PROTOCOLO DE COLABORACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO DA CAMPAÑA EN NEGRO CONTRA...
Transcript of PROTOCOLO DE COLABORACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO DA CAMPAÑA EN NEGRO CONTRA...
PROTOCOLO DE COLABORACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO DA CAMPAÑA EN NEGRO CONTRA AS VIOLENCIAS 2017
En Santiago de Compostela, a 15 de novembro de 2017, reúnense as persoas representantes dos concellos e deputacións que a continuación se relacionan:
Alfoz, Allariz, Ames, Ares, Barro, Becerreá, Betanzos, Burela, Caldas de Reis, Camariñas, Cambados, Cambre, Cangas, Carballo, Cariño, Castrelo de Miño, Castroverde, Cedeira, Cee, Cerdido, Corcubión, O Corgo, Coristanco, A Coruña, Culleredo, Cuntis, Ferrol, Fisterra, Gondomar, Láncara, Lourenzá, Lugo, Manzaneda, Mañón, Meira, Moeche, Mondariz, Mugardos, Muros, Muxía, Narón, Neda, As Neves, Nigrán, Oroso, Ortigueira, Pazos de Borbén, A Pobra do Caramiñal, Pobra de Trives, As Pontes de García Rodríguez, Poio, Pontecesures, Pontedeume, Rábade, Rianxo, Ribadeo, Ribadumia, Sada, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, San Sadurniño, Santa Comba, Santiago de Compostela, Sarria, Silleda, Teo, Tomiño, Tui, Val do Dubra, Vilagarcía de Arousa, Vilalba, Vilar de Santos, Vimianzo, Viveiro, Zas
Deputación da Coruña, Deputación de Lugo, Deputación de Pontevedra
En virtude da súa representación recoñécense mutuamente con capacidade abonda para asinar este protocolo de colaboración e
EXPOÑEN
Que o 17 de decembro de 1999 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas declarou o 25 de novembro como Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, convidando a gobernos, organizacións internacionais e organizacións non gobernamentais a desenvolver actividades dirixidas a sensibilizar á poboación respecto da situación de violencia na que viven moitas mulleres. Que a violencia de xénero é unha realidade estructural e multidimensional (física, económica, psicolóxica ou sexual) e un fenómeno global desde o punto de vista territorial, social, económico e cultural. Que a violencia de xénero é a expresión máis extrema das desigualdades sociais que viven as mulleres polo feito mesmo de selo, unha desigualdade silenciada, agochada e, en moitos, casos normalizada. Que a Lei Orgánica 1/2004, de 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero, prevé no seu artigo 3.2 que os poderes públicos, no marco das súas compentencias, impulsen campanas de informacion e sensibilizacion especificas co fin de previr a violencia de xenero. Do mesmo xeito, a Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero formula no Capítulo I medidas de sensibilización contra a violencia de xénero e no artigo 6 o deseño, elaboracion e difusion de campanas para tal fin. Que o VI Plan galego para a igualdade entre mulleres e homes establece como obxectivo operativo impulsar a prevención de situacións xeradoras de violencia de xénero en todas as súas formas e ámbitos así como tamén inclúe medidas para a realización de xornadas, charlas, obradoiros, exposicións e outras actividades que acheguen ao conxunto da cidadanía información sobre a violencia de xénero e as súas manifestacións. Que, ante os datos rexistrados na última década, 45 asasinadas por violencia machista en Galicia e 634 en España segundo o Instituto de la Mujer, así como o aumento da vulnerabilidade fronte á violencia de xénero das mulleres a idades cada vez máis temperás, cómpre actuar a través do desenvolvemento de programas e accións de prevención e sensibilización. Que, ao abeiro do anterior, da demais lexislación aplicable e dos plans e normas que cada unha das entidades asinantes teñen aprobados, especialmente os Plans Municipais para a Igualdade entre Mulleres e Homes, todos os concellos veñen desenvolvendo liñas de actuación, de xeito autónomo ou en colaboración con outras entidades, destinadas a promover a prevención de todas as formas de violencia contra as mulleres e as suas fillas e fillos, dentro das cales se inclue o obxecto deste protocolo. Con base nestas consideracións
ACORDAN
Primeiro
Asinar este protocolo de colaboración para a organización conxunta dunha campaña de sensibilización no marco do día internacional contra a violencia de xénero, 25 de novembro de 2017, baixo a denominación En Negro Contra as Violencias.
