Programación dppe cs 2010 2011
-
Upload
vicente-blanco-barizo -
Category
Documents
-
view
411 -
download
1
Transcript of Programación dppe cs 2010 2011
Programación Desenvolvemento de Proxectos de Produtos Electrónicos Curso 2010-2011
PROGRAMACIÓN DO MÓDULO
DESENVOLVEMENTO DE PROXECTOS DE PRODUTOS ELECTRÓNICOS
correspondente ao segundo ano do ciclo de grao superior
DESENVOLVEMENTO DE PRODUTOS ELECTRÓNICOS
Duración do ciclo: 2.000 horas
Duración do módulo: 180 horas
Sesións semanais: 10
Profesor: Pablo Lado López
Curso académico: 2010 - 2011
ÍNDICE páx
A. Presentación do ciclo
Obxectivos xerais do ciclo formativo .............................................................. 2
Perfil profesional ............................................................................................ 4
Competencia xeral ............................................................................................ 4
Capacidades profesionais .............................................................................. 4
Capacidades técnicas ....................................................................................... 4
Capacidades para afrontar continxencias ........................................................... 4
Capacidades para a dirección de tarefas ........................................................... 5
Capacidades para adaptarse ao medio .............................................................. 5
Responsabilidade e autonomía nas situacións de traballo.............................. 6
Unidades de competencia ............................................................................. 7
B. Programación do módulo
Capacidades terminais elementais ................................................................ 8
Unidades didácticas ...................................................................................... 9
Desenvolvemento das unidades didácticas .................................................. 10
Secuencia e temporalización ....................................................................... 17
Metodoloxía ................................................................................................. 17
Materiais e recursos didácticos .................................................................... 18
Organización de espazos ............................................................................ 18
Criterios de avaliación ................................................................................. 19
Procedementos e instrumentos de avaliación .............................................. 20
Criterios de cualificación .............................................................................. 20
Avaliación da práctica docente .................................................................... 20
Mínimos exixibles ........................................................................................ 21
Actividades de recuperación ........................................................................ 21
Atención do alumnado con necesidades específicas de apoio
educativo ............................................................................................. 21
Programación Desenvolvemento de Proxectos de Produtos Electrónicos Curso 2010-2011 2
OBXECTIVOS XERAIS DO CICLO FORMATIVO
Os obxectivos xerais deste ciclo son os que se establecen no seu currículo (decreto 30/2000
do 20 de xaneiro):
I. Idear, a partir de especificacións concretas, a solución “hardware” e/ou “software” de
pequenas aplicacións electrónicas analóxicas, dixitais e/ou microprogramables,
construíndo a maqueta correspondente mediante a aplicación dos procedementos
axeitados, realizando as comprobacións, medidas e axustes necesarios para a posta
a punto.
II. Realizar o deseño físico das placas electrónicas de circuíto impreso, mediante a
axeitada utilización das ferramentas informáticas de deseño asistido por ordenador
específicas, elaborando a documentación técnica necesaria para a súa posterior
construción, no soporte e formatos normalizados.
III. Elaborar os programas informáticos correspondentes a pequenas aplicacións
electrónicas utilizando as linguaxes de alto e/ou baixo nivel máis axeitadas en cada
caso, empregando os procedementos e estruturas máis idóneas co fin de optimizar o
funcionamento da aplicación e asegurar a súa fiabilidade e seguridade.
IV. Construír e pór a punto prototipos electrónicos de aplicacións realizadas con
tecnoloxías analóxicas, dixitais e/ou microprogramables, utilizando os equipos e
ferramentas axeitadas e aplicando os procedementos máis idóneos en cada caso.
V. Realizar, coa precisión requirida, os ensaios de calidade e fiabilidade de prototipos
electrónicos, mediante a utilización axeitada dos instrumentos, equipos e ferramentas
máis idóneas e aplicando os procedementos documentados correspondentes.
VI. Elaborar a documentación técnica de instalación, posta en marcha e mantemento de
produto correspondente ás aplicacións electrónicas, mediante a axeitada utilización
das ferramentas informáticas precisas.
VII. Realizar o mantemento dos equipos electrónicos baseados en tecnoloxías
analóxicas, dixitais e/ou microprogramables, operando destramente cos instrumentos
e ferramentas “hardware” e “software” máis idóneas en cada caso, actuando coa
calidade e fiabilidade requiridas e no tempo previsto.
VIII. Determinar procedementos de actuación para o diagnóstico e localización de avarías
en equipos electrónicos baseados en tecnoloxías analóxicas, dixitais e/ou
microprogramables, propondo e deseñando útiles “hardware” e/ou “software”
específicos, documentando eses procedementos coa precisión requirida e no formato
e soporte máis axeitados.
IX. Comprender e aplicar a terminoloxía, métodos e técnicas necesarias para a
organización e a xestión do mantemento de equipos electrónicos e da loxística
asociada a eles.
Programación Desenvolvemento de Proxectos de Produtos Electrónicos Curso 2010-2011 3
X. Comprender o marco legal, económico e organizativo que regula e condiciona a
actividade de deseño e mantemento dos equipos electrónicos, identificando os
dereitos e as obrigas que deriven das relacións laborais, adquirindo a capacidade de
seguir os procedementos establecidos e de actuar con eficacia ante as anomalías
que poidan presentarse nos mesmos.
XI. Buscar, seleccionar e valorar diversas fontes de información relacionadas co
exercicio da profesión, que lle permitan o desenvolvemento da súa capacidade de
autoaprendizaxe no sector da fabricación e mantemento de equipos electrónicos que
lle posibiliten a evolución e adaptación das súas capacidades profesionais aos
cambios tecnolóxicos e organizativos do sector.
XII. Dominar estratexias que lle permitan participar en calquera proceso de comunicación
coas demais áreas da empresa, con clientes e provedores.
XIII. Analizar, adaptar e, no seu caso, xerar documentación técnica imprescindible na
formación e asesoramento dos profesionais ó seu cargo.
Programación Desenvolvemento de Proxectos de Produtos Electrónicos Curso 2010-2011 4
PERFIL PROFESIONAL Competencia xeral
Os requirimentos xerais de cualificación profesional do sistema produtivo para este técnico
son:
Realizar o estudo, definición, concepción e desenvolvemento de pequenas tarxetas e
equipos electrónicos.
Organizar, xestionar e controlar a fabricación e posta a punto de prototipos
electrónicos coa calidade e fiabilidade requiridas e cos custos acordados.
Manter equipos electrónicos profesionais, utilizando os medios e técnicas de
mantemento adecuadas, dando o soporte e asesoramento necesarios aos técnicos
que o demanden.
Este técnico actuará, en todo caso, baixo a supervisión xeral de arquitectos, enxeñeiros ou
licenciados e/ou arquitectos técnicos, enxeñeiros técnicos ou diplomados.
CAPACIDADES PROFESIONAIS
Capacidades técnicas.
Analizar os anteproxectos, especificacións técnicas e, en xeral, toda a
documentación asociada a proxectos de equipos e aplicacións electrónicas,
interpretando axeitadamente os parámetros, símbolos e requirimentos, extraendo as
conclusións e datos necesarios para o desenvolvemento do traballo.
Elaborar informes de factibilidade do produto, así como elaborar a documentación
técnica de aplicacións electrónicas, realizando aplicacións de cálculo e simulación
dos circuítos electrónicos, aportando as solucións construtivas correspondentes.
Participar na definición das especificacións de calidade e fiabilidade de prototipos
electrónicos e para a fabricación dos equipos, preparando e executando as probas e
os ensaios prescritos, elaborando a documentación requirida e dictaminando os
resultados dos ensaios e medidas obtidas.
Posuír un amplo coñecemento e dominio das tecnoloxías e dos dispositivos
analóxicos, dixitais e microprogramables que configuran os equipos electrónicos
profesionais e das técnicas e medios utilizados para as medidas dos seus
parámetros característicos.
Participar no establecemento e/ou mellora de procesos de mantemento de equipos
electrónicos, colaborando no desenvolvemento de instrumentos específicos que
optimicen eses procesos.
Capacidades para afrontar continxencias:
Diagnosticar e reparar avarías en equipos electrónicos profesionais coa fiabilidade,
pulcritude e precisión requiridas, interpretando a súa documentación técnica e
operando destramente cos instrumentos, equipos e ferramentas “hardware” e
Programación Desenvolvemento de Proxectos de Produtos Electrónicos Curso 2010-2011 5
“software” axeitadas, respectando as precaucións e normas de seguridade
oportunas.
Actuar en condicións de posible emerxencia, transmitindo con celeridade os sinais de
alarma, dirixindo as actuacións dos membros do seu equipo e aplicando os medios
de seguridade establecidos para previr ou corrixir posibles riscos causados pola
emerxencia.
Resolver problemas e tomar decisións sobre a súa propia actuación e a dos outros,
identificando e seguindo as normas establecidas precedentes, dentro do ámbito da
súa competencia e consultando esas decisións cando as súas repercusións na
coordinación con outras áreas sexan importantes.
Capacidades para a dirección de tarefas.
Organizar e controlar a construción, montaxe e funcionalidade de prototipos
electrónicos, establecendo as instrucións escritas requiridas (métodos,
procedementos, tempos, especificacións de control, ...).
Dar o soporte, formación e asesoramento técnico requirido a técnicos que dependen
organicamente del.
Xerar instrucións claras con rapidez, informando e solicitando axuda a quen proceda,
cando se produzan continxencias na operación.
Manter relacións fluídas cos membros do grupo funcional no que se está integrado,
responsabilizándose da consecución dos obxectivos asignados ó grupo, respectando
o traballo dos demais, organizando e dirixindo tarefas colectivas e cooperando na
superación de dificultades que se presenten cunha actitude tolerante cara ás ideas
dos compañeiros e subordinados.
Organizar e dirixir o traballo doutros técnicos de nivel inferior, dando instrucións
sobre o control de procesos de mantemento en caso de modificacións derivadas dos
programas establecidos e decidindo actuacións en casos imprevistos nos procesos
de mantemento.
Administrar e xestionar un pequeno taller de construción e/ou mantemento de
equipos electrónicos, coñecendo e cumprindo as obrigas legais que lle afectan.
Capacidades para adaptarse ao medio.
Adaptarse a novas situacións laborais xeradas como consecuencia dos cambios
producidos polas técnicas, a organización laboral e os aspectos económicos
relacionados coa súa actividade profesional e co sistema de produción da empresa.
