Proxecto Lector de Centro
-
Upload
ceip-a-lama -
Category
Documents
-
view
224 -
download
4
description
Transcript of Proxecto Lector de Centro
1 PROXECTO LECTOR DE CENTRO
CEIP A LAMA
INDICE
Contextualización e xustificación
Obxectivos
Metodoloxía
Recursos
Actividades
Avaliación
Bibliografía e documentación
2 PROXECTO LECTOR DE CENTRO
CEIP A LAMA
CONTEXTUALIZACIÓN
E XUSTIFICACIÓN
A Lama é un concello extenso (112 km2) e montañoso, lonxe das vías de
comunicación máis importantes, e cunha densidade de poboación das máis baixas de
Galicia, xa que hai un total de 3.143 habitantes.
A poboación está atendida cunhas estruturas claramente insuficientes en todos
os ámbitos. No tocante á educación conta cun só centro de Educación Infantil e
Primaria, no que desenrolamos este Proxecto Lector.
O CEIP “A Lama” é un centro de titularidade pública (Consellería de Educación e
Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia) cunha media neste últimos anos de 100
nenos.
O Proxecto Lector desenvólvese dende o 2007/2008, pero é neste curso
escolar, 2009/2010, no que renace cun novo punto de vista e unha dinámica máis
adaptada ás necesidades, características e intereses da nosa comunidade educativa e
da nosa práctica docente, ademais de por ser esta a data límite imposta pola
Consellería para a súa implantación definitiva nos centros.
A diversidade e multiplicidade informativa na que a sociedade está inmersa
esixe novos procesos de aprendizaxe que incidan no desenvolvemento de habilidades
e competencias lingüísticas e lectoras, que son a base para a adquisición do
coñecemento e do aprendizaxe para o longo da vida.
É por elo imprescindible dotar aos nosos alumnos de hábitos de lectura
fundamentados en competencias lectoras sólidas, na alfabetización nas tecnoloxías
avanzadas e novas linguaxes, na capacidade de acceso a unha variada tipoloxía textual
e visual, en actitudes críticas, reflexivas e creativas así como no manexo de estratexias
para acceder á información e a súa posterior reelaboración.
3 PROXECTO LECTOR DE CENTRO
CEIP A LAMA
Neste contexto o desenvolvemento dos contidos das diferentes áreas é o
marco máis apropiado para o aprendizaxe da lectura eficaz. Os centros contamos con
diferentes instrumentos para a adquisición do hábito lector e o manexo da
información e canto máis adquirido estea este hábito, máis posibilidades terá o
alumno de avanzar no camiño do coñecemento.
Co fin de facilitar a consecución dos obxectivos que a Lei Orgánica de Educación
e a Comunidade Autónoma de Galicia sinala: “que os centros educativos deberán
elaborar e incluír nos seus proxectos educativos de centro, proxectos lectores que
integren todas as actuacións do centro destinadas ao fomento da lectura e da escritura
e á adquisición das competencias básicas”.
Será un documento destinado a desenvolver a un medio prazo, dun xeito
flexible, realista e operativo e no que se vai a partir do análise do contexto en materia
de lectura e coa participación do profesorado das distintas áreas, ciclos e
departamentos e incorporando a biblioteca escolar e as bibliotecas de aula como
recursos fundamentais.
