Proposición non de lei para o seu debate en Pleno.

4
Partido dos Socialistas de Galicia Grupo Parlamentario Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected] Á Mesa do Parlamento O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa da súa deputada e dos seus deputados Concepción Burgo López, Francisco Caamaño Domínguez e Ricardo Vicente Docasar Docasar, a través do seu portavoz e ao abeiro do disposto no artigo 160 do Regulamento da Cámara, presenta a seguinte proposición non de lei para o seu debate en Pleno. Exposición de motivos A Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia, localizada en Pontevedra, foi creada en 1991 e é a única que oferta esta titulación na nosa Comunidade Autónoma. A Escola depende da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e está englobada nas denominadas Ensinanzas Artísticas Superiores, e como tal está afectada polos problemas que se deron en torno ao título de grado outorgado polo Real decreto 1614/2009 e invalidado por sucesivas sentencias do Tribunal Supremo. Pero ademais, os estudos de Conservación e Restauración teñen uns problemas particulares, que realmente veñen dun pasado mais afastado, pero que a aplicación do Plan Bolonia e os sucesivos problemas co título de grao non fixeron máis que ampliar. En efecto, os estudos de Conservación e Restauración sofren dende fai moito tempo unha organización pouco usual que inclúe dúas vías para conseguir o título: a través das universidades e a través das Escolas Superiores. Antes da aplicación do Plan Bolonia, as universidades outorgaban o título de licenciado e as escolas o equivalente a diplomado, sendo diferente, loxicamente, a duración dos estudos. Pero agora estas diferenzas desapareceron e as Escolas Superiores, entre elas claro está a galega, están sufrindo de forma directa a forte competencia das universidades que implantaron o título de grao en Conservación e Restauración de Bens Culturais. Así, as universidades de Granada, Sevilla, Valencia, Complutense de Madrid e a de Barcelona entre outras, imparten

Transcript of Proposición non de lei para o seu debate en Pleno.

Page 1: Proposición non de lei para o seu debate en Pleno.

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa da súa

deputada e dos seus deputados Concepción Burgo López, Francisco

Caamaño Domínguez e Ricardo Vicente Docasar Docasar, a través do

seu portavoz e ao abeiro do disposto no artigo 160 do Regulamento da

Cámara, presenta a seguinte proposición non de lei para o seu debate en

Pleno.

Exposición de motivos

A Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de

Galicia, localizada en Pontevedra, foi creada en 1991 e é a única que oferta

esta titulación na nosa Comunidade Autónoma.

A Escola depende da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación

Universitaria e está englobada nas denominadas Ensinanzas Artísticas

Superiores, e como tal está afectada polos problemas que se deron en torno

ao título de grado outorgado polo Real decreto 1614/2009 e invalidado por

sucesivas sentencias do Tribunal Supremo.

Pero ademais, os estudos de Conservación e Restauración teñen uns

problemas particulares, que realmente veñen dun pasado mais afastado,

pero que a aplicación do Plan Bolonia e os sucesivos problemas co título de

grao non fixeron máis que ampliar.

En efecto, os estudos de Conservación e Restauración sofren dende fai

moito tempo unha organización pouco usual que inclúe dúas vías para

conseguir o título: a través das universidades e a través das Escolas

Superiores. Antes da aplicación do Plan Bolonia, as universidades

outorgaban o título de licenciado e as escolas o equivalente a diplomado,

sendo diferente, loxicamente, a duración dos estudos.

Pero agora estas diferenzas desapareceron e as Escolas Superiores, entre

elas claro está a galega, están sufrindo de forma directa a forte competencia

das universidades que implantaron o título de grao en Conservación e

Restauración de Bens Culturais. Así, as universidades de Granada, Sevilla,

Valencia, Complutense de Madrid e a de Barcelona entre outras, imparten

Page 2: Proposición non de lei para o seu debate en Pleno.

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

o titulo de grao con unha carga docente de 240 ECTS e unha duración de 4

anos. Exactamente a mesma carga docente e duración que teñen os estudos

na Escola Superior de Pontevedra, pero mentres o título das universidades

é un título de grao universitario, as escolas outorgan un título Superior en

Conservación e Restauración que ten a equivalencia ao grao, pero que non

é un título universitario, ao contrario ten un status xurídico feble e, ao ter

un réxime non universitario, as condicións de alumnos e profesores son

moi distintas.

Isto provoca que cada vez máis alumnos e alumnas opten por cursar un

grao universitario e non os estudos dunha escola. En efecto, as estatísticas

dos últimos anos demostran que está crecendo o número de estudantes dos

graos universitarios en Conservación e Restauración de todas as

universidades que o ofertan, mentres que nas escolas non se chega a cubrir

totalmente a oferta de prazas.

A Escola de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia ten

unha excelente reputación pola súa longa experiencia e polo bo traballo que

realiza do que dá fe a contratación dos seus alumnos e alumnas nalgúns dos

mellores museos e centros de arte do mundo, así como os convenios

realizados tanto ca Xunta de Galicia, ca igrexa, os concellos e outros

propietarios de bens culturais para a realización de labores de conservación

e restauración de pezas artísticas de todas as épocas e xéneros, labor, que

por certo, realizan de balde.

Non podemos permitir que a esta escola e estes estudos continúen

aumentando os seus problemas e incluso corran o risco de non sobrevivir.

Os estudos de Conservación e Restauración teñen unha grande importancia

para a preservación do nosos patrimonio histórico e artístico o que é unha

obriga das administracións públicas.

Para conseguir o mantemento e consolidación da Escola Superior e en

Conservación e Restauración de Bens Culturais creemos que é

absolutamente necesario que sexa integrada, no menor tempo posible, no

Sistema Universitario de Galicia, independentemente das decisións que se

tomen en torno as Ensinanzas Artísticas Superiores, cuxas reclamacións

apoiamos. As características propias destes estudos tal como explicamos, e

a forte e xa activa competencia das universidades fronte a Escola Superior

fai esta integración esencial e urxente.

Page 3: Proposición non de lei para o seu debate en Pleno.

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Por todo o exposto, o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

presenta a seguinte proposición non de lei para o seu debate en Pleno:

O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a tomar as medidas

necesarias para integrar, no menor tempo posible, a Escola Superior

de Conservación e Restauración de Bens Culturais no Sistema

Universitario de Galicia para que acade o nivel académico que lle

corresponde pola importancia social dos estudos e da titulación que

imparte, e se poda garantir desta maneira a súa continuidade,

consolidación e ampliación.

Pazo do Parlamento, 17 de marzo de 2015

Asdo.: Concepción Burgo López

Francisco Caamaño Domínguez

Ricardo Vicente Docasar Docasar

Deputada e deputados do G.P. dos Socialistas de Galicia

Asdo.: José Luis Méndez Romeu

Portavoz do G.P. dos Socialistas de Galicia

Page 4: Proposición non de lei para o seu debate en Pleno.

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Asinado dixitalmente por:

María Concepción Burgo López na data 17/03/2015 13:40:53

Francisco Manuel Caamaño Domínguez na data 17/03/2015 13:40:58

Ricardo Vicente Docasar Docasar na data 17/03/2015 13:41:02

Jose Luis Méndez Romeu na data 17/03/2015 13:41:07