Segundo
Os obxectivos desta campaña son: y Fomentar unha acción de sensibilización cidadá contra as violencias machistas no ámbito municipal a
través da coordinación entre concellos moi diversos e de diferentes cores políticas. y Implicar ao tecido económico, asociativo, educativo, deportivo, social e cultural, así como a toda a
cidadanía, nunha resposta colectiva de rexeitamento da violencia de xénero e dos asasinatos machistas. y Identificar, transmitir e incidir nos comportamentos e expresions verbais que estan detras da violencia de
xenero a traves do uso de materiais de campana especificos por parte da cidadania, establecementos comerciais e axentes sociais.
Terceiro
De cara a cumprir os obxectivos organizaranse coordinadamente as seguintes accións: y Promover a implicación dos axentes sociais e económicos municipais para tinguir de negro as vilas e
cidades galegas, para vestir loito en sinal de dor por todas as mulleres que sofren violencia machista e como resposta á máis dura das súas consecuencias: a morte.
y Coordinación técnica xeral para promover o desenvolvemento da campaña. y Deseño global e adaptación da imaxe da campaña a cada concello. Desenvolvemento do proxecto en
diferentes soportes. y Dominio web ennegrocontraasviolencias.gal. y A web contará cos seguintes apartados: Mapa, Descargas, Novas, Foro, Prensa, Preguntas frecuentes
e Colleita. y Estratexia de márketing para as Redes Sociais durante os meses de setembro, outubro e novembro
a través de: deseño da estratexia, deseño do plan de contidos, xestión de redes (Facebook, Twitter e Instagram), análise de resultados e informe.
y Posicionamento da campaña a través da colaboración dos medios de comunicación.
Cuarto
a. A Deputación da Coruña comprométese a editar e distribuír, segundo os seu criterio, material da campaña En Negro Contra as Violencias entre os concellos da provincia da Coruña adheridos, tendo en conta a dispoñibilidade orzamentaria.
b. A Deputación de Lugo comprométese a editar e distribuír, segundo os seu criterio, material da campaña En Negro Contra as Violencias entre os concellos da provincia de Lugo adheridos, tendo en conta a dispoñibilidade orzamentaria.
c. A Deputación de Pontevedra comprométese a editar e distribuír, segundo os seu criterio, material da campaña En Negro Contra as Violencias entre os concellos da provincia de Pontevedra adheridos, tendo en conta a dispoñibilidade orzamentaria.
Quinto
A interlocución necesaria para a xestión e organización do proxecto realizarase a través dos departamentos de igualdade, centros de información ás mulleres ou outros departamentos en quen delegue a representación de cada entidade.
Sexto
As imaxes que se deseñen para o proxecto serán de código aberto e acceso libre para toda a poboación, estarán libres de dereitos e de propiedade intelectual e poñeranse a disposición da cidadanía a través da web da campana ennegrocontraasviolencias.gal. Esas seran as unicas imaxes oficiais da campana e estarán suxeitas a unha licencia CCC.
Recoñecemento – NonComercial – CompartirIgual (by-nc-sa): Débese recoñecer axeitadamente a súa autoría, non se permite un uso comercial da obra orixinal nin das posibles obras derivadas, a súa distribución debe facerse cunha licenza igual á que regulamenta a obra orixinal.
Sétimo
O presente protocolo de colaboración abrangue, en especial, os meses de setembro a novembro de 2017, podendo estenderse a outras accións de coordinación, presentación de resultados, e avaliacións posteriores relacionadas co desenvolvemento da campaña En Negro Contra as Violencias.