4 PROXECTO LECTOR DE CENTRO
CEIP A LAMA
OBXECTIVOS
O obxectivo xeral e último é formar aos nosos alumnos como lectores
competentes en todos os soportes e contextos, entendendo por estes aos que
manifestan unha serie de habilidades:
- Empregan os coñecementos previos para darlle sentido á lectura
- Dirixen de xeito autónomo a súa lectura: atención, consciencia sobre a
comprensión, corrección dos erros…
- Empregan estratexias para acadar a comprensión
- Distinguen o importante do que non o é en función da finalidade da lectura
realizada
- Resumen o lido como estratexia de comprensión
- Realizan inferencias: comprensión de termos polo contexto
- Realizan preguntas e hipóteses sobre o lido
Para que os lectores presenten ditas habilidades é preciso traballar a
adquisición dos seguintes obxectivos:
Desenvolver a competencia lectora
Favorecer a competencia literaria
Educar no uso crítico da información
Fomentar o hábito da lectura
Apoiar a adquisición das competencias básicas
Consolidar a biblioteca como o centro de recursos e cultural do colexio
Máis polo miúdo entendemos que estes obxectivos se desenvolven do seguinte
xeito:
Desenvolver a competencia lectora:
Formar aos nosos alumnos na competencia lectora implica que realicen
o aprendizaxe dos distintos códigos escritos, visuais, sonoros,
cinematográficos…
5 PROXECTO LECTOR DE CENTRO
CEIP A LAMA
Traballando con moitos tipos de soportes: textos narrativos, poemas,
cancións, cómic, imaxes, fotografías, pintura, gráficos, textos
informativos, esquemáticos, publicitarios, xornalísticos… e integrando as
TIC e prácticas lectoras en todos os soportes e situacións
contextualizadas.
Favorecer a competencia literaria:
É un traballo enfocado para que os nenos lean literatura polo propio
pracer de ler, para que lean co fin de realizar determinadas tarefas con
obxectivos curriculares en progresión de dificultade e que o fagan en
diversos soportes.
Empregando itinerarios lectores, que son unha selección de títulos
axeitados para cada nivel dos nenos, escollidos con criterios de calidade
e en función de obxectivos recollidos neste mesmo proxecto. Son os
libros que “non queremos que se perda o noso alumnado” e que
permanecerán nun listado aberto e flexible, cunha duración media de
dous anos, como está establecido.
Educar no uso crítico da información:
A información é aquilo que percibimos e sintetizamos despois de
interiorizar un documento lido, sendo ademais un elemento
fundamental no proceso de comunicación.
Así, para que os alumnos sexan lectores competentes, deben ler dun
xeito autónomo, crítico, construtivo, selectivo… e isto procurarase cun
traballo previo, durante e despois da lectura para esta fin, e ir así
consolidando estes hábitos.
Podemos alcanzar dito fin a través da Educación Documental xa que
engloba todas as actividades que buscan a capacitación do alumnado
para o uso crítico das diversas fontes informativas.
Fomentar o hábito da lectura:
A idades temperás a adquisición dun hábito é interiorizado para o resto
da vida, de aí a importancia de traballar este obxectivo nos alumnos de
educación infantil e primaria.
6 PROXECTO LECTOR DE CENTRO
CEIP A LAMA
O fin é que o neno, despois da súa escolarización, de forma autónoma,
lea diferentes soportes e en diversos contextos, e que o faga dunha
forma habitual e cotiá na súa vida, que interioricen a necesidade e os
beneficios destas condutas lectoras.
Apoiar a adquisición das competencias básicas:
Considerando que as competencias básicas rodean todas as propostas e
dinámicas do centro, quedan definidas especialmente para este
proxecto como:
- A comunicación lingüística
- O tratamento da información e a competencia dixital
- A competencia cultural e artística
- A competencia para aprender a aprender
Consolidar a biblioteca como o centro de recursos e cultural do colexio:
A Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, no seu artigo 113,
fai unha mención específica ás bibliotecas escolares sinalando: “os
centros de ensinanza disporán dunha biblioteca escolar, que estes
recursos educativos contribuirán a fomentar a lectura e a que o
alumnado acceda á información e outros recursos para a aprendizaxe
das demais areas… debendo contribuír estas bibliotecas escolares a
facer efectivos os principios pedagóxicos… a utilización dos recursos da
biblioteca escolar supón un importante factor para o logro da
competencia en comunicación lingüística”
Queda de manifesto que para a posta en práctica dos proxectos
lectores, a biblioteca é un instrumento imprescindible, que as
comunidades escolares deben organizar e dinamizar como un centro de
recursos para a lectura, a información e a aprendizaxe, de carácter
dinámico e en constante actualización.
Así entendida a biblioteca escolar pode ser un elemento estratéxico
para a innovación pedagóxica que axude a revitalizar as prácticas
educativas e a vida cultural dos centros, proporcionando ao profesorado
e ao alumnado a oportunidade para o emprego de múltiples recursos
que permitan unha progresiva autonomía na aprendizaxe e na lectura.