Posuír unha visión clara e integradora dos procesos de fabricación, montaxe e
mantemento dos equipos electrónicos profesionais, nos seus aspectos humanos,
tecnolóxicos, técnicos, de organización e económicos que lle permita organizalos e
optimizar a súa aplicación.
Programación Desenvolvemento de Proxectos de Produtos Electrónicos Curso 2010-2011 6
Manter comunicacións efectivas no desenvolvemento do traballo e, en especial, en
operacións que esixan un elevado grao de coordinación con outras áreas da
empresa e entre os membros do equipo que as acomete, interpretando ordes e
información cando xurdan situacións imprevistas.
RESPONSABILIDADE E AUTONOMÍA NAS SITUACIÓNS DE TRABALLO.
A este técnico, no marco das funcións e obxectivos asignados por técnicos de nivel superior
ao seu, requiriránselle nos campos ocupacionais concernidos, polo xeral, as capacidades de
autonomía en:
Achega de solucións construtivas de tipo "hardware" e/ou "software" no
desenvolvemento de proxectos de aplicacións electrónicas.
Elaboración de documentación técnica (esquemas, resultados de simulación de
circuítos,...) mediante a utilización de ferramentas informáticas de deseño asistido.
Elaboración dos programas de control para os equipos baseados en dispositivos
microprogramables, mediante a utilización de linguaxes e ferramentas de
programación de alto e/ou baixo nivel.
Construción e posta a punto de prototipos electrónicos mediante a aplicación de
procedementos e medios manuais e/ou automáticos.
Execución de ensaios de homologación, de calidade e fiabilidade, para os prototipos
electrónicos.
Aplicación das técnicas de diagnóstico e reparación de equipos electrónicos
profesionais, mediante a operación destra de instrumentos de medida e ferramentas
para o mantemento dos equipos.
Proposta de procedementos e útiles específicos para a mellora dos procesos e
procedementos de traballo.
Organización e control do traballo realizado polo persoal ao seu cargo. Emisión de
instrucións escritas sobre procedementos e secuencias de operación e control dos
procesos.
Programación e control das cargas de traballo para a obtención dos obxectivos
predeterminados.
Xestión da documentación e dos aprovisionamentos de materiais empregados no
mantemento de equipos electrónicos, así como dos requiridos no laboratorio de
montaxe e posta a punto de prototipos.
Elaboración de informes, ao seu nivel, dos ensaios de homologación de prototipos
electrónicos, aportando solucións que permitan a corrección dos defectos atopados
e, en xeral, a emisión de informes técnicos por requirimento dos seus superiores.
Elaboración de estatísticas de mantemento e obtención de conclusións para a
mellora dos procedementos de reparación e optimización dos procesos.
Programación Desenvolvemento de Proxectos de Produtos Electrónicos Curso 2010-2011 7
Coordinación, ó seu nivel, das funcións de construción de prototipos, fiabilidade e
calidade, innovación e melloras.
UNIDADES DE COMPETENCIA- (aplicadas a este ciclo)
1. Deseñar/desenvolver pequenos produtos electrónicos analóxicos.
2. Deseñar/desenvolver pequenos produtos electrónicos dixitais e
microprogramables.
3. Realizar e ensaiar prototipos electrónicos.
4. Realizar o mantemento de equipos electrónicos.
5. Realizar a administración, xestión e comercialización nunha pequena empresa
ou taller.
Programación Desenvolvemento de Proxectos de Produtos Electrónicos Curso 2010-2011 8
MÓDULO: DESENVOLVEMENTO DE PROXECTOS DE PRODUTOS ELECTRÓNICOS
Módulo transversal de segundo curso do ciclo de grao superior Desenvolvemento de
Produtos Electrónicos, non asociado por tanto a ningunha unidade de competencia.
Duración: 180 horas (10 sesións semanais)
CAPACIDADES TERMINAIS ELEMENTAIS
As capacidades terminais elementais asociadas a este módulo son as que se enumeran a
continuación, e que contribúen a acadar os obxectivos de ciclo numerados como I, II, III, IV,
V, VI, VII, VIII, IX, X, XI, XII e XIII.
Capacidades terminais:
1. Establecer respostas técnicas de aplicacións electrónicas por medio de
especificacións funcionais, empregando manuais e catálogos, escollendo os
materiais e compoñentes máis axeitados e seguindo a fiabilidade e os custos
establecidos.
2. Establecer convenientemente as especificacións técnicas de aplicacións electrónicas
partindo das especificacións funcionais seguindo os criterios de precisión requiridos.
3. Elaborar diagramas de bloques de aplicacións electrónicas por medio das
especificacións técnicas e funcionais, determinando os circuítos electrónicos que
poidan solucionar adecuadamente cada bloque funcional.
4. Efectuar os cálculos precisos para dimensionar os compoñentes por medio dos
esquemas, as especificacións e o grao de fiabilidade, facéndoo manualmente ou
mediante aplicacións informáticas.
5. Seleccionar convenientemente os compoñentes mediante documentación e manuais
técnicos, tendo en conta a dispoñibilidade e os custos no mercado.
6. Simular por medios informáticos os esquemas electrónicos, comprobando o
funcionamento coa fiabilidade esixida, a partir da documentación do proxecto.
7. Confeccionar os esquemas necesarios no soporte e coa representación normalizada,
e a lista de materiais precisos para a construción dunha maqueta, optimizando o
espazo e a distribución de compoñentes
8. Elaborar os programas de control de aplicacións resoltas con dispositivos
microprogramables utilizando a linguaxe adecuada.
9. Confeccionar o programa con comentarios en liña para garantir un adecuado
mantemento.
10. Montar as maquetas de aplicación electrónica, seleccionando os materiais
necesarios, preparando a ferramenta, distribuíndo os compoñentes, realizando os
cableados e interconexións e aplicando os procedementos adecuados.
Programación Desenvolvemento de Proxectos de Produtos Electrónicos Curso 2010-2011 9
11. Seleccionar a instrumentación común e específica necesarias para facer as
verificacións funcionais no banco de probas e medidas por medio das
especificacións e procedementos establecidos.
12. Establecer as probas de fiabilidade precisas para realizar nos prototipos de produtos
electrónicos especificadas no proxecto e no tipo de aplicación.
13. Elaborar a documentación técnica do proxecto incluíndo os planos, a lista de
materiais, os programas debidamente comentados, as probas, axustes e cálculos e
demais elementos precisos para a construción do prototipo da aplicación electrónica
desenvolta.
14. Establecer a asignación de tempos, custos, recursos materiais e humanos,
instrumentación e ferramentas necesarias en cada fase para a realización do
proxecto.
UNIDADES DIDÁCTICAS
Para acadar estas capacidades terminais o módulo organízase nas seguintes Unidades
didácticas:
U1.- O proxecto electrónico. Especificacións
U2.- Recollida de información. Normativa
U3.- Selección de compoñentes
U4.- Valoración de tempos e custos. Desenvolvemento dos esquemas
U5.- Simulación electrónica de circuítos
U6.- Construción da maqueta electrónica. Técnicas de montaxe rápida
U7.- Simulación de equipos microcontrolados. Equipos de desenvolvemento
U8.- Probas e posta a punto dun equipo electrónico
U9.- Elaboración da documentación técnica e entrega de proxectos
U10.- Xestión e planificación de proxectos
U11.- Xestión de custos
U12.- Control de compras e materiais
U13.- Desenvolvemento dun proxecto electrónico de aplicación industrial
U14.- Desenvolvemento dun proxecto de aplicación electrónica no ámbito das
telecomunicacións
Programación Desenvolvemento de Proxectos de Produtos Electrónicos Curso 2010-2011 10
DESENVOLVEMENTO DAS UNIDADES DIDÁCTICAS
U1.- O proxecto electrónico. Especificacións (8 horas – 10 sesións)
Obxectivos:
Coñecer as características fundamentais dun proxecto.
Coñecer e entender as fases intermedias do proxecto.
Coñecer os distintos documentos dos que consta o proxecto.
Contidos:
Especificacións do proxecto.
Características dun proxecto electrónico.
Fases de planificación e de execución dun proxecto.
Documentación do proxecto.
Criterios de avaliación:
Estrutura correctamente un proxecto, seguindo as fases adecuadas na súa
planificación.
Coñece os distintos documentos do proxecto e o seu contido.
U2.- Recollida de información. Normativa (5 horas – 6 sesións)
Obxectivos:
Coñecer a normativa aplicable a un proxecto electrónico.
Coñecer os organismos reguladores principais.
Recompilar información sobre a regulamentación aplicable.
Contidos:
Regulamento de baixa tensión.
Regulamento de telecomunicacións.
Asociacións reguladoras nacionais e internacionais.
Criterios de avaliación:
Identifica os regulamentos aplicables a un proxecto.
Recompila a información necesaria acudindo as asociacións reguladoras
correspondentes.
U3.- Selección de compoñentes (8 horas – 10 sesións)
Obxectivos:
Coñecer as características principais das familias tecnolóxicas dixitais.
Coñecer as características principais dos compoñentes analóxicos.
Utilizar manuais para comparar as características de distintos produtos electrónicos.
Seleccionar os elementos do proxecto atendendo á súa idoneidade.
Contidos:
Compoñentes pasivos e as súas características
Programación Desenvolvemento de Proxectos de Produtos Electrónicos Curso 2010-2011 11
Compoñentes activos. Características
Sistemas de alimentación.
Circuítos dixitais. Características.
Microcontroladores. Características e criterios de selección.
Criterios de avaliación:
Selecciona os compoñentes analóxicos, dixitais e microprogramables axeitados
atendendo ás súas características e á natureza do proxecto.
U4.- Valoración de tempos e custos. Desenvolvemento dos esquemas
(5 horas – 6 sesións)
Obxectivos:
Realizar a análise temporal do proxecto.
Realizar a análise de custos do proxecto.
Contidos:
Valoración de tempos.
Análise de custos.
Desenvolvemento de esquemas. Diagramas de PERT e Gantt.
Criterios de avaliación:
Divide o proxecto nas etapas necesarias.
Especifica os tempos, custos e recursos necesarios para cada etapa.
Elabora e interpreta esquemas de análise de tempos e custos.
U5.- Simulación electrónica de circuítos (12 horas – 15 sesións)
Obxectivos:
Valorar a necesidade da simulación de circuítos para comprobar o correcto
funcionamento.
Manexar programas de simulación de circuítos analóxicos, dixitais e
microprogramados.
Interpretar correctamente os resultados da simulación para comparalos cos
desexados.
Modificar o deseño para adecuar o funcionamento aos parámetros requiridos.
Contidos:
Simulación de circuítos analóxicos.
Simulación de circuítos dixitais.
Simulación de circuítos microprogramables.
Criterios de avaliación:
Elabora os esquemas de circuítos utilizando os programas de simulación.
Analiza o funcionamento de circuítos analóxicos mediante programas informáticos de
simulación.
Programación Desenvolvemento de Proxectos de Produtos Electrónicos Curso 2010-2011 12
Analiza o funcionamento de circuítos dixitais mediante programas informáticos de
simulación.
Analiza o funcionamento de circuítos microprogramados mediante programas
informáticos de simulación.
Interpreta os resultados da simulación para modificar o deseño do proxecto.
U6.- Construción da maqueta electrónica. Técnicas de montaxes rápida
(4 horas – 5 sesións)
Obxectivos:
Coñecer as diversas formas de montaxe de prototipos electrónicos.
Montar circuítos electrónicos sobre placas de orificios.
Montar circuítos electrónicos sobre placas tradeadas.
Coñecer as técnicas de elaboración das placas de circuíto impreso.
Montar circuítos electrónicos sobre placas de circuíto impreso
Contidos:
Montaxe sobre placas de orificios.
Montaxe mediante wire-wrapping.
Montaxe en circuíto impreso.
Técnicas de elaboración de circuítos impresos.
Criterios de avaliación:
Monta e conecta correctamente os compoñentes utilizando placas de orificios.
Utiliza diversas técnicas para elaborar as placas de circuíto impreso.
Solda e fixa correctamente os compoñentes nas placas de circuíto impreso.
Utiliza correctamente a ferramenta axeitada.
Observa as medidas de seguridade necesarias para a elaboración das placas de
circuíto impreso.
U7.- Simulación e emulación de sistemas microcontrolados. Equipos de
desenvolvemento (38 horas – 45 sesións)
Obxectivos:
Coñecer distintas arquitecturas de microcontroladores.
Seleccionar o microcontrolador apropiado para unha aplicación.
Elaborar os programas necesarios para desenvolver un proxecto.
Programar microcontroladores utilizando linguaxe ensambladora e linguaxes de alto
nivel.
Simular mediante o software adecuado o funcionamento dos proxectos
microprogramados.
Gravar os elementos programables.
Utilizar os equipos de desenvolvemento para a emulación dos proxectos realizados.
Programación Desenvolvemento de Proxectos de Produtos Electrónicos Curso 2010-2011 13
Contidos:
Arquitectura Harvard e arquitectura von Newman.
Microprocesadores CISC e RISC.
Microcontroladores PIC.
Gamas dos microcontroladores PIC.
Programación de PIC de gama media.
Programación de PIC de gama alta.
Programación de PLD.
Simulación de dispositivos programables.
Equipos de desenvolvemento para dispositivos programables.
Criterios de avaliación:
Diferenza as arquitecturas e filosofías de construción dos dispositivos
microprogramables.
Selecciona o dispositivo programable adecuado para unha aplicación.
Elabora os programas necesarios utilizando linguaxes de alto e/ou baixo nivel.
Simula o comportamento dos dispositivos programables utilizando as ferramentas
software necesarias.
Utiliza programadores universais e/ou específicos para programar os dispositivos
programables.
Manexa os equipos de desenvolvemento de dispositivos microprogramados para
comprobar o seu funcionamento.
U8.- Probas e posta a punto dun equipo electrónico (10 horas – 12 sesións)
Obxectivos:
Realizar as probas necesarias para verificar o correcto funcionamento do equipo.
Manexar adecuadamente o instrumental necesario para realizar as medidas.
Interpretar correctamente as medidas obtidas.
Elaborar informes de comprobación dos equipos.
Contidos:
Métodos de medida en equipos electrónicos.
Instrumentación: polímetros, osciloscopios, analizadores lóxicos, xeradores de sinal,
frecuencímetros, medidor de campo, analizadores de espectro, …
Errores de medida. Calidade e fiabilidade.
Elaboración de informes de conformidade.
Criterios de avaliación:
Identifica os puntos de control para garantir o funcionamento correcto dos equipos.
Identifica o elemento de medida axeitado para cada caso.
Programación Desenvolvemento de Proxectos de Produtos Electrónicos Curso 2010-2011 14
Utiliza correctamente a instrumentación electrónica, realizando as medidas coa
precisión requirida.
Interpreta os resultados obtidos en relación coas características de calidade e
fiabilidade exixibles aos produtos.
Elabora informes de conformidade dos produtos.
U9.- Elaboración da documentación técnica e entrega de proxectos
(6 horas – 7 sesións)
Obxectivos:
Coñecer a documentación que debe acompañar o proxecto.
Elaborar a memoria descritiva do proxecto.
Facer os cálculos xustificativos dos custos.
Presentar os orzamentos.
Elaborar os planos e esquemas necesarios para o proxecto.
Contidos:
Documentación técnica do proxecto.
Memoria descritiva (obxecto, motivación, xustificación, normas e regulacións, análise
e descrición).
Cálculos xustificativos.
Prego de condicións (obxecto, aplicación, organización do traballo).
Orzamentos.
Planos e esquemas.
Criterios de avaliación:
Estrutura adecuadamente o proxecto no seus apartados principais.
Elabora correctamente a memoria descritiva.
Realiza os cálculos dos dispositivos empregados utilizando as expresións axeitadas.
