingua

escrita común para toda a comunidade de falantes. Actitude reflexiva e exixente no uso da lingua. Conciencia da importancia que o axeitado uso da lingua ten para o

desenvolvemento e fixación da mesma, así como para a comunicación interpersoal en calquera ámbito da sociedade.

Interese e autoexixencia na elección dun léxico adecuado.

23

Page 24: PROGRAMACIÓNcentros.edu.xunta.es/iesfernandoesquio/images/stories... · Web viewPROGRAMACIÓN DE LINGUA E LITERATURA GALEGAS 2009-2010 Compoñentes do departamento: Mª Consuelo

Rexeitamento crítico de expresións que supoñan prexuízos lingüísticos. Valoración dos medios de comunicación de masas na sociedade actual a

partir do coñecemento progresivo das súas linguaxes específicas. Valoración do feito literario como produto lingüístico, estético e socio-

cultural, e como vehículo para defender as propias ideas. Interese e gusto pola lectura de textos literarios de diferentes xéneros e

épocas. Valoración crítica daquelas expresións que supoñan calquera tipo de

discriminación. Actitude crítica e reflexiva ante os prexuízos sociais que atentan contra o

principio de igualdade entre as persoas.

OBRAS DE LECTURA OBRIGATORIACada trimestre farase unha proba ,oral, sobre un libro escollido polos alumnos entre varios propostos pola profesora. A superación desta proba, que consiste na demostración de que se leu a obra, é indispensábel para aprobar a avaliación. Se ademais o alumno ou alumna demostra unha lectura atenta e unha comprensión adecuada, poderá incrementar ata un punto a nota global.

Os libros propostos son os seguintes:

1º trimestre

Cabanillas: - -A rosa de cen follas.-Na noite estrelecida.-No Desterro.-Da terra asoballada. -Vento mareiro

Vicente Risco: - A trabe de ouro e outros contos.

Otero Predrayo: -Arredor de si . - O fidalgo .

Castelao:- Un ollo de vidro.Memorias dun esquelete.- Cousas.- -Retrincos.- Os dous de sempre.- Os vellos non deben de namorarse.- Sempre en Galiza.

Rafael Dieste: -A fiestra baldeira. -Dos arquivos do trasno.

24

Page 25: PROGRAMACIÓNcentros.edu.xunta.es/iesfernandoesquio/images/stories... · Web viewPROGRAMACIÓN DE LINGUA E LITERATURA GALEGAS 2009-2010 Compoñentes do departamento: Mª Consuelo

Cunqueiro: -O incerto señor don Hamlet , príncipe de Dinamarca. Antón Reigosa:- Resalgario

González Ferreiro:-Agosto do 36.

González Reboredo:-Lendas galegas. Galaxia.

Harguindey Enrique e Maruxa Barrio:-Antoloxía do conto popular galego.Galaxia.

Xosé Miranda :- Contos colorados.Xerais.

Gaspar Silvia: -Antoloxía do conto galego de medo.Galaxia.

Girgado Luís Alonso:-Antoloxía do conto galego século XX.Galaxia.

2ª trimestre

Cunqueiro: -Mar ao norde

-Cantiga nova que se chama riveira. -Poemas do si e do non.

Celso Emilio Ferreiro:- Longa noite de pedra.- -Cimenterio privado.

Novoneyra. -Os Eidos.

Manuel María: -Antoloxía poética.

Carlos Casares: -Ilustrísima

-Vento ferido.

Méndez Ferrín : -Amor de Artur.- -Arnoia, arnoia.

Blanco Amor: -A esmorga -Os biosbardos.

Neira Vilas.- Memorias dun neno labrego.

Eric-Emmanuel Schmitt: -O señor Ibrahim e as flores do Corán..Factoría K.

Paco Martín:- Das cousas de Ramón Lamote. SM.

Vidal Bolaño Roberto.-Saxo Tenor. La Voz de Galicia.

25

Page 26: PROGRAMACIÓNcentros.edu.xunta.es/iesfernandoesquio/images/stories... · Web viewPROGRAMACIÓN DE LINGUA E LITERATURA GALEGAS 2009-2010 Compoñentes do departamento: Mª Consuelo

Anna Gavalda:- Xuntos e mais nada.

John Boyne : O neno do pixama a raias.

3º trimestre

Manuel Rivas:-O pobo da noite.

Fran Alonso : Poetízate. Xerais.

Paulino Pereiro: Morte do mar.Baía edicións.

Luciano Rodríguez. 25 anos de poesía galega (1975-2000). La Voz de Galicia.

Darío Xohán Cabana: -As viaxes do príncipe azul. -Galván en Saor. Suso de Toro.-Polaroid.Xerais. -Tic-tac .Edición Galega. -Calzados Lola.Xerais.

Manuel Rivas: -Ela , maldita alma. Galaxia. -Que me queres amor?Galaxia. -A man dos paíños. Galaxia.

- -Toxos e flores.

Anxos Sumai:-Anxos de garda. -Melodia de días usados.

Antón Avilés: -Nova Crónica das Indias.

Núñez Singala .- Comedia bífida.

Taxes: O velorio.La Voz de Galicia.

Vidal Bolaño: Cochos. Sotelo Blanco.

Miguel Anxo Murado: -Fin de século en Palestina.Galaxia.

Xosé Miranda: -Morning Star.Xerais.

Esta lista pode sufrir modificacións ó longo do curso. Irá acompañada doutra con títulos de poesía. Estes títulos estarán relacionados coa etapa literaria que se estea a estudar.O alumnado terá que escoller unha obra ,recitar na clase dous poemas e elaborar , por escrito, un pequeno traballo sobre o resto de poemas.

F) AVALIACIÓN EN CUARTO DE ESO

26

Page 27: PROGRAMACIÓNcentros.edu.xunta.es/iesfernandoesquio/images/stories... · Web viewPROGRAMACIÓN DE LINGUA E LITERATURA GALEGAS 2009-2010 Compoñentes do departamento: Mª Consuelo

A avaliación será variada ,formativa e directamente relacionada cos contidos conceptuais, procedementais e actitudinais. O alumnado utilizará a lingua galega oralmente e por escrito, da forma máis axeitada á situación comunicativa.

Darase unha especial importancia ao traballo na aula, que influirá na nota final de cada avaliación (tanto positiva como negativamente). O proceso de aprendizaxe forma parte da avaliación e inclúe o traballo diario, a actitude positiva, rendemento na aula, traballos na casa, lecturas, preocupación polo material escolar, realización de exames, etc. Todo o anterior é parte fundametal no correcto desenvolvemento do curso, polo que se deberá acadar unha valoración positiva no conxunto dos aspectos indicados.