Oitavo
Para a efectividade deste protocolo, cada entidade deberá tomar os acordos internos que correspondan consonte á normativa, nomeadamente no que toca á disposición dos gastos necesarios para o desenvolvemento das accións previstas. En caso de que algunha entidade non complete este proceso, quedará fóra das actuacións conxuntas.
En proba de conformidade e para a debida constancia, asinan este protocolo no lugar e data sinalados ao comezo.
1. Alfoz
Nome:
Cargo:
2. Allariz
Nome:
Cargo:
3. Ames
Nome:
Cargo:
4. Ares
Nome:
Cargo:
5. Barro
Nome:
Cargo:
6. Becerreá
Nome:
Cargo:
7. Betanzos
Nome:
Cargo:
8. Burela
Nome:
Cargo:
9. Caldas de Reis
Nome:
Cargo:
10. Camariñas
Nome:
Cargo:
11. Cambados
Nome:
Cargo:
12. Cambre
Nome:
Cargo:
13. Cangas
Nome:
Cargo:
14. Carballo
Nome:
Cargo:
15. Cariño
Nome:
Cargo:
16. Castrelo de MIño
Nome:
Cargo:
17. Castroverde
Nome:
Cargo:
18. Cedeira
Nome:
Cargo:
19. Cee
Nome:
Cargo:
20. Cerdido
Nome:
Cargo:
21. Corcubión
Nome:
Cargo:
22. O Corgo
Nome:
Cargo:
23. Coristanco
Nome:
Cargo:
24. Coruña
Nome:
Cargo:
25. Culleredo
Nome:
Cargo:
26. Cuntis
Nome:
Cargo:
27. Ferrol
Nome:
Cargo:
28. Fisterra
Nome:
Cargo:
29. Gondomar
Nome:
Cargo:
30. Láncara
Nome:
Cargo:
31. Lourenzá
Nome:
Cargo:
32. Lugo
Nome:
Cargo:
33. Manzaneda
Nome:
Cargo:
34. Mañón
Nome:
Cargo:
35. Meira
Nome:
Cargo:
36. Moeche
Nome:
Cargo:
37. Mondariz
Nome:
Cargo:
38. Mugardos
Nome:
Cargo:
39. Muros
Nome:
Cargo:
40. Muxía
Nome:
Cargo:
41. Narón
Nome:
Cargo:
42. Neda
Nome:
Cargo:
43. Neves
Nome:
Cargo:
44. Nigrán
Nome:
Cargo:
45. Oroso
Nome:
Cargo:
46. Ortigueira
Nome:
Cargo:
47. Pazos de Borbén
Nome:
Cargo:
48. Pobra do Caramiñal
Nome:
Cargo:
49. Pobra de Trives
Nome:
Cargo:
50. As Pontes de García Rodríguez
Nome:
Cargo:
51. Poio
Nome:
Cargo:
52. Pontecesures
Nome:
Cargo:
53. Pontedeume
Nome:
Cargo:
54. Rábade
Nome:
Cargo:
55. Rianxo
Nome:
Cargo:
56. Ribadeo
Nome:
Cargo:
57. Ribadumia
Nome:
Cargo:
58. Sada
Nome:
Cargo:
59. Salceda de Caselas
Nome:
Cargo:
60. Salvaterra de Miño
Nome:
Cargo:
61. San Sadurniño
Nome:
Cargo:
62. Santa Comba
Nome:
Cargo:
63. Santiago de Compostela
Nome:
Cargo:
64. Sarria
Nome:
Cargo:
65. Silleda
Nome:
Cargo:
66. Teo
Nome:
Cargo:
67. Tomiño
Nome:
Cargo:
68. Tui
Nome:
Cargo:
69. Val do Dubra
Nome:
Cargo:
70. Vilagarcía de Arousa
Nome:
Cargo:
71. Vilalba
Nome:
Cargo:
72. Vilar de Santos
Nome:
Cargo:
73. Vimianzo
Nome:
Cargo:
74. Viveiro
Nome:
Cargo:
75. Zas
Nome:
Cargo:
Deputación da Coruña
Nome:
Cargo:
Deputación de Lugo
Nome:
Cargo:
Deputación de Pontevedra
Nome:
Cargo: