PROXECTO INDCREA19-20-21-22 de setembro de 2011 Illa de San Simón- A Illa do Pensamento-Redondela...
Transcript of PROXECTO INDCREA19-20-21-22 de setembro de 2011 Illa de San Simón- A Illa do Pensamento-Redondela...
PROXECTO INDCREA
GALICIA E AS INDUSTRIAS CULTURAIS E
CREATIVAS DIANTE DA AXENDA 2020
19-20-21-22 de setembro de 2011
Illa de San Simón- A Illa do Pensamento-Redondela
s retos e fortes cambios socioeconómicos e tecnolóxicos aos
que nos enfrontamos nesta segunda década do século XXI
impoñen a necesaria reflexión, revisión e adaptación das
políticas e estratexias sobre os servizos e os distintos sectores
produtivos.
Neste caso o foco de atención é o das industrias culturais e creativas,
que son un eixo central da nosa cohesión social e ao mesmo tempo
un importante potencial de desenvolvemento para enfrontar os retos
actuais da crise e a globalización desde a diversidade e a innovación
diferenciadora, vitais para a competitividade sustentable nunha nova
economía cada vez máis inmaterial e cognitiva.
Preto de medio centenar de investigadores, especialistas e expertos
dos distintos campos e áreas das industrias culturais e creativas de
Galicia, do resto de Europa e de América estudiarán e analizarán
durante catro días en San Simón, A Illa do Pensamento, os retos
culturais, socioeconómicos e empresariais deses sectores produtivos
para esta segunda década do século XXI.
O
O PROXECTO INDCREA propón abrir novos espazos de reflexión e investigación
sobre os escenarios de futuro das industrias culturais e creativas de Galicia
diante da Axenda 2020, como dobre reto diante desta complexa segunda
década do século XXI e tamén diante da estratexia e o programa da
converxencia dixital da Unión Europea. Neste senso, os obxectivos de análise,
debate, investigación e reflexión que se propoñen xiran arredor da promoción
das seguintes ideas e capacidades:
1. Capacidade de valorización das singularidades da nosa riqueza
patrimonial, material, inmaterial e simbólica recoñecidas pola
diversidade cultural e a economía diferenciada da experiencia e a
proximidade.
2. Capacidade de emprendemento, innovación e desenvolvemento dos
distintos sectores e axentes activos das industrias culturais e creativas de
Galicia no contexto da crise actual, da globalización, da diversidade
cultural e da reconversión ou transformación tecnolóxica que lle permita
tamén á cultura galega cumprir cos obxectivos da axenda dixital.
3. Capacidade de identificar e xerar novos públicos para mellorar as ofertas
e incrementar os mercados e os modelos de negocio da produción
cultural galega.
4. Capacidade de promover a formación axeitada para atopar os sistemas
de xestión viables e artellar novos modelos de I+D+i para facer dos
actuais sectores culturais uns piares sustentables das novas industrias da
creatividade, da ideación e do coñecemento.
5. Capacidade de buscar novas formas de participación, interacción e
gobernanza entre os axentes, institucións, entidades e a sociedade
relacionados coas industrias culturais e creativas.
