Proxecto antártida
-
Upload
yolanda-castro -
Category
Education
-
view
61 -
download
2
Transcript of Proxecto antártida
A palabra Antártida provén do idioma grego, de antarktikos, que significa “oposto ao Ártico”.
Á súa vez, ártico provén do vocábulo grego arktikos, cuxo significado é “da Osa”, en referencia á
constelación boreal chamada Osa Menor, na que se atopa a Estrela Polar, que sinala o polo norte. Por tanto,
antarktikos significa “oposto á Osa”; é dicir, alude ao polo sur, que está situado na Antártida.
A Antártida é o continente máis frío, máis seco, máis ventoso e con maior altura media do planeta.
Foi o último continente alcanzado polos seres humanos e carece de poboación nativa. Ademais, é un dos lugares
más inhóspitos e inaccesibles do mundo.
A Antártida ten un papel crave no funcionamento do clima do planeta Terra. Porque é o único lugar que se
conserva sen apenas influencia da actividade humana, e constitúe, así, un laboratorio natural privilexiado.
No seu xeo gárdase información sobre o pasado do clima da Terra que nos axuda a comprender o actual
cambio climático.
É o único lugar do mundo onde nunca se produciu un conflito bélico, e decidiuse internacionalmente dedicalo á
paz, a ciencia e a cooperación.
Todos podemos coñecer a importancia da Antártida e contribuír a conservala.
A ANTÁRTIDA: O CONTINENTE XEADO
XEO Aproximadamente 2 km de grosor medio sobre o continente (cuns 14 millóns de km2 de superficie).
O mar xeado chega a superar no inverno o tamaño do continente.
Groso recubrimiento de xeo sobre Groenlandia e predominio de mar
xeado sobre o océano Ártico.
LIMITES NATURAIS Converxencia antártica (aproximadamente 60° S).
Isoterma de 10 °C do mes de xullo, que se corresponde co límite da
tundra (caracterizada pola ausencia de árbores).
TEMPERATURA MEDIA ANUAL -51º Centígrados -18 º Centígrados
TEMPERATURA MÍNIMA REXISTRADA -89º Centígrados -73º Centígrados
FAUNA E FLORA Non hai mamíferos terrestres. Hai só dúas especies de plantas
vasculares.
Abundan os mamíferos terrestres. Hai numerosas especies de plantas
vasculares.
POBOACIÓN E ACTIVIDADES HUMANAS Non preexiste poboación nativa. Hai só bases científicas.
Desenvólvense, fundamentalmente, actividades científicas. Todas as actividades (loxística, turismo?) están reguladas polo Sistema do
Tratado Antártico.
Existen pobos nativos. Hai cidades e actividades
económicas (pesca, minería, industria, turismo).
Abarca un continente rodeado por extensas áreas oceánicas.
Abarca un océano rodeado por continentes..
ANTÁRTIDA ÁRTICO
Francisco Javier Cristobo Rodríguez é aresán,
ademáis de biólogo e investigador, e traballa na
actualidade como director do Centro
Oceanográfico de Gijón (unha rede de centros
española onde investíganse cuestións do medio
mariño). Ademais leva anos viaxando á base
española na Antártida para realizar diversas
actividades investigadoras. Forma parte dun
apaixonante proxecto chamado Actiquim que ten
como misión, buscar produtos naturais de orixe
mariño que teñan principios activos para elaborar
fármacos que axuden a loitar contra doenzas e
enfermidades do home.
Un dos cometidos do noso investigador aresán é o de se mergullar nas xélidas augas da
Antártida para recoller diferentes invertebrados mariños cos cales experimentarán no barco
ou na estación investigadora que hai en Terra. Imaxinade o fría que está a auga, que ás veces
está por embaixo dos 0º C.
O noso amigo Javier, que actualmente ostenta o récord do galego con
máis inmersións na Antártida, relataba así a súa primeira experiencia
mergullando en augas antárticas:
“É a primeira vez, o meu bautismo polar, e xusto antes de entrar, as dúbidas e os
nervios déixanse notar. A inexperiencia e o descoñecido arroxan inseguridade ás miñas
accións. A primeira impresión é de dor, dor ao sentir a auga xeada cortando como
coitelos afiados a miña cara... e o primeiro que pasa pola miña mente é gritar,
blasfemar e pensar que ninguén pode resistir esa puñada xélida... Aos poucos
segundos, unha vez mergullado baixo a auga, todo pasa e esquéceste. Aínda non
descubrín si é pola emoción ou é que do frío quédase a cara adormecida e non se sente
nada. Síntome tan afortunado de estar aquí, de poder mergullar, que todo o que
descubro debaixo da auga sorpréndeme e apaixóname. Esa sensación máxica de
illamento e soidade, de observar un mundo descoñecido e inalcanzable, fai que a
satisfacción quente o meu corpo o suficiente como para poder resistir.
Invariablemente, aos 20 minutos de inmersión, deixo de sentir as dedas dos pés, pero
como apenas os usas non é tan importante como os das mans, xa que que dificulta
extremadamente coller o coitelo, abrir os botes ou intentar capturar algunha mostra.
Hoxe, cando estabamos a piques de saltar da lancha zodiak á auga, repararon na
presenza dunha foca na praia, e ao achegarnos a saudar...... SI!!!!....resultou ser o meu
primeiro avistamento de foca leopardo, a menos de dous metros: e que grande, e que
dentes, e que bonita... Menos mal que os militares son responsables de nós e non nos
permitiron tirarnos, pois unha vez máis, a emoción nublaba as miñas decisións.”.
Así nos relata Javier, nestas ilustracións do seu caderno de viaxe,
a experiencia de navegar cara a Antártida.
A estación española na que se atopa
Xavier, está situada na Illa Decepción e
resulta que é o crater dun volcán que
está aínda en activo, por iso ten unha
forma en ferradura.
A estación española atópase preto
das instalacións que teñen outros
países como Australia ou Chile.
As instalacións están dotadas de barracóns onde
poden descansar os investigadores, pero tamén
teñen laboratorios para facer os seus experimentos.
Imaxinade que frío, ter que facer as súas
investigacións no exterior co vento xelado!
Incluso teñen un laboratorio húmido onde experimentar coas especies de invertebrados mariños que
recollen e así obter datos de interese. Agora mesmo están investigando con estrelas e ourizos de
mar, que pertencen ao mesmo grupo: os equinodermos. Realmente úsanos como bioindicadores do
seguinte xeito: os invertebrados que recollen mergullando bótanllos como comida ás estrelas que
teñen nos baldes da foto, se o invertebrado ten principios activos, as estrelas non os querrán comer,
e así poden deducir se teñen que seguir a investigación con esa especie ou non.
Cos datos obtidos nos seus experimentos científicos, teñen que facer análises
estatísticos para poder facer gráficas que lles axuden a entender os resultados.
Grazas ao análise dos resultados, o noso amigo Javier e os seus colaboradores, poden
sacar as súas propias conclusións sobre a eficacia dos principios activos que buscan
nos invertebrados mariños e logo, aconsellar aos científicos das empresas
farmacéuticas sobre cal é o punto de partida para elaborar novos fármacos.
Estudar o papel dos produtos naturais de orixe mariña nos ecosistemas mariños
da Antártida e valorar cal é o seu potencial farmacolóxico son os obxectivos
principais da campaña científica Actiquim. A campaña ampliará os traballos de
investigación do proxecto Actiquim, iniciado no ano 2007, para estudar a ecoloxía
química de invertebrados mariños que habitan no fondo do mar da Antártida.
«O obxectivo de Actiquim é estudar moléculas químicas, presentes nos
invertebrados mariños, e pescudar si modulan a relación entre diferentes grupos
de organismos no ecosistema antártico; é dicir, si son tóxicas para os
depredadores, axudan a competir polo espazo ou o alimento, etc.»
No marco do proxecto tamén se analiza si estes produtos naturais poderían ter
aplicacións farmacolóxicas para o tratamento de enfermidades.
Desde a base, o equipo desenvolve unha ampla actividade
investigadora, que inclúe tanto os protocolos experimentais no
laboratorio como o muestreo dos fondos mariños, realizados
mediante inmersións con escafandra autónoma nas inhóspitas augas
polares. «Bucear en augas antárticas implica ter que extremar as
medidas de seguridade. Antes de cada inmersión comprobamos que
non haxa ningún perigo preto do área de traballo, como podería ser,
por exemplo, a presenza da agresiva foca leopardo. Tamén
limitamos a inmersión a un tempo de trinta minutos nun máximo de
quince metros de profundidade», explica Conxita Àvila
coordinadora do proxecto e profesora do Departamento de
Bioloxía Animal da Universidade de Barcelona.
O traballo científico do proxecto Actiquim levouse a cabo en diferentes campañas, por unha
banda no mar de Weddell, a bordo do buque oceanográfico Polarstern, e, por outra, na illa
Decepción (arquipélago das Shetland do Sur), coa base española antártica Gabriel de Castilla
como centro de operacións.
Os ecosistemas mariños son unha fonte natural de produtos bioactivos de interese
farmacolóxico. Os cnidarios, os equinodermos, os tunicados e outros invertebrados mariños
poden sintetizar ou acumular metabolitos cunha actividade biolóxica de interese tanto ecolóxico
como farmacolóxico. Identificar produtos de orixe mariña cun potencial interese terapéutico é
unha das vertentes da investigación aplicada que impulsa o proxecto Actiquim en colaboración con
PharmaMar e outras empresas biotecnológicas.
Ata o momento, a actividade de investigación neste campo xerou varias teses doctorais e artigos
científicos sobre o descubrimento de novas especies en ecosistemas polares. No ámbito
farmaceutico, tamén se describiu a actividade antitumoral de sete moléculas da especie Aplidium
cyaneum —un tunicado mariño do bentos antártico— coa que se xerou unha patente da empresa
PharmaMar. Nun escenario máis global, o proxecto Actiquim contribúe a integrar os
coñecementos sobre a funcionalidade e a estrutura dos ecosistemas mariños, a xestión e a
conservación do medio natural, así como as bases ecolóxicas para desenvolver novos produtos
bioactivos de interese farmacolóxico e biotecnolóxico.
No proxecto Actiquim, financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación,
tamén participan outros expertos da Facultade de Bioloxía e da Facultade
de Farmacia (coordinados polas profesoras Amelia Gómez e M.ª Antonia
Ribeira), o Parque Científico de Barcelona, o Instituto Español de
Oceanografía de Xixón, a Universidade de Bonn (Alemania), a Universidade
de Alaska (Estados Unidos), e o Consello Nacional da Investigación
Científica de Nápoles (Italia).
A Antártida: a saída da ruta máis longa do Camiño de Santiago
Santiago de Compostela e a Antártida estarán a partir de agora máis preto xa que que a base española no continente xead,o Gabriel de Castilla, será o punto de partida do
itinerario máis longo ata o momento do Camiño de Santiago, de 14.075 quilómetros de distancia.
Camiño Branco - Camiño Antártico: Da Antártida a Santiago de Compostela