7 PROXECTO LECTOR DE CENTRO
CEIP A LAMA
Ademais das diferentes dinámicas xa establecidas dende o Equipo de
Biblioteca e levadas a cabo no centro, cabe destacar o PDI ( Proxecto
Documental Integrado).
Trátase dun proxecto interdisciplinar no que se inclúen actividades de
fomento da lectura, procura documental e traballo curricular.
Empregándose fontes documentais diversas de carácter oral, ou en
soporte impreso e electrónico, estimúlase a propia produción.
Realizaranse dous no ano e con diferentes temáticas cunha duración
aproximada de 4 meses.
8 PROXECTO LECTOR DE CENTRO
CEIP A LAMA
METODOLOXÍA
Fundamentamos o traballo nos mesmos criterios metodolóxicos que
impregnarán a labor docente que desenrolamos no centro:
Unha actividade adaptada ás necesidades, características e intereses da
comunidade escolar.
Un enfoque funcional e operativo.
Ser o resultado dunha reflexión e un traballo conxunto e coordinado por
todos os membros.
Ser flexibles ás melloras e cambios que a propia dinámica provoque.
Empregar todos os novos recursos, soportes e contextos que sexan
posibles, sendo dinámicos e estimulantes para o alumnado.
Crearase un diálogo coas familias potenciando a súa participación no
proceso.
Motivar á comunidade educativa coas súas achegas e producións coa fin
de darlle unha relevancia ao traballo feito.
Cargar de significado calquera experiencia lectora.
Crear un ambiente lector que favoreza o achegamento aos libros e á
lectura, onde se poña en valor esta actividade.
Potenciando o uso da biblioteca escolar e a biblioteca de aula.
Fomentando a creación dunha visión do mestre como o modelo lector
dos alumnos.
9 PROXECTO LECTOR DE CENTRO
CEIP A LAMA
RECURSOS
Esta é unha estimación hipotética e xenérica dos recursos que prevemos
necesarios pero poden ser ampliados ou reducidos en función duns criterios de
calidade, funcionalidade e necesidade.
Estes recursos, son entendidos como os medios que nos facilitarán o
achegamento a nosa fin. De forma xeral destacamos:
Recursos humanos:
- A propia comunidade educativa: os mestres, alumnos, familias…
todos eles de forma persoal aportan as súas experiencias e vivencias
a cerca do proxecto; son á vez o obxecto de traballo e o recurso.
- O Equipo de Biblioteca: debido a gran relación existente entre o
Proxecto Lector de Centro e a Biblioteca, é fundamental que o
coordinador e os membros do equipo de biblioteca faciliten e
aporten os recursos necesarios para facilitar o alcance dos nosos
obxectivos.
- O Claustro de Mestres: todos eles de forma conxunta e coordinada
son a ferramenta clave para facer realidade a posta en práctica do
Proxecto Lector do Centro, así mesmo incluirán nas súas
programacións as actividades previstas segundo a temporalización
que nel se acorde, determinando a dedicación diaria para a inclusión
de prácticas de comprensión e fomento da lectura e da escritura .
- O Departamento de Orientación e a Comisión de Coordinación
Pedagóxica: as súas indicación axudarán a adaptar o proxecto ás
características específicas dos alumnos con NEE así como ao resto do
alumnado, paliando na medida do posible as diferenzas persoais, así
como na orientación ás familias e o entorno máis próximo do neno.
10 PROXECTO LECTOR DE CENTRO
CEIP A LAMA
- O Equipo Directivo: son quen de facilitar a tarefa e os medios que se
precisen a nivel organizativo e material.
- Entidades culturais do entorno: a biblioteca do concello, as
bibliotecas familiares ou calquera outra infraestrutura cultural que
poidan aportar coñecemento e contidos para o proxecto.
Recursos materiais:
- Todo o material funxible que existe no centro ou no entorno
pode ser, nun momento puntual ou de forma permanente,
empregado para esta fin.
- A biblioteca escolar é un recurso fundamental xa que aporta un
gran número de recursos en moitos soportes diferentes que
servirán de apoio e medio para o proxecto. Sen a existencia da
mesma non sería posible a posta en marcha do proxecto lector.