PROXECTO INDCREA GALICIA E AS INDUSTRIAS CULTURAIS E
CREATIVAS DIANTE DA AXENDA 2020 19-20-21-22 de setembro de 2011
Illa de San Simón- A Illa do Pensamento. Redondela
ORGANIZADO POR:
CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO. XUNTA DE GALICIA
Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) Fundación Illa de San Simón – A Illa do Pensamento CONSELLO DA CULTURA GALEGA
COA COOPERACIÓN DE:
Centro Iberoamericano de Investigación en Comunicación Información y
Desarrollo (CIECID) de Argentina
Instituto Brasileiro de Información en Ciencia e Tecnoloxía (IBICT)
Universidade da Coruña
Universidade Complutense de Madrid
Universidade Nacional de Lomas de Zamora de Argentina
Universidade de Santiago de Compostela
Universidade Técnica Particular de Loja de Ecuador
Universidade de Vigo
Universidade de Viña del Mar de Chile
DIRECCIÓN ACADÉMICA E CIENTÍFICA:
Xosé López García Valentín Alejandro Martínez Fernández Francisco Campos Freire Víctor Fernández Freixanes
SECRETARÍA ACADÉMICA E CIENTÍFICA:
Xosé Rúas Óscar Juanatey Boga Alba Silva Rodríguez Doris Fernández del Pozo
COMITÉ ORGANIZADOR:
Presidente: Juan Carlos Fernández Fasero. Director da AGADIC Secretario: Francisco Javier Alonso. Director da Fundación Illa de San Simón Vogais: Rosa Aneiros. Consello da Cultura Galega Xosé López García. Universidade de Santiago de Compostela Valentín Alejandro Martínez Fernández. Universidade da Coruña Francisco Campos Freire. Universidade de Santiago de Compostela Víctor Fernández Freixanes. Universidade de Santiago de Compostela Xosé Ramón Pousa Estévez. Universidade de Santiago de Compostela Xosé Rúas. Universidade de Vigo Rómulo Sanjurjo Chao. Fundación Illa de San Simón
COMITÉ CIENTÍFICO:
Presidente: Ramón Villares. Presidente do Consello da Cultura Galega Vogais: Jesús Timoteo Álvarez. Universidade Complutense de Madrid Martín Becerra. Universidade Nacional de Quilmes de Arxentina Mercedes Caridad Sebastián. Universidade Carlos III de Madrid Ricardo César S. Bolaño. Universidade Federal de Sergipe de Brasil Francisco Campos Freire. Universidade de Santiago de Compostela Rubén Canella García. Centro Iberoamericano de Investigación en Comunicación Información y Desarrollo (CIECID) de Argentina Ana López Cepeda. Universidade de Castilla La Mancha Bernardo Díaz Nosty. Universidade de Málaga Margarita Ledo Andión. Universidade de Santiago de Compostela Xosé López García. Universidade de Santiago de Compostela Óscar Juanatey Boga. Universidade da Coruña Valentín Alejandro Martínez Fernández. Universidade da Coruña Katya Muñoz Vásquez. Universidade de Viña del Mar de Chile Xosé Ramón Pousa Estévez. Universidade de Santiago de Compostela Xosé Rúas. Universidade de Vigo Emir José Suaiden. Instituto Brasileiro de Información en Ciencia e Tecnoloxía (IBICT) Abel Suing. Universidade Técnica Particular de Loja de Ecuador André Sendin. Instituto Politécnico de Lisboa Pedro Braumann. Instituto Politécnico de Lisboa Teresa Tsuji. Universidade Nacional de Lomas de Zamora de Argentina
DIRECCIÓN TÉCNICA:
Rómulo Sanjurjo Chao
COMUNICACIÓN:
Carmina Escrigas López-Dafonte
PRODUCIÓN:
TRES LABORATORIO DE IDEAS Y COMUNICACIÓN
Marta Sánchez Curros Candela Lloret Sánchez
DIFUSIÓN: Tendencias 21 (http://www.tendencias21.net) Fisec Estrategias (http://www.fisec-estrategias.com.ar) Hologramática (http://www.hologramatica.com.ar) Redmarka (http://www.redmarka.org.ar)
Conectad@s
O encontro será retransmitido por streaming a través da canle San SimónTV, á que se pode acceder a través da páxina web da Fundación Illa de San Simón (www.illadesansimon.org). Tamén se realizará un completo seguimento en Twitter desde a conta @illasansimon e baixo a etiqueta #INDCREA.
PROGRAMA OFICIAL PROXECTO INDCREA
GALICIA E AS INDUSTRIAS CULTURAIS E CREATIVAS DIANTE DA AXENDA 2020
19-20-21-22 de setembro de 2011
Illa de San Simón- A Illa do Pensamento-Redondela
LUNS 19 DE SETEMBRO 08:00h. ALMORZO 09:00h. INAUGURACIÓN 9:30-10:30h. Primeira Sesión: O CAPITAL DE FUTURO DAS INDUSTRIAS DA CULTURA Intervención: Pau Raussell Köster, profesor da Universidade de Valencia. Retrucante: Víctor Fernández Freixanes, profesor de Xornalismo da Universidade de Santiago de Compostela. 10:30-11:00h. DESCANSO 11:30-12:30h. AS INDUSTRIAS CULTURAIS DIANTE DA ENCRUCILLADA DAS CRISES PRESENTES Intervención: Ricardo César S. Bolaño, profesor da Universidade Federal de Sergipe de Brasil e presidente da Asociación Latinoamericana de Investigadores da Comunicación (ALAIC). Retrucante: Fernando Salgado García, xornalista e profesor da Universidade de Santiago de Compostela. 12:30-14:30h. AS INDUSTRIAS CREATIVAS E DA COMUNICACIÓN NA AXENDA 2020 Intervención: Françoise Benhamou, profesora da Universidade de París XIII e investigadora do CEPN de París. Retrucante: Juan Manuel Corbacho, profesor de Comunicación Audiovisual da Universidade de Vigo.