Elabora o orzamento tendo en conta todos os elementos do proxecto.
Elabora os planos e esquemas necesarios tendo en conta os formatos normalizados.
U10.- Xestión e planificación de proxectos (8 horas – 10 sesións)
Obxectivos:
Coñecer as fases necesarias para desenvolver un produto electrónico.
Coñecer as especificacións que se deben definir no desenvolvemento dun proxecto
electrónico.
Coñecer a secuencia de fabricación dun proxecto electrónico.
Descompoñer nas actividades necesarias o proceso de desenvolvemento dun
produto electrónico.
Establecer correctamente a orde de execución das distintas actividades.
Utilizar o método PERT para a planificación de tempos e a avaliación de custos.
Programación Desenvolvemento de Proxectos de Produtos Electrónicos Curso 2010-2011 15
Utilizar os diagramas de Gantt como método de planificación.
Contidos:
Ciclo de desenvolvemento dun proxecto.
Definición e secuenciación das actividades.
Método PERT de planificación.
Diagramas de Gantt.
Criterios de avaliación:
Planifica correctamente a fabricación dun produto electrónico atendendo ás fases e
secuenciación correctas.
Define as especificacións que debe cumprir o proxecto.
Realiza a planificación de tempos e custos mediante o método PERT.
Elabora diagramas de Gantt tendo en conta os tempos e os recursos.
U11.- Xestión de custos (8 horas – 10 sesións)
Obxectivos:
Coñecer a clasificación dos custos de fabricación dun produto electrónico.
Coñecer as técnicas para establecer o custo de fabricación dun equipo electrónico.
Avaliar a rendibilidade da fabricación dun determinado equipo electrónico.
Contidos:
Clasificación dos custos.
Elementos que integran o custo dun equipo electrónico.
Técnicas de determinación do custo dun produto.
Rendibilidade de proxectos.
Criterios de avaliación:
Calcula o custo final dun proxecto electrónico aplicando as técnicas axeitadas.
Estuda e avalía a rendibilidade dun proxecto electrónico.
U12.- Control de compras e materiais (8 horas – 9 sesións)
Obxectivos
Coñecer as características que debe posuír un provedor.
Realizar os controis de calidade necesarios sobre os compoñentes adquiridos.
Seleccionar os provedores adecuados atendendo ás súas características.
Contidos
Características dos provedores.
Control de calidade de compoñentes.
Criterios de avaliación
Selecciona os mellores provedores para o proxecto.
Realiza os controis de calidade necesarios aos compoñentes adquiridos.
Xestiona adecuadamente o almacén de compoñentes e produto final.
Programación Desenvolvemento de Proxectos de Produtos Electrónicos Curso 2010-2011 16
U13.- Desenvolvemento dun proxecto electrónico de aplicación industrial
(30 horas – 36 sesións)
Neste proxecto reflectiranse todas as aprendizaxes das unidades anteriores, intervindo nel
tecnoloxías analóxicas, dixitais e de dispositivos microprogramables. Trátase dunha
recompilación dos procedementos das unidades didácticas anteriores, e é polo tanto un dos
obxectivos finais do módulo.
Criterios de avaliación
Elabora un proxecto electrónico tendo en conta os pasos necesarios e coa
documentación e grao de precisión esixido.
U14.- Desenvolvemento dun proxecto de aplicación electrónica no ámbito das
telecomunicacións. (30 horas – 36 sesións)
Nesta unidade englobaranse as aprendizaxes das unidades anteriores para elaborar un
proxecto relativo ao entorno das telecomunicacións, que englobe tecnoloxías
analóxicas, dixitais e sistemas microprogramables.
Criterios de avaliación
Elabora un proxecto electrónico tendo en conta os pasos necesarios e coa
documentación e grao de precisión esixido.
Programación Desenvolvemento de Proxectos de Produtos Electrónicos Curso 2010-2011 17
SECUENCIA E TEMPORALIZACIÓN
A maioría das unidades didácticas deste módulo correspóndense con outras pertencentes a
outros módulos do ciclo, e teñen polo tanto un carácter de recordatorio dos coñecementos e
destrezas adquiridas. Son propiamente deste módulo as relativas á documentación e
elaboración do proxecto, tanto nos aspectos de planificación temporal como de xestión de
custos. Como consecuencia, a secuencia das unidades didácticas non ten por que
corresponderse coa orde na que se presentan, agás naquelas relativas ao xa exposto de
planificación e documentación do proxecto.
A unidade U7 relativa a sistemas microcontrolados trátase en gran profundidade
como consecuencia da crecente penetración e utilización destes na electrónica. É unha
ampliación dos contidos do módulo de primeiro ano Lóxica dixital e microprogramable, e
pode abordarse en primeiro lugar dentro da secuenciación. As unidades 13 e 14,
plantexadas como proxectos, poden desenvolverse paralelamente ao desenvolvemento do
resto de unidades, crecendo a medida que se adquiren as capacidades necesarias para
desenvolvelas.
No referente á temporalización, dado que o módulo corresponde ao segundo curso
do ciclo, divídese en dous trimestres:
No primeiro trimestre incluiríanse as unidades didácticas 1 a 8, completando un
bloque no que se tratan sobre todo os aspectos tecnolóxicos do proxecto.