Cando a asimilación dos contidos non sexa a adecuada, o alumno ou alumna deberá superar as probas de recuperación correspondentes. O alumno deberá superar positivamente as tres avaliacións para aprobar a materia de Lingua e Literatura galega.

Posto que a avaliación é continua, ao final do curso o alumnado deberá demostrar a súa positiva asimilación do conxunto dos contidos.

- O traballo na aula. (contará tanto positiva como negativamente), o traballo na casa.(contará tanto positiva como negativamente), o traballo de investigación valoraranse na avaliación ata 1 punto.

- A oralidade , a expresión cotiá en galego, a fluidez , a corrección serán avaliados cada trimestre e o seu peso na nota da avaliación será de 1 punto.

- Realización dunha proba por trimestre onde demostrará a comprensión e lectura atenta de dous libros. A súa lectura é obrigatoria para superar positivamente a avaliación. Se o alumno non aprobou a lectura do libro, terá que volver a realizar a proba, se a superou, a puntuación pode chegar ata 1 punto na avaliación.

- Realización do traballo dun libro de poesía , que puntuará un máximo de 1 punto.

- Realización de probas escritas onde o alumno amosará os coñecementos dos contidos conceptuais, procedementais e actitudinais. Haberá dúas probas escritas por trimestre, con posibilidade dunha recuperación por trimestre , que sumarán ata un total de 6 puntos no conxunto da avaliación.Formarán parte nos exames de xuño,final, e setembro as lecturas obrigatorias de cada trimestre.

G) CONTIDOS MÍNIMOS PARA CUARTO DE ESO

Ademais dos contados procedementais e actitudinais inclúense os seguintes contados conceptuais:

27

Page 28: PROGRAMACIÓNcentros.edu.xunta.es/iesfernandoesquio/images/stories... · Web viewPROGRAMACIÓN DE LINGUA E LITERATURA GALEGAS 2009-2010 Compoñentes do departamento: Mª Consuelo

Lingua e sociedade: contido primordial das leis que regulan o uso do galego; áreas dialectais e principais fenómenos que as caracterizan; rexistros lingüísticos, linguaxes específicas

Estudo da lingua: Propiedades do texto: adecuación, coherencia, cohesión, puntuación, presentación.

Análise sintáctica: frase, cláusula, oración (simple, complexa, bipolar) O galego nos medios de comunicación. Literatura: as Irmandades da Fala; trazos máis característicos da obra de

Cabanillas; o grupo Nós, características que singularizan a obra de Risco, Pedrayo e Castelao; os principais movementos de Vangarda na literatura galega; Cunqueiro, Fole e Blanco Amor como principais representantes da narrativa e o teatro de posguerra; características e autores principais da poesía de posguerra; figuras máis representativas da literatura galega do exilio; características e representantes da Nova Narrativa; a renovación da poesía na década dos setenta; tendencias e representantes máis sobranceiros da literatura galega dos oitenta á actualidade.

METODOLOXÍA NO SEGUNDO CICLO DA ESO

- Os contidos procedementais están pensados para os dous cursos de ciclo de forma progresiva e complementaria.

- Emprego dunha metalinguaxe axeitada.- Exercicios e actividades de cada tema.- Exercicios sinxelos para o repaso e consolidación do tema.- Actividades de recopilación, ampliación.- Profundamento gradual na reflexión sobre discursos cada vez máis complexos.- Atención á oralidade.- Aproveitamento dos recursos da biblioteca, das tecnologías da información e da

comunicación.- Traballos de investigación individuais e en grupo.

AVALIACIÓN DO ALUMNADO PENDENTE NA ESO

O alumnado da ESO coa materia de lingua e literatura do curso anterior pendente, será avaliado pola profesora que lle imparte a asignatura do nivel en que está matriculado no presente ano académico. Tendo en conta os informes facilitados pola profesora do curso anterior, os pendentes iranse reforzando con exercicios que se consideren adecuados de acordo coas carencias que apresente o alumno ou alumna. Estes exercicios de reforzo estarán relacionados coa escrita, coa oralidade e coas lecturas . A profesora que lle dea clase especificaralle cada trimestre o traballo que deberá entregar así como a data de entrega.

28

Page 29: PROGRAMACIÓNcentros.edu.xunta.es/iesfernandoesquio/images/stories... · Web viewPROGRAMACIÓN DE LINGUA E LITERATURA GALEGAS 2009-2010 Compoñentes do departamento: Mª Consuelo

Ó final de cada avaliación a profesora valorará se foron asimilados os contidos mínimos correspondentes á avaliación do curso anterior. Se así for, a alumna ou alumno pendente obterá o aprobado na avaliación do curso anterior independentemente do resultado que obteña na avaliación do curso superior.

Posto que a materia é progresiva, aprobar o nivel superior supón a superación da materia do curso inferior.

O alumnado pendente terá dereito, en calquera caso, a un exame final en maio. Esta proba basearase nos contidos mínimos marcados para cada curso.

MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

Neste curso contémplanse medidas de reforzo no nivel de 1º de ESO e en 2º de ESO.Computan dúas horas en cada nivel .Estas medidas van dirixidas a alumnado con severas dificultades na aprendizaxe da lingua. Como aínda non comezou o curso non puidemos analizalas con rigor para poder establecer estratexias de traballo e actividades apropiadas para aplicar o reforzo con eficacia.

O ) MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS NA ESO

Libros de texto:1º E.S.O: Lingua galega e literatura. Obradoiro Santillana2º E.S.O: Lingua galega e literatura. Obradoiro Santillana.3º E.S.O: Lingua e literatura. Xerais4ª E.S.O: Lingua e literatura. Consorcio editorial galego.Os libros de texto son os mesmos ós do curso pasado. Ademais dos libros de texto o

alumno tamén manexará :

- o dicionario tanto na clase como na aula.

-Libros de lectura obrigatoria:tódolos grupos teñen libros de lectura obrigatoria. Faranse lecturas comprensivas e expresivas, resumos e preguntas sobre eles.

-Revistas, xornais.

- Atlas, dicionarios .

- Libros de consulta: o alumnado poderá consultar os fondos da biblioteca para realizar distintos traballos, que serán entregados ou expostos na clase.

-Novas tecnoloxías:o alumnado tamén manexará as novas tecnoloxías como medio de consulta e para elaboración de traballos escolares.

