PROPOSTA PEDAGÓXICA PROCESO DE FAMILIARIZACIÓN … · En moitos dos casos vai supor tamén a...

10
PROPOSTA PEDAGÓXICA PROCESO DE FAMILIARIZACIÓN Á ESCOLA INFANTIL

Transcript of PROPOSTA PEDAGÓXICA PROCESO DE FAMILIARIZACIÓN … · En moitos dos casos vai supor tamén a...

PROPOSTA PEDAGÓXICA PROCESO DE FAMILIARIZACIÓN Á ESCOLA INFANTIL

CONTEXTUALIZACIÓN

A participación da familia na proposta educativa dun centro é garantía de eficacia da acción educativa. Un dos nosos principios pedagóxicos é a escola aberta á comunidade, onde as familias participan activamente no centro para un maior coñecemento da infancia.

Podemos falar de dous momentos fundamentais que son a base dunha boa relación coas familias: o período de adaptación e os contactos diarios. Intentaremos neste documento recoller a nosa idea á hora de establecer estes dous momentos que forman parte do proceso de familiarización á escola infantil.

PERÍODO DE ADAPTACIÓN

Que é o período de adaptación?O período de adaptación é o intervalo de tempo que as nenas e os nenos precisan para asimilar os cambios que se producen na súa vida cando se incorporan á escola.En moitos dos casos vai supor tamén a primeira separación das figuras de apego.

Para evitar que esta separación produza anguria, convidamos ás familias a que acompañen ás súas fillas e aos seus fillos para que se sintan máis seguras e favorecer a súa curiosidade e interese innato pola exploración, ampliando así os seus coñecementos e relacións sociais.

Cando remata o período de adaptación?Cando a nena ou neno acepta á súa mestra como interlocutora dos seus xogos, cando aceptan a súa axuda e a fan cómplice das súas emocións.

Escola Infantil TuiR/Colón s/n 36700

[email protected]: 986 60 71 49 /638299553

Cal é o noso obxectivo para o período de adaptación?

Planificar o período de xeito que permita á nena e ao neno vivir a incorporación á escola como unha conquista e non como unha separación imposta.

Como imos facer para conseguilo?

• Incorporación progresiva.

• Presenza da persoa de referencia na aula.

• Organización do espazo que permita a visibilidade por parte da crianza do adulto de referencia.

• O rol do adulto de referencia como facilitador da transición entra a casa e a escola.

• O rol do educador como adulto que agarda pacientemente ás propias iniciativas da nena e do neno.

Incorporación progresiva

Os primeiros días de escola as nenas e nenos veñen acompañados por un familiar de referencia (nai, pai, avó,..) que permanecerá na aula con el durante un pequeno período de tempo, entre media hora e unha hora os primeiros días. Este tempo irá aumentando progresivamente segundo vaiamos valorando as interaccións da nena ou neno.

Rol do adulto de referencia

A nai, pai ou familiar que acompañeá nena ou neno estes primeiros días debe manter unha actitude tranquila e relaxada, sen forzar situacións quea crianza non demande.

Escola Infantil TuiR/Colón s/n 36700

[email protected]: 986 60 71 49 /638299553

Rol da educadora.

Permanecerá dispoñible e receptiva ásnecesidades e intereses da nena e do neno. Unha actitude de espera e observación, evitando invadir os espazos e as accións da pequena ou pequeno.

Que nos axuda a facilitar o período de adaptación?

• Levantalo con tempo para non andar ás carreiras e chegar relaxados á escola.

• Trasladar mensaxes positivas e realistas da escola.

• Respectar os horarios de entrada e de saída.

• Á hora de deixar á nena e ao neno na aula despedirse afectiva e brevemente, con consignas que se vaian cumprir (p.e: Vou traballar, despois de comer volvo).

• Dar información ao profesorado que facilite o coñecemento da nena ou neno.

• Agardar aos momento máis axeitados para o intercambio de información para non rachar a dinámica da aula.

Entendemos o período de adaptación como un proceso con distintos momentos, con paradas e con avances, xa que é certo que o ser humano se adapta, é capaz de facer súa calquera situación.