No segundo trimestre as unidades 9 a 14 tratarían os aspectos de planificación,
xestión e elaboración da documentación relativa a un proxecto, ademais da posta en
práctica mediante os proxectos correspondentes.
Para cada unha das unidades didácticas dáse unha duración que é puramente
estimativa, posto que os tempos de aprendizaxe son distintos para os distintos grupos de
alumnos/as, e dentro de cada un destes, para cada alumno/a individualmente.
METODOLOXÍA
A metodoloxía de traballo estará orientada a que os/as alumnos/as sexan capaces de
aprender por si mesmos/as, a potenciar a súa motivación e a conseguir a participación no
proceso de ensino-aprendizaxe.
A orientación do módulo á construción dos proxectos finais fai posible a utilización
deses proxectos como fío condutor para o desenvolvemento das unidades. Malia iso,
algunhas das unidades necesitan unha exposición de contidos por parte do profesor para
logo realizar actividades exemplificadoras, sempre con carácter práctico e en relación co
obxectivo final do desenvolvemento do proxecto.
As actividades realizaranse en grupos pequenos ou individualmente, dependendo da
súa complexidade, pero os resultados serán presentados individualmente.
Programación Desenvolvemento de Proxectos de Produtos Electrónicos Curso 2010-2011 18
MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS
Os materiais utilizados podemos dividilos en tres grupos principais:
Materiais para a obtención de información
Materiais para realización de actividades
Materiais para a construción, comprobación e simulación de circuítos
Materiais para a obtención de información
Os principais serán as explicacións e os apuntamentos elaborados polo profesor e os
libros de apoio recomendados para cada unidade didáctica. Ademais utilizaranse os
manuais dos fabricantes para obter a información necesaria sobre os compoñentes
necesarios e outros manuais e guías relacionados. Cando sexa posible utilizarase
unha versión informática destes materiais.
Materiais para a realización de actividades
Principalmente boletíns de problemas para a resolución e presentación individual e
as guías para a realización das prácticas.
Materiais para a construción, comprobación e simulación de circuítos
Para a montaxe dos circuítos utilizaremos os adestradores e equipos de
desenvolvemento específicos para cada caso, ou ben elaboraremos unha maqueta
co circuíto.
Para a comprobación do funcionamento empregaremos os instrumentos de medida e
comprobación normalmente utilizados en electrónica: polímetros, osciloscopios,
analizadores lóxicos, xeradores de sinal, frecuencímetros, medidor de campo,
analizadores de espectro, ...
Para a simulación de circuítos utilizaremos distintas ferramentas informáticas, e
tamén os equipos de desenvolvemento para elementos microprogramables.
Os recursos didácticos máis utilizados serán o ordenador e o canón proxector, para as
exposicións dos contidos das unidades didácticas e como ferramenta de uso individual para
a busca de información (mediante acceso a internet, por exemplo) e para a elaboración de
esquemas e a simulación de circuítos.
ORGANIZACIÓN DE ESPAZOS
O espazo idóneo para impartir este módulo é a aula-taller de electrónica, con amplitude
abonda para que cada alumno poida desenvolver as prácticas propostas utilizando todo o
instrumental necesario (adestrador, xeradores de funcións, instrumentos de medida),
ademais de espazo para almacenaxe de todos os equipos, materiais e ferramentas
necesarios. Debe posuír tamén un canón proxector para seguir as explicacións do profesor
e un ordenador por alumno, para a utilización das diversas ferramentas informáticas
necesarias para o desenvolvemento do módulo. Debe haber tamén unha conexión a Internet
para a busca de información na rede.
Programación Desenvolvemento de Proxectos de Produtos Electrónicos Curso 2010-2011 19
CRITERIOS DE AVALIACIÓN
Os criterios de avaliación establécense para cada unidade didáctica e teñen por obxecto
comprobar que os/as alumnos/as conseguen os obxectivos de cada unidade. Para o
conxunto do módulo os criterios son os que permiten comprobar que se acadan as
capacidades terminais elementais asociadas ao módulo:
Establecer respostas técnicas de aplicacións electrónicas por medio de
especificacións funcionais, empregando manuais e catálogos, escollendo os
materiais e compoñentes máis axeitados e seguindo a fiabilidade e os custos
establecidos.
Establecer convenientemente as especificacións técnicas de aplicacións electrónicas
partindo das especificacións funcionais seguindo os criterios de precisión requiridos.
Elaborar diagramas de bloques de aplicacións electrónicas por medio das
especificacións técnicas e funcionais, determinando os circuítos electrónicos que
poidan solucionar adecuadamente cada bloque funcional.
Efectuar os cálculos precisos para dimensionar os compoñentes por medio dos
esquemas, as especificacións e o grao de fiabilidade, facéndoo manualmente ou
mediante aplicacións informáticas.
Seleccionar convenientemente os compoñentes mediante documentación e manuais
técnicos, tendo en conta a dispoñibilidade e os custos no mercado.
Simular por medios informáticos os esquemas electrónicos, comprobando o
funcionamento coa fiabilidade esixida, a partir da documentación do proxecto.
Confeccionar os esquemas necesarios no soporte e coa representación normalizada,
e a lista de materiais precisos para a construción dunha maqueta, optimizando o
espazo e a distribución de compoñentes
Elaborar os programas de control de aplicacións resoltas con dispositivos
microprogramables utilizando a linguaxe adecuada.