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES DO DEPARTAMENTO DE LINGUA E LITERATURA

29

Page 30: PROGRAMACIÓNcentros.edu.xunta.es/iesfernandoesquio/images/stories... · Web viewPROGRAMACIÓN DE LINGUA E LITERATURA GALEGAS 2009-2010 Compoñentes do departamento: Mª Consuelo

O Departamento ten pensado colaborar coas actividades do Departamento de Normalización Lingüística e ademais:

-asistir a representacións teatrais.

-asistir a proxeccións de películas.

-participar no proxecto “ Audiovisuais nas aulas”

-participar nun obradoiro de literatura.

-organizar recitado de poemas , contacontos e facer unha pequena representación de teatro.

-organizar rutas literarias: ruta rosaliana, currosiana, de Pardo de Cela,da Esmorga , etc.

-coordenarse con outros departamentos para organizar excursións con contidos artístico-literarios.

-organizar conferencias, charlas e coloquios.

-organización dunha excursión a Portugal .

-Valorar a posibilidade de intercambio con algún centro de Portugal.

2º LINGUA ESTRANXEIRA – PORTUGUÉS.3º ESO

Este é o primeiro curso que se vai impartir portugués e recén acabamos de sabelo porque houbo que esperar á matrícula de setembro.Por esta razón aínda non se escolleu un libro de texto que sirva de guía ó alumnado.

OBXECTIVOS

-Comprender mensaxes orais en portugués claras e sinxelas.-Utilizar o portugués oralmente na comunicación dentro da aula.-Comprender mensaxes escritas de diferentes tipos de textos escritos en portugués.-Escribir textos sinxelos en portugués, con cohesión e coherencia e que respecten as regras do código escrito.-Ler de forma comprensiva textos en portugués.-Reflexionar sobre o funcionamento do sistema lingüístico na comunicación e valoralo como elemento que facilita a aprendizaxe e mellora as producións propias.-Comparar distintos aspectos socioculturais entre a cultura lusófona e a galega.-Usar estratexias de aprendizaxe xa utilizadas noutras linguas para aprender outras novas.

CONTIDOS

Bloque I: Escoitar e falar

30

Page 31: PROGRAMACIÓNcentros.edu.xunta.es/iesfernandoesquio/images/stories... · Web viewPROGRAMACIÓN DE LINGUA E LITERATURA GALEGAS 2009-2010 Compoñentes do departamento: Mª Consuelo

Conceptuais: -Comprensión global e específica de textos orais , das actividades a realizar na aula ,etc. Procedementais: -Uso de estratexias básicas para apoiar a comprensión e expresión oral: uso do contexto visual e non verbal e dos coñecementos previos sobre o tema ou a situación de comunicación. Actitudinais. –Interese pola pronuncia coidada, ritmo, entoación e acentuación adecuadas. -Participación activa en situacións cotiás sinxelas relacionadas coas actividades de aula. -Interese por aprender a lingua estranxeira e por aprender o seu uso en novas situacións de comunicación de progresiva complexidade , atendendo á corrección e á adecuación das expresións. -Valoración das actividades realizadas fóra da aula nas que a lingua empregada sexa o portugués. -Valorar as linguas como medio para comunicarse e relacionarse con compañeiros e compañeiras doutros países, como recurso de acceso á información e como instrumento de enriquecemento persoal. Bloque II: Ler e escribir

Conceptuais: -Comprensión básica das instrucións das actividades a realizar por escrito. -Comprensión de diferentes tipos de textos. -Recoñecemento da idea principal dun texto sinxelo escrito en portugués.

Procedementais: -Uso progresivamente autónomo de estratexias de lectura , identificando a información máis importante , deducindo o significado das palabras e expresións non coñecidas e empreñando diccionarios ou tradutores dixitais. -Lectura con expresividade de poemas ,cancións, chistes, pequenas obriñas de teatro,etc. -Lectura e escrita de textos sinxelos ,propios en portugués. Actitudinais: -Actitude crítica ante mensaxes procedentes dos medios de comunicación social e da Internet. -Interese pola lectura autónoma de textos na lingua portuguesa. -Valoración do portugués como instrumento de comunicación por escrito con rapaces e rapazas doutros lugares e para aprender costumes e aspectos culturais propios de Portugal e países de influencia lusófona. -Interese polo coidado e a presentación dos textos escritos propios e alleos ,valorando oseu sentido estético. -Interese por empreñar as TIC na produción e presentación de textos.

Bloque III: Coñecementos da lingua.

Conceptuais: -O uso de substantivos, verbo, adxectivos, adverbios, pronomes,preposicións, conectores. -Uso de expresións fixas, fraseoloxía doada, léxico relacionado con temas de interese persoal.

31

Page 32: PROGRAMACIÓNcentros.edu.xunta.es/iesfernandoesquio/images/stories... · Web viewPROGRAMACIÓN DE LINGUA E LITERATURA GALEGAS 2009-2010 Compoñentes do departamento: Mª Consuelo

-Uso de prefixos e sufixos e antónimos. -Uso de estruturas lingüísticas e funcións comunicativas asociadas a diferentes contextos. -Acentuación de palabras e entoación das frases.

Procedementais: -Aplicación de diferentes estratexias para organizar , adquirir , sembrar e utilizar léxico. -Novas estratexias para adquisición de novos coñecementos e a súa progresiva reutilización : memorización, recuperación, comparación con outras linguas coñecidas. -Repetición por imitación e recoñecemento e uso de modelos da lingua portuguesa. -Organización do traballo persoal como estrategia para progresar na aprendizaxe. -Aproveitamento das aprendizaxes fóra e dentro da aula. -Participación activa en actividades e traballos en grupo ou individuais.

Actitudinais: -Confianza e iniciativa para expresarse oralmente e na escrita.

Bloque IV : Aspectos socioculturais e consciencia intercultural.

Conceptuais: -Identificación de trazos comúns e das diferencias máis significativas entre a cultura lusófona e a galega. -Coñecemento dalgúns trazos históricos e xeográficos de Portugal .

Procedementais: -Uso de libros de consulta. -Utilización dos fondos da biblioteca. -Utilización de recursos audiovisuais. -Utilización de Internet.Actitudinais: -Valoración do portugués como medio para comunicarse con persoas de procedencia diversa. -Interese e iniciativa por comunicarse con falantes ou aprendices de portugués. -Toma de conciencia da diversidade lingüística e cultural europea.