14:30h. COMIDA 16:30-18:15h. Segunda Sesión: OS RETOS PRESENTES E EMERXENTES DA SOCIEDADE MULTIMEDIA: Fenda dixital, inclusión social e novos modelos de interacción Intervención: Emir José Suaiden, profesor da Universidade de Brasilia e director do Instituto Brasileiro de Información en Ciencia e Tecnoloxía (IBICT). André Sendin, profesor de Comunicación Audiovisual e Multimedia da Escola de Comunicaçao Social do Instituto Politécnico de Lisboa. Retrucante: Alfonso Sánchez Izquierdo, director xeral da Compañía de Radio Televisión de Galicia (CRTVG). 18:15-18:30h. DESCANSO 18:30-20:30h. O FUTURO DO LIBRO IMPRESO E O IMPACTO DOS eBook Intervención: Javier Celaya, experto en edición dixital. Gloria Gómez, profesora da Universidade Rey Juan Carlos de Madrid. Retrucante: Manuel Bragado, editor, director de Edicións Xerais de Galicia e presidente da Asociación Galega de Editores. 21:00h. CEA
MARTES 20 DE SETEMBRO 08:30h. ALMORZO 9:30-11:00h. Terceira Sesión: TENDENCIAS, ESTRUTURAS E NOVOS MODELOS DE NEGOCIO DAS INDUSTRIAS CULTURAIS E DA COMUNICACIÓN Intervención: Jesús Timoteo Álvarez, catedrático de Xornalismo da Universidade Complutense de Madrid. Retrucante: Xosé López García, catedrático de Xornalismo da Universidade de Santiago de Compostela. 11:00-11:30h. DESCANSO
11:30-13:00h. A METAMORFOSE DOS MEDIOS IMPRESOS E A SÚA TRANSFORMACIÓN DIXITAL Intervención: Bernardo Díaz Nosty, catedrático de Xornalismo da Universidade de Málaga e director do portal Infoamérica. Andreu Casero Ripollés, profesor do Departamento de Ciencias da Comunicación da Universidade Jaume I de Castellón. Retrucante: Antón L. Galocha, xornalista e profesor de Xornalismo da Universidade de Santiago. 13:00-14:30h. AS NOVAS FORMAS DE FACER E ESCOITAR A RADIO Intervención: Xosé María García Lastra, experto en radio on line e tecnoloxías da comunicación audiovisual. Retrucante: Xosé Soengas, director do departamento de Ciencias da Comunicación e catedrático de Comunicación Audiovisual da Universidade de Santiago de Compostela. 14:45h. COMIDA 16:30-18:00h. Cuarta Sesión: AS POLÍTICAS PÚBLICAS SOBRE AS INDUSTRIAS CULTURAIS E DA COMUNICACIÓN NO ESCENARIO 2020 Intervención: Enrique Bustamante, catedrático de Comunicación Audiovisual da Universidade Complutense de Madrid. Pedro Braumann, profesor da ESCS do Instituto Politécnico de Lisboa e directivo da RTP. Retrucante: Xosé Pereira, profesor de Comunicación Audiovisual da Universidade de Santiago de Compostela. 18:00-18:30h. DESCANSO 18:30-20:30h. BALANCE, SITUACIÓN E FUTURO DOS CLÚSTER Intervención: Andrés Barbé, Clúster do Audiovisual de Galicia. Fernando Garcillán, Clúster Audiovisual de Madrid. Rafael Valcarce, presidente do Clúster TIC de Galicia. Retrucante: Carlos Carballo, profesor de Comunicación Audiovisual da Universidade de Santiago de Compostela.