É a maneira de vivir os cambios o que marca a diferenza hai tantas maneiras de familiarizarnos coa nova situación como nenas e nenos, familias e educadoras convivimos na escola.

Escola Infantil TuiR/Colón s/n 36700

[email protected]: 986 60 71 49 /638299553

ENTREVISTA INICIAL

Os obxectivos das entrevistas iniciais coas familias de nova incorporación son:

• Coñecer á nova nena ou neno en todos os aspectos do seu desenvolvemento, así como o seu contexto familiar.

Xunto coas familias cúbrese un pequeno cuestionario onde se recolle a información que nos permite coñecer á nova nena ou neno.

Nesa entrevista é importante acordar a forma de proceder na entrada e na recollida, que esperamos deles e que poden esperar de nós (desenvolvido neste mesmo documento noutro apartado).

O noso rol no transcurso da entrevista: escoitar e informar. Evitarase en todo momento xulgar as actuacións e información que as familias nos faciliten xa que a educación debe ser unha tarefa compartida entre a casa e a escola.

ACOLLIDA E RECOLLIDA. O CONTACTO DIARIO.

Aspectos que inflúen no contacto diario:

COLO Nas nenas e nenos que non camiñan a indicación será que a persoa de referencia deixa directamente na zona de xogo.

No caso das nenas e nenos maiores a indicación será que entren na aula polo seu propio pe.

Facilitar a despedida, a incorporación da crianza ao xogo. Deste xeito a nena e o neno poden escoller cara onde ir.

AXENDA É unha ferramenta de información por iso é importante que as familias teñan o hábito de consultala.Non é viable informar nos contacto diarios como comeu, durmiu, xogou cada neno,... as familias deben saber cales son as outras canles (axenda, correo electrónico, taboleiro, titorías,...).

Pola nosa banda en situacións específicas debemos atender á demanda das familias de información sobre calquera aspecto do desenvolvemento da nena e do neno.

Información específica da nena e do neno.

Escola Infantil TuiR/Colón s/n 36700

[email protected]: 986 60 71 49 /638299553

XOGUETES TRANSCIÓN* definir obxecto de transción

O obxecto de transición é necesario traelo á escola.

Outros obxectos ou materiais poden ser de utilidade para favorecer o vínculo entre a escola e a casa (un conto, fotos,...)

No caso doutros xoguetes é preferible que non os traian para evitar conflitos innecesarios.

Seguridade afectiva.

CHUPETE No caso dos chupetes atenderase nos primeiros días á necesidade individual de cada nena e neno e procurarase unha vez adaptado o neno á escola que esa necesidade sexa cada vez menor.

Evitaremos dar o chupete por sistema, cambio de xogo, xoguetes ou material será a nosa primeira resposta á demanda do chupete en nenas e nenos maiores.No caso dos bebés haberá que valorar se realmente é esa a necesidade (fame, sono,..)

Seguridade afectiva.

O SAÚDO

O momento da entrada da nena ou neno coa súa familia ou cando a familia chega a recoller á nena ou neno é de especial importancia para establecer unha boa relación de confianza, cordialidade e empatía, polo que, ao noso xuízo valoramos que as características deste saúdo sexan:

Individualizado. Cada nena e neno debe ser saudado. É o xeito de axudarlle a que se identifique como persoa.

Personalizado. Saudar polo nome, ter datos das súas preferencias, das súas vivencias,...isto axudaranos a establecer o vínculo de confianza necesario.

Outras das características que deben acompañar ao saúdo é que sexa afectuoso, alegre e tranquilo. Todo dentro dun hábito de normalidade e sen caer na esaxeración (expresións verbais moi esaxeradas, elevación do ton de voz,...)

Escola Infantil TuiR/Colón s/n 36700

[email protected]: 986 60 71 49 /638299553

Comúns á entrada e á saída:

.- Información concreta do neno é un momento individual, polo que se evitará dar información diante doutras familias que poida ser sensible e persoal( comportamento, saúde,...)

.- No momento de maior afluencia na chegada e na despedida debemos coa parella planificar actividades que nos dean certa liberdade de movemento para atender a demanda da familia.