CONTIDOS MÍNIMOS

Esta asignatura vai contar con dúas horas semanais e creo que os contidos que se van traballar na aula van ser moi básicos, por falta de tempo.Por esta razón non vou establecer un catálogo con contidos mínimos.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

32

Page 33: PROGRAMACIÓNcentros.edu.xunta.es/iesfernandoesquio/images/stories... · Web viewPROGRAMACIÓN DE LINGUA E LITERATURA GALEGAS 2009-2010 Compoñentes do departamento: Mª Consuelo

1- Comprender a idea principal e algúns detalles relevantes de textos orais sinxelos.Valórase a capacidade de comprensión de diálogos ou exposicións breves e as estratexias de comprensión.

2-Participación en conversas espontáneas para valorar a capacidade de desenvolvemento en situacións interactivas.

3- Comprender e diferenciar as ideas principais das secundarias en textos escritos diversos.Valórase a capacidade de ler e comprensión de textos diferentes.

4-Compoñer mensaxes escritas adecuadas á situación comunicativa.Valórase a capacidade de produción de textos,o uso da lingua , do vocabulario, de conectores e a planificación textual.

5-Comparar distintos aspectos socioculturais de Portugal coa realidade cultural galega.Valórase a competencia intercultural, o interese por coñecer outra cultura.

CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN

A avaliación será variada ,formativa e directamente relacionada cos contidos conceptuais, procedementais e actitudinais. O alumnado utilizará a lingua portuguesa oralmente e por escrito, da forma máis axeitada á situación comunicativa.

Darase unha especial importancia ao traballo na aula, que influirá na nota final de cada avaliación (tanto positiva como negativamente). O proceso de aprendizaxe forma parte da avaliación e inclúe o traballo diario, a actitude positiva, rendemento na aula, traballos na casa, lecturas, preocupación polo material escolar, realización de exames, etc. Todo o anterior é parte fundametal no correcto desenvolvemento do curso, polo que se deberá acadar unha valoración positiva no conxunto dos aspectos indicados.

Cando a asimilación dos contidos non sexa a adecuada, o alumno ou alumna deberá superar as probas de recuperación correspondentes.

Posto que a avaliación é continua, ao final do curso o alumnado deberá demostrar a súa positiva asimilación do conxunto dos contidos.

- O traballo na aula. (contará tanto positiva como negativamente), o traballo na casa.(contará tanto positiva como negativamente), o traballo de investigación valoraranse na avaliación ata 1 punto.

- A oralidade , a expresión cotiá , a fluidez , a corrección serán avaliados cada trimestre e o seu peso na nota da avaliación será de 1 punto.

- Realización dunha proba por trimestre onde demostrará a comprensión e lectura atenta dun libro. Valorarase na avaliación con 2 puntos.

- Realización dun traballo escrito a partir da lectura de fragmentos literarios diversos e o visionado dalgunha película e a audición dalgunha canción, que puntuará un máximo de 1.

33

Page 34: PROGRAMACIÓNcentros.edu.xunta.es/iesfernandoesquio/images/stories... · Web viewPROGRAMACIÓN DE LINGUA E LITERATURA GALEGAS 2009-2010 Compoñentes do departamento: Mª Consuelo

- Realización de probas escritas onde o alumno amosará os coñecementos dos contidos conceptuais, procedementais e actitudinais. Valorarase cun máximo de cinco puntos.

- No exame final de Xuño e Setembro entrarán as lecturas do curso.

BACHARELATO

INTRODUCIÓN E CONTEXTUALIZACIÓN

No centro temos un total de 82alumnos/as matriculados/as nos dous niveis de bacharelato.O contexto lingüístico é o mesmo que o exposto para a ESO.

34

Page 35: PROGRAMACIÓNcentros.edu.xunta.es/iesfernandoesquio/images/stories... · Web viewPROGRAMACIÓN DE LINGUA E LITERATURA GALEGAS 2009-2010 Compoñentes do departamento: Mª Consuelo

OBXECTIVOS DE PRIMEIRO E SEGUNDO

Afirmar a lingua galega como a propia de Galiza, coñecendo e comprendendo as circunstancias que condicionaron a súa evolución e situación actual.

Superar os posíbeis prexuízos relativos ao galego e aos seus falantes, analizando as situacións de contacto entre linguas e os diferentes usos sociais e dialectais da lingua.

Coñecer a lingua nos seus aspectos fonéticos, morfolóxicos e sintácticos. Analizar e producir discursos orais e escritos procedentes dos distintos

ámbitos. Empregar a lingua galega oralmente e por escrito en calquera situación

comunicativa. Utilizar correctamente, seguindo a normativa, a lingua galega, tanto na

expresión oral como na escrita. Valorar a lingua como expresión da identidade cultural do pobo galego e

como fonte de pracer. Coñecer os principais movementos, autores e obras da literatura galega. Utilizar de forma crítica distintas fontes documentais.

PRIMEIRO DE BACHARELATO

TEMPORIZACIÓN

A temporalización é, quizais, un dos aspectos máis variables da programación, xa que depende moi directamente do progreso do propio alumnado.

Posiblemente a 1ª avaliación abrangue menos contidos, sen embargo, o esforzo realizado xa dende un primeiro momento dotará ó alumnado dunha maior capacidade e rapidez cara ós seguintes temas, xa que a súa capacidade de análise e asimilación…estará máis desenvolvida.

Farase unha alternacia entre a parte teórica e práctica, para favorece-la asimilación e comprensión dos contidos.

Desde un primeiro momento hai que fomentar un pensamento positivo cara ó bo uso da linguaxe en tódolos aspectos, polo que ó longo do curso iranse realizando distintos exercicios para mellorar este aspecto.

CONTIDOS

Contidos conceptuais:

I ComunicaciónA linguaxe e a comunicación. Funcións da linguaxe.Significado e significante.A dobre articulación da linguaxe.A lingua nos medios de comunicación.Un mundo de linguas.

35

Page 36: PROGRAMACIÓNcentros.edu.xunta.es/iesfernandoesquio/images/stories... · Web viewPROGRAMACIÓN DE LINGUA E LITERATURA GALEGAS 2009-2010 Compoñentes do departamento: Mª Consuelo

II Lingua e sociedade

Orixe do galego e a súa evolución ata o século XIX.As linguas: variedades e estándar.

.