É á vez un recurso de incalculable valor e requisito fundamental.
11 PROXECTO LECTOR DE CENTRO
CEIP A LAMA
ACTIVIDADES
As propostas de actividades serán flexibles e abertas á realidade educativa do
noso centro.
Ditas actividade terán ás veces un carácter permanente e outras puntual
dependendo de diferentes criterios como: o resultado, a participación, os contidos…
Así mesmo as propostas levaranse a cabo en diferentes espazos en función das
características da actividade.
Todos estes criterios serán definidos no momento inicial da actividade e serán
debatidos e comunicados nas reunións do claustro.
Propostas de actividades:
Cóntoche un conto? Unha afección moi arraigada entre o alumnado do centro é a de contar contos. Son os propios nenos e nenas os que os preparan para relatarllos aos seus compañeiros.
Estableceuse o recreo de comedor dos venres para a realización desta actividade, que se encargarán de preparar nos recreos do mediodía. Escóllese o conto, faise un reparto dos personaxes, lese detidamente… En moitas ocasións empregan o teatro de monicreques, que está a súa disposición con unha colección ampla de personaxes.
Cabe salientar que os alumnos van aprendendo uns dos outros este arte de contar contos, e os maiores van introducindo aos máis pequenos, co que te podes atopar nenos de 3º ciclo preparando a súa representación con outros de 1º ciclo.
Biblioinstante
Consiste en habilitar períodos de tempo que sexan un espazo para a oralidade aberto a alumnos e a profesores. Neles poden contar unha pequena historia, recitar un poema, facer unha breve exposición sobre algún tema, ler calquera tipo de creación literaria propia…
12 PROXECTO LECTOR DE CENTRO
CEIP A LAMA
Hora de ler Esta actividade da “Hora de ler” púxose en práctica a mediados do curso 2009/2010, como ferramenta básica para crear o hábito lector entre o noso alumnado. Debateuse no equipo de biblioteca e fíxoselle unha proposta ao claustro que a aceptou. Para levala a cabo houbo que refacer o horario académico acurtando as sesións e o recreo da mañá en 5 min. Desta decisión resultaron 20 minutos antes do recreo que dedicamos obrigatoriamente á lectura. Cada mestre ten que adaptar a dinámica á súa particularidade: se é especialista ou titor, se está nun ciclo ou noutro, se imparte clase de unha ou outra materia. Moi ligado a esta actividade está a sección de biblioteca das aulas, que aportará a meirande parte das lecturas, aínda que os lectores tamén as poidan traer das súas casas.
Cámbiocho por un conto
Con motivo do Día do Libro a biblioteca cambiaralle a todo o alumnado que participe, un libro por unha creación literaria. É totalmente aberto: un conto, unha poesía, unha ilustración, unhas adiviñas… pero o requisito será que veña feito da casa coa colaboración da familia.
Producións propias
En colaboración co equipo de Normalización Lingüística estanse a elaborar ao longo do curso unha serie de contos que nós chamamos viaxeiros. Sempre xiran entorno a un tema e cada curso vai escribindo unha parte. Xeralmente comezan os de 3º ciclo e vaise baixando. Primeiro ciclo e Educación Infantil encárganse das ilustracións. Unha vez rematado, recóllese nun “maxi+libro” de edición propia.
Mochilas viaxeiras
Actividade moi estendida que consiste en deixar en empréstito unhas mochilas cun lote variado de documentos da biblioteca: narrativa, poesía, teatro, música… a ser posible tamén, en distintos soportes.
13 PROXECTO LECTOR DE CENTRO
CEIP A LAMA
Disponse dunha por clase, e ao longo do curso os nenos vanse pasando a mochila cada 15 días. Dentro irá, ademais dos documentos, un “caderno de bitácora” para que as familias deixen escritas as súas impresións sobre a experiencia, o que leron…
Obradoiro do bo narrador
Para potenciar actividades como “Cóntoche un conto?”, “Biblioinstante” e “Radiopatio”. Esta experiencia pretende mellorar a expresión oral do noso alumnado, traballando a dicción, o control da postura e a linguaxe corporal.
Competición de lectura
Xogo que ten como obxectivo o traballo da comprensión arredor dunha lectura colectiva. Cada equipo redactará unhas preguntas para facerlle ao outro logo de ler un capítulo. Vanse sumando puntos por cada resposta acertada. Remátase o xogo cando se remata de ler o libro.
Proxectos documentais integrados
Pequenas investigacións nas que o alumnado traballa directamente coa documentación, independentemente do soporte (libros, DVD, internet, CD-ROM…), aprendendo a aprender e a traballar autonomamente. Ademais de investigar sobre un tema concreto, familiarízanse cos mecanismos de procura de información e traballo intelectual empregando os recursos que a biblioteca pon á súa disposición: documentos e ordenadores con conexión a internet.
Laboratorio de comunicación
Logo de ter varias experiencias en medios de comunicación queremos conxugar os distintos ámbitos nos que traballamos nun laboratorio sobre a comunicación que os inclúa a todos. Serán:
- Blogue: “O recanto de Leo” Blogue creado no curso 2009/2010 que nace para ser unha ventá da nosa biblioteca “aberta ao mundo”.
14 PROXECTO LECTOR DE CENTRO
CEIP A LAMA
Ademais de valer para comunicar as nosas experiencias e actividades, tamén valerá para formar ao noso alumnado no emprego da web 2.0, manexo correcto do xénero textual que se emprega nas entradas deste tipo de páxinas web, formar no sentido crítico á hora de empregar imaxes, ler en hipertexto e con hipervínculos.
- Radiopatio: “A persiana” Pequenos programas de radio escolar para colgar na web e no blogue do centro a modo de podcast. Neles traballarase a entrevista, a crónica, a conversa, o debate…
- Saímos na revista A revista escolar CEIBE ten xa máis de 25 anos de existencia, e está moi arraigada na comunidade escolar. Está editada polo Equipo de Normalización Lingüística do centro, do que a súa coordinación non sempre coincidirá coa da Biblioteca. A idea é que se manteña unha sección na que se poidan expoñer distintas actividades da biblioteca. Os voluntarios formarán o equipo de redacción desta sección.
15 PROXECTO LECTOR DE CENTRO
CEIP A LAMA
AVALIACIÓN
O proceso de avaliación será sempre flexible, global e continuo. Realizarase en
diferentes momento do proxecto; un primeiro contacto inicial para estudar a realidade
concreta do centro, en diferentes momentos ao longo do curso (ao menos unha vez
por trimestre) e ao finalizar o curso para valorar o traballo feito e os aspecto de
mellora cara o vindeiro ano.
Entre os aspectos susceptibles de avaliación contaranse os seguintes :
O deseño do proxecto
A intervención e efectividade dos recursos
O clima de traballo
A metodoloxía proposta
A efectividade e organización das actividades
Grao de consecución dos obxectivos planificados e o nivel de
coñecementos adquiridos.
A produción e calidade do traballo xerado
As posibilidades de modificación e mellora do proxecto
Os medios para a medición son:
Enquisas aos membros da comunidade educativa adaptándoas as
diferentes características dos membros.
O debate e a conversa xurdida espontaneamente ou de maneira
guiada en diferentes contextos.
A través da observación directa.
16 PROXECTO LECTOR DE CENTRO
CEIP A LAMA
BIBLIOGRAFÍA
E DOCUMENTACIÓN
Empregamos diferentes recursos bibliográfico:
COLOMER, Teresa (2006) Andar entre libros: la lectura literaria en la escuela. México: FCE.
SOLÉ, Isabel (2001) Estrategias de lectura. Barcelona: Graó.
MUÑOZ, Rafael (1998) Animar a escribir para animar a leer. Revista Educación y Biblioteca.
MATA, Juan (2008) Diez ideas claras: hacer de la lectura una práctica feliz, trascendente y deseable. Barcelona: Graó.
MARINA, J.A. y VALGOMA, María de la (2005) La magia de leer. Barcelona: Plaza y Janés .
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/
http://www.edu.xunta.es
Lei Orgánica de Educación vixente
Asesoría de Bibliotecas do CFR de Pontevedra