21:00h. CEA
MÉRCORES 21 DE SETEMBRO 08:30h. ALMORZO 9:30-11:00h. Quinta Sesión: O CINE E A DIVERSIDADE CULTURAL EUROPEA NOS PROGRAMA MEDIA Intervención: Jesús Hernández Moyano, de Media Desk España. Margarita Ledo Andión, cineasta e catedrática de Comunicación Audiovisual da Universidade de Santiago de Compostela. Retrucante: Miguel Anxo Fernández, profesor de Comunicación Audiovisual da Universidade de Vigo. 11:00-11:30h. DESCANSO 11:30-13:00h. A COMUNICACIÓN COMERCIAL, MARKETING SOCIAL E ALFABETIZACIÓN DIXITAL Intervención: Valentín Alejandro Martínez, profesor da Universidade da Coruña. Teresa Tsuji, profesora da Universidade de Lomas de Zamora, Bos Aires. Rubén Canella, profesor da Universidade de Lomas de Zamora, Bos Aires. Retrucante: Xosé Rúas, profesor de Comunicación Audiovisual da Universidade de Vigo. 13:00-14:30h. DO VALOR DO PATRIMONIO, DO URBANISMO E DO TERRITORIO Á IMAXE DA INDUSTRIA DA MODA DE GALICIA Intervención: Xerardo Estévez, arquitecto e urbanista. Retrucante: Xosé Ramón Pousa Estévez, profesor de Comunicación Audiovisual da Universidade de Santiago de Compostela. 14:30h. COMIDA
16:15-18:00h. Sexta Sesión: A TRANSFORMACIÓN E DINAMIZACIÓN DA INDUSTRIA MUSICAL Intervención: Héctor Fouce, profesor de Xornalismo da Universidade Complutense de Madrid. Francisco Viéitez (Paco de Pin), empresario musical. Retrucante: Xaime Fandiño, profesor de Comunicación Audiovisual da Universidade de Santiago de Compostela. 18:15-18:30h. DESCANSO 18:30-20:30h. EMPRENDEMENTO, CREATIVIDADE, INNOVACIÓN E POTENCIALIDADE DAS INDUSTRIAIS CULTURAIS Intervención: José María Álvarez de Lara, director do Centro ESADE de Industrias da Cultura (CEIC) de Barcelona. Alejandro Lamas, de Ikimap.com de Sistemas de Información Xeográfica de Galicia. Retrucante: Manolo Gago, profesor da Facultade de Xornalismo da Universidade de Santiago de Compostela. 21:00h. CEA
XOVES 22 DE SETEMBRO 08:00h. ALMORZO 9:00-10:15h. Sétima Sesión: A NOVA CREACIÓN MULTIMEDIA E A INDUSTRIA DOS VIDEOXOGOS Intervención: Pedro A. González Calero, profesor de Software e Intelixencia Artificial e director do Mestrado de Desenvolvemento de Videoxogos da Universidade Complutense de Madrid. Retrucante: Beatriz Legerén, creadora multimedia e profesora de Comunicación Audiovisual da Universidade de Vigo. 10:15h. DESCANSO
10:30-12:30h. PROPIEDADE INTELECTUAL E DEREITOS DE AUTOR NO ESCENARIO DIXITAL Intervención: Josep Coll i Rodríguez, profesor de Dereito da Universidade de Girona. Ana Azurmendi, profesora de Dereito da Comunicación da Universidade de Navarra. Retrucante: Oscar Juanatey, profesor de Marketing e Comunicación da Universidade da Coruña. 12:30-14:00h. OS NOVOS RETOS DOS MUSEOS E DAS ARTES PLÁSTICAS DIANTE DA SOCIEDADE DIXITAL Intervención:
Manuel Toharia, director científico da Cidade das Artes e as Ciencias de Valencia e
presidente da Asociación Española de Xornalismo Científico. Retrucante: Miguel Túñez, profesor de Xornalismo da Universidade de Santiago de Compostela. 14:00-14.30h. PRESENTACIÓN DE CONCLUSIÓNS E CLAUSURA Intervención: Juan Carlos Fernández Fasero, director da AGADIC Víctor Fernández Freixanes, dirección académica e científica do encontro Valentín Alejandro Martínez, dirección académica e científica do encontro Francisco Campos Freire, dirección académica e científica do encontro 15:00h. COMIDA