III Estudo da lingua:

- Revisión e profundización das clases de palabras. - O nome: substantivo e adxectivo- O pronome persoal- Os determinantes- Os verbos regulares e irregulares- As perífrases verbais- Formas nominais do verbo- Outras clases de palabras: adverbios, preposicións e conxuncións

IV Literatura

A linguaxe literaria.A literatura medieval.Os Séculos Escuros.O Rexurdimento. Rosalía, Curros e Pondal.

V Léxico Léxico e semántica Prefixos e sufixos Palabras patrimoniais, semicultas e cultas Toponimia e antroponimia Préstamos Fraseoloxía Terminoloxía específica

VIGramática do texto

O texto descritivo. O texto dialogado. O texto expositivo. O texto narrativo. O texto argumentativo.

Contidos procedementais:

Realización de distintos exercicios de ortografia que nos axuden a mellorar a nosa expresión.

36

Page 37: PROGRAMACIÓNcentros.edu.xunta.es/iesfernandoesquio/images/stories... · Web viewPROGRAMACIÓN DE LINGUA E LITERATURA GALEGAS 2009-2010 Compoñentes do departamento: Mª Consuelo

Análise dos factores socio-políticos, económicos e sociolingüísticos que condicionaron a nosa historia literaria.

Establecemento de relacións entre un texto ou unha obra literaria e o marco socio-cultural e estético no que se produce.

Análise de distintos textos literarios pertencentes a etapas ou autores relevantes. Elaboración e interpretación de mapas, gráficos e diagramas que reflictan

situacións lingüísticas diversas. Análise de distintos textos atendento ó rexistro e nivel de lingua. Identificación de interferencias entre o galego e o castelán e emprego autónomo

e diferenciado das dúas linguas. Recoñecemento e interpretación de comportamentos lingüísticos que denoten

unha situación de diglosia, minorización ou conflito lingüístico.

Contidos actitudinais: Interese polo emprego de expresións, locucións e léxico propios da nosa lingua. Interese pola autoavaluación e autocorrección. Respecto polas convencións ortográficas e polas normas de coherencia,

propiedade e corrección. Valoración da adecuación do discurso á situación comunicativa. Valoración do feito literario como produto lingüístico estético e cultural. Interese e gusto pola lectura de obras literarias de diferentes formas literarias e

épocas. Sensibilidade ante os contidos ideolóxicos que subxacen nas obras literarias e

ante os temas que denoten discriminación. Actitude positiva e activa respecto á utilización do galego en lingüística e a

situación sociolingüística de Galicia. Valoración da riqueza do plurilingüísmo e da función de identificación colectiva

que cumpre a lingua nunha comunidade. Tolerancia e respecto cara aos usos e opcións lingüísticas diferentes dos propios. Estimación da competencia nas dúas linguas oficiais de Galiza. Análise crítica das manifestacións lingüísticas do contacto galego—castelán.

CONTIDOS MÍNIMOS

Todos os contados procedementais e actitudinais e ademais os seguintes contados conceptuais:

Lingua e sociedade:

Etapas na formación do galego.

Caracterización básica das diferentes etapas da historia da lingua incluído o século XIX.

As variedades sociais e contextuais. A lingua estándar.

Estudo da lingua:

37

Page 38: PROGRAMACIÓNcentros.edu.xunta.es/iesfernandoesquio/images/stories... · Web viewPROGRAMACIÓN DE LINGUA E LITERATURA GALEGAS 2009-2010 Compoñentes do departamento: Mª Consuelo

Coñecemento das diferentes clases de palabras, das características morfolóxicas das mesmas e dos seus usos e valores.

Lectura comprensiva, comentario de textos de natureza diversa.

Produción de textos orais e escritos con coherencia, cohesión, adecuación ,presentación e corrección ortográficas.

Literatura:A literatura medieval: orixes, artífices, xéneros principais e subxéneros, características formais e de contido máis sobresalientes.

Os Séculos Escuros: causas da decadencia, autores e textos máis significativos, o labor dos Ilustrados.

O Rexurdimento: o contexto histórico; as características fundamentais da obra de Rosalía, Curros e Pondal.

OBRAS DE LECTURA PARA 1º BACHARELATO

O alumno terá dúas listas de lectura.

Primeira lista:

Deberá escoller da 1ª lista un libro por cada avaliación; a súa lectura será obrigatoria. A través dunha proba o alumno demostrará a lectura, que se considera requisito imprescindíbel para aprobar a avaliación. Se ademais demostra que a lectura foi atenta e a comprensión e expresión boa, poderase sumar á nota de avaliación ata un punto como máximo.

O libro deberá ser escollido entre os da seguinte lista:

Primeira avaliaciónRosalía de Castro: Cantares GallegosRosalía de Castro: Follas NovasCarlos Reigosa: Irmán, Rei ArturDarío Xohan Cabana: Galván en Saor.Méndez Ferrín: Amor de Artur.Pilar Castro: Antoloxía da poesía neotrobadorescaSuso de Toro: Morgún

Segunda avaliaciónSeoane: A soldadeiraLópez Ferreiro: A tecedeira de Bonaval.Xosé Miranda: Morning StarRafael Dieste: A fiestra valdeiraEduardo Pondal: Queixumes dos pinos

38

Page 39: PROGRAMACIÓNcentros.edu.xunta.es/iesfernandoesquio/images/stories... · Web viewPROGRAMACIÓN DE LINGUA E LITERATURA GALEGAS 2009-2010 Compoñentes do departamento: Mª Consuelo

Terceira avaliaciónCurros Enríquez: Aires da miña TerraMarcial Valladares: Maxina ou a filla espúrea.Bernárdez Vilar: Un home de Vilameán

Segunda Lista:

Os libros da segunda lista son optativos. O alumnado pode escoller un libro por cada avaliación e facer un exame; se o alumno demostra que leu o libro, levará 0.5 sumada á nota da avaliación.

Primeira avaliación

Castelao: Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete. Os dous de sempre.Ánxel Fole: Historias que ningúen cre. Contos da néboa.Blanco Amor: Os biosbardos.Segunda avaliación

Carlos Casares: IlustrísimaAnxos Sunai: Anxos da garda.Dieste: Dos arquivos do trasno.Coelho:Os ollos de K

Terceira avaliación

Otero Pedraio: Arredor de si.Cabanillas: A man da santiña.Cunqueiro: Os outros feirantes.Gonzalo Navaza: Erros e Tánatos.

Esta lista é susceptible de ser modificada.