Confeccionar o programa con comentarios en liña para garantir un adecuado
mantemento.
Montar as maquetas de aplicación electrónica, seleccionando os materiais
necesarios, preparando a ferramenta, distribuíndo os compoñentes, realizando os
cableados e interconexións e aplicando os procedementos adecuados.
Seleccionar a instrumentación común e específica necesarias para facer as
verificacións funcionais no banco de probas e medidas por medio das
especificacións e procedementos establecidos.
Establecer as probas de fiabilidade precisas para realizar nos prototipos de produtos
electrónicos especificadas no proxecto e no tipo de aplicación.
Programación Desenvolvemento de Proxectos de Produtos Electrónicos Curso 2010-2011 20
Elaborar a documentación técnica do proxecto incluíndo os planos, a lista de
materiais, os programas debidamente comentados, as probas, axustes e cálculos e
demais elementos precisos para a construción do prototipo da aplicación electrónica
desenvolta.
Establecer a asignación de tempos, custos, recursos materiais e humanos,
instrumentación e ferramentas necesarias en cada fase para a realización do
proxecto.
Co obxecto de garantir unha avaliación continua e formativa dividimos a avaliación
temporalmente en tres períodos:
Avaliación inicial, ao principio de curso, mediante unha proba básica e mediante
entrevista ou coloquio, para determinar o punto de partida de cada alumno/a.
Avaliación procesual, ao longo do curso, que permite ver a evolución individual e
tomar medidas correctivas para lograr os obxectivos.
Avaliación final, ao final do curso, no que se valoran os resultados obtidos tendo en
conta todo o proceso.
PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN
Para realizar a avaliación teranse en conta as actividades individuais realizadas, o informe-
memoria sobre as montaxes feitas, a desenvoltura realizando as actividades prácticas, as
probas individuais escritas e os proxectos finais obxecto do módulo. Tamén se valorarán
aspectos actitudinais de respecto aos compañeiros, interese por aprender, coidado do
material, cumprimento das normas, cooperación cos compañeiros…
CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN
A ponderación dos instrumentos de avaliación para a consecución da cualificación final é a
seguinte:
As probas escritas valóranse nun 20%
As actividades individuais e montaxes realizadas valóranse nun 30%
Os proxectos finais valóranse nun 40%
As actitudes valóranse nun 10%
AVALIACIÓN DA PRÁCTICA DOCENTE
Co obxecto de mellorar o proceso de ensino-aprendizaxe valoraremos tamén o labor
docente e a propia programación.
Para o labor docente podemos ter en conta:
Análise e aproveitamento das unidades didácticas
Relacións entre alumnado e docente
Para avaliar a programación:
Grao de aproveitamento e seguimento
Programación Desenvolvemento de Proxectos de Produtos Electrónicos Curso 2010-2011 21
Grao de adecuación ao currículo oficial
Adecuación á realidade socio-produtiva do entorno
Grao de adecuación ás características do grupo
MÍNIMOS EXIXIBLES
Os mínimos exixibles son os que se indican como obxectivos para as unidades didácticas
que desenvolven o currículo do módulo.
ACTIVIDADES DE RECUPERACIÓN
Distinguiremos dous tipos de actividades de recuperación:
Antes da avaliación final de módulo
A aqueles alumnos que, na evolución das unidades didácticas, non acaden os obxectivos
mínimos propostos, se lles proporán actividades de reforzo para lograr os obxectivos e se
lles permitirá facer unha proba escrita de recuperación para as dúas primeiras avaliacións.
Logo da avaliación final de módulo
Aos alumnos que non superen o módulo facilitaráselle material para que poidan traballar os
contidos e procedementos necesarios para conseguir unha avaliación positiva, facendo
fincapé naqueles nos que amosaban máis carencias.
Durante os períodos de recuperación establecidos, os alumnos poderán asistir ás
clases programadas para esa finalidade, onde se lles darán os apoios e materiais
necesarios para poder superar o módulo.
En calquera caso manteranse os mesmos criterios de avaliación, criterios de
cualificación e contidos mínimos exixibles para superar o módulo que se estableceron con
anterioridade.
ATENCIÓN DO ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO
EDUCATIVO
Neste apartado temos que ter en conta que, para o alumnado con necesidades educativas
especiais, unha vez comezado o curso e realizada a sesión de avaliación inicial, a dirección
do centro pode presentar, coa conformidade dos pais ou titores e xunto cun informe do
departamento de orientación, unha solicitude de flexibilización modular para cursar os ciclos
formativos en réxime ordinario de xeito fragmentado por módulos e cunha temporalización
distinta á establecida con carácter xeral. O servizo Provincial de Inspección remitiralle toda a
documentación ao delegado provincial, a quen corresponderá a autorización ou denegación
de dita flexibilización.
Á parte disto, para os alumnos que presenten necesidades educativas especiais, ou
que ben por outras circunstancias non acadasen os obxectivos mínimos propostos para as
unidades didácticas, actuarase da seguinte maneira:
Programación Desenvolvemento de Proxectos de Produtos Electrónicos Curso 2010-2011 22
Observación e valoración individual das deficiencias e os motivos que as
provocaron.
Adaptación das actividades naqueles aspectos concretos en que non foron
acadados os obxectivos.
Adaptación do ritmo de aprendizaxe para aqueles alumnos que non sexan
capaces de seguir o do resto da clase.