.- A coordinación e planificación destes momentos coa parella educativa é de vital importancia para desenvolver os roles necesarios que nos permitan que a entrada e a saída sexa un momento tranquilo e relaxado e non supoña unha ruptura da actividade das nenas e nenos que xa están no centro ou continúan.

SITUACIÓN ESTRATEXIA

Dúas educadoras – Unha familia Unha educadora recibe e atende as necesidades da nena e neno que chega a outra educadora atende ao resto de nenas e nenos.

Dúas educadoras - Dúas familias Unha educadora recibe e atende as necesidades da nena e neno que chega a outra educadora atende ao resto de nenas e nenos. A outra familia agarda.

Escola Infantil TuiR/Colón s/n 36700

[email protected]: 986 60 71 49 /638299553

Unha educadora -Unha familia A educadora atende á familia sen perder o campo de visión das nenas e nenos. As familias teñen que aprender a recoñecer a situación e axudar na incorporación da súas fillas e fillos á actividade sen romper a dinámica.A planificación das actividades dos tempos de maior acollida e recollida será flexible e permitirá que a educadora poida saír do xogo (non sería conveniente por exemplo, contar contos, cantar, pintar con pintura de dedos,...).

Unha educadora – Varias familias A educadora atende á familia sen perder o campo de visión das nenas e nenos. As familias teñen que aprender a recoñecer a situación e axudar na incorporación da súas fillas e fillos á actividade sen romper a dinámica.A planificación das actividades dos tempos de maior acollida e recollida será flexible e permitirá que a educadora poida saír do xogo (non sería conveniente por exemplo, contar contos, cantar, pintar con pintura de dedos,...).

Escola Infantil TuiR/Colón s/n 36700

[email protected]: 986 60 71 49 /638299553

PLAN DE COMUNICACIÓN COA FAMILIA. CANLES DE COMUNICACIÓN

Para desenvolver estes aspectos apoiámonos nun plan de comunicación coas familias que queda recollido na Programación Xeral Anual.

“3.2.1. Canles de comunicación.

As canles de comunicación establecidas na escola para unha óptima relación e comunicación coas familias son as recollidas no RRI no Capítulo VII no seu artigo 30. Participación da familias. A maiores foméntase a comunicación, participación e colaboración das familias a través de:

• Representantes das familias para o Consello Escolar..• Todas as recollidas no RRI no seu artigo 30. Participación das familias.

Por parte da escola as ferramentas de comunicación empregadas son as seguintes:

• Taboleiros de información xeral nas entradas das aulas• Axenda diaria con información individual relativa a cada crianza• Correo electrónico : envío de circulares informativas sobre avisos de

interese ou relativa ás actividades que se van desenvolver na escola.• Contactos diarios: fundamentais para coñecer información de interese

para ambas partes, familia e escola, sobre cada crianza.• Teléfono: avisos puntuais por ambas partes.• Charlas informativas sobre algún aspecto do desenvolvemento da

crianza.”

Escola Infantil TuiR/Colón s/n 36700

[email protected]: 986 60 71 49 /638299553

Taboleiros de información Na entrada de cada aula a escola dispón dun panel onde as familias atopan información puntual das actividades do día e outros relacionados cos avisos administrativos.

Axenda diaria Recollen datos máis persoais da nena e do neno e temos como obxectivo recoller os datos máis significativos do desenvolvemento xeral da nena e do neno. aínda que resulta moi complexo polo número de nenas e nenos de cada aula.

Correo electrónico Envío de circulares e notas informativas relacionadas coas propostas de actividade ou avisos administrativos.

Contactos diarios: Dada a importancia deste momento faise unha proposta específica para este punto.

Teléfono Avisos puntuais.

Charlas informativas Recollidas as propostas na PXA

Titorías A demanda da familia ou da propia escola sempre que se considere necesario.

Xuntanzas Tres reunións ao ano para falar de aspectos xerais do desenvolvemento das nenas e dos nenos. Con temáticas específicas segundo o grupo de idade.

Escola Infantil TuiR/Colón s/n 36700

[email protected]: 986 60 71 49 /638299553