AVALIACIÓNA avaliación atenderá ós seguintes criterios:

Dúas probas escritas por cada trimestre, valoraranse ata un máximo de 8 puntos.- Traballo na casa e na aula, valorarase ata un máximo de un punto positivamente

ou negativamente.- Proba da lectura correspondente a cada trimestre (libro obrigatorio), na que , a

través do comentario de diferentes aspectos do libro, se demostrará que se leu e que se comprendeu a obra. Este exame valorarase ata un punto e sumarase á nota

39

Page 40: PROGRAMACIÓNcentros.edu.xunta.es/iesfernandoesquio/images/stories... · Web viewPROGRAMACIÓN DE LINGUA E LITERATURA GALEGAS 2009-2010 Compoñentes do departamento: Mª Consuelo

de avaliación. A lectura do libro é indispensable para superar positivamente a avaliación.

- Haberá outra proba de lectura por trimestre, pero a súa lectura é optativa. O alumno que lea o libro obterá 0.5 máis na nota de avaliación.

- Haberá unha recuperación de cada proba mencionada, incluída a lectura obrigatoria.

- O alumando deberá aprobar as tres avaliacións; se o alumno non supera as tres avaliacións,deberá asistir ó exame global de xuño, da que tamén formarán parte as lecturas valoradas negativamente.

- En setembro farase un exame de recuperación de carácter global, baseado nos contados mínimos e que incluirá preguntas sobre as lecturas non aprobadas.

AVALIACIÓN DE PENDENTES DE PRIMEIRO DE BACHARELATOOs alumnos pendentes serán examinados dos contidos mínimos anteriormente expostos. Faranse dous exames parciais, ademais dun exame final en maio. A este último deberase presentar quen non superase os dous parciais, para ser examinado de toda a materia, ou do parcial non aprobado no seu momento.

As probas de avaliación serán confeccionadas e corrixidas conxuntamente pola profesora que impartiu a materia no curso anterior e pola que desempeña a función de Xefa de Departamento.

SEGUNDO DE BACHARELATO

TEMPORIZACIÓN

Preténdese que os contidos vistos en cada trimestre sexan equivalentes; sen embargo isto pode sufrir algunha modificación dependendo da marcha do curso e do tempo do que se dispoña.. Así mesmo en cada avaliación veranse distintos apartados: reflexión sobre a lingua, literatura, lingua e sociedade.

CONTIDOS CONCEPTUAIS

REFLEXIÓN SOBRE A LINGUA:

O sistema fonolóxico e fonético. Descrición de fonemas.. A sílaba, o acento. As unidades sintácticas, a frase e a cláusula. As funcións sintácticas na frase e na

cláusula. Tipos de frases e cláusulas. Morfoloxía: Clases de palabras, trazos específicos e a súa composición.Análise morfolóxica,

tipos de morfemas.

40

Page 41: PROGRAMACIÓNcentros.edu.xunta.es/iesfernandoesquio/images/stories... · Web viewPROGRAMACIÓN DE LINGUA E LITERATURA GALEGAS 2009-2010 Compoñentes do departamento: Mª Consuelo

Relativos e cuantificadores. O pronome persoal. O verbo. Caracterización morfolóxica. O verbo. Formas nominais. As perífrases. Léxico: Prácticas coa fin de acrecentar o uso léxico Interferencias lingüísticas: anglicismos, castelanismos, arcaísmos,lusismos Semántica:

Relacións semánticas. Cambio semántico. Campo semántico

LITERATURA:

1.- A poesía das Irmandades da Fala. Características, autores e obras representativas.2.- A poesía de vangarda. Características, autores e obras representativas.3.- A prosa do primeiro terzo do XX: as Irmandades e o Grupo Nós (narrativa, ensaio e xornalismo).4.- O teatro do primeiro terzo do XX: Irmandades, vangardas e Grupo Nós.5.- A poesía entre 1936 e 1976: a Xeración do 36, a Promoción de Enlace, a Xeración das Festas Minervais.6.- A prosa entre 1936 e 1976: os renovadores da prosa (Fole, Blanco Amor, Cunqueiro e Neira Vilas).7.- A Nova Narrativa galega. Características, autores e obras representativas.8.- O teatro galego entre 1936 e 1976: a Xeración dos 50 e o Grupo de Ribadavia.9.- A literatura do exilio entre 1936 e 1976: poesía, prosa e teatro.10.- A poesía de fins do XX e comezos do XXI. Temas e autores dos 80 e dos 90. Poetas e tendencias actuais máis relevantes.11.- A prosa de fins do XX e comezos do XXI. Temas e autores dos 80 e dos 90. Prosistas e tendencias actuais máis relevantes.12.- O teatro de fins do XX e comezos do XXI. Temas e autores dos 80 e dos 90. Dramaturgos, tendencias e compañías actuais máis relevantes.Situación sociolingüística.

LINGUA E SOCIEDADE:

1.- As funcións sociais da lingua. Conflito e diglosia. Estereotipos e prexuízos lingüísticos:a súa repercusión nos usos.2.- Historia da normativización: a construción da variedade estándar. Interferencias e desviacións da norma.3.- Linguas minorizadas e linguas minoritarias. O galego: lingua en vías de normalización.4.- O galego no primeiro terzo do século XX: características lingüísticas fundamentais. Contexto histórico e situación sociolingüística.5.- O galego de 1936 a 1975: características lingüísticas fundamentais. Contexto histórico e situación sociolingüística.6.- O galego a finais do século XX e comezos do XXI: características lingüísticas fundamentais.

LINGUA ORAL E LINGUA ESCRITA:

41

Page 42: PROGRAMACIÓNcentros.edu.xunta.es/iesfernandoesquio/images/stories... · Web viewPROGRAMACIÓN DE LINGUA E LITERATURA GALEGAS 2009-2010 Compoñentes do departamento: Mª Consuelo

Propiedades do texto: coherencia e cohesión. As variedades dialectais: bloques e áreas dialectais. Principais trazos fonéticos,

morfolóxicos e sintácticos. O texto dialectal.

CONTIDOS PROCEDEMENTAIS

REFLEXIÓN SOBRE A LINGUA

Utilización adecuada de fontes de documentación (enciclopedias, manuais, internet…) e de diversos tipos de dicionarios.

Análise de textos desde o punto de vista léxico. Identificación de procedementos lingüísticos que faciliten a produción de textos

propios. Uso de conceptos e terminoloxía lingüística para elaborar e comprender textos. Utilización do dicionario como medio para mellorar e aumentar o léxico.

LITERATURA

Lectura e valoración de obras literarias de cada un dos xéneros literarios. Establecemento de relacións entre un texto ou obra literaria e o marco

sociocultural e estético no que se produce, conectando o seu contido ideolóxico cos valores da sociedade actual.

Análise de textos literarios de acordo coas características da etapa e autor escollida.

Análise dos factores sociopolíticos, económicos e sociolingüísticos que condicionaron a nosa historia literaria.

Identificación dos elementos e das técnicas características das formas literarias máis significativas.

Análise das características dos distintos períodos , movementos e autores así como as súas obras máis representativas.

LINGUA E SOCIEDADE

Análise da situación sociolingüística de Galicia e do proceso de normalización do galego.

Identificación de interferencias entre galego e castelán e emprego de construccións propias do galego.

Análise das valoracións e das actitudes sociolingüísticas presentes en textos de diferentes tipos.

Análise das diferentes etapas da situación da lingua dos séculos XX e XXI e problemática sociolingüística de cada unha.

LINGUA ORAL E LINGUA ESCRITA

Interpretación de textos de distinto tipo (científicos, técnicos, etc.) e emisión de xuízos persoais fundamentados.

42

Page 43: PROGRAMACIÓNcentros.edu.xunta.es/iesfernandoesquio/images/stories... · Web viewPROGRAMACIÓN DE LINGUA E LITERATURA GALEGAS 2009-2010 Compoñentes do departamento: Mª Consuelo

Análise de textos tendo en conta a súa tipoloxía, a intención comunicativa e a adecuación.

Producción de textos orais, espontáneos e planificados e de textos escritos socialmente significativos, atendendo á coherencia e á cohesión do discurso, á adecuación e á corrección gramatical.

Transformación de textos en función de cambios de rexistro, factores contextuais, situación comunicativa e tipoloxía textual.

Análise de textos dialectais.

CONTIDOS ACTITUDINAIS

REFLEXIÓN SOBRE A LINGUA

Interese polo emprego de expresións, locucións e léxico propios da nosa lingua, evitando interferencias lingüísticas.

Interese pola súa autoavaliación e autocorrección. Respecto polas convencións ortográficas e polas normas de coherencia,

propiedade e corrección.

LITERATURA

Valoración do feito literario como produto lingüístico, estético e cultural. Interese e gusto pola lectura de obras literarias de diferentes formas literarias e

épocas, utilizando criterios propios de selección e valoración. Interese por expresar as propias ideas, sentimentos e fantasías mediante as

diferentes formas literarias. Sensibilidade ante os contidos ideolóxicos que subxacen nas obras literarias e

ante os temas que denoten discriminación.

LINGUA E SOCIEDADE

Valoración da riqueza do plurilingüismo e respecto polas persoas que empregan unha lingua diferente.

Respecto polas variantes dialectais da lingua. Actitude positiva e activa respecto á utilización do galego en todas as situacións

de comunicación.

LINGUA ORAL E LINGUA ESCRITA

Interese por comunicarse a través de discursos orais e escritos caracterizados pola súa eficacia comunicativa, corrección, creatividade e beleza.

Respecto polas normas que rexen o intercambio comunicativo. Actitude reflexiva e crítica ante as expresións de lingua que supoñan calquera

tipo de discriminación. Sensibilidade ante as mensaxes dos medios de comunicación que presenten

calquera tipo de manipulación. Valoración de textos propios da vida académica.

PROPOSTAS DE LECTURAS PARA 2º DE BACHARELATO.

43

Page 44: PROGRAMACIÓNcentros.edu.xunta.es/iesfernandoesquio/images/stories... · Web viewPROGRAMACIÓN DE LINGUA E LITERATURA GALEGAS 2009-2010 Compoñentes do departamento: Mª Consuelo

O alumando deberá escoller dentro desta lista os libros de lectura, aínda que poderá haber cambios ó longo do curso.

1º TRIMESTRE

POESÍA-Cabanillas, O mariscal, Xerais.-Manuel Antonio, De catro a catro, Galaxia.-Amado Carballo, Poesía completa, Galaxia.-Novoneira, Uxío, Os Eidos, Xerais.

NOVELA-Risco , O porco de pé, Galaxia.-Castelao, Os dous de sempre,Galaxia.-Otero Pedrayo, Arredor de si O meson dos ermos, Galaxia.

RELATO-Dieste, Dos arquivos do trasno, Galaxia.

TEATRORafael Dieste: A fiestra baldeira

ENSAIO-Castelao, Sempre en Galiza (Adro e Libro primeiro) 2º TRIMESTRE

POESÍA- Celso Emilio Ferreiro, Longa noite de pedra, Xerais.-Manuel María, Antoloxía poética, Espiral Maior.

TEATRO-Luís Seoane, A soldadeira, Edicións do Castro.

NOVELA-Blanco Amor, Xente ao lonxe, Galaxia. A esmorga

RELATO-Fole, Historias que ninguén cre, Galaxia. - A lus do candil. Galaxia.

-Contos da néboa. Galaxia.-Neira Vilas, Memorias dun neno labrego.-Xoana Torres, Adiós María. Galaxia

3º TRIMESTRE

44

Page 45: PROGRAMACIÓNcentros.edu.xunta.es/iesfernandoesquio/images/stories... · Web viewPROGRAMACIÓN DE LINGUA E LITERATURA GALEGAS 2009-2010 Compoñentes do departamento: Mª Consuelo

POESÍA-AA VV, Para saír do século. Nova proposta poética, Xerais.- Luciano Rodríguez. 25 anos de poesía galega (1975-2000). La Voz de Galicia.

TEATRO-Pernas Cora, Anatomía dun hipocondríaco, Xerais.-Vidal Bolaño, Saxo Tenor.

Cochos.-Núñez Singala, Comedia bífida-Taxes, O velorio

NOVELA-Cabana, Darío X., Morte de rei, Xerais.-Miranda, Xosé, Morning Star, Xerais.-Rivas, Manuel, En salvaxe compaña, Xerais.

Ela, maldita alma.Galaxia.- Carlos Casares, Ilustrísima.Galaxia.-Méndez Ferín, Arraianos, Xerais.-Navaza, Gonzalo, Erros e Tánatos, Xerais. - Suso de Toro, Polaroid.Xerais.

Calzados Lola. Xerais Home sen nome. Xerais.

-Anxos Sumai, Anxos de garda. Melodia de días usados.

-María Reimúndez, o club da calceta-Miguel Anxo Murado, Fin de século en Palestina.Galaxia. O soño da febre. Galaxia-Inma López Silva, New York New York

AVALIACIÓN DE SEGUNDO DE BACHARELATO

A avaliación do alumnado de segundo de bacharelato atenderá ós seguintes criterios: Traballo na aula e na casa (pode modificar a nota tanto positiva como negativamente

ata 0,5. Proba da lectura,oral ou escrita, correspondente a cada trimestre, na que, a través do

comentario de diferentes aspectos do libro, se demostrará que se leu e que se comprendeu a obra. A lectura dun libro por trimestre é obrigatoria para aprobar a avaliación. Este exame valorarase de 0 ata 0`5 como máximo e sumarase á nota de avaliación, Ademais o alumnado poderá ler outro libro, de xeito voluntario, que su-poría sumar 0´5 puntos á nota da avaliación. Tanto o libro obrigatorio como o opta-tivo serían da lista dada anteriormente.

Proba escrita na que o alumnado mostre os seus coñecementos e a súa correcta expresión axeitada á normativa.Esta proba cualificarase cun máximo de 9 puntos.

Para aprobar a avaliación o alumno deberá acadar como mínimo un 5 e ademais su-perar a proba da lectura obrigatoria.

Haberá exames de recuperación de cada avaliación, incluídas as lecturas obrigato-rias.

En xuño celebrarase unha recuperación global, da que tamén formarán parte as lec-turas valoradas negativamente.

45

Page 46: PROGRAMACIÓNcentros.edu.xunta.es/iesfernandoesquio/images/stories... · Web viewPROGRAMACIÓN DE LINGUA E LITERATURA GALEGAS 2009-2010 Compoñentes do departamento: Mª Consuelo

En setembro farase un exame de recuperación de carácter global, baseado nos conti-dos mínimos e que incluirá preguntas sobre as lecturas non aprobadas.

O alumnado deberá amosar unha correcta expresión oral e escrita, axeitadas á nor-mativa.

CONTIDOS MÍNIMOSO alumno deberá amosar unha correcta expresión oral e escrita, axeitadas á normativa do galego.

REFLEXIÓN SOBRE A LINGUA

Fonética e fonoloxía:Definición e transcrición de fonemas.

. Sintaxe:

Análise das funcións e unidades da frase e da cláusula.

Morfoloxía:Clases de palabras. Rasgos específicos de cada clase.

O verbo: identificación das diferentes formas, emprego do infinitivo conxugado e valores das perífrases verbais.

O pronome persoal.

-Tipos de morfemas e análise morfolóxica.

Léxico-semántica:Relacións semánticas e aplicación das mesmas aos procedementos de definición de palabras. Campo semántico.Cambio semántico.

-Interferencias lingüísticas.

LITERATURA

Características fundamentais de cada época, xénero ou corrente literaria e autores e obras máis sinalados na literatura do século XX.

LINGUA E SOCIEDADE

Historia da lingua: feitos clave nos avances e retrocesos do galego ao longo do século XX.

Sociolingüística:Conflito lingüístico. Bilingüismo e diglosia. Concepto de normalización. Linguas minorizadas e minoritarias.

Normativización: proceso histórico e situación actual.Situación histórica da lingua dende o inicio do século XX ata hoxe en día e análise dos problemas sociolingüísticos .

LINGUA ORAL E LINGUA ESCRITA

Variedades dialectais: bloques e áreas. Análise dun texto dialectal.

METODOLOXÍA EN BACHARELATO

46

Page 47: PROGRAMACIÓNcentros.edu.xunta.es/iesfernandoesquio/images/stories... · Web viewPROGRAMACIÓN DE LINGUA E LITERATURA GALEGAS 2009-2010 Compoñentes do departamento: Mª Consuelo

-Enfoque comunicativo no ensino e na aprendizaxe da lingua que favoreza o emprego do idioma en distintas funcións e contextos de uso.

-Traballo con textos de distinta naturaza.

-Composición de textos utilizando distintos soportes.

-Lectura, interpretación e valorización de obras literarias.

-Organización de actividades individuais e tamén grupais ,que favorezan o intercambio respectuoso de ideas, o discurso argumentativo e o espírito crítico e cooperativo.

-Oferta de actividades que impliquen a busca ,selección e tratamento da información, a posibilidade de tomar decisións e a emisión de opinións de forma crítica.

-Implicación do alumnado na planificación e avaliación das actividades.

PROGRAMACIÓN DE TEMAS TRANSVERSAIS

Remítome ó exposto no comezo da programación.

MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS

1º BACH: Lingua galega e Literatura.Consorcio editorial galego.2º BACH: Lingua e literatura galegas. GalaxiaOs libros de texto son os mesmos ós do curso pasado, agás o de 2º de Bacharelato..

Ademais dos libros de texto o alumno tamén manexará :

- o dicionario tanto na clase como na aula.

-Libros de lectura obrigatoria:tódolos grupos teñen libros de lectura obrigatoria. Faranse lecturas comprensivas e expresivas, resumos e preguntas sobre eles.

-Revistas, xornais.

- Atlas, dicionarios .

- Libros de consulta: o alumnado poderá consultar os fondos da biblioteca para realizar distintos traballos, que serán entregados ou expostos na clase.

-Novas tecnoloxías:o alumnado tamén manexará as novas tecnoloxías como medio de consulta e para elaboración de traballos escolares.

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES DO DEPARTAMENTO DE LINGUA E LITERATURA

47

Page 48: PROGRAMACIÓNcentros.edu.xunta.es/iesfernandoesquio/images/stories... · Web viewPROGRAMACIÓN DE LINGUA E LITERATURA GALEGAS 2009-2010 Compoñentes do departamento: Mª Consuelo

O Departamento ten pensado colaborar coas actividades do Departamento de Normalización Lingüística e ademais:

-asistir a representacións teatrais.

-asistir a proxeccións de películas.

-participar no proxecto “ Audiovisuais nas aulas”

-organizar rutas literarias: ruta rosaliana, currosiana, de Pardo de Cela.

-coordenarse con outros departamentos para organizar excursións con contidos artístico-literarios.

-organizar conferencias, charlas e coloquios.

-

48

Page 49: PROGRAMACIÓNcentros.edu.xunta.es/iesfernandoesquio/images/stories... · Web viewPROGRAMACIÓN DE LINGUA E LITERATURA GALEGAS 2009-2010 Compoñentes do departamento: Mª Consuelo

Asdo: Carmela Loureiro Asdo: Consuelo Barús

Asdo: Nicolasa Castro Asdo: Carme